O texto narrativo

4
O TEXTO NARRATIVO Relatar ou referir é unha acción a considerar desde aspectos diversos: O discurso: enunciado oral ou escrito que vehicula a expresión dun feito ou dunha sucesión de feitos (relato) A historia: serie de feitos, reais ou ficticios da que se ocupa o discurso e as diversas relacións de encadeamento, oposición, repetición…en que estes se organizan As voces narrativas: o propio feito de narrar. As unidades do discurso: A perspectiva : posición adoptada polo narrador fronte ao que o Os puntos de vista teñen que ver coas diversas posicións que narrador pode adoptar fronte ao narrado, as limitacións que se impón ao contar ou a distancia á que se permite situarse 1. Punto de vista do narrador omnisciente : prodúcese cando o narrador mostra un coñecemento absoluto do narrado. Sabe o que pensan e senten os personaxes: sentimentos, sensacións, percepcións, intencións… O narrador é un deus que domina o universo narrativo e flutúa no espazo e no tempo á vontade, pasando dun momento a outro da historia, centrándose no personaxe que lle interesa, ofrecendo ou ocultando a información ao lector como lle prace 2. Punto de vista limitado : desde esta posición hai cousas que o narrador ignora, por non ter un coñecemento directo do sucedido ou non ter recibido información sobre elas. A historia sitúase ao nivel dos personaxes. O punto de vista é o dun deles ou o de varios deles que se ofrecen contrastados. 3. Punto de vista dramático : aparece cando a historia deriva das accións e o parlamento dos personaxes. O narrador é obxectivo e non intervén máis que como transcritor o O narrador, a instancia narrativa a través da cal se filtra todo o universo da historia. Non debe confundirse coa figura do autor. O autor é un individuo con existencia física que produce un narrador distinto por cada nova obra que escribe. O narrador é unha creación intelectual que o lector percibe detrás dunha obra concreta. Tipos único ou múltiple: a maioría das narracións están vehiculadas por unha única conciencia narrativa, aínda que tamén existen historias que se contan de xeito máis fragmentario, contrastando perspectivas narrativas grazas a opoñer relatos de narradores diversos ou cubrindo diversos aspectos ou partes do relato coa colaboración de diversos narradores ao xeito dun puzzle que o lector debe construír. de dentro ou de fóra da historia: os narradores que nos falan desde dentro da historia (homodiexéticos) sitúanse na conciencia dun ou varios personaxes, teñen coñecemento dos feitos narrados por participar ou ser testemuñas directas ou indirectas dos mesmos e os que fala desde fóra (extradiexéticos) non son personaxes e a súa posición permítelles situarse a diversas distancias do narrado. omnisciente ou parcial: en función do coñecemento da historia que posúa e o nivel de información que se filtre ao lector. O narrador omnisciente domina o mundo do relato, a súa perspectiva é de superioridade con respecto á diéxese; en canto que o narrador parcial non limita a visión que nos ofrece por non ter coñecemento directo de todos os aspectos da historia.

description

Características, modos, variantes

Transcript of O texto narrativo

Page 1: O texto narrativo

O TEXTO NARRATIVO

Relatar ou referir é unha acción a considerar desde aspectos diversos:

O discurso: enunciado oral ou escrito que vehicula a expresión dun feito ou dunha sucesión de

feitos (relato)

A historia: serie de feitos, reais ou ficticios da que se ocupa o discurso e as diversas relacións de

encadeamento, oposición, repetición…en que estes se organizan

As voces narrativas: o propio feito de narrar.

As unidades do discurso:

A perspectiva: posición adoptada polo narrador fronte ao que

o Os puntos de vista teñen que ver coas diversas posicións que narrador pode adoptar fronte

ao narrado, as limitacións que se impón ao contar ou a distancia á que se permite situarse

1. Punto de vista do narrador omnisciente: prodúcese cando o narrador mostra un coñecemento absoluto do narrado. Sabe o que pensan e senten os personaxes: sentimentos, sensacións, percepcións, intencións… O narrador é un deus que domina o universo narrativo e flutúa no espazo e no tempo á vontade, pasando dun momento a outro da historia, centrándose no personaxe que lle interesa, ofrecendo ou ocultando a información ao lector como lle prace

2. Punto de vista limitado: desde esta posición hai cousas que o narrador ignora, por non ter un coñecemento directo do sucedido ou non ter recibido información sobre elas. A historia sitúase ao nivel dos personaxes. O punto de vista é o dun deles ou o de varios deles que se ofrecen contrastados.

3. Punto de vista dramático: aparece cando a historia deriva das accións e o parlamento

dos personaxes. O narrador é obxectivo e non intervén máis que como transcritor

o O narrador, a instancia narrativa a través da cal se filtra todo o universo da historia. Non

debe confundirse coa figura do autor. O autor é un individuo con existencia física que produce

un narrador distinto por cada nova obra que escribe. O narrador é unha creación intelectual

que o lector percibe detrás dunha obra concreta.

Tipos

único ou múltiple: a maioría das narracións están vehiculadas por unha única

conciencia narrativa, aínda que tamén existen historias que se contan de xeito

máis fragmentario, contrastando perspectivas narrativas grazas a opoñer relatos

de narradores diversos ou cubrindo diversos aspectos ou partes do relato coa

colaboración de diversos narradores ao xeito dun puzzle que o lector debe

construír.

de dentro ou de fóra da historia: os narradores que nos falan desde dentro da

historia (homodiexéticos) sitúanse na conciencia dun ou varios personaxes,

teñen coñecemento dos feitos narrados por participar ou ser testemuñas directas

ou indirectas dos mesmos e os que fala desde fóra (extradiexéticos) non son

personaxes e a súa posición permítelles situarse a diversas distancias do

narrado.

omnisciente ou parcial: en función do coñecemento da historia que posúa e o

nivel de información que se filtre ao lector. O narrador omnisciente domina o

mundo do relato, a súa perspectiva é de superioridade con respecto á diéxese;

en canto que o narrador parcial non limita a visión que nos ofrece por non ter

coñecemento directo de todos os aspectos da historia.

Page 2: O texto narrativo

Modos narrativos

Narración (voces)

A 1ª persoa : a adopción da primeira persoa implica sempre narrar desde unha

perspectiva limitada, valéndose dun narrador homodiexético que pode ser :

o un narrador en primeira persoa protagonista, que aparece

frecuentemente nas memorias, autobiografías e diarios A esmorga

(fragmento).docx

corrente de conciencia técnica pola que o narrador revela os

mecanismos que rexen o propio pensamento Textos

dialogados\Monólogo de Casares(fragmento).docx

o un narrador testemuña

A 2ª persoa. Trátase dun narrador que sitúa ao narratario como foco da diéxese,

e toda a narración vai dirixida a unha segunda persoa (tu ou vós) que pode ou

non ser un personaxe da historia. É frecuente na narración epistolar, aínda que

un tipo especial de narrador en segunda persoa é aquel que narra a súa propia

historia dirixíndose a si mesmo como unha imaxe no espello, de xeito que as

súas vivencias así reflectidas acaban sendo asumidas como propias polo lector

de quen se procura unha identificación completa co protagonista e coa historia.2º

persoa Paul Auster.docx

A terceira persoa

o Terceira persoa con omnisciencia total

o Terceira persoa- testemuña: trátase dun narrador desde dentro da

historia, pero non protagonista. Narra o que ve, ou o que lle contan,

aínda que fai moi poucas referencias a si mesmo. É un simple

observador.

o Narrador equisciente: escóllese un personaxe determinado para filtrar

toda a información da historia, de xeito que se limita o seu coñecemento

ao que directamente este personaxe sabe ou vive

o Narrador deficiente: é tamén un narrador en terceira persoa, unha

testemuña que só dá conta do que pode ser visto ou ouvido, sen entrar

na conciencia dos personaxes e que, por iso, ten unha perspectiva pobre

e limitada da historia, pois sabe menos da mesma que o protagonista.

Descrición: describir é representar a realidade valéndose das palabras

Tipos

o A descrición técnica persegue ofrecer un coñecemento exhaustivo e

rigoroso das realidades representadas: indicando os seus elementos, a

súa composición ou organización, a súa función...Presenta

predominancia da función referencial, polo cal o punto de vista do

descritor é obxectivo, a linguaxe empregada denotativa (a miúdo con

tecnicismos, adxectivación especificativa...)e a ordenación é lóxica. É a

que adoita aparecer en textos científicos, técnicos ou propios das

ciencias sociais.

o A descrición literaria persegue representar a realidade tamén, mais nela

predomina a función estética, procurando non tanto a fidelidade ao

obxecto representado como á percepción que o descritor ten do

mesmo; esta é a razón pola que non é raro que apareza tamén a función

expresiva, que a linguaxe sexa connotativa, que se rexistre nela unha

superabundancia de adxectivos explicativos ou que bote man de todo

tipo de figuras retóricas, nomeadamente a comparación e a metáfora. A

ordenación deste tipo de descrición non é necesariamente lóxica, aínda

que iso non implique caos, senón unha organización que atende a

criterios subxectivos.

Page 3: O texto narrativo

a perspectiva (oblicua, cenital, frontal, travelling, zoom,

panorámica...)

a focaxe: realista, surrealista, impresionista...

Finalidade ou función: a descrición pode formar parte de textos diversos: textos

publicitarios, mensaxes xornalísticas da sección de contactos, catálogos de

produtos comerciais, cancións, poemas ou textos xornalísticos de opinión como

críticas de cine ou recensións literarias.

Actitudes

o Neutral, se o descritor se limita a ser un mero observador obxectivo, que

non achega nin resta ningún elemento ao descrito. A súa figura

esvaécese.

o Subxectiva, se o descritor funciona como un intermediario que filtra os

elementos da realidade descrita e incide na información e na percepción

dos obxectos que lle chegan ao lector

Ponderativa, se hai valoración explícita dos obxectos descritos

por parte do descritor

Impresionista, se a representación do obxecto se produce de tal

xeito que se nos dean do mesmo uns poucos, aínda que

relevantes trazos que debuxan a un tempo a realidade do

descrito e a do mundo interior do propio descritor (as súas

preferencias, a súa sensibilidade…)

Valores: Nun discurso dunha certa amplitude, a descrición pode ofrecer múltiples

valores ou asumir funcións diversas

o Valor deíctico: trátase de introducir personaxes, representar obxectos ou

paisaxes dun xeito obxectivo, puramente denotativo.

o Valor connotativo: a descrición colabora na narración, axuda a crear

ambientes ou definir personaxes. Textos descritivos\Descrición D.

Xenaro.docx

o Valor simbólico: os elementos descritos teñen unha funcionalidade

narrativa. Textos descritivos\Descrición pazos.docx

Diálogo: é un intercambio de información e roles (emisor e receptor) entre dous

interlocutores. Pode ser oral ou escrito, literario ou non literario. Pode ser un xénero en si

mesmo, estar integrado nunha narración ou ser o elemento fundamental dos textos

dramáticos.

Organización ou estrutura

o Apertura, onde se dá inicio á conversa, saúdase ou apélase á atención

do interlocutor

o Orientación, onde se leva a conversa cara o tema que se quere tratar

o Desenvolvemento, onde os interlocutores intercambian opinións ou

información sobre o tema introducido ou temas relacionados

o Peche, onde se conclúe co tema ou se produce a despedida

Textos dialogados\Diálogo Ilustrísima e Sor Sabina.docx

Valores

o Dinamizan ou ralentizan a narración (e, cando se empregan

estratexicamente, forman parte do esquema das accións)

o Axudan a caracterizar personaxes

o Fornecen verosimilitude ao relato( ofrecen impresión de “cousa vivida”)

o No texto literario narrativo posibilitan que se estableza unha certa

empatía entre o lector e os personaxes ou situacións, é dicir, permiten

que o lector se identifique co narrado.

Monólogo

Monólogo interior

o Con desdobramento do emisor, que se dirixe a un tu ideal que é o seu

propio reflexo

Page 4: O texto narrativo

o Sen desdobramento do emisor, que fala sen que haxa un interlocutor

fronte a el.

Corrente de conciencia

o O emisor dá rédea ás súas ideas, percepcións e sensacións sen ningún

tipo de control da conciencia, simulando o fluxo verbal que devén do

propio proceso de pensar. Textos dialogados\Monólogo de

Casares(fragmento).docx

Aspectos do enunciado (a lingua da narración)

Nivel semántico: procuraremos descubrir a atmosfera emocional que persegue o autor ou emisor,

fixándonos nos elementos connotativos do léxico escollido (campos semánticos predominantes, teor

das accións, presenza de descricións con valores non puramente referenciais ou denotativos…)

Emprego de símiles, metáforas e símbolos, moitas veces cargados de apreciacións subxectivas.

Nivel morfosintáctico: intentaremos descubrir predominancias no emprego de determinadas

estruturas oracionais: asercións, hipóteses, exclamacións, interrogacións, períodos curtos, longos,

con maior incidencia da coordinación ou da subordinación, con emprego parco ou profuso dos

adxectivos, e, no diálogo, emprego de apelativos e formas pronominais coa función de chamar a

atención do receptor (pronomes, vocativos, imperativos, interrogacións, etc), sufixación con valores

afectivos, despectivos, ponderativos…

Nivel léxico: buscaremos no texto o nivel e o rexistro desde o que se constrúe o enunciado e tamén

nos fixaremos aqueles repertorios que lle fornecen identidade (xirias ou vocabularios específicos,

cultismos, estranxeirismos, coloquialismos, creacións idiomáticas…)

O ritmo: determinado polo emprego das pausas, os grupos fónicos e acentuais ou de intensidade, as

repeticións léxicas ou sintácticas (paralelismos, anáforas, estruturas bimembres) que se ofrecen

nunha ordenación non só fónica, senón tamén das ideas.

As unidades da Historia

A intriga (trama, argumento, peripecia…, conxunto de accións e sucesos concatenados)

o Clases : forte, como na novela de aventuras ou na novela policiaca e feble, como na novela

psicolóxica ou na obxectalista; realista ou fantástica

o Estrutura: lineal (presentación, nó e desenlace) , descontinua (in media res, flash-back…)

Personaxes

o Personaxe: de caracterización directa por parte do narrador, doutro personaxe ou de si propio, por

contraste, referida…polo ambiente)

o Heroe e antiheroe e atributos (nomes, obxectos, profesión, características físicas)

o Transformacións (afectan a uns personaxes e non a outros, son positivas ou negativas, de carácter

externo ou de tipo espiritual…)

o Tipos: principais, secundarios, protagonista, planos, redondos…

O espazo

o Funcións e valores: referencial, narrativa ( boomerang, simbólica…)

O tempo

o Temporalidade externa (ambientación)

o Tempo da historia (extenso, reducido…)

o Tempo do discurso (tempo da escrita)

Accións, tema e significación do relato

o Significación (de encargo íntimo, de encargo social, de encargo contrastado)