Os Cogomelos

15
Aquí temos a Luís, cun choupín recollido na nosa comarca 5º B CEIP Condesa de Fenosa Curso 2009/2010 Os cogomelos, Sabor da nosa terra.

description

ciencia , educación

Transcript of Os Cogomelos

Page 1: Os Cogomelos

Aquí temos a Luís, cun choupín recollido na nosa comarca

B C

EIP

Co

nd

esa

de

Fen

osa

Cu

rso

20

09

/20

10

Os

cog

om

elo

s, S

ab

or

da

no

sa t

err

a.

Page 2: Os Cogomelos

Exposición de cogomelos no IES Marta Guisela

Page 3: Os Cogomelos
Page 4: Os Cogomelos

1. Os cogomelos

En certas épocas do ano (na primavera e no outono), nos bosques ou

nos campos agroman os cogomelos. A súa aparencia, nada semellante

á doutros seres vivos, e a súa sorprendente e, ás veces fuxidía

aparición, fixo que na antigüidade fosen coñecidos como “ fillos

noxentos da podremia”, “cancros da terra ou da madeira”, que

habían ser evitados e desde logo rexeitados como alimento.

Mesmo os científicos tiñan moitas dificultades no intre de clasificalos,

dentro do amplo grupo dos seres vivos. Tíñanse como vexetais, e,

como tales, incluíanse nese reino. Hoxe coñecémolos moito mellor e

sabemos que posúen características orixinais que os fan merecentes de

se considerar nun reino de seu:

“O reino dos Fungos”

Seguramente os cogomelos ou setas son os fungos máis coñecidos por

todos; máis o Reino dos Fungos abrangue unha ampla variedade de

seres abondo diferentes entre sí.

2. Algunhas peculiaridades

Así, como a maioría dos vexetais, os cogomelos poden vivir do seu,

nutríndose da materia inorgánica, pero ademais os fungos precisan

alimentarse doutros seres vivos, ao xeito dos animais. Para

alimentarse, os fungos deitan o seu carón unhas substancias

dixestivas chamadas encimas, capaces de descompoñer a materia

orgánica e facela asimilable polo fungo. Por esta capacidade para

Page 5: Os Cogomelos

descompoñer e reciclar a materia orgánica (tamén o fan coas

bacterias), é polo que os podemos considerar como o servizo de

limpeza da natureza.

A célula dos fungos protéxese cunha parede ríxida, do mesmo xeito

que a célula vexetal, pero que en vez de estar formada de celulosa,

nos fungos conta con quitina, unha substancia que aparece tamén

nos animais (na cuncha dos cangrexos, nas ás duras dos

escaravellos, no peteiro das aves ou na unllas e pelo dos mamíferos).

Outra coincidencia co mundo animal é que as súas reservas

enerxéticas compóñense de graxas e azucres, mentres que nas dos

vexetais é o amidón. Sen esas reservas os seres vivos serían

incapaces de funcionar e subsistir.

O Reino dos fungos divídese en dous amplos grupos que abranguen

seres moi diversos: fungos que non forman cogomelo e fungos que o

forman. En común teñen: reproducirse por esporas.

Hai catro tipos diferentes de fungos que non forman cogomelos:

Os mixomicetos, as lavaduras, os mofos e os liques (que son un tipo

especial de fungo, que vive en simbiose con certas algas unicelulares).

A outra clase de fungos, os que forman

cogomelo, compóñense de dúas partes: o micelio

(tamén chamado o branco do fungo), que vive

soterrado na madeira ou mesmo no interior

de plantas ou animais e máis o corpo frutífero,

carpóforo ou cogomelo, que consiste nun aparello producido polo

Page 6: Os Cogomelos

micelio, que conten as esporas e que lle permite espallalas máis

doadamente, favorecendo así a reprodución da especie.

Esta efectúase de forma sexual o asexual. De ambas formas nacen

novos individuos coas características da especie. Na sexual, os fungos

reprodúcense mediante esporas. As esporas son corpúsculos moi

lixeiros, que son transportados en suspensión polo aire, e teñen os

carácteres sexuais diferenciados, aínda que sexan morfoloxicamente

idénticos.

As esporas fórmanse na parte fértil (himénio). Son de

gran importancia para a clasificación das especies. Estas

para xerminar, necesitan o terreno adecuado, a

temperatura e a humidade favorables.

O micelio do fungo, extendese polo terreno en

busca dos nutrentes. Normalmente crece por

igual, en varias direccións, en forma

concéntrica, (por este motivo é fácil observar

os típicos círculos de bruxas), Aínda que

algúns micelios crecen en línea. Isto é máis

evidente na herba dos prados.

3. Coñecémolos mellor.

O cogomelo típico semella un paraugas co seu mango; o pé, chantado

en terra, e o sombreiro, é a parte superior. O grosor do pé é

variable e pode presentarse máis ancho na base, formando o bulbo,

ou na parte superior. Pode lucir tamén un anel fixo na parte

superior (caso das amanitas), inferior ou mesmo móbil (como no

Himenio en láminas

Page 7: Os Cogomelos

choupin). Nalgún casos non existe pé e daquela o cogomelo asoma a

rentes da terra ou da madeira onde medra, como a lingua de boi.

O sombreiro pode ser plano, cónico ou cóncavo e mesmo revirar o

borde cara riba a xeito de embude.

Na parte inferior abrirá o himenio, que é a parte fértil do cogomelo,

onde se producen as esporas. A súa función é a formación e a

dispersión das esporas. Os cogomelos poden producir entre 25 e 40

millóns de esporas e os micelios chega a vivir centos de anos

espallándose no subsolo.

4. Un rico alimento

Os cogomelos apracen en determinadas épocas do ano, especialmente,

no outono, cando as humidades e a temperatura se fan baixas. Ese é

o tempo de ilos apañar, mais teremos en conta que, aínda que a

maioría dos cogomelos son comestibles ou dixestivos, algúns son

velenosos e uns poucos mesmo poden provocar a morte.

En Galicia existen máis de un milleiro de especies, das que 163 son

comestibles. Os cogomelos comestibles son alimentos completos, que

mesmo avantaxan á carne en contido de nutrientes e vitaminas.

O consumo de cogomelos, como fonte alimenticia, vén de tempos moi

antigos da historia do home. Por o seu xurdimento espontáneo, e

pola súa regularidade estacional, os cogomelos deberon ser uns dos

alimentos utilizados na época preagrícola.

Page 8: Os Cogomelos

Coa aparición da agricultura, os fungos deixan de ser un alimento

necesario para converterse en algo accesorio e de menor importancia.

Non podían competir coas plantas de cultivo, seleccionadas e de

produción moito máis regular e continua. Ademais os fungos tiñan o

risco das especies tóxicas. Isto foi unha das orixes dunha primitiva

micofobia.

Non temos datos sobre o consumo de setas na antigüidade en

Galicia, pero na maior parte do noso país poden escoitarse nomes

desprezativos, como “pan de cóbrega”, “pan de raposo”, pan de sapo”,

… dados aos cogomelos. A explicación destes nomes atópanse no uso

de fungos alucinóxenos, que mesturados en rituais con animais,

vencéllanse ás operacións de maxia e bruxería. Exemplos destas

reliquias de cultos antigos danse, sobre todo na Idade Media.

5. Normas para a recolleita de cogomelos

A todo buscador de cogomelos lle gusta atopar unha “seteira” e poder

regresar ó ano seguinte para obter outra boa colleita. Para isto é

necesario conservar ecoloxicamente o medio no que se atopa a

devandita especie.

Ao saír a buscar setas debemos levar sempre un coitelo para quitar

ben o carpóforo ou cortarlle o pé (no caso de que recoñezamos

perfectamente a especie). Desta maneira non dañaremos o terreo no

que se desenvolve o cogomelo, é en consecuencia; o micelio. Débense

respectar os exemplares moi novos que carecen de sabor.

Ademais, os carpóforos vellos deben quedar no campo para que

poidan espallar as esporas e renovar, deste xeito, os micelios. Así

Page 9: Os Cogomelos

mesmo, como os Boletus, podemos arrincarlles no monte o himenio,

que logo imos usar para comer.

É aconsellable limpalos no lugar, recollendo só a

cantidade que necesitamos. Nunca os transportedes

en bolsas plásticas, usaremos sempre un cesto ou

unha caixa dura para que non creben ou

amoezan os cogomelos.

6. Toxicidade dos fungos

O maior problema do consumo de cogomelos é a existencia de especies

tóxicas, e incluso mortais. Por isto é fundamental identificar ben as

especies velenosas para evitar calquera confusión. Tamén, debemos

coñecer os tipos de intoxicación e a súa gravidade.

As especies máis perigosas en Galicia son: Amanita phalloides,

Amanita verna, Lepiota pebeola e Lepitoa brunneincoarnata. Delas, a

primeira é a máis abundante, aparece no outono e ten o

sombreiro de cor verde aceitunada. A segunda especie, que

é menos frecuente, xurde na primavera, moitas veces en

terreos de dunas e é completamente branca.

7. A miña selección de cogomelos

Esta é a lista dos cogomelos que recollen os meus tíos no bosque que

esta preto da miña casa, e que fan as delicias da miña familia

cando a miña avoa os emprega nos guisos de carne, tortilla, sopa,…

etc:

Amanita verna

Page 10: Os Cogomelos

A Seta de San Jorge: e o cogomelo máis apreciado pola miña

familia.

Niscalo: ou fungo dos piñeiros

Lepiota ou choupín

Champiñón ou fungo dos lameiros.

Bibliografía:

Fungos e cogomelos. Editorial A Nosa terra

Setas ou cogomelos de Galicia. Editorial xerais

La enciclopedia del estudiante. Editorial Santillana

Autor: Miguel Sánchez Rodríguez 5ºB

Page 11: Os Cogomelos
Page 12: Os Cogomelos

Actividades

Como vedes, Miguel explicounos claramente moitas peculiaridades dos

cogomelos e agora contamos coa información suficiente para poder

resolver estas cuestións.

Atréveste?

1. Sinala a resposta correcta:

Os cogomelos pertencen ao reino das plantas.

Os fungos nútrense de materia inorgánica.

Os cogomelos pertencen ao reino dos fungos.

2. Como se chama a sustancia dixestiva que posúen os cogomelos

para descompoñer a materia orgánica?

3. Completa as frases e terás as respostas do encrucillado.

Page 13: Os Cogomelos

As reservas enerxéticas dos cogomelos están formadas por (4)

_________________ e (3) ___________.

Os fungos que forman cogomelo compóñense de dúas partes: (2)

_________________ e (5)___________.

A parte fértil do cogomelo é o (1) _______________

e nel fórmanse as (6) __________________.

4. Explica coas túas propias palabras os motivos polos que os

cogomelos son considerados como o “servizo de limpeza da

natureza”.

------------------------------------------------------------------

------------------------------------------------------------------

------------------------------------------------------------------

------------------------------------------------------------------

------------------------------------------------------------------

------------------------------------------------------------------

------------------------------------------------------------------

------------------------------------------------------------------

5. Debuxa un fungo con cogomelo e sinala as súas partes.

Page 14: Os Cogomelos

6. Seguro que na túa casa coñecedes algunha receita na que os

cogomelos teñen un papel fundamental. Cóntanola e non te

esquezas de escribir os seus ingredientes e os pasos que temos que

seguir para poder preparala.

(NON POÑAS UNHA ESCUSA TONTA, PREGUNTA E SEGURO QUE ACADAS ALGUNHA)

Receita:

Ingredientes:

-----------------------------------------

-----------------------------------------

------------------------------------------

------------------------------------------

-----------------------------------------

-----------------------------------------

------------------------------------------

------------------------------------------

Preparación:

-------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------

Page 15: Os Cogomelos