Refutacións a favor discapacitados e ine
-
Upload
carme-fernandez-miranda -
Category
Documents
-
view
36 -
download
5
Transcript of Refutacións a favor discapacitados e ine
![Page 1: Refutacións a favor discapacitados e ine](https://reader030.fdocuments.net/reader030/viewer/2022020110/559b6cc51a28ab38188b4853/html5/thumbnails/1.jpg)
Refutación A FAVOR, Sandra vai pór a presentación
As TICS son un instrumento esencial para posibilitar ás persoas que sofren unha discapacidade o seu desenvolvemento e as súas relación sociais. Pensemos que son, segundo datos da ONS (Organización Mundial da Saúde), o 15% da poboación mundial. As TICs facilitan a súa participación en todos os niveis da vida social, cultural e económica mediante diversos sistemas. Podemos citar , entre outros o TCOMUNICA ou o TECLADO DE CONCEPTOS para persoas con discapacidade psíquica; o TECLADO BRAILLE para persoas con discapacidade visual ou o RATO BUCAL para tetrapléxicos.
Para outra refutación, na que vas ter as gráficas do INE:
Segundo os datos do recente estudo do INE (Instituto Nacional de Estatística )existe unha correlación positiva entre o uso das TICS e o nivel socioeconómico dos países da Unión Europea, que tamén se observa nas comunidades autónomas españolas, como podemos comprobar nestes gráficos (ensinas as copias ao outro equipo e ao xurado).