Os sofás chester

16
1 VIAXANDO CON CHESTER CICLO DE MADEIRA IES DE MELIDE Os sofás Chesterfield ou Chéster son un símbolo indiscutible e emblemático do Estilo Clásico Inglés en mobiliario e decoración. A súa orixe histórica documentada, data de principios do século XIX cando se empregaron para ambientar os exclusivos e elitistas clubs sociais londinienses, onde só se permitía a entrada a socios do xénero masculino. Nas décadas seguintes pasou aos salóns das casas británicas da alta sociedade e posteriormente popularizouse ata converterse nunha icona da decoración británica e o sofá clásico inglés por excelencia.

description

Traballo realizado polo alumnado do ciclo de madeira do IES de Melide, coordinado polo profesor Fernando López Martínez

Transcript of Os sofás chester

Page 1: Os sofás chester

1

VIAXANDO CON CHESTER CICLO DE MADEIRA IES DE MELIDE

Os sofás Chesterfield ou Chéster son un símbolo indiscutible e emblemático do

Estilo Clásico Inglés en mobiliario e decoración. A súa orixe histórica

documentada, data de principios do século XIX cando se empregaron para

ambientar os exclusivos e elitistas clubs sociais londinienses, onde só se

permitía a entrada a socios do xénero masculino. Nas décadas seguintes

pasou aos salóns das casas británicas da alta sociedade e posteriormente

popularizouse ata converterse nunha icona da decoración británica e o sofá

clásico inglés por excelencia.

Page 2: Os sofás chester

2

Varios séculos despois, os sofás Chesterfield son un símbolo de elegancia,

clase e sofisticación. Decoran cuartos en casas de todo o planeta. Tamén

adornan museos, hoteis e oficinas.Tradicionalmente en pel, pero tamén nas

súas versións en tea, esta icona inconfundible da tapizaría de calidade sempre

está de moda.

Page 3: Os sofás chester

3

Sofá Chesterfield, butaca Chester, cadeira de brazos Chesterfield. Estes

mobles son un símbolo do clasicismo e da mellor artesanía británica. Pero de

onde vén o seu nome? Por que se chaman Chesterfield?

Page 4: Os sofás chester

4

Chesterfield é un condado de Inglaterra situado no centro do país. A primeira

referencia histórica que se ten do primeiro conde de Chesterfield é

de PhilipStanhope I (1584-1656). Sería un dos seus sucesores

(posiblemente Philiip Stanhope V, que viviu no S XVIII), o responsable de

acuñar o termo 'sofá Chesterfield'.

One Direction on the Chesterfield couch

Page 5: Os sofás chester

5

O Conde encargou a un ebanista a elaboración dun sofá elegante para poder

adornar un distinguido club de cabaleiros. O carpinteiro levou a cabo un deseño

moi novidoso por dous motivos:

. O tapizado estaba rematado por botones, o que resultaba moi elegante e

bonito.

. Os repousabrazos do sofá estaban á mesma altura que o respaldo, o que

permitía sentarse coas costas ergueitas.

Page 6: Os sofás chester

6

Sala Nautilus - Aquarium Finisterrae – A Coruña

O deseño do sofá gustou moito ao Conde, tanto que lle serviu o seu título a

peza: sofá Chesterfield.

Page 7: Os sofás chester

7

Foi o primeiro canapé totalmente tapizado, cousa moi orixinal na época.

http://www.ontsofa.co.uk/

De orixe aristocrática, pronto foi adoptado pola burguesía e a clase podente

como o súmmum do estilo refinado. A proliferación de clubs masculinos

primeiro entre a sociedade londiniense e máis tarde no resto de Inglaterra, o

converteu en peza fundamental e imprescindible en salóns da alta sociedade

británica, despachos de profesionais liberais, banqueiros e novos ricos. En

definitiva, calquera que puidese permitirllo debía ter un Chesterfield para

demostrar ou aparentar o seu status social. A todos nos consta, a extrema

importancia conferida ás aparencias na Inglaterra Vitoriana.

Divulgado no vasto imperio colonial do Reino Unido polos oficiais da Armada

Británica e introducido con éxito nos círculos da alta sociedade americana

polas súas connotacións nostálxicas da nai patria.

Page 8: Os sofás chester

8

As cores e modelos (butacas, cadeiras de brazos, banquetas, randeeiras...)

que se foron sucedendo ao longo de douscentos anos, nunca deixaron de

inspirarse no orixinal asento da lenda, se ben foron mellorando a súa

comodidade na súa adaptación a ámbitos domésticos e necesidades actuais. O

tapizado capitoné (botóns cosidos a man), as patas curtas e torneadas son as

principais características desta xoia do deseño.

Os sofás Chesterfield auténticos adoitan ter os pés en forma de bolo feitos de

madeira de caoba. Os marcos, aínda que difíciles de inspeccionar, tamén se

constrúen a man con madeiras secas como faia e bidueiro.

Page 9: Os sofás chester

9

O capitoné é unha forma de tapizado clásico, moi elegante, que se caracteriza

polo acolchado en relevo seguindo unha pauta regular e ordenada, como un

deseño xeométrico. Os puntos afundidos sobre o recheo conséguense

tensando cordeis de lado a lado, engadindo logo uns botóns que cumpren a

función de ocultar o cordame.

Page 10: Os sofás chester

10

Os auténticos sofás Chesterfield están feitos con peles completas de coiro de anilina, non con peles divididas ou substitutos artificiais. O coiro de anilina somérxese en un baño de tinguidura. O resultado final é unha pel completamente de cor que mantén os defectos naturais e as marcas. Debido a que só as peles da mellor calidade se poden tinguir con este método, é un bo indicador da autenticidade do Chesterfield.

Page 11: Os sofás chester

11

Os Chesterfields utilizan paneis con capas de recheo de alta calidade

envolvidos en crina de cabalo. Crina, un recheo introducido polos fabricantes

de mobles alemáns e utilizado na tapizaría dos séculos, utilízase na fabricación

de mobles de alta calidade.

Page 12: Os sofás chester

12

Primeiro constrúese unha estrutura a base de madeira, peiraos, corda, correas

e crina de cabalo; incrústanse a continuación os botóns na pel para formar o

característico rematado de rombos; e fórrase a estrutura de madeira coséndoa

totalmente de xeito manual.

Page 13: Os sofás chester

13

http://www.chesterfields.co.uk/

Page 14: Os sofás chester

14

Os coxíns do sofá fórmanse con núcleo de escuma de alta calidade e de novo envolvidos en crina de cabalo.

150 metros de fío para puntadas, 60 muelles bicónicos, 14 quilos de madeira

de faia, 70 botóns revestidos en pel, 15 quilos de crina, 18 metros de correas

de fibra vexetal, 10 metros cadrados de pel. Estos son os ingredientes do

laboriosos traballo.

Page 15: Os sofás chester

15

En 1929 Mies van der Rohe creou, para o Pavillón de Alemaña da exposición universal de Barcelona, exemplo incontestable da modernidade e do minimalismo, a cadeira Barcelona con tapizado capitoné.

A día de hoxe este tapizado non deixa de estar de moda e mesmo IKEA comercializa algunhas series de mobles con tapizado capitoné, como estes sofás.

Page 16: Os sofás chester

16

O Chesterfield está de moda e actualmente, resulta habitual encontralos tamén

en ambientes moi afastados do clásico. Vémolos a miúdo nos medios de

comunicación, cine, tv, revistas de sociedade, e nos fogares de famosos,

políticos, actores, modelos, campañas publicitarias, vídeos musicais de grupos

de Rock e estrelas do Pop.

Sofá Chesterfield: puro deseño tradicional inglés e unha icona vintage de

irrefutable éxito mundial.

VIAXANDO CON CHESTER CICLO DE MADEIRA IES DE MELIDE