Os reis magos son de verdade

35
Cambio de diapositivas automático.

Transcript of Os reis magos son de verdade

Page 1: Os reis magos son de verdade

Cambio de diapositivas automático.

Page 2: Os reis magos son de verdade

Papa?

Apenas seu pai sentou ao chegar á casa, disposto a escoitar, como todos os días o que a súa filla lle contaba das súas actividades no colexio, cando esta en voz algo baixa, como con medo, lle dixo:

Page 3: Os reis magos son de verdade

Si, filla, cóntame

Page 4: Os reis magos son de verdade

Oe, quero... que me digas

a verdade

Page 5: Os reis magos son de verdade

Claro, filla. Sempre cha digo

- respondeu o pai un pouco sorprendido

Page 6: Os reis magos son de verdade

E que...

- titubeou Iria

Page 7: Os reis magos son de verdade

Dime, filla, dime.

Page 8: Os reis magos son de verdade

Papá, existen os Reis Magos?

O pai de Iria quedou mudo, mirou á súa muller, intentando descubrir a orixe daquela pregunta, pero só puido ver un rostro tan sorprendido como o seu, que o miraba igualmente.

Page 9: Os reis magos son de verdade

- As nenas din que son os pais.

É verdade?

A nova pregunta de Iria obrigouno a volver a mirada cara á nena e tragando saliva díxolle:

Page 10: Os reis magos son de verdade

E ti que cres, filla?

Page 11: Os reis magos son de verdade

Eu non sei, papá: que si e que non. Por un lado

paréceme que si que existen porque ti non me enganas; pero, como

as nenas din iso.

Page 12: Os reis magos son de verdade

Mira, filla, efectivamente son

os pais os que poñen os regalos

pero...

Page 13: Os reis magos son de verdade

Entón é verdade?

- cortou a nena cos ollos humedecidos -.

Page 14: Os reis magos son de verdade

Enganástesme!

Page 15: Os reis magos son de verdade

Non, mira, nunca te enganamos porque

os Reis Magos si que existen.

- respondeu o pai collendo coas súas dúas mans a cara de Iria.

Page 16: Os reis magos son de verdade

Entón non o entendo, papá!

Page 17: Os reis magos son de verdade

Senta, miña nena, e escoita esta historia que che vou contar, porque xa chegou a hora de que poidas

comprendela.

- dixo o pai, mentres sinalaba coa man o asento ao seu carón.

Page 18: Os reis magos son de verdade

Iria sentou entre seus pais ansiosa de escoitar calquera cousa que a sacase da súa dúbida, e seu pai dispúxose a narrar o que para el debeu de ser a verdadeira historia dos Reis Magos:

Page 19: Os reis magos son de verdade

Cando o Nen Xesús naceu, tres Reis que viñan de Oriente guiados por unha estrela achegáronse ao Portal para adoralo. Leváronlle regalos en proba de amor e respecto, e o Neno púxose tan contento e parecía tan feliz que o máis ancián dos Reis, Melchor, dixo:

Page 20: Os reis magos son de verdade

“É marabilloso ver tan feliz un Neno! Deberíamos levar regalos a todos os nenos do mundo e ver o felices que serían.”“Oh, si! - exclamó Gaspar -. É unha boa idea, pero é moi difícil de facer. Non seremos capaces de poder levar regalos a tantos millóns de nenos como hai no mundo.”

Page 21: Os reis magos son de verdade

Baltasar, o terceiro dos Reis, que estaba escoitando os seus dous compañeiros con cara de alegría, comentou: “É verdade que sería fantástico, pero Gaspar ten razón e, aínda que somos magos, xa somos anciáns e resultaríanos moi difícil poder recorrer o mundo enteiro entregando regalos a todos os nenos. Pero sería tan bonito!”

Page 22: Os reis magos son de verdade

Os tres Reis puxéronse moi tristes ao pensar que non poderían realizar o seu desexo. O Neno Xesús, que desde o seu pobre berce parecía escoitalos moi atento, sorriu e a voz de Deus escoitouse no Portal:

Page 23: Os reis magos son de verdade

“Sodes moi bos, queridos Reis Magos, e agradézovos os vosos regalos. Vou a axudarvos a realizar o voso fermoso desexo. Decídeme: que necesitades para poder levar regalos a todos os nenos?”

Page 24: Os reis magos son de verdade

“Oh, Señor! - dixeron os tres Reis - necesitariamos millóns e millóns de paxes, case un para cada neno que puidesen levar ao mesmo tempo a cada casa os nosos regalos, pero non podemos ter tantos paxes, non existen tantos.”

Page 25: Os reis magos son de verdade

“Non vos preocupedes por iso -dixo Deus -, eu vouvos dar, non un senón dous paxes para cada neno que hai no mundo.” - “Sería fantástico! Pero, como é posible?” – dixeron á vez os tres Reis Magos, con cara de sorpresa e admiración.

Page 26: Os reis magos son de verdade

“Decídeme, non é verdade que os paxes que vos gustaría ter deben querer moito aos nenos?” -preguntou Deus.- “Si, claro, iso é fundamental” - asintiron os tres Reis. “E, verdade que eses paxes deberían coñecer moi ben os desexos dos nenos?” - engadiu Deus.

Page 27: Os reis magos son de verdade

“Si, si! Iso é o que esixiriamos a un paxe” - responderon cada vez máis entusiasmados os tres. “Pois decídeme, queridos Reis: hai alguén que queira máis aos nenos e os coñeza mellor que seus propios pais?”Os tres Reis oláronse asintindo e empezando a comprender o que Deus lles estaba planeando, cando se volveu oír de novo a voz:

Page 28: Os reis magos son de verdade

“Posto que así o tedes querido e para que no nome dos Tres Reis Magos de Oriente todos os nenos do mundo reciban algúns regalos, EU ordeno que, en Nadal, todos os pais se convertan nos vosos paxes, e que no voso nome, e da vosa parte, regalen aos seus fillos os regalos que desexen.

Page 29: Os reis magos son de verdade

Tamén ordeno que, mentres os nenos sexan pequenos, a entrega de regalos se faga como se a fixesen os propios Reis Magos. Pero cando os nenos sexan suficientemente grandes para entender isto, os pais lles contarán esta historia e a partir de entón, en todos os Nadais, os nenos farán tamén regalos aos seus pais en proba de agarimo.

Page 30: Os reis magos son de verdade

E, arredor do Belén, recordarán que grazas aos Tres Reis Magos todos son máis felices.”

Page 31: Os reis magos son de verdade

Agora si que o entendo todo papá. E estou moi contenta de

saber que me queredes e que non me tedes enganado.

Cando o pai de Iria rematou de contar esta historia, a nena levantouse e, dando un bico a seus pais díxolles:

Page 32: Os reis magos son de verdade

Non sei se terei bastante para

mercarvos algún regalo, pero para o ano que vén xa

gardarei máis cartos.

e correndo, dirixiuse ao seu cuarto, regresando coa súa hucha na man mentras dicía:

Page 33: Os reis magos son de verdade

e todos se abrazaron mentres, de certo, desde o Ceo, os tres Reis Magos contemplaban a escena tremendamente satisfeitos.

Page 34: Os reis magos son de verdade

“Uns Magos que viñan de Oriente chegaron a Xerusalén preguntando: “Onde está o rei dos xudeus que acaba de nacer? Porque vimos a súa estrela no Oriente e viñemos adoralo” (Mateu 2, 1-2)

Page 35: Os reis magos son de verdade

Música de fondo: Campana sobre campana.Franco Bonetti e su sax de oro.