Os biosbardos

30
Os biosbardos Mon Daporta OS NENOS DA RATA LUÍSA

Transcript of Os biosbardos

Page 1: Os biosbardos

Os biosbardosM

on D

apor

taOS NENOS DA RATA LUÍSA

Page 2: Os biosbardos

Hoxe foron facer outra vez magosto , os mesmos de sempre e un ratiño novo.

Page 3: Os biosbardos

Todo foi moi ben, os xogos e as laradas, riron a afartar e ata sobraron castañas.

Page 4: Os biosbardos

E nestas xuntanzas, xa se sabe, é obrigado gastarlle unha broma ao recén chegado.

Page 5: Os biosbardos

E, como de repente, xurdeu unha idea que foi ben acollida pola patulea.

Page 6: Os biosbardos

-O que iría moi ben para completar a festa sería asar uns biosbardos para aproveitar a fogueira.

Page 7: Os biosbardos

-Ou sí! Están moi bos! -Sí, saben moi ben.

-O malo é atopar quen os poida coller.

Page 8: Os biosbardos

-A nós xa nos coñecen porque teñen boa memoria. Ten que ser alguén novo ou que veña de fóra.

Page 9: Os biosbardos

-Sí, e de entre nós non pode ninguén. Só está o novo… se quixera el.

Page 10: Os biosbardos

Contáronlle a cousa con todo o engado e o novo aceptou. Coáranlle o engano!

Page 11: Os biosbardos

O de estar moi quedo e cos ollos pechados na beira do río agarrando dun saco.

Page 12: Os biosbardos

-E para os que somos cantos hei de coller? -Cunha media ducia xa estaría ben.

Page 13: Os biosbardos

E alá o levaron á beira do río

Page 14: Os biosbardos

co saquete aberto a decir baixiño.

Page 15: Os biosbardos

-Biosbardo, biosbardo… salta do río e entra no fardo.

Page 16: Os biosbardos

E ao pouco metéronlle unha pedra no sacopara darlle azos e que seguira contando.

Page 17: Os biosbardos

Despois da terceira deixárono alí e volveron á fogueira para poderse rir.

Page 18: Os biosbardos

Cando pasou o tempo e o pescador non deu sinal acordaron que tiñan que ilo buscar

Page 19: Os biosbardos

E ao chegaren alí vaia susto levaron. Non había ninguén no sitio onde o deixaron!

Page 20: Os biosbardos

Correron o río arriba e abaixo,

Page 21: Os biosbardos

e o monte todo sen dar nin co rastro.

Page 22: Os biosbardos

Dandoo por perdido, ao xuntarse, acordaron iren á súa casa e alí contalo.

Page 23: Os biosbardos

Tardaron o seu, pois ningún quería

Page 24: Os biosbardos

ser o que tivera que dar a noticia.

Page 25: Os biosbardos

E cando, por fin, petaron á porta abréulles o amigo coma se tal cousa.

Page 26: Os biosbardos

E contoulles logo, escachando coa risa, que a historia era vella e que el xa a sabía.

Page 27: Os biosbardos

que seguira o xogo, non por outra cousa, máis que aproveitar para volvérllela broma.

Page 28: Os biosbardos

Que cando eles marcharon, para ir rir, ao outro lado aproveitou e enganounos marchando ao calado

Page 29: Os biosbardos

Volveron á casa bastante amolados,Ben aprendidos e escaramentados.

Page 30: Os biosbardos

Luísa, Roxelio e máis os ratiños agardan que vos gusten estes seus

contiños.Abur!