Nivel de cualificación: 2 -...

34
Nivel de cualificación: 2 INSTITUTO GALEGO DAS CUALIFICACIÓNS

Transcript of Nivel de cualificación: 2 -...

Nivel de cualificación: 2

INSTITUTO

GALEGO

DAS

CUALIFICACIÓNS

Coordinación do proxectoCristina Rubal González

Dirección do proxectoMarisa Mallo Fernández

Equipo técnico e metodolóxicoAna Pinal FuentesSusana Carballeira CasalMaría José Martínez Cao

Grupo de expertos

Experto Empresa

Jesús Ángel Berride LópezH.J.Barreras

Justo Castaño LópezCentro de F.P.O. de Ferrol

Pedro Galdo CouceIZAR - Fene

José Galdo DíazIZAR - Ferrol

Pedro Herrero LlamasEstaleiro de Puerto Real - Cádiz

Juan Leira PitaIZAR - Fene

Bernardo Méndez DomínguezFactorías Vulcano

Juan Rivera MaceirasIZAR-Ferrol

Juan Luis Urzay GómezEstaleiro de Sestao - Bilbao

Índice

Presentación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 7

1.Competencia xeral . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9

2.Unidades de competencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9

2.1. Relación de unidades de competencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9

2.2. Desenvolvemento das unidades de competencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10

2.2.1. Unidade de competencia 1.

Unir mediante procesos manuais, semiautomáticos e mecanizados estructuras metálicas, tubaxes e demais elementos incorporados en construcción e reparación naval. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10

2.2.2. Unidade de competencia 2.

Uni-las estructuras metálicas, tubaxes e demais elementos incorporados utilizando os procesos de soldadura TIG e os sistemas automáticos e robotizados. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 16

2.2.3. Unidade de competencia 3.

Realizar operacións de manipulación, inspección e ensaios non destructivos nas unións soldadas.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 22

3. Ámbitos de competencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 30

3.1. Relación de ámbitos de competencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 30

3.2. Desenvolvemento de ámbitos de competencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 30

3.2.1. Prevención de riscos laborais en construcción e reparación naval. . . . . . 30

3.2.2. Relacións no equipo de traballo. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 31

4.Anexo. Cualificacións profesionais no sector da construcción naval . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 33

5.Glosario . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 34

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

7

Na intención da Xunta de Galicia está o dobre obxectivo de con-segui-lo progreso dos traballadores e a competitividade dasempresas, establecendo como principio unha mellora da cualifica-ción profesional.

O contexto socioeconómico da Comunidade Autónoma galega,baseado cada día máis na competitividade empresarial, esixe revi-sa-lo papel dos recursos humanos nas organizacións productivas,conferíndolle un maior valor á competencia profesional dos traba-lladores. A competencia á que nos referimos non sería a meracapacidade de realizar tarefas repetitivas, senón que inclúe acapacidade de relación, de innovación e, sobre todo, de adapta-ción permanente ós continuos cambios ós que está sometido osistema productivo.

A caracterización da competencia profesional é un proceso degran complexidade e de importancia clave para o avance da eco-nomía galega, xa que se trata de describi-lo que se espera querealicen as persoas na súa actividade laboral para acada-los niveisde calidade e eficacia que esixen as estructuras productivas. Conesta premisa o Instituto Galego das Cualificacións abordou adeterminación desas competencias en dous sectores relevantespara a economía galega como son a construcción naval e a pedranatural, a través da elaboración das cualificacións profesionais.

O traballo que se presenta a continuación non sería posible sen acolaboración dos sectores implicados, tanto a nivel empresarialcomo sindical, ós que desde estas líñas queremos amosa-lo nosomáis profundo agradecemento.

Entendemos que coa elaboración destas cualificacións profesio-nais a Administración galega deu un paso adiante e será agoraresponsabilidade dos sectores correspondentes facelas realidadea través da súa aplicación no mundo productivo.

Manuela López BesteiroConselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

Presentación

9

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

IP

INSTITUTO GALEGO DAS CUALIFICACIÓNS

INDUSTRIA PESADA E CONSTRUCCIÓNSMETÁLICAS

Denominación:

Soldadura

Nivel de cualificación: 2

■ 1. Competencia xeral

Realizar operacións de unión para fabricar, mon-tar ou reparar estructuras metálicas, tubaxes edemais elementos incorporados de construccióne reparación naval, interpretando planos e docu-mentación técnica, cumprindo as especificaciónstécnicas prescritas e as normas de calidade, deprevención de riscos laborais e protecciónambiental establecidas.

■ 2. Unidades de competencia

■ 2.1. Relación de unidades de competencia

■ UC 1. Unir mediante procesos manuais,semiautomáticos e mecanizados es-tructuras metálicas, tubaxes e demaiselementos incorporados en construc-ción e reparación naval.

■ UC 2. Uni-las estructuras metálicas, tuba-xes e demais elementos incorporadosutilizando os procesos de soldaduraTIG e os sistemas automáticos erobotizados.

■ UC 3. Realizar operacións de manipulación,inspección e ensaios non destructivosnas unións soldadas.

■ 2.2. Desenvolvemento de unidades de competencia

■ 2.2.1. Unidade de competencia 1.Unir mediante procesos manuais,semiautomáticos e mecanizados es-tructuras metálicas, tubaxes edemais elementos incorporados enconstrucción e reparación naval.

A. Elementos de competencia e criterios de realización

■ EC1. Interpreta-los procedementos, ins-truccións de traballo, planos e todaaquela documentación complementa-ria inherente ós procesos de soldadu-ra utilizados, cumprindo coas especifi-cacións técnicas e de calidade.

CR 1. Na documentación técnica analízansetódolos elementos necesarios que permi-tan realiza-las actividades de soldaduracorrectamente, tales como:

■ dimensións, espesor e calidade dosmateriais asignados,

■ tipo e preparación de bordos,

■ identificación das pezas e destinodestas,

■ procedemento de soldadura.

CR 2. Estúdianse as duracións establecidas dasactividades de soldadura, co fin de cum-pri-lo programa.

CR 3. Compróbase a información para realiza-loautocontrol.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

10

■ EC2. Preparar e manter equipamentos, ferra-mentas, instrumentos e protecciónsde traballo para facer posible a solda-dura de pezas e/ou conxuntos deacordo coas normas de prevención deriscos laborais e calidade establecidas.

CR 1. As dimensións, espesor e calidade dosmateriais correspóndense coas asigna-das nas instruccións de traballo.

CR 2. A preparación de equipamentos, acceso-rios e servicios auxiliares para soldadurarealízase desde o punto de vista operati-vo e cumprindo as normas establecidasde calidade, ambientais e de prevenciónde riscos laborais.

CR 3. Contémplanse as tarefas específicas depreparación establecidas para cadamáquina ou equipamento, que se realiza-rá ó principio de cada xornada.

CR 4. Na preparación de ferramentas e útilesde traballo cúmprense as normas esta-blecidas para o seu control.

CR 5. As ferramentas e útiles de traballo sonos axeitados para o proceso que se vaiutilizar.

CR 6. Ademais dos equipamentos de traballo,prepáranse os correspondentes elemen-tos de protección individual.

11

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

■ EC3. Realiza-las operacións de preparaciónpara que a execución do proceso desoldadura se efectúe con fiabilidade,aplicando as normas de prevención deriscos laborais establecidas.

CR 1. Compróbase que os materiais base asoldar se axustan ó procedemento esta-blecido.

CR 2. Compróbase que os materiais de achegae consumibles son os axeitados para oproceso a desenvolver, de acordo co pro-cedemento aplicable.

CR 3. Compróbase a correcta preparación daunión a soldar (dimensións, limpeza, pun-tos de fixación).

CR 4. Prepáranse para soldadura as xuntas asoldar (chafrán, entreferros, ponteado,limpeza).

CR 5. O prequentamento de materiais é o espe-cificado polo procedemento.

CR 6. Séguense instruccións para evitar ouminimiza-las deformacións que se podenproducir, así como os posibles defectos óinicio e final da soldadura.

CR 7. Utilízanse os equipamentos de protecciónindividual.

CR 8. Contémplanse as medidas de proteccióndo ambiente.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

12

■ EC4. Aplica-los procedementos de soldadu-ra: manuais (electrodo), semiautomáti-cos (MIG-MAG), oxigás (forte e bran-do), mecanización simple e/ou pesada,soldadura de espárragos por resisten-cia, resanado e a unión por adhesivos,cubrindo tódalas calidades de mate-riais e aliaxes e dominando tódalasposicións, seguindo as especificaciónsprescritas e coa calidade e prevenciónde riscos laborais requiridas.

CR 1. Compróbase o equipamento a utilizar (ins-talación, calibración, regulación, tipo decorrente acorde co procedemento a apli-car, etc.).

CR 2. As técnicas operatorias teñen en contaos parámetros eléctricos e as polarida-des, segundo os procedementos de sol-dadura.

CR 3. Mantense o rango de temperatura (pre,entre e postsoldadura) mentres dure oproceso de soldadura.

CR 4. Protéxese a unión a soldar para evitarcambios bruscos de temperatura.

CR 5. Efectúase o control da calidade, en cantoa dimensións e defectoloxía durante aexecución da soldadura.

CR 6. Os fallos ou defectos rexeitados identifí-canse e repáranse seguindo as instruc-cións de traballo establecidas.

CR 7. A soldadura execútase segundo o grao dedificultade e nos tempos establecidos.

CR 8. A identificación do soldador permite con-trolar quen executou a soldadura.

13

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

CR 9. As soldaduras realízanse en calqueraposición homologada e con calquera tipode material, cumprindo as normas decalidade, en canto a calidade superficial,dimensión, mordeduras e limpeza.

B. Especificación de campo ocupacional

Información e medios de traballo

Planos, croquis, instruccións e procedementos de tra-ballo. Información de operacións de preparación e deprevención de riscos laborais para cada tipo de máqui-na de soldar. Ferramenta de montaxe e soldadura(gatos, galgas, cepillos, etc.). Medios de transporte eizada. Instrumentos de desescouración e medición.Equipamentos de soldadura: electrodo, semiautomáti-cos MIG-MAG, oxigás (forte e brando), mecanizaciónsimple e pesada. Soldadura de espárragos por resis-tencia, resanado e unión por adhesivos. Normas decalidade e defectoloxía da soldadura, de prevención deriscos laborais e de protección ambiental.Equipamentos de protección persoal. Equipamentospara relaxación de tensións. Quentadores, estufas efornos, extractores de fumes.

Procesos, métodos e procedementos

Técnicas operatorias de soldadura por electrodomanual, MIG-MAG, oxigás, mecanización, espárragospor resistencia, resanado e unión por adhesivos.Técnica de prequentamento. Procedementos de trata-mento postsoldadura.

Resultados do traballo

Unión soldada de elementos e estructuras.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

14

C. Capacidades e coñecementos

Capacidades fundamentais

■ Analiza-la documentación técnica (planos, esquemas,procedementos de soldadura, etc.) utilizada na cons-trucción e reparación naval co fin de aplica-lo procesode soldadura.

■ Analiza-los procesos de soldadura, identificando assecuencias de soldadura, necesidades de materiais,equipamentos, medios auxiliares e prevención de ris-cos laborais e atendendo especialmente ós criteriosde calidade.

■ Identifica-los materiais empregados nas soldaduras,analizando composición e comportamento.

Coñecementos fundamentais

■ Interpretación de planos e procedementos de soldadura.

■ Coñecementos de tipos e calidades de materiais debase e achega: composición, simboloxía.

■ Control dimensional.

■ Tolerancias.

■ Coñecementos dos distintos procesos de soldadura:técnica operatoria, prevención de riscos laborais,parámetros a controlar, calidade e defectoloxía dasoldadura.

■ Maquinaria, utensilios e ferramentas empregados nasoldadura.

■ Proceso de soldadura por electrodo: técnica operato-ria. Posicións e calidade do electrodo. Parámetros devoltaxe, intensidade e velocidade. Equipamentos de sol-dadura. Inspección visual. Defectos.

■ Procesos de soldadura por oxigás. Principios de fun-cionamento. Gases. Sopretes. Estudio da chama.Posta a punto.

15

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

■ Proceso de soldadura MIG-MAG. Equipo de soldadura.Tipo de arco. Transporte do fío. Posta a punto dunhainstalación MIG-MAG. Soldadura MIG-MAG nos diferen-tes materiais e posicións. Fundamentos.

■ Outros procesos de soldadura: mecanización simple epesada, soldadura de espárragos por resistencia, resa-nado e unión por adhesivos.

■ Procesos de prequentamento segundo o tipo de mate-rial base e demais operacións de preparación da sol-dadura.

■ Normativa de prevención de riscos laborais, calidade eprotección ambiental. Normativa de aplicación específi-ca ó seu posto de traballo.

■ Proceso de preparación e de mantemento das máqui-nas e ferramentas utilizadas na soldadura e do postode traballo.

■ 2.2.2. Unidade de competencia 2.Uni-las estructuras metálicas,tubaxes e demais elementos incor-porados utilizando os procesos desoldadura TIG e os sistemas auto-máticos e robotizados.

A. Elementos de competencia e criterios de realización

■ EC1. Interpreta-los procedementos, ins-truccións de traballo, planos e todaaquela documentación complementa-ria inherente ós procesos de solda-dura utilizados, cumprindo coasespecificacións técnicas e de calida-de prescritas.

CR 1. Na documentación técnica analízansetódolos elementos necesarios que permi-tan realiza-las actividades de soldaduracorrectamente, tales como:

■ dimensións, espesor e calidade dosmateriais asignados,

■ tipo e preparación de bordos,

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

16

■ identificación das pezas e destinodestas,

■ procedemento de soldadura.

CR 2. Estúdianse as duracións establecidasdas actividades de soldadura, co fin decumpri-lo programa.

CR 3. Compróbase a información para realiza-loautocontrol.

■ EC2. Preparar e manter equipamentos, ferra-mentas, instrumentos e proteccións detraballo para facer posible a soldadurade pezas e/ou conxuntos de acordocoas normas de prevención de riscoslaborais e calidade establecidas.

CR 1. As dimensións, espesor e calidade dosmateriais correspóndense coas asigna-das nas instruccións de traballo.

CR 2. A preparación de equipamentos, acceso-rios e servicios auxiliares para soldadurarealízase desde o punto de vista operati-vo e cumprindo as normas establecidasde calidade, ambientais e prevención deriscos laborais.

CR 3. Contémplanse as tarefas específicas depreparación establecidas para cadamáquina ou equipamento a realizar óprincipio de cada xornada.

CR 4. Na preparación de ferramentas e útilesde traballo cúmprense as normas esta-blecidas para o seu control.

CR 5. As ferramentas e útiles de traballo sonos axeitados para o proceso que se vaiutilizar.

17

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

CR 6. Ademais dos equipamentos de traballo,prepáranse os correspondentes elemen-tos de protección individual.

■ EC3. Aplica-los procesos de soldadura: porfricción, electrogás, electroescoria,automática programable, robotizada,láser, plasma, feixe de electróns e TIG,cubrindo tódalas calidades de mate-riais e aliaxes e dominando tódalasposicións, seguindo as especificaciónsprescritas e coa calidade e prevenciónde riscos laborais requiridas.

CR 1. O procedemento de soldadura realízasetendo en conta os materiales base a sol-dar e as posibles deformacións que sepoden producir.

CR 2. Os equipamentos e ferramentas que sevan utilizar son os adecuados, están cali-brados e atópanse nas condicións de usoque permiten optimiza-lo seu rendemento.

CR 3. Os parámetros utilizados son os fixadosno procedemento aplicable.

CR 4. Os bordos e superficies a soldar teñen apreparación requirida polas especifica-cións ou normas establecidas.

CR 5. Tómanse medidas para evitar ou minimi-zar deformacións, así como para evita-losposibles defectos ó inicio ou final da sol-dadura.

CR 6. O prequentamento de materiais e a tem-peratura entre pasadas son os especifi-cados polo procedemento.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

18

CR 7. As soldaduras realízanse en calqueraposición homologada e con calquera tipode material, cumprindo as normas decalidade, en canto a calidade superficial,dimensión, mordeduras e limpeza.

CR 8. O autocontrol do proceso de soldadurapermite identificar e repara-los defectosnon admisibles segundo norma.

CR 9. Posiciónanse as pezas a soldar da formamáis conveniente para a fiabilidade da sol-dadura.

■ EC4. Prepara-los equipamentos automáti-cos e robotizados introducíndolle-losprogramas a utilizar, seguindo os pro-cedementos establecidos.

CR 1. O programa introducido permite compro-ba-lo ciclo en baleiro para coñecer entodo momento a situación relativa peza-ferramenta e a traxectoria prefixada doportaelectrodo.

CR 2. A modificación ou axuste dalgúns pará-metros do programa permite adaptareste ás esixencias de traballos parecidos.

CR 3. A preparación das máquinas realízase enfunción do tipo de soldadura, dimensión ecalidade do material de base, perfil docordón e materiais de achega e consumi-bles a utilizar.

CR 4. Os sistemas de suxeición das pezas per-miten realiza-las operacións de soldaduracoa precisión, calidade e prevención deriscos laborais requiridas.

CR 5. As máquinas automáticas de soldaduraprográmanse segundo instruccións, fixan-do os parámetros de uso de acordo coprocedemento prefixado.

19

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

CR 6. Tómanse as medidas pertinentes paraevitar deformacións e defectos de inicio efinal de pasadas.

CR 7. As soldaduras realizadas cumpren asnormas de calidade especificadas.

CR 8. A instalación do equipamento cumpre asnormas eléctricas e de uso e préstaseespecial atención ás necesidades de refri-xeración cando proceda.

B. Especificación de campo ocupacional

Información e medios de traballo

Planos, croquis, instruccións e procedementos de traba-llo. Información de operacións de preparación e de pre-vención de riscos laborais para cada tipo de máquina desoldar. Ferramenta de montaxe e soldadura (gatos, gal-gas, cepillos, etc.). Medios de transporte e izada.Instrumentos de desescouración e medición.Equipamentos de soldadura: fricción, electrogás, electro-escoria, automática programable, robotizada, láser, plas-ma, feixe de electróns e TIG. Normas de calidade edefectoloxía da soldadura, de prevención de riscos labo-rais e de protección ambiental. Equipamentos de protec-ción persoal. Equipamentos para relaxación de tensións.

Procesos, métodos e procedementos

Técnicas operatorias de soldadura por TIG, por fricción,electrogás, electroescoria, automática programable,robotizada, láser, plasma, feixe de electróns. Técnica dequentamento. Procedementos de tratamentos postsol-dadura.

Resultados do traballo

Unión soldada de elementos e estructuras.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

20

C. Coñecementos e capacidades

Capacidades fundamentais

■ Analiza-la documentación técnica (planos, esquemas,procedementos de soldadura, etc.) utilizada na cons-trucción e reparación naval co fin de aplica-lo procesode soldadura.

■ Analiza-los procesos de soldadura identificando assecuencias de soldadura, necesidades de materiais,equipamentos, medios auxiliares e prevención de riscoslaborais e atendendo especialmente ós criterios decalidade.

■ Identifica-los materiais empregados nas soldaduras,analizando a súa composición e comportamento.

Coñecementos fundamentais

■ Interpretación de planos e procedementos de soldadura.

■ Coñecementos de tipos e calidades de materiais debase e achega: composición, simboloxía.

■ Control dimensional.

■ Tolerancias.

■ Calidade e defectoloxía da soldadura.

■ Maquinaria, utensilios e ferramentas empregados narealización de soldaduras.

■ Procesos de soldadura por fricción, electrogás, elec-troescoria, automática programable, robotizada, láser,plasma, feixe de electróns. Fundamentos. Técnica ope-ratoria.

■ Proceso de soldadura TIG. Equipo de soldadura.Electrodo e material de achega. Polaridade da corren-te. Soldadura TIG en diferentes tipos de materiais eposicións. Fundamentos.

■ Prequentamentos segundo o tipo de material base.Operacións de preparación da soldadura e de mante-mento dos equipamentos a soldar.

21

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

■ Técnica operatoria da soldadura. Parámetros.Prevención de riscos laborais.

■ Normativa de prevención de riscos laborais, calidade eprotección ambiental. Normativa de aplicación específi-ca ó seu posto de traballo.

■ Proceso de preparación e de mantemento das máqui-nas, ferramentas e do posto de traballo.

■ 2.2.3. Unidade de competencia 3.Realizar operacións de manipulación,inspección e ensaios non destructi-vos nas unións soldadas.

A. Elementos de competencia e criterios de realización

■ EC1. Realizar controis na manipulación doconsumible, procurando identificardeficiencias e cumprindo os requisitosestablecidos nos procedementos einstruccións de traballo.

CR 1. O autoabastecemento dos materiais deachega realízase segundo as instrucciónsde traballo.

CR 2. Os materiais defectuosos que non cum-pren coas especificacións devólvense óalmacén de orixe, comunicándose o feitoa quen proceda, actuando segundo a nor-mativa establecida.

CR 3. Compróbase se os materiais base e deachega correspóndense en forma, medi-das, cantidade e calidade co pedido reali-zado e están en correcto estado.

CR 4. A elección dos consumibles realízasetendo en conta o material base especifi-cado no procedemento de soldadura.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

22

CR 5. Compróbase se os certificados dos mate-riais recepcionados corresponden ósrequisitos demandados no pedido.

CR 6. O control e rexistro dos materiais e pro-ductos realízase mediante fichas de con-trol ou sistemas informatizados.

CR 7. Destínase unha área diferenciada paramateriais aceptados e rexeitados con eti-quetas visibles.

CR 8. A descarga, manexo e estiba dos mate-riais efectúase no lugar e cos mediosaxeitados, clasificándose segundo uso ede modo que non sufran deterioración.

CR 9. A manipulación e almacenamento dosconsumibles realízase cumprindo as esi-xencias relativas ás especificacións doproducto e normativa aplicable.

CR 10. O almacenamento de materiais de base econsumibles realízase en locais axeitadosprotexidos da humidade e da contamina-ción ambiental.

CR 11. O control de temperaturas mantenseconstante no almacén.

CR 12. Os consumibles higroscópicos mantéñen-se estufados durante toda a xornada detraballo.

■ EC2. Verificar que os elementos a soldarcumpren coas condicións de separa-cións, dimensión, forma e posiciónespecificadas no manual de tolerancias.

CR 1. As medidas realizadas permiten compro-bar que un elemento ou conxunto ten asdimensións, formas e aspectos especifi-cados no procedemento.

23

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

CR 2. Os instrumentos de comprobación permi-ten obter medidas coa precisión requirida.

CR 3. A "trazabilidade" dos materiales e compo-ñentes queda garantida.

CR 4. A preparación de bordos (chafráns,entreferros, etc.) cumpre cos requisitosfixados no procedemento.

■ EC3. Participar durante a realización dasprobas de estanquidade de tubaxe ourecipientes para detectar e repararposibles fugas aparecidas, aplicandoos procedementos de rigor.

CR 1. A preparación do ensaio de fugas com-prende a colocación dos soportes oumedios auxiliares necesarios, elementosde medida, conexións ós equipamentosde proba de elementos de prevención deriscos laborais precisos.

CR 2. Os ensaios de fugas realízanse cos equi-pamentos, accesorios e elementos demedida precisos.

CR 3. O ensaio de fugas realízase cumprindo asnormas de prevención de riscos laboraisestablecidas.

CR 4. A preparación das probas de estanquida-de comprende a correcta terminación detódolos remates de soldadura.

CR 5. A inspección xeral da zona a probargarante os resultados da proba.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

24

CR 6. A colocación dos indicadores de precisióne/ou caudal, en zonas dispostas, contro-lan o enchemento de tanques ou reci-pientes a probar.

CR 7. O ensaio de estanquidade realízaseseguindo as indicacións do procedementoen vigor.

CR 8. O ensaio cumpre cos regulamentos dassociedades de clasificación.

CR 9. As posibles fugas aparecidas sóldanseseguindo o procedemento fixado.

■ EC4. Realiza-los ensaios non destructivoscon líquidos penetrantes, aplicando osprocedementos establecidos e a nor-mativa específica.

CR 1. A selección do líquido penetrante e ométodo de observación efectúase deacordo coa inspección que se vai realizar.

CR 2. A preparación e limpeza da zona que sevai inspeccionar realízase de acordo coprocedemento establecido e as especifi-cacións recibidas.

CR 3. O tempo de permanencia dos líquidoscontrólase segundo o establecido.

CR 4. A interpretación das indicacións encon-tradas como resultado do ensaio corres-póndese cos criterios establecidos.

CR 5. A limpeza final da superficie inspecciona-da realízase sempre que remata oensaio.

25

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

CR 6. Durante o ensaio utilízanse os equipamen-tos de protección individual e aplícanse asnormas de prevención de riscos laborais eprotección ambiental establecidas.

CR 7. Detéctanse descontinuidades nos cor-dóns ou materiais base a través doensaio realizado.

CR 8. Detéctanse posibles defectos superficiaisa través da penetración do líquido porcapilaridade.

CR 9. Elimínase o exceso do líquido, o que per-mite mellora-lo contraste.

CR 10. Realízase a reparación dos defectosdetectados a través do ensaio antes deproseguir coa soldadura.

■ EC5. Realiza-los ensaios non destructivospor medio de partículas magnéticas,aplicando os procedementos estableci-dos e a normativa específica.

CR 1. O método aplicado é o adecuado para apeza ou a unión que se quere inspeccionar.

CR 2. A preparación e limpeza da zona que sevai inspeccionar realízase de acordo coprocedemento establecido e as especifi-cacións recibidas.

CR 3. A interpretación das indicacións encon-tradas como resultado do ensaio corres-póndese cos criterios establecidos.

CR 4. A limpeza final da superficie inspecciona-da realízase unha vez rematado o ensaio.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

26

CR 5. A realización do ensaio contempla osrequisitos de prevención de riscos labo-rais aplicables.

CR 6. Compróbase que a superficie a exami-nar está exenta de grasas, aceites oupinturas.

CR 7. Compróbase que a superficie do cordónnon presente irregularidades.

CR 8. Detéctanse as descontinuidades da sol-dadura a través da aplicación das partí-culas na superficie a ensaiar.

CR 9. Contrólase a forma e a mobilidade daspartículas sobre a superficie e a colora-ción das partículas.

■ EC6. Interpreta-los defectos máis frecuen-tes nas placas radiográficas, gamma-grafías ou en informes ultrasónicos,para coñece-lo grao de aceptación ourexeitamento da soldadura realizada.

CR 1. O método aplicado é o adecuado para apeza ou unión que se quere inspeccionar.

CR 2. Compróbase que a preparación da zonaque se vai a inspeccionar se realiza deacordo co procedemento a aplicar eespecificacións recibidas.

CR 3. A inspección realízase segundo o proce-demento a aplicar.

CR 4. A interpretación das indicacións obtidascomo resultado dos ensaios correspón-dese cos criterios establecidos.

27

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

CR 5. Márcanse sobre as pezas ou unións sol-dadas as diferentes exposicións a realizarpara a posterior identificación de posiblesdefectos.

CR 6. Valóranse os defectos segundo o proce-demento aplicable para determina-la súaaceptabilidade.

CR 7. Identifícanse os defectos non admisiblessobre as unións soldadas por compara-ción coas radiografías realizadas.

CR 8. No ensaio téñense en conta os espeso-res e a calidade do material.

B. Especificación de campo ocupacional

Información e medios de traballo

Instrumentos de verificación e medida. Pirómetro. Lapismedidor de temperaturas. Equipamentos hidráulicos.Instalacións, equipamentos e productos para ensaioscon líquidos penetrantes. Equipamentos de partículasmagnéticas. Negatoscopio. Equipamentos e instrumen-tos para probas de estanquidade. Soportes informáticose estatísticos. Procedementos escritos de control, deinspección e ensaios. Normas. Plan de puntos de ins-pección. Procedementos e pautas de control da calida-de da soldadura. Planos e especificacións técnicas.

Informe do estado do material base e dos consumi-bles e de resultados de verificacións e ensaios. Partede traballo.

Procesos, métodos e procedementos

Métodos de medida e verificación. Procedementos deensaios. Métodos e técnicas de ensaios non destructi-vos. Ensaios mecánicos. Métodos e técnicas de controlde calidade de materiais.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

28

Resultados do traballo

Materiais verificados. Unións soldadas comprobadas.Equipamentos de medida e ensaio calibrados. Informesescritos de resultados de verificacións e ensaios.Certificados de control de procesos. Rexistros gráficosde probas e ensaios.

C. Coñecementos e capacidades

Capacidades fundamentais

■ Analiza-lo proceso de control de calidade de unións sol-dadas tipo na industria naval, co fin de obte-la informa-ción que afecte á súa aplicación.

■ Analiza-los "plans de puntos de inspección" relativos árecepción, fabricación, ensaios e probas dos compo-ñentes de construcción e reparación naval.

■ Relaciona-los patróns de calibración cos resultadosobtidos nos diferentes elementos de medida paradetecta-la súa fiabilidade.

Coñecementos fundamentais

■ Interpretación de planos e procedementos de soldadura.

■ Coñecementos dos distintos procesos de soldadura.

■ Control de calidade: aspectos xerais. Procedementos decontrol. Control de recepción de materiais. Control deprocesos (máquinas, útiles, ferramentas). Control do pro-ducto en fase fabricación. Control visual, dimensional,posicionamento, aliñación, temperaturas, probas. Controlfinal. Normas. Importancia do control de calidade.

■ Ensaios mecánicos: propiedades mecánicas dos mate-riais. Ensaios de tracción, dureza, pregamento, resi-liencia, tenacidade e fatiga.

■ Técnicas de ensaios non destructivos: fundamentos,normas, equipamentos e realización de procedementosde líquidos penetrantes, partículas magnéticas.Interpretación de radiografías, gammagrafías e infor-mes ultrasónicos. Utilización dos ensaios non destruc-tivos en control de calidade.

29

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

■ Defectoloxía tipo da soldadura e a súa identificación.Causas. Fisuras. Cavidade e porosidade. Inclusiónssólidas. Falta de penetración. Defectos de forma.Outros defectos.

■ Coñecementos de materiais: propiedades, soldabilida-de, resistencia, etc. Novos materiais, o seu empregona industria naval.

■ Normas de prevención de riscos laborais e de protec-ción ambiental.

■ 3. Ámbitos de competencia

■ 3.1. Relación de ámbitos de competencia

■ 1. Prevención de riscos laborais na cons-trucción e reparación naval.

■ 2. Relacións no equipo de traballo.

■ 3.2. Desenvolvemento de ámbitos de competencia

■ 3.2.1.Prevención de riscos laborais naconstrucción e reparación naval

A. Capacidades fundamentais

■ Recoñece-los dereitos e obrigas que outorga e impón aLei de prevención de riscos laborais ós traballadores eás empresas do sector.

■ Identifica-las situacións de risco na actividade laboraldiaria.

■ Aplica-los métodos de auxilio axeitados ós accidentes.

■ Avaliar, ó seu nivel de competencia, as distintas actua-cións ante unha emerxencia.

■ Identifica-los elementos de protección individual que sedeben usar.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

30

B. Coñecementos fundamentais

■ Riscos máis comúns no sector da industria naval: dis-tintos tipos de riscos e medidas de prevención.Métodos de prevención e protección na industrianaval. Proteccións nas máquinas e instalacións.Sistemas de ventilación e evacuación de residuos.Medidas de seguridade en producción, preparación demáquinas e mantemento. Roupas e equipamentos deprotección persoal. Sinais e alarmas. Equipamentoscontra incendios.

■ Accidentes e enfermidades profesionais máis comúns:características, clasificación e causas dos accidentes.

■ Primeiros auxilios: identifica-los distintos tipos delesións e técnicas de primeiros auxilios.

■ Normativa vixente sobre prevención de riscos laboraisno sector da construcción e reparación naval. Trasladode accidentados. Técnicas de evacuación. Extinción deincendios.

■ Normas sobre limpeza e orde no ámbito de traballo esobre hixiene persoal.

■ Sistemas de prevención e protección ambiental.Factores do ámbito de traballo: físicos (ruídos, luz,vibracións, temperaturas...) e químicos (vapores,fumes, partículas en suspensión...). Factores sobre oambiente: emisións gasosas, verteduras líquidas e resi-duos sólidos. Procedementos de tratamento e controlde efluentes do proceso. Normas de evacuación antesituacións de risco ambiental. Normativa vixente sobreseguranza ambiental.

■ 3.2.2.Relacións no equipo de traballo

A. Capacidades fundamentais

■ Manter relacións fluídas cos membros do grupo fun-cional no que se está integrado, evitando e, se é o casoe ó seu nivel, resolvendo conflictos significativos que seorixinen no desenvolvemento e ámbito das actividadeslaborais.

31

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

■ Establecer procedementos de traballo en equipo, moti-vando, integrando e coordinando, ó seu nivel e no ámbi-to das súas competencias, as necesidades do grupo detraballo cos obxectivos propostos no ámbito laboral.

■ Resolver problemas e tomar decisións individuais,seguindo normas establecidas ou procedementos defi-nidos dentro do ámbito da súa competencia.

■ Participar, ó seu nivel, no fomento da creación e funcio-namento de grupos de mellora e círculos de calidade.

B. Coñecementos fundamentais

■ A comunicación na empresa. A comunicación oral de ins-truccións para a consecución duns obxectivos. Tipos decomunicación e etapas dun proceso de comunicación.

■ Dificultades/barreiras na comunicación. A comunica-ción expresiva (oratoria, escritura). A comunicaciónreceptiva (escoita, lectura).

■ Negociación e solución de problemas. Concepto, ele-mentos e estratexias de negociación. Proceso de reso-lución de problemas. Métodos máis usuais para a reso-lución de problemas e a toma de decisións en grupo.

■ Equipos de traballo. Visión do individuo como parte dogrupo. Tipos de grupos e de metodoloxías de traballoen grupo. Os grupos de mellora e círculos de calidade.Técnicas para a dinamización de grupos. A reunióncomo traballo en grupo. Tipos de reunións.

■ A motivación. Definición da motivación. Principais teo-rías da motivación. O concepto de clima laboral.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

32

■ 4. Anexo. Cualificacións profesionais no sectorda construcción naval

33

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

Deseño naindustrianaval

1. Desenvolve-la documentación técnicade estructuras en construcción ereparación naval.

2. Estudiar, calcular e desenvolve-ladocumentación técnica corres-pondiente ás manobras en cons-trucción e reparación naval.

3. Desenvolve-la documentación técnicade armamento en construcción ereparación naval.

1. Técnicas de construcción ereparación naval.

2. Documentación técnica enconstrucción e reparación naval.

3. Materiais empregados enconstrucción e reparación naval.

4. Relacións no ámbito de traballo.

Programacióne controldaproducción

1. Desenvolver programas de elabo-ración, fabricación e montaxe enconstrucción e reparación naval.

2. Preparación e desenvolvemento deestratexias e dos procesos de estruc-turas.

3. Preparación e desenvolvemento deestratexias e dos procesos dearmamento.

4. Xestionar e controla-los procesos defabricación e montaxe en construccióne reparación naval.

1. Materiais empregados enconstrucción e reparación naval.

2. Prevención de riscos laboraisnas industrias de cons-truccióne reparación naval.

3. Relacións no ámbito de traballo.

Tubaxee instalaciónnaval

1. Elaborar tramos de tubaxes segundoos planos e croquis.

2. Ensamblar e montar conduccións detubaxes, accesorios, e elementosincorporados, segundo as especifi-caciones técnicas e planos.

1. Prevención de riscos laborais naconstrucción e reparación naval.

2. Relacións no equipo de traballo.

Armacióne montaxede estructuras

1. Corte e conformación de chapas eperfís.

2. Montaxe de estructuras e elementosincorporados.

1. Prevención de riscos laborais naconstrucción e reparación naval.

2. Relacións no equipo de traballo.

Soldadura1.

2. Uni-las estructuras metálicas, tubaxese demais elementos incorporadosutilizando os procesos de soldaduraTIG e os sistemas automáticos erobotizados.

3. Realizar operacións de manipulación,inspección e ensaios non destructivosnas unións soldadas.

1. Prevención de riscos laborais enconstrucción e reparación naval.

2. Relacións no equipo de traballo.

Unir mediante procesos manuais,semiautomáticos e mecanizadosestructuras metálicas, tubaxes edemais elementos incorporados naconstrucción e reparación naval.

Cualificacións Unidadesde competencia

Ámbitosde competencia

■ 5. Glosario

■ Cualificación profesional

É a especificación oficial da competencia que se preci-sa para desenvolver correctamente un rol de traballoou unha actividade profesional nun campo ocupacionaldeterminado.

■ Competencia profesional

É a capacidade de aplica-los coñecementos e capacida-des para conseguir realiza-las actividades e funciónslaborais de acordo cos niveis requiridos na produccióne no emprego, e para soluciona-los problemas quederivan dos cambios na producción.

■ Denominación da cualificación profesional

Tenta expresa-lo rol ou roles esenciais do traballo quese presentan ou presentarán nas tarefas ou situaciónsproductivas da cualificación profesional.

■ Nivel

O nivel indica o grao de competencia das actividades detraballo asociadas ás unidades de competencia e áscualificacións profesionais. Non debe pensarse en cate-gorías profesionais.

Dividiuse a estructura das cualificacións profesionaisnos cinco niveis recoñecidos pola Unión Europea comomarco de referencia para calquera sistema de cualifi-cación.

■ Competencia xeral

Describe os roles esenciais do traballo que se identifi-caron para cada cualificación profesional en forma defuncións ou obxectivos da producción que deben seracadados.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

34

■ Unidades de competencia

Conxunto de elementos de competencia con valor e sig-nificado no emprego. Obtéñense pola división da com-petencia xeral da cualificación profesional. Cada unida-de de competencia debe responder alomenos a un rol,a un posto ou a unha función da producción.

■ Elementos de competencia (EC)

Describen o que as persoas deben ser capaces de rea-lizar nas situacións de traballo. Expresa os logros ouresultados esperados que a persoa debe ser capaz dedemostrar para acada-lo rol que expresa a correspon-dente unidade de competencia.

■ Criterios de realización (CR)

Describen os resultados ou aspectos críticos quedemostran a competencia profesional. Cada criteriodefine así unha característica do traballo ben feito.

Expresan, por tanto, o nivel aceptable do elemento decompetencia que satisfai os obxectivos das organiza-cións productivas e permiten xulgar fronte a eles asactividades de traballo realizadas pola persoa.

■ Especificación de campo ocupacional

É unha descrición do campo de aplicación de cada uni-dade de competencia segundo as actividades e situa-cións de traballo actuais e previsiblemente futuras docampo ocupacional correspondente. Caracterízase enfunción dun conxunto de parámetros (información,máquinas, equipamentos, procesos, técnicas...) que seespecifican para cada unidade de competencia.

■ Especificación de coñecementos e capacidades

É o conxunto de coñecementos, habilidades cognitivas,destrezas e actitudes que debe incluírse nas cualifica-cións profesionais. Incluirá non só os coñecementossobre os feitos e a información que se necesita paraactuar, senón tamén as capacidades necesarias paraaplicar ese coñecemento ó rango necesario de situa-cións de traballo.

35

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

■ Ámbito de competencia

Conxunto de coñecementos e capacidades transversaise/ou de base correspondentes a varias ou tódalas uni-dades de competencia dunha cualificación profesional.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

36