Nós salvamos Infantil
-
Upload
geni-cereijo -
Category
Documents
-
view
240 -
download
10
description
Transcript of Nós salvamos Infantil
O CRA Nosa Señora do Faro decidiu salvar o libro
“Dona Carme” de Manuel Bragado e
Pepe Carreiro .
Por que?
Porque é un conto moi divertido e rimos moito cada vez
que o lemos.
E memorizo
Dona Carme tiña un lobo debaixo da cama
o lobo ouveaba,o burro orneaba,o porco roñaba,o boi bruaba,
a ovella meaba,o galo cantaba,o raton chiaba,a gata miañabaa cadela ladrabae dona Carmedespertou!
CRA NOSA SEÑORA DO FARO
Este sálvoo eu
María é maiorMaría é maiorMaría é maiorMaría é maior dededede Miguel Vázquez Freire e Xosé Tomás Miguel Vázquez Freire e Xosé Tomás Miguel Vázquez Freire e Xosé Tomás Miguel Vázquez Freire e Xosé Tomás
¿Por que?
Como María xa é maior … pode aprender a
facer outras moitas cousas, axudada polos
maiores.
Unha nena moi
maior…
CEIP VISTA ALEGRE BURELA
Este sálvoo eu
Eu salvaría O Coelliño branco
¿Por que?
Porque é un conto moi divertido que sempre nos fai rir moito
(E memorizo...)
. Pois eu vou contigo-dixo a formiga-. �on lle teño medo a unha cabra caprina. E os dous volveron á casa do coelliño e petaron na porta.
-Aquí ninguén entra- dixo un vozarrón desde dentro-.
Xa está a cabra cabresa, que vos salta encima da cabeza se non marchades á présa.
E dixo a formiga:-Pois
eu son a formiga rabiga. Como non abras, fúroche a barriga.
Á cabra cabrisa deulle un ataque de risa
INFANTILINFANTILINFANTILINFANTIL ---- C.E.I.P. DE VIÑASC.E.I.P. DE VIÑASC.E.I.P. DE VIÑASC.E.I.P. DE VIÑAS
No CRA de Ribadumia salvamos…
“Dez piratas” Gloria Sánchez
Porque as aventuras dos pesonaxes e o tono humorístico, cautivaron aos nenos.
(E memorizamos...)
Eles eran dez piratas os máis feos,
os máis brutos os máis malos os máis sucios
Cobizosos coma ratas. Saíron de porto un día
a bordo do Marabillas…
CRA DE RIBADUMIA
A EEI Fernández Varela
da Pobra do Caramiñal quere salvar o libro
“ A casa de había unha vez” de Ana María Fernández.
Por que?
Porque se achega aos contos populares a través de fermosos poemas. Nel atopamos o poema
dos sete cabritos.
Matarile-rile, materile-rón, os sete cabritos de branco algodón.
Os sete cabritos querían xogar á roda rodiña, no verde pinar.
E chegaron novas que o lobo feroz, quería xantar año con arroz.
A mamá cabuxa, mortiña de medo, pechóulle-la co seu tarabelo.
Non saiades fóra, que nunca se sabe, eu volverei logo e xa levo a chave.
Pero o lobo malo, que andaba á procura, a seis deles puxo na barriga escura.
Dentro do reloxo, o máis pequeniño, púidose librar do negro fouciño.
E avisou á nai, que era costureira, e xuntos, abríronlle a tripa tripeira.
Ó saíren todos, brincando contentos, enchéronlle a panza de pedras a centos. Matarile-rile, matarile-rón,
os sete cabritos de branco algodón.
EEI FERNÁNDEZ VARELA
Este sálvoo eu
Eu salvaría Bolboretas no papel de Antonio García Teijeiro
¿Por que? Polo ritmo e musicalidade dos seus versos.
(E memorizo...)
No país das bolboretas fai cada un o que lle peta.
As abellas fan calceta,
os cans tocan a trompeta e os coellos, a corneta.
As carreiras son sen meta,
mesmo as curvas son ben rectas e os poemas perden letras.
As centolas son perfectas, os pardais van en carretas e o sol anda en bicicleta.
No país das bolboretas
fai cada un o que lle peta.
Rouban versos os poetas, van os sapos con maletas e os robots con caldeiretas
Algúns mercan con pesetas,
vense gatos con coleta e as bandeiras son baetas..
Os pingüíns van de etiqueta, non hai cartos na estafeta
e un pintor non ten paleta.
Ai, que demo de país! O país das bobloretas!
Todos fan o que lles peta!
CEIP A PEDRA BUEU
Este sálvoo eu
Eu salvaría A pequena árbore De Anxeles Ferrer
¿Por que?
Porque fala das árbores
(E memorizo...)
A pequena árbore ia medrando nun souto
vendo como pasaban as estacións e como os merlos construían
niños nas súas poulas.
Salvado por: CEIP ANTONIO VAZQUEZ. (Rairiz de Veiga) Infantil
Este salvámolo nós
PACO De PAULA CARBALLEIRA
Por que?
Porque nos gustan os ratos
E memorizamos…
A cuarta cousa que fixo Paco
foi… crebar os dentes de diante.
Salvado por : EDUCACIÓN INFANTIL C.E.I.P. Os Casais
EDUCACIÓN INFANTIL SALVA “O coelliño branco” adaptación de Xosé Ballesteros
POR QUE?
Porque ten animais, porque ten medo, porque ten unha formiga valente, así que o animal máis pequeno é o que axuda ó Coello. Un conto delicioso!!!
.
E MEMORIZO... “…Eu son o coelliño Branco e fun buscar coles á horta.
Volvín á casa para facer un caldiño, pero nela está a cabra caburra que me salta encima e me espaturra. ¿Queres vir comigo?....”
.
Salvado polo C.E.I.P. Víctor Sáenz de Mazaricos
Este sálvoo eu
Eu salvaría
“O galo Quirico”
¿Por que?
Porque o teño na casa
e é un dos libros que máis me gustan.
(E memorizo...)
E o bichiño, que foi del? pois, cando a cociñeira puxo o galo na tarteira, o verme botou a andar e as potas puido larpar.
CEIP “VIRXE DO CARME” BURELA
Este sálvoo eu
Nós salvaríamos
Espantallo amigo
Por que?
Porque é divertido e todos acaban sendo amigos.
(E memorizamos...)
Os merlos, aínda cun chisco de medo,
pousáronse todos no Espantallo. E xuntos cantaron: Tirulí, tirulí, na arrandeeira. Tirulí, tirulí, por entre as follas da figueira. Tirulí, tirulí somos amigos. Tirulí, tirulí e non viremos máis aos figos.
CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE
TARAGOÑA
Este sálvoo eu
“Contos en cantos”
Almudena Janeiro
¿Por que?
Porque é unha maneira moi orixinal, lúdica e interesante de achegarnos á literatura infantil e no mundo máxico
dos contos
E memorizo...
“Pío pío dáme o amor que serena pío e direiche a miña pena pío, pío dáme o xantar pío e ensinareiche a voar…”
CPI PROGRESO CATOIRA
O CRA Nosa Señora do Faro decidiu salvar o libro
“Dona Carme” de Manuel Bragado e
Pepe Carreiro .
Por que?
Porque é un conto moi divertido e rimos moito cada vez
que o lemos.
E memorizo
Dona Carme tiña un lobo debaixo da cama
o lobo ouveaba,o burro orneaba,o porco roñaba,o boi bruaba,
a ovella meaba,o galo cantaba,o raton chiaba,a gata miañabaa cadela ladrabae dona Carmedespertou!
CRA NOSA SEÑORA DO FARO
Este sálvoo eu
Eu salvaría “MATEO”
¿Por que?
o protagonista é un neno coma nós. Ademáis as ilustracións son moi bonitas.
(E memorizo...)
… Mateo sorriu, saudou o avión, volveu sorrir e sorriu unha vez máis, agora para
a súa nai Altisidora.
EducaciEducaciEducaciEducacióóóón Infantil C.E.I.P. isaac Dn Infantil C.E.I.P. isaac Dn Infantil C.E.I.P. isaac Dn Infantil C.E.I.P. isaac Dííííaz Pardo az Pardo az Pardo az Pardo ---- CulleredoCulleredoCulleredoCulleredo
Este sálvoo eu
“Chibos. Chibóns” De Olalla González
¿Por qué?
Porque é divertido, inxenioso, dende vai oito anos fai as delicias de todos os
que escoitan esta sinxela historia.
Aprendo:
%a outra beira do río medraba unha herba
moi moi verde.
Mais , para chegar ,
tiñan que cruzar unha ponte.
Debaixo da ponte vivía un trasno terrible.
Tiña os pés peludos,
brazos de forzudo
e o nariz cheo de verrugas.
Ceip. Chano Piñeiro
Este sálvoo eu
"O coelliño branco"
Autor - Ilustrador Begoña Caamaño – Óscar Villán
¿Por que?
Este conto o escollemos porque nos encanta a historia, que fala do valor (sen importar o tamaño), fala da inxustiza e da solidariedade ante ela e porque nós encantan as ilustracións. Segundo os nenos: "Porque a formiga lle gaña á cabra." "Gústame todo porque é un dos meus libros favoritos do cole." "Porque a cabra rompeu a parede."
(E memorizo...)
"Érase unha vez un coelliño branco. Un día foi buscar coles a horta para facer un caldiño..........."
CEIP “EMILIA PARDO BAZÁ=”
VIGO Infantil
O C.EI.P. A.D.R Castelao de Rianxo salvaría:
Lueiro de Papel de Antonio García Teijeiro
¿Por que?
Porque nos fixo gracia que un rato se namorara da
lúa.
(E memorizo...)
Un rato díxolle á lúa: “ - Nunca
reparas en min; por iso vivo na rúa
metido nun calcetín.”
Ela fitouno abraiada. Déronlle ganas de rir.
Daquela apagou a lámpada e dispúxose a durmir.
Polo desprezo da lúa O ratiño, alporizado,
Berroulle con moita forza: “- Xa non estou namorado!”
CEIP O PIÑEIRIÑO
Este sálvoo eu
Eu salvaría PACODe Paula Carballeira
¿Por que?
Pola súa simplicidade, a tenrura e as fermosas ilustracións
que tanto gustan aos rapaces.
EDUCACIÓ= I=FA=TIL
Nós salvamos Follas %ovas
¿Por que?
Porque nel atópase o poema “Paseniño”
(E memorizamos...)
Paseniño, paseniño
Vou pola tarde calada De Bastabales camiño.
Camiño do meu contento;
I en tanto o sol non se esconde �unha pedriña me sento.
E sentado estou mirando Como a lúa vai saíndo,
Como o sol se vai deitando.
Cal se deita, cal se esconde Mentres tanto corre a lúa Sin saberse para donde.
Para donde vai tan soia
Sin que aos tristes que a miramos �in nos fale nin nos oia.
Que si oira e nos falara, Moitas cousas lle dixera, Moitas cousas lle contara
C.E.I.P. AGRO DO MUIÑO
Este sálvoo eu
"Mamá , ti si que me entendes" Autora: Teresa Moure.
Ilustracións: Leandro Lamas
¿Por que?
Por tres razóns: porque a temática deste libro se vincula moito coa nosa etapa educativa (E. Infantil), porque está escrito por unha muller e porque é unha
aposta pola literatura
CEIP DE AGUIÑO
Este salvámolo nós:
“Pola rúa dos versos” de Ana Mª Fernández
¿Por que?
Porque xa está moi velliño pero non para na Biblioteca, sempre está polas clases ou nas mans de alguén.
(E memorizo...)
O cuco larpeiro co seu compañeiro en busca dun niño que faga un veciño. O cuco larpeiro é moi preguiceiro e non ten vagar para traballar. Só quere brincar, voar e cucar.
CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño)
Este sálvoo eu
Vestida co arco da vella
¿Por que?
Porque é un libro para primeiros e vellos lectores. Cheo de luz, cor, musicalidade,
ritmo e rima que despertan emoción e alegría. Ilustracións atractivas, combinando diferentes técnicas.
Autor ferrolán
(E memorizo...)
Se un día te vistes con blusa amarela que teña os botóns de anacos de estrelas... Se un día te vistes con saia violeta cheíña de
flores como a primavera... Se un día te vistes con chaqueta verde, coma o campo alegre... Se un día te pos para non teres frío bufanda laranxa longa coma un río... Se un día te pos medias azuis nos pés....
Se un día te calzas zapatos de anil... Se un día colocas arredor do pelo unha fita con lazo vermello... Se un día te pos a Lúa no bico, nos ollos o sol e un merlo no oído...
Entón poderás á corda choutar, co arco da vella collido das mans.
. CEIP ISAAC PERAL
FERROL
Este sálvoo eu
“Sopra neste furadiño”
¿Por que?
Porque compartir con vós os alentos que lle sobran a Antón
é para nós un orgullo e unha grande satisfacción.
(E memorizo...)
Xa que soprar non te cansa,
sopra o máis forte que poidas
e veremos o que pasa.
Soprar forte ben que sabes;
a ver se podes agora
soprar con máis suavidade.
Cun muiño viraventos
faslle cóxegas ao ar
co riso do teu alento!
O teu alento é de cores
e bailan as bolboretas
co ventiño que ti moves.
CEIP DE PAZOS Ferrol
Este sálvoo eu
Eu salvaría Os Bolechas van ao cine de Pepe Carreiro
¿Por que?
Porque me encantan as aventuras dos Bolechas
(E memorizo...)
Hoxe botan unha película de dinosauros.
CEIP DOS DICES ROIS Infantil
CEIP DE VIDE. Infantil
Este sálvoo eu
“Os soños na Gaiola”
¿Por que?
Porque Manuel María soñaba os nosos soños
E memorizo...
Caracol, col col;
Caracol, caracoleiro:
pon os teus cornos ao sol
xa que eres tan frioleiro!
Ao lombo levas a casa,
caracol, caracoleiro:
e deixas cintas de seda
que engalanan o carreiro!
Caracol,col,col;
caracol, caracolón:
pon os teus cornos ao sol
ao sol os teus cornos pon!
CEIP de CARNOTA Infantil
Este sálvoo eu
Eu salvaría : “Naufraxio no Mar de Lira”
Autor: Pepe Carreiro ¿Por que?
Porque nel fálase do noso Concello e aparecen ilustracións onde se aprecian distintos recunchos de Lira. (Falanos así...)
Pepe é un vello mariñeiro de Lira. O seu neto Pepiño vai pescar moitas veces con el. De grande tamén quere ser mariñeiro. ...No faro, Nemo o fareiro axexa o mar polos anteollos. Vixía os barcos día e noite. Nesta costa hai cons que os capitáns dos barcos non coñecen e naufragan moitos deles
....
Este salvámolo nós
Nós salvariamos A casa de había unha vez, de Ana Mª Fernández
¿Por que?
Porque nel atópanse poemas como “o da casa dos contos” ou “o dos ratiños que
querían que lles contasen un conto antes de durmir”
(E memorizo...)
A casa dos contos Tamén hai trasniños como podes ver, raíñas, princesas, ten un chamador encantos e fadas de “había unha vez”. palacios turquesa. Se ábre-la porta, Ti mira con tino hai un corredor, que, nas librerías, por onde pasea has ver esa casa, o Lobo Feroz. ¡se les cada día! [.......]
Infantil
C.E.I.P. de Louro