Informe sobre acceso, preinscripción, admisión y matrícula ...
Sesión preinscripción e matrícula nos ciclos de grao superior
-
Upload
monicadiazbesada -
Category
Education
-
view
3.671 -
download
3
Transcript of Sesión preinscripción e matrícula nos ciclos de grao superior
PREINSCRIPCIÓN e
MATRÍCULA en
Formación Profesional
Abril 2015
MÓNICA DIZ BESADA
A información contida nesta presentación está referida aos prazos enormas de admisión do curso pasado, que se publicou en xuño de 2014.
En cada curso escolar a Consellería de Educación publica no mes dexuño as instrucións para a admisión nos ciclos, nas que se establecen asnormas e os prazos exactos para esa convocatoria:
Enlace instrucións do 2014:
http://www.edu.xunta.es/fp/informacion-xeral-admision
http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/4844
Esta presentación é unha orientación para asesorar do procedimentoaos alumnos interesados en acceder a Ciclos de Grao Superior. As datase as normas para a próxima convocatoria de 2015 poden variar.
SOLICITUDE DE CICLOS DE GRAO SUPERIOR
(procedemento que se levou a cabo no curso 14/15)
DISTRIBUCIÓN DAS
PRAZAS
- Acceso directo: 80%
- Acceso mediante proba: 20%
En cada colectivo: 10% persoas
discapacitadas e 5 % deportistas alto
rendemento.
PREINSCRIPCIÓN: Ordinario: Do 17 de xuño ao 4 de xullo ata as
13´00h.
Extraordinario: Do 1 ao 12 de setembro ata as
13´00h.
MATRICULACIÓN: Xullo: período ordinario.
Setembro: período extraordinario.
En cada período publícanse 2 listaxes de admitidos e 2 prazos para a matrícula.
PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE
Debe presentarse unha única solicitude por réxime e grao, no centro elixido como primeira opción, podendo poñer ata un máximo de 8 peticións de ciclos e/ou centros.
A solicitude de admisión deberase presentar por duplicado xa que unha das copias é para a persoa interesada.
Pódese optar por presentar a solicitude vía web.
DOCUMENTACIÓN:
Acceso directo: Solicitude + Fotocopia DNI compulsada + Certificación académica.
Acceso mediante proba: Solicitude + Fotocopia DNI compulsada . Non será necesariopresentar Certificación de superación da proba se se realizou despois do 2008.
(Lembrar que no caso de posuír simultaneamente os requisitos para o acceso directo e mediante proba, haberá que presentar a certificación académica que acredita o acceso directo)
IMPRESO DE SOLICITUDE CS
INSTRUCIÓNS PARA A SOLICITUDE WEB
Pódese facer con conta correo electrónico de edu.xunta.es ou sin ela.
Ir á aplicación informática: www.edu.xunta.es/ciclosadmision
Logo de cubrir a solicitude a aplicación xera un impreso que se deberá entregar, xunto coa documentación, dentro do prazo establecido, nun centro que imparta FP, para a súa validación.
A solicitude enténdese como non válida sen o requisito de presentación nun centro, agás que na propia solicitude xerada pola aplicación informática se indique que é unha solicitude validada e que non precisa ser presentada nun centro educativo; neste caso a copia impresa conservarase como resgardo.
ADXUDICACIÓN DA PRAZA
Logo de adxudicárselleunha praza, a
persoa solicitante ten dúas
posibilidades:
• Matricularse: deberase facer no centro adxudicado e nos prazosestablecidos. Estar matriculado en calquera ensinanza, implica a renuncia a seguir participando no proceso de admisión a ciclos formativos.
• Renunciar á praza: deberase facerno centro adxudicado ou vía web, e nos prazos establecidos. A renuncia afectará a praza que llefoi adxudicada e a todas as preferencias sinaladas en lugares posteriores a esa. Seguirase no proceso de adxudicación para as preferencias anteriores.
IMPRESO DE RENUNCIA A CICLOS
CALENDARIO DE ADMISIÓN: PERÍODO ORDINARIO do curso 14/15
CALENDARIO DE ADMISIÓN: PERÍODO EXTRAORDINARIO do curso 14/15
LIBERACIÓN DE PRAZAS
A Dirección Xeral de Educación poderá liberaras prazas vacantes do
ciclo formativo ata o 3 de outubro ás 13:00 horas
para aquel alumnado que acredite o cumprimento
dos requisitos de acceso.
Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde
de chegada das solicitudes.
A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar na páxina web de formación profesional.
MATRÍCULA SIMULTÁNEA EN CICLOS
FORMATIVOS
O alumnado matriculado nun ciclo formativo, en bacharelato ou en ESO, poderá solicitar a autorización de matrícula simultánea.
O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 24 de setembro, sempre que existan prazas dispoñibles e non haxa listaxe de espera, ata o 26 de setembro.
O Servizo Territorial de Inspección Educativa resolverá a autorización no prazo que abrangue desde o 30 de setembro ata o 2 de outubro, se existe unha compatibilidade
horaria mínima do 90 %.
Logo de concedida a autorización da matrícula simultánea, o alumno ou a alumna poderá formalizar a matrícula no centro educativo no prazo que abrangue desde o 6 de outubro ata
o 10 de outubro, sempre que existan prazas dispoñibles e non haxa listaxe de espera
PARA INFORMARTE MELLOR
WEB oficial FP da Xunta de Galicia:
edu.xunta.es/fpENLACE no blog de orientación: monicadizorienta. blogspot.com