REVISTA SABELOTODO 2009
description
Transcript of REVISTA SABELOTODO 2009
O Maio na escola.
Este ano ata o noso Belén foi
...
¡E moito máis no interior!
2009 A Revista do CEIP de Chancelas
Esta revista está subvencionada polos fondos recibidos da Secretaría Xeral de Normalización Lingüística dentro do Plan de Fomento do uso do galego.
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
3
Editorial . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Pax.4
O Universo. Educación Infantil. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Pax. 5
Os dereitos dos nenos. Educación Infantil. . . . . . . . . . . . . . . Pax. 6
A visita de Estela D’Angelo. Educación Infantil . . . . . . . . . . Pax. 7
Contacontos. 1ºEP. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Pax. 8
A Granxa de Serantellos. EI, 1º e 2º . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Pax.9
Excursión á praia. 1º e 2º . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Pax.10
Recordos, Ditos e Cantigas. 4º. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Pax. 13
Correlingua 2009 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Pax. 14
As festas no cole . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Pax. 15
Ana . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Pax. 18
Imos ó Instituto. 6º. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Pax. 19
Os xogos dos avós. 3º EP . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Pax. 20
Cómic do Capitán Lixo. 5º EP. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Pax. 24
Visita ó Arquipélago de Ons . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Pax. 25
Enquisa á profe Ana . 5º . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Pax. 26
Consellos para una vida saudable. 4º EP . . . . . . . . . . . . . . . Pax. 27
A Illa de Tambo. 6º. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Pax. 29
Pasatempos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Pax. 30
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
4
U n novo curso remata en Chancelas. Un novo curso repleto de recordos, festas
e aventuras didácticas levadas a cabo por toda a comunidade escolar. Pais,
nais, profes, nenos e nenas asumimos cada ano o reto de dar e recibir educa-
ción dun xeito cariñoso, divertido, rico en valores e motivador.
Entre estas actividades está o “Sabelotodo”, revista escolar anual que pretende divul-
gar unha boa mostra das propostas educativas realizadas no colexio durante o curso escolar.
Cada ano as celebracións realizadas no colexio son máis participativas por parte de to-
dos. Este curso quedamos orgullosos do noso Magosto, Samaín, do Belén Galáctico que resul-
tou premiado, do día da Paz solidario con UNICEF, do Entroido espacial e do Maio máis co-
operativo.
Ademais das festas, excursións e saídas didácticas que xa se están facendo tradicio-
nais no colexio, este curso o profesorado tamén involucrouse en novas actividades relaciona-
das coa biblioteca escolar e co tratamento integrado das linguas, realizando cursos de for-
mación e diversas tarefas co fin de mellorar a metodoloxía para lograr que o alumnado de
Chancelas sexa do máis competente.
Todos tivemos este curso, o pracer de recibir cos brazos abertos ás novas profes e aos
novos alumnos/as. Estamos encantados de que compartades con nos a vosa entrega e marabi-
lloso traballo!!
Pero tamén queremos lembrar a quen se vai. Este curso xubílase Ana e non é doado
atopar as palabras que realmente merece. Foron 33 anos de adicación ao ensino, de entrega,
cariño, preocupacións, traballo, traballo, traballo…. Chancelas queda realmente agradecido co
seu labor con todos e cada un dos seus alumnos e alumnas, das súas obras de teatro, da súa
boa función como directora do centro. O profesorado tamén quere darlle mil grazas polo seu
compañerismo e comprensión, por ser tan positiva e valorar o traballo dos demáis, pola súa
sensibilidade, modestia e entrega. Os teus alumnos/as sempre te recordarán como a súa ex-
celente PROFE de Chancelas. Os teus compañeiros como a súa excelente COMPAÑEIRA. Os
pais/nais como a excelente MESTRA dos seus fillos/as.
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
5
O UNIVERSO
Dende a biblioteca estamos a traballar, como xa sabedes, no
proxecto do Universo. MIRADE!!! Este foi o día que Jorge Neira trouxo o
seu telescopio…
Aprendemos que as lentes aumentan o tamaño das cousas que están
lonxe e así parece que están ao noso carón.
Falamos de Galileo Galilei. Grazas a el, agora coñecemos tantas
cousas do Universo…
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
6
OS DEREITOS DO NENO Como conmemoración do día dos dereitos
do neno, coa colaboración de todas as familias,
os nenos de infantil fixemos un mural onde es-
puxemos todos os traballos feitos na casa.
Aquí podedes ver unha pequena mostra dalgúns
deles.
MARÍA. 5ANOS
AIRA. 4ANOS
ALBA D. 3 ANOS
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
7
VISITOUNOS ESTELA D´ANGELO En marzo tivemos a sorte de recibir a Estela D’Angelo (Doutora da Facultade
de Educación da Universidade Complutense de Madrid). Nesta visita amosounos a súa
forma de traballar e fixemos unha expe-
riencia enriquecedora cun conto. A conti-
nuación podedes ver algúns traballos reali-
zados ao remate da sesión.
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
8
O CONTACONTOS Infantil e primeiro ciclo fixemos unha sesión de contacontos cos da editorial
Kalandraka. Pedíronnos que lle mandaramos alguns debuxos sobre os contos. Estes
son alguns deles.
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
9
A GRANXA DE SERANTELLOS O venres día 22 de maio, os nenos e nenas de Educación Infantil e do Primeiro
Ciclo de Primaria, fomos de excursión de fin de curso á Granxa Serantellos, en Cam-
bados. Pasámolo moi ben…
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
10
Noemi
Natalia
Sergio Alberto
Noemi
Javi
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
11
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
12
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
13
RECORDOS DOS DE 4º
Os meus recordos,
Os teus,
Son distintos,ti fuches a Valencia,
Eu a Madrid,
Pero os recordos son máis,
Non é unha viaxe,
Son as fotos,
As memorias das persoas,
Pero o mellor son os recordos,
Se non,
A túa familia.
Paula
CANTIGAS
O cura de Poio é xastre,
o de Marín mariñeiro,
o de Lérez carterista
e o de Ourense paragüeiro.
Carlota
Somos de Poíño
meu divino San Xoán.
Somos de Poíño, Poio,
daquela terriña chan.
Paula
Combarro, curral de vacas
Fontenla dos afiadores
Casalvito dos cuicos
O Pereiro, xardín de flores.
Sara
Combarro ten viño e patacas
e bos barquiños xeiteiros.
As mociñas mais bonitas
as fillas dos mariñeiros.
DITOS
Se vas para Samieira
Leva o pan na faldriqueira.
As treboadas de San Xoán
Tollen o viño e non dan pan.
Polo San Xoán
Ata as dez dura o serán.
O verán de San Martiño
Son tres días e mais un pouquiño.
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
14
Baixo o lema “En Galego,
Pasao” todo o alumnado de
Ed. Primaria participou no
Correlingua 2009 que se
celebrou en Pontevedra o
5 de maio.
Nun día precioso, percorremos as rúas de
Pontevedra nunha marcha que rematou co
concerto do grupo “Migallas” na praza da
Ferrería, actuación musical coa que cantou
e bailou todo o colexio.
Para rematar o acto, deixamos voar globos xigantes repletos de bos desexos para a
nosa lingua, para a lingua galega.
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
15
FESTA! Estas páxinas centrais da revista van adicadas ás festas e celebracións que
fixemos este curso na escola. Nenos e nenas celebrando Entroido e Magosto, Nadal e
Día da Paz, Samaín e viaxes en tren… ti tamén estiveches?
Na TVG
Viaxe en tren
Celebrando Samaín
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
16
Entroido
Maios
Magosto
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
17
O Nadal
Día da Paz
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
18
ANA Este curso despídese de nos e do cole, despois de moitos anos de traballo aquí,
a nosa compañeira Ana. Moitos momentos xuntos e moitos bos recordos. Grazas Ana.
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
19
IMOS PARA Ó INSTITUTO O día 4 de xuño os de 6º fixemos unha visita ó Instituto de Poio onde imos cur-
sar 1º da ESO o vindeiro curso. Visitamos as instalacións e tomamos contacto co no-
so futuro nos vindeiros anos. Moitas aulas, patios, ximnasios e ata unha cafetería e
sobre todo moitísimos rapaces e rapazas!
Teremos que estudiar e traballar pero seguro que tamén haberá momentos para
pasalo ben cos amigos, cos novos e cos vellos.
Ímonos, deixamos o cole… xa non somos tan pequenos!...
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
20
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
21
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
22
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
23
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
24
Cla
udia
5ºE
P
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
25
VISITA Ó PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS O luns día 18 de maio o alumnado de 5º realizou unha visita á Illa de Ons, unha
actividade organizada polo Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Uns días antes da viaxe, viñeron á escola para darlles información sobre o Par-
que e a súa importancia na defensa, conservación e protección de moitas especies
animais e vexetais (algunhas delas en perigo de extinción).
Con moita emoción, saíron en bus cara ao peirao de
Portonovo, onde colleron o barco que lles levaría ata a Illa de Ons. A travesía foi
moi divertida. Ao chegar merendaron algo e preparáronse para facer a ruta acompa-
ñados pola monitora do Parque.
Realizaron o percorrido facendo varias paradas con actividades lúdicas en ca-
da unha delas e coa finalidade de coñecer máis en profundidade os diferentes fondos
mariños así como os diversos ecosistemas. .
A 1ª parada foi na praia, onde realizaron xogos e recolleron mostras de mate-
riais que lle pedía a monitora; a 2ª na zona das dunas, a 3ª na matogueira, a 4ª nos
cantís na parte occidental da illa e a 5ª no poboado (onde aínda vive algunha xente
durante todo o ano).
En cada parada a monitora organizou xogos moi divertidos para coñecer a fauna
e a flora características. Houbo algunha anécdota como unha serpe de escaleira que
se cruzou no camiño e coa que quedaron todos abraidos. O rematar a ruta tocou co-
mer debaixo dunhas arboriñas preto da praia, e logo xogos na Praia das Dornas ata a
hora do embarque.
Foi unha actividade fóra das aulas moi divertida e enriquecedora, onde aprende-
ron as normas durante a estancia na illa, coñeceron os distintos valores naturais que
aínda posuimos, os límites do Parque, moita fauna e flora,… Todo o alumnado querería
repetir esta actividade.
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
26
ENQUISA Á PROFESORA ANA LÓPEZ MARRAS (Os de 5º)
Por que quixeches ser mestra?
_Eu quería ser mestra porque a miña nai era mestra e na miña casa vivíase así, non quería facer outra cousa que dedicarme á ensinanza. Cando era cativa poñía as bonecas en fronte como se fosen alumnas e facía que tiña unha aula. Cantos anos levas traballando de mestra?
_Desde os 21 anos ata os 59. (Uns 38 anos)
Elixiches ti este colexio ou tocouche vir?
_Elixino eu.
Chancelas foi o único colexio no que traballaches?
_Non, traballei en moitos, pero este foi no que estiven máis anos. Cales foron os outros coles?
_Pois...Berducido, Viña Grande, Viñas Brancas (fun de viña en viña) e tamén traballei na primaria do instituto de Pontevedra. Que che parecen os alumnos de Chancelas?
_En realidade, son bos, e se teño que falar deste derradeiro curso, son boísimos. Cal é a asinatura que máis che gusta?
_Calquera das dúas linguas que temos, castelán ou galego. Que curso che pareceu mais difícil?
_Infantil. Que asignatura das que ti dás che foi máis difícil ensinar ao alumnado?
_Matemáticas. Agora que te xubilas, cres que vas botar de menos isto?
_Si, sempre, mais aínda penso continuar na Cruz Vermella e en Cáritas que necesitan profesores para ensinar a os inmigrantes...é dicir, non vou deixar a ensinanza. Cando estiveches de baixa, botaches de menos aos teus alumnos?
_Un montón. Que che parecen os teus compañeiros que tes no colexio?
_Do mellorciño, é xente moi traballadora, se tes algún problema todos te botan unha man en todo o que poden. Por exemplo, a min a informática cústame moitísimo e se teño algún problema pídolle a calquera que me axude e é unha marabilla. Son moi colaboradores, tiven moita sorte cos meus compañeiros. Que foi o máis gratificante de todos os estes anos de traballo?
_Ter bos compañeiros e cando os alumnos en realidade traballan, no son inquedos, preguntan e teñen interese. Cales son os “pros” e os “contras” de traballar con cativos ?
_Os “contras” que moitas veces cando chegan os controis están inquedos e os “pros” é o que dicía antes, que che encanta ver que aprenden cousas, teñen interese e ademais tamén eu aprendo cousas deles. Se puideras pedir tres desexos cales serían?
_Saúde, saúde e saúde.
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
27
O primeiro paso que debemos dar para levar unha dieta saudable é analizar o tipo de alimentos que
constitúen a nosa dieta actual. A combinación de forma equilibrada dos
alimentos da dieta mantén o noso organismo san e saudable.
Que alimentos son saudables?
A maioría dos alimentos ricos en hidratos de carbono conteñen a
súa vez outros nutrintes importantes. Xunto coas graxas, os hidratos de
carbono son os principais suministradores de enerxía.
Debemos tomar moita froita, verdura e alimentos con hidratos de
carbono, mellor se son integrais. A dieta saudable debe proporcionar ao
organismo o aporte de alimento adecuado ás necesidades de cada indivi-
duo.
Que hábitos son saudables?
Hai que realizar cinco comidas diarias: desaxún, almorzo, xantar, merenda e cea. Convén beber un
montón de líquidos e tamén moderar o consumo de graxas, azúcres e sal. Non comas chuches a todas
horas! Fai exercicio todos os días, e se limpo.
As froitas son de orixe vexetal. Son moi importantes na nosa dieta. As verduras tamén son de
orixe vexetal e son moi importantes para a nosa alimentación.
É saudable durmir oito horas diarias, ter hábitos alimenticios correctos, non alimentarse só a base
de boleria industrial ou de lambonadas, asearse tódos os días, relaxarse porque non é bo ter estrés, ce-
pillar os dentes tres veces ao día, sentarse correctamente na cadeira e en todas partes, e - a poder ser -
non estar en lugares onde estean fumadores pois o fume non é bo.
Que actividades físicas son saudables?
Actividades cíclicas: correr, camiñar, andar en bicicleta…
Preparación física: ximnasia rítmica…
Xogos populares, tradicionais, de pelota…
Actividades cotiás: coller unha bombona, fregar…
Actividades na natureza: piragüismo, sendeirismo…
Deportes: frontón, paddle, tenis, bádminton.
Bailes, danzas.
Outros: ioga, aeróbic, step...
Consellos para unha vida saudable
Este é un traballo de investigación documental realizado polo alumnado de cuarto curso.
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
28
Receitas divertidas con verduras
Unha lasaña vexetal
Ingredientes
Placas de pasta para lasaña
Espinacas, acelgas ou outras verduras ao
gusto
Cebolas
Fariña
Leite
Sal
Aceite
Claudia, de 4º curso
Preparación
Poñemos auga a ferver e cocemos as
placas de pasta. Retiramos e deixamos en-
friar.
Cocemos as verduras.
Nunha tixola cun pouco de aceite friti-
mos as cebolas (un pouco) e logo engadimos
as verduras ata que estean feitas.
Preparamos coa fariña, o leite e un
chisco de sal, unha bechamel non moi espe-
sa.
Cando todo estea listo preparamos a
nosa lasaña nun recipiente de forno colocan-
do os ingredientes en capas: placas de pasta;
verduras, bechamel, máis pasta, verduras,
bechamel, etc.
Por último, metemos o recipiente no
forno a gratinar dez minutos. (pódese cubrir
con queixo ao gusto) E velaí a tendes!
Lasaña vexetal divertida, e rica!
PASATEMPOS DIVERTIDOS
C X U C B V C Z M C H H
O A C E L G A A D O L E
L L D G T T H N O T F E
E Ñ G U G E T A M O T S
I F O R F U C H T U F P
T F L O C G N O I H C I
U L X V B C I R D F Ñ N
G E S P I N U I H G M A
A P L H G F C A P R N C
P E M E N T O I L H O A
1. Sopa de verduras. Atopa 8 hortalizas.
2. Adiviña:
Son laranxa E non son froita Crezo na terra
E me comes no prato
Son como unha rosa Pero son verde
Na ensalada Estou rica
Ver, ver, ver, Pecha a porta
e… zas!
Col, col, colera… Flor, flor, florera… Se estamos xuntas, Que planta apuntas?
Tomás, de 4º curso
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
29
A ILLA DE TAMBO Este curso, os nenos e nenas de 6º fixemos un pequeño traballo sobre un dos
tesoros máis descoñecidos do noso concello: a illa de Tambo.
Tambo está situada na ría de Pontevedra, enfronte mesmo do cole. Se ve dende
algunhas das nosas fiestras. Ten case máis historia que superficie…
Sabiades que xa no século VI construiuse nela unha ermida convertida máis
tarde en mosteiro por S. Fructuoso? E que a imaxe da Virxe da Renda chegou ó san-
tuario onde está hoxe despois de ser botada ó mar en 1589 polo famoso corsario
inglés Sir Francis Drake e recollida polos mariñeiros de Combarro?
No XVIII reedifícase a ermida existente e xa no S.XIX, cando as grandes
líneas transatlánticas saían de Marín na illa edificouse un lazareto para corentenas
que funcionou de 1865 a 1879 cando se trasladou á illa de San Simón.
A finais do século XIX Montero Ríos e García Escudero ceden os seus terreos
na illa para a construcción dunha penitenciaría que nunca pasou dos planos.
Xa no XX, coa construción da Escola Naval de Marín en 1943, Tambo pasa a
mans exclusivas da Armada para establecer alí un polvorín e un pequeno
destacamento de militares. Nestas mans permaneceu ata 2002.
Se cadra no S.XXI chegaremos a ver Tambo dentro do Parque Nacional de Illas
Atlánticas, sexa o que sexa, Tambo segue aí, no medio da ría e tamén segue a súa his-
toria.
Adorna esta páxina un cadro/móbil que fixemos para unha exposición de Radio-
voz.
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
30
ATOPO AS IMAXES NA ILUSTRACIÓN
xemelgo
dorna caldeiro
pes
inflador rapaza
refresco gaivota veleiro
lentes
xeado
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009
31
Pasatempos Escribe cada palabra debaixo da imaxe correspondente e atópaas na sopa de letras.
METEORITO SOL FOGUETE ESTRELA TERRA
GALILEO COMETA LUA ORBITA
O R B I T A X O A M
R Z Q F T Ñ E L C E
F H S D T R S U I T
I O C O M E T A N E
T F G L S X R Q U O
A F T U T O E S I R
E R E L E E L B O I
L A R L U T A S P T
E S R X M N E V S O
X G A L I L E O H A
CEIP de Chancelas
O Sabelotodo 2009 Algúns momentos de fin de curso... Os de 1º e 2º na praia
Nenos e nenas Infantil foron
ós bombeiros a Pontevedra
Infantil e primeiro Ciclo na
Granxa Serantellos
A excursión dos maiores. A Coruña.