O Penedo Das Doncelas

12
Os nen@s contan un conto… “O PENEDO DAS DONCELAS”

Transcript of O Penedo Das Doncelas

Page 1: O Penedo Das Doncelas

Os nen@s contan un conto… “O PENEDO DAS DONCELAS”

Page 2: O Penedo Das Doncelas

Remixio Lantaño saía ao peixe todos os días na súa cativa barca.Cando chegaron as festas do San Xoán, tamén tivo que saír ao peixe se quería ter algo que festexar.

Page 3: O Penedo Das Doncelas

Co albor estaba xa na saída da ría. Diante del, o Penedo das Doncela, unha rocha que se alza sobre o mar.

Déronlle este nome porque dicían que alí había fadas apreixadas.

Page 4: O Penedo Das Doncelas

Remixio sorriu ao relembrar as historias que lle contara a avoa dunhas doncelas que só podían saír do penedo o día de San Xoán.

Daquela era el un neno quetiña avoa e país. Había xa catro anos que estaba só no mundo.

Page 5: O Penedo Das Doncelas

Mentras remaba creu percibir un movemento ao pé da rocha. Unha fermosa doncela de longos cabelos escuros saía do penedo, deixábase acariñar polas ondas e peiteábase sobre unha pucharca.

Despois regresaba a pena onde desaparecía.

Page 6: O Penedo Das Doncelas

Outra dona apareceu, esta vez loura, e facía o mesmo que a primeira.

Non resistiu a tentación de desviar a barca cara á pena. Había algo que non entendía: como era posible que aquelas mozas desaparecesen no penedo?

Page 7: O Penedo Das Doncelas

E mentras pensaba nesto outra dona, de pelo roxo , repetía o mesmo que as outras.

Page 8: O Penedo Das Doncelas

Todo era como lle contara a súa avoa.Sabía que se un atopaba unha fada tiña que ter coidado de non escorrentalas.

Decidiu esconderse no penedo pero unha fada de cabelos escuros apareceu preto del.

Díxolle que se chamaba Sara e que o vía todos os días pescando no mar, explicoulle que vivía pecha nese penedo

Page 9: O Penedo Das Doncelas

Mentras falaban abriuse un tunel no penedo e por él desaparecían as fadas.

Sara xa estaba sendo atraíada por él cando Remixio recordou o que lle dixo a súa avoa: “ o que queira reter unha fada debe situar a barca ao pé do penedo e berrar forte o nome da amada…”

Page 10: O Penedo Das Doncelas

Remixio non o dubidou. Saltou na súa barca e remou para poñerse debaixo do estraño tunel luminoso que se abrira na norcha e polo que as fadas xa estaban entrando.

-Sara, sara, salta!

Os ollos de Sara acendéronse con agarimo. Pegou un brinco e saltou a barca.

Page 11: O Penedo Das Doncelas

Remixio remou cara ao norte para afastarse desa terra porque senon, unha noite de San Xoán, Sara podería desaparecer e él non soportaría esa dor.

Page 12: O Penedo Das Doncelas

E comezou unha nova vida con Sara.

Só unha vez ao ano volvía os seus temores: a noite de San Xoán. Pero nunca pasou nada. Porque, como lle dixera a súa avoa, as fadas que son capaces de amar gañan o dereito a vivir unha vida humana enteira.Conto adaptado de Carlos Reigosa, dous máis dous.