Poderosa

16
PODEROSA SÉRGIO KLEIN

Transcript of Poderosa

Page 1: Poderosa

PODEROSASÉRGIO KLEIN

Page 2: Poderosa

NO COMEZO…

A literatura debería ser unha rama da bioloxía: tratamento das palabras como seres vivos que dunha hora para a outra poden despegarse do papel e saír por aí, sen autor nin destino.

Page 3: Poderosa

JOANA DALVA:

…Polo momento teño trece anos e ningún libro publicado, pero vivo soñando con ser escritora e vivir da

imaxinación, que no meu caso aborrece a

orde cronolóxica e alfabética e vive

atrasando o punto final…

Page 4: Poderosa

SÉRGIO KLEIN

Sérgio Klein, autor de contos e poemas premiados no Brasil e no exterior, recibiu o Premio Casa de América Latina, outorgado pola Radio France Internacionale de París. Co volume de “Palabras cruzadas”, obtivo o primeiro lugar no Concurso Nacional de Literatura Cidade de Belo Horizonte en 2002. En galego ten publicado até o momento dous volumes da súa serie Poderosa: Poderosa (Xerais 2008) e Poderosa 2 (Xerais 2009

Page 5: Poderosa

JOANA DALVA, a protagonista:

Unha rapaza normal – nin lista, nin guapa, nin popular- que ten o mundo nas súas mans, só ten que escribir os seus desexos

coa man esquerda e estes vanse realizar…

Quizais por compartir o seu nome cunha heroína que chegou a

santa: Santa Xoana de Arco.

Page 6: Poderosa

A historia:Joana Dalva vive cos seus pais, cun irmán pequeno, que é o

neno máis pesado do mundo, e coa súa avoa, que pasa os días na cama sacando a pintura da parede coas unllas e que non se decata do que pasa ao seu redor.

Un día fai unha redacción sobre Xoana de Arco e provoca unha reviravolta na historia e nela mesma. Se unha simple redacción podía cambiar o pasado, por que non usar a literatura para cambiar o presente?

Joana Dalva non dubida en converter a ficción en realidade. O problema é que cada texto que ela escribe provoca consecuencias imprevistas, orixinando outros textos que traen novos problemas.

É o xogo do gato e do rato que acaba escapando do seu control. Para participar nese xogo non é preciso ter a idade de Joana Dalva, nin sentir na pel os conflitos e as espiñas da adolescencia.

Page 7: Poderosa

Os personaxes: A FAMILIA

• A nai…………………………

• O pai………………………..

• O irmán………………….

• A avoa……………………

• Profesora de historia, feminista de boca para fóra, esposa pasiva e resignada.

• Dentista de profesión, pai e esposo namorado.

• Xandi en honor a Alexandro Magno

• Unha encantadora anciá afectada de Parkinson, unha nova Cincenta

Page 8: Poderosa

Os personaxes :

• Leniña (pp 17)• Danyelle (pp28-29)• Joao (pp22-23)• Guto (pp 30)• Salete (pp 18-20)• Apolo (35-36)

Caracterizade agora a cada un destes personaxes…

Page 9: Poderosa

Santa Xoana de Arco e a Guerra dos cen anos:

Pica no seguinte enlace, le e sintetiza a información sobre a vida desta santa francesa:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Xoana_de_Arco

E sobre a Guerra dos cen anos entre Francia e Inglaterra:

http://es.wikipedia.org/wiki/Guerra_de_los_Cien_A%C3%B1os

Page 10: Poderosa

FALAMOS DOS TEMAS:

• As mulleres, os homes e a repartición do traballo (pp. 33-34).

• Adolescencia, menstruación, TPM (16, 164-165).

• Internet (38).• As espiñas (102).• Os piercings (168-70)

Page 11: Poderosa

O amor adolescente:

“Pasei todo o tempo mirando

a espiña da túa fronte, no

medio das cellas, como é

que non reparara niso antes? Un encanto.”

“Non hai nada no mundo máis irresistible que a declaación de amor dun tímido”

“Grazas a ese xogo do gato e o rato gañei o primeiro bico de Joao.”

Page 12: Poderosa

A LECTURA

A lectura é unha viaxe que debe

facerse en silencio.

* Reflexiona e escribe sobre esta cita.

Page 13: Poderosa

VALORACIÓN:

ESCOLLE cales destas afirmacións parécenche que se axustan ao libro:

• O mellor desta novela é a protagonista.• O elemento fantástico está ben • introducido, os feitos resultan • verosímiles.• Os personaxes están ben • caracterizados.• A linguaxe está tratada • con mestría.

Page 14: Poderosa

A ensinanza:

…Pero non todo se resolve con bruxaría (…) todo se arranxou por conta propia e fíxome entender que non é posible competir coas sorpresas do día a día. Incluso cando o meu texto funciona, o resultado é unha realidade apenas provisoria, que antes ou despois crea confusións e obrígame a escribir outro texto; este xera unha nova realidade, e así indefinidamente…

Page 15: Poderosa

A ensinanza (II):

Reflexiona sobre as palabras de Xoana, coincides na súa opinión de que a bruxaría non o soluciona todo?

Todo se arranxa por conta propia?????