NOTICIAS DE ALFOZ - vialfoz.com · Fai 48 anos que nacín en San Pedro de Mor, Alfoz, recordo da...

4
NOTICIAS DE ALFOZ NOTICIEIRO DOS VECIÑOS INDEPENDENTES DE ALFOZ NACE VECIÑOS INDEPENDENTES DE ALFOZ PRESENTARASE ÁS PRÓXIMAS ELECCIÓN MUNICIPAIS DE ALFOZ DO PRÓXIMO 24 DE MAIO DE 2015 COMO UNHA AGRUPACIÓN DE ELECTORES Alfoz. Tras dous meses de intenso traballo, o grupo de veciños e veciñas de Alfoz promotores da agrupación de electores Veciños Independentes de Alfoz seguen dando pasos para concorrer ás próximas eleccións municipais do 24 de maio. Coa intención de ofrecerlle ós veciños e veciñas de Alfoz esta nova alternativa, o pasado día 2 de Abril de 2015, reuníronse un grupo de veciños e veciñas de Alfoz de mutuo acordo, para constituírse como promotores dunha agrupación de electores baixo a denominación de , de acordo co que indica o artigo 169.3 da LO 5/1985, de 19 de xuño, de Réxime Electoral Xeral. O principio reitor desta agrupación, será promover unha candidatura para poder presentarse ás eleccións municipais no concello de Alfoz, convocadas para o día 24 de maio de 2015. Así mesmo, os promotores designaron a administradores e representantes diante da administración electoral. Tras a sinatura desta acta os asistentes compartiron un pequeno aperitivo. Posteriormente, o pasado venres día 10 de Abril, propúxose, entre os membros promotores de Veciños Independentes de Alfoz, unha lista de candidatos para concorrer ás próximas eleccións municipais. Debido a que as agrupacións de electores necesitan un número de sinaturas que avalen a candidatura proposta, simpatizantes de Veciños Independentes de Alfoz procederon a asinar ante notario ó longo da semana pasada para que esta alternativa poda presentarse ás próximas eleccións municipais. Unha vez reunidos os requisitos establecidos no artículo 187.3 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, referentes ás agrupacións de electores, o pasado 15 de abril, presentouse diante da Xunta Electoral de Zona toda a documentación necesaria para a presentación oficial da candidatura. Para facer pública a candidatura, Veciños independentes de Alfoz celebra un acto de presentación o venres día 24 de abril no restaurante “O Frenazo” de Alfoz a partir das 21 horas. Neste evento, aberto a todo o público en xeral, compartirase un aperitivo entre os asistentes. Os membros de Veciños Independentes de Alfoz queremos mostrar o noso agradecemento ós veciños e veciñas que apoian esta candidatura, co seu aval, cos seus donativos e co seu esforzo pois, grazas a este feito, están permitindo que os electores de Alfoz teñan unha nova alternativa na que poder confiar. Desde VIA esforzarémonos en poder corresponder á confianza depositada con ilusión, humildade e traballo. Veciños Independentes de Alfoz EDITORIAL Jordi Melián Aló polo ano 71, xa choveu!, comprei o meu primeiro coche, un 124 de catro portas, moi grande para aquela época, comparado co mítico 600. E con aquela ilusión dun neno en Reis, decidín conquistar Galicia, primeiro comecei por Ribadeo, logo Barreiros, así ata chegar a Santa Tegra.. O que pensei que foi una conquista, realmente foi o incio dos cimentos e toda unha admiración as paisaxes e xentes de Galicia, desta nova emoción no meu ser, comecei a vir tódalas veces que podía, sentía morriñaesa palabra que só existe aquí e que ninguén pode definir ata coñecer Galicia e sobre todo este pobo. Extasiado polo mar, os contrastes das cores, o orballo e o cariño da xente, o meu corazón encheuse, un corazón cheo de vida que pensa en Alfoz e na xente tan maravillosa que vive neste entorno. Agora con cabelo prateado, co andar repousado pola experiencia voltei para non marchar xa que de novo as xentes daquí abriron o seu corazón para acollerme para sempre. Por iso Alfoz é o meu Alfoz. Grazas xentes maravillosas.

Transcript of NOTICIAS DE ALFOZ - vialfoz.com · Fai 48 anos que nacín en San Pedro de Mor, Alfoz, recordo da...

Page 1: NOTICIAS DE ALFOZ - vialfoz.com · Fai 48 anos que nacín en San Pedro de Mor, Alfoz, recordo da miña infancia cómo xogaba ás bonecas e a ser protagonistas das novelas, cas miñas

NOTICIAS DE ALFOZNOTICIEIRO DOS VECIÑOS INDEPENDENTES DE ALFOZ

NACE VECIÑOSINDEPENDENTES DE ALFOZPRESENTARASE ÁS PRÓXIMAS ELECCIÓN MUNICIPAIS DE ALFOZDO PRÓXIMO 24 DE MAIO DE 2015 COMO UNHA AGRUPACIÓN DE ELECTORES

Alfoz. Tras dous meses de intenso traballo, o grupo de veciños e veciñas deAlfoz promotores daagrupación de electores Veciños Independentes de Alfoz seguen dando pasos para concorrer áspróximas eleccións municipais do 24 de maio.

Coa intención de ofrecerlle ós veciños e veciñas de Alfoz esta nova alternativa, o pasado día 2 deAbril de 2015, reuníronse un grupo de veciños e veciñas de Alfoz de mutuo acordo, para constituírsecomo promotores dunha agrupación de electores baixo a denominación de

, de acordo co que indica o artigo 169.3 da LO 5/1985, de 19 de xuño, de Réxime ElectoralXeral. O principio reitor desta agrupación, será promover unha candidatura para poder presentarse áseleccións municipais no concello de Alfoz, convocadas para o día 24 de maio de 2015. Así mesmo, ospromotores designaron a administradores e representantes diante da administración electoral. Tras asinatura desta acta os asistentes compartiron un pequeno aperitivo.

Posteriormente, o pasado venres día 10 de Abril, propúxose, entre os membros promotores deVeciños Independentes de Alfoz, unha lista de candidatos para concorrer ás próximas elecciónsmunicipais.

Debido a que as agrupacións de electores necesitan un número de sinaturas que avalen acandidatura proposta, simpatizantes de Veciños Independentes de Alfoz procederon a asinar antenotario ó longo da semana pasada para que esta alternativa poda presentarse ás próximas elecciónsmunicipais. Unha vez reunidos os requisitos establecidos no artículo 187.3 da Lei Orgánica 5/1985, de19 de xuño, referentes ás agrupacións de electores, o pasado 15 de abril, presentouse diante da XuntaElectoral de Zona toda a documentación necesaria para a presentación oficial da candidatura.

Para facer pública a candidatura, Veciños independentes deAlfoz celebra un acto de presentacióno venres día 24 de abril no restaurante “O Frenazo” deAlfoz a partir das 21 horas. Neste evento, abertoa todo o público en xeral, compartirase un aperitivo entre os asistentes.

Os membros de Veciños Independentes de Alfoz queremos mostrar o noso agradecemento ósveciños e veciñas que apoian esta candidatura, co seu aval, cos seus donativos e co seu esforzo pois,grazas a este feito, están permitindo que os electores de Alfoz teñan unha nova alternativa na quepoder confiar. Desde VIA esforzarémonos en poder corresponder á confianza depositada con ilusión,humildade e traballo.

Veciños Independentesde Alfoz

EDITORIAL

Jordi Melián

Aló polo ano 71, xachoveu!, comprei o meuprimeiro coche, un 124de catro portas, moigrande para aquelaépoca, comparado comítico 600.E con aquela ilusión dunneno en Reis, decidínconqu is ta r Ga l i c i a ,primeiro comecei porRibadeo, logo Barreiros,así ata chegar a SantaTegra.. O que pensei quefo i una conqu i s t a ,realmente foi o incio doscimentos e toda unhaadmiración as paisaxes exentes de Galicia, destanova emoción no meuser, comecei a vir tódalasveces que podía, sentía“morriña” esa palabraque só existe aquí e queninguén pode definir atacoñecer Galicia e sobretodo este pobo.Extasiado polo mar, oscontrastes das cores, oorballo e o cariño daxente, o meu corazónencheuse, un corazóncheo de vida que sópensa en Alfoz e na xentetan maravillosa que viveneste entorno.A g o r a c o n c a b e l oprateado, co andarr e p o u s a d o p o l aexperiencia voltei paranon marchar xa que denovo as xentes daquíabriron o seu corazónpara acollerme parasempre.Por iso Alfoz é o meuAlfoz. Grazas xentesmaravillosas.

Page 2: NOTICIAS DE ALFOZ - vialfoz.com · Fai 48 anos que nacín en San Pedro de Mor, Alfoz, recordo da miña infancia cómo xogaba ás bonecas e a ser protagonistas das novelas, cas miñas

Entrevista a...

Xabier PardiñasCandidato por VIA

¿Que é VIA?

¿Cal é a tendenciaideolóxica de VIA?

Aínda que están a facero programa, díganosalgunha proposta?

É un grupo de veciños eveciñas sen afiliación política quenos unimos para concorrer áseleccións do próximo 24 de maio,con vocación de servizo ao pobo,non contra ninguén, senón a favordo noso concello,Alfoz.

O noso concello necesita ideasnon ideoloxías, o importante é axestión e non tanto os dogmasideolóxicos preestabelecidos.

As persoas que formamos VIAconsideramos que nos debemosúnica e exclusivamente ósveciños e veciñas de Alfoz senordes de partido.

O primeiro debe ser tomarmedidas que nos permitanparal izar a despoboación,empezando por levar a cabo unhaordenación do territorio que delugar ó remate da ConcentraciónParcelaria e a posta en marchadun Plan Xeral de OrdenaciónMunicipal que lle permita ósveciños e veciñas de Alfozasentar no seu concello non só assúas vivendas senón tamén osseus negocios, sendo tarefairrenunciable delimitar soloindustrial.

Te m o s a n t e n ó s u n h aoportunidade económica quepermite o aproveitamento de todoo potencial que ofrecen os nososrecursos naturais, tanto os nososmontes, como o noso patrimoniohistórico, tanto o sector forestalcomo o turístico, fixando empregono rural.

Os nenos sempre din a verdade

XabierPardiñasSuárez

Nacín no Castro de Ouro no ano 76.Cando era pequeno como xogaba ásconstrucións con camións e palas naaira da miña casa. Aínda que depequeno dicía que non ía estudar, lévoofacendo toda a vida pois un nunca secansa de aprender. Traballo comoprofesional liberal dee aínda que estiven en varias empresasconstrutoras, decidín emprender eapostar pola miña propia. Compaxino omeu tempo ca docencia, que é a miñapaixón. Tamén presido o SEVA e sonmembro da xunta do COAATIE de Lugo.Son unha alma inqueda e cun grancorazón, así me define a miña muller,que sen o seu apoio non estaría aquí,tomando esta nova vía. Sento un amorincondicional por Alfoz, o amor de quentivo que abandonar o seu pobo pormotivos laborais e que fai que o seucorazón e a súa mente só pense enAlfoz.Persoalmente a miñas fillas e o meupequerrecho son a razón da miñaexistencia.

Arquitecto Técnico

Pablo JoséMasedaRubal

Fai 42 anos que nacín en San Pedro deMor, parroquia de Alfoz. Recordo damiña infancia aparte daquelasmagníficas festas de San Pedro, asviaxes que facía co CDAlfozPero o meu mellor recordo foi cando mecompraron o vespino e quedaba contódolos meus amigos para dar voltas porAlfoz. Para min significou sentir aliberdade, as cóxegas na barriga decalquera adolescente cando sinte quenon depende dos seus pais e ten certaindependencia. Ata me lembro quelevaba unha pouca melena daquela!Estudei Ciencias Económicas eEmpresariais, desexoso de aplicar oaprendido na facultade son socio dunhaxestoría enAlfoz.No ámbito persoal considero que sonunha persoa moi seria e traballadora,receoso da miña intimidade e gañadordo mellor premio que che pode dar avida, o meu fillo, culpable sen remediode que desexe que Alfoz sexa o mellordo sitios para vivir.

CarmenGeadaMaseda

Fai 48 anos que nacín en San Pedro deMor, Alfoz, recordo da miña infanciacómo xogaba ás bonecas e a serprotagonistas das novelas, cas miñasprimas e os meus compañeiros de cole.Tamén os seráns de fútbol cos meusdous irmáns, pero o recordo mais doce éxogar no ultramarinos da miña casa ástendas.Son carteira dende fai 23 anos, un oficiopor vocación que me enche comoprofesional e como persoa.Cando non estou de carteira gústamerelaxarme cas manualidades e co puntode cruz, fanme desconectar un pouco.No terreo persoal nada máis destacableque os meus dos amores, a miña filla e amiña neta, elas son a miña vida.

EfigeniaMasedaPaz

Nacín en Vilaude no barrio do Piñeiro noano 64. Os meus primeiros recordos depequena son os de ir andandoou nabicicleta ata a escola de Reirado, alífacíamos carreiras cando saiamos daescola, os de Vilaude contra os deReirado. Recordo tamén xogar o brilé nomedio da estrada xeral esperando o buspara ir a Ferreira. Despois estudei enMondoñedo e como me gusta viaxar eexplorar novos sitios algún venresfaltabamos á clase para ir visitarMosteiro dos Picos. Cursei FiloloxíaClásica en Santiago e exerzo deprofesora de latín e grego. Son moiextrovertida, gústame falar ca xente e nomeu tempo libre gústame o cine e a miñapequena horta.

Page 3: NOTICIAS DE ALFOZ - vialfoz.com · Fai 48 anos que nacín en San Pedro de Mor, Alfoz, recordo da miña infancia cómo xogaba ás bonecas e a ser protagonistas das novelas, cas miñas

MarcelaPazDíaz

Direi sempre orgullosa que nacín enCarballido parroquia de Alfoz fai 43anos, onde sempre lembrarei cómocorría e xogaba sen parar, tamén lembroese olor a forno recen acendido polamiña nai que o cabo das horasdesprendía deliciosos olores a pan,empanada e doces para a festa.Son nai de dous fillos que son o meumotor e compaxino a miña vida persoalca profesional, xa que hai 13 anos queson autónoma e xestiono a miña casa eunha pequena explotación gandeira eagrícola con moita ilusión e tamén conmoito traballo.Son inqueda de espírito e vocación,gústanme as cousas ben feitas e quecon pequenos xestos as cousas podencambiar (aínda que non sexa doado).Ademais considérome unha persoa cungran corazón, son das que creen quetódalas persoas son boas por natureza,iso sí, se teño que dicir algo non calo.

Francisco J.FernándezFraga

Nacín en Alfoz fai 35 anos, vivo enAdelán. Da miña infancia recordo candoviña xogar onde meu avó, na taberna deCalixto, hoxe a miña casa. Taménrecordo aquelas pachangas que xogábacos veciños no campo do adro de SanAcisclo, que ben o pasábamos, nonhabía noción do tempo.Son unha persoa moi preocupada etranquila, os deportes e a natureza sonaficcións que comparto cos meus fillos,que para min son o mellor que meaconteceu na vida, son o motivo de estaraqui, por e para eles.

José LuisCascudoCascudo

Nacín en Lagoa no 56 e vivo na Grela, osmeus mellores recordos son esespartidos de fútbol nos que xogábamosos da ponte de abaixo contra os da pontede arriba na Grela, ¡que recordos!,tamén cómo lle collía o meu pai todas assúas ferramentas para facer carrilanas erecorrer os camiños ¡xa me reinaba deaquela!.Actualmente e dende fai 33 anos soncondutor profesional na mesmaempresa, considérome unha persoa moiresponsable, leal e con gran corazón,sinto adoración pola miña familia xa queé a miña prioridade neste mundo.

PaulaGarcíaÁlvarez

Nacín un 29 de setembro do 86 enBacoi, a parroquia que me veu crecerxogando cos meus primos sendescanso, celebrando os cumpreanostodos xuntos e disfrutando do 15 deagosto nas patronais cas nosasmellores galas para saír en procesión.A miña profesión é administrativa edende fai 6 anos que traballo nunhaxestoría en Barreiros, ademais detraballar un montón, sobre todo nostrimestres, nos meu tempo libre collo amiña bicicleta e perdone polos camiñosde Bacoi facendo rutas e explorandonovos camiños, desconectando domundo para sentir as emocións e osolores que desprende o meu Bacoi.Gústame aprender novas cousas de aíque estea ampliando os meuscoñecementos en idiomas, como din, osaber non ocupa lugar.

En somos un grupo de veciñas e vecinos de Alfoz, interesados polo futurodo noso concello, xa de cativos tiñamos as nosas inquedanzas.

VIA

Escoitamos ós veciñose veciñas deAlfoz...

Coa intención de facer unprograma participativo, ondetanto os veciños e veciñas deAlfoz, como os colectivos queos representan, nos amosenas súas inquedanzas e nost r a n s m i t a n a s s ú a snecesidades reais, VeciñosIndependentes de Alfozrealizou diferentes reunións ólongo dos meses de marzo eabril.

Reunión con membros daxunta directiva daACIAAlfoz

Reunión co persoal doCentro de Saúde deAlfoz

Reunión con membros doConsello Escolar do CEIPCastro de Ouro

Reunión cos membros daAsociación Protectora deAnimais ValadouroAlfoz

O equipo de VIA pon adisposición dos veciñose veciñas de Alfoz adirección de correoelectrónico

coa intención de quenos expoñan as súassuxestións

[email protected]

Page 4: NOTICIAS DE ALFOZ - vialfoz.com · Fai 48 anos que nacín en San Pedro de Mor, Alfoz, recordo da miña infancia cómo xogaba ás bonecas e a ser protagonistas das novelas, cas miñas

VECIÑOS

INDEPENDENTES

DE ALFOZ

é o noso momento!

“Un pobo bon para os nenos é un pobo bon para todos”.Franchesco Tunocci

JordiMeliánPagés

Veciño de Alfoz dende fai máis de 5 anos, nacín en Gironano ano 44, gradueime en enxeñería químico industrial enBarcelona, onde traballei como químico máis de 41 anos naempresa de perfumaría Antonio Puig, S.A. Actualmenteestou felizmente xubilado, cando traballaba fíxeno conseriedade e moita profesionalidade en postos de formaciónde equipos e posta en servizo de diferentes fábricas de Puigen España e tamén no estranxeiro.Actualmente dedico o meu tempo a cousas moito máisinteresantes, xa que son un curioso sen fin: membro doSEVA, da Asociación Española de Químicos CosméticosSEQC e a asociación enxeñeiros químicos IQS. Ademaispractico múltiples aficcións: fotografía, a paixón polalectura, escoitar música clásica, pero sobre todo a miñahorta e as miñas flores.

BlancaPértegaMaseda

Aínda que nacín en Lourenzá no ano 79, o meu corazónquedou no Pereiro dende o 2009 onde formei unha familia.Boto en falta eses tempos nos que xogaba tódolos días áscanicas e as bonecas cas miñas veciñas, onde me sentabaa escoitar contos dos maiores e quedaba abraida cas súashistorias.Son administrativa de vocación e profesión, considero queo respecto e o bo facer son primordiais nesta vida, xa que onoso tempo non é infinito.Son unha persoa moi traballadora e responsable, e estousegura de que cun pequeno xesto pódense cambiargrandes cousas. No meu tempo de lecer gústameperderme entre fíos e agullas, pero sobre todo ausentarmefacendo largos paseos empapándome da nosa natureza.

DanielPérezPardiñas

Fai 33 anos que nacín neste concello, na parroquia de SanPedro, e pasei toda a miña infancia aprendendo edisfrutando na fermosura deste pequeno paraíso.Xa ben entrado na adolescencia empecei a coñecer outroslugares, a veces por gusto e a veces por forza, máis ningúndeles conseguiu facerme desexar outra cousa que non fosevolver a vivir nesta terra.Tralo paso dos anos e de estar afastado das miñas orixes,tiven a sorte de poder regresar ao meu val e establecermede novo na miña parroquia natal.Agora o meu maior desexo é poder deixar ás vindeirasxeracións un concello capaz de namoralos como fixocomigo, para que tamén desexen facelo medrar e mellorarcada vez máis. Ése é o meu obxectivo e esta a vía que elixínpara acadalo.

María ÁngelesFerrerioManciñeiras

Nacín en Lugo, e despois de trasladarme a diferentes sítiosde Galicia, decidín estudar Enfermería en Santiago xa queera unha pasión dende que era pequena, despois de 3 anosconsiguín a titulación, agora o problema estaba en óndeatopar traballo.O meu primeiro traballo foi en Foz, pero cando puidenescoller destino non dubidei nin un segundo, o meu queridoAlfoz, sempre me gustou este pobo, porque a xente falabamoi ben del, e como vedes levo xa19 anos (Cómo pasa otempo!), aquí sigo, encantada porque a xente é moiespecial, fanme sentir como na miña casa, a xente é moicariñosa, amable e agradecida, resumindo, moi boaxente... Por iso nunca quixen cambiar e síntome feliz eorgullosa de poder formar parte deste pobo, aporeveitopara darvos 1000 grazas.