SANTIAGO DE COMPOSTELA XANEIRO—XUÑO...

23
1 SANTIAGO DE COMPOSTELA XANEIRO—XUÑO 2018

Transcript of SANTIAGO DE COMPOSTELA XANEIRO—XUÑO...

1

SANTIAGO DE COMPOSTELAXANEIRO—XUÑO 2018

01

ENTRADAS

Despacho de billetes do Teatro PrincipalAberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00 h

Despacho de billetes do Auditorio de GaliciaAberto os días de evento desde as 18.00 h

Venta por internetentradas.abanca.com

Venta telefónica981 910 544

Descontos habituais do 50% para:

· Desempregados· Maiores de 65 anos· Xubilados· Menores de 25 anos· Estudantes· Familias monoparentais· Familias numerosas· Perceptores de rendas sociais

LOCALIZACIÓNS

TEATRO PRINCIPALRúa Nova, 21981 542 347 (oficinas)981 542 349 (despacho de billetes)[email protected]

AUDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións, s/n981 552 290981 571 026 (despacho de billetes)[email protected]

Descontosnon acumulables. Só se pode aplicar un desconto por

entrada.

O Concello de Santiago abriu, por segundo ano, esta convocatoria para a Sala Agustín Magán, situada no Centro Sociocultural de Santa Marta. Dirixida a compañías e creadores e creadoras de artes escénicas profesionais con sede en Galicia, ten como obxectivo dar apoio loxístico ao sector poñendo ao seu dispor este espazo público.

Asemade, o Concello está a desenvolver unha política activa de fomento

de novos públicos para as artes escénicas que implica a execución de actividades didácticas e de mediación. Neste sentido, solicítalle aos seleccionados e seleccionadas, a cambio deste apoio de residencia, que poñan en marcha algunha actividade de mediación coa comunidade local, así como a presentación da obra nun pase con público.

As residencias que se levarán a cabo de xaneiro a xuño do 2018 son:

Compañía Proxecto Data ocupación

Circo Chosco Riscando o ceo 08–19/01

Helen Bertels Nimiedades 22/01–06/02

Pistacatro productora de soños S.L.

Orquesta de Malabares 12–16/02 e12–24/03

Berrobambán S.L. A carreta pantasma 19/02–09/03

Residencias paraíso 09–27/04

Excéntricas Carpe Diem 14/05–01/06

Maria Move Huella 11–30/06

CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS

02

Cal é a relación das artes escénicas coa vida cotiá? Como recoñecen os espectadores os argumentos teatrais, como se recoñecen neles ou como os interpretan cando se lles pregunta: de que vai a obra?

Que o espectador fale do espectáculo cando a obra acaba non é inusual. É inusual que o faga diante doutros espectadores. Que ese diálogo postescénico sirva para mellorar a comprensión e o desfrute da obra sería só o primeiro dos cometidos deste encontro case espontáneo que tamén debería valer para atraer máis xente ao teatro. Para explicar que o teatro, a danza, o circo contan historias que aluden a espectadores de hoxe.

A idea xeral da posfunción é que despois do espectáculo os espectadores se queden

a participar nun debate cos equipos artísticos que recupere o visto na obra desde unha perspectiva práctica. Que contraste a fantasía narrativa con algunhas das realidades que teñan relación coa historia que se conta. @s invitad@s, persoas con relación coas temáticas tratadas nas pezas, ofrecerán o punto de vista práctico, serán quen contraste o que a obra conta, o que “quere dicir” con como se viven desde a realidade do presente esas mesmas situacións. A partir de aí o debate estará aberto, agardando que participes e que debulles con nós o que acabamos de ver.

E se non houbo tempo suficiente para falar, propoñemos que o debate continúe nas redes redes sociais mediante a etiqueta #posfuncion.

Cranios privilexiadosPT ExcéntricasXoves, 25 de xaneiro

O servidor de dous amosTalía TeatroXoves, 15 de febreiro

ResacaIl maquinarioVenres, 2 de marzo

EmiliaTeatro del BarrioSábado, 10 de marzo

Casa O’ReiIbuprofeno TeatroVenres, 6 de abril

ElectraChapitôVenres, 25 de maio

Actividades paralelasO programa de actividades paralelas incide na necesidade de aproveitar o paso dos artistas pola cidade para poder espallar e contextualizar os seus traballos máis aló da propia exhibición do espectáculo. Trátase pois dunha serie de actividades que inciden no diálogo cos artistas e no fomento da relación entre públicos e creadores.

26 de abrilTaller “O corpo ocupado” con Janet Novás (6 horas)Máximo 20 persoas. Para todo tipo de público adulto. Teatro Principal.

4 de maioTaller de Break-dance coa Dani Panullo Dancetheatre COCentro Xove da Almáciga.

24 de maioPresentación do libro “De puertas para adentro: disidencia sexual y disconformidad de género en la tradición flamenca” + debate. Ambigú do Teatro Principal, antes do espectáculo.

Calendario de #posfuncionA #posfuncion

03

04 05

19 ABR.El último bufónTeatro Principal

21 ABR.Oleanna

Teatro Principal

27 ABR.Si pudiera hablar de esto no haría esto

Teatro Principal

24–27 XAN.Cranios

privilexiados...Teatro Principal

27 XAN.MARÍA FUMAÇA

As que máis molan!!!Auditorio de Galicia

14–17 FEB.O servidor

de dous amosTeatro Principal

28 ABR.Gaia

Teatro Principal

29 ABR.Son

Auditorio de Galicia

05 MAI.Avalanche

Teatro Principal

24 FEB.Me llamo Suleimán

Teatro Principal

02–03 MAR.Resaca

Teatro Principal

10 MAR.Emilia. Mujeres que se atreven (Parte 1)

Teatro Principal

24 MAI.Bailar en hombre

Teatro Principal

25 MAI.Electra

Teatro Principal

26 MAI.Pum Pum!

Teatro Principal

18 MAR.O conto da azuzaina

Teatro Principal

24 MAR.Euria (Choiva)Teatro Principal

06–07 ABR.Casa O’Rei

Teatro Principal

06 07

Nesta incursión destemida nos camiños da filosofía, todo son preguntas. Será que se pode atopar unha resposta perralleira ás grandes preguntas da humanidade? Son os cómicos seres pensantes ou só o parecen? Hai vida antes da morte? Para que serve un concepto nunha comedia? Que é mellor, saber ou non saber o que fai a veciña do lado polas noites?

Dispostos a solucionalo todo e armados cun simple biombo, Mofa e Befa emprenden viaxe polo fascinante mundo das ideas onde serán asaltados e posuídos por todo tipo de personaxes: filósofos lucenses, domadores de circo anti-darwinianos, eremitas positivistas, cantantes sufís ou cobradores da luz con ideas propias sobre a teoría da relatividade. Un freak show de pensadores e pensamentos que non renuncia a comprender a realidade actual, por difícil que pareza.

Dous cranios privilexiados á procura de respostas, dispostos a convencernos da validez do seu método: “No perralleirismo atoparedes a verdade”.

Teatro Principal24–27/01/201820.30 hXoves 25, #posfuncion

Idade recomendada: > 13 anosDuración aprox.: 90 minutosPrezo: 12 eurosDescontos do 50% (ver páx. 01)

Cranios privilexiados... ou crítica da razón perralleiraPRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS

Mofa e Befa sométense a un duro exercicio espiritual poñendo en cuestión a súa propia filosofía escénica: o perralleirismo, unha filosofía baseada no principio de que todo problema ten solución, e se non a ten, non queda outra que inventala.

Autoría: Pepe Sendón e Carlos SantiagoDramaturxia e dirección:Carlos SantiagoIntérpretes: Evaristo Calvo e Víctor MosqueiraDirección de arte: Natasha LelencoEspazo lumínico: Octavio MasAtrezzo: Marcelino de Santiago, “Kukas”Produción: Rubén G. Pedrero

www.excentricas.net mofaebefa

COMENTA A FUNCIÓN NAS REDES SOCIAIS COAS ETIQUETAS #posfuncion e #euvexoteatrogalego

08 09

Voz: Uxía, Magín Blanco, Chus, AnaGuitarra e cavaquiño: Sérgio TannusAcordeón: Santi Cribeiro Guitarra: Magín BlancoContrabaixo: Antonio Castillo Gaita: Raquel Domínguez Maquinista: Ruí

mariafumasa

Entre as vilas e cidades que visitan nesta nova xeira, fan parada en Compostela acompañados da voz de Uxía, da guitarra e cavaquiño de Sérgio Tannus, do acordeón de Santi Cribeiro, da voz e a guitarra de Magín Blanco, do contrabaixo de Antonio Castillo, das voces de Chus e Ana, a gaita de Raquel, e tantas amigas e amigos que os acompañan para, da man do maquinista Ruí, descubrirnos que a diversidade é o mellor modo de vida.

María Fumaça, contaxiando alegría!!!

Auditorio de Galicia 27/01/201818.30 h

Para todos os públicosDuración aprox.: 60 minutosPrezo: 4 eurosBono familiar (4 entradas): 12 euros

MARÍA FUMAÇAAs que máis molan!!!FAMILIA MARÍA FUMAÇA

A familia María Fumaça celebra cinco anos de travesía reunindo un feixe de éxitos e dúas novas cancións para incorporar ás favoritas do público.

COMENTA A FUNCIÓN NAS REDES SOCIAIS COA ETIQUETA #posfuncion

© Paxi

10 11

Talía Teatro presenta unha revisión do clásico O servidor de dous amos, un dos textos inmortais da historia do teatro. Convertido no referente por excelencia da Commedia dell’Arte, a compañía ofrece unha re-invención da obra de Goldoni que respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal ao

tempo que busca incorporar novas formas de teatralidade. No seu 30 Aniversario, Talía Teatro reivindica o verdadeiro espírito da Commedia dell’Arte, do teatro renacentista italiano: a procura da innovación mediante o uso de todas as novidades escénicas posibles, a persecución do “espectáculo total”, a creación dunha obra que capaz de deixar abraiado a todo o público presente.

Así como a Commedia dell’Arte creaba unha paisaxe cómica e irreverente da sociedade italiana do momento, esta versión trata de construír un xoguete escénico onde os contratos matrimoniais son substituídos por contratos de construción, onde nobres e mandatarios son substituídos por empresarios e políticos, onde a vida mesma da nosa sociedade é retratada

Autoría: Carlo GoldoniDirección: Artur Trillo e Diego ReyAdaptación: Artur Trillo e Diego ReyEscenografía: Diego ValeirasDeseño iluminación: Diego ValeirasVestiario: Martina CambeiroIntérpretes: Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo, Dani Trillo

www.taliateatro.gal taliateatro

taliateatro

con irreverencia e descaro, buscando un espectáculo trepidante e deslinguado, tan mordaz como divertido.

Oito intérpretes desenvolverán en escena un espectáculo de gran formato onde todo será posible, onde a mentira e a confusión serán a base do xogo, onde os distintos espazos mudarán á vista do espectador, onde riremos de todo e de todos, ata de nós mesmos.

Teatro Principal 14–17/02/201820.30 hXoves 15, #posfuncion

Idade recomendada: > 13 anosDuración aprox.: 75 minutosPrezo: 12 eurosDescontos do 50% (ver páx. 01)

O servidor de dous amosTALÍA TEATRO

COMENTA A FUNCIÓN NAS REDES SOCIAIS COAS ETIQUETAS #posfuncion e #euvexoteatrogalego

ESTREA – 30 ANIVERSARIO DA COMPAÑÍA

Autoría: Antonio LozanoIntérpretes: Marta VieraDirección: Mario VegaDirección de audiovisuais: Juan Carlos CruzDeseño de audiovisuais: Marga Turnbull e Mariano Romero Animación: María Dolores Abujas e Elvis Pedro Nsue Deseño de luces e coordinación técnica: Tomás CharteDirección de arte: Elena GoncaMúsica: Salif KeitaProdución executiva: Pedro CarballidoSocial media, web e RRSS: Héctor MuñozComunicación e prensa: Paco MedinaDeseño gráfico: unahoramenosFotografía: Tere RuanoAsistencia en construción de escenografías: Raquel Santana e Pepe Juan Medina Produción: unahoramenos producciones S.L. Coa coprodución do Ayuntamiento de Agüimes

www.unahoramenos.es factoriaunahoramenos

UHM_Oficial

Me llamo Suleimán é unha obra centrada na emigración clandestina entre África e España e, máis concretamente, na viaxe que ten que realizar quen se ve na obriga de emprender esta aventura. Suleimán é un rapaz que, farto da pobreza do seu país, deixa Mali para marchar canda o seu amigo Musa á próspera Europa. Ansían traballar e conseguir cartos abondos cos que voltar e axudar as súas familias. Pero a viaxe é dura e difícil. Teñen que cruzar o deserto en camións incómodos e atestados de expatriados que, coma eles, buscan unha vida mellor. Na fronteira con Melilla, o cruce do enreixado pon trabas ás súas arelas. Lonxe de renderse, Suleimán emprenderá a viaxe unha vez máis, desta vez por mar.

En escena, Isabel, unha compañeira de clase de Suleimán, narra a historia deste neno que busca alcanzar os seus soños.

Me llamo SuleimánUNAHORAMENOS

Teatro Principal 24/02/201818.30 h

Idade recomendada: > 10 anos Duración aprox.: 75 minutosPrezo: 4 eurosBono familiar (4 entradas): 12 euros

12 13

COMENTA A FUNCIÓN NAS REDES SOCIAIS COA ETIQUETA #posfuncion

14 15

Dirección: Tito AsoreyDramaturxia: Tito Asorey, Ana CarreiraElenco: Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu, Laura Míguez, Vadim YukhnevichDeseño de escenografía: Laura Iturralde, Montse PiñeiroConstrución da maqueta: Fran LareuAudiovisuais: Diego Blanco, Laura IturraldeFotografia e video: Aitor UveDirector musical: Vadim YukhnevichProdución: Fran LareuConstrución de escenografía e atrezzo: José Manuel Faro “Coti”, Laura Iturralde, Montse PiñeiroIluminación: José Manuel Faro “Coti”Vestiario: Ilmaquinario TeatroDeseño gráfico: José LameirasUnidade didáctica: Melania CruzAxudantía de dirección: María Peinado Casal

www.ilmaquinarioteatro.com/resacagalego ilMaquinario

ilmaquinariotea

empregados como punto de partida para unha investigación que tamén se converte en descuberta persoal por parte de cada un deles.

- De que maneira nos pode salvar a memoria da vertixe dun mundo de ritmos cambiantes e imparables?

- Somos quen de atopar respostas á preguiza do mundo contemporáneo botando a vista atrás e tratando de saber de onde procede este sentimento?

- Somos realmente tan diferentes dos nosos antepasados?

Reflexionando sobre esas preguntas, os actores tratan de revivir certos momentos do pasado transitando entre os límites da realidade e a ficción para poder comprender algo do presente e o futuro, para procurar espazos de pausa e rebeldía nos que poder investigar sobre as súas orixes.

Teatro Principal 02–03/03/201820.30 hVenres 2, #posfuncion

Idade recomendada: > 14 anos Duración aprox: 70 minutosPrezo: 12 eurosDescontos do 50% (ver páx. 01)

ResacaILMAQUINARIO TEATRO

Resaca é o resultado da investigación documental dos vestixios deixados por Álex, unha tentativa por recompoñer a historia de alguén a quen non acabaron de coñecer de todo. Un xeito de falar dunha xeración a través dunha persoa común.

No verán de 2016, os membros de ilMaquinario Teatro deciden xuntarse co ánimo de reconstruír a súa propia memoria xeracional e familiar a través da historia dunha persoa común que desapareceu e marcou as súas vidas: Álex.

Os restos que esta persoa deixa en forma de cadernos, diarios, investigacións sobre a súa familia, lembranzas e fotografías, son os materiais

COMENTA A FUNCIÓN NAS REDES SOCIAIS COAS ETIQUETAS #posfuncion e #euvexoteatrogalego

16 17

Para público adultoDuración aprox: 70 minutosPrezo: 12 eurosDescontos do 50% (ver páx. 01)

Emilia. Mujeres que se atreven (Parte 1)TEATRO DEL BARRIO

Emilia. Mujeres que se atreven amosa a loita dunha muller, Emilia Pardo Bazán que, cara a fin do século XIX, porfía en ser ela mesma, conducirse de acordo cos seus desexos e vontade de escribir e participar na vida pública.

Emilia tratou de ingresar na Real Academia de la Lengua. Sen éxito. A súa insistencia valeulle a reprobación de moitos dos seus contemporáneos, mesmo despois de ter acadado a admiración dalgúns outros. Por riba das polémicas, en Emilia sobresae a figura dunha muller forte, intelixente e extraordinariamente divertida.

Comeza a triloxía “Mujeres que se atreven” no Teatro del Barrio. Unha tríada de mulleres relevantes que loitaron porque a sociedade as recoñecese como iguais.

Texto: Noelia Adánez e Anna R. CostaDirección: Anna R. CostaIntérpretes: Pilar GómezEscenografía: Teatro del BarrioVestiario: Ana LabradorIluminación: Raúl BaenaSon: Iñaki RubioPerruquería: Montse OrtegaSombreiro: Biliana BorissovaProdución executiva: Sara F. ValenciaAxte. de dirección e produción: Pablo Esguevillas

www.teatrodelbarrio.com/emilia-producciones-del-barrio/ tuteatrodelbarrio

teatrobarrio

Teatro Principal 10/03/201820.30 h#posfuncion

COMENTA A FUNCIÓN NAS REDES SOCIAIS COA ETIQUETA #posfuncion

18 19

Refuxiadas nun cuarto de caldeiras, coexisten as peculiaridades dun científico pintoresco e un músico excéntrico. A través do labirinto de tubos que anoan as voces do edificio, chéganlles relatos de grupos de persoas que, a pesares do inesperado, se recoñecen como familia.

O conto da azuzaina é un espectáculo do que emerxe a certeza de que non existen as fórmulas para a normalidade, nin pautas fixas para marcar o compás da harmonía familiar.

Un espectáculo no que José Carlos e Herminio experimentan a diversidade, sorprenden a tristeza con números de circo e crean melodías de superación.

Un marabilloso xoguete escénico sobre as familias para desfrutar en familia.

O músico e o científico precisan compartir o cuarto de caldeiras, ese espazo de intimidade, ese escondedoiro

Teatro Principal 18/03/201818.30 h

Idade recomendada: 8–12 anosDuración aprox: 50 minutosPrezo: 4 eurosBono familiar (4 entradas): 12 euros

Autoría e creación: Ana Carreira e Fran NúñezDirección: Fran NúñezEscenografía: Ángela Yáñez e Mey LópezDeseño de son: José Carlos Illanes e Fran NúñezDeseño de iluminación: Fran NúñezVestiario: Paz YáñezMúsica: José Carlos Illanes

www.limiarteatro.com limiarteatro

O conto da azuzainaLIMIAR TEATRO

onde tocar e experimentar sen a mirada dos seus familiares. Alí as matemáticas son o punto de unión entre ciencia e música e... posiblemente a forma de entender que para cada familia existe unha fórmula diferente.

Mediante operacións simples (suma, resta, multiplicación e división) tentarán entender as historias familiares que lles chegan a través dos tubos da caldeira. Historias anónimas o as súas historias... Quen sabe?

COMENTA A FUNCIÓN NAS REDES SOCIAIS COAS ETIQUETAS #posfuncion e #euvexoteatrogalego

20 21

Euria (Choiva) fala dese tempo necesario no que a tristura nos acompaña para calmar o que nos doe e, pouco a pouco, adaptarnos a unha nova situación. Que as perdas, grandes ou pequenas, son un feito natural. E que esta circunstancia de vida tamén debe ser explicada na infancia.

Euria (Choiva) recibiu o Premio ao Mellor Espectáculo Fetén 2017.

Autoría e dirección: MarkeliñeIntérpretes: Fernando Barado, Nerea Martínez, Natalia Garcia, Itziar Fragua, Ioar FernándezVestiario e ilustración: marieta soul espacio creativoVídeo: Alphax StudioIluminación: Jon Kepa ZumaldeMúsica: Mario Viñuela, Alos QuartetComunicación: Gloria HernándezCoordinación: Iñaki EgiluzContacto: Joserra Martínez

www.markeline.com Markelinne

markelina.teatroa markelinie

Teatro Principal 24/03/201718.30 h

Idade recomendada: > 6 anosDuración aprox: 60 minutosPrezo: 4 eurosBono familiar (4 entradas): 12 euros

Euria (Choiva)MARKELIÑE

Un paraugas pendurado como recordo nun colgadoiro. Unha personaxe sumida na tristura pola perda dun ser querido. Outro paraugas, roto e abandonado, que a nosa personaxe decide arranxar sen saber que, dende ese momento, a súa vida comeza a mudar.

COMENTA A FUNCIÓN NAS REDES SOCIAIS COA ETIQUETA #posfuncion

© Luis Antonio Barajas

© Luis Antonio Barajas

22 23

Autoría e dirección: Santiago CortegosoIntérpretes: Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Víctor Mosqueira, Xosé M. EsperanteDeseño e realización da escenografía: Pablo Giráldez “Pastor”Banda sonora: CaxadeDeseño de iluminación: Salvador del RíoVestiario: Marián BañobreImaxe: Diego Seixo

www.ibuprofenoteatro.com IbuprofenoTeatro

ibuprofenteatro

polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte pre-conxelada e adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.

Teatro Principal 06–07/04/1820.30 hVenres 6, #posfuncion

Para público adultoDuración aprox: 75 minutosPrezo: 12 eurosDescontos do 50% (ver páx. 01)

Casa O’ReiIBUPROFENO TEATRO

Con Casa O’Rei, Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica, xunto con O furancho e Raclette. Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do Rei Lear de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.

Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable

COMENTA A FUNCIÓN NAS REDES SOCIAIS COAS ETIQUETAS #posfuncion e #euvexoteatrogalego

© Diego Seixo

24 25

El último bufónLEO BASSI

Dirección e interpretación: Leo Bassi

http://nuevaweb.leobassi.com/mc-events/el-ultimo-bufon/ bassileo

O cómico de orixe italiana Leo Bassi revisa os seus 40 anos de traxectoria teatral a partir duns filmes que a súa irmá atopa na Fundación Lumière en Lyon. Imaxes que os irmáns Lumière tomaran dos antepasados de Bassi no Circo Rancy e que constitúen, posiblemente, as primeiras de pallasos en movemento ao longo da historia.

Recoñecido mundialmente polas súas extravagantes actuacións teatrais e innumerables accións provocadoras, Leo Bassi descende dunha antiga liñaxe de comediantes excéntricos e de pallasos circenses vindos de Italia, Francia, Reino Unido, Austria e Polonia. Durante 170 anos, a súa familia actuou de forma ininterrompida. Dela herdou sorprendentes habilidades e ese espírito libertario, irreverente e cosmopolita, que foi sen dúbida a esencia do circo do século XIX.

A partir das imaxes atopadas pola súa irmá, Bassi repara no mundo perdido dos bufóns, e na evolución do humor ao longo dos tempos.

Teatro Principal 19/04/1820.30 h

Para público adultoDuración aprox: 90 minutosPrezo: 14 eurosDescontos do 50% (ver páx. 01)

COMENTA A FUNCIÓN NAS REDES SOCIAIS COA ETIQUETA #posfuncion

26 27

Autoría: David MametDirección: Luis LuqueIntérpretes: Fernando Guillén Cuervo e Natalia SánchezEscenografía: Mónica BoromelloVestiario: Almudena RodríguezIluminación: Juan Gómez Cornejo

http://pentacion.com/obras-en-cartel/oleanna/ PentacionEspectaculos

_Pentacion_

Carol, é unha estudante universitaria que chega ao despacho do seu profesor a pedir que lle suban a nota dunha materia. Desta sinxela premisa parte unha das obras máis turbadoras de David Mamet.

Oleanna é unha historia sobre a loita de poder entre dúas persoas. Un conflito descarnado que reflexiona sobre o acoso sexual

Teatro Principal 21/04/201820.30 h

Idade recomendada: > 16 anosDuración aprox: 70 minutosPrezo: 14 eurosDescontos do 50% (ver páx. 01)

OleannaPENTACIÓN ESPECTÁCULOS

e onde se cuestiona o sistema académico vixente para apuntar a unha verdade oculta máis alá do que se ve.

Mamet tece unha historia sobre a contradición de dúas personaxes a un tempo erradas e certas coas que o público se identifica, e ofrece unha obra desacougante que coloca a quen ela asiste na posición de asumir o medo ante o que non se entende.

COMENTA A FUNCIÓN NAS REDES SOCIAIS COA ETIQUETA #posfuncion

28 29

Creación e interpretación: Janet Novás Dramaturxia: Ricardo Santana Música: Haru Mori Acompañamento artístico: Antía Díaz e Lipi Hernández Deseño de iluminación: David Picazo Imaxe: Virginia Rota Vestiario: Panamá Díaz e Maravilla Muñoz

http://janetnovas.com/ janetnovas

janetnovas janetnovas18

Nos procesos creativos de Janet Novás hai certas liñas ou principios recorrentes que determinan as decisións que toma e que perfilan os seus traballos: unha de carácter intuitivo, imaxinativo e sensorial e outra que pon en cuestión a primeira. En Si pudera hablar de esto no haría esto, Novás privilexia os materiais que deveñen das pulsións para afastarse desoutra faceta discursiva. Lonxe de formular un discurso ou tender unha reflexión colectiva, a artista entrégase ao xogo co corpo, co tempo e o espazo que a arrodea para compartir sensacións, iniciar un camiño a través das súas experiencias e necesidades de expresión, nunha peza na que a acción, a entrega o compromiso e a responsabilidade se volven imprescindibles.

Si pudiera hablar de esto no haría estoJANET NOVÁS

Teatro Principal 27/04/201820.30 h

Para todos os públicosDuración aprox: 55 minutosPrezo: 10 eurosDescontos do 50% (ver páx. 01)

Taller “O corpo ocupado”26 de abril (ver páx. 03)

“Náceme, sáeme, precisa saír e manifestarse. Non sei que é, nin como se chama, só sei que existe e quere ser visible. Quere falar e ser, ser algo tanxible para poder ser certo e verdadeiro á mirada allea e á miña propia mirada. Quere manifestarse dende unha imaxe, dende o son, dende o silencio. Quere nacer aínda que morra nese instante. E eu estou ao servizo para que iso suceda”. (Janet Novás)

COMENTA A FUNCIÓN NAS REDES SOCIAIS COA ETIQUETA #posfuncion

30 31

Dirección, creación e interpretación: Kirenia Martínez e Estefanía GómezEspazo sonoro: Carla López e Iago MouriñoAtrezzo e decoración: Equipo Creativo RTA (Xacobo) e Compañía EntremansDeseño de iluminación: Equipo Creativo RTA (Diego)Audiovisual: Equipo Creativo RTAArte e Imaxe: Gosia TrebaczVestiario: Santos Salgado e Compañía EntremansProdución e distribución: Artestudio Xestión Cultural

www.ciaentremans.com pasofranco

entremans entremans.

Entremans presenta unha peza didáctica para público familiar Gaia. Realiza, así, o seu segundo espectáculo infantil, logo da boa acollida que tivo a nivel nacional o seu anterior espectáculo Xoga.

Gaia afonda nun tema de suma importancia hoxe en día: O noso planeta.

Un proxecto no que a idea fundamental é achegar coñecementos desde unha óptica visual e imaxinativa.

O noso fogar, a Terra, está a cambiar rapidamente... Debemos atopar unha forma de vida máis respectuosa para protexer o planeta e o noso medio ambiente. Gaia perténcenos a todas e todos. Podemos debuxar xuntas e xuntos un mañá feliz e un mundo a toda cor.

Gaia é un percorrido singular no que a pintura, a música,

Teatro Principal 28/04/201818.30 h

Idade recomendada: > 3 anosDuración aprox: 50 minutosPrezo: 4 eurosBono familiar (4 entradas): 12 euros

GaiaENTREMANS

o audiovisual e a danza nos axudan a descubrir e comprender a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e os seus tesouros naturais.

Unha historia en movemento para descubrir as características da terra, os mares e a atmosfera así como a interacción entre as persoas e o medio ambiente.

COMENTA A FUNCIÓN NAS REDES SOCIAIS COA ETIQUETA #posfuncion

32 33

Autoría: Carlos RodríguezDirección: Jaime Pablo Diaz e Carlos RodríguezAdaptación: Alberto VelascoEscenografía: Luis PerdigueroDeseño de son: Victor ToméDeseño de iluminación: Luis PerdigueroVestiario: Sara Sánchez La Morena Música: Sergio Moure de OteyzaCoreografía: Jaime Pablo Diaz, Carlos Rodríguez e Carmelo SeguraBailaríns danza tradicional galega: Iván Villar Agulleiro, Francisco Sieira González, Adrao Casal Sio, Ricardo Fernández Louro

Bailaríns danza española: Rubén Puertas, Jose Alarcón Cuevas, Jose Angel Capel Ferrón, Alejandro Muñoz Muñoz.Bailaríns danza contemporánea: David Vilariño González.Músicos: Javier Feijoo “Xisco” (Gaita, Pandeiro e Canto), Juan Debel (Cantaor), Francisco Sieira (Pandeiro), Alba (Cante Tarrañolas), Cordes del Mon (Violíns)

www.novagalegadedanza.com ngdtradiccion

NovaGalega NovaGalegaDanza

Auditorio de Galicia 29/04/201820.30 h

Para público adultoDuración aprox: 80 minutosPrezo: 10 eurosDescontos do 50% (ver páx. 01)

SonNOVA GALEGA DE DANZA

“O primeiro que se experimenta cando se crea e unha contundente sensación de ESTAR, de FACER SENDO. A mirada activa tamén e creativa, sinte, proxecta, respira. Aquí vimos a atoparnos os uns cos outros. Os que bailan, os que miran coa ABERTURA do viaxante, os extremos de diferentes pólas que descobren ao inclinarse cara a terra que os sostén, o tronco común e as infinitas raíces, que seguen medrando e cambiando, que fai que as pólas teñan que moverse pois as raíces seguen facéndoo e as pólas non poden quedar estáticas se queren conter vida. Vimos a atoparnos coa mesma obra, aquela que nos chama, que nos fixo transitar por uns camiños e non por outros, a cegas, coma se a obra mesma quixera o seu momento, o seu lugar. E o artista déixase aberto, porque para el existen. Porque para el SON”. (Marita Carmona)

COMENTA A FUNCIÓN NAS REDES SOCIAIS COA ETIQUETA #posfuncion

35

Dirección xeral e coreografía: Dani PannulloBailaríns (B-boys): Alejandro Moya (b-boy Lilkuest), Julián Gómez (B-boy Hu-lee), Miguel Ballabriga (B-boy Zomas), Rubén Martín (B-boy Chino), Fútbol free-styler: Javier Sanz Aguilar Violonchelo: Luis Felipe Serrano (Martin Waschbär) Deseño de luces e iluminación: Victor Cadenas Deseño de gobo: Jaro Vestiario: Carlos Diez, Adidas e Martin Waschbär Son: Eric Medina Deseño gráfico: Pablo Herrero (ZETA) Vídeo: Bruno Galán Ruiz (BRUTO) Fotografía: Borja Suárez Lázaro-Galdiano (BSLG)Produción: Claudia Morgana (Danzas del Mundo) Agradecementos: Centro de Danza Canal, Martin Waschbär Artes Escénicas, Gorka Postigo e Nicolás Santos

http://www.danipannullo.com/espanol/avalanche.htm ciapannullo

DANIPANULLODT

Avalanche lévanos a un mundo de confrontacións dancísticas para nos falar do inexorable paso do tempo. O coreógrafo arxentino Dani Pannullo presenta neste espectáculo a beleza deforme do noso século e recolle diferentes momentos na vida dun director ávido por ver e recoñecerse en mundos diversos; que acepta esa diversidade e se centra en amosarnos, dende a linguaxe física, como e por que se move a xente: dende os máis atávicos rituais dos pobos á complexa presenza da danza nas urbes de millóns de habitantes. O simple movemento de mans e pernas convive co estudo en profundidade da coreografía máis actual.

Interesado nas novas formas de deporte urbano que agroman hoxe nas cidades, Pannullo inclúe en Avalanche unha novísima modalidade de control do movemento que se sitúa entre a práctica do deporte e certo virtuosismo; trucos, creatividade e estilo convertidos no escenario en

Teatro Principal 05/05/201820.30 h

Para todos os públicosDuración aprox: 60 minutosPrezo: 10 eurosDescontos do 50% (ver páx. 01)

Taller de Break-dance4 de maio (ver páx. 03)

AvalancheDANI PANNULLO DANCETHEATRE CO.

poesía. Esa “forma máis de danza”, segundo o seu director, que é o fútbol free-style. Como xa fixera anteriormente con b-boys, skaters, parkour, traceurs, beat-boxers, a compañía intenta elevar estas linguaxes aos escenarios cultos, buscando a aceptación de novas audiencias.

34

COMENTA A FUNCIÓN NAS REDES SOCIAIS COA ETIQUETA #posfuncion

36 37

Autoría: Fernando LópezDirección: Elia Rodiere. Filósofa Intérpretes: Irene Hernández Díaz e Fernando LópezEscenografía: Fernando LópezVestiario: Fernando LópezMúsica: VVAAIluminación: Jorge Pascual LobatoSon: Jorge Pascual Lobato

http://www.danza.es/multimedia/biografias/fernando-lrparrahttp://dancefromspain.feced.org/bailar-en-hombre/ lrparrafernando

lrparrafernando

Teatro Principal 24/05/201820.30 h

Para todos os públicosDuración aprox: 60 minutosPrezo: 10 eurosDescontos do 50% (ver páx. 01)

Presentación do libro “De puertas para adentro: disidencia sexual y disconformidad de género en la tradición flamenca” + debate (ver páx. 03)

Bailar en hombreFERNANDO LÓPEZ

Bailar en hombre é un espectáculo que trata sobre a evolución dos códigos de xénero e sexualidade dentro do flamenco, ao longo do século pasado.

A peza ten como fío condutor o percorrido de diferentes versións da Farruca, un xénero dancístico flamenco creado a principios do século XX e que se converteu, co transcurso dos anos, en emblema da masculinidade e do chamado “baile de home”.

As relacións entre home e muller e as diferentes manifestacións de masculinidade e feminidade son algunhas das cuestións que, de xeito artístico e pedagóxico, son tratadas neste espectáculo para ofrecer unha visión panorámica sobre as súas variacións antes, durante e despois do Franquismo.

COMENTA A FUNCIÓN NAS REDES SOCIAIS COA ETIQUETA #posfuncion

38 39

ElectraCOMPANHIA DO CHAPITÔ

Teatro Principal 25/05/201820.30 h#posfuncion

Idade recomendada: > 12 anosDuración aprox: 60 minutosPrezo: 12 eurosDescontos do 50% (ver páx. 01)Idioma: portugués

Logo de Edipo, a Companhia do Chapitô atrévese con outro título complexo (que non complicado) dentro da traxedia grega: Electra. Na Atenas do Rei Agametón, convócase unha batalla para liberar á fermosa Helena das poutas do seu secuestrador. Ao non topar ventos favorable para os seu barcos, Agamenón sacrifica á súa filla Ifixenia por indicación dos profetas. Este feito provoca que Clitemnestra trame a súa vinganza xunto a Existo, o seu amante e primo do rei. Despois de dez anos de guerra, o volver de Troia, Agamenón é asasinado e Electra, a filla preferida do pai, polo que sente devoción, consumará a vinganza. Coa axuda do seu irmán Orestes, mata á súa propia nai e ao tío. E todo este baño de sangue cóntase ao estilo propio e inconfundible da compañía: en chave de comedia hilarante.

Dirección Artística: José Carlos Garcia e Cláudia Novoa Interpretación: Jorge Cruz, Nádia Santos, Tiago Viegas Vestiario: Glória MendesDirección Técnica: David Gonçalo Florentino Dirección de Produción: Tânia Melo RodriguesDistribución - contratación: César Arias – MARMORE

www.cesararias.es

COMENTA A FUNCIÓN NAS REDES SOCIAIS COA ETIQUETA #posfuncion

© Catarina Veiga

40 41

Director: Óscar FerreiraGuión: Andrea BayerIntérpretes: Davide González e Andrea BayerDeseño de Iluminación: Daniel AbaloMúsica orixinal: Davide GonzálezMúsica cantiga de berce: Elena PazDeseño de escenografía: Óscar FerreiraConstrución de escenografía: Óscar Ferreira e José Manuel VidalMonicreques: Óscar Ferreira e José Manuel VidalVestiario: Baobab TeatroMaterial audiovisual e fotos: Víctor Moreno (Lía films)

https://baobabteatro.com/gl baobabt

Teatro Principal 26/05/201818.30 h

Idade recomendada: > 5 anosDuración aprox: 50 minutosPrezo: 4 eurosBono familiar (4 entradas): 10 euros

Pum Pum!BAOBAB TEATRO

Marieta é unha nena de 5 anos coma calquera outra. Está rodeada de portas, portas que se abren e contan historias, historias que teñen música e cantan cando Marieta quere. Pero Marieta ten unha porta que garda un segredo. Un segredo que nunca contou e que ninguén escoitou.

Pum Pum! é un espectáculo tenro para nenas e nenos a partir de 5 anos que fala de historias cotiás que lles acontecen a esta idade e que porta tamén unha mensaxe clara: dende moi pequenos deben saber que ninguén lles pode obrigar a facer cousas que non queren.

COMENTA A FUNCIÓN NAS REDES SOCIAIS COAS ETIQUETAS #posfuncion e #euvexoteatrogalego

www.compostelacapitalcultural.gal CompostelaCapitalCultural

@CCultura