Naturais resumo tema_2_quinto
description
Transcript of Naturais resumo tema_2_quinto
TEMA 2 CIENCIAS DA NATUREZA 5º
As principais partes dunha planta son:
-Raíz: parte que está baixo a terra. Utilízanas para soster a planta ao solo e para absorber auga e sales minerais.
-Talo: permite soster en pé a planta e transportar compostos que necesita a planta. O tronco é talo (tamén son bulbos e tubérculos).
-Follas: órganos encargados de realizar a fotosíntese. Absorben luz do sol e dióxido de carbono e elaboran nutrientes. Ten dúas partes (face e envés ).
-Vasos condutores: son tubiños finos que percorren todo o interior da planta. Hai vasos leñosos (unen raíces coas follas) e vasos liberianos (unen follas co resto da planta).
Podemos dividir as plantas en dous grandes grupos:
Plantas con flor: roseira, papoula, margarida, Piñeiro, carballo… Reprodúcense mediante sementes. Poden ser anxiospermas (teñen froito con sementes) e ximnospermas (sen froito)
Plantas sen flor: fento, carriza. Non teñen semente. Reprodúcense por esporas.
Alimentación da planta: as raíces absorben auga e sales minerais (zume bruto). Este líquido sobe ás follas.
As follas toman dióxido de carbono polos estomas.
Nas follas ten lugar a fotosíntese: grazas á clorofila as follas captan luz solar, que se permite combinar dióxido de carbono co zume bruto, dando lugar ao zume elaborado (alimento da planta) e despréndese osíxeno.
Obtención de enerxía: as plantas respiran. Toman osíxeno que mesturan cos alimentos para producir enerxía, e desprende dióxido de carbono.
As plantas presentan dous tipos de reproducción: sexual e asexual.
Reprodución sexual: as flores son os órganos reprodutores que teñen os gametos masculinos e femininos. O pistilo está formado polos óvulos, o ovario, o estilo e o estigma. Este último é a parte superior do pistilo e o que recibe o pole. Os estames producen o pole. As flores están formadas polo cáliz e a corola.
A corola é o conxunto de follas de cores (pétalos) que atraen os insectos e que protexen os órganos encargados da reprodución. O cáliz é o conxunto de follas verdes (sépalos). Tamén ten unha función protectora.
O vento ou insectos levan o pole ata o pistilo dunha planta. Alí xúntase cun óvulo, dando lugar a unha semente. Ao mesmo tempo, o pistilo aumenta de tamaño e convértese nun froito, quedando as sementes dentro. Cando as sementes están maduras, o froito cae ao chan. Se se dan as condicións necesarias, prodúcese a xerminación, nacendo unha nova planta.
Outras plantas sen flor (carrizas, fentos) reprodúcense mediante esporas. Nos fentos as esporas fórmanse no envés, nunhas estruturas chamadas soros.
Reprodución asexual: unha parte da planta dá lugar a unha nova. Pode ser...
Por bulbos que se enterran e nace outra planta (allo, cebola, tulipán, narciso...). Por tubérculos (pataca, cenoria, remolacha...); por rizomas que medran baixo terra: lirio, cana de río... ;por gallos (fragmentos de planta) xeranio, roseira.
As plantas relaciónanse coa contorna. Teñen movementos como as nastias (movementos rápidos e reversibles) e os tropismos (movemento lento reaccionando ante luz, auga...).