Riveira Aberta - Balance de Goberno do Grupo Popular 2011-2015
PROGRAMA DE GOBERNO BNGSada2015
-
Upload
manuel-perez-lorenzo -
Category
News & Politics
-
view
956 -
download
1
Transcript of PROGRAMA DE GOBERNO BNGSada2015
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
1
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
2
ÍNDICE
0. Cambia de libro
1. Indo á raíz, o traballo é o primeiro: porque queremos vivir dignamente en Sada
2. Participa para facer unha Sada mellor
3. Abrindo camiños a prol da inclusión social, da igualdade e da sustentabilidade
4. Recuperando o orgullo sadense e a defensa da identidade colectiva
5. Construíndo unha Administración Local máis eficaz.
6. Por un proxecto colectivo a favor de Sada
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
3
0. CAMBIA DE LIBRO
O futuro de Sada non está escrito, nin existe predestinación que nos condene a
afundirnos nunha crise interminable, nin tampouco a aparecer continuamente nos
medios de comunicación por noticias negativas que nos prexudican.
Os últimos anos son para esquecer e xa non se trata de pasar páxina, temos que
empezar a escribir un novo libro entre todas as persoas que lle queren a Sada, que
queren axudar para cambiar e ter futuro.
No BNG temos a vontade e a determinación de facer fronte a ese destino escrito
por outros e a facelo xuntos, desde a cordura e a estabilidade, retomando o diálogo
e a unidade dos e das sadenses para xerar novas ilusións fronte ao pesimismo
actual, fronte ao drama das mozas e mozos que están condenadas a emigrar, fronte
á realidade actual do paro e tamén para quen soporta condicións laborais
impropias dunha sociedade avanzada.
Queremos facelo con humildade pero con orgullo, coa dignidade e coa alegría que
sempre nos caracterizou á xente de Sada, defendendo xuntos os servizos públicos,
a educación, a sanidade, facendo prevalecer criterios científicos e de
profesionalidade por riba de intereses mercantilistas e aplicar esas medidas desde
a Administración Local.
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
4
É necesario repensar Sada, apostar por unha política ao servizo das persoas,
apostando pola sustentabilidade, por potenciar o que nos une, polas políticas de
proximidade, demostrando orgullo polo propio, e exhibindo con fachenda o moito
e bo que temos.
Queremos que Sada participe tamén dun proxecto común para a totalidade da nosa
terra, evitando localismos e participando dunha planificación global e homoxénea
para todo o territorio galego, contando con todas as persoas que crean no noso
futuro como pobo e como colectividade.
O BNG‐Asembleas Abertas é un espazo en construción, onde moitos e moitas
sadenses puideron expresar as súas ideas e propostas, que foron escoitadas,
recollidas e plasmadas neste programa de goberno para o que agora pedimos o
apoio que permita poñelo en práctica.
Porque este programa foi elaborado coas achegas de máis de medio milleiro de
sadenses, mediante as Asembleas Abertas, con conversas ou con propostas a través
das redes sociais. E todas esas aportacións foron debatidas, diagnosticadas e
avaliadas con humildade e honestidade, con enerxía e ilusión.
Se queres cambiar de libro, aquí estamos contigo un grupo político experimentado,
que traballou sempre segundo o que ordenaron as veciñas e veciños de Sada co seu
voto, tanto no goberno coma na oposición. Sempre cumprimos coas nosas
responsabilidades, nunca buscamos atallos nin ocultamos quen somos, de onde
vimos e cara a onde queremos ir. Presentámonos co aval dun traballo feito ao
longo de moitos anos desde o goberno e desde a oposición que nos permite
pedirche unha vez máis a túa confianza para seguir traballando xuntos por Sada.
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
5
1. INDO Á RAÍZ, O TRABALLO É O PRIMEIRO: PORQUE QUEREMOS VIVIR
DIGNAMENTE EN SADA
Sada vive momentos de emerxencia económica e social. Non hai máis que ver a
situación da actividade comercial, os niveis intolerables de paro e unha situación
social na que as Organizacións cidadás e relixiosas están traballando a reo para
paliar o que por desgraza non foi capaz de asumir o Concello.
O mar, o pequeno comercio local, a hostalería, as Cerámicas do Castro, o porto
deportivo, as persoas que non atopan traballo e que ven como día a día todo se pon
máis difícil, requiren dunha atención especial que pare este desánimo
xeneralizado.
Un desánimo que se agranda ao ver como Sada encabeza a lista de concellos onde
máis emprego se destruíu de toda a área metropolitana da Coruña.
A errónea decisión de implantación de grandes superficies comerciais no contorno
da Coruña é tamén a causa fundamental que afoga as economías dos pequenos
comerciantes. As políticas recentralizadoras do goberno do Estado só serven para
garantir ese negocio das grandes corporacións. A nova concentración de
competencias, tanto en Madrid como nas Deputacións, supoñen un contrapoder
que merma o xa de por si escaso autogoberno autonómico e deixa aos gobernos
municipais cada vez máis na irrelevancia para poder facer fronte a esta situación.
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
6
Esta ofensiva consciente e planificada para beneficio das finanzas e grandes
corporacións, usando como instrumentos as institucións da Unión Europea e o
goberno central, debe ser freada tamén desde as administración máis próximas ás
persoas, desde os Concellos, porque os efectos negativos desta concentración son
facilmente constatables polos pequenos comerciantes e pola hostalería local, dous
dos sectores nos que tradicionalmente se asentou unha parte importante da
actividade económica sadense.
É necesario frear este proceso para poder avanzar e romper coa subordinación e a
dependencia, e as institucións propias e máis próximas deben ter capacidade de
decisión en beneficio das maiorías sociais.
A acción decidida do BNG permite actuar conxuntamente, en Sada e no resto dos
Concellos, favorecendo alternativas que se adapten á nosa estrutura social e
territorial, fronte á aniquilación das competencias sociais e orzamentarias
municipais. É necesario parar reformas tan negativas como a supresión dos
partidos xudiciais que atacan directamente ao dereito á tutela xudicial da
cidadanía, froito da obsesión por controlar a administración de xustiza e
uniformizar un modelo para todo o Estado que non se adapta á nosa realidade e
que desvertebraría territorialmente a Galiza.
Apostamos pola comarcalización de servizos, imprescindible desde a perspectiva
de conseguir un desenvolvemento equilibrado e a artellar infraestruturas que
superen un localismo dilapidador de recursos. O BNG sempre o defendeu e por iso
no período e goberno 2007‐2011 propiciamos que Sada entrara por primeira vez a
participar na recollida de residuos sólidos urbanos co resto da Comarca a través do
Consorcio As Mariñas, porque eramos o único concello que estaba á marxe. Tamén
incluímos a Sada no Plan de Transporte Metropolitano e tamén agora defendemos
a entrada de Sada na nova Mancomunidade que se está a crear.
Temos que contribuír a resolver o déficit de comunicación coa área metropolitana
que dificulta a mobilidade, a dinamización económica, as relacións de proximidade
e o apoio aos nosos sectores produtivos.
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
7
Pero fundamentalmente necesitamos encarar con urxencia todas as situacións que
afectan o emprego, non é posible continuar así e a prioridade debe ser a calidade
de vida das persoas, favorecendo que se asenten novas iniciativas empresariais e
apoiar as existentes de maneira que nos permita crer nas nosas propias
posibilidades, nas propias capacidades, e actuar cunha visión de futuro a medio e
longo prazo, realista e baseada na economía produtiva e non na fraude para hoxe e
fame para mañá que supón a economía especulativa e a cultura do pelotazo.
Neste sentido, a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal marca un claro
horizonte de esperanza, xa que vai posibilitar, entre outras cousas, a creación de
parques empresariais e o fomento do emprego ao abrir novas posibilidades de
asentamento para as empresas.
Con esta finalidade, a de reactivar a economía local para xerar emprego, para que
Sada sexa, ademais do lugar no que vivimos, o lugar no que poidamos traballar
para vivir, comprometémonos a impulsar o desenvolvemento das seguintes
medidas:
1. Mellorar o transporte público colectivo, potenciando o transporte
metropolitano e recuperando o proxecto do SADABÚS, que,
incomprensiblemente, foi paralizado neste mandato que agora remata. Un
SADABÚS que percorría as parroquias e o casco urbano, enlazando coas
demais liñas de autobús, para vertebrar ao conxunto do municipio, e que,
ademais, ofrecía unha solución ao problema do acceso ao centro de saúde,
unha das paradas establecidas.
2. Apostar polo desenvolvemento do Parque empresarial de Soñeiro e do
polígono comercial do Tarabelo, ao servizo do pequeno comercio local. No
mesmo sentido, establecer convenios cos axentes económicos que permitan
a implantación dun viveiro de empresas, impulsando novos modelos
respectuosos co contorno ambiental.
3. Implantar programas para o fomento do comercio local, mantendo acordos
estables coa Asociación de Empresarios de Sada, Asociación de Pubs, etc., e
contemplando anualmente nos orzamentos unha partida específica a tal
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
8
efecto, así como colaborar no impulso de iniciativas de auto‐emprego, na
creación de Escolas obradoiro orientadas á rehabilitación de edificios e
equipamentos públicos susceptibles de reforma, co fin de dar emprego a
persoas da localidade. Traballar tamén no fomento da hostalería local,
potenciando eventos consolidados como a Festa da Xiba, a Sardiñada, a
Festa da Filloa, a Feira Modernista, a Festa da Cervexa, etc., e con aquelas
iniciativas que poñan en valor o noso patrimonio cultural, paisaxístico,
ecolóxico e gastronómico, promovidas pola cidadanía.
4. Posibilitar o cambio de emprazamento do mercado municipal a través do
Plan Xeral de Ordenación Municipal cara a un novo e moderno espazo que
dignifique o traballo das praceiras e convide á compra a novos clientes,
converténdoo nun eixe máis de desenvolvemento local.
5. Revisar as taxas de uso de solo público para racionalizalas e favorecer o
desenvolvemento das actividades comerciais.
6. Fomentar a participación na Mesa do Comercio e Hostalería e a
interlocución coas diferentes asociacións que desenvolven a súa actividade
neste termo municipal.
7. Revisar os horarios das sinalizacións zonas de carga e descarga para
adaptalos ás necesidades actuais de empresas e transportistas.
8. Favorecer, a través do diálogo coas entidades bancarias presentes na vila, a
necesidade de acometer solución á problemática da falta de crédito ás
empresas, coa creación de microcréditos para a adquisición de mercadorías.
9. Fomentar os outlets e feiras intersectoriais para a promoción do comercio
local.
10. Fomentar un modelo de desenvolvemento turístico acorde coa nosa
realidade climatolóxica, cultural e paisaxística, para desestacionalizalo e
evitar diferenzas tan profundas entre o verán e o resto do ano. Desenvolver
todas aquelas potencialidades que ten Sada susceptibles de atraer
visitantes: o seu territorio (as Brañas, as súas costas, etc.), o seu patrimonio
histórico e arqueolóxico (o Pazo de Meirás, os castros, que noutros
concellos xeran un extraordinario fluxo de visitantes, etc.) e os seus valores
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
9
culturais, que identifican a Sada como un lugar diferente (a Sada mariñeira,
as Cerámicas do Castro, o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside,
que é unha das principais pinacotecas que existen en Galicia, etc.).
11. Elaborar un Plan Estratéxico que permita a toma de decisións en relación co
fomento do turismo e a actividade comercial.
12. Promocionar a imaxe de Sada e o seu interese comercial a través de
Turgalicia ou de calesquera outros foros turísticos.
13. Procurar solucións para a posta en valor da cafetería Náutico e o edificio do
Hotel, que repercutan positivamente na economía local e eviten o seu actual
estado de progresivo deterioro.
14. Demandar do goberno da Xunta a implantación de ciclos formativos de FP
en Sada, como medida de formación e fomento do emprego.
15. Establecer bolsas destinadas a tituladas e titulados superiores, para
executar proxectos de especialización, exportación e innovación da
economía local, e, en xeral, utilizar as bolsas de traballo e demais
ferramentas do Concello para fomentar o emprego de forma efectiva.
16. Reclamar das Administracións a supresión da limitación á creación de
emprego público destinado á creación, reforzo e ampliación dos servizos
públicos locais, que segue moi restrinxida.
17. Colaborar con outras Institucións, nomeadamente coa Dirección Xeral de
Comercio, para a posta en marcha de proxectos de interese para o pequeno
e mediano comercio local e apoiar proxectos emprendedores de xente moza
a través do acompañamento do desenvolvemento desde o inicio, creando
espazos gratuítos de coworking para a mocidade, onde convivan diversas
culturas profesionais coas que xerar sinerxías. Propoñer incentivos para
favorecer o alugueiro de locais.
18. Implantar sistemas de información para emprendedores, xestionando a
creación en Sada dun Punto de Atención ao Emprendedor que ofreza
asesoramento, así como facilitar os trámites para a creación de empresas,
solicitude de licencias, etc. a través de programas online.
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
10
19. Volver mirar ao mar. O sector pesqueiro está a atravesar un mal momento, e
é necesario que sintan o noso apoio: somos un pobo con raíz mariñeira e
debemos levalo con orgullo. Cando a pesca vai mal, Sada vai mal. Hai que
apoiar medidas de fomento da actividade pesqueira no porto de Sada e
poñer en funcionamento a Mesa Local do Mar, un órgano destinado ao
diálogo constante entre o sector e o Concello que foi creado por iniciativa
do BNG no presente mandato pero que nunca chegou a constituírse por
negativa do goberno do Partido Popular. Ademais, resulta imprescindible
seguir esixindo a Portos de Galicia maiores condicións de seguridade para
as actividades pesqueiras.
20. Revitalizar a náutica recreativa e aprobar do Plan Especial do Porto, para
ordenar e por dunha vez en valor todo o potencial dese espazo, procurando
que o Porto Deportivo actúe como un dos motores da economía local para
xerar máis benestar e máis emprego. Cómpre, ademais, a través do propio
Plan, deixar parcelas a disposición do Concello para dedicalas a actividades
deportivas como a vela e o remo, deporte con séculos de historia en Sada.
21. Promocionar o Feirón. No mandato 2007‐2011 ampliámolo
considerablemente e agora que está consolidado é preciso fomentar a
incorporación de maior diversidade na oferta, con postos de artesanía, de
agricultura de produtores locais e agricultura ecolóxica.
22. Estudar a posibilidade de creación de hortos urbanos
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
11
2. PARTICIPA CONNOSCO PARA FACER UNHA SADA MELLOR
Construír a Sada do futuro é cousa de todos e todas. Son moitos os aspectos nos
que Sada precisa mellorar, mais, ao mesmo tempo, son moitas as potencialidades
coas que conta. Temos a sorte de vivir nun concello con toda unha serie de puntos
fortes; características que o fan diferente e o farían tamén máis atractivo se non
estivesen agochadas baixo políticas que se empeñan en favorecer intereses
particulares dos amigos de quen goberna. Políticas alleas á nosa realidade, que
parte do descoñecemento do que somos e do que temos e que, ao mesmo tempo, se
exercen de forma illada do conxunto dos veciños e veciñas.
As eleccións municipais de maio de 2015 van ter lugar nun contexto de fonda
regresión democrática que só é posible combater desde a profundización na
democracia directa, un obxectivo que marcamos como prioritario mediante a
recuperación das asembleas veciñais, que o BNG ven desenvolvendo
historicamente en Sada, sendo a única Organización política que o veu practicando
nos últimos anos, tanto no goberno coma na oposición.
Sempre foi a nosa intención fortalecer a sociedade organizada, os movementos
cidadáns e o tecido asociativo, garantindo a participación directa da veciñanza no
deseño das liñas principais da política municipal. Neste sentido, temos realizado
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
12
reunións coa maioría das asociación veciñais existentes e desde o goberno local
deben ser intensificadas.
O modelo participativo que defende o BNG está directamente ligado co criterio de
transversalidade que percorre o noso programa de goberno. Nestes momentos de
tantas incertezas é máis necesario ca nunca implicar de maneira especial a aqueles
sectores máis vulnerábeis, sendo as políticas sociais, as dirixidas á mocidade e ás
mulleres as que máis necesitadas dunha participación real e dun diagnóstico
certeiro e adaptado á nosa realidade actual. Cómpre fomentar, a través da futura
Mancomunidade, a creación dun Centro de Integración da Muller e calquera outra
iniciativa encamiñada a mancomunar servizos que favorezan a superación das
discriminacións de calquera tipo.
Desde o BNG comprometémonos a seguir traballando con todas e todos vós para
construír esa Sada mellor a través de toda unha serie de medidas que fagan a vida
dos e das sadenses máis cómoda, máis confortable e máis segura. Medidas que son
necesarias e que están a ser demandadas pola cidadanía:
1. Aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal para introducir
racionalidade no proceso de ordenación do territorio, contribuíndo a
desenvolver un modelo territorial sustentable. O BNG sempre estivo
comprometido coa necesidade de preservar o medio natural, o sistema
litoral, á rede hidrográfica e cunha planificación adaptada á realidade
socioeconómica e ao desenvolvemento local.
2. Avanzar no saneamento integral, abastecemento de auga e mellora dos viais
nas parroquias. A través do PXOM, procurar terreos axeitados para a
colocación de depósitos de auga co obxecto de mellorar o abastecemento e
que chegue en condicións idóneas de presión a todos os puntos do concello.
3. Apostar por espazos humanizados e tamén pola centralidade parroquial,
con espazos públicos de calidade, accesíbeis, seguros e con usos plurais que
os converten en centros de socialización e convivencia. Para iso,
estableceranse novos espazos a través do PXOM.
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
13
4. Consolidar espazos públicos e adaptalos á nosa climatoloxía para que os
máis pequenos podan xogar entre eles, mellorando os espazos abertos,
tanto no que respecta á súa seguridade como en equipación para a
igualdade de uso entre todos os nenos con independencia das súas
características.
5. Pór en valor As Brañas, conseguindo unha figura de protección para o
humidal, realizando unha senda peonil que respecte a súa integridade e a
vida que alberga e propiciando a recuperación dunha das telleiras, como
patrimonio industrial do noso pasado recente. Para todo iso, cómpre seguir,
como folla de ruta imprescindible, o amplo informe elaborado en 2011 pola
Delegación das Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural. Potenciar
o humidal das Brañas non contribúe a preservalo senón tamén a fomentar o
turismo verde, desestacionalizalo e promover a recuperación económica.
6. Xestionar a través do Plan Xeral de Ordenación Municipal a obtención de
espazos para que as diversas asociacións deportivas, culturais, veciñais, etc.
poidan desenvolver as súas actividades en condicións dignas.
7. Dinamizar as casas do pobo existentes en colaboración coas Asociacións de
Veciños e culturais de cada parroquia e dotar a Mosteirón desa
infraestrutura para que cada parroquia conte co seu propio centro social.
8. Contribuír á dinamización da Casa da Cultura e da Biblioteca Municipal.
9. Colaborar coas ANPAS dos diferentes centros e revisar os estatutos da
Escola Infantil Flora Ramos no sentido de favorecer a creación dunha ANPA.
Traballar conxuntamente coas ANPAS para garantir o acceso de todo o
alumnado aos libros de texto e demais necesidades básicas.
10. Favorecer a coordinación e colaboración co resto de concellos da comarca a
través do Consorcio As Mariñas e da nova Mancomunidade cando estea
creada para fomentar o asociacionismo cultural e colaborar coas entidades
culturais co obxectivo de lles garantir estabilidade e facilitar o cumprimento
dos seus obxectivos.
11. Fomentar o deporte para todas as idades e atendendo ás diferentes
capacidades, optimizando o uso das instalacións deportivas públicas e as
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
14
dos centros educativos para a súa utilización fóra do horario lectivo, en
colaboración coa administración educativa e co tecido asociativo deportivo,
procurando un uso intensivo, na procura de que o deporte forme parte da
vida das persoas.
12. Redactar un regulamento de uso das instalacións deportivas municipais que
facilite e promova a súa utilización por parte das diversas entidades
deportivas de Sada. Mellorar as instalacións que se atopan en mal estado.
13. Promover as escolas deportivas municipais e recuperar a Gala do Deporte
anual que se viña celebrando na etapa de goberno do BNG e que dá
visibilidade aos logros dos nosos deportistas e dos nosos clubs e
asociacións.
14. Asumir como proxecto deportivo para Sada a proposta do Club de Atletismo
de dotármonos dunha instalación polivalente nas inmediacións do Colexio
de Mondego.
15. Regularizar os traballos de mantemento do Campo de Fútbol Municipal
Andrés Pena, garantindo o coidado e mantemento desas instalación, e
dotándonos, a través do Plan Especial do Porto, de terreo onde se poidan
instalar actividades de vela e remo.
16. Requirir a Portos de Galicia para que dea continuación ao paseo marítimo
polo borde litoral desde a Casa da Cultura ata a “L”, unha zona moi
frecuentada pola xente para andar.
17. Continuar coa rehabilitación e recuperación de zonas do casco urbano para
a xente e como impulsoras do comercio e hostalería local, como xa se fixo
no período 2007‐2011 no que rehabilitamos o barrio da Tenencia, o bulevar
diante da terraza, o tramo da avda. da Mariña entre o Hotel e o Concello ou
a rúa da Obra.
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
15
3. ABRINDO CAMIÑOS A PROL DA INCLUSIÓN SOCIAL, DA IGUALDADE E DA
SUSTENTABILIDADE
O BNG traballará para ofrecer á cidadanía servizos que combatan as desigualdades
sociais apoiando as entidades e os movementos que loitan contra estas situación e
implementando un Plan de emerxencia social que inclúa medidas efectivas de
natureza económica. Aos efectos devastadores da crise sumouse a política de
recortes do Partido Popular, o que levou a moitas familias a situacións críticas e
agravou as problemáticas de exclusión social. Desde os Concellos, como
administracións máis próximas á cidadanía, pódese actuar para paliar esta
situación dramática, creando ferramentas desde o coñecemento da realidade local.
Por outra parte, en cuestión de igualdade queda moito por facer, máis aínda logo
das políticas regresivas do Partido Popular. A discriminación por razón de sexo, a
violencia contra as mulleres ou a homofobia seguen a ser a día de hoxe realidades
constatables que é preciso abordar. Como tamén é necesario e urxente o
desenvolvemento de políticas sustentables, que garantan a preservación dos nosos
espazos naturais e da súa diversidade e que permitan unha xestión máis eficiente
dos residuos. Apostar pola sustentabilidade como garante dun desenvolvemento
respectuoso co medio ambiente, na certeza de que é posible o desenvolvemento
sen perda da calidade de vida e respectando o noso contorno natural.
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
16
Por todo isto, en materia de inclusión social, de igualdade e de sustentabilidade
desde o BNG sostemos as seguintes medidas:
1. Esixir da Administración da Xunta que se cumpran os prazos para o cobro
da RISGA, instándoa tamén a que tomen medidas para procurar que
ningunha persoa ou familia sexa desafiuzada da súa vivenda e
reivindicando aos gobernos autonómico e estatal unha Renda de Garantía
Social que teña como principal obxectivo evitar que as persoas caian ou
permanezan na pobreza e na exclusión social. Neste mesmo sentido, esixir
desde Sada o mantemento e ampliación do Plan Galego de Inclusión Social
da Xunta de Galicia, prestado con equipos públicos e en coordinación cos
servizos de atención municipais e comarcais.
2. Atender con cargo á partida orzamentaria municipal de emerxencia social
aquelas situacións de pobreza extrema e favorecer a inserción profesional
de persoas ou novos grupos en risco de exclusión (desempregados de longa
duración, persoas con diversidade funcional...). Igualmente, establecer os
mecanismos necesarios para que nas convocatorias de emprego público no
Concello se garanta a contratación dunha porcentaxe de traballadores con
diversidade funcional.
3. Recuperar o Programa Municipal de Accesibilidade e Mobilidade en
colaboración coas asociacións de discapacidade do concello. No período
2007‐2011 a accesibilidade nos proxectos de humanización de rúas e no
barrio da Tenencia foi consultada co movemento asociativo organizado e
debemos recuperar esa colaboración. Cómpre tamén continuar co
Programa para facilitar o acceso das persoas con discapacidade ás
instalación deportivas e en xeral ás instalación públicas municipais.
4. Promover programas de envellecemento activo e achegar a actividade
deportiva tamén ás persoas maiores e persoas dependentes. Cando
gobernou o BNG instaláronse Parques Biosaudables do paseo marítimo, As
Brañas, Mondego e Carnoedo, e esa coidamos que debe ser a liña a seguir,
combinada coa programación estable de actividades.
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
17
5. Promover un Plan Interdisciplinar de Promoción da Saúde, contando coa
participación de profesionais e centros educativos para a programación de
charlas, talleres e actividades de dinamización neste aspecto.
6. Dotar a Sada de espazos públicos para o lecer, destinados nomeadamente á
mocidade, que carece historicamente deste tipo de servizos.
7. Promover a creación dalgún circuíto para o lecer de mascotas que, ao
mesmo tempo, poida empregarse para adestramentos, celebración de
concursos caninos, etc.
8. Mellorar a seguridade vial tamén nas parroquias e crear zonas de paseo
para a xente. Durante o goberno do BNG creáronse 5 km de sendas peonís
nas parroquias, fronte aos 0 km do actual mandato.
9. Impulsar actuacións dirixidas a garantir o acceso e a permanencia das
mulleres no mercado de traballo en condicións de igualdade apoiando e
promovendo o emprendemento feminino, favorecendo a conciliación e a
corresponsabilidade da vida persoal, laboral e familiar, a través do fomento
do programa madrugadores nas escolas, colaborando co Consorcio ou a
Mancomunidade no servizo de canguros e incorporando cláusulas sociais
na contratación pública, coa finalidade de favorecer a selección de empresas
que destaquen por desenvolver unha política a prol da igualdade.
10. Combater a violencia de xénero, o que debe ser unha prioridade política
para a Administración local de Sada, pois é desde a proximidade como
mellor se poden enfrontar as situación de maltrato físico e psicolóxico.
Fortaleceremos neste sentido as medidas de prevención, incrementando o
grao de implicación da sociedade desenvolvendo accións de sensibilización
para promover unha mudanza de valores e actitudes e reforzando a
participación da cidadanía nas accións de rexeitamento da violencia
machista. Cómpre tamén consolidar protocolos de actuación
interdepartamental e a coordinación interinstitucional para garantir unha
maior eficiencia na resposta fronte á violencia de xénero.
11. Desenvolver programas de asesoramento afectivo‐sexual, con obradoiros
para a concienciación na igualdade e superación de actitudes machistas ou
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
18
para promover unha sexualidade libre e gozosa que combata a
discriminación e a criminalización da mocidade con independencia da súa
orientación sexual, sempre en coordinación cos centros de ensino sadenses.
12. Implementar políticas destinadas a garantir o acceso á vivenda. Non
podemos esquecer que para abrir camiños a prol da inclusión e da
igualdade, a función social da vivenda e o dereito a acceder a esta é
fundamental. O BNG presentou unha alegación ao Plan Xeral de Ordenación
Municipal, para que pasara de destinar o 10% de reserva para vivenda
social, e se incrementara ata o 30%. Mantemos ese compromiso e así será
incluído no PXOM, porque para o BNG a vivenda non é considerada
simplemente como un ben de mercado, é necesario impulsar a vivenda
pública para facilitar a emancipación da xente moza e articular medidas
para facilitar o alugueiro das vivendas baleiras do municipio.
13. Arbitrar medidas de apoio ás persoas desafiuzadas ou en proceso de
desafiuzamento e, en canto sexa posible, crear ou reservar vivendas para
emerxencia social.
14. Fomentar a Educación Ambiental nos centros de ensino e a través do
asociacionismo veciñal e cultural. Cómpre utilizar os paneis informativos
existentes ou futuros, renovando os deteriorados, para facer chegar a
mellor información ambiental e os valores dos nosos lugares senlleiros (a
Ría, As Brañas).
15. Xestionar a declaración do humidal das Brañas como Espazo Natural de
Interese Local como primeiro paso para conseguir a figura de Humidal
Protexido.
16. Potenciar as actuacións que redunden nunha mellora ambiental e
paisaxística do noso litoral. Promover a inclusión da costa de Veigue,
Carnoedo e Fontán na Rede Natura 2000 en continuidade coa costa de Dexo,
que xa está incluída como Lugar de Importancia Comunitaria. No mesmo
sentido, analizar a posibilidade de crear algunha reserva mariña nesta área.
17. Implantar medidas para o control das especies invasoras, nomeadamente
da Cortaderia selloana ou herba da pampa, desenvolvendo campañas
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
19
informativas e colaborando de forma activa na súa erradicación, pois
representan unha ameaza severa á biodiversidade e degradan a paisaxe.
18. Preservar os bosques de ribeira ameazados polo vial de enlace da Vía
Ártabra, desenvolver medidas para o control dos vertidos nos ríos e poñer
en marcha unha axenda común cos demais concellos para combater as
problemáticas comúns que afectan á Ría.
19. Establecer convenios de colaboración coas asociacións e entidades
ambientais para o deseño de novas rutas de sendeirismo e de utilización da
bicicleta como ocio e como medio para desprazarse de maneira segura para
diminuír o uso do vehículo a motor privado.
20. Realizar as xestións oportunas para a obtención dun certificado EMAS co
obxecto de implantar un Sistema de Xestión Medioambiental un
compromiso real de mellora continua en materia ambiental que garanta
unha política definida e avaliada periodicamente.
21. Fomentar a recollida selectiva de residuos, ampliándoa ás parroquias coa
colocación de colectores de aceite usado e pilas non só no casco urbano.
Neste mesmo sentido, poñer en marcha de políticas de educación ambiental
e estudar a aplicación de incentivos fiscais para a separación de residuos.
22. Elaborar un plan de compostaxe caseira, tendo en conta que existe unha
gran cantidade de vivendas unifamiliares con condicións para levalo a cabo
coa necesaria axuda e asesoramento.
23. Eliminar os vertedoiros ilegais, aumentando a vixilancia e establecendo
sancións exemplares aos infractores. Evitar, tamén, o vertido de lixo nas
praias, desenvolvendo campañas de concienciación e posta en valor das
mesmas para frear o seu deterioro ambiental.
24. Xestionar para Sada o acondicionamento da súa praia urbana, libre de
elementos contaminantes e apta para o baño, esixindo da Demarcación de
Costas do Estado e do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mar a
inclusión novamente do orzamento xa aprobado definitivamente en 2011,
solicitado polo BNG, e que chegou a figurar como investimento plurianual
ata que o goberno do Estado retirou esa partida.
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
20
25. Demandar de Augas de Galicia que execute o proxecto presentado polo
goberno do BNG no ano 2009 para a mellora do colector principal de
saneamento, así como a construción dun tanque de tormentas e revisión da
rede de saneamento para evitar fugas e filtracións, avanzando así no
necesario saneamento integral do concello e na recuperación de espazos
degradados. O PXOM debe contemplar a instalación de novos depósitos de
almacenamento que permitan manter o subministro en casos de avaría do
colector xeral e para solucionar os problemas de presión que se producen
nas horas puntas dos días de máis afluencia de visitantes no verán, sobre
todo nas zonas máis altas ou arredadas da rede principal.
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
21
4. RECUPERANDO O ORGULLO SADENSE E A DEFENSA DA IDENTIDADE
COLECTIVA
O orgullo de pertencer a unha comunidade humana como a sadense, insertada
nunha comarca urbana de gran importancia para Galicia, ten que ir acompañado
dun sentimento de respecto polo pasado, polos nosos costumes e pola nosa lingua.
Entendemos a política cultural como unha actividade inserida na nosa realidade
social e lingüística, e non debemos limitarnos unicamente a un labor de difusión,
senón de apoio á creación, á produción propia, á investigación e ao asociacionismo
cultural. Ademais, na medida en que consigamos reforzar a nosa identidade, aquilo
que nos fai específicos, tamén estaremos contribuíndo a potenciar a recuperación
da economía local, pois resultaremos máis atractivos aos ollos dos visitantes, e
estaremos creando máis oportunidades de mercado para os nosos produtos,
identificados con Sada.
O noso municipio conta, por outra parte, cunha multiplicidade de axentes culturais
–asociacións, particulares, agrupacións musicais…– que traballan de forma intensa,
intelixente e desinteresada na promoción da cultura, dotando a Sada de
programación cultural. Cómpre crear as ferramentas e os mecanismos óptimos
para que o Concello traballe conxuntamente con todos eles, sen pretender
fagocitalos, pero desenvolvendo proxectos en común, promovendo o
desenvolvemento de sinerxías e facilitando o acceso aos recursos precisos.
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
22
Co obxecto de afondar na nosa identidade e de promover unha política cultural
participativa, plural e capaz de xerar alternativas de ocio atractivas e, ao mesmo
tempo, educativas, o BNG plantexa a adopción das seguintes medidas:
1. Reforzar áreas políticas específicas para a coordinación, planificación e
desenvolvemento da política lingüística municipal, establecendo que todos
os actos xurídicos documentados e as relacións xurídicas e notariais da
Administración local, que se refiran a actividades de ámbito galego, se
redactarán normalmente en lingua galega. A lingua é o noso máis
sobranceiro sinal de identidade e debemos afondar nas medidas
normalizadoras do seu uso. A incorporación da poboación inmigrante á
lingua propia tamén debe ser un obxectivo, achegándolle unha oferta
formativa atractiva, útil e de calidade. Utilizar o Galego como lingua de uso
normal para a difusión, publicidade, comunicación e desenvolvemento de
todo tipo de actos organizados ou patrocinados pola administración local
debe ser un obxectivo. Promocionar actividades en galego dirixidas aos
nenos e nenas en idades temperás, con contidos en forma de xogo para a
normalización da nosa lingua e da nosa cultura.
2. Recuperar, pór en valor e difundir as manifestacións da cultura popular e o
patrimonio cultural, histórico, arqueolóxico e artístico. Neste sentido,
adquire particular importancia a preservación, sinalización e posta en valor
dos xacementos arqueolóxicos vinculados á Cultura Castrexa, polo seu
indiscutible interese científico, por representaren a evidencia máis antiga
coñecida ata o de agora de ocupación do territorio de Sada, pero tamén pola
súa capacidade para o desenvolvemento de alternativas turísticas
desestacionalizadas, ao seren potenciais focos de atracción de visitantes.
3. Seguir rehabilitando o barrio da Tenencia, delimitando áreas de
rehabilitación integral na Tenencia e en Fontán co fin de acceder ás axudas
previstas no Plan Estatal de Vivenda e a calquera outras que puideran
existir.
4. Promover a preservación e a posta en valor das diversas manifestacións da
arquitectura modernista en Sada.
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
23
5. Esixir á Xunta de Galicia o cumprimento do convenio asinado coa familia
Franco para a apertura do Pazo de Meirás, declarado Ben de Interese
Cultural polas xestións realizadas polo goberno do BNG, e procurar a
redefinición dos horarios e das condicións das visitas ao mesmo,
reivindicando a súa futura incorporación ao patrimonio público. O Pazo de
Meirás ten que converterse nun dos motores culturais e económicos de
Meirás e de Sada.
6. Promover actuacións que contribúan á identificación de Sada co mar. Sada
viviu historicamente das actividades pesqueiras,e débelle ao mar gran parte
do que é. Cómpre preservar o inmenso valor cultural e identitario das
actividades produtivas ligadas ao mar, así como recuperar e dar a coñecer o
seu patrimonio inmaterial e etnográfico. Por iso, desde o BNG queremos
iniciar as xestións para a creación en Sada dun Museo do Mar, traballando
para iso de forma coordinada co Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro,
coa Confraría de Pescadores e coas asociacións culturais que desenvolven a
súa actividade nese ámbito.
7. Crear o Consello Local de Cultura, no que estean representadas todas as
asociacións culturais e que se reúna periodicamente; un órgano consultivo e
de participación na coordinación das actuacións culturais.
8. Apoiar aos grupos musicais da localidade, potenciar o Sadautor, apoiar o
teatro e outras manifestacións culturais diversas. Todo isto non pode seguir
quedando supeditado aos recortes orzamentarios. Ademais, cómpre
facilitar ás mozas e mozos con inquedanzas creativas (cine, música, deseño,
artes plásticas…) ferramentas para poderen desenvolvelas.
9. Democratizar o acceso á cultura, promovendo dinámicas de traballo e de
elaboración de materiais didácticos que faciliten a incorporación da
realidade cultural e patrimonial de Sada aos centros de ensino.
10. Fomentar desde o Concello actividades formativas para o alumnado dos
centros de ensino, centradas no uso das redes sociais e de internet, para
optimizar o seu manexo e evitar os seus perigos.
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
24
11. Contribuír á creación de redes e ao desenvolvemento de circuítos de
contratación para as artes escénicas, a música e a danza. A escola de teatro
creada co goberno do BNG seguirá contando con apoio institucional así
como a cultura audiovisual. Recuperaremos o Festival de Curtas.
12. Consolidar a Biblioteca Pública Ramón Suárez Picallo (estudando a
modificación dos seus horarios para facilitar o seu uso por parte do
estudantado e procurando a creación dunha área acondicionada para o
traballo en grupo) e tamén as das parroquias.
13. En relación coa memoria histórica debemos continuar os traballos iniciados
no período 2007‐2011, tentando poñer en valor personalidades relevantes
da nosa historia e concluíndo a eliminación da simboloxía franquista que
aínda queda no noso Concello.
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
25
5. CONSTRUÍNDO UNHA ADMINISTRACIÓN LOCAL MÁIS EFICAZ
O BNG, en congruencia co traballo xa realizado na etapa de goberno, afondará na
transparencia da actuación administrativa e da política municipal, establecendo
novas canles de participación social, e incrementando a participación veciñal,
promovendo que desde o movemento asociativo se indiquen medidas a levar a
cabo, incrementando así o traballo que neste sentido xa se ten feito.
A experiencia adquirida en responsabilidades de goberno dá boa conta do
compromiso coa rexeneración democrática, e o noso compromiso firme de exercer
a política local baseada en valores e principios democráticos e non en función de
amiguismos ou escuros poderes fácticos.
Queremos continuar afondando no traballo realizado no goberno e na oposición,
apostando por un Concello cada día máis moderno, que mellore a participación
cidadá e que ofreza uns servizos cada vez máis eficaces, porque cremos que unha
sociedade organizada en torno a asociacións democráticas e participativas é o
mellor aval para unha Sada con futuro. Por iso, propoñemos:
1. Ampliar os mecanismos que garantan a transparencia en todas as facetas da
vida municipal, non só publicando na web municipal todo o relacionado coa
transparencia e boas prácticas, senón todos os documentos urbanísticos de
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
26
interese, afondando no proceso de adxudicación por procedemento aberto e
dando publicidade á selección e contratación de persoal.
2. Mellorar os mecanismos de información cidadá e crear un Arquivo
Histórico Municipal no que se custodie en condicións axeitadas a
documentación municipal xerada ao longo do tempo, procedendo como
primeira medida, á catalogación da documentación existente.
3. Actualizar o Regulamento de Participación Cidadá, elaborado na etapa de
goberno do BNG e que necesita ser adaptado á realidade actual.
4. Diminuír o tempo que tarda a administración local en efectuar os pagos aos
provedores. A xestión responsable dos fondos públicos está acreditada polo
traballo realizado no goberno: no ano 2007 as empresas e particulares
tardaban unha media de 180 días en cobrar as súas facturas, mentres que
no 2011 a media quedou en 70. Nestes catro anos pouco ou nada se ten feito
por avanzar nesa liña. Debemos traballar na axilidade e modernización
administrativa.
5. Apostar pola (re)municipalización dos servizos e por implementar medidas
e mecanismos de control efectivo das grandes concesións como a limpeza
viaria, auga, xardinería ou mantemento eléctrico. A alternativa BNG‐
ASEMBLEAS ABERTAS ten como modelo de referencia a xestión pública dos
servizos.
6. Introducir obxectivos sociais nos procesos de contratación pública,
estabelecendo cláusulas de protección social no que se refire á facenda
municipal. O principio reitor xeral debe ser unha correlación estrita e ben
definida entre as obrigas municipais e o seu suficiente financiamento.
7. Aplicar os principios de rigor e previsión na nosa xestión, traballando con
previsións realistas de ingresos e optimizando ata o último euro,
conscientes de que cos cartos públicos hai que ser moito máis cautos que
cos privados.
8. Entender a fiscalidade non só como un medio para obter recursos, senón
tamén como un instrumento de redistribución da renda, corrixindo as
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
27
desigualdades sociais mediante unha fiscalidade xusta, equitativa e
progresiva.
9. Modificar o IBI, naqueles apartados que permita a lexislación vixente, co fin
de favorecer, mediante o establecemento de bonificacións, o acceso a
vivendas de alugueiro e condicións favorables para novos emprendedores.
10. Propiciar a negociación conxunta para baixar as tarifas de consumo en
iluminación. Propiciaremos que se poda facer desde o Consorcio ou desde a
futura Mancomunidade, rompendo coas relacións de intercambio inxustas
que padecemos e que nos obrigan a un sometemento de prezos de tarifas
eléctricas caras e inxustas.
11. Crear un sistema intelixente integral para xestionar dun xeito sostible os
nosos recursos. Un sistema que denominamos SADAEMERXENTE e que terá
catro eixos de actuación:
a. Propiciar o cambio do sistema de iluminación pública antiga e cun
alto custe enerxético, por un novo máis eficiente e con menor
consumo, financiado precisamente co aforro na facturación e que vai
permitir ademais crear unha rede intelixente de información, que
entre outra vantaxes poderá amparar un Sistema de xestión do
transporte público municipal con flexibilidade e horarios adaptados
ás necesidades da xente, así como a creación dun sistema de xestión
dos datos do Concello para reducir os consumos e mellorar os
servizos
b. Potenciar a xestión do monte como recurso económico creando unha
planta de aproveitamento da biomasa para a fabricación de astillas,
nunha das parcelas municipais que resulten do desenvolvemento
dos parques empresariais previstos no PXOM.
c. Un programa de recambio progresivo das caldeiras de calefacción
dos edificios públicos de maneira que poidan aproveitar parte das
astillas da biomasa transformada nesa planta e fomentando o
cambio tamén nas vivendas particulares que ao estar no rural, poden
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
28
acollerse ás axudas que neste momento proporciona a Xunta a través
do INEGA.
d. Camiñar progresivamente cara ao emprego de enerxías menos
nocivas como é o GNV e sistemas híbridos Gas‐electricidade.
Este proxecto integral, desenvolto non só nun mandato, senón
converténdoo nunha actuación estratéxica a longo prazo, permitiría:
a. Contribuír a crear postos de traballo estables.
b. Xerar a nosa propia enerxía, destinando o seu custe aos postos de
traballo locais.
c. Xestionar o monte como pulmón e como recurso económico.
d. Fomentar a participación cidadá, involucrándonos aos sadenses nun
crecemento sustentable baseado na eficiencia e garantindo un mellor
futuro.
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
29
6. POR UN PROXECTO COLECTIVO A FAVOR DE SADA
O compromiso colectivo baseado na solidariedade sempre foi un dos sinais de
identidade do BNG, canto máis nunha época de crise como a actual, na que máis ca
nunca é necesario implicar á sociedade civil sadense na procura do benestar para
toda a cidadanía.
O orzamento destinado aos servizos sociais básicos debe ser incrementado e
destinado á mellora da atención das persoas con dificultades. Temos que manter o
servizo de Axuda no Fogar, Xantar na Casa, actividades de maiores e incremento da
partida destinada a emerxencia municipal e negociar coa Xunta o financiamento
das competencias impropias.
A aposta por un proxecto de benestar colectivo quedou acreditado coa ampliación
da escola Infantil Flora Ramos, a construción dunha nova escola infantil e do Centro
de día para persoas maiores en Mondego, que consumiu a parte máis importante do
investimento realizado polo BNG no período de goberno 2007‐2011. Fixémolo así
daquela porque pensábamos igual que hoxe: o investimento social é unha prioridade
en época de crise. Tivemos oportunidade, fixémolo e volveremos a facelo se a xente
nos dá esa posibilidade, avanzando na mellora de servizos e equipamentos.
Tamén se fomenta un proxecto colectivo dándolle un novo pulo ao voluntariado e
establecendo mecanismos de coordinación para facelo máis eficaz. O SADABUS ten
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
30
que ser unha contribución a ese proxecto colectivo, favorecedor da mobilidade e do
fomento da autonomía das persoas maiores, garantindo o acceso ao Centro de saúde,
aos cemiterios ou facer a compra sen ter que depender do coche privado.
O BNG‐ASEMBLEAS ABERTAS propón un novo proxecto colectivo baseado na
ruptura das prioridades políticas tradicionais e fundamentado neste decálogo de
actuacións:
1. Poñer en marcha de fórmulas abertas de participación, transparencia en
todos os labores municipais e dotación das canles oportunas para que exista
unha comunicación fluída bidireccional coa cidadanía.
2. Romper coas políticas de recortes nos servizos básicos
3. Entender a fiscalidade como un instrumento para redistribuír a renda e
para corrixir as desigualdades sociais.
4. Desenvolver campañas e medidas específicas de apoio ao comercio de
proximidade e á produción local.
5. Deseñar programas para crear emprego, para loitar contra a pobreza e a
exclusión social.
6. Colaborar con entidades de banca ética e con novas cooperativas de
enerxía.
7. Incluír o estudo do impacto de xénero de xeito transversal, poñendo na
axenda política como prioridades a loita contra a violencia machista e pola
corresponsabilidade.
8. Combater o desequilibrio territorial e comprometerse coa sustentabilidade
ecolóxica.
9. Declararse contra ás manifestacións de maltrato animal.
10. Esixir que se cumpran os dereitos lingüísticos e culturais e poñer en valor o
noso vizoso patrimonio histórico‐artístico e o patrimonio inmaterial.
Sada, abril de 2015
Programa de goberno / BNG‐Asembleas Abertas / SADA 2015
31