Patrimonio Cultural Muradán (II)

40
1 REVISTA DIXITAL DE ARTE E CULTURA Fotografía: Manuel Lago Álvarez The Muros Times -Revista Dixital Muradana de Arte e Cultura- ESPECIAL DECEMBRO—2015 PATRIMONIO CULTURAL MURADAN (II) POR XOKAS FIGUEIRAS

description

Especial TMT Patrimonio Cultural Muradán (II) - Xokas Figueiras

Transcript of Patrimonio Cultural Muradán (II)

1

REVISTA DIXITAL

DE ARTE E CULTURA

Fotografía: Manuel Lago Álvarez

The Muros Times -Revista Dixital Muradana de Arte e Cultura-

ESPECIAL DECEMBRO—2015

PATRIMONIO CULTURAL

MURADAN (II)

POR

XOKAS FIGUEIRAS

2

Director: Jorge Lago Rama - Editor: Manuel Lago Álvarez

Difusión da Cultura— Depósito legal : C2437-2013

Fotografías: Xokas Figueiras, Nieves Formoso Vidal e

Manuel Lago Álvarez

The Muros Times

ESPECIAL DECEMBRO—2015

Carta do Director:

Benquerid@s lector@s:

Este exemplar da Revista Dixital Muradana The Muros Times dedicado ao Patrimonio Cultural

Muradano é o número dous dunha serie de cinco, que TMT porá na rede para dar a coñecer a

propios e alleos, a riqueza e importancia do patrimonio cultural que atesoura o noso concello.

Este número dedicase integramente a pór en valor o patrimonio da parroquia de Louro. Son un

total de 35 fichas elaboradas polo xoven muradán Xokas Figueiras, que xa foran publicadas na

páxina web www.patrimoniogalego.net, un proxecto que ten por obxectivo elaborar un Catálogo Social do Patrimonio

Cultural galego.

O muradano Xokas, elaborou 113 fichas, do total das 174 que dedica este proxecto ao noso concello, facendo

así un importante traballo de campo, moitas veces roubándolle tempo ao seu ocio, e outras acompañado dos seus moi-

tos amigos, porque o noso Xokas ten unha morea de amigos, que como el, teñen pasión por Muros, polo seu patrimo-

nio cultural, pola súa historia e polas súas tradicións.

A nosa noraboa a Xokas Figueiras e o noso agradecemento polo grande traballo realizado, co firme desexo de

que outros moitos muradáns sigan o seu exemplo. Muros necesita de xentes comprometidas como Xokas, que poñan

en valor o moito que temos. TMT, sigue e seguirá coa teima de pór en valor a Muros. Muros todo o merece, e nós,

muradáns, agradecidos fillos, temos que pór canto podamos para que así sexa.

E xa por último, agradecer novamente ao Concello de Muros a súa colaboración na posta en marcha desta ini-

ciativa, que é de todos, e que queremos e desexamos sirva para amosar un pouco do noso patrimonio, e para que ou-

tros profunden no seu estudo.

Con tódolos meus mellores desexos, en nome propio e dos redactores de TMT, unha agarimosa aperta dende

as lonxanas terras da emigración.

Jorge Lago.

3

Indice: Petróglifos de Monte Naraio (I) Páx. 4

Petróglifos de Monte Naraio (II) páx. 5

Cruceiro e petróglifo da Crus da Pedra páx. 6

Petróglifo do Convento páx. 7

Petróglifo do Abrigo das Cruces páx. 8

Cruceiro de Pereusós páx. 9

Cruceiro do adro do Convento páx. 10

Cruz de Punta Lens páx. 11

Cruz de Francisco Bouzas páx. 12

Cruceiro de Carracido páx. 13

Viacrucis do Convento páx. 14

Cruceiro da Igrexa de Louro páx. 15

Muiños do Longarela páx. 16

O Caldeirón páx. 17

Cabaceira dos Romaní páx. 18

Hórreo en Louro páx. 19

Igrexa de Santiago de Louro páx. 20-21

Convento de San Francisco do Rial páx. 22-23

Peirao do Fogareiro páx. 24

Peirao de Goday páx. 25

Cabana do beato Arias del Fresno páx. 26

Cipreses do Convento páx. 27

Rueiro dos Cuncheiros páx. 28

Faro de Montelouro páx. 29

Inscrición no Convento de Louro páx. 30

Fonte de Santo Antonio páx. 31

Fonte da Romiña páx. 32

Fonte de Pereusós páx. 33

Fonte Comido páx. 34

Fonte das Pombas páx. 35

Fonte e lavadoiro de Cuchariños páx. 36

Fonte de Abaixo páx. 37

Fonte de Santa Rosa páx. 38

Fonte do Faro páx. 39

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus

colaboradores nos materiais publicados.

The Muros Times

4

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupes-

tre,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Cerro das Gardas

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Idade do Bronce,

Descrición:

Para acceder, dende a igrexa parroquial de Louro

collemos a estrada que sube ao lugar de Taxes e

na mesma a primeira pista que sae á esquerda e

conduce o Monte Naraio, se subimos pola mesma

atoparemos un pequeno camiño que conduce a un

pequeno grupo de pedras visibles dende a pista.

As formas predominantes son os laberintos, mais

tamen hai signos cruciformes, círculos concéntricos

e pequenas cazoletas nos centros dos laberintos.

Chama a atención a orixinalidade dos laberintos

que se diferencian do esquema típico dos laberin-

tos galegos, dando a pensar que os seus artifices

coñecían formas xeométricas moi complexas. Soen

atoparse deste tipo nos arredores da ría de Ponte-

vedra. As cruces poderían ser representacións de

antropomorfos.

O seu significado podería explicarse como un lugar

de culto.

Propiedade: Comunal

Uso actual: Forestal

Código no Catálogo da Xunta: GA15053027

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da

Xunta e dos PXOM)

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

J.J. Eiroa, Pepa Rey. Guía de los petróglifos de

Muros.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA005.PDF pax 3

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Transitar pola pista e posibel todo o ano, mais a

chegada aos gravados pode ser un pouco compli-

cada debido aos toxos que nacen no camiño.

Onde está localizado:

Latitude: 42.7674360553

Lonxitude: -9.09997344017

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Petróglifos de Monte Naraio (I)

5

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupes-

tre,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Monte Naraio

Outra denominación do ben: O Axito

Cronoloxía: Idade do Bronce,

Descrición:

Para acceder, dende a igrexa parroquial de Louro

collemos a estrada de Taxes e dende esta colle-

mos a pista que sae á esquerda e leva ás casetas

das cabras; dende alí colleremos cara ó oeste du-

rante uns 250 metros.

Consta de varias combinacións de gravados entre

os cales destacan as combinacións de círculos

concéntricos con cazoletas no medio e a represen-

tación de dous podomorfos.

O significado dos círculos podería ser representa-

cións astrais, nalgúns casos con simboloxía solar

pola clara orientación cara ó poñente ou ó nacente,

o que están aos pés poderían ser exvotos, tal co-

mo se fixo en época romana nas lápidas, ou pode-

rían representar un suposto viaxe ao alén.

Propiedade: Comunal

Uso actual: Forestal

Código no Catálogo da Xunta: GA15053028

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da

Xunta e dos PXOM)

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

J.J. Eiroa, Pepa Rey. Guía de los petróglifos de

Muros.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA005.pdf - pax 7

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Non

Está cuberto de maleza: Si

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

É difícil chegar a eles debido á maleza existente na

zona.

Onde está localizado:

Latitude: 42.7660457904

Lonxitude: -9.09723758698

Petróglifos de Monte Naraio (II)

6

Tipo de ben: Cruceiro,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: San Francisco

Outra denominación do ben: Petróglifo do Cru-

ceiro

Cronoloxía: Século XX,

Descrición:

O cruceiro está nun penedo no que hai escavados

uns chanzos para alcanzar o cume. No cumio da

pedra, a modo de pedestal, ten insertado un varal

que sostén unha cruz nova en sustitución da antiga

que desapareceu hai moitos anos.

A carón do cruceiro hai un petróglifo, situado sobre

unha lousa granítica de 3’7 por 4’5 m. Consta dunha

combinación de tres círculos concéntricos, un dos

cales, o exterior, está incompleto. Ten unha cazoleta

central.

Propiedade: Pública

Uso actual: Sen uso

Código no Catálogo da Xunta: GA15053023

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

J.J. Eiroa. Rey Pepa: Guía de los petróglifos de Mu-

ros.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/

documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA004.PDF pax. 11

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Si

Estado de conservación: Regular

Atópase en perigo nestes momentos?:

O cruceiro atópase en bastante bo estado, a cruz

desapareceu a principios do século pasado e recen-

temente foi colocada á actual.

O petróglifo atópase imperceptible, segundo os veci-

ños, por unhas obras cercanas.

Onde está localizado

Latitude: 42.7612888942

Lonxitude: -9.06838774681

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Cruceiro e petróglifo da Crus da Pedra

7

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupes-

tre,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: San Francisco

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Idade do Ferro,

Descrición:

O Petróglifo do Convento sitúase nun pequeno

outeiro pedregoso no recinto do Convento de San

Francisco de Louro. Está composto por un conxun-

to de catro círculos concéntricos, tendo o maior un

diámetro aproximado de 30 centímetros.

É posible que parte do conxunto desaparecese,

pois un dos frades infórmanos de que no século

pasado intentou quitarse a pedra para levarse a un

museo a Compostela.

Propiedade: Privada

Uso actual: Sen uso

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da

Xunta e dos PXOM)

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Si

Estado de conservación: Malo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado:

Latitude: 42.763403305

Lonxitude: -9.07498490804

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Petróglifo do Convento

8

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupes-

tre, Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: San Francisco

Cronoloxía: Descoñecida, Idade do Bronce,

Descrición: O conxunto de petróglifos atópase

nun abrigo rochoso orientado cara ao norte, sobre

o monte das Chans, a pouca distancia do Convento

de Louro. Composto por varias ducias de formas

“cruciformes” de diferentes técnicas executivas,

hainas de trazo ancho e profundo e outras máis

superficiais. Ademais, varias delas terminan en ca-

zoletas e outras parecen “arboriformes” estando a

maior parte no abrigo creado pola rocha, mais nos

lados exteriores tamén se constata a presenza de

varias.

Pepa Rey e Eiroa apuntan que parte delas poden

pertencer a algunha etapa da Idade de Bronce e

que poderían corresponderse con imaxes antropo-

morfas de idoliformes, mais non a totalidade do

conxunto, pois moitas das cruces poderían corres-

ponderse con algún momento da Idade Media no

que os signos cruciformes foron empregados como

signos de demarcación territorial.

Propiedade: Pública

Uso actual: Sen uso

Código no Catálogo da Xunta: GA 15053021

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da

Xunta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA004.pdf (páxina 7-8)

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado:

Latitude: 42.7655240762

Lonxitude: -9.07354402516

Petróglifo do Abrigo das Cruces

9

Tipo de ben: Cruceiro,

Concello: Muros / Muros (comarca)

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Louro - Camiño da Igrexa

Outra denominación do ben: Cruceiro do Muíño

de Axita

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición:

O Cruceiro de Pereusós érguese sobre un só chan-

zo e unha baseamento do que sae un fuste con for-

ma octogonal que dá paso a un capitel prismatico. A

cruz, latina, carece de imaxes.

Atópase entre o linde dunha horta e a estrada que

leva de Louro á igrexa parroquial.

Propiedade: Pública

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA

LÓPEZ, Atanasio: Nuevos estudios críti-

co-históricos acerca de Galicia. CSIC

PÁXINAS WEB

http://

www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA016.pdf

(p. 21)

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Moi bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase moi cerca da estrada, a menos

dun metro da mesma, malia que grazas ao pouco

tránsito da mesma parece non correr demasiado

perigo.

Onde está localizado:

Latitude: 42.7647593334

Lonxitude: -9.08848822117

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Cruceiro de Pereusós

10

Tipo de ben: Cruceiro,

Concello: Muros / Muros (comarca)

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Adro do Convento

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Século XIX,

Descrición:

Formado de dous corpos, un de catro columnas

cun capitel floreado que asenta a súa vez sobre

outro corpo de oito columnas, todo elo rematado

superiormente nunha cruz latina que ostenta unha

imaxe da Virxen de medio corpo; no fuste ten gra-

vada a data 1889.

Propiedade: Privada

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da

Xunta e dos PXOM)

Elementos mobles:

Referencias bibliográficas:

Historia de Muros y su distrito .- 2ª ed. Ramón de

Artaza Malvárez

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA016.pdf - pax.15

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Moi bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7630001468

Lonxitude: -9.07387554646

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Cruceiro do adro do Convento

11

Tipo de ben: Cruceiro, Paisaxe natural,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: O Ancoradoiro

Outra denominación do ben: Cruz de Pepe da

Pedra— Cronoloxía: Século XX,

Descrición: Situada na Punta Lens, moi preto

do complexo vacacional e praia do Ancoradoiro.

Encima dun penedo érguese unha cruz de pedra de

escaso metro de altura nun entorno natural privile-

xiado, conmemora a Pepe “da pedra” que achou a

morte naquel lugar sendo arrastrado polo mar no

ano 1960. A cruz ten pegadas dúas placas metáli-

cas cos seguintes gravados: a inferior di “SOCIO

AMIGO, YA ESTAS EN EL MAR QUE TANTO

AMASTE AHORA DINOS: ¿QUE ES LO QUE HAY

MAS ALLA DE LAS ESTRELLAS”; e a superior, “A

mis Padres para siempre”.

Propiedade: Descoñecida

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Non está inventariado

Referencias bibliográficas:

Inventario do Patrimonio Marítimo Pesqueiro no

Ámbito

das Confrarías de Pescadores de Muros, Lira, O

Pindo, Fisterra e Laxe

http://pindomarino.org/arquivos/

Informe_Memoria_Inventario_Pat_Cult_191208.pdf

Pax 23 do pdf

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Moi bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizada:

Latitude: 42.754528098

Lonxitude: -9.11293387413

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Cruz de Punta Lens

12

Tipo de ben: Cruceiro,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago de)

Lugar: O Ancoradoiro, Estrada Muros-Cee

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Século XX,

Descrición:

A cruz é de escasa altura, aproximadamente 60

centímetros, e cunha estraña feitura. Conmemora a

morte de Francisco Bouzas no ano 1920 mentres ía

na lancha Mazeiras que pescaba a sardiña ao lado

do lago e que naufragou deixando sete mortos. A

cruz ten gravadas as iniciais F. B. é o ano 1920.

Situada na estrada Muros-Cee, pasada a lagoa de

xarfas, sobre un pañasco no lado dereito.

Propiedade: Descoñecida

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Non está inventariado

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

“Elaboración inventario do patrimonio marítimo pes-

queiro no ámbito das confrarías de pecadores de

Muros, Lira, O Pindo, Fisterra e Laxe”

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizada:

Latitude: 42.7588162573

Lonxitude: -9.09768390629

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Cruz de Francisco Bouzas

13

Tipo de ben: Cruceiro,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: O Ancoradoiro, Estrada Muros-Cee

Outra denominación do ben: Cruz de Manuel

Lariño

Cronoloxía: Século XX,

Descrición: Na estrada

Muros-Cee, pasado o lu-

gar de Louro, ao lado de-

reito da estrada, atópase

este cruceiro asentado

sobre un penedo que fai

de baseamento. O fuste

octogonal é de escasa al-

tura e ten gravado nun dos

seus lados “MANUEL LARIÑO”. O capitel, que non

ten ningún tipo de ornamentación, sostén unha

pequena cruz. Trataríase dunha “cruz de afoga-

do”, pois conmemora a morte do citado mariñeiro

na praia de Louro.

Propiedade: Pública

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Non está inventariado

Referencias bibliográficas:

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Non

Está cuberto de maleza: Si

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7591073888

Lonxitude: -9.09563630819

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Cruceiro de Carracido

14

Tipo de ben: Cruceiro, Calvario, Paisaxe histó-rica/cultural, Concello: Muros / Muros (comarca) Parroquia: Louro (Santiago) Lugar: Inmediacións do Convento Outra denominación do ben: Calvario do Con-vento Cronoloxía: Século XIX,

Descrición: Debémoslle a iniciativa dos traba-

llos ao P. Xosé Coll, que foi o primeiro monxe en

retornar a dar vida ao Convento anos despois da

desamortización de 1835.

No ano 1877 comezan as obras de construción

grazas ao traballo dos veciños baixo a dirección de

Ambrosio Polo. O Viacrucis está composto de 15

estacións mostrando os misterios da pasión, situa-

das á beira dunha calzada empedrada de grandes

laxas de pedra que sube ate a cima do monte. Ao

final sobre a cima álzase un cruceiro de tres me-

tros de alto, coroado por unha cruz sen crucifixo,

todo elo asentado sobre unha pedra. Ao lado ten

gravada a inscrición “CHARITAS ME FECIT. AÑO

1878″.

Propiedade: Pública

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da

Xunta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:

Historia de Muros y su distrito .- 2ª ed. Ramón de

Artaza Malvárez

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA016.pdf

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado:

Latitude: 42.7622827327

Lonxitude: -9.07041817904

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Viacrucis do Convento

15

Tipo de ben: Cruceiro,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Igrexario

Outra denominación do ben: Cruceiro do Longa-

rela

Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),

Descrición:

Atópase facendo de rotonda entre a antiga casa rei-

toral e a igrexa parroquial de Louro. A basa atópase

sobre 4 chanzos cun altar adosado. O varal é cilin-

drico e ten a media altura unha imaxe labrada da

Virxe. O capitel ten motivos vexetais, ao igual que a

cruz. Arredor da basa reza a seguinte inscricion:

“Hizo por su devocion y voto Antonio Romero…año

1730″.

O cruceiro foi movido de sitio para efectuar o des-

monte e o capitel e maila cruz non son as orixinais.

Propiedade: Pública

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

Historia de Muros y su distrito . 2ª ed. Ramón de

Artaza Malvárez

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/

documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA016.pdf—pax 19

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Si

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Ao estar facendo de rotonda corre perigo, e tamén

por estar tan preto do desmonte.

Onde está localizado:

Latitude: 42.7674124267

Lonxitude: -9.09159421921

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Cruceiro da Igrexa de Louro

16

Tipo de ben: Muíño,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Louro, Taxes

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: Conxunto de sete muíños de río situa-

dos á beira do regato Longarela. Para chegar a eles

debemos chegar primeiro á Igrexa Parroquial de

Louro, dende onde colleremos a pista forestal que

leva a Taxes. Todos eles de forma rectangular e só

unha planta de altura, os muros feitos de cachote-

ría, empregando algunha peza de cantería na porta-

da, a cal, na maioría dos casos, consta tamén dun

pousadoiro chantado na parede. Os teitos son to-

dos a unha soa auga. Hainos de dous tipos, cubo e

canle, sendo a canle destes últimos de moi corta

duración (menos de 15 metros) debido a cercanía

do regato. Durante a segunda metade do século

pasado deixaron de empregarse provocando o seu

abandono, ao que se xuntou que a propiedade era

comunal: dividíase en pezas non sendo sempre a

partes iguais. A día de hoxe atópanse catro deles

nun pésimo estado de conservación, sen tellado e

coas paredes esborrallándose por partes, as canles

que conducían a auga ata o muíño desapareceron

por tramos, debido a construción da pista forestal

por enriba do camiño. Tan só tres deles foron res-

taurados, púxoselle tellado e porta, as paredes en-

cintáronse e foron repostas as moas gardando un

bo estado na actualidade, aínda que a maleza xa

cobre ao conxunto e require unha actuación de lim-

peza.

No PXOM de Muros do ano 2010 aparecen mal ca-

talogados, defínenos como muíños de Louro sen

poñer a cantidade deles nin as súas ubicacións e

aparece a foto do muíño de A Lavandeira, sendo

este un exemplo situado ao carón das vivendas e

que se atopa só.

Propiedade: ComunalPrivada

Uso actual: Forestal

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA021.pdf

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Si

Está afectado por algunha obra: Si

Estado de conservación: Malo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado:

Latitude: 42.7690893809

Lonxitude: -9.08803224564

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Muiños do Longarela

17

Tipo de ben: Porto,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago de)

Lugar: San Francisco

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: Antiga fábrica de salgazón compos-

ta pola nave que ten pegada unha pequena horta

cercada con acceso dende a parte interior e exte-

rior, contando tamén cunha rampla na praia que

facía de porto de desembarque para os barcos. O

edificio é de planta rectangular e un só andar, alber-

gando un patio descuberto no medio. Os muros son

de cachotería e a entrada está situada nun dos late-

rais máis curtos. O lado que da ao mar ten varias

xanelas e ao igual que o resto do edificio cúbrese

con armazón de madeira e tella do país a dúas au-

gas. Foi edificada polo coñecido fomentador catalán

Abelardo Romaní para usos de almacén, aínda que

rapidamente pasa a converterse nunha fabrica de

salgazón e posteriormente, durante a Primeira Gue-

rra Mundial, funciona como estaleiro onde se botan

dous pali-botes para o tamén industrial catalán Enri-

que Goday.

Pecha a mediados dos anos 50 e nas décadas pos-

teriores é vendido ao seu actual dono que o restau-

ra para uso hostaleiro, sendo a día de hoxe un res-

taurante.É respectouse a súa estrutura orixinal así

como aos píos, sendo o único elemento cambiado a

rampla na praia.

Propiedade: Privada

Uso actual: Hosteleiro

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA013.pdf - pax. 2

Inventario do Patrimonio Marítimo no Ámbito das

Confraríass de Pescadores de Muros, Lira, O Pindo,

Fisterra e Laxe

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Si

Estado de conservación: Moi bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado:

Latitude: 42.7584172706

Lonxitude: -9.07595694065

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

O Caldeirón

18

Tipo de ben: Hórreo,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Louro

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),

Descrición: Gran hórreo de cantería construído

en 1722 por “Avión”, mestre canteiro de Louro. A

data de construción, aparece nunha das caras inter-

nas da construción.

Esta data de construción é a mesma que a da veci-

ña igrexa de Louro, de feito, naqueles momentos o

propietario da cabaceira era o párroco de Louro.

Para a súa construción foi preciso ir buscar as pe-

dras ao monte Naraio, sendo traballadas dentro da

mesma finca onde se atopa. A cabaceira componse

de oito pares de pés que o sosteñen e converten

nun dos exemplares máis grandes de Louro. O tei-

to, a dúas augas con cuberta de tella, foi cambiado

por outro feito de lousas de pedra que impedirían a

entrada de ladróns. O conxunto, nun principio, care-

cía de cumios, mais actualmente estánselle enga-

dindo uns de nova construción.

Propiedade: Privada

Uso actual: Sen uso

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado:

Latitude: 42.7663246466

Lonxitude: -9.09034377333

Cabaceira dos Romaní

19

Tipo de ben: Hórreo,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Louro

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século

XIX,

Descrición: Trátase dun exemplo de hórreo

tipo Fisterra ou de Rachuela, caracterizado polo

uso de pedras pouco traballadas, irregulares e

desiguais. Os seus pés son de forma troncocóni-

ca e asentan directamente no chan. Carece de

remates e de inscricións. O conxunto remata nun

teito de tella do país a dúas augas. A súa constru-

ción dataría entre finais do século XVII e o XIX.

Propiedade: Privada

Uso actual: Agrícola

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Non está inventariado

Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, José Ramón e FERNÁN-

DEZ FERNÁNDEZ, Xosé: «Arquitecturas da Pro-

vincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros,

Noia, Outes e Porto do Son».

CERNADAS SANDE, José: Os Canteiros. Técni-

cas e construcións tradicionais no Concello de

Carnota

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado:

Latitude: 42.7607737368

Lonxitude: -9.08568263054

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Hórreo en Louro

20

Tipo de ben: Igrexa, Cruceiro, Camposanto,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Outra denominación do ben: Igrexa da Madalena

Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),

Descrición: Formada por unha planta moi sinxe-

la con muro de cantaría de granito nos que se

apoian cimbros de madeira que sosteñen unha cu-

berta a dúas augas de tella, recentemente recons-

truída. Na entrada da nave encóntrase un coro ao

que se accede a través duna escaleira pegada ó

muro. Na cabeceira está a ábsida, de menor altura,

cuberta con bóveda de canón e dende á que se ac-

cede a sancristía acaroada nun dos seus late-

rais ,obra de 1860, cando se produciu unha impor-

tante reforma. Na fachada principal sitúase a porta

decorada con arco de medio punto con diversas

molduras apoiadas sobre cornixas e columniñas nas

xambras. Está rematado superiormente por unha

espadana de dobre arcada con frontón triangular e

pináculos.

Rodeando a igrexa encóntrase o cemiterio, formado

por nichos e enterramentos. Ademais, no adro hai

un cruceiro formado por dous chanzos, varal de sec-

ción cadrada rematado nun capitel cadrado. A cruz

Igrexa de Santiago de Louro

21

ten imaxes nos dous lados.

Propiedade: Pública

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da

Xunta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA

SORALUCE BLOND, José Ramón e FERNÁNDEZ

FERNÁNDEZ, Xosé:

«Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota,

Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son».

PÁXINAS WEB:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA011.pdf—(p. 4 – igrexa)

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA016.pdf

(p. 20 – cruceiro)

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Moi bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizada:

Latitude: 42.7669486472

Lonxitude: -9.09159421921

22

Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/

Priorado,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Rúa Camiño do Convento

Outra denominación do ben: Convento de Louro

Cronoloxía: Época Altomedieval, Época Baixo-

medieval, Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,

Descrición: Situado ás aforas da Vila de Muros,

na parroquia de Louro. A primeira constancia dunha

edificación data do ano 1223, pero posiblemente

sexa anterior. No ano 1432 a capela románica de

Santa Mónica do Rial pasa a ser convento grazas a

unha bula papal de Eugenio IV na que concedía

indulxencias por visitar a capela en certos días. Nun

principio os monxes vivían en “observancia” como

consta nos acordos forais do ano 1475, pero tamén

predicaban “sermóns cuaresmais” na próxima Vila

de Muros, segundo documentos do ano 1583. Al-

bergou a grandes persoas como Fray Antonio de

Acuña a quen lle debe a súa gran biblioteca, Fray

Juan de Muros ou Fray Arias de Fresno, quen mo-

rreu no convento debido a ser el o encargado volun-

tario de coidar os apestados, contraendo el a enfer-

midade e sendo sepultado dentro da igrexa aos pés

do altar maior. A súa fundación atribúese segundo

Ramón de Artaza ás xentes da Vila de Muros ba-

sándose en varios documentos que así o certifican,

como un do ano 1820 no que a Audiencia Nacional

do Reino pide un inventario ao concello no que o

convento aparece como fundado polos da Vila, e

así como no ano 1810 cédenselle as chaves do

mesmo durante as procesións da Semana Santa

para que as porte o ilustre Gaspar de Jovellanos. A

súa pasada importancia queda así revestida, tamén

nas múltiples terras, sendas e pensións vendidas

na desamortización, así como nos múltiples testa-

mentos que o largo da súa historia (1435, 1563,

1751, 1875, etc). Tras varios anos de inactividade

no que é vendido, case desaparece, e grazas ao

señor García Pan, quen o cede xunto cun gran pi-

ñeiral, voltando a mans dos Franciscanos, quen con

axuda dos veciños voltan a darlle vida construíndo

Convento San Francisco do Rial

23

o viacrucis para conmemorar o feito, iniciativa do

P. Coll. Durante os primeiros anos do século pasa-

do desempeñou a función de Escola Seráfica até

que foi trasladada ao convento de Herbón en Pa-

drón.

O mosteiro encóntrase hoxe en día totalmente re-

construído e non conserva as antigas dependen-

cias monacais de estilo gótico. A fabrica é sinxela

e destaca o claustro de escasa altura e dimen-

sións, nun estilo sobrio, típico nas construcións

galegas, con arcadas de medio punto sobre colum-

nas cadradas, nun dos laterais unha inscrición:

“Este paño de claustro hizo bastian baçar y su mu-

ger Margarita Perez, año de 1646″; atopándose o

claustro presidido por un fermoso cruceiro. Dentro

do recinto amurallado do convento que cubre

75.000 metros cadrados atópase un bosque de

pino cruzado por un regueiro, así como as instala-

cións monacais xunto cun cemiterio, restos de pe-

tróglifos, un muíño, fontes, etc… A dia de hoxe

acolle, a parte das funcións relixiosas, un cámping

e un hostal.

A igrexa conserva a fábrica de estilo oxival, con

arco triunfal columnas e capiteis. A planta ten a

capela maior na cabeceira, de menor ancho e des-

tacada ao exterior pola menor altura; volumetrica-

mente, destaca unha torre campanario, engadida

na fachada, de estilo escéptico e anodino.

Propiedade: Privada

Uso actual: ForestalResidencialHosteleiroOu-

tros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da

Xunta e dos PXOM)

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

Soraluce Blond, José Ramón. Fernández Fernán-

dez, Xosé: «Arquitecturas da Provincia da Coruña,

Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do

Son».

Artaza Malvárez, Ramón. Historia de Muros y su

distrito 2ªedicion

López, Atanasio: Nuevos estudios crítico-históricos

acerca de Galicia. CSIC

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado:

Latitude: 42.7631792118

Lonxitude: -9.07407402992

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

24

Tipo de ben: Porto,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Monte Louro

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: Trátase dun peirao ou rampla fei-

ta para facilitar a descarga de peixe para a fábrica

próxima de salgadura durante a preamar, pois na

baixamar o calado era insuficiente para o atraque

das lanchas. Por iso, a descarga do peixe facíase

pola praia, traballo reservado as mulleres, quen

se achegarían até as lanchas para recoller nelas

o peixe. A diferencia entre este e outros peiraos

consiste en que normalmente están feitos con

grandes bloques graníticos de perpiaño, máis

neste caso non e así. Aproveitouse un gran blo-

que macizo de granito que se mete no mar en

forma de espigón e foise rebaixando até conse-

guir a súa actual forma de rampla, quedando así

un fermoso espigón macizo. Coa posterior venta

e transformación da fábrica en complexo residen-

cial, a rampla queda en desuso.

Propiedade: Privada

Uso actual: Infraestrutura

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Non está inventariado

Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado:

Latitude: 42.7513025597

Lonxitude: -9.08056282984

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Peirao do Fogareiro

25

Tipo de ben: Porto,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: San Francisco

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Século XX,

Descrición:

Espigón construído na praia de Goday a comezos

do século pasado para facilitar as tarefas de des-

embarco do peixe para a fábrica de salgadura do

mesmo nome. Formado por grandes bloques de

perpiaño, intérnanse no mar a modo de dique, pa-

ra así dar o calado suficiente aos barcos, chegan-

do até a mesma horta da fábrica. A día de hoxe,

atópase en desuso por mor do peche de dita facto-

ría.

Propiedade: ComunalPrivada

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Non está inventariado

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7543956187

Lonxitude: -9.07869708532

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Peirao de Goday

26

Tipo de ben: Vivenda singular,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: San Francisco

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Época Baixomedieval,

Descrición:

Trátase dunha cabana situada dentro do recinto do

Convento de Louro. A construción debe pertencer

a algún momento da Idade Media anterior o século

XVI, pois na segunda metade do mesmo, Arias del

Fresno, que era un dos monxes franciscanos do

convento, retirouse á cabana. Alí coidou a outro

dos irmáns, quen contraera a peste, acabando

Arias sucumbindo a enfermidade, o que lle valeu a

consideración de beato.

A cabana é unha pequena construción de cachota-

ría con cuberta a dúas augas e unha cruz no cumio

da fachada principal, na que o único van que se

abre é a porta.

Propiedade: Privada

Uso actual: Sen uso

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Non está inventariado

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Si

Estado de conservación: Regular

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado:

Latitude: 42.7630855441

Lonxitude: -9.07480841872

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Cabana do beato Arias del Fresno

27

Tipo de ben: Paisaxe natural,

Concello: Muros / Muros (comarca)

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Camiño do Convento

Outra denominación do ben: Cipreses de Monte-

rrei

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición:

Trátase dun conxunto de cinco cipreses centena-

rios, un na entrada do camping e o resto de camiño

ao convento. Son orixinarios da Bahía de Monterrei

en California (E.E.U.U.), cultivados en todo o mun-

do polos seus valores ornamentais. É probable que

en España fosen introducidos polos monxes fran-

ciscanos, pois os exemplares de Louro son dos

máis antigos do Estado.

Propiedade: Privada

Uso actual: Forestal

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Non está inventariado

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

Árboles en España. Manual de identificación . A.

López Trillo, J.M. Sánchez de Lorenzo

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Moi bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde están localizados:

Latitude: 42.7619223323

Lonxitude: -9.07252907753

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Cipreses do Convento

28

Tipo de ben: Vivenda singular, Alpendres e edifi-

cios auxiliares,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Louro. Rueiro dos Cuchariños

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: Conxunto formado por unha viven-

da e un alpendre adosado. Trátase de dúas edifica-

cións rectangulares cubertas cada unha delas a

dúas augas,conformando así unha fachada de dous

piñóns, na que resalta a sopena para protexer o cu-

mio, e unha gárgola para a saída da auga que per-

corre a gran canle do muro medianeiro cara á fa-

chada. Nos muros utilízanse grandes pezas graníti-

cas axustadas con rachas, (perpiaño sen regulari-

zar). No alpendre destaca a porta, protexida por

dúas grandes pezas monolíticas que soportan a súa

vez outra que serve de tornachoivas. A vivenda ac-

cédese por un sinxelo patín sen antepeito baixo o

que se encontra a entrada ás cortes. Este tipo de

construción correspondería a chamada “casa do

pincho”, que apareceu na Galiza mariñeira na idade

media e caracterízase por ter o piñón na fachada da

casa, así como pola súa construción entre media-

neiras.

Propiedade: Privada - Uso actual: Residencial

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Dato descoñecido

Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, José Ramón e FERNÁNDEZ

FERNÁNDEZ, Xosé: «Arquitecturas da Provincia da

Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e

Porto do Son».

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Onde está localizado:

Latitude: 42.7606391703

Lonxitude: -9.08530497538

Rueiro dos Cuncheiros

29

Tipo de ben: Faro,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Montelouro

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Século XIX,

Descrición:

O proxecto deste faro redactouse en 1860 e consis-

te nun pequeno edificio de planta rectangular de 11

x 10,20 metros; a torre é troncopiramidal de sección

hexagonal e cunha altura de 5,30 metros, coroada

por un balconciño lixeiramente voado sobre o que

descansa o torreón cilíndrico que, a súa vez, soporta

a lanterna poligonal de 1,60 metros de diámetro con

cristais planos e montantes verticais. Os traballos

finalizáronse en 1861. O seu aparato luminoso é

unha lámpada de émbolo que utilizaba como com-

bustible aceite, posteriormente substituída por unha

de petróleo. A torre é hexagonal, da cor clara do

granito do que está construída, e a lanterna octogo-

nal branca; está unida á habitación dos fareiros.

“ACENDIDO O 15 DE XULLO DE 1862.” Por aplica-

ción da reforma do Plan de 1902, realízase un

proxecto de reforma do aparato, acoplándolle un

xogo de pantallas xiratorias accionadas por unha

máquina de reloxería. Así permaneceu ata o 18 de

abril de 1949 no que se substitúen a lámpada Maris

por un sistema de acetileno que co tempo se lle

cambiou, esto significou a supresión do persoal que

o atendía, agregándoselle o servicio ó de faro de

Rebordiño, onde se situaría a residencia do técnico.

Actualmente encóntrase electrificado con utilización

de enerxía fotovoltaica subministrada por seis módu-

los de 75 W/p. Reforma esta realizada a principios

do ano 1993.

Propiedade: Pública

Uso actual: Infraestrutura

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

http://baliza.portel.es/ap_puertos/arosa/

senales2.htm

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado:

Latitude: 42.739232809

Lonxitude: -9.07873034477

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Faro de Montelouro

30

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago de)

Lugar: Louro

Outra denominación do ben: Inscrición do

claustro do Convento

Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),

Descrición:

A inscrición atópase nun dos panos do claustro do

Convento de Louro. Segundo Artaza fai referencia

a construción do mesmo e di:

“ESTE PAÑO DE CLAUSTRO HIZO BASTIAN

BACAR Y SU MUGER MARGARITA PEREZ AÑO

1646″

Propiedade: Privada

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da

Xunta e dos PXOM)

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

Artaza Malvárez, Ramón de: “Historia de Muros y

su distrito”. 2ª edición.

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Moi bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizadoa:

Latitude: 42.7631749452

Lonxitude: -9.0742076039

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Inscrición no Convento de Louro

31

Tipo de ben: Fonte,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: San Francisco - Convento

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición:

A Fonte de Santo Antonio está situada no interior do

recinto do Convento de Louro. Debido a que se ato-

pa baixo o nivel do terreo, hai que acceder a ela bai-

xando uns chanzos.

A fonte está composta por un frontón de forma trian-

gular e coroado por unha cruz. A auga sae por un

único cano situado baixo unha pequena fornela, no

frontón, que alberga a imaxe de Santo Antonio.

Propiedade: Privada

Uso actual: Infraestrutura

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Moi bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizada:

Latitude: 42.7626668271

Lonxitude: -9.07428753369

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Fonte de Santo Antonio

32

Tipo de ben: Fonte,

Concello: Muros

Parroquia: Louro

Lugar: Taxes

Outra denominación do ben: Fonte de Taxes

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición:

A Fonte da Romiña esté composta por unha lousa,

disposta en posición vertical, da que sae o cano

que verte directamente sobre unha pía de pedra. O

caudal é de 8,640 litros e a temperatura de 14,5ºC.

Situada no lugar de Taxes, a fonte foi recentemen-

te restaurada. Ademais, acondicionouse a zona

coa colocación dun banco, pois na década dos 90,

debido a un corremento de terras, a fonte quedara

sepultada.

Propiedade: Pública—Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Non está inventariado

Elementos mobles:

Referencias bibliográficas:

«Louro, guía de fontes». Equipo de Normalización

Lingüística do Colexio Público de Louro, coa cola-

boración da Mancomunidade de Montes en Man

Común de Louro.

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Si

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizada:

Latitude: 42.77442199027566

Lonxitude: -9.083051919806167

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Fonte da Romiña

33

Tipo de ben: Fonte,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Louro

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Século XX,

Descrición:

A fonte, de tipoloxía de “cabaliño”, abastécese da

auga que antes subministraba o tanque da Lavan-

deira. Ten un caudal de 21.000 litros diarios, a unha

temperatura de 14ªC, cunha chave de paso que re-

gula a saída da auga. Para dita construción aprovei-

touse unha pía cedida pola veciñanza. Dita pía era

usada antigamente como salgadoiro para salgar a

carne.

A fonte está situada na estrada de Taxes a Louro, á

altura dunha pequena zona acondicionada con ban-

cos de pedra, construída no ano 1994.

Propiedade: Pública

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Non está inventariado

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

«Louro, guía de fontes». Equipo de Normalización

Lingüística do Colexio Público de Louro, coa colabo-

ración da Mancomunidade de Montes en Man Co-

mún de Louro.

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Moi bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizada:

Latitude: 42.7656560065

Lonxitude: -9.08856868744

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Fonte de Pereusós

34

Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago de)

Outra denominación do ben: Fonte e lavadoiro,

San Francisco

Cronoloxía: Século XX,

Descrición: Situada no camiño que sae da co-

marcal 550 (Muros-Carnota) á praia de Goday. Foi

construída no ano 1937 por dous veciños da parro-

quia, Amador e Agulla. Formada por tres grandes

pías rectangulares de cantería, que levan nas súas

frontes pezas inclinadas para o lavado da roupa. A

auga sae dun frontón con dous tornos, un que

comprende a fonte e outro que libera a auga sobre

unha canle de pedra que conecta cos píos, que

actualmente están en desuso. Debido a unhas

obras recentes na fonte a caseta do clorador que

se atopaba sobre o frontón foi desfeita, tamén se

cubre o piso con cemento e foron inutilizados os

lavadoiros. Orixinalmente esta fonte contaba cunha

cuberta de dúas augas e tella do país que xa hai

anos foi esnaquizada bandalicamente e non foi

reposta. Ten un caudal diario de 46.256 litros a

unha temperatura de 16ªC.

Propiedade: Comunal - Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da

Xunta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:

«Louro, guía de fontes». Equipo de Normalización

Lingüística do Colexio Público de Louro,

coa colaboración da Mancomunidade de Montes

en Man Común de Louro.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA018.pdf

Afeccións: Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Si

Estado de conservación: Regular

Fonte Comido

35

Tipo de ben: Fonte,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Louro (A Lavandeira)

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición:

Situada no camiño da Lavandeira a Taxes no lado

dereito da estrada, accédese a ela subindo unhas

escaleiras para salvar o desnivel. Non se coñece a

data da súa construción. Carece de arqueta e o

rego polo que discorre a auga ten moi pouco fon-

do. Ten unha pía coas pedras inclinadas para faci-

litalas tarefas de lavado e unha pequena lousa na

que se pousan os caldeiros. Hai uns anos púxose-

lle un banco e reforzouse todo con cemento para

evitar o avance dos eucaliptos. Ten un caudal de

9.612 litros diarios a unha temperatura de 15ºC.

Propiedade: Pública

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Non está inventariado

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

«Louro, guía de fontes». Equipo de Normalización

Lingüística do Colexio Público de Louro, coa cola-

boración da Mancomunidade de Montes en Man

Común de Louro.

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Si

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizada:

Latitude: 42.7653531568

Lonxitude: -9.0814769268

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Fonte das Pombas

36

Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Louro, Cuchariños

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: A fonte-lavadoiro sitúase en Cuchari-

ños, ao carón do río do mesmo nome. Non se coñe-

ce a data de construción, malia que na década pa-

sada sufriu unha importante reforma financiada polo

concello. Consistiu na colocación de tres arquetas,

a construción dun muro de contención e o cementa-

do do chan. Ten unha pía dobre, torno e billa. Ade-

mais, un rego de pedra capta a agua da fonte para

o lavadoiro. O seu caudal é de 8928 litros diarios a

a súa temperatura de 15,5º.

Propiedade: Pública

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:

“Louro, guía de fontes”. Equipo de Normalización

Lingüística do Colexio Público de Louro, coa cola-

boración da Mancomunidade de Montes en Man

Común de Louro.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/

siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/

documents/22396CA018.pdf (pax. 15)

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Si

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7632301481

Lonxitude: -9.08455610275

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Fonte e lavadoiro de Cuchariños

37

Tipo de ben: Fonte,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Louro. Cuchariños

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición:

Situada nas inmediacións do lugar de Cuchariños,

trátase da fonte máis grande de Louro. Tamén é a

fonte con maior caudal da parroquia, con 65.088

litros ao día repartido en dous canos. Conta con

dúas enormes pías con lavadoiros polos dous la-

dos. A auga cae por dous tornos a unha temperatu-

ra de 16º.

Propiedade: Pública

Uso actual: Equipamento

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Elementos mobles:

Tradición oral:

Referencias bibliográficas:

«Louro, guía de fontes». Equipo de Normalización

Lingüística do Colexio Público de Louro, coa cola-

boración da Mancomunidade de Montes en Man

Común de Louro.

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7623715114

Lonxitude: -9.0864652991

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Fonte de Abaixo

38

Tipo de ben: Fonte,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Louro

Outra denominación do ben: Fonte de Convento

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: Situada no recinto interior do Con-

vento e na horta traseira, no baixo dun alpendre moi

degradado e cun gran exceso de cemento e blo-

ques. A fonte está presidida por unha pequena for-

nela coa imaxe de Santa Rosa de Lima, a auga cae

directamente nun cubo feito con pequenas pedras.

Todo o conxunto atópase afeado polo exceso de

cemento, o verdello que cobre as paredes e os ca-

bleados que percorren as paredes.

Propiedade: Privada

Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xun-

ta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:

«Louro, guía de fontes». Equipo de Normalización

Lingüística do Colexio Público de Louro, coa colabo-

ración da Mancomunidade de Montes en Man Co-

mún de Louro.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/

documentos/urbanismo//MUROS/

documents/22396CA018.pdf - pax. 13

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Non

Está afectado por algunha obra: Si

Estado de conservación: Regular

Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizada:

Latitude: 42.763614893

Lonxitude: -9.07434198259

Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Fonte de Santa Rosa

39

Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,

Concello: Muros

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Montelouro

Cronoloxía: Século XIX,

Descrición: Tense constancia de que foi cons-

truída no ano 1891 ainda que carece de inscri-

cións. Foi usada para os servizos dos fareiros até a

desaparicion dos mesmos, tamén cabe dicir que a

pesares da súa gran distancia á Vila de Louro, a

esta fonte viñan as veciñas na procura de auga e a

lavar a roupa. Consta dun bonito frontón do que

sae o cano que se atopa xusto no medio, a auga

cae sobre unha pía que ten insertada unha laxa

para facilitar as tarefas de lavado. Durante os in-

cendios que asolaron Montelouro nos anos 80 a

fonte quedou sepultada baixo un desprendemento,

sendo desenterrada encintada. Colocóuselle un

torno de aceiro no ano 1991 por alumnos da Aula

de Medio Ambiente do Colexio de Louro. Ten un

caudal diario de 7.248 litros cunha temperatura de

16ªC.

Propiedade: Comunal Uso actual: Outros

Código no Catálogo da Xunta:

Categoría do Ben: Non está inventariado

Referencias bibliográficas: «Louro, guía de

fontes». Equipo de Normalización Lingüística do

Colexio Público de Louro, coa colaboración da

Mancomunidade de Montes en Man Común de

Louro.

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si

Está cuberto de maleza: Si

Está afectado por algunha obra: Non

Estado de conservación: Bo

Onde está localizada:

Latitude: 42.7388381614

Lonxitude: -9.08060252666

Fonte do Faro

40

COLABORA:

CONCELLO DE MUROS