REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) -...

36

Transcript of REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) -...

Page 1: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

��������

������������ ��������������������������������������������������

����������������� ������������������������ ��!���"��������

��������� ������� �������

��������� ����������

#$�%������������ �&������������ ��������������������������������������������������

����������������� ������������������������ ��!���"��������

��������

��������� ������� �������

��������� ����������

#$�%������������ �&

Page 2: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

ÍÍNNDDIICCEE

2IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

EDITORIAL . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 3

XULIÁN MAGARIÑOS . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4

ACTA DO CONCURSO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 6

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO . . . . . . . . . . . . 7

RELATO GAÑADOR DO CONCURSO . . . . . . . . . . . . . . . 9

TRABALLO GAÑADOR NO APARTADO DE DEBUXO . . . 12

ENTREVISTA CON ADELINO POSE REINO . . . . . . . . . . . 13

A PRIMEIRA VEZ NO “INSTI” . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 14

CAMPIONATOS ESCOLARES . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 15

ENTREVISTA HORACIO MEDIN . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 15

CAMPIONATO DE FÚTBOL . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 15

ENTREVISTA ALBERTO SUÁREZ CASAIS . . . . . . . . . . . 16

CANGURO MATEMÁTICO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 17

A CAIXA DO CORREO DOS NAMORADOS . . . . . . . . . . . 18

O MAGOSTO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 18

CARNAVAIS CARNAVAIS . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 19

AS NOSAS ALDEAS . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 21

TRABALLOS DOS ALUMNOS DE APOIO . . . . . . . . . . . . 22

ENTRE NOS EN GALEGO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 23

SELECCIONS DO CONCURSO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 23

COLABORACIÓNS DE COMPAÑEIROS . . . . . . . . . . . . . . 25

OS NOSOS DEBUXANTES . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 26

FALAR COA LÚA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 30

O MES DAS LETRAS GALEGAS . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 31

PASATEMPOS . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 34

BANDA DE MÚSICA ATENEO DE NEGREIRA . . . . . . . . . 36

TEMA PÁXINA

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 20:58 Página 2

Page 3: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

EEDDIITTOORRIIAALL

3IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

Ocomezo dunha revista é sempre un traballo que non se sabe como vai rematar, omesmo te ves desbordado de traballo porque ten moi boa acollida entre os rapa-ces e rapazas do instituto e todo o mundo quere que o seu traballo apareza reco-llido, ou polo contrario ninguén amosa interese polo que se poida facer e os quetentan levala a cabo vense na obriga de inventar os artigos ou de pedirlles per-

soalmente ós seus compañeiros que os fagan e aínda así se negan aducindo mil pretextos. En calquera dos dous casos o levar adiante a revista é un traballo que pode xerar desconten-

to en moita xente que se sinta nuns casos marxinada porque non ve os seus traballos publicadosou porque , no caso contrario, se senten presionados pola amizade dos seus compañeiros ou aesixencia dun profesor.

Cando nun centro escolar se promove unha actividade de calquera tipo entendemos que épreciso informarse ben de en que consiste e cales van ser as actividades que se nos poden pe-dir ou as que estamos dispostos a comprometernos a facer. Se non calibramos ben esta partepodemos vernos agobiados de traballos que non damos feito, ou encontrarnos que apenas haiparticipación e os poucos que se animaron non son quen de chegar a todo.

Queremos facer da revista escolar un xeito de darlle saída a todas aquelas cousas que podeninteresar a un fato de mozos e mozas que ao longo de varios anos vense mergullados neste re-muíño de clases, recreos, compañeiros, festivais, profesores, amores, desamores, risos e cho-ros. Sacarlle partido a todas estas experiencias é a mellor maneira de aproveitar o tempo, co-mo din os vosos pais, e á vez, deixar que os demais coñezan o voso pensamento ou inquedan-zas, pois somentes así encontraremos outros e outras que compartan as mesmas cousas que nosunen. As actividades que fagamos sempre serven para darlle lustre á vosa intelixencia, ao cen-tro e crear un contorno agradable que permita que a vosa estadía no IES XULIÁN MAGARIÑOS se-xa algo que poidades lembrar sempre de xeito favorable por algún dos proxectos que levastes acabo.

Non rematamos esta primeira folla da revista sen facer un eloxio dos primeiros colaborado-res que estiveron dispostos a sacrificar algo do seu tempo para adicarllo ás reunións, a escribiralgo ou mesmo a pensar en que poderían facer para colaborar. A todos e a cada un débeselleseste primeiro número que sae hoxe pero xa estamos pensando en aumentar as publicacións fa-céndoa semestral, unha no Nadal e outra no terceiro trimestre. ¿Podemos contar con todos vóspara colaborar? Se é así podemos ata matinar en cousas máis ambiciosas pero se non vos anima-des pouco futuro lle vexo ao asunto. Somentes se vos pide ilusión no proxecto e que fagades oque poidades sen menoscabo do motivo central da vosa presencia aquí: aprender.

O EQUIPO DE REDACCIÓN

EDITORIAL

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 20:59 Página 3

Page 4: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

4IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

XXUULLIIÁÁNN MMAAGGAARRIIÑÑOOSS

Cando me incorporei ao IES "Xulián Ma-gariños" de Negreira sentinme intere-sado pola vida e obra deste persoeironicrariense que lle dá nome ao noso

instituto. Unha vez tiven na miña man o libro Xu-lián M Magariños Negreira : un home da "Época nós" (1904-1934) de X. Amancio LiñaresGiraut, Blanca-Ana Roig Rechou Ediciós doCastro, 1988 - Sada, A Coruña(Documentos pa-ra a historia contemporánea de Galicia ; 51), en-tereime da súa curta e interesante vida polo quepaso a resumir este interesante texto para quetodos os sectores da comunidade educativa te-ñan información sobre dito escritor UN HOMEDA " ÉPOCA NÓS" (1904-1934)

JULIAN MANUEL CIPRIANO MAGARIÑOSNEGREIRA naceu ás 9 da noite do día 16 de se-tembro do ano 1904 na casa número 1 da nicra-riense Praza deFerreiro. Eran seus pais ManuelMagariños Pastoriza e Mª. de las Mercedes Ne-greira Trillo . Na práctica,criouse como fillo únicodo matrimonio, xa que unha irmá máis pequenamorrería con curta idade .Segundo Carmen Ne-greira, a súa primeira escola rexentábaa unhaparella de mestres, e Magariños recibiría as lec-cións iniciais do chamado D. Xoán -home ao pa-recer con moito xenio-, e prepararía o ingreso nobacharelato cun parente directo, Xesús Magari-ños Pastoriza.

Entre 1923 e 1928 viviu Magariños Negreiraá xeira de universitario. Sabemos que duranteese lustro domiciliábase na rúa do Franco, 46-1º, compartindo pensión cos irmáns Gumersindoe Xosé Fontán Maquieira, aos que dende aquelase sentiu vencellado cunha fonda amizade, co-mo pon de manifesto a correspondencia quemanexamos e da que dámos conta na escolma.

Unido sentimentalmente á moza e a un nu-trido grupo de amigos, viviría este estudanteavantaxado, que mesmo se integraría na TunaUniversitaria onde tocaba a mandolina. Amaispasaba horas practicando co violiño, ao queera moi afeccionado. A música en xeral levá-balle moita idea.

"Todo o que se diga do amigo Magariños é

pouco", subliña o historiador e lingüista MartínezLópez. " Na Universidade compostelá estudaba-mos Dereito e Filosofía e Letras entre os anos23 e 28 un grupo de grandes amigos con inque-danzas fondamente galeguistas: Tobío Fernán-dez, Filgueira Valverde, Magariños, Antonio Fra-guas, Bouza Brey, Xaquín Lorenzo Fernández,Xesús Bale Gay... Penso que Magariños viña ca-racterizado de xeito especial por dúas notas: oseu humor e maila súa aguda intelixencia. Eraun compañeiro moi estimado na Facultade, conpreocupacións literarias. Lémbrome de que co-ñecía moito a Rafael Dieste, Manuel Antonio e aMaside; tamén de que asistía ás tertulias do en-trañable " Café Español" da Rúa do Vilar. En fin,de que colaboraba en tódalas actividades cultu-rais e nacionalistas".

Hai un dato que se revela sobresaínte á horade narrar a súa estadía en Compostela: a partici-pación de Magariños na fundación do histórico emaxistral Seminario de Estudos Galegos. Sen aexistencia desta institución, o tempo que vai do1923 a 1936, sería sen dúbida máis estéril paratoda unha xeración dehomes comprometidoscon Galicia, no seu pasado, presente e porvir .

"0 12 de outubro de 1923 uns cantos rapa-ces saen de Compostela co abrente cara ás te-rras de Amahía. Baixan a pé por Vidán, Roxos, aErmída da Mercé e Lapido, deica Ortoño.XuliánM. Magariños Negreira

Son nove universitarios que se dirixen á Ca-sa do Castro de Ortoño, onde se propoñen asi-nar a acta fundacional dun centro de estudos ga-legos. Son Fermín Bouza Brey, Xosé FilgueiraValverde, Lois Tobío Fernández, Ramón Martí-nez López, Manoel Magariños Negreira, XoséPena e Pena, Wenceslao Requejo Bouet, Fran-cisco Romero de Lema e Alberte Vidán Freiría.

Na casa do Castro de Ortoño tiña pasado osprimeiros anos da súa vida Rosalía de Castro.Escoller tal lugar para a fundación dese centrode es tudos significaba de seu a vontade total deentrega a Galicia no labor de creación e de in-vestigación que se propuñan iniciar os nove uni-versitarios " .

As inquedanzas literarias de Magariños levá-

rono a integrarse na sección de Filoloxía desteorganismo científico, que estaría dirixido por Co-tarelo Valledor (1923-28), Moralejo Laso (1928-30) e Pedret Casado (1930-36). Nesta área ato-paríase acompañado de Cordal Carús, FilgueiraValverde, González García Paz, Lourenzo Fer-nández, Martínez López, Vicente Risco, Luís To-bío, etc.

Este grupo de estudosos centraríase en in-vestigacións lexicolóxicas, fonéticas, ortográficas,etc. Precisamente como froito deste traballo con-xunto sairía o Vocabulario Popular Galego-Castelán publicado no ano 1928 por Cordal, Filguei-ra, Tobío e o propio Magariños, e que primeira-mente comezará a ver la luz no xornal de Vigo ElPueblo Gallego, diario no que a sinatura do escri-tor nicrariense aparecía con asiduidade. O seuingreso oficial no S .E.G. data do 16 de Novem-bro do 1923, cun traballo titulado "A Regueifa" .

Co remate da carreira de Dereito, Xulián M.Magariños volve á vila natal. Negreira e Santia-go sempre próximas mestúranse na vida do re-cén licenciado.

Pero no setembro de 1928 principia unha no-va experiencia coa marcha a Madrid, cun motivoclaro: preparar as oposicións a rexistrador dapropiedade, asegurar un xeitoso futuro profesio-nal. "Sempre quixo facer Rexistros", recoñece asúa dona viúva.

Na capital do Estado residiría ata 1930. Dousanos. E cónstanos o paso alomenos por dousenderezos: Peligros, 24 e Cañizares, 2-2.º. Ou-tra vez na vida de pensión e estudo. De novo ta-mén nas tertulias, escoitando a Victoria Kent,Clara Campoamor ou, a Valle- Inclán nas tardes-noites madrileñas . Xa logo abrollan como pro-cesos paralelos as primeiras doenzas físicas e afalta de éxito na realización das primeiras oposi-cións. Corre o ano 1930 e Magariños Negreiratoma a decisión de voltar á terra natal, nun ace-no de firmeza.

Establécese na capital barcalesa cun bu-fete de avogado, autoprometéndose definiti-vamente non recuncar na preparación de tandifíciles probas. En realidade obrigábao o pa-decer xa a febleza da súa saúde. Así llelo ma-

XXXXUUUULLLLIIIIAAAANNNN MMMMAAAAGGGGAAAARRRRIIIIÑÑÑÑOOOOSSSS

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 20:59 Página 4

Page 5: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

5IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

XXUULLIIÁÁNN MMAAGGAARRIIÑÑOOSS

nifes taba aos amigos en varias cartas .Para un republicano convencido coma el, ti-

vo que resultar xornada con especial significadoa do 14 de abril do 1931: a pedida oficial da súanoiva e maila proclamación da II República Es-pañola cadraban nunha mesma data

O casamento tería lugar na mesma primave-ra, o 22 de maio. Durante dous meses a parellade mozos gozou dunha prolongada lúa de melque os levaría por España adiante, a Francia,Bélxica, Italia, Illas Baleares ... A voda e mailaviaxe, a xulgar polos escritos conservados, im-primiría no escritor un estado de ánimo máis op-timista. E dende agosto dese ano 31 xa fica ins-talado no despacho de xurista, cun novo estilode vida máis asentado, máis sedentario.

Dende a chegada e o asentamento en Ne-greira, Magariños participou na vida social. Se-guía con interese (e tamén ás veces "asquea-do", confesa nalgunha carta) a política local.Preocupáballe a vida do concello e as xestiónspara a volta do Xulgado de 1ª Instancia, suprimi-do no 1926 e reposto no 1931.

Participaba nas actividades do Casino recen-temente inaugurado e sobre todo lía, estudaba eescribía con constancia. E chegan os derradei-ros meses da súa vida. Ficou encamado cun co-razón enfermo dende febreiro ata o día do seupasamento, o 9 de xullo, luns, do 1934. Na actaoficial de defunción dise que a causa da mortefoi unha caquexia. Aquel réxime democrático re-publicano que el tanto arelaba coñecía taménnaquel tempo un "bienio negro" .

ALGUNHAS DAS SÚAS PUBLICACIÓNS

A) NOVELA CURTA.- O Kalivera 30 H. P., LAR, Santiago, 1926.- O Filósofo de Tamarica, LAR, Santiago, 1926.

B) COLABORACIÓNS EN XORNAIS E REVISTAS .A Nosa Terra (A Coruña).- "Un casamento na aldea" (Núm. 224. 1/5/1926).- "0 negocio literario" (Núm. 227. 25/7/1926).- "Estancamento Pevolución" (Núm. 229. 1/10/1926).- "Bohemia galega" (Núm. 230. 1/11/1926).

- "Os defuntos teñen medo" (Núm. 231. 1/12/1926).- "Cousas de artistas" (Núm. 239. 25/7/1927).- "Meditación no cruce de dous vieiros" (Núm.288. 1/10/ 1931).- "Os complexos raciales en crisis"(Núm. 289. 1/11/1931).- "A paradóxica felicidade dos pobos" (Núm.300. 9/7/ 1933).Céltiga (Buenos Aires ).- "O caso de Xaime Lombau"(Núm. 51 10/2/1927).- "O mitin das ideias" (Núm. 62. 25/7/1927).- "Murmuracións da crítica" (Núm. 88.25/8/1927).El Compostelano (S antiago).- "Opacidad" (30/1/1926).- "Dolora" (4/2/1926).- "Reivindicación" (9/2/1926).- "Ingratitud" (13/2/1926).- "La decadencia troyana" (18/2/1926).- " Noite de luar" (20/3/1926).- "Una curiosidad literaria" (7/4/1926).- " Realidades" (15/4/1926).- "Cuadros compostelanos" (23/4/1926).- "La armonía del Jaz-Band" (6/10/1926).- " Dolce farniente" (8/10/1926).- "En pro del " The West"" (11/10/1926).- "Historia de un viaje en ferrocarril o lavelocidad del "The west" (14/10/1926).- "Un sainete taurino" (19/10/1926).- "El derecho al vapuleo" (22/10/1926)- " El caso de D. Feliciano" (26/10/1926).-"Una entrevista con D. Juan Tenorio"(30/10/1926).- " El bigote y la mosca" (18/11/1926).- "Eloxio do minué" (4/12/1926).El Despertar Gallego (Buenos Aires ).- "Patriotismo" (Núm. 85. 3/10/1926).El Diario Español(Montevideo).- "Galicia y el arte de vanguardia"(16/3/1927).El País Gallego(Santiago).- " El arte de hacer fortuna" (3/1/1927).- " La calvicie como problema social"(10/1/1927).- " ¡Piedad para el pollo pera!" (15/8/1927).- El Pueblo Gallego (Vigo).- "Mayo triste" (6/5/1925).- " Estalos no ar" (9/8/1925).

- "A festa do traballo labrego" (14/8/1925).- " Un esprito galego" (6/9/1925).- "A nosa novela" (20/12/1925).- " As gafas" (15/4/1926).- "O noso día" 0/10/1926).- " Notas inéditas" (17/5/1927).Galicia (Buenos Aires ).- " Un manifesto agrario e un Político novo"(Núm. 225. ,20/9/1931).La Voz de Barcala (Negreira).- " Las familias más pudientes del siglopasado (I )" (Núm.2. 1/9/1933).- " Las familias más pudientes del siglo pasado(I I )" " N.O 3 1/10/1933).- " Corzán, tierra de lobos (Núm. 3 bis. 1/11/1933).- " La Junta Revolucionaria de 1868" (Núm. 4. 1/12/1933).- " El primitivo Ayuntamiento de Aro" (Núm. S . 1/1/1934).- " El Ayuntamiento de Aro y la Revoluciónde 1846" (N.7. 1/3/1934).

Nós (A Coruña).- " Alfonso do Cotón, humoris ta" (Núm. 33. 15/9/1926).- "0 nazonalismo de Federico Chopín" (Núm. 35. 15/10/1926).- " As arelas da mosca semiDanteís ta" (Núm. 43. 25/7/1927).- "A meu tío quixéronmo roubar" (Núm. 47. 15/11/1927).- " Jorge Borrow no val da Mahía" (Núm. 89. 15/5/1931).- "0 monte sagrado dos celtas"(Núm. 107. 15/11/1932).

Renovación (S antiago).- " El alma de Compostela" (15/3/1923).

Colaboraría tamén o escritor nicrarienseno Vocabulario Popular Galego- Castelán(Seminario de Estudos Galegos, Santiago,1928), xunto a Cordal Carús, Filgueira Valver-de e Toblo Fernández.

Á parte destas achegas e das dúas novelascitadas, contabilízanse así cincuenta e cincoartigos da súa autoría que viron a luz na pren-sa local, galega e da emigración americana.

Sirva esta pequena biografía para o reco-ñocemento da memoria do ilustre persoeiroque dá nome ao noso centro por parte de to-da a comunidade educativa deste instituto.

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 20:59 Página 5

Page 6: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

AACCTTAA DDOO CCOONNCCUURRSSOO

6IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

ACTA DO XURADO DO CONCURSO

Reunido o xurado do concurso "XULIÁN MAGARIÑOS" do Instituto do mesmo nome e integrado polos seguintes membros:

ADELINO POSE REINOANA MARÍA ÁLVAREZ CHAMOSAVANESSA RIVEIRO GODÓNRUBÉN SÁNCHEZ PONTEEMILIO MATO MÉNDEZ,

Sendo as 18 horas do 14 de decembro do 2004 e en sesión única, acordan establecer os seguintes premios:

A) APARTADO DE NARRACCIÓN:

1º PREMIO: "Volve Xulián Magariños" Lema: ARALEAUTORA: LARA REY RIAL 4º ESO B

2º PREMIO: "Asasinatos Lingüísticos" Lema: N. NOGANAUTOR: JOSÉ MANUEL MÍGUEZ FORJÁN 2º BACH A

3º PREMIO: "A derradeira esperanza" Lema: SORELAAUTORA: VERÓNICA ARAGUNDI RODRÍGUEZ 4ºESO B

ACCÉSITS:1º PREMIO: "O soño de Miguel" Lema: Delia Lueiro Queirós

AUTORA: PATRICIA FERREIRO RAMAS 4ºESOC2º PREMIO: "Xulián Magariños: O recoñecido Lema: Estorniño”

AUTOR: DIEGO RAMA CORDEIRO 4º ESO C3º PREMIO: "Pegada dun nicrariense na lingua e cultura galega"

Lema: As supernenas. Este accésit dáse pola segunda parte do traballo.AUTORAS: PAULA ANTELO PAIS, SILVIA FAJÍN PÉREZ ,

SILVIA VIAÑO FRAGA 4º ESO A

B) APARTADO DE PLÁSTICA:

1º PREMIO: AUTOR: PABLO RIVEIRO FORJÁN2º ESO A2º PREMIO: AUTOR: YOLANDA NÚÑEZ MAYO 2º BACH A3º PREMIO: AUTOR: RUBÉN OTERO IGNACIO 1º ESO B

Os gañadores dos premios e accésits que aquí se sinalan terán que recoller o seu premio o día 22 do presente mesnun acto que se celebrará no Salón de Actos do Instituto con asistencia de público e autoridades.

Negreira, a 14 de decembro do 2004

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 20:59 Página 6

Page 7: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

EENNTTRREEGGAA DDEE PPRREEMMIIOOSS

7IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO XULIÁN MAGARIÑOS

Día 22 de decembro Hora 11:30

1.- Saúdo de benvida a todos do director do instituto2.- Lectura da acta do xurado3.- Lectura do primeiro premio de narración4.- Entrega de premios:

NARRACIÓN

1º Premio de narración: Lara Rey Rial. Traballo titulado: "Volve Xulián Magariños"Recibe unha cadea musical e diplomaEntrega o premio a Exma Directora Xeral de Cultura

2º Premio de narración: José Manuel Míguez Forján. Traballo titulado: "Asasinatos lingüísticos"Recibe 60 euros en libros e diploma Entrega o premio un representante da APA

3º Premio de narración: Verónica Aragundi Rodríguez.Traballo titulado: "A derradeira esperanza"Recibe 50 euros en libros e diplomaEntrega o premio o Sr. Alcalde de Negreira

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:00 Página 7

Page 8: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

EENNTTRREEGGAA DDEE PPRREEMMIIOOSS

8IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

ACCÉSITS:

1º.- .Patricia Ferreiro Ramas. Traballo titulado: "O soño de Miguel"Recibe diploma e un CD de música galegaEntrega o premio: O director do instituto

2º.- Diego Rama Cordeiro. Traballo titulado: "Xulián Magariños: O recoñecido"Recibe diploma e un CD de música galegaEntrega o premio o Xefe do Departamento de galego

3º.- Paula Antelo Pais, Silvia Fajín Pérez e Silvia Viaño Fraga.Traballo titulado: "Pegada dun nicrariense na lingua e cultura galegas"Reciben diplomas e un CD de música galegaEntrega o premio o Coordinador de Normalización

PLÁSTICA:

1º Premio: Pablo Riveiro Forján por unha efixie de Xulián Magariños feita en pedra.Recibe diploma e cadea musicalEntrega o premio a directora xeral de cultura

2º Premio: Yolanda Núñez Mayo por un debuxo a lápiz de Xulián Magariños e a súa dona na súa ancianidade.Recibe diploma e 60 euros en librosEntrega: Representante da APA

3º Premio: Rubén Otero Ignacio por unha efixie en madeira de Xulián Magariños.Recibe diploma e 50 euros en librosEntrega o Sr Alcalde de Negreira

Como peche deste acto pregámoslle ao sr Alcalde en primeiro lugar que nos dirixa unhas verbasno nome do Concello que se fixo valedor da dedicatoria deste ano 2004 a Xulián Magariños.

Quixeramos tamén pedirlle á Sra Directora Xeral de Cultura que pechase este acto de entrega depremios non sen que nós lle agradezamos a ela e por extensión á Consellería de Cultura que nos acom-pañara neste evento e os obsequios que recibiron os primeiros premiados.

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:00 Página 8

Page 9: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

GGAAÑÑAADDOORREESS DDOO CCOONNCCUURRSSOO

9IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

Chámome Lara, teño quinceanos e vivo en Negreira. Nonme describo físicamente por-que isto é un conto, e polo tan-

to tedes que usa-la imaxinación. Esta-mos en xullo, e as clases xa remataron.Agora mesmo atópome estomballada naherba do parque, mirando o ceo, falandocos demais e pasando calor. Neste intreestamos: Xosé L., Rubén C., Anxo, Ru-bén F., Alberto, Carlos, Miguel, Xaime,Xabier, Susana(ainda que lle chamamosSue), Adrián, Loli, Roberto, María, Pabloe mais eu, evidentemente.

Pois ben, mentres estamos a falar,óese dicir a Loli:

-Boh, ¡que calor vai! ¿Que podemosfacer hoxe pola noite?

-Poderiamos ir á discoteca-Non é mala idea, pero se vai calor

fóra imaxínate dentro e bailando.-¿E se facemos un botellón no par-

que?-Si, pero se nos ve o sarxento novo

xa sabedes o que pasa-¡Merda! Logo, ¿que podemos facer?Durante uns intres estivemos a cavi-

lar, entón di Alberto:-Non sei se vos vai gustar a miña

idea-Ti dínola e dicímosche se nos gusta

ou non,-dixo Xaime-Vale, vale. Tranquilízate home que

xa cho digo agora. Ben, pois o que esti-ven pensando foi que poderiamos ir dur-mir ao monte que hai en fronte do insti-tuto. Xa sei que ides dicir que é unhaparvada e...

-¡Que va!-exclamou Xosé L. -Foder,pois si que é boa idea si. Pero dun díapara o outro non creo que me deixen irmeus pais, e ainda menos se é aomonte.

-Boh, pero poderiamos quedar para asemana que vén -dixo Pablo - pero detodos os xeitos ídelles preguntando aosvosos pais se podedes ir durmir "á casadun amigo".

-Pero, ¿que día imos?-Hoxe é martes, ¿non? Ben, o venres

saímos aquí, o sábado en Santa Com-ba...Mmmm ¿Que vos parece o próximomércores? Está no medio da semana enon nos poden berrar dicindo que sonmoitos días seguidos -suxeriu Adrián.

Como ninguén se opuxo, decidimosque o mércores sería o día.

Ás oito ou así marchamos para unbar que está cerca (non fomos a outroporque non nos apetecía camiñar)

Cando deron as dez, pedimos unsbocatas e xa ceamos alí. Xa co bandullocheo marchamos e fomos a outro bar,logo a outro, e outro...

Deron as dúas e media da madruga-da e marchamos para a casa. Chegueie, como era de esperar non había nin-guén, xa que meus pais foran de viaxe.Estaba soa na casa. Podía facer o quequixera... e o que fixen foi ir durmir por-que esta moi cansa.

O resto da semana pasou moi rápido.O domingo vimos a Adrián C.,a David, aDiego e a Luís e dixémoslles o nosoplan para o mércores xa que o día que ofalamos eles non estaban porque foranao cine.

Hoxe é martes e estamos arredordunha mesa de pedra que hai na pisci-na.Entón pregúntanos Luís:

-Ben, ¿que imos levar mañá á noite?-Un saco de durmir polo menos-E unha lanterna-¿Para que, se imos facer unha fo-

gueira?-Pero que non a prenda Lara porque

a ella gústalle moito queimar cousas eaínda imos quedar sen monte.

Ese comentario sobraba, contesteillea Miguel:

-¡A modo, ho! Iso que dixeches sobra-ba.

-Perdoa muller. Veña que che dou unbiquiño e esquecémolo todo.

-Boh, ¡vaite á merda!Entón eu escapei a correr e el veu

detrás miña. Todos se botaron a rir.De alí a pouco cansamos e paramos

de correr.-Ben, logo mañá levamos un saco,

unha lanterna, un chisqueiro ou dous pa-ra prender o lume e auga para apagalo-di Diego.

-Dádeme un euro cada un-dixo Anxo-¿E para que o queres?-Vós dádemo e pola noite xa o sabe-

redes.Cada un deulle o euro e ninguén sa-

bía para que eran os cartos.A noite do martes non puiden pegar

ollo por culpa dos nervios.Por fin é mércores. Ás cinco vímonos

todos no parque e estivemos alí facendoo de sempre. Sen embargo hoxe mar-chamos antes para a casa porque tiña-mos que preparar a mochila. Quedamosde vernos ás dez e media.

Cheguei á casa, preparei a mochilapero antes fun ao supermercado com-prar algo de comer para a noite (unhasbolsas de patacas)

Ducheime, vestinme e ceei. Xa eranas dez e cuarto cando saín da casa abuscar ás outras que xa me estabanagardando no portal da casa de Sue. Xatodas xuntas fomos ao encontro dos de-mais para irnos ao monte.

Percorremos un camiño estreito nocal, miraras onde miraras só vías árbo-

RELATO GGAÑADOR DDO CCONCURSO

“Volve Xulián Magariños”Por Lara Rey Rial

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:00 Página 9

Page 10: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

GGAAÑÑAADDOORREESS DDOO CCOONNCCUURRSSOO

10IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

res. Estivemos a andar máis ou menosdez minutos ata que chegamos a unhaleira . Alí era onde iamos durmir.

Puxemos as mochilas no chan e esti-ramos os sacos de durmir. Entón dixoAnxo:

-Aquí tedes o que merquei cos vososcartos.

E comezou a sacar cartóns de viño ebotellas de Cocacola.

Estivemos a beber ata que se nosacabou todo, máis ou menos ás catro emedia da mañá. Cando xa nos dispoñia-mos a durmir decateime dunhacousa:Adrián e Sue tiñan os seus sacosxuntos e separados do resto, Loli e Ro-berto tamén e o mesmo facían María ePablo. A verdade é que non me estrañouposto que andan xuntos e parécemenormal que se xunten para darse bicos.Eu, como non teño mozo, pois durmínco resto da tropa escoltada por Adrián C.á miña dereita e pola esquerda Xabier.

Cando abrín os ollos vin que o meubrazo rodeaba a Xabier: Supoño que opuxen mentres durmía.El xa estaba es-perto, entón díxenlle:

-Perdón por poñerche o brazo, nonme dei conta.

-Non pasa nada-¿Hai moito que estás esperto?-Uns dez minutos, máis ou menos-E se te querías erguer, ¿por que non

me levantaches o brazo?-Bo, e que non che quería espertar.-Oh, moitas grazas, pero a próxima

vez, se queres, quítaa-Logo, ¿vai haber unha próxima vez?-Por mín si. Pero se volvemos, non

podemos traer tanta bebida, porque ago-ra dóeme a cabeza.

-A mín tamén me doeAlgúns xa estaban espertos, ainda

que co sono, non se tiñan ben de péÁs doce e media estabamos todos en

pé. Recollemos nun intre as cousas emarchamos. Cando estabamos chegan-do á estrada dixo David:

-Eu pola tarde non saio, que vou bo-tar unha sesta

-Eu tamén vou durmir toda a tarde.

-¿Ninguén vai saír hoxe?-Non-Logo, ¿quedamos para mañá?-Vale, ás catro e mediaOs días pasaron e chegamos a agos-

to: Estabamos a falar no parque, candoRubén C. di:

-Onte contáronme unha historia -co-mezou a dicir- que fala do instituto e deXulián Magariños.

-¿Quen é Xulián Magariños?-Xulián Magariños naceu no 1904 en

Negreira. foi un avogado e escritor. es-cribiu "O filósofo de Tamarica" e "O Kali-vera 30 H.P." que son dúas novelas cur-tas. Ademais destes escribiu outros. Mo-rreu no ano 1934, aos trinta anos de ida-de.

-Ah, vale.-Dixéronme- continuou Rubén C. -

que cada 10 anos, no mes de agosto, odía catorce, a pantasma de Xulián Ma-gariños vaga polo instituto durante a noi-te.

-Pero, iso é o próximo mércores- dixoRubén F.

-Pois podiamos ir durmir ao monte -dixo Anxo- e entrar no instituto a ver seanda por aí o Xulián ese.

-¿O vindeiro mércores- di David- Esedía varios de nós non podemos ir postoque temos aquí cea do equipo. E aíndapor riba non é aquí que é en Santa Com-ba. Pero o resto vai igual e xa nos conta-redes.

Estaba decidido. O vindeiro mércoresimos ao instituto. Esa semana pasoumoi rápido. Cando me dei conta xa eramércores.

Ese día pola tarde fomos ver unhapelicula á casa de Roberto e ás oito emedia ou así fomos cada un á súa casaa buscar as cousas.

Nun principio quedamos en reunirnostodos ás dez e media, nembargantes ataas once non fomos para o monte porquetivemos que esperar a Miguel.

Estivemos ata as doce no monte e aesa hora decidimos ir para o instituto.Fomos entrando pouco a pouco mentrasque Anxo vixiaba por se viña a policía

por alí. Pero non veu.Xa con todos dentro decidimos sepa-

rarnos para buscar a Magariños. O pri-meiro grupo estaba composto por RubenC., Xosé L., Anxo, Rubén F. e Miguel. Nosegundo grupo estabamos, as tres pa-relliñas Xabier e mais eu.

O primeiro grupo foi cara á zona novado instituto e nós quedamos na vella.Estivemos os seis alí parados duranteuns dez minutos ata que decidimos ir aoximnasio. Alí non había ninguén: Logomiramos no salón de actos pero nada.

-É mellor que nos separemos- diAdrián- Eu vou con Sue, Roberto pode ircon Loli, Pablo con María e Xabier conLara.

-Vale, Loli e máis eu imos polo corre-dor dos seminarios, Lara e Xabier polocorredor de 3º da ESO, María e Pablopolo de Bacharelato e Sue mais Adriánpolo de 4º da ESO.

-¿A que hora e onde quedamos cosoutros?

-Quedamos aquí ás tres e media.-Ben, pois nós verémonos a esa hora

aquíTodos fomos para onde tiñamos que

ir , aínda que eu sabía que os demáisnon ían buscar a pantasma. Íanse bicar.

Como estaba dicindo, estabamos eue Xabier no corredor de 3º. Fomos á se-cretaría, pero alí non atopamos a nin-guén. Tampouco había ninguén na Con-serxería. Fomos de aula en aula buscan-do pero en ningunha atopamos nada. Sónos faltaba ir á Biblioteca pero encontrá-mola pechada. Entón dime Xabier:

-Creo que hai unha xanela que nonpecha. Podiamos ir por alí.

-Vale, pero para iso temos que saírfóra e entrar pola fiestra.

E así o fixemos. Non nos atopamoscon ninguén polos corredores. Candochegamos á xanela, que por suposto es-taba aberta, pareceume ver na Bibliote-ca un home, pero despois mirei ben enon había ninguén.

Atopámonos nunha Biblioteca gran-de, con moitos estantes cheos de libros;libros grandes, pequenos, anchos, es-

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:01 Página 10

Page 11: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

GGAAÑÑAADDOORREESS DDOO CCOONNCCUURRSSOO

11IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

treitos...Tamén hai varias mesas longascon cadeiras vellas. Buscamos e busca-mos, demos varias voltas por alí, peronada, alí non había ningunha pantasma.Entón veu Xabier xunto de min e dime:

-Aquí non hai ningunha pantasma.-Xa. ¿Que facemos agora?-Podiamos quedar aquí un pouquiño,

falando-Vale. Cóntame algo da túa vida,

¿que tal che vai?-Pois non teño nada que contar, que

mañá quero ir a Santiago ver unha pelí-cula pero aínda non sei cal.

-¿E con quen vas se non é moito pre-guntar?

-Por agora vou eu só; se queres vir...-Non sei: Ter teño ganas.-Pois ti pénsao e dismo mañá e xa

quedamosEstíveron un pouco calados. Xa era a

unha. Entón Xabier pregúntame:-Por certo, ¿que tal de mozos?-Mal, moi mal. Non ligo nada e non

me estraña. Só hai que verme.-Pois é raro que ti non ligues, es moi

riquiña.-¡Vaia! Pois moitas grazas.-Sorrinlle e

dinlle un bico na meixela. Entón el so-rriume. -¿E ti que tal de mozas?

-Estou igua ca ti; solteiro e sen com-promiso.

Estivemos a falar ata as dúas máis oumenos. Falamos de todo pero sobre to-do do que fixeramos cando eramos pe-quenos.

Volvemos a entrar para ao instituto ealí atopámonos acon Anxo. Estaba achorar e tiña a cara moi pálida. Entónveunos e di:

-Miguel... está... está morto!-¿O que? ¿Estarás de broma, non?-Non é ningunha broma. Estabamos

el e máis eu no ximnasio... e, eu fun aosbaños a ver se estaba alí a pantasmae... e... cando volvín vin unha cousagrande e branca. ¡Era un home! Levabaunha boina, un pantalón remendado eunha chaqueta vella. Entón o home víu-me e díxome: "Ti vas ser o seguinte", aoprincipio non sabía o que quería dicir,

pero cando mirei para o chan descubri-no. Alé estaba o corpo de Miguel, cosollos moi abertos e non se movía. Sentínalgo nos meus pés. Era... era o seu san-gue. Estaba moi asustado e escapei dealí e foi cando vos atopei a vós...

-Temos que saír de aquí- dixo Xabier-Pero antes hai que atopar ao de-

mais-díxenlle-Ben pois imos. Anxo, ¿vés con nós?-Eu non vou, marcho de aquíE marchou.Non o podía crer. Miguel morto. Mor-

to. Non fun capaza de chorar. Non solteinin unha bágoa.

Ben, pois iamos camiñando polo co-rredor do novo instituto para buscar osdemais. Fomos aos lavabos do piso su-perior. Eu tiña medo e collinlle a man aXabier. Alí non había ninguén. Entón di-me Xabier:

-¿Tes aí o móbil?-Teño-¿E ten cartos?-Por suposto-Pois podes chamar a Rubén F. e pre-

guntarlle onde están.E así o fixen. Chameino e escoitamos

esa música tan pegañenta que ten el nomóbil. Proviña da clase de Plástica queestá alí ao lado. O teléfono seguía a so-ar pero non o collía ninguén. Entón col-guei. Estabamos na porta e cando Xa-bier ía abrila vimos que xa estaba aber-ta. Empurrou e acabamos de abrila. En-tramos na aula e fomos ata diante. Xa-bier, que ía diante miña, parou en seco.Eu non sabía por que parara. Albisqueipor riba do seu ombreiro e vino. Era Ru-bén F. Alí estaba tirado no chan e cosollos pechados. Arredor hai moito san-gue. Fíxenlle unha pregunta a Xabier,ainda que estaba segura de saber a res-posta.

-Está... está morto?-Creo que si. Ímonos de aquí. Temos

que ir buscar ós demais.En canto saímos de alí vimos a Ro-

berto e a Loli.-Vimos a Anxo e díxonos que Miguel

está, está...-comezou a dicir tatexando

Loli. Víanselle os ollos cheos de bágoas.-Xa o sabemos- díxenlle eu- e Rubén

F. tamén. Está aí-¿Por que non marchamos de aquí?,

di RobertoNon debemos, temos que atopar os

demaisFomos os catro para o piso de abai-

xo. Entramos na aula de Tecnoloxía. Alínon había ninguén. Entón escoitamos unberro. Viña da aula de 1ºB. Fomos co-rrendo ata alí e vin a Alberto e a RubénC. Non podía ser. Algo moi grave estabaa pasar aquí e ninguén sabía o que era,ainda que todos estabamos pensando omismo: "Isto é obra de Xulián Magari-ños"

Saímos de alí e fomos á aula de mú-sica. Alí vímolo. Era Magariños. Estabasentado na mesa do profesor, mirandopara nós.

-¿Que é o que queres?- preguntoulleSue.

-Quérovos ver mortos-Pero, ¿por que? ¿Nós, que che fixe-

mos?-Molestarme. ¿Non me queriades ato-

par? Aquí me tedes. ¿Que me quere-des?

-...Nada-¿Por que te apareces neste institu-

to?-atrevinme a preguntar-Non sei... veño dar unha volta pola

miña vila. E tamén quería ver a homena-xe que me fixeron por ser o meu cente-nario.

-Pois xa o viches. Xa podes marchar.-¿Non te lembras do que dixen an-

tes? ¡Quérovos ver mortos!Entón apareceron Pablo e María na

porta. Ella berrou. Magariños comezou acamiñar lentamente cara a nós. Escapa-mos todos a correr.

Fomos ata o ximnasio, subimos polasescaleiras. Alí estaba, tirado nelas, XoséL. Tamén estaba morto. Non nos para-mos moito alí por medo a que Xulián noscollera. Cando chegamos á cafetería vi-mos a Anxo enriba da barra. Non se mo-vía. Entón nós fomos correr ata a fiestrapola que entraramos. Pero estaba pe-

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:01 Página 11

Page 12: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

GGAAÑÑAADDOORREESS DDOO CCOONNCCUURRSSOO

12IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

chada. De repente escoitamos unha ri-sotadas. Parecíanse moito ás de Miguel.Viñan do outro lado da barra. Fomos ca-miñando a modiño ata alí. E en efecto,alí estaba Miguel rindo. Non el só. Ta-mén estaban os outros todos que dixe-ran que tiñan cea do fútbol en SantaComba.Nestas miro para atrás e alí venXosé L. que viña andando cara á cafete-ría.

-¿Pero, vós non estabades nunhacea en Santa Comba? ¿E vós non esta-bades mortos? -preguntou Pablo

-Sí pero resucitamos - dixo Albertorindo.

-Non había ningunha cea-comezou a

adicir Adrián C. -o que pasa e que vosqueriamos gastar unha broma. E vexoque foi boa.

-Pois non tivo graza.-Para ti non pero para nós si.-¿E como conseguistes facer que pa-

recera Magariños?-Era un holograma, nada máis-¿E a súa voz?-Era eu. Facía co micrófono que hai

na aula de música- dixo David-¿Logo a lenda tampouco existe?-Non-¡Que cabróns sodes!Estivemos falando así un bo anaco

ata que Loli dixo:

-¿Podes facer que apareza outra vezXulián Magariños?

-¡Por suposto que podo! -di DiegoEntón, como por arte de maxia apare-

ceu ese home que viramos antes na au-la ade música. Despois diso marchamospara o monte. Esto non se me ía esque-cer na vida pero por se acaso apunteinotodo nun caderno. Cando era de noite etodos durmían, quedei pensando nunhacousa: O Xulián que fixeron eles tiña un-ha boina na cabeza pero o que vira euna Biblioteca estaba segura de que nona tiña. Entón fíxenme esta pregunta

¿Existe de verdade a pantasma deXulián Magariños? ¿A lenda é certa?

TRABALLO FEITO POR: Pablo Riveiro Forján de 2º ESO A

TRABALLO GGAÑADOR NNO AAPARTADO DDE DDEBUXO

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:01 Página 12

Page 13: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

13IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

EENNTTRREEVVIISSTTAA

1.- É a primeira vez que está ao cargo dadirección dun centro educativo?.

Non, estiven oito anos dirixindo o IES "FélixMuriel" de Rianxo.

2.- Por que decidiu asumir a direccióndeste instituto?.

Fun observando que o instituto necesitaba,desde o meu punto de vista, unha moderni-zación, non só dos medios informáticossenón de todo o contorno xeral, tamén deci-dín falar coa maioria do profesorado o quelle parecia se eu presentase un proxecto dedirección, pareceume que a acollida eraboa; tamén falei co equipo directivo saínte,as ideas que tiñan cara ao próximo curso,expuxen as miñas e parecéronlle ben. Ávista de todo isto e buscando xente que qui-xera formar parte do equipo directivo pre-sentei a miña candidatura a Dirección.

3.- Que tiña o Centro no que estivo que nonteña este?.

O centro de Rianxo ten case 900 alum-nos/as polo tanto e máis grande ca este,tamén ten dous edificios pero son dos ins-titutos pois teñen os dous case as mes-mas instalacións co que duplica todo tipode aulas(dúas salas de profesores, dúasaulas de música, un laboratorio de idio-mas,..etc), polo que respectaao profesora-do na actualidade son 80 profesores/as.4.-Que actividades están en marcha nestemomento?.

Imos diferenzar varios tipos de actividadespois dada a gran cantidade de activida-des,só citarei algunhas pois no taboleiroestán expostas todas, que se veñen desen-volvendo desde principios de curso (desdea miña opinión teremos que ir racionalizan-do algunhas sen menoscabo de desmotivaro persoal), a Vicedirección está a organizara excursión de 4º ESO, o Departamento deOrientación o programa de intercambiosculturais con outra autonomías, oDepartamento de música viaxe a Madrid,a

Xefatura de estudos está a solicitar un pro-xecto de formación no propio centro para oprofesorado relacionado ca informática,Normalización esta preparando a revista, oconcurso ENTRE NÓS, tamén esta funcio-nando un grupo de teatro, desde a AMPAcursiño de natación, informática..etc.

5.- Que proxectos ten en mente para levara cabo nun futuro?.

Imos falar só de algunhas a curto e a medioprazo: respecto a obras a curto prazo aampliación da conxerxería,o arranxo daaula de informática do 2º Ciclo ASI e unióna tráves dunha galería co Centro. o arranxoda calefacción, sobre todo no edificio novo,o cableado do centro para levar internet e arede do centro a todas as aulas, a renova-ción dos equipos informático das aulas deComercio, ASI e ESO e tamén das porteriase canastas do patio exterior, división deaulas grandes en pequenas dada a necesi-dade de espazos pequenos para departa-mentos e impartición de clases, o adecen-tamento exterior do Centro(xardinería)..etc.A longo prazo cambio doarameado exterior do patio, ampliación doCentro con outro aparcadoiro no terreocedido polo concello, o plan de autoprotec-ción do centro, etc.

6.- Despois do ocorrido, vaise suspender aliga de fútbol?.

En principio e debido ao pouco tempo quequeda só vaihaber a primeira volta, o queocorreu pasa todas as semanas nos camposde fútbol; é un problema de educación e nóstratamos de resolvelo no Centro intentandoque o alumnado que interveu no incidentesaiba através da sanción de arbitrar partidoso difícil que é nestes momento a realizacióndesa tarefa. Para o ano esperamos organi-zala doutra forma moito máis seria.

7.- Polo momento, está satisfeito coa res-posta que recibe por parte do alumnado,profesorado, pais e nais, etc.?.

En primeiro lugar quero expresar o meumaior agradecento a todos os sectores dacomunidade educativa polo trato que mederon desde o primeiro momento, a formade recibirme e a forma de entender o queeu quería por parte de todos e especial-mente do anterior equipo directivo que diri-xía Dn. Jaime López Otero; creo que cal-quera que chega a un lugar desexaría queo tratarán tan ben como a mín me trataron.Espero non defraudalos e aportar co meutraballo e do meu equipo directivo a boamarcha deste centro.

8.- Respecto ás pintadas que hai na paredeexterior do Centro, que pensa facer conelas?. Cabe a posibilidade de que haxa unespazo destinado a grafitis?.

En primeiro luar queería dicir que non meparecen estes os lugares máis axeitadospara a expresión artística, polo que tratareide acordo co Concello a posibilidade deque lle dediquen unhs lugares para estasexpresión artísticas. Polo que respecta á doCentro enviei a Patrimonio os papeis paraque fagan dacordo co seguro o adecenta-mento desa parede exterior.

9.- Que obxectivos desexa acadar duranteo período de tempo que estea ao mandodeste instituto?.

Hai un que e moi dífici e que seguramentesobrepasanos, pero tratarei de implicar amaior parte da comunidade educativa paraintentar poñer todas pezas na súa resolu-ción, que é o fracaso escolar. Tema comúna todas as organizacións e sindicatos edu-cativos, inflúen moitisimas variables e vere-mos se podemos facer un proxecto de con-trol de calidade.

Esta entrevistafoi realizadapolas alumnas:

Patricia Tuñas Gesto de 1º ESO C Cristina Negreira Barcia de 3º ESO A

ENTREVISTA

O noso director

Adelino Pose Reino

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:02 Página 13

Page 14: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

14IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

AA PPRRIIMMEEIIRRAA VVEEZZ NNOO ““IINNSSTTII””

A PRIMEIRAVEZ NO "INSTI"

C omo alumnas de 1º da ESO, ímosvos relatar como foi a nosa experiencia ao virmos por primeiravez ao I.E.S. Xulián Magariños.

Era o día da presentación. Cada unha de nós viñemos por separado. Estabamos moi nerviosas, poisamais de ser o primeiro día, non sabiamos en que clase nos ía tocar a cada unha, pero deu acasualidade que nos tocou ás tres xuntas.

No día seguinte de clase xa comezamos a falar unhas coas outras e co resto dos compañeiros. Esemesmo días tamén demos unhas cantas voltas polo "insti" para coñecelo mellor.

O terceiro día de clase xa coñeciamos todos os profesores que, por suposto, foron moi bos connosco.No tocante aos rapaces e ás rapazas de todo o instituto parecéronnos educados, fóra de uns cantos.

Mais relatemos os acontecementos máis destacados para nós: -Máis ou menos un mes despois deque comezara o "insti" houbo unha inundación nas aulas nosas, que están na parte máis fonda do centro.Enchéronse de auga as de 1º A e B, o taller de Tecnoloxía, o almacén, a aula de Música, o ximnasio eresto das dependencias. Isto fixo que se interromperan as clases ou que se deran en moi malascondicións.

En novembro houbo un campionato de brilé no que competiron os de Primeiro Curso entre sí e os deSegundo igual. O grupo gañador de Primeiro foi 1º A.

No mes de decembro todos os alumnos da ESO e da ESPO participaron nun concurso sobre a figurade Xulián Magariños, pois coincidía co centenario do seu nacemento. Participaron moitos alumnos emoitas alumnas tratando de recrear unha historia sobre as cousas que viviu o personaxe.

Agora xa nos adaptamos e xa coñecemos a caso todos os rapaces e rapazas, de vista cando menos.

Yomara Carril PaisEstefanía Jiménez ParraVerónica Suárez Baña

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:02 Página 14

Page 15: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

15IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

CCAAMMPPIIOONNAATTOOSS EESSCCOOLLAARREESS

CampionatosEscolares

-. Cantos anos hai que se crearon estescampionatos?

Oito anos máis ou menos

-. Quen foron os que os crearon?O departamento de E. Física

-. Con que finalidade se fan estescampionatos?

Darlle os alumnos e alumnas aoportunidade de practicar máis horas undeporte.

-. Está contento cos resultados queobteñen con eles?

Sí, porque os rapaces xogan norecreo ós distintos deportes que se practicannos campionatos.

-. Cre que os alumnos se entregan a fondopara gañar?

A participación é masiva e tódolosparticipantes queren gañar.

Moitas grazas pola atención prestada

ENTREVISTA

X a vén sendo habitual no IES XULIAN MAGARIÑOS que nos recreos se fagan campionatos ondeparticipan os alumnos de 1º ata 4º da Eso.

Nestes campionatos organizados polo departamento de Educación Física, os profesores destamateria Juan José Pazos e Horacio Medina intentan saber como lles serviron aos alumnos as súas clasesensinandolles a practicar distintos deportes como brilé, Voleibol, Baloncesto ou un balonmán algo peculiarpara os alumnos de 1º da Eso. Estes campionatos son vistos por moitos alumnos do centro e serven paraanimar os seus compañeiros de clases, amigos, familiares etc.

O pasado ano só xogaron 1º e 2º e os resultados foron:

Deporte Brilé Volei/ Balonman Baloncesto/ VoleiGañador 1º Empate a 3 1º A Empate a 3Gañador 2º 2º C 2º C 2º D

Este ano vai estar de novo igualado, vexamos quen gaña!!!.

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:02 Página 15

Page 16: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

16IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

CCAAMMPPIIOONNAATTOOSS EESSCCOOLLAARREESS

ENTREVISTA

X a vén sendo habitual en todos os cursos no IES XULIAN MAGARIÑOS que un grupo dos alum nos docentro organicen este campionato. Nel participan moitos dos alumnos do centro que se divirten e intentan ga-ñar un dos catro trofeos e algúns dos cartos que a veces se lles conceden aos catro primeiros clasificadosdeste campionato.

O campionato pode estar constituido polos equipos que desexen apuntarse; primeiro farase unha liga (a dobrepartido) e despois os oito primeiros clasificaranse para as eliminatorias (tamén a dobre partido) e despois destas osdous "mellores" clasificaránse para a gran final do campionato (que será a partido único) e o que gañe será o mellorequipo de alumnos do ano.

O ano pasado os campións foron os compoñentes do equipo "Baña Team" que se impuxeron ao equipo "PornoStars" nunha disputada final.

Un dos equipos revelación foron os "Destripadores" equipo de alumnos de tan só de 1º da ESO que partido traspartido foron gañandolle a equipos e pasando eliminatorias asta chegar ás semifinais onde foron derrotados (4-3) porun dos equipos favoritos.

Desde aquí eu anímovos a que

P A R T I C I P E D E S

-. ¿Que foi o que animou ao teu equipo aparticipar neste campionato?

Gañar

-. ¿É esta a túa primeira participación nestecampionato ou xa participastes máis veces?

Participeí máis veces d

-. ¿Se participaches no campionato datemporada pasada en que posición quedousituado o teu equipo?

Cuarto

-. ¿Por que te apuntaches ao campionato, paradivertirte ou para gañar?

Para gañar.

-. ¿Animarías aos rapaces e ás rapazas doinstituto a participar na edición do ano queven?

Si, porque é divertido

Moitas Grazas

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:03 Página 16

Page 17: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

17IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

CCAANNGGUURROO MMAATTEEMMÁÁTTIICCOO

CanguroMatemático

E ste é un concurso de Matemáticas que patrocina "Canguro Matemático" de Valladolid, no queparticipan milleiros de rapaces e rapazas de toda España que compiten por ser uns grandes espe-cialistas na resolución de problemas Matemáticos.

Todos os que participan levarán un pequeño agasallo, pero se ademais un centro compite con máis dequince alumnos\asTerán un premio seguro.

Este concurso consiste en responder trinta problemas de matemáticas tipo test; As preguntas da1 a 10 contarán 3 puntos, da 11a 20 contarán 4 puntos e de 20 a 30, 5 puntos; pero non todo é puntuar,cada pregunta que falles contará a cuarta parte da pregunta. Esta variaría segundo a pregunta que con-testaras.

Hai varios niveis segundo o curso no que estea o rapaz ou rapaza participante.Eu vai ser a segunda vez que participe, pois xa o fixen o ano pasado, creo que o meu traballo foi

bastante bo, pero intentarei facelo mellor ainda esta vez.Este concurso é moi bó para prácticar matemáticas e despois ter un moi bo nivel no colexio ou

no instituto.

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:03 Página 17

Page 18: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

18IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

VVAARRIIOOSS

Odía 14 de Febreiro, foi un día internacional emoi popular, e moito máis no I.E.S. Xulián Ma-gariños de Negreira, pois realizouse unha acti-

vidade para que os namorados deste centro, ou os quequerían declarar o seu amor, o fixesen.

O equipo de Normalización Lingüística puxo unhaCAIXA DO CORREO fronte á conserxería, a chamada"CAIXA DO CORREO do Amor", onde todos os alum-nos e alumnas pousaron unha parte dos seus senti-mentos.

Algúns aproveitaron para burlarse doutros, aíndaque, unha grande maioría foi para expresar os seussentimentos. Á parte, hai que destacar que non só os

alumnos e alumnas recibiron cartas, porque taménhoubo profesores que ían recibilas, aínda que, a maio-ría destas foron confiscadas, e só unha foi enviada. Di-ta carta, ía dirixida ao profesor Juan Casado, de latín,e foi enviada polos seus alumnos para expresarlle oseu agradecemento por ser como é, tanto como profe-sor como por amigo.

Ben, esperemos que o vindeiro ano se volva reali-zar esta actividade.

Redactores: Sheila Suárez e Rubén Sánchez.Colaboradores: Vanessa Antelo e Verónica Rial. CAIXA DO CORREO DOS NAMORADOS

A Caixado correo dos

Odía 26 de Novembro oseñor vicedirector propuxo facer

unha actividade na que participaran todos.Os alumnos de 4ª E.S.O., axudaron a poñer as

grellas, para asar as castañas, e puxeron a música; algúnsprofesores como Juan José Pazos organizaron xogos para

participar todos, mentres que os demais axudaron activamente naorganización das ditas actividades.

A metade das castañas apareceron ciscadas polo chan, e non foiporque estiveran malas, senón porque os alumnos divertíronsexogando á " guerra de castañas".

Pero todo acabou ben e foi moi divertido, e con moito gustoesperamos que sexa realizada no vindeiro curso.

Redactado por: Rubén Sánchez.

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:03 Página 18

Page 19: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

AANNTTRROOIIDDOO

19IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

Venres, 4 de Febreiro 10: 25 a.m.

Estamos no primeiro recreo e por todo o instituto Xu-lián Magariños esténdese un incesante econtaxioso rebumbio. Os alumnos nonqueren, ou tal vez non poden, es-perar ata a cuarta clase, horaoficial do comezo dos carna-vais, para luciren os seusorixinais, ou nalgúns ca-sos, estrambóticos dis-fraces. O bo rollo respí-rase no ambiente e con-taxia a todos os que nosatopamos neste momen-to polos corredores.

O concurso gastronómi-co xa empezou, polo que moi-tos dos alumnos se atopan con-centrados diante do salón de actos,lugar no que se está a levar a cabo o ditoconcurso, á espera de que os xuíces proben ossuculentos manxares, típicos dos carnavais, que os alumnoscon máis maña para a cociña trouxeron para probar sorte.

Venres 4 de Febreiro 11: 35 a.m.A FESTA ESTÁ A COMEZAR!

Xa chegou a cuarta hora e todos os alumnosse concentran no recibidor do instituto á

espera de que por fin comece o desfi-le. E, entre risos, chanzas e diver-

sión, parte do profesorado e doalumnado ensinan con orgullo

os seus disfraces, que vandende os máis sinxelos ataalgúns moi elaborados.

Venres 4 de Febreiro12: 25 a.m.

Comeza o desfile no Salónde actos. Non pasan nin quince

minutos dende que se abren as por-tas, e o lugar xa está a máis non poder.

A expectación aumenta a cada segundo econ ela os berros dos demais alumnos, que se ato-

pan á espera de ver desfilar os seus compañeiros. Despoisdun tempo de comprobacións e últimos retoques, aparecen

CCCC AAAA RRRR NNNN AAAA VVVVAAAA IIII SSSS ,,,, CCCC AAAA RRRR NNNN AAAA VVVVAAAA IIII SSSS .... .... ....

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:04 Página 19

Page 20: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

AANNTTRROOIIDDOO

20

pola porta os primeiros participantes do concurso de compar-sas: 1º ESO A, disfrazados de pierrots, seguidos dosalumnos de 1º ESO B, cuns disfraces de te-merarios dragóns, e pechando o grupodos cursos de 1º , os alumnado de 1ºESO C, disfrazados de brasileiras.Tamén participan algúns alum-nos de 2º ESO A, os cales,xunto con Anxos ( profresorade inglés) visten uns disfra-ces con fondo negro e ador-nados unicamente coasbandeiras dos países daUnión Europea.

Minutos despois comezaa segunda parte do desfile:o concurso de disfraces indi-vidual. Del hai que destacarque se presentan moitas per-soas, como: parte dos membrosdo goberno que acuden acompa-ñados dunhas coquetas mulleronas,unha bela princesa e o seu príncipe, eunhas vellas un tanto tolas pero moi ben con-servadas, que son capaces de facer bailar ata os

membros do xurado, formado por: Chus Martelo (profesorade francés), Begoña (orientadora), Sofia (profesora de

tecnoloxía) e por Kety (profesora de Música). Aeste mesmo concurso tamén se presentan

algúns dos profesores disfrazados, querealizan un divertido espectáculo

con baile incluido, unha superes-trela, moi estrelada, e os seus

gardacostas, tamén con can-ción e baile, un iogur... E paraamenizar aínda máis a festa,tamén contamos coa actua-ción de sete alumnas de 2ºESO, que realizan un mar-choso baile cun dos últimoséxitos da cantante Natalia, e

cunha actuación musical endirecto de gaita, acompañada

por un bombo e unha pandeire-ta, tocada por unha pandereiteira

moi peculiar, nada máis e nada me-nos que, a profesora de francés: Chus

Martelo. Con esta actuación remata o fes-tival, pero de seguro que a moitos lles gustaría

que o instituto fose así de divertido todos os días.

COMPARSAS:

1º ESO C- Brasileiras - Viaxe

DISFRACES INDIVIDUAIS:

1º premio: María Isabel e os seus gardacostas

2º premio: Membros do goberno3º premio: Vellas4º premio: O Iogur

GASTRONOMÍA:

1º premio: José Luís2º premio: Jessica Campo3º premio: Marta País, Noelia

Cancela e Laura Dopazo.

Escrito por: Evelyn Fernández Torreira

PREM

IOS

IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:04 Página 20

Page 21: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

AASS NNOOSSAASS AALLDDEEAASS

21

nha das zonas máis destacadas do noso contorno é sen lugar a dúbidas a de Pontemaceira lugar no que, río por medio, conflúen

arredor dunha ponte románica e unha présa dúas aldeaspertencentes aos Concellos de Ames e de Negreira. A cada beirahai moi fermosos edificios, casas de labregos, un muíño dos demaquía e dous na outra beira dos chamados comunais. Unpazo singular na súa estrutura que ocupa ó longo do ríoTambre unha franxa moi destacada.

Unha capela adicada a S. Blas remata o conxuntoarredor da ponte. Pero non soamente son destacables estasgrandes grandes construcións senón os detalles que fanpararse ao visitante na fermosura dos escudos, no detalle dasentradas para as abellas, nas paredes das casas, un cruceirofeito por mans dun canteiro a quen recordan con cariño os seusparentes que aínda viven alí. A fermosura da pedra, traballada co maiordos mimos, para dar a idea dun conxunto cheo de fermosura eromanticismo. Pero non somentes o contorno da ponte é destacable,senón que a parroquia na que está inmersa atesoura pombais,lavadoiros, casas e unha moi fermosa igrexa parroquial cheade restos dunha arquitectura e beleza a quen as reformas earranxos lle roubaron boa parte da súa beleza; porén,aínda se ergue maxestuosa e acolledora para todos osveciños. O seu contorno, léase reitoral, está abandoadopolo desinterese que veñen sufrindo case todas estascasas- vivenda dos párrocos pero que conserva as árboresfroiteiras, flores e adornos que algún día foron admiracióndos parroquianos.

Portor, que así se chama a parroquia da que falamos recóllesenun núcleo principal sito arredor da igrexa, pero que se completa coaszonas de Piñeiro, Saleiróns, Rebordáns ou Fontemirón.

Paga a pena dar unha voltiña polo extremo do leste de Negreira e unpouquiño de Ames.

aldeasaldeasAs nosas

U

IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:05 Página 21

Page 22: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

TTRRAABBAALLLLOOSS DDOOSS AALLUUMMNNOOSS DDEE AAPPOOIIOO

22IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

Estes debuxos foron realizados polos alumnos que asisten ás clases de Apoio como parte do seulabor escolar. Os que decidiron participar foron son alumnos de 2º e 1º da ESO.

¡¡¡ FELICITACIÓNS !!!

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:06 Página 22

Page 23: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

EENNTTRREE NNÓÓSS EENN GGAALLEEGGOO

23IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

Pouco a pouco todo se vai marchando,paseniñamente todo se vai acabando,quedando tan só o recordo dalgún tempo pasado.

Pero, co tempo,tamén o recordo desaparece, porque este aparece con cada mortee desaparece con cada morto.

E ano a ano irante abandonandoe día a día estarás recotrdando,mentres vai chegando o teu momento,o momento dee desaparecer co teu recordo.

Pero ata entón, seguirás chorando,chorarás por cada desaparecido,chorarás con cada recordo,

chorarás por cada morto.

E así que seguirás crendoque inda que chamen vida a todo isto,para ti é tan só un longo camiñoata a morte do corpo e do recordo.

Todos choraráno meu esvaecer,todos me esquecerán ao eu esvaecer

AUTOR: Christian Santos Souto

POEMA SSELECCIONADO PPARA OO CCONCURSO DDESTE AANO 22005

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:06 Página 23

Page 24: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

EENNTTRREE NNÓÓSS EENN GGAALLEEGGOO

24IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

SEGUNDO PPREMIO DDE PPOEMAS

A miúdo cuestiónomeo verdadeiro significado do amor,sen encontrar resposta.Día tras día penso niso

Quizais estea perdendo o tempopero seguirei loitandoporque a pantasma do amornon me abandonou hoxe e presintoque non o fará mañá.

Sempre te esperarei, teno presente,nunca te olvidarei. Esperarei por tipara darche o que merecespara poder sentir os teus beizose fundirme nos teus brzazos.

Ser túa e despertar ao mencer ao teu carón,sentir o teu alento esaber que por finestou contigo e que es meu.

Estarei contigoata que un día a morte nos separe para sempre,e será entoncescando os nosos dous torrentesse unan e formen xuntos un gran ríode amor e paixón sen límites.

AUTOR: Ana Illodo Quintáns

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:07 Página 24

Page 25: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

SSEELLEECCCCIIÓÓNNSS CCOONNCCUURRSSOO

25IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

RELATO SSELECCIONADO PPARA OO CCONCURSO

¿Onde choverás agora?Por Alejandro Antelo Pérez

Ás veces como esta tarde, os ci-garros consomen os segundose o fume é como o tempo, quese esfuma envolto nas cabrio-

las das labras do tabaco. Entón a noitevaise achegando ao ritmo en que se en-che o cinceiro de colillas e o cuarto deescuridade e silencio. Un silencio quese presta a deixar escoitar os pensa-mentos, e o cerebro con pasmosa facili-dade comeza a enxendrar visións coasque sentirse máis feliz. A felicidade, se-gún o dicionario, ben a ser "estado deánimo de quen está plenamente satisfei-to. Dita, ledicia". Definición coa que nonestou de acordo xa que eu estou "plena-mente satisfeito" e non son feliz. Deberí-ase definir como ilusión provocada poloencéfalo en mentes susceptibles; dexeito que para algunhas persoas, ser fe-liz consiste nunha obsesión. Este non éo meu caso xa que eu non creo nin enfadas, nin en meigas nin no destino ninen ningunha desas parvadas. Destasparvadas que fan reacionar a xente deforma estúpida, e ata me atrevería a di-cir de forma cómica sen ter graza e senperder a seriedade.

Tamén ás veces nesta tarde, o ceogris non quere alegrarse e a choivaameaza sinuosa con encher de bágoasos cristais facéndoos cada vez máistrnslúcidos. Penso e río, río por nonchorar, porque me parece paradóxicoque alguén estea tan só na cidade comome sinto eu, estando rodeado de millei-ros de persoas; soidade que me fai cho-rar e sentir mal. Sentir como se o cora-zón me apretase no peito, e dóeme.

Unha dor que non se pode curar conmedicamentos nen cartos. Non sei, euson así.

A tarde deu paso á noite e con ela á

escuridade e á luz artificial. Unha luzque daba lugar a sinuosas e entretidassombras que se reflicten nunha paredede cor descoñecida.

Vou baixar ao bar que esta noite haifútbol. Se vos hei de ser sincero detestoo fútbol porque me parece un deporteabsurdo ata certo punto, xa que ningúndeporte, polo feito de ser chamado de-porte, é desprezable. Pero calquera cou-sa con tal de non estar só; aínda que se-xa en corpo que xa é algo. Apaguei asluces, pechei a porta e saín ás escalei-ras e á rúa. Ía frío e apenas había xente,namais que uns adolescentes pululandocoma lucernas polas beirarrúas.

O bar quedaba nunha antiga casa,que constituía o centro da cidade. Eraun bar lúgubre pero tranquilo. De todasas veces que fora alí nunca houbera un-ha liorta. Entrei e unha afable e recon-fortable calor fíxome sacar o abrigo e to-mar asento.

Pedín unha cervexa e sentei nunhamesa sita no curruncho que só contabacon dúas cadeiras: unha para mín e ou-tra para a soidade: fiel compañeira.

Só un dos tubiños fluorescentes fun-cionaba. Pestenexaba de forma intermi-tente: agora sí, agora non, agora sí,agora non,...E así pasei un bo anaco ataque o camareiro me interrompeu anun-ciándome a chegada da cervexa.Xa fal-taba algo menos de cinco minutos paraque comenzara o partido e iso notábaseporque de súpeto o bar encheuse deenergúmenos con todo tipo de abaloriosfutbolísticos e incluso algún racista. Po-las cores das camisetas que levaban,uns laranxa e outros con raias azuis,violetas e brancas debía de ser o Valla-dolid - Valencia. O partido deu comenzoe con el os insultos e xestos dirixidos aoenorme monitor de televisión que alí seatopaba. Eu, dende o meu currunchopasaba desapercibido e contemplaba oabsurdo televisor. Non sei se foi a at-mosfera que alí se rspiraba ou o que foi,pero quedei embobado sen pensar, sensentir. Só miraba algo que non producíaningún efecto sobre min.

Por un momento en moito tempo,anos diría eu, sentíame ben, a gusto,como se me sacaran un gran peso deenriba. A miña paz e harmonía interiorque desa forma tan inesperada fora ob-tida arrebatóuma un ensordecedor ¡GO-OOL! Que soou coma un trono que es-toupa no medio da noite e fíxome caerde bruces na arrepiante ralidade. Unharealidade que me aterrou por momen-tos. Odiábaos por facer iso pero deca-teime de que unha muller se dirixía caraa miña mesa, a única na que quedabaun asento baleiro ou ocupado polo aire.A muller estaba toda mollada e levabaun traxe azul similar aos que usaban asmatroas romanas.

-Perdoa, ¿está ocupado?-Non, podes sentar se queres

“Por un momento enmoito tempo, anos diría

eu, sentíame ben, agusto, como se mesacaran un gran peso de enriba

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:07 Página 25

Page 26: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

SSEELLEECCCCIIÓÓNNSS CCOONNCCUURRSSOO

26IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

Era unha muller triste pero fermosa.-Camareiro, se fai o favor, tráeme un

café só, grazas-Un día triste, ¿non?-Sí pero a mín a auga faime sentir vi-

va.-¿Como ás prantas?-Máis ou menos, pero non te rías por-

que unha vez escoitei unha historia so-bre unha xente que está feita de auga.Susténtase dela facéndose máis forteen días coma o de hoxe. É xente quenunca chora, pois as súas bágoas soncomo anaquiños deles que escapandesfacéndoos por dentro ata case face-los desaparecer. Ás veces penso queson coma eles.

-¿E son augas tranquilas?

-Son augas azuis e salgadas comoas do mar, e como estas son impredeci-bles

-É unha fermosa historia; por certo,¿como te chamas?

-MariñaO meu sorriso de dúbida contaxióu-

selle-De verdade, ¿e ti?-Miguelanxo, algo menos poético.

E así falamos e falamos e olvidéi-me da soidade, do tempo, da vida, detodo. O bar pechou e saímos para fóraonde xa parara de chover. Estaba algopálida e parecía cansada. Convideinaao meu piso e aceptou. Ao chegar alí euofrecinlle unha infusión. Ella pedíume irao baño e a resposta foi evidente.

Eu estaba a poñer a auga a fervernun cazo cando un chapoteo inundou osmeus oídos. Apresureime en ir ver se lleacontecera algo a Mariña, abrín a portado baño e... alí non había nada máisque un vestido azul enchoupado ó ladoda pileta. Non reaccionei. Fun para ocuarto e metinme na cama. Durmín e amañá seguinte foi unha desas mañás enque un sol radiactivo abrásache as pupi-las. Doíame a cabeza e estaba confuso.

Dende ese día non choro e levo xatempo intentando averiguar se aquilo foiun soño ou non.

Pero dáme igual, o único que me pre-gunto é...

¿ONDE CHOVERÁS AGORA?

COLABORACIÓNS DDE CCOMPAÑEIROS

HISTORIA DE MEDO

Estaba de campamento e propúxenlle ás miñas amigas reunirnos nunha tenda e contar historias de medo.Puxémos os pixamas e comenzamos a contalas. Ao pouco tempo decidimos que era hora de durmir. Amiña amiga e mais eu metémonos na mesma cama porque tiñamos medo. Non podiamos durmir, a miña

amiga levantouse para ir ao baño e tardou bastante en voltar. Alguén debeu deixar a billa aberta porqueescoitábase caer auga ao chan. Levanteime coa idea de pechar a billa. Entrei no baño, abrín a porta da ducha edescubrín a miña amiga colgada da ducha. ¿O que pingaba era o seu sangue esvarando do pescozo ao chan!Entón, ¿quen era a que estaba metida na cama comigo?

¿Que lle di unha chancleta a outra?¡Que vida tan arrastrada levamos!

-Querida, cando morra, ¿chorarasme?-Claro, queridiño, xa sabes que eu choro por calquera cousa.

CHISTES Unha profesora dille a unalumno: -Dime dous pronomes

-¿Quen, eu?-Moi ben, aprobado

Era un home tan baixiño,tan baixiño, que ía todos os días

á fronteira para que a policía lle dixera "¡Alto!"

Un neno vai coa súa avoa de paseo.O neno encontra un caramelo na beirarrúa,

agáchase e cólleo. A avoa dille.-As cousas do chan non se collen!Un pouco máis adiante a avoa esvara e cae e dille ao neto:

-¡Axúdame, axúdame, axúdame1O neno, moi serio, contesta

-¡As cousas do chan non se collen!

Alumnos de 1º de ESO

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:07 Página 26

Page 27: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

CCOOLLAABBOORRAACCIIÓÓNNSS DDEE CCOOMMPPAAÑÑEEIIRROOSS

27IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

Omestre da miña aldeaestaba tolo. Eso era oque dicía él ainda que eu

nunca vin home máis cordoNon lle gustaba ir á misa, pe-

ro levaba os seus rapaces ó Se-minario. Nunca contaba que ti-ñan boas notas, él dicía: "Sabenmuito" Deste xeito tivo no seuhaber, por suposto curas, perotamén graqndes cadeirádegos ecando por necesidade algúns ti-veron que emigrar, foron gran-

des homes de negocios.Nunha das veces que foi á

misa, obviamente, oficiaronos seus rapaces, con talemoción coma se esperasenque o seu mestre se erguerado ataúde e nos dixese a to-dos que eles "sabían muito"

Moitas grazas mestres, avostedes que cren nos seusrapaces, que cren que vanter un bó traballo pero sem-pre si "saben muito"

O Mestre da miña aldea

¿Por qué se en-furecen candoa alguén lle

morde un can?Porque esopasoulle á maior parte dosnenos domeu tempo.

A min mordéume Pistóncando voltaba da escola.Ël era o ben amado candunha xente da miña al-dea. A casa deles tiña ocuarto a ras da eira e élmordíume cando baixabaas escaleira correndo.

Mordíalle ó último se nonentrabamos na cociña aver á xente da casa.

Pistón morreu de vellocando eu xa non era unhanena. A súa morte nonocorreu na súa casa se-non no pallal de outros daaldea. Talvez tiña medo deencher de tristura ós seusa quen tanto quixera. Can-do se enteraron foron abuscalo e descansou parasempre na súa eira.

PISTÓN

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:08 Página 27

Page 28: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

OOSS NNOOSSOOSS DDEEBBUUXXAANNTTEESS

28IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:08 Página 28

Page 29: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

OOSS NNOOSSOOSS DDEEBBUUXXAANNTTEESS

29IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:09 Página 29

Page 30: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

PPOOEESSÍÍAA

30IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

Nunha noite estreladachea de esplendorhabía unha lúa radiantedentro do meu corazón

Conteille as miñas penasinquedanzas e dorfaleille dos meus amoresE do tempo que pasou.

Ollei arredor de mine pareceume verun ceo cheo de estrelasPara ti que quero ben.

Amores tan ben queridoscomo dores que se vandesexos desatendidosAmantes que fuxirán

Quixera verte de novoe namorarme de timáis os amores pasadosnon se deben repetir.

Amores que leva o ventoatardeceres que perdínsentindo os teus desexosque xamais comprendín

Dime lúa queridaque pasa no corazóndos amantes que se olvidando amor que se esgotou.

2º C-B

falar coa lúafalar coa lúa

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:09 Página 30

Page 31: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

OO MMEESS DDAASS LLEETTRRAASS GGAALLEEGGAASS

31IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

A SÚA VIDA

Xesús Lorenzo Varela Vázquez, fillo deemigrantes orixinarios de Lugo, naceu nunbarco que entraba no porto da Habana un10 de agosto de 1916.

Ó pouco é traído a Lugo e participa xun-to con Ramón Piñeiro na fundación da Fe-deración de Mocidades Galeguistas, orga-nización xuvenil vinculada ao Partido Gale-guista. En 1934 marcha a Madrid a estudarFilosofía e Letras, contactando con outrosescritores galegos, como Rafael Dieste eOtero Espasandín. Participa nas MisiónsPedagóxicas, un proxecto de dinamizacióncultural dentro das reformas educativas daII República: créase un teatro de guiñol, fanse audicións musi-cais, proxeccións cinematográficas, exposicións,... Este laborinterrómpese en 1936 polo comezo da guerra.

Durante a Guerra Civil Durante a Guerra Civil realiza unhaintensa actividade cultural ao servizo da causa republicana,destacando a súa colaboración coas revistas republicanasHora de España e El Mono Azul. Participa nos volumes colec-tivos Poetas en la España leal (Valencia, 1937) e Homenajede despedida a las Brigadas Internacionales(1938), con Antonio Machado, Rafael Alberti, LuisCernuda e Pablo Neruda, entre outros.

Perdida a guerra, marcha a México, fundando ecodirixindo a revista Romance. Tamén colaboracoa revista Taller. Publica o libro Elegías españo-las (1940) con deseños do pintor Miguel Prieto,morto no exilio.

En 1941 instálase en Bos Aires, entrando encontacto co círculo de exiliados galegos: Luís Seo-ane, Arturo Cuadrado, Rafael Dieste. Publica Torres de Amor(1942) con ilustracións de Seoane.

Cofunda a revista literaria De mar a mare posteriormente xunto con Arturo Cuadra-do e Luís Seoane crea e dirixe a revistaquincenal Correo Literario, na que saca áluz sete poemas en castelán e moitos arti-gos sobre temas artísticos.

O seu primeiro libro en galego é Catropoemas pra catro gravados (1944). Estespoemas acompañaban as xilografías deSeoane no álbum María Pita e tres retratosmedievais. Este libro será reeditado en1951, acrecentado coa partitura musical domadrileño Julian Bautista e cunha traduciónao inglés de William Shand.

Posteriormente, en 1954, publica Lonxe,segundo libro de poemas en galego. Reali-za unha abondosa actividade como xorna-

lista: críticas de arte, colaboracións en prensa e radio, editapoemas en castelán para carpetas de Seoane, monografía,ensaios, ...

Volta a Galiza no ano 1977 e afíncase en Madrid, onde mo-rre en 1978. Os seus restos foron trasladados a Monterrosoen 1981.

A LITERATURA GALEGA NO EXILIO

Co trunfo en 1939 do levantamento militar con-tra o goberno da República várrese un proceso derecuperación da nosa identidade iniciado anosatrás. Fusiladas importantes figuras do galeguismo(Alexandre Bóveda, Ánxel Casal,...), clausurada aeditorial Nós e o Seminario de Estudos Galegosimpediuse o desenvolvemento da nosa cultura.

A maioría dos combatentes e intelectuais repu-blicanos (entre eles Lorenzo Varela) marchan a

América. Na Arxentina, o galeguismo no exilio ten como prin-cipal figura a Castelao, manténdose unha intensa actividade

O mes dasLetras GalegasLetras GalegasXesús Lorenzo Varela Vázquez

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:10 Página 31

Page 32: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

OO MMEESS DDAASS LLEETTRRAASS GGAALLEEGGAASS

32IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

política e, sobre todo, cultural. México é outro grande foco doexilio galego, destacando o labor de Luís Soto. Un grupo deexiliados menos numeroso, formado principal-mente por profesores universitarios, instálase enEEUU.

Os exiliados, xunto cos emigrados anteriormen-te, levaron a cabo un importante labor de preserva-ción da nosa cultura, que non se podía desen-volver en Galiza.

Reedítanse os grandes escritores (Rosa-lía, Curros,... antoloxías medievais, litera-tura popular), tradúcese do francés e in-glés, créanse editoriais, coleccións litera-rias e revistas, fúndanse compañías de te-atro galego, etc.

Entre os personaxes máis sobranceirosno exilio podemos citar os seguintes:

Castelao. Político, escritor, pintor e debuxante re-

aliza unha intensa actividade cultural. Es-trea a peza teatral Os vellos non deben na-morarse, publica Sempre en Galiza, obra transcendental nopensamento político galego, e un estudo sobre a arte dos cru-ceiros, As cruces de pedra na Galiza.

Luís Seoane.Fillo de emigrantes galegos, naceu en Bos Aires. Debuxan-

te e poeta, destacan as súas obras Fardel de eisilado, Na bré-tema, Sant-Iago e As cicatrices.

Eduardo Blanco-Amor. Renovador da narrativa e literatura dramática publica en

1959 a súa novela A Esmorga. Escribe e repre-senta Farsas para títeres. En poesía tiña publi-cado Poema en catro tempos e Cancioneiro.

Xosé Neira Vilas. Publica en 1961 Memorias dun neno labre-

go.

Rafael Dieste. Músico e xornalista revisa e reedita A fiestra

valdeira, publicado por vez primeira con oitocontos ós que foi engadíndolle pezas ata che-gar ás 20.

A POESÍA DE LORENZO VARELA

Varela forma parte da chamada Xeración do 36 da que for-man parte, entre outros, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Fe-

rreiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Xosé MaDíaz Castro, Luís Se-oane, Xosé María Castroviejo, Xosé María Álvarez Blazquez,

etc. É a primeira xeración da posguerra, a dos universita-rios da República que sofren a guerra cando comezan

as súas actividades literarias e políticas. Lorenzo Varela é un símbolo das esquerdas, un dos

emblemas da Galiza emigrada, sendo decisivopara o desenvolvemento da súa obra engalego o encontro cun grupo de intelectuaisque asumiran a misión de preservaren acultura en lingua galega.

Por outro lado, o galego de Lorenzo Va-rela é un idioma culto, e ao mesmo tempode gusto popular. É de destacar a evolu-ción do seu modelo de lingua segundo opaso do tempo e o progreso seguido polonoso idioma, cousa que non sempre acon-tece entre os escritores do exilio.

TORRES DE AMOR Libro de poemas en castelán que tivo proble-

mas para a súa saída porque a editorial se negoua publicalo debido ás ideas comunistas do autor. A temáticaestá centrada nas vivencias da Guerra Civil e na ausencia esaudade provocadas polo afastamento da Terra

CATRO POEMAS PRA CATRO GRAVADOSO autor desenvolve unha temática histórica, combinando

elementos míticos cos propiamente históricos, estando osprotagonistas dotados de fortes valores positivos

En María Pita enxalza á heroína na defensa da cidade deA Coruña contra o ataque da flota do navegante inglés Fran-cis Drake, en 1589. A súa valentía obrigou ós invasores a re-

embarcar. María das Batallas é elevada a sím-bolo do combate pola liberdade.

En María Balteira loa a esta famosa e belasoldadeira galega do século XIII, moi cantadapolos trobadores nos Cancioneiros medievaisnas súas cantigas, e simboliza para Lorenzo aloita contra a represión.

O poema Rui Xordo rememora a este fidal-go galego que en 1431 encabezou a revolta an-tiseñorial contra Nuno Freire de Andrade, for-mando a chamada Irmandade. É a primeira Re-volta Irmandiña. Foron derrotados no campo debatalla, pero 30 anos despois renacerá conmáis forza o movemento irmandiño.

No cuarto poema, O Touro, descríbese un xuízo de Deus:o bispo Adaulfo debía demostrar a súa inocencia publicamen-te expoñéndose á furia dun touro, que se achegou mainamen-te a Adaulfo ata pór os cornos nas mans do bispo.

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:10 Página 32

Page 33: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

OO MMEESS DDAASS LLEETTRRAASS GGAALLEEGGAASS

33IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

LONXE

É o grande libro da poesía galega no exilio e nel aparecen dúas liñas temáticas. Unhaque ten como núcleo a ausencia da Terra, o Exilio e a emigración: a emigración como hu-millación e como penuria económica, o emigrado está inzado de saudade, pero é cons-ciente da súa explotación como traballador.

Outra liña temática é a de enxalzamento dos heroes, dos guerrilleiros galegos dosanos 40, xunto con sentimentos de dor pola ausencia dos amigos mortos no campo debatalla ou a represión. Así, canta a Manuel Ponte, xefe da IV Agrupación de Guerrilleirosde Galiza, morto nun enfrontamento en 1947 e canta a Manuela Sánchez, muller mortapor defender ós guerrilleiros. En "Compañeiros da miña xeneración mortos ou asesiña-dos" lembra con dor e saudade ós amigos mortos na guerra ou durante a represión.

XILOGRAFÍAS DE LUÍS SEOANE

MARÍA PITA MARÍA BALTEIRA RUI XORDO O TOURO

GRAVADOS DE LUÍS SEOANE PARA LONXE

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:11 Página 33

Page 34: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

34IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

PPAASSAATTEEMMPPOOSS

Pas

atem

pos

Pas

atem

pos

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:11 Página 34

Page 35: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

35IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

PPAASSAATTEEMMPPOOSS

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:12 Página 35

Page 36: REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4) - …centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/documentos/re... · Na capital do Estado residiría ata 1930. Dous anos. E cónstanos o paso

BBAANNDDAA DDEE MMÚÚSSIICCAA DDEE NNEEGGRREEIIRRAA

36IES XULIÁN MAGARIÑOS - NEGREIRA

HISTORIA:No ano 1998 Vicente Martín Arastey fundou

a banda musical Ateneo. Daquela contabaacon 30 músicos pero co tempo o número decompoñentes aumentou ata seren máis de 40instrumentistas cos que conta na actualidade.

Dende o seu inicio a banda actuou un sin-fín de veces. Quizais os concertos máis desta-cados foron os que realizou diante do Presi-dente da Xunta de Galicia, o de Candeán enVigo, nas Pontes de García Rodríguez, en Lli-ria (Valencia) ou a gravación que fixo para unprograma da TVG. "Galicia enteira"

Na actualidade está dirixida por SimónCouceiro que pertence á Banda Municipal deSantiago na que toca o clarinete.

UN DÍA DE ENSAIO:

Os venres, un pouco antes das 8,30 datarde, os compoñentes da banda de música"Ateneo" xúntanse nun local situado na rúaCastelao que é coñecido co sobrenome de"instituto vello"

As dúas horas seguintes, estes xovesmúsicos ensaiarán, entre bromas e risos, asobras que posteriormente van tocar nos con-certos.

O CONCERTO:

Se por algo se caracteriza un concerto éporque nunca resulta igual ca outro. Cadaactuación sempre é diferente. Ainda que istoé así existen moitas cousas que se fan deforma rutinaria. Os compoñentes da bandareúnense no local anteriormente citado partapreparalo todo.

Antes de actuar os nervios sempre estánpresentes. A posibilidade de cometer erroscando estás tocando diante de tanta xente ede quedar en vergoña, ademais de prexudi-car os teus compañeiros fai que sexa un mo-mento de moita tensión.

Despois de cada peza chegan os aplau-sos e os músicos senten dese xeito a recom-pensa aos seus esforzos; isto dálles azospara seguir traballando.ç

O FESTIVALDE BANDAS EN

NEGREIRA:O 19 de setembro do 2004, cele-

brouse o II Festival de Bandas deMúsica en Negreira. Neste encontromusical participaron as bandas deAgolada, Arca, e por suposto a abanda Ateneo de Negreira.

Todas as cadeiras que había bai-xo unha gran carpa branca estabanaocupadas e moitos espectadores ti-veron que permanecer de pé.

Un gran número de persoas acu-diron a Negreira para presenciar oencontro musical. A verdade é queesta iniciativa cultural tivo moito éxi-to. Dende aquí animamos á xente aque veña ao festival nos vindeirosanos pois realmente paga a pena.

BANDA DE MÚSICA

ATENEO DE NEGREIRA

REVISTA INSTITUTO NEGREIRA (A4).qxd 04/05/2005 21:12 Página 36