Revista TRÍPTICA 2016

40
TRÍPTIC Maio 2016 #7 TODO POLO OURO EN RIO Correrías descalzo como Raña? Testemuño do primeiro tríatlon en Galicia

description

A colaboración de Iván Raña con Javi Gómez Noya nas súas aspiracións olímpicas, o debate sobre correr descalzo, o primeiro tríatlon da historia de Galicia, unha control antidopaxe desde dentro e máis contidos conforman a guía 2016 do tríatlon galego.

Transcript of Revista TRÍPTICA 2016

Page 1: Revista TRÍPTICA 2016

TRÍPTICMaio

201

6 #7

Ma

io 2

016

#7

TODO POLO OUROTODO POLO OUROEN RIOEN RIO

Correrías descalzo como Raña?Correrías descalzo como Raña?

Testemuño do primeiro tríatlon en GaliciaTestemuño do primeiro tríatlon en Galicia

Page 2: Revista TRÍPTICA 2016

No Día das Letras Galegas, a revista TRÍPTICA reparte este ano máis exemplares, até chegar ás 400 revistas gratuítas, con máis páxinas e máis contido para ser a túa guía 2016 do tríatlon galego.

Perdiches algunha edición?

En internet, con zoom para non perder

detalle,podes lelas todas en calquera momento

na plataforma:

issuu.com/revistaTRIPTICA

Na práctica da liberdade de expresión, TRÍPTICA pode publicar opinións coas que é posible que a súa liña editorial non coincida e das que non se fai responsable.

Respecta o medio ambiente. Reutiliza ou recicla TRÍPTICA.

Dirección e redacción:

Silvia Vieito

Fotografía:

Juan Luis Pedrosa

Maquetación e impresión:

Deseño de Impresión

Depósito Legal:

C 67-2015

ISSN:

2387-1865

Xunto a ti en:

Revista TRÍPTICA @tripticatri

Page 3: Revista TRÍPTICA 2016

Esta fin de semana a ponte dos Tirantes será de novo epicentro do tríatlon.

Este sábado 21 de maio ás 13.00 horas comezarán, a cada minuto, infinidade de saídas dos clubs participantes nas Copas do Rei e da Raíña.

En formato de contrarreloxo por equipos, o Triatlón Ferrol feminino aínda lembra o título que lle quitaron en 2015 por un erro na cronometraxe que modificou os resultados días despois deixando ao Diablillos de Rivas cun dubidoso tempo que as proclamou campioas. Aínda con polémica, os resultados galegos da pasada tempada foron extraordinarios: cun bronce do Cidade de Lugo Fluvial feminino, unha prata do equipo lucense masculino e outro bronce dos homes do Arcade Inforhouse de Santiago.

Para ti que vas competir, lembra que nesta competición só hai área de penalización de ciclismo. En caso de ser sancionados por aproveitar a roda dos rivais, ao tratarse dunha proba con drafting prohibido entre equipos e ser distancia sprint, deberase parar durante un minuto.

CLAVES DO RELEVO

Prescindir das calas e usar pedais automáticos, coñecidos como Thompson. Nun ciclismo tan curto, prima o aforro de tempo na segunda transición.

Facer o contacto que implica o relevo dentro da zona delimitada para evitar ser descualificados.

Revisar o taboleiro de penalizacións. Na carreira a pé debes cumprir a sanción do teu equipo aínda que non a cometeras ti.

O domingo 22 de maio desde as 9.00 horas decidiranse as medallas do campionato de España de tríatlon por relevos. O Triatlón Ferrol feminino defende título grazas ao trío que formaron as galegas Camila Alonso, Sara Guerrero e Inés Santiago, coa estratexia de nadar sen neopreno para gañar tempo na primeira transición. As mulleres do Fluvial volverán loitar polo podio, como acredita o seu bronce 2015, mentres que os triatletas do Cidade de Lugo preséntanse como v i x e n t e s s u b c a m p i ó n s n e s t a modalidade.

PONTEVEDRA 2016

2

3

1

Page 4: Revista TRÍPTICA 2016

TRÍATLONS DE INTERIOR Co Tríatlon do Miño como a proba máis veterana do calendario galego, a cita lucense sobresae entre os tríatlon que en Galicia non se nadan no mar. Allariz cumprirá este verán 27 edicións como outro dos referentes, compartindo calendario ourensá co Aviamán en Leiro.

A poucos quilómetros do Atlántico, o río Miño serve de primeiro segmento para os participantes no Tríatlon do Porriño que se nada en Tui e do Tríatlon da Amizade que Tomiño comparte con Vilanova da Cerveira ao outro lado da raia.

Na provincia de A Coruña, é o Northwest Triman o que lle descubriu aos triatletas o lago de As Pontes e, en xuño, o río Tambre será o lugar desde o que se inicie o novo Tríatlon Concello de Negreira.

Un encoro permitirá contar cun sector de natación coma un prato, sen correntes, a unha única volta de 750 metros. Despois da primeira transición, o treito ciclista achega os triatletas ao centro de Negreira nun circuíto 'rompepernas', case sen un metro chan.

Coa segunda transición no campo da feira, os triatletas sairán a correr en dirección ao Concello pasando baixo o símbolo local: o pazo do Cotón.

Coa opción de completar este tríatlon solidario de forma individual ou en formato relevos no que cada deportista completa unha disciplina, Negreira e o río Tambre darán paso á estrea do esixente Tríatlon da Ribeira Sacra de Pantón, co río Miño como eixo central.

Page 5: Revista TRÍPTICA 2016

Erros de principiante a non cometer:

Como Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Héctor Tarrío, de Buenaforma, advirte para a revista TRÍPTICA costumes desatinadas pero habituais:

Basear a intensidade dos adestramentos na frecuencia cardíaca (FC): é un bo medidor de intensidade, aínda que os seus valores poden alterarse con bastante facilidade (temperatura, fatiga, deshidratación,etc.). Para iso, recoméndoche que comeces a traballar coa escala de esforzo percibido (EEP) que ten gran eficiencia se a unimos á FC. Coñecer o teu corpo nas diferentes zonas de adestramento é fundamental.

Pensar que descansando 24-48h antes dunha proba estou preparado para render con todo o meu potencial na competición: a mellora da condición física sucede unha vez recuperámonos dun estímulo de adestramento. Xusto antes dunha competición debemos facer o que se denomina un 'tapering', baixando o volume de quilómetros un 40-60% e mantendo a intensidade. O tapering dura desde os 8 días até os 14 días previos á competición.

Realizar o sector de ciclismo cunha cadencia menor de 80-85rpm (revolucións por minuto): aínda que cada atleta debe buscar a súa cadencia óptima, está demostrado que a cadencia desenvolvida durante o sector de ciclismo afectará ao patrón motor da carreira xusto despois da transición (custarache máis arrincar a correr). Tenta manter unha cadencia alta para así reducir a fatiga muscular.

Non contar cun adestrador e unha planificación adecuada ao teu nivel e condicións: durante toda a tempada non sempre vas priorizar o mesmo deporte, debes saber cales son os teus puntos débiles e saber cando centrarte neles ou cando espremer o potencial dos teus puntos fortes. Para iso o mellor é contar cunha planificación individualizada. Non copies adestramentos de amigos ou compañeiros, cada persoa ten as súas zonas de adestramento e as súas características intransferibles, as virtudes dun poden ser as carencias doutros triatletas.

Page 6: Revista TRÍPTICA 2016

DURO PERCORRIDO A PÉ ENAS PONTES 2016

O NorthwestTriman presentará o próximo 25 de xuño o seu sector a pé como principal novidade. Abandónanse os camiños paralelos ao lago de Endesa e éntrase na vila pontesa.

A novidade non o será tanto para os centos de triatletas que aproveitan as xornadas de recoñecemento de circuítos que se organizan como previa ao único tríatlon de longa distancia de Galicia e -tamén de estrea- un media distancia. Unha desas triatletas foi Natalia Míguez (TriSada), campioa galega de distancia ironman en 2014 e subcampioa en 2015, quen avanza as características do percorrido:

"Asfalto e beirarrúas forman maioritariamente a superficie do novo circuíto. Hai zonas de sombra nun tramo con árbores pero, co asfalto, un día caloroso podería ser abafante”

“Duro vai ser máis porque hai falsas zonas chás, xiros e curvas que te fan regular ritmos, parar e frear”

“De público, haberá moita máis xente animando polas rúas, iso seguro, será máis animado”

Page 7: Revista TRÍPTICA 2016

COIDADOS DUN TRIATLETA DE LONGA DISTANCIATras cruzar a meta do Northwest Triman, profesionais da clínica coruñesa FisioSport+ encárganse da recuperación do físico tan castigado dos triatletas. Eduardo Seoane e Lucía Martínez, fisioterapeutas de FisioSport+, aconséllante sobre outra parte do adestramento e recuperación dos triatletas que buscan a medalla de 'finisher' en As Pontes:

Que coidados precisa a maioría de triatletas no momento de rematar o tríatlon de distancia ironman?Desde pequenas curas de rozaduras ou ampolas ata unha masaxe suave con xeo ou cremas de frío, sobre todo de pernas. Aínda que a maioría non precisa coidados específicos máis aló dun bo arrefriamento e recuperación.

Como se arrefría ao rematar?O ideal é non parar de golpe ao chegar á meta, senón seguir camiñando un pouquiño se os folgos o permiten. Ademais, en As Pontes, a mellor opción é remollarse no lago, xa que baixa a temperatura e axuda a recuperar as pernas. Tamén se pode baixar a temperatura cunha masaxe con xeo ou crema fría.

E antes, que exercicios de quecemento se deberían facer previo á competición?Calquera que active lixeiramente o organismo e flexibilice tendóns e articulacións.

No adestramento previo, centrándoo no coidado fisioterapéutico, hai algún erro que empeore o rendemento?O que máis penaliza é non ter o material adaptado e adecuado a cada persoa. Non falamos de que sexa caro ou barato senón, por exemplo, de levar a bicicleta ben axustada ou usar unhas zapatillas acordes ao tipo de pisada que temos. Outro problema que detectamos é que non se dá importancia aos exercicios de control postural, sobre todo a nivel de ombreiros e cadeira. Só se traballan a forza, a resistencia ou a técnica, co que o adestramento queda incompleto.

Page 8: Revista TRÍPTICA 2016

Durante a competición, que molestias poderían impedir rematar a proba?Por sorte, non é habitual que sufran lesións por traumatismos. O máis común son as cambras, tiróns ou contracturas musculares. Algúns participantes tamén sofren de problemas gastrointestinais.

Os días posteriores á proba, como poden recuperar os triatletas do Northwest Triman?Seguir hidratándose ben e alimentándose correctamente. Se teñen moita pesadez de pernas, poden usar medias ou perneiras de compresión. É interesante facer algún exercicio de recuperación activa, como pode ser natación suave ou bici estática sen resistencia (actividades sen impacto).

A quen queira preparar un tríatlon de longa distancia, que consellos lle dariades?O mellor consello sempre é a prevención, contar cun adestrador ou adestradora que nos faga un bo plan de adestramento, facer unha proba de esforzo para ver o noso estado xeral de saúde, facer un estudo biomecánico da bicicleta e, mesmo, da carreira. Sempre preferimos que a xente invista os cartos na prevención que en ter que vir á clínica por unha lesión que podía terse evitado. O que si é interesante é facer, por exemplo, unha masaxe de descarga na semana da proba, cando estamos na zona de baixada pre-competición, para que vaiamos no mellor estado posible.

COIDADOS DUN TRIATLETA DE LONGA DISTANCIA

Page 9: Revista TRÍPTICA 2016

O DÍA A DÍA DOTRÍATLON

GALEGO EN:

Infórmate, pregunta, comentaÚNET

E!

Revista TRÍPTICA @tripticatri

Page 10: Revista TRÍPTICA 2016

Tes claro que fixeches mal se che mostran tarxeta amarela ou azul no ciclismo dunha proba sen drafting?

BLOQUEO: cando un ciclista roda na zona de adiantamento, impedindo que o sobrepasen os triatletas perseguidores. Non está aproveitándose do drafting pero si bloquea o paso a posibles adiantamentos. SANCIÓN: cando un xuíz ensina o cartón amarelo, está a sinalar un bloqueo. Nese momento, o triatleta sancionado deberá facer un para e segue na área de penalización indicando o seu dorsal. Bótanse os dous pés a terra e retómase a marcha.

DRAFTING: en media e longa distancia, os triatletas non poden ir a roda dos rivais e deberán deixar un espazo libre mínimo de 12 metros desde a roda dianteira da bici que nos precede.

SANCIÓN: entrar na zona de drafting implica unha sanción por tempo. Quen cometa esa infracción, será informado cunha tarxeta azul. Así, na seguinte área de penalización, o triatleta deberá parar, no caso da media e longa distancia, durante 5

minutos.

Zonas de drafting adaptadas á distancia

O regulamento 2016 pasa de diferenciar as zonas de drafting dependendo da categoría (elite ou de grupos de idade) a facer distinción segundo a modalidade.

Unha vez superada a roda dianteira do rival ao que se está a adiantar, ese triatleta debe abandonar a zona de drafting en 5 segundos.

MEDIA E LONGA DISTANCIA: 12 metrosO tempo para realizar o adiantamento é de 25 segundos.

CURTA OU DISTANCIA INFERIOR: 10 metrosA manobra de adiantamento debe durar un máximo de 20 segundos

ACTUALÍZATE!

Page 11: Revista TRÍPTICA 2016

Obviamente, os triatletas non poden aproveitar tampouco a estela doutros vehículos. O drafting neste caso aplícase tamén nas competicións nas que está permitido ir a roda. Deste xeito, un ciclista nunca poderá achegarse a 12 metros en liña dunha moto e a 35 do resto de vehículos.

Do mesmo xeito, o drafting entre sexos está sempre prohibido. Ao ser dúas clasificacións independentes, sexa saíndo a un tempo ou cunha marxe de diferenza, nunca poderán interferir entre competicións chupando roda uns dos outros.

Igualmente acontece no caso dos triatletas dobrados. Se ti acabas de comezar o ciclismo e a cabeza de carreira supérate, en ningún caso poderás formar un pelotón con triatletas que vaian nunha volta distinta á túa. É dicir, se queres vivir a experiencia de chupar roda de Uxío Abuín ou Camila Alonso, vas ter que adestrar para aguantar o seu nivel.

ACTUALÍZATE!

Page 12: Revista TRÍPTICA 2016

COMO É UN CONTROL ANTIDOPAXE? Javi Gómez Noya debe indicar o seu paradoiro os 365 días do ano para que a Axencia Mundial Antidopaxe poda controlalo en calquera momento. Cedo, antes da primeira sesión de piscina do día, o triatleta ferrolá marca as horas nas que estará na casa para que os axentes antidopaxe chamen á súa porta cun control sorpresa.

Pero a loita contra a dopaxe non se limita á elite, o ponteareán Diego Paz pasou o seu último control en Castro Urdiales, tras proclamarse campión de España de tríatlon cros 2015.

Este é o seu formulario da Agencia Española para la protección de la Salud en el Deporte:

Page 13: Revista TRÍPTICA 2016

Hora e media despois, o triatleta do Arcade Inforhouse de Santiago pasou a análise estándar e a de EPO. Xa como bolseiro do CGTD fora chamado antes, mentres nadaba, a cumprir cos protocolos que buscan evitar as trampas no deporte a través de sustancias que potencian o rendemento ou a recuperación.

Análises de sangue ou ouriños, ou ámbalas dúas, como o día da súa participación en 2010 nos Xogos Olímpicos da Xuventude en Singapur. Revisar o prospecto dos medicamentos é a rutina dun triatleta como Diego Paz para asegurarse de que non dará positivo por un erro.

COMO É UN CONTROL ANTIDOPAXE?

Page 14: Revista TRÍPTICA 2016

VIGO, 1987o primeiro tríatlon celebrado en Galicia

En Samil, 15 galegos marcaron un fito ao ser os primeiros triatletas da nosa historia.

Nacho Vizcaíno, nadador de nivel e triatleta afeccionado, pasou de protagonista a finais dos anos 80 a ser un dos actores secundarios do tríatlon -aínda que fundamentais- ao colaborar como voluntario no Desafío PASTOR Islas Cíes.

“Souben que existía o tríatlon lendo o Marca un domingo, unha noticia que dicía 'Un nuevo deporte llega a España'. Lin a reportaxe -que a escribía o club de San Sebastián porque eles xa ían ao tríatlon de Niza e aos que había en Francia- e poñía que había que correr, andar en bicicleta e nadar. A min gustoume e chamei por teléfono para apuntarme. Dixéronme que era en mes e medio en San Sebastián e que non me daba tempo a preparalo. Mandáronme un folleto cunha forma de preparar un tríatlon, creo que eran en 14 ou 15 semanas, coas principais necesidades: había que ter unha palangana en transición para lavar os pés e quitar as areas ou como había que subir e baixar da bici”.

Ao ano seguinte, ponse en marcha o Circuíto Nacional Le Coq Sportif-Arena e Vigo é unha das sedes. Como? Por iniciativa do atleta olímpico Javier Álvarez Salgado, concelleiro de deportes nese momento no Concello de Vigo.

Page 15: Revista TRÍPTICA 2016

DEBUTAR NO DEBUT DO TRÍATLON

NATACIÓN: unha boia a 600 metros para ir e volver na praia de Samil.

CICLISMO: saíndo do aparcadoiro do Jonathan, ata o Picadero, baixando por Bouzas ata a rotonda de Barreras.

CARREIRA: de Samil ao Picadero e volvendo ao Matadero.

Consellos previos da mítica Dina Bilbao que chegou a Vigo coa súa bicicleta con rodas lenticulares e que rematou sexta da xeral; competir ao lado de Carlos Santamaría, histórico triatleta e pai da junior Cecilia Santamaría; aprender a poñer unha goma para levar o dorsal; sen neopreno, vendo como cataláns e vascos si os traían aínda que fosen duros coma pedras porque se usaban para facer mergullo pero cortándolle as mangas e poñéndolles cremalleiras nos pés.

VIGO, 1987o primeiro tríatlon celebrado en Galicia

Page 16: Revista TRÍPTICA 2016

triathlon.org/ITU

Así se presentaba o I Triathlon Cidade de V i g o p a r a N a c h o Vizcaíno.N a d a n d o e nt re o s mellores, a suma dos t r e s d e p o r t e s e n d i stanc ia o l ímpica colocárono 21º cun tempo de 2 horas, 50 minutos, 30 segundos, a menos de 49 minutos do vencedor: José Juan A y e t d o A u s t r a l -Tarragona.

“A bicicleta para min foi dura, desde os 13 anos n o n a n d a r í a e n bicicleta e daquela t e r í a 3 8 . O m e u a d e s t r a m e n t o principal foi poder soltar unha man para p o d e r b e b e r – r i - . Houbo quen inventou, Varela, un sistema con 'pajita' para non ter que soltarse. E na carreira a pé sempre fun moi malo pero o meu obxectivo nos tríatlons era chegar á meta”.

Coa satisfacción do descubrimento dun novo deporte, os vigueses que competiran en Samil reuníronse ese inverno para formar o Club Triatlón Vigo, o primeiro club de Galicia.Dous anos despois, Nacho Vizcaíno xunto a Javier Beltrán, Varela, Luis Antonio Peláez, José Manuel Vilavedra, Fernando Tizón, Rafael Barón Touriño, Alberto Costas, coas súas mulleres como xuíces, entre outros, fundaron a Federación Galega de Tríatlon.

Foi o paso previo para que o Consejo Superior de Deportes, a petición dos outros precursores, cataláns e vascos, aceptase a solicitude de dispoñer dunha federación nacional: a Federación de Péntatlon Moderno e Disciplinas Asociadas. “Sendo nós os asociados, como cambiou a cousa...”, rememora entre risas un dos primeiros responsables do tríatlon galego.

VIGO, 1987o primeiro tríatlon celebrado en Galicia

Page 17: Revista TRÍPTICA 2016

A continuación levaron o tríatlon a Baiona, Nigrán e mesmo a Allariz, dando vida a unha das probas máis antigas de Galicia e que lle deben todo o que é o tríatlon, como Nacho Vizcaíno, ao finalista olímpico en 5.000 e 10.000 metros lisos e 3.000 obstáculos en México 68 e Múnic 72, o vigués Javier Álvarez Salgado.

VIGO, 1987o primeiro tríatlon celebrado en Galicia

Page 18: Revista TRÍPTICA 2016

TRIATLETAS QUE VIVENDO DEPORTE

Gañarse o pan competindo é practicamente imposible pero no circuíto galego si se poden atopar triatletas que presumen con orgullo de traballar no deporte.

Eva Teijeiro (Triatlón Ferrol)

Profesora de Educación Física en Primaria polas mañás e empresaria polas tardes con Ociosport Frouxeira, que xestiona o pavillón polideportivo de Meirás, en Valdoviño, actividades extraescolares, campamentos urbanos ou clases de ximnasia de mantemento para a terceira idade.

A polifacética naronesa aínda reserva tempo para adestrar os canteiráns do Triatlón Ferrol, os rapaces do Atletismo Narón e de formar un grupo de running coa tenda Trinity Triatlón.

Diplomada en Maxisterio por Educación Física, Eva Teijeiro é ademais socorrista, adestradora nacional de tríatlon e atletismo, de fútbol base, béisbol, aerobic, de natación sincronizada e monitora de natación.

Pese o apertado da súa axenda, é agora cunha filla cando o tempo se reduce ao máximo para seguir adestrando. Pero todo paga a pena porque a recompensa chega “cando ves como melloran os nenos –de tríatlon-, non os resultados, que eles o pasen ben. No cole, que fagan deporte fóra de clase para min é un premio”, resume a triatleta de Narón.

Óscar Silguero (Nosportlimit)

Hai cinco anos, xunto a Ricardo Rey, a crise desmotivou a Óscar Silguero e arriscouno todo por dedicarse ao adestramento. Así xurdiu o Nosportlimit, coa intención de ensinar a correr os adultos que se decidían a practicar deporte partindo de cero.

Hoxe a xornada completa invístese en dirixir a grupos separados por niveles en 20 sesións de adestramento semanais, de luns a domingo. Iso unido á organización de viaxes a competicións, enviar plans de adestramento online e organizar probas como o Northwest Triman ou as 3 horas Monumentales.

E aínda que poida parecer o contrario, pasar o día de adestramento en adestramento non lle permite ao triatleta coruñés prepararse como debería para a competición. “É Ricardo quen sae cos grupos de maior nivel e, como está tentando clasificarse para o Ironman de Hawaii, estira a saída prevista unha hora máis para poder cumprir co que necesitaría”, recoñece Óscar Silguero.

Page 19: Revista TRÍPTICA 2016

Helena Fernández Lago (Arcade Inforhouse de Santiago)

Que é mel lor: o exercic io f ís ico ou un adestramento cogn i t ivo para mel lorar as capacidades nos pacientes con Parkinson? Ese é o tema do proxecto de investigación que está a triatleta riveirense está a desenvolver no INEF da Universidade da Coruña. A fisioterapeuta de Palmeira completou un Máster en Neurociencia co que agora estuda os beneficios que poden ter en persoas que padezan Parkinson, por unha banda, actividades como camiñar sobre un tapiz rodante, e pola outra, exercicios de atención ou crebacabezas.

Mentres traballa en avances en materia de saúde, Helena Fernández, como vogal do Colexio Galego de Fisioterapeutas, promove unha campaña en Radio Voz Coruña cun consello mensual como labor de prevención: dende hixiene postural á prevención de lesións.

Alberto Agís (Ciclismo Triatlón Poio)

Hai pouco máis dun ano, Sanxenxo conta cunha tenda especializada en tríatlon por iniciativa do triatleta poiense. A crise económica obrigouno a reinventarse e o deporte foi a saída.

Como deportista, Alberto Agís apórtalle o plus a Noosa Sports“ao escoller a marca de neoprenos que pensa no triatleta, as zapatillas máis rápidas e lixeiras, sabes por experiencia propia como son os distintos tipos de lentes de natación...”.

Ter un negocio saudable é a principal razón de ser dun traballador autónomo, obrigado a cumprir co extenso horario comercial, e para quen o 'rodillo' é o principal aliado para poder sumar quilómetros mentres, como pai, reserva tempo para os adestramentos e a familia.

Óscar Fernández Vázquez (Arcade Inforhouse de Santiago) Licenciado en Arquitectura Técnica, o triatleta de Boiro non dubida en valorar o seu emprego en Decathlon pola paixón que lle pon ao deporte: “para min é un hobbie ler revistas sobre bicis e, ao mesmo tempo, estoume actualizando para o meu traballo”.

Asesor na sección de ciclismo, de nutrición e electrónica, Óscar Fernández escolle realizar a súa xornada completa de forma continuada para poder dispoñer do tempo que lle permite adestrar e competir co equipo elite das cebras de Santiago.

TRIATLETAS QUE VIVEN DO DEPORTE

Page 20: Revista TRÍPTICA 2016

A BUSCA DO TALENTO Despois de vivilo en primeira persoa en categorías menores, a lucense Alba Cuba investiga hoxe sobre o programa de detección de talentos da Federación Española de Tríatlon.

O c a m p u s d e P o n t e v e d r a d a Universidade de Vigo é o laboratorio onde a triatleta do CT Poio desenvolve a súa tese. “Detectar os erros é sinxelo, o complicado é ofrecer unha alternativa”, recoñece a investigadora.

Porque as esixencias enerxéticas dunha disciplina como o tríatlon teñen pouca relación, segundo a súa visión, coas probas que se realizan no Plan Nacional de Tecnificación. “Quitando o 1.000 que se fai nadando, o resto son probas curtas e eses resultados teñen bastante valor para os triatletas de categorías menores –estima Alba Cuba- porque con eles se decide quen irá ás concentracións nas que xa se fai un maior seguemento aos deportistas”.

Analizadas as tomas de tempos desde o ano 2009 a 2014, en case 500 triatletas que completaron as dúas distancias de natación e as dúas marcas de carreira a pé e que tamén participaran no campionato de España de tríatlon da súa categoría, a tese da triatleta galega indica que non necesariamente hai relación entre as tomas de tempos e os resultados en competición, con casos nos que practicamente son inversamente proporcionais.

“O vigués Antonio Serrat, no seu último ano junior, foi subcampión de Europa e nas probas quedara 23º”, apunta Alba Cuba defendendo a súa tese sobre detección de talento no tríatlon.

Page 21: Revista TRÍPTICA 2016
Page 22: Revista TRÍPTICA 2016

ERROS PRÁCTICOS DOS RANKINGS

Mario Mola (Junior de 3º ano): 13º nas tomas de tempos do ano no que se proclamou campión do mundo junior

Fernando Alarza (Junior de 2º ano) 15º Vicente Hernández (Junior de 2º ano) 16º Miriam Casillas (Junior de 1º ano) 30ª Tamara Gómez (Junior de 2º ano) 34ª

A BUSCA DO TALENTO

RÉCORD DO TRÍATLON NA UDC28 Alumnos

A materia de tríatlon impartida desde hai 5 anos por Antonio Rivas, adestrador da AD Fogar, na Universidade da Coruña incrementa cada ano a

súa matrícula.

Page 23: Revista TRÍPTICA 2016

A INCORPORACIÓN DOSPREBENXAMÍNS

Por iniciativa de Jaime Ruiz (representante dos adestradores) e o Cidade de Lugo Fluvial (do estamento de clubs), a asemblea da FEGATRI aprobou a incorporación nas competicións de Nada e Corre da categoría previa á benxamín.

Deste xeito, 17 prebenxamíns en categoría masculina e catro en feminina competiron por primeira vez coas súas escolas de tríatlon ou de forma independente sen federar.

A responsable de menores da Federación, Lorena García, entende que foi un acerto porque “tivo bastante demanda e motiva aos nenos para seguir adestrando todo o ano, vense coma un máis do equipo polo feito de competir”.

Ampliarase a dúatlons e tríatlons? Lorena García é prudente e valora: “habería que adaptar as distancias moitísimo pero antes que nada prima a seguridade, sobre todo nos tríatlons pola auga. Pódese ir valorando cos clubs se ven esa necesidade”.

Page 24: Revista TRÍPTICA 2016

A CORUÑA

Neste 2016, en todas as tendas de Decathlon poderemos atopar novos produtos para facer tanto os adestramentos como as competicións moito máis fáciles. Desde Decathlon A Coruña, o triatleta Óscar Fernández presenta os produtos estrela:

Xeles enerxéticos.

A marca francesa Aptonia lanzou recentemente unha gama de xeles pensando nos deportistas máis esixentes.Estes son os puntos fortes destes novos xeles: Sabor. Uns sabores moi traballados para que utilizalos sexa un pracer en momentos de máximo esforzo. Facilidade de transporte. Conta cuns envases de 32 gr. moi fáciles de pregar unha vez utilizados. Facilidade de dixestión. Varios minutos serán suficientes para que sexan asimilados. Bo prezo.Véndense en packs de 4 unidades. Adaptarse a todos os usuarios. Hai a disposición dos clientes 3 gamas diferentes, ultra GEL 300, 500 e 700.

Ultra GEL 300: concibidos para aportar enerxía ao instante durante un esforzo intenso. Conteñen no seu composto vitamina B1 e sodio (20mg). Pódense atopar en catro sabores diferentes: plátano, mango, amorodo e fresa. 2.99€.

Ultra GEL 500: a diferencia dos anteriores, en cada xel atopamos ademais vitaminas B6, B12, E, Zinc (3,6mg), cafeína (20mg) e sodio (40mg). Atópanse en cinco sabores, melón, chocolate, caramelo salgado, capuccino e grosella. 3,99€.

Ultra GEL 700: nesta gama introdúcese o uso de BCAA, aminoácidos ramificados esenciais, leucina (160mg), isoleucina (40mg) e valina (40mg). Podemos atopalos con sabor a limón, cereixa, cola, chocolate e expreso. 5,99€.

Recovery Drink.

Contén unha combinación de hidratos de carbono de curta e longa duración, ideal para restablecer rapidamente as reservas de glucóxeno. Ademais contén varios tipos de proteínas para reconstruír os músculos fatigados. Tamén contén un completo composto de vitaminas e minerais para compensar as perdas durante a práctica deportiva e poder fortalecer o sistema inmunolóxico.

Page 25: Revista TRÍPTICA 2016

Preséntase en formato monodose de 64 gr. (2,49€)ou en pack de 5ud. (6.99€), con sabor a froitos exóticos.

Novidades en Nabaiji para este verán

Para nadar en calquera condición de luminosidade, Nabaiji presenta unha montura con tres pares de cristais intercambiables: as Gafas Selfit. Con un só clic pódense cambiar os cristais, trae uns claros, uns afumados e uns de espello.

Pero isto non podía quedar aquí. Presentan tamén unha versión graduada na que mesmo se pode combinar a gradación de cada cristal para que cada usuario elixa.

As gafas teñen un peso de 50gr. Pódese conseguir o pack luminosidade, con montura, cristais claros, afumados e espello cun prezo de 19.95€. No caso dos cristais graduados, a montura está dispoñible por 9,99€ e cada cristal por 4,99€.

No ano 2015, Btwin presentou o novo modelo de estrada Btwin Ultra cf. Unha bici destinada aos ciclistas máis esixentes. E neste ano fanlle un lavado de cara para mellorala.

Trátase dunha bici con cadro de carbono “EVO dinámico” cun peso de 850 gr. en talla M.

No modelo tope de gama (Btwin Ultra 740 cf) podemos destacar estas características: Rodas: Mavic Cosmic Elite. Cubertas: Mavic Iksion PRO. Transmisión: Ultegra Di2. Guiador: Deda Manonera (carbono). Potencia: Deda Superleggero. Asento: Fizik Antares R3 (raís de carbono). Peso: 7,05 en talla M (sen pedais). Prezo: 3.500€.

O Btwin gama Ultra cf ofrece ademais d o u s m o d e l o s i n f e r i o r e s .

Arrincando cun modelo montado en Shimano 105, unhas rodas Mavic Aksium One, e cun peso de

7,850 gr. cun prezo de 1.700€.

Para máis info, só tedes que visitar a p á x i n a w e b d e D e c a t h l o n o u achegarvos á tenda máis próxima.

Btwin Ultra 740

Page 26: Revista TRÍPTICA 2016

A mediados do mes de xuño, Javi Gómez Noya cambiará o seu centro de adestramentos en Pontevedra por Lugo. Alí contará cunha lista de triatletas de Series Mundiais e atletas do máximo nivel para realizar un último bloque de preparación específica dos Xogos Olímpicos co sector de carreira como base. Entre tódolos nomes que axudarán o mellor triatleta da historia na súa oportunidade de ser campión olímpico, sobresae o do seu referente: Iván Raña.

Os mexicanos adestrados por Eugenio Chimal, con Crisanto Grajales á cabeza -4º na Gran Final de Chicago 2015-, ademais de Claudia Rivas –top 25 no ranking mundial- e Rodrigo González –gañador da Copa do Mundo de Chengdu-, a súa moza Anneke Jenkins –prata na Copa de Europa de Madrid-, e os internacionais españois Vicente Hernández, Tamara Gómez, o pontevedrés Pablo Dapena, o ponteareán Diego Paz e, no caso de que coincidan os seus calendarios de competicións, poderían unirse de novo ao grupo do pentacampión a ferrolá Melina Alonso e Ricardo Hernández.

Co maratoniano lucense Manuel 'Huracán' Hurtado, o ourensán campión de España de 10.000 Alejandro Fernández e o

mediofondista marinense Víctor Riobó, a carreira a pé de Gómez Noya espremerá o seu máximo potencial para acadar o ouro en Rio.

En Lugo, o adestrador do ferrolán considera que atoparán as mellores condicións até comezos de agosto, o mes olímpico.

“Temos zonas brandas para correr no paseo do Río Rato, no do Miño, nadaremos no río para adestrar augas abertas aínda que tamén iremos á costa (á praia de Barreiros ou á de Cabanas). Na Muralla poderemos facer un gran traballo de costas e ritmos, hai estradas moi variadas para a bici e nadaremos na piscina de Frigsa. Tanto o noso club, o Cidade de Lugo Fluvial, como o Concello de Lugo dannos moitas facilidades”, explica Carlos Prieto, adestrador de Gómez Noya.

NOYA E RAÑA XUNTOS POLOOURO OLÍMPICO

Page 27: Revista TRÍPTICA 2016
Page 28: Revista TRÍPTICA 2016

En 2008, Gómez Noya conseguiu a clasificación olímpica, o seu nome estaba en tódalas quinielas. Era o vixente campión do mundo, foi o primeiro título mundial do galego, e non baixara do podio en toda a tempada.

Pequín foi a súa primeira experiencia olímpica pero o triatleta lamenta que unha decisión técnica lle impedise debutar nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 con 19 anos. “No seu momento foi un pau pero era novo e pensaba que xa tería outras oportunidades. Agora visto con perspectiva e coñecendo despois o que pasou en Pequín, estou seguro de que ter vivido esa experiencia olímpica me axudaría a chegar mellor, non cometer erros que cometín para non lesionarme e quizais ter a oportunidade de gañar en Pequín. Ou mesmo en Atenas, nunca sabes o que tería pasado ou non porque Hamish Carter, que foi o campión olímpico, un par de meses antes chegou comigo á meta no Mundial. Creo que podería ter sido competitivo xa neses Xogos”, reflexiona Gómez Noya.

Pasados 12 anos, aínda que sen terse enfrontado aos mellores triatletas do mundo esta tempada, o seu adestrador, Carlos Prieto, despexa posibles dúbidas de cazadores de malos agoiros: “estamos quizais máis tranquilos ca nunca. Javi está motivado, está fresco e non ten nada que demostrar. En Ferrol, en natación, marcou 15:56 no 1.500. Está mellor do previsto e iso é o que indican os datos fisiolóxicos que analizamos nos adestramentos”.

RADIOGRAFÍA DO PERCORRIDO CARIOCA

Dun xeito conciso e clarificador, Gómez Noya resume nun par de liñas as características do escenario sobre o que se decidirán as medallas olímpicas:

“O lugar é espectacular. O circuíto esixe moito desde a natación. A bici faise dura coa subida e a baixada técnica, a calor e a humidade fan o resto. Chegaremos todos aos últimos 10 km de carreira moi cansos, é unha carreira de supervivencia”

A TERCEIRA EXPERIENCIAOLÍMPICA COMO FAVORITO

Page 29: Revista TRÍPTICA 2016

Paso a paso, Carlos Prieto avanza como prevé o tríatlon dos Xogos Olímpicos de Rio:

NATACIÓN: a unha volta, con saída da area. Dependerá do mar e do vento pero será rápida. Especialistas como Henri Schoeman ou Richard Varga farán un corte. Javi ten natación suficiente como para estar diante, deberá librarse de golpes e ser hábil como para meterse neses postos. Ás veces cando nadas en augas abertas non es moi consciente do que está a pasar ao teu redor porque non tes referencia pero hai que ter a capacidade de descodificar a información dos que van ao lado e das propias sensacións.

TRANSICIÓN: correr pola praia e un par de curvas cara a transición, na típica entrada dun paseo marítimo. Haberá que tentar facela rápido porque normalmente os cortes se fan nas transicións, na primeira arrancada, para romper a carreira e abrir oco.

CICLISMO: loitarase un certo tempo entre os de diante e os de atrás nun pulso por ver se enganchan ou non. Se o conseguen, correrase unha carreira complicada con xente como Mola ou corredores que poden quedar relegados. A bici en si non é durísima pero vai ser de desgaste. Se hai corte, os principais candidatos ás medallas van estar interesados en xuntarse e eliminar corredores do grupo perseguidor.

CARREIRA A PÉ: seguramente será máis lenta que se fose un circuíto de bici no que puideses ir a roda. A carreira a pé é posible que acabe sendo para xente forte en bici, que non lle pase factura o esforzo do ciclismo. Tamén dependerá do clima, en 2015 había humidade e calor normal, como un día de verán en Galicia. E non hai que esquecer a toma de decisións, estás a x o g a r t e m o i t a s c o u s a s e p o d e s precipitarte.

A TERCEIRA EXPERIENCIAOLÍMPICA COMO FAVORITO

Cos seus tres títulos europeos -logrados en Copenague en 2007, en Holten en 2009 e en Eilat en 2012-, Gómez Noya iguala

a Simon Lessing, o británico ao que xa superou como pentacampión mundial.

De gañar un campionato de Europa por cuarta vez, o triatleta departamental volvería romper records.

Porén, Javi Gómez Noya non estará ao 100% no Europeo de Lisboa. Maio non é o mes elixido para estar en plena forma. O

18 de agosto de 2016, Rio de Janeiro, será o punto álxido sinalado para ver a pleno rendemento ao triatleta co mellor

palmarés da historia.

HISTORIA DOS CAMPIONATOS DE EUROPA

Page 30: Revista TRÍPTICA 2016

Grazas ao seu exemplo, o benxamín David Almuíña -un deportista cego do Natación Riveira- animouse a

participar no programa de menores Nada e Corre, é a primeira galega cega en licenciarse en Medicina e, na estrea do paratríatlon nos Xogos, Susana Rodríguez Gacio marcará un novo fito na historia.

Con que aspiración irás en setembro aos Xogos Paralímpicos?

Obviamente, unha vez que consegues a praza para ir, a aspiración é a máxima: gañar. É moi

complicado porque hai rivais moi difíciles pero cada carreira é un mundo, entón, hai que ir a por todas.

Quen son as túas máximas rivais?

Alison Patrick, británica, e Katie Kelly, australiana, agora mesmo son as principais favoritas, para min. Aínda que a australiana apenas competiu este ano. E tamén Melissa Reid supoño que estará aí, ultimamente non fixo moi boas carreiras pero isto é un ir e vir.

O percorrido de Rio favoréceche?

Creo que non me favorece especialmente. A natación é complicada, acostuma haber bastantes ondas. Nós non saímos da praia, facémolo do medio do mar, nun pontón flotante que xa construíran o ano pasado, a verdade é que o 'curraron' un montón. A bici, que é onde soemos coller máis vantaxe, é totalmente cha, tampouco ten demasiados xiros técnicos como en Chicago, é un circuíto de ir e vir, moi rápido.

E co tema do factor –ás paratriatletas que non son cegas totais increméntaselles o seu tempo de meta con 3 minutos 18 segundos a maiores como factor que busca a igualdade-, non é o mesmo nun circuíto como o de Madrid na Casa de Campo, que pesan máis as diferenzas, que nunha carreira que dura bastante menos.

O percorrido non me gusta especialmente pero xa o fixemos o ano pasado, sabemos o que hai e podemos adestrar en base a iso.

E sobre o clima?

O ano pasado pensei que o ía pasar moito peor. Si que hai moitísima humidade porque saiamos correr ás 7 da mañá, que o sol non adoita quentar, corrías dez minutos e chegabas suando moitísimo.

A PIONEIRA QUEABRE CAMIÑO

Page 31: Revista TRÍPTICA 2016

Porén, na proba, corremos ás 13:45 horas, ás horas de máxima calor, pero non o acusei. Hai que beber moito pero ao mellor nun olímpico –o paratríatlon dispútase en distancia sprint- podería ser máis decisivo.

Cal é a proba que recordes con máis calor?

O Europeo de Turquía en 2013, esa foi a peor. Tamén o campionato de Europa de Pontevedra en 2011 e o Tríatlon de Poio de 2013, no que nos mollaran con mangueiras.

Cal é a túa precaución extra contra o sol ao ter albinismo?

Teño que 'embadurnarme' en crema de máxima protección e ter coidado ao poñela porque o mono móvese despois.

Tamén preciso gafas de sol e gafas de nadar polarizadas. E si que os días de sol vexo moitísimo, moitísimo peor que un día anubrado. En Río, por exemplo, hai zonas con edificios que, á hora que competimos o ano pasado, pasabas de sol a sombra moitas veces e un problema que temos as persoas con albinismo é que, cando hai moita luz, o ollo tarda máis en adaptarse.

A menos de catro mes do 11 de setembro, pensas tódolos días no momento en que te converterás en paralímpica?

Polo de agora non porque tiven a cabeza moi ocupada noutras cousas. E como hai moitas carreiras antes... Queda o Europeo, o Mundial de dúatlon e o Mundial de tríatlon, que nós o temos en xullo en Rotterdam. Aínda que esa é a máis importante, distraíame pensando na seguinte carreira. Despois do mundial supoño que será distinto.

Si que teño certo medo extra a ter algunha lesión. Tiven unha pequena rotura de fibras hai unhas semanas e calquera outra tempada non me preocuparía tanto coma esta.

E presión? Sentes a obriga de gañar unha medalla?

Todo o mundo diche: “queremos tocar unha medalla de Rio!”. Mesmo cando saín de escoller a praza do MIR. Tes que parar nunha mesa a recoller un papel que despois tes que entregar no hospital e eu preguntei se o impreso para pedir unha prórroga na incorporación o tiña que descargar da web do Ministerio, porque tería que empezar agora en maio e fareino ao vir dos Xogos. Entón dixéronme: “¡anda, tú eres la chica que va a ir a los Juegos Paralímpicos! Pues ahora olvídate del MIR, que hay que conseguir una medalla”.

A PIONEIRA QUE ABRE CAMIÑO

Page 32: Revista TRÍPTICA 2016

Adestrarás moito máis liberada agora que xa aprobaches o MIR, o exame previo a conseguir a praza de médica.

Totalmente. Non as tiña todas comigo, pensei que quizais o tiña que repetir. Na academia mándanche estudar entre oito e dez horas ao día de xuño a febreiro, que son os exames, e eu realmente estudei de novembro a xaneiro.

Queríame quedar en Galicia porque me gustaría, despois de Rio, tratar de seguir outros catro anos máis, non sei se será factible. E o destino reservábame a praza de Rehabilitación en Santiago.

Nesta carreira pola praza paralímpica, seguro que a lista é interminable pero, a que cinco ou seis persoas lle agradecerías o seu apoio?

En primeirísimo lugar, á miña familia; en segundo, aos meus guías, teño que poñelos a todos, desde a Mayalen Noriega, coa que compito, até a xente coa que adestro porque son os que me axudan no día a día, son fundamentais. Despois, José Martínez 'Poka' porque, aínda que non fose el só senón un club –o Cidade de Lugo Fluvial-, cando empecei, foi a primeira persoa coa que contactei e, desde o primeiro momento que falei con el, todo foi abrir portas, sen coñecerme de nada porque eu nunca fixera un tríatlon. Os principios son o máis difícil e, para min el é unha das persoas claves en que vaia chegar a Rio. Ter esa oportunidade fixo que despois viñese todo o demais. Tamén estoulle agradecida aos adestradores, tanto a Luis Piña agora como aos anteriores porque, eu levo moitos anos facendo deporte e, aínda que é un traballo de hoxe, cada un deles deixoume a súa pegada. E quinta, Iris Toral. Fomos compañeiras no CGTD cando ela facía tríatlon e eu atletismo, despois coincidimos na Facultade de Medicina e foi a primeira persoa coa que competín. Tivo o valor de subirse ao tándem cando nunca o fixera, as dúas estabamos mal fisicamente porque levabamos dous anos sen facer nada. Foi quen me ensinou as primeiras cousas do tríatlon e, a parte dos guías en xeral, Iris merece un sitio especial.

A PIONEIRA QUE ABRE CAMIÑO

Page 33: Revista TRÍPTICA 2016

Crónica desde o Brasil do compostelán, subcampión de España en 2013 e actual campión brasileiro de tríatlon, na previa dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos que contarán cos galegos Gómez Noya e Susana Rodríguez Gacio.

Unha nova olimpíada chega ao seu fin. Algúns, os elixidos, afinan a súa preparación para esa grande cita pola que levan anos loitando, outros láianse por non ter conquistado esa praza na historia e todos, a b s o l u t a m e n t e t o d o s , contamos as horas para que chegue o día. Estamos a menos de 100 días dos Xogos Olímpicos de Rio.

As noticias temerosas sobre a organización do evento espállanse por todos lados. Contaminación, inseguridade, enfermidades... Rio de Janeiro posiblemente deixou pasar unha oportunidade única para transformarse e socializarse. A magnitude dun evento coma os Xogos Olímpicos debe construír un legado que vaia máis alá das seis semanas nas que a cidade se transforma en centro do mundo. As melloras na mobilidade e sostenibilidade están lonxe do que os cariocas desexarían. Se na ecuación engadimos unha crise económica vigorosa e unha crise política que pode culminar cun golpe que afaste do cargo á presidente da República, o fácil parece subirse ao carro do desastre prognosticado.

Pero en Brasil non existen os imposibles. A Copa do Mundo de fútbol é un espello no que irremediablemente nos temos que ollar. Un éxito polo que ninguén parecía apostar previamente. A día de hoxe, o 97% das infraestruturas olímpicas están rematadas e non presentan sobrecustos. E non podemos esquecer dous ingredientes ineludibles nesta receita: a maxia da “Cidade Maravilhosa” e o carácter alegremente contaxioso da súa xente. O 3 de maio o facho olímpico tocou terra brasileira alumeando e espallando por todo o país o espírito olímpico. Seguimos contando os días para que nos desborden os sentimentos nos Xogos Olímpicos de Rio 2016.

O tríatlon, como non podía ser doutra maneira, preséntase apaixonante. O noso pentacampión mundial, Javi Gómez, aínda non debutou en 2016. Os irmáns Brownlee parece que perderon nos últimos tempos ese halo de invencíbeis. Mola, Murray e Alarza aparecen coma os alumnos máis avantaxados da nova xeración. Os franceses non lle teñen medo a nada... E se os nomes prometen

Antón Ruanova“Só un triatleta moi completo pode vencer a todo e a todos en Rio 2016”

Page 34: Revista TRÍPTICA 2016

espectáculo, o percorrido da proba aínda engade maior emoción. Natación coas ondas imprevisibles do Atlántico, bicicleta dura nun circuíto estreito e carreira a pé plana e rápida se o calor e humidade de Rio de Janeiro non fan acto de presenza. Ten que ser así, só un triatleta moi completo pode vencer a todo e a todos. E entre os completos, sempre destaca Don Javier Gómez. Nese mesmo percorrido bañouse de gloria no evento test de 2015. Até alí volveremos para gozar de tremendo espectáculo.

A PULSO: MÁIS DE 10.000 LIBROS VENDIDOS

Antón Ruanova“só un triatleta moi completo pode vencer a todo e a todos en Rio 2016”

Gómez Noya non deixa de escribir páxinas na historia do deporte mundial e unha pequena pero relevante parte da súa vida conseguiu ser un éxito de vendas con 'A Pulso, la historia de superación de Javier Gómez Noya', obra de dous xornalistas de La Voz de Galicia que publican sobre o ferrolán desde o primeiro campionato do mundo.

“Aínda que non é en realidade unha sorpresa, chamoume a atención –recoñece Paulo Alonso- o interese na historia de Javi de centos de persoas que non están familiarizadas co tríatlon. E ás que o libro lles gustou a pesar desa posible barreira inicial”. “Moitas persoas, gústelles ou non romper a suar, séntense identificadas con esa historia de superación. Porque, en realidade, -conclúe Antón Bruquetas- todos levamos dentro unha pequena historia de superación. Só que, como explica Manuel Jabois no prólogo, se es campión do mundo, corres o risco de que saia nun libro”.

Vigo, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Barcelona puideron escoitar parte de A Pulso, e algún extra, en boca do propio protagonista. “A presentación en Ferrol conseguiu reunir unhas 300 persoas. Algo insólito na presentación dun libro en Ferrol. Na súa cidade segue espertando un enorme interese, mesmo cando nas últimas datas participou en varios actos aquí. E, aínda que non acudise tanto público, en Barcelona palpamos unha auténtica devoción por Javi”, repasa Paulo Alonso.

Page 35: Revista TRÍPTICA 2016

OLDMAN: EL ÚLTIMO TRIATLETA,POR ANTÓN CRUCES

Hai historias que merecen ser contadas. E esta é unha historia sobre os inicios do tríatlon en Galicia. Tamén é unha historia de superación que fala de facerse maior e non perder a ilusión aínda que o corpo che diga: "até aquí!". Tamén é unha historia de pais e fillos.

Manuel Cruces é un dos pioneiros do tríatlon en Galicia, dermatólogo de profesión e deportista de corazón. A finais dos anos oitenta fundou en Pontevedra con outros valentes o club "Panoramix Triatlón", uns tolos (ou visionarios) que apostaron por un deporte que poucos entendían e menos practicaban.

En 2005, a Cruces atropelouno un coche mentres adestraba e fracturoulle a carreira, así que os seus achegados empezaron a insinuarlle, cunha delicadeza digna de Gila, que quizais era o momento de cambiar o tríatlon polo mus ou algo parecido. Sei o que tramaban xa que, ademais de todo o explicado anteriormente,... Cruces tamén é o meu pai.

E como a testán non lle gaña ninguén, superou unha rehabilitación de máis de dous anos e en 2012 proclamouse subcampión do mundo de longa distancia en Vitoria no grupo de idade 65-69. Unha das xestas máis importantes no seu interminable palmarés. Foi referente e inspiración e, por iso,triatletas como Javier Gómez Noya, Iván Raña, Saleta Castro ou David Castro participarán no proxecto.

"Oldman: el último triatleta" conta todas estas historias nunha. A historia humana, a deportiva e a dos pioneiros. Tres historias nunha. Como a Santísima Trindade! Como o tríatlon.

O luns 2 de maio comezou a campaña de crowfunding para conseguir facer este documental realidade. Esta tamén é unha carreira de fondo, unha carreira que durará 40 días coas súas noites. O groso xa volo contei aquí, pero se queredes saber máis visitade a páxina do proxecto en Verkami.

Page 36: Revista TRÍPTICA 2016

COMO ELIXIR NEOPRENO? Iñaki Valcárcel, de Ciclos Boyer Vigo, márcache as claves a valorar:

Vou usalo para tríatlon ou natación?

Para os triatletas, a primeira característica que debe ter un neopreno é que sexa fácil de quitar, que non che faga perder demasiado tempo na T1.É habitual ver xente que corta o neopreno á altura dos xemelgos, feito que lles axuda á hora de quitar o traxe, pero ollo, tamén che pode prexudicar se necesitas toda a flotabilidade posible.

En curta ou longa distancia?

Para a longa distancia é conveniente ter un neopreno cun grosor no peito e abdome de 4 mm para ter unha óptima protección en augas frías e que ademais inclúa algún panel de flotación tanto se es principiante como experimentado xa que, no momento de maior fatiga das pernas, esa flotabilidade extra axudarache a manter a posición correcta do corpo e poder avanzar sen utilizar en exceso a patada.

Pola contra, para a curta distancia o máis importante é a flexibilidade de ombreiro e mangas que che permita explotar ao máximo a túa brazada sen perder cadencia.

Cal é o meu nivel de natación?

Se es un bo nadador, cunha técnica xa puída tanto para tríatlon como para natación de curta distancia, interésache un traxe o máis flexible posible, que minimice ao máximo a sobrecarga dos ombreiros. Existe a posibilidade de utilizar traxes sen mangas os cales son unha boa opción se nadas en augas de temperatura superior a 18°.

Se pola contra es un nadador novel, será recomendable que busques un neopreno que che dea un extra de flotabilidade, que che corrixa a túa posición na auga e faga que o teu nado sexa máis eficiente.

Cal é o meu talle?

Á hora de comprar un neopreno e elixir o talle é moi importante facelo nunha tenda especializada, que che asesore á perfección, xa que o neopreno é unha peza que se ten que axustar ao corpo o máximo posible, sen chegar a angustiar.

Os talles das marcas non son nin moito menos exactos e hai que ter en conta que tódolos neoprenos ceden entre 2kg e 3kg.

Page 37: Revista TRÍPTICA 2016

NEOPRENO ORCA ALPHA 1.5

Traxe torpedo para nadadores experimentados, pouca flotabilidade nas pernas e extremadamente flexible.

COMO ELIXIR NEOPRENO?

NEOPRENO ORCA 3.8 & SAILFISH VIBRANT

Neopreno de gama alta para nadadores que necesitan un extra de flotabilidade, deseñado para a longa distancia

Page 38: Revista TRÍPTICA 2016

COMO ELIXIR NEOPRENO?

NEOPRENO ORCA RAZOR 2,O & AQUAMAN DNA

Neopreno de gama media que inclúe paneis de flotación nas cadeiras, perfecto para tódalas distancias e competicións.

NEOPRENO ORCA S6Neopreno perfecto para aquelas persoas que queiran iniciarse en tríatlon ou natación, sobre todo en distancias curtas.

Page 39: Revista TRÍPTICA 2016

EMULANDO O “TITO RAÑA”Autor: Hugo Ogando, triatleta e fisioterapeuta de Gómez Noya en OnFisioterapia

Dende a proba de maratón dos Xogos Olímpicos de Roma 1960 na que Abebe Bikila acadou o ouro disputando a proba descalzo, sucedéronse os estudos e opinións sobre se é ou non beneficioso correr cos pés “como deus os trouxo ao mundo”. Este mes de maio, un dos nosos referentes do triatlón, Iván Raña, decidiu facer o propio nunha Copa de Europa de Tríatlon.

Moitos somos os que realizamos esta práctica de maneira regular pero paga a pena aclarar varios puntos respecto dela. Pode ser interesante? Por suposto. Pode practicala todo o mundo e sen control? Rotundamente non.

Pode ser interesante? Si. Moitos atletas o fan durante o quecemento ou volta á calma. Pode axudar a traballar a técnica, postura e fortalecer o pé-nocello.

Correndo descalzo teño menos lesións. Falso. Pode que diminúa a incidencia de certas lesións polo cambio de técnica que se produce, pero aumentan outras, como as derivadas do impacto (fractura por estrés nos metatarsos...), tendinopatías aquileas, tibiais...

-Correr descalzo é natural, pódeo facer todo o mundo. Falso. Os europeos medramos calzados, e os nosos pés evolucionaron así (pel, forma, musculatura, ángulos de forza, etc) o que sen dúbida os condiciona completamente. Por elo, non todo o mundo debe practicalo sen revisión dun especialista.

Descalzo mellora a técnica? Aínda que se modifica en parte a técnica, debería facerse traballo específico de técnica para abordar todo mellor.

Correr xa fortalece os nocellos? Débese aplicar un protocolo de fortalecemento de t ibiais e musculatura plantar.

Sendo interesante, correr descalzo como Raña sempre debe facerse con sentido común e progresión.

Isto non era motivo de sanción??

Nos últimos anos, o regulamento de competicións mudou para deixar a decisión dos triatletas correr descalzo, algo que no seu momento implicaba a descualificación. En todo caso, é unha opción que debemos pensar na transición xa que descalzarse en metade da carreira implicaría ter que levar na man as zapatillas até a meta. De non facelo, seríamos descualificados por abandono de material se as tiramos ou por axuda externa se llas damos a alguén do público.

Facebook Iván Raña

Page 40: Revista TRÍPTICA 2016

O TRÍATLON GALEGO EN CIFRAS: 1.698 federados