Músicas Mulleres

17
Mú icas Mu leres 8 de Marzo de 2013

description

Músicas Mulleres

Transcript of Músicas Mulleres

Page 1: Músicas Mulleres

Mú icasMu leres

8 de Marzo de 2013

Page 2: Músicas Mulleres

María CorredoyraPintora, membro do Seminario de Estudos Galegos e da Academia de Belas Artes da Coruña

A Coruña 1893 - A Coruña 1970

O nome completo desta artista é María del Carmen Corredoyra Ruiz de Baro, se ben artisticamente sempre se coñece como María Corredoyra. Foi unha das pintoras menos célebres da Xeración de 1916 por varias razóns: por non existir parentes directos que difundisen a obra tras o seu pasamento, pola chegada das vangardas e a ruptura que iso supuxo nas artes e, sobre todo, por ser muller, xa que as condicións socioculturais da época non eran as máis adecuadas para a formación das mulleres nin para o seu desenvolvemento como artistas, considerándose á muller pintora ou dedicada ás artes como algo secundario.

Nace en 1893 na rúa da Estreita de Santo André da Coruña. Dende moi nena mostra preferencias pola pintura fronte a outras disciplinas. Na súa familia conta con parentes directos pintores como Xesús Rodríguez Corredoyra de Castro e Xesús R. Corredoyra, mais todo parece indicar que a principal culpable da predisposición de María á pintura é a súa nai, que era unha grande afeccionada ás artes.

Empeza formándose nas clases de debuxo de don Félix Castro e, tras a morte deste, continúa aprendendo co pintor Enrique Saborit. Desa etapa son súas primeiras obras, copias de pintores da época e de cadros do Museo do Prado.

A Saborit débese que se presentara no ano 1909 á Exposición Rexional Galega, onde se lle concede a Medalla de Ouro polo seu traballo. A partir de entón participa en diversos certames, nos que acada recoñecemento e premios, en 1910 obtivo un diploma na exposición realizada en México e en 1911 triunfou en Bos Aires.

De vital importancia para a carreira da artista será a Exposición de Arte Galega no Centro Galego de Madrid en 1912, á mostra concorre con catro óleos e ten contacto coas grandes figuras da pintura e da escultura galegas.

A partir de aí vaise consolidando como pintora e en 1914 decide marchar a Madrid para completar os seus estudos baixo a dirección, primeiro, de Eduardo Chicharro e, máis tarde, de Xosé M.ª López Mezquita. A través deste último, María concorre a varios certames e mostras que se realizan en Gran Bretaña. Pouco despois decide volver a Galicia.

Das obras que irá expoñendo en Galicia dicíase: «Non é un xenio, pero pode selo». E a fama de María vai aumentando pouco a pouco.

Page 3: Músicas Mulleres

Chega así o ano 1916, época das Irmandades da Fala e do ascenso do nacionalismo galego. Isto reflíctese tamén nas artes,;de feito, a Segunda Exposición de Arte Galega de 1917 está orientada a difundir a galeguidade polo mundo e nela M.ª Corredoyra presenta cinco obras de retrato e figuras que se poden considerar de estilo rexionalista.

A partir de entón María entende que se inicia unha nova etapa na súa vida artística, considera pechada a época de aprendizaxe e intensifica a súa carreira, chegará a probar coa escultura en madeira. Nos anos vinte participa en varias exposicións fora de Galicia e na mostra de Arte Galega de Ferrol presenta o primeiro dos seus cadros de interiores, tema que irá intercalando coa figura e co retrato.

Será entre 1923 e 1926 cando teña maior actividade expositiva (ver o apartado «extras de maría») No ano 1925 xa é artista recoñecida e realiza a súa primeira exposición individual na Coruña. O éxito da pintora segue crecendo e será nomeada en 1929 Membro do Seminario de Estudos Galegos.

Pero cambia a década e chega a Segunda República. Neste contexto a ideoloxía conservadora, monárquica e cristiá de María freará a súa actividade expositiva. Tamén é evidente o cambio estético e temático da súa obra; aumenta o número de cadros de interiores e desde 1935 convértense en tema exclusivo.

En 1936, coa chegada da Guerra Civil, paralízanse as actividades artísticas, pero non é todo malo para María, este será o ano en que foi nomeada Membro directivo da Asociación de Artistas Coruñesa e no que obtén a praza de axudante de debuxo artístico da Escola de Artes e Oficios da Coruña. Un pouco máis tarde, en 1938, vai ser elixida Membro de Número da Real Academia Provincial de Belas Artes da Coruña.

Ao remate da guerra retoma afortunadamente a carreira artística e a partir de agora os interiores de convento van ser, definitiva e unicamente, o tema das súas obras.

A súa última exposición tivo lugar na Coruña en 1966. Catro anos despois falece e cae pouco a pouco no esquecemento.

Na evolución pictórica da pintora destacan dúas temáticas ben diferentes: 1ª- Desde os seus inicios ata 1922 pinta do natural, céntrase no retrato e na figuración. Nun primeiro momento retrata xente da súa familia e amigas. Logo, durante a estadía en Madrid, céntrase en retratos de tipo rexionalista. A partir de 1918 os retratos énchense de carga psicolóxica. 2ª- Desde o ano 1922, aínda que segue pintando estes xéneros e pinta bodegóns ocasionalmente, comeza a realizar interiores conventuais que, como xa se indicou, acabarán converténdose no tema exclusivo da súa obra e os que a fan máis coñecida. Neses interiores conventuais prescinde da figuración humana, son espazos baleiros cheos de melancolía nos que co paso do tempo aclara a paleta.

Page 4: Músicas Mulleres

María Antonia DansUnha pintora na busca do naturalismo.

Oza dos Ríos 1922 - Madrid 1988

M.ª Antonia Dans naceu na localidade coruñesa de Oza dos Ríos, aínda que sendo moi nena foi levada a Curtis, a onde se trasladou toda a familia por negocios paternos. Estes anos de xuventude que pasa no medio rural do interior de Galicia están marcados polas sensacións, as cores e as experiencias xuvenís vividas entre as carballeiras e os pastos, que inflúen sobre a personalidade da pintora e especialmente na súa traxectoria artística. De feito nunca deixará de estar vinculada a esta terra, ata o punto de voltar con regularidade, tal como fixo ao longo de toda a súa vida. Aínda que orgullosa destas orixes, isto non impediu que María Antonia fose unha muller adiantada ao seu tempo, capaz de asumir o reto dunha modernidade e unha independencia que a penas se lle permitía a unha muller no panorama da posguerra española.

Non será ata os dezasete anos cando empece a interesarse polas cuestións artísticas. Na Coruña é onde recibe as primeiras leccións da man dunha notable debuxante case esquecida, Lolita Díaz Baliño, quen a encamiña na profesión que dará sentido á súa vida. Agora comeza tamén os seus primeiros tenteos profesionais nesta cidade, expoñendo acuarelas e alugando o seu propio estudio ata que, tras a súa voda en 1952, se traslada a Madrid, onde vai residir xa de xeito definitivo, o que alterna con exposicións e tempadas en Galicia. Este traslado, que supuxo un novo período de contactos e amizades co mundo artístico madrileño, non a vai afastar dunha temática profundamente enraizada en Galicia, nas imaxes da súa campiña e o casarío, das labouras do campo e das pequenas tendas da aldea: dunha paisaxe e duns paisanos que se insiren na natureza e que é tratado como unha máis das formas naturais. Non é casual que un dos pintores que máis lle

Page 5: Músicas Mulleres

interesen ao chegar a Madrid sexa Benjamín Palencia, paisaxista da Escola de Madrid, onde viña practicando dende a época de preguerra o sentimento profundo da xeografía castelá, cunha mirada esencial e sen concesións, que vai influír nas novas xeracións de artistas españois. M.ª Antonia loita en Madrid por conseguir un nome. Mergullada neste contexto artístico protagonizado nos anos cincuenta pola abstracción que significou a bandeira da modernidade para as novas xeracións, ela opta por un tipo de pintura figurativa e paisaxística. Un estilo que ten como referencia a súa singular mirada inxenua impregnada dun colorismo de ecos fauvistas, que é recoñecida dende época temperá polos mellores críticos madrileños. Dende entón, a súa lista de exposicións, bolsas e premios será extensa.

Da obra de María Antonia Dans, que acada a súa plenitude na década dos setenta, chama a atención precisamente a intensidade do seu cromatismo, o puro soporte debuxístico dos seus cadros cunha elementalidade formal un tanto naif e primitiva. As súas representacións son apracibles, sen loitas nin dramatismos, expresivas dun mundo repintado con alegres cores no que as cousas expresan unha vida pracenteira e feliz por medio da súa aparencia inxenua e colorista. Nestes temas, o mesmo que nos seus cadros de flores, as liñas orquestran e encadean os planos de cor e, máis que debuxar os obxectos, parecen organizar a tea. Nas formas sucintas dos lenzos e nas súas perspectivas aplanadas predomina a forza dos matices de luces e cores, cos que consegue un poder de suxestión; reflexo, sobre todo, da expresión vivencial desta pintora galega.

Page 6: Músicas Mulleres

Elvira Santiso GarcíaArtista e docente de vocación e extraordinarias dotes creativas

Betanzos 1872 - Santiago de Compostela 1961

Nacida en Betanzos, trasládase coa súa familia a Santiago de Compostela sendo moi nova e pronto se identifica con esta cidade na que residirá ata a súa morte.

A súa formación académico-artística transcorreu na Escola da Real Sociedad de Amigos del País de Santiago de Compostela tendo como profesores a José María Fenollera primeiro e, máis adiante, a Tito Vazquez. Ambos artistas influirán na evolución da súa obra.

A súa actividade creadora é incesante, a simultanea con clases particulares no seu propio domicilio en Santiago de Compostela e, desde comezos do século XX até a súa xubilación, coa actividade docente no mesmo centro no que se formou. Trátase dunha muller independente que vivíu como a maioría dos artistas (homes) da época dos encargos, polo xeral retratos, e da docencia. Tamén formou parte, como tesoreira, da Xunta Directiva da Sociedade de Amigos del Arte de Santiago creada en novembro de 1928 e disolta tres anos despois.

Dotada de boas aptitudes para o debuxo, obtivo varios premios. Na súa etapa formativa é galardoada cando menos en dúas ocasións. No fin de curso 1888-89 consigue unha medalla de Prata por Adorno en Debuxo Natural e, mais tarde, no curso 1889-90, obtén outra medalla de prata por Cabeza, trátase da copia dun xeso, un traballo elaborado coa técnica de carboncillo e un exercicio daquela obligatorio na formación académico-artística. Na Exposición Regional de Lugo de 1896, donde mostra por primeira vez a súa obra ao público, obtén un diploma de colaboración. Máis adiante, en 1906, obtén co seu lenzo La clase de pintura, unha mención Honorífica na Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid e en 1909 a Medalla de ouro na Exposición Rexional de Santiago de Compostela. Recibe tamén a Medalla de Alfonso X el Sabio en recoñecemento pola súa labor docente.

Page 7: Músicas Mulleres

Alentada por José María Fenollera, o seu primeiro mestre, comeza a mostrar a súa obra ao público chegando a ser unha asidua en exposicións de ámbito galego, estatal e mundial ao longo dos tres primeiros deceniosdo século XX. Expón en diferentes certames celebrados en Santiago, A Coruña, Vigo, Madrid, Bos Aires, Montevideo, Ferrol e Vilagarcía de Arousa.

Na súa obra amosa un sentido da percepción e do espacio moy avanzado. Nela, ata 1890, a influencia de José Mª de Fenollera é clara. Comparte con el o gosto pola fotografía e criterios como o empregue do debuxo como base da obra e o escaso uso de cores, ciñénse estes a os grises, sepias e grisallas. Con Tito Vazquez, o seu segundo mestre, atopase cunha pintura mais colorista e de composicións alegres. Isto plásmase na obra de Elvira Santiso que se fai máis luminosa a través da introdución de focos de luz que proceden de lareiras ou de brillos en adornos metálicos. Pódese afirmar que La cena del campanero é unha obra cumio desta etapa. Co paso do tempo, a pintura de Santiso, continua aclarándose ata conquerir un colorido comparable ao dos cadros de Sotomayor.

No que toca aos temas, Elvira Santiso alónxase das típicas esceas de flores e paisaxes propias da pintura feminina imposta ás mulleres pola cultura oficial daquel tempo. A súa pintura é figurativa e a máis dos retratos, cultiva o xénero costumbrista.

Como mestra era moi boa comunicadora. Transmitía emoción, motivaba ao alumnado e empregaba métodos con importantes doses de motivación artística. Estaba atenta aos traballos do alumnado que correxía coas suas mans e daba grande importancia ao silencio por ser esta unha actitude relevante para a concentración e a observación tan necesarias no proceso creativo. Nas súas aulas aprendíase o estilo académico clásico. Non se chegaba ó mundo da cor sen antes ter claro o mundo do debuxo e o tratamento dos volumes a través da técnica do carboncillo. Comezábase debuxando estatuas de xeso e modelos do natural con diferentes dificultades de execución: rapazas e rapaces, un xitano descalzo de cor chocolate, unha vella con moitas enrugas e unha preciosa cesta de mimbre, outras con bastón ou tazas de caldo nas mans, fermosas mulleres de ollos grandes e melenas recollidas que suxetaban cantaros de barro...

A pesar do seu currículum e da súa alta calidade artística, Elvira Santiso como moitas outras magníficas pintoras, non acada na historia da arte o recoñecimento do que é merecedora. A crítica e a intelectualidade artística da súa época, fondamente sexista, reservaba os atributos de fama e a gloria aos varóns deixando invisibilizada a obra das mulleres.

Afortunadamente a colección do doutor Daporta exposta no Hostal dos Reis Católicos a finais da década de oitenta de século XX permiu revisitar obra de Elvira Santiso. Esta colección, de liña e autoría moi variada, non conseguiu perdurar no tempo. A morte do doutor conlevou a súa fragmentación e o reparto da colección entre as e os herdeiros. Isto influe nas actuais dificuldades para localizar a obra de Elvira. Máis tarde, entre setembro e novembro de 1995, será a exposición A arte inexistente : as artistas galegas do século XX a que ofreza esta oportunidade (ver catálogo en extras sobre).

Page 8: Músicas Mulleres

María ValverdeA súa voz escoitouse nalgúns dos escenarios máis recoñecidos de Europa e América.

Santiago de Compostela - Montevideo

María Valverde naceu na Rúa Nova de Santiago de Compostela, cidade na que estudou piano no Conservatorio da "Sociedad Económica Amigos del País". Dende moi cedo, foi unha adiantada na música e fundamentalmente no canto, tendo como mestres a destacados músicos galegos como Leins ou Soler, tanto, que participou en diversos orfeóns da súa cidade así como nos coros da catedral.

De moza vai para Madrid, onde se formou co músico José María Guervós y Mira e dende onde decidiu continuar a súa formación de canto en Milán con Carlo Franceschi. Neste país entrou en contacto co senlleiro músico Arturo Toscanini, que comezou a ter unha grande admiración pola galega e á que dirixiu en varias ocasións como no caso da representación da ópera "Nerone" en Turín. O seu debut foi no Teatro Social de cómo, interpretando á Azucena de "Il Trovatore" de Verdi. Actuou tamén no Teatro San Carlos de Nápoles na ópera "Fedra" de Pizzetti.

Despois do éxito en Italia, viaxa por un bo número de países europeos como Suíza, Francia, Dinamarca, Suecia, Portugal, e percorre diversos escenarios españois, confirmándose como unha das mellores voces do "lied" e dando a coñecer con grande éxito a versión, musicalizada por Guervós, das Rimas de Gustavo Adolfo Bécquer. Pouco a pouco as cancións galegas van sendo incluídas nos seus repertorios e os alalás foron escoitados moi lonxe das fronteiras de Galicia.

En 1921 foi para Cuba, onde vivira e triunfara o destacado músico galego Xosé Castro

Page 9: Músicas Mulleres

Chané. María, nese tempo, actúa en diversos lugares da Habana, onde hai que destacar a súa actuación no Teatro Nacional cun programa que incluíu numerosas cancións galegas.

Durante o ano 1929 regresa a Galicia e segue a cantar nos escenarios da súa terra: Vigo, Lugo, Pontevedra, Ourense e Santiago. Durante a Guerra Civil, María estivo en Barcelona onde seguiu a cantar, nese momento para o reduto republicano que alí resistiu ata o fin da guerra. O avance das tropas nacionais fai que María se exilie, nun primeiro momento, e como centos de republicanos máis, cara a Francia. Dende ese país vai a América na compaña do seu home, co que casara durante os seus anos de estudante en Madrid, o médico de Jaén Virgilio Garrido Fernández, discípulo de Ramón y Cajal e bo amigo de Lois Tobío durante o exilio. Así, o 15 de xaneiro de 1941 embarcan nun barco francés, o "Alsina" con destino a América, sufrindo o que se converteu nunha das travesías máis longas do exilio. O barco tivo que deterse en Dakar, onde estiveron cinco meses, recluídos no campo de concentración de Kasbach Tedla en Marrocos. Dende este lugar saen no vapor portugués "Quanza" cara a Veracruz, onde desembarcan algúns refuxiados, así como en Cuba e Bos Aires. Finalmente, en abril de 1942, chegan cinco dos refuxiados do barco a Uruguai, entre eles María Valverde e o seu home. A parella instálase na rúa Pimienta de Montevideo, onde establecen unha sólida amizade coa familia Tobío, xa que Virgilio foi compañeiro de traballo de Lois Tobío nos laboratorios Hoffmann-La Roche de Montevideo.

No Río da Prata, María continúa as súas actuacións e inicia a súa etapa como profesora de canto, interesándose cada vez máis pola canción galega e en concreto polas cantigas medievais, especialmente aquelas compostas polo Rei Alfonso X o Sabio. O teatro "18 de Julio" ou o "Sodre" foron algúns dos escenarios nos que actuou en Montevideo. Nese país tamén colaborou nos ciclos "Arte y Cultura Popular" que organizaba María V. de Muller no Palacio Salvo, así como no Paraninfo da Universidad de la República, no Servicio Oficial de Difusión Radioeléctrica ou no Servicio de Arte e Cultura do Ministerio de Instrucción Pública. María Valverde morreu exiliada en América a finais dos anos cincuenta.

Page 10: Músicas Mulleres

María BalteiraMaría Pérez, a Balteira, unha vida imprecisa entre a historia, a literatura e a lenda

Autora do retrato de Maria Balteira: María EsteiránIª metade S XIII - Armea, Señorío da vila de Betanzos

María Balteira foi a máis sonada das soldadeiras da nosa época medieval. As soldadeiras eran mulleres adscritas á Corte que tiñan como oficio cantar e bailar e recibían por iso unha soldada, de aí o nome. Nas ilustracións do Cancioneiro de Ajuda aparecen danzando, tocando as castañetas ou o pandeiro na compaña do xograr que tanxe unha guitarra ou unha viola.

Temos noticia da Balteira polas cantigas de escarnio que lle dedican dez trobadores, verdadeiro arquetipo do que na actualidade se deu en chamar anti-retrato ou retrato descortés. Pedro Amigo de Sevilla e Pedro de Ambroa, betanceiros ambos os dous; Pero da Ponte e o propio Afonso X o Sabio son algúns dos autores que fixeron dela albo das súas burlas. Por eles coñecemos unha muller paradigma de todos os vicios e transgresións que a época condenaba, malia ser parte deles, nun exercicio de dobre moral. Boca xuradora; practicante do tiro con bésta en competición cos homes; xogadora de dados; trampulleira no xogo; libre no xeito de xacer con cregos, escolares, xograres, etc.; transmisora de doenzas venéreas e supersticiosa.

Como no caso das demais soldadeiras, non se fai ningunha referencia á súa arte. Eran tempos en que, teoricamente, a muller só podía elixir entre practicar o amor santo no claustro ou no matrimonio, lonxe do pracer, ou ser soldadeira para gozar malia entrar nunha certa marxinalidade. Isto explica a opción de María Balteira que, sendo fidalga e posuíndo bens de seu, elixe un oficio próximo á prostitución. Sábese que frecuentou as cortes de Fernando III o Santo e Afonso X o Sabio. Segundo as cantigas, participou nunha cruzada; non se coñece con certeza se a de 1248 ou a iniciada en 1269 por Xaime I de Aragón. Menéndez Pidal sitúa a viaxe arredor de 1257. Tamén dos textos medievais infire este a súa relación cos mouros da familia Beni Escallola, arraeces de Málaga, Guadix e

Page 11: Músicas Mulleres

Comares que, apoiados por Afonso X, se rebelaron contra o rei de Granada. Aventura a tese que o Rei Sabio utilizaría a soldadeira para os seus fins políticos, pola especial proximidade que María Balteira mantivo con Fi de Escallola. Nese momento a muller di que descre do poder de excomungar de Roma para afirmar que só a Meca pode absolver. Mais, á fin da súa vida, o medo ao inferno lévaa a querer confesar sen conseguir outro arrepentimento que o da idade: "Son vella, ai capelán". Esta queixa que Menéndez Pidal atribúe á Balteira, lévanos a considerar que el a identifica coa soldadeira María Leve da cantiga de Joam Vasques de Talaveira, identidade da que moitos estudosos, cando menos, dubidan.

Nada se sabe do lugar e data da súa morte e soterramento. Hai un diploma de 1257, citado por Martínez Salazar, no que "dona María Pérez cede unha rica herdade da súa nai aos monxes cistercienses de Sobrado, a cambio dunha renda vitalicia que ha cobrar na súa casa de Armeá [sic] (Coruña). Dona María debe facer servizo ao mosteiro ‘así como familiar e amiga’, e á súa morte os monxes levarana a Sobrado nun ataúde cuberto de tres varas de estanforte vermello, e daranlle dó cumprido de familiar", do que tamén informa Menéndez Pidal. Mais non se atopa ningunha referencia verbo de se, andando os anos, cumpriu ou non a devandita manda. Este documento dá conta tamén do propósito da Balteira de ir a unha cruzada.

Fica a dúbida sobre que datos das cantigas responden á súa auténtica biografía porque estas son un tópico literario en que conflúe a sátira dos autores co ánimo de facer rir, como afirman Sholberg e outros, lonxe dunha intención moralizadora. En todo caso, a visión que se nos ofrece responde ao imaxinario masculino da época, cheo de prexuízos machistas, a cimbrar entre a veneración ás santas e o vituperio ás soldadeiras, entre as Cantigas de Santa María ou as Cantigas de Amor e as obscenidades das de Escarnio. Mais a lenda desta muller traspasa os séculos e segue inspirando a autores e autoras dos nosos días que a ven como unha avanzada do carpe diem, leda e gozadora, e tamén como un ar de liberdade nas ríxidas normas coas que o sistema patriarcal marcou sempre o territorio feminino. Neles, María Balteira renace outra, como se a literatura, que antes a abaixou, a quixese rehabilitar agora e elevar á categoría de heroína patria. En todo caso, María Balteira é excepción ou é a punta do iceberg dun conxunto de mulleres ousadas? Non se esqueza, de calquera xeito, que ela pertence a unha nación, Galicia, cunha marcada tradición artística feminina, desde as puellae cantoras a que se refiren clásicos como Estrabón ou Lilio Itálico, ata na continuación diacrónica, a "meniña gaiteira", de Rosalía de Castro.

Page 12: Músicas Mulleres

Josefina Blanco TejerinaFamosa actríz de teatro, casada con Valle-Inclán e importante colaboradora e difusora da súa obra

León 1879 - Pontevedra 1957

Josefina Blanco Tejerina naceu en León presumiblemente no ano 1879 e iniciouse na carreira teatral sendo nena, da man da súa tía, a tamén actriz Concha Suárez.

Ata 1896 representou, sempre con éxito de crítica, diversos papeis secundarios, pero a súa primeira grande oportunidade chegou en outubro dese ano, cando tivo que substituír á actriz principal na comedia de Benavente Gente conocida. A partir de entón, o seu nome aparece ligado a varias obras deste dramaturgo e, aínda que é difícil precisar a data, foi nos círculos teatrais de Ceferino Palencia e María Tubau onde coñeceu a Ramón del Valle-Inclán, cando este tentaba abrir camiño como actor. Ambos actuaron xuntos en La comida de las fieras (1898) ou Los reyes en el destierro (1899), pero mentres o escritor había quedar afastado da escena tras a perda do brazo esquerdo, os seguintes pasos de Josefina Blanco consagrárona como actriz, especializada no papel de inxenua, con traballos nas máis importantes compañías do momento.

En 1905, Josefina actúa por primeira vez nunha obra de Valle-Inclán representando a Florisel de El marqués de Bradomín. Coloquios románticos e será notablemente eloxiada pola crítica. Pouco a pouco vai obtendo papeis protagonistas. En 1906, cando se atopa nun momento crucial da súa carreira, emprende, xunto con Valle-Inclán unha viaxe a Canarias coa compañía de Ricardo Calvo. É durante esa xira cando ten lugar a famosa anécdota do encerro da actriz, tradicionalmente atribuída á negativa do escritor a que Josefina formase parte da representación de Mancha que limpia, de Echegaray, se ben a documentación hemerográfica desmente ese extremo para confirmar que se tratou dunha decisión conxunta e por motivos económicos.

O éxito obtido na súa primeira intervención nunha obra de Valle-Inclán repetiríase con Liberata la Magnífica de Águila de blasón en 1907. É precisamente o 24 de agosto deste ano cando, tras un longo e, ás veces, difícil noivado, contraen matrimonio. Este feito e o nacemento da primeira filla ao ano seguinte mantén á actriz momentaneamente apartada dos escenarios. A partir de aí intensifícase o labor dela como colaboradora da obra literaria do escritor galego, en calidade de correctora de probas, preparadora de orixinais para a imprenta ou xestora editorial.

A súa reincorporación á escena produciuse na tempada de 1909-1910, volve actuar nunha obra do seu

Page 13: Músicas Mulleres

home, Cuento de abril, no papel de Trovero Pedro Vidal, que a compañía de José García Ortego e Matilde Moreno estreou no Teatro da Comedia de Madrid en 1910. Con eles, o matrimonio iniciou a xira americana que levaría a Josefina aos escenarios de Bos Aires ou Montevideo cos seus habituais éxitos, pero o desacordo de Valle-Inclán con esta compañía, que decide substituír Cuento de abril por Las vengadoras de Sellés, levou a unha ruptura. Neste punto, Josefina enrólase na compañía de María Guerrero e Fernando Díaz de Mendoza, tamén de xira por Sudamérica.

De volta na Península, a actriz interpretou os papeis de Garin e Montañesa en Voces de gesta (1911), e o de Colombina en La Marquesa Rosalinda xa en 1912, momento en que se pode falar do cénit da súa traxectoria artística. Un novo desacordo estético de Valle-Inclán con esta potente compañía ?a negativa de Guerrero e Díaz de Mendoza a representar Voces de gesta en Pamplona? supuxo a ruptura do escritor coa parella de actores, e, como consecuencia, unha importante traba para a carreira da actriz, xa que é precisamente a partir de entón cando se produce a súa retirada dos escenarios.

En 1912 a parella instálase en Galicia, e dous anos máis tarde ten lugar a tráxica morte do primoxénito varón, Joaquín María, na localidade de Cambados, con tan só tres meses de idade. Este feito impúlsaos a trasladarse á Pobra do Caramiñal, onde o escritor emprende unha aventura agrícola que acabaría fracasando.

En 1918 documéntase a volta de Josefina Blanco aos escenarios, pero o nacemento das restantes fillas e fillos nos anos seguintes fai practicamente imposible a continuidade da súa carreira. É así como na década dos 20 as noticias sobre esta actriz se dilúen, mais é seguro que se mantivo cerca de iniciativas teatrais renovadoras ?coma o grupo independente “El Mirlo Blanco”?, ámbito en que volveu interpretar un papel noutra obra de Valle-Inclán, Ligazón, dando vida a La Comadre en 1926.

En 1932, as dificultades económicas e as continuas tensións entre a parella fan que Josefina Blanco interpoña unha demanda de divorcio contra o que fora o seu home durante vinte e cinco anos. Tras a ruptura, a actriz volve aos escenarios, coa compañía de Tirso Escudero, e obtén unha praza de profesora no Conservatorio. Nos anos seguintes os litixios entre a parella pola custodia e educación dos fillos e fillas así como pola asignación económica que lle correspondía a Josefina foron constantes, sobre todo por parte desta, pero iso non impediu que en xaneiro de 1936, tras a morte de Valle-Inclán, ela asumise o papel de viúva do escritor para todos os efectos.

Ao remate da Guerra Civil, instalouse en Pontevedra, cidade que xa non abandonaría, e, abolida a republicana lei do divorcio, puxo en marcha numerosas iniciativas e proxectos apoiada no seu fillo maior, Carlos Valle-Inclán, como a publicación dos 21 tomos de Opera Omnia entre 1941 e 1942.

Josefina finou en Pontevedra o 19 de novembro de 1957 e descansa en Santa Mariña de Cambados, como foi a súa vontade.

Page 14: Músicas Mulleres

Rosa López ComuniónConcertista e mestra de pianistas

Cienfuegos (Cuba) 1900 - Santiago de Compostela 1982

Rosita -como foi coñecida toda a súa vida- puxo grande esforzo en ocultar a súa verdadeira data de nacemento; con todo, podemos calcular que naceu contra 1900 na cidade cubana de Cienfuegos, no seo da comunidade galega naquela cidade. O seu pai, Juan López Corcelet, foi o director do hospital galego e un coñecido masón que casou con Encarnación Comunión.

A súa afección á música, segundo ela mesmo conta, naceu cando tiña 4 anos e recibiu como presente un pequeno piano de xoguete, que conservou durante moitos anos. É evidente que o xenio musical aniñaba naquela rapaza xa que en 1915 deu por rematada a súa formación no conservatorio musical de Cienfuegos, no que foi premiada coa máxima distinción. A partir de entón, iniciaría unha vida centrada na música e a cabalo entre as dúas beiras do Océano.

Ampliou a súa formación no Conservatorio de Madrid, a onde chegou en 1915; alí tivo a oportunidade non só de mellorar senón tamén de coñecer grandes intérpretes e compositores. O seu labor foi asombroso e en 1919 recibiu o Primeiro Premio nas disciplinas de Piano e Harmonía; sería a primeira persoa en que concorrían ambas as distincións conxuntamente.

“Alta, rubia, fuerte. Sonríe siempre”, diría un xornalista sobre ela; “se encarnó en ella el espíritu de la música, mejor aún, que es ella misma el alma que la alienta y vive en las composiciones que interpreta”. Esta combinación e a súa extrema mocidade -algo que constantemente repiten as crónicas- levaron a Rosita a acadar moita popularidade, o que

Page 15: Músicas Mulleres

resultaba un tanto insólito nun tempo en que as mulleres comezaban a sacar a súa paixón musical fóra do ámbito privado para exercer sen complexos como intérpretes ou profesoras.

Contra 1920 asentouse en Compostela, nunha casa da rúa do Vilar, que era da súa tía Zoila López, viúva de Galí; viaxou con frecuencia a América para dar concertos e desenvolveu unha forte implicación coa comunidade cubana-galega, para a que organizou e actuou en moitos concertos benéficos (soa ou co barítono José Abella) a raíz das grandes inundacións de 1926.

Nestes anos a súa presenza na prensa galega é frecuente, ofrece mesmo algunhas entrevistas que nos deixan achegarnos á súa personalidade dun xeito máis directo, aínda que certamente filtrado pola visión dos xornalistas.

Discípula de Arthur Rubinstein, Conrado del Campo e José Tragó, orientou a súa carreira tamén como profesora coa creación, en 1923, dunha escola de piano en Santiago. O primeiro grupo estaba composto por 8 mozas, que acadaron numerosos premios. Esta dedicación docente foi a súa principal ocupación ao longo da súa vida e son moitas as súas alumnas e alumnos que hoxe son profesionais da interpretación e dirección.

En 1939 casou con José Daporta González, profesor da Universidade de Santiago e, coma ela, cubano de ascendencia galega. A súa foi unha voda cosmopolita e glamorosa, que debeu chamar a atención na escura Compostela da posguerra.

O matrimonio destacou sempre por ser unha nota de cor, sofisticación e apertura, que contrastaba coa conservadora sociedade local. Amantes das artes ?chegaron a ter unha colección de máis de 1500 pezas, entre elas un Gaugin?, da música, dinamizadores e benfeitores de mil e unha causas (en Galiza e en Cuba)..., a súa máxima excentricidade -que dirían as xentes daquel tempo- foi construír, no lugar coñecido como Selva Negra -un espazo de natureza vizosa nas abas do Monte Pedroso-, un pequeno estudo onde que Rosita puidese gozar da súa música.

Sempre cun sorriso e de espírito tenaz, Rosita sufriu nos últimos anos da súa vida unha trombose que a imposibilitou durante un tempo. Contan que as súas firmes conviccións relixiosas e o seu esforzo teimudo foron a forza que moveu a súa recuperación, que nunca chegou a ser completa.

Faleceu en 1982 en Santiago e na súa memoria foi instituído o Premio Internacional Rosa López Comunión, que cada ano premia o mellor intérprete de música española entre o alumnado dos Cursos Música en Compostela.

Page 16: Músicas Mulleres

La Bella OteroUnha icona da Belle Époque europea

Valga 1868 - Niza 1965

Agustina Otero Iglesias, "Bella Otero", naceu, segundo ela mesma dixo, un 4 de novembro de 1868 na parroquia de San Miguel de Valga. No libro parroquial está inscrito o seu bautismo o 20 de decembro dese ano como filla de pai descoñecido e de Carmen Otero Iglesias "A Piñeira". Naceu, pois, esta galega universal no mesmo ano en que a revolución chamada "A Gloriosa" estableceu no marco do estado español a democracia, o sufraxio universal e os dereitos do pobo obreiro e deu nacemento tamén á Primeira República e ao federalismo.

Como moitas mulleres galegas nesta época, Carolina foi filla de nai solteira. A súa nai tiña como oficio o de piñeira, é dicir, recollía piñas nos numerosos montes que rodeaban a vila de Valga para vendelas logo nos lugares das proximidades como combustible para dar lume e calor. Se Carolina non marchara de Galiza, seguramente a súa sorte e a súa vida pouco diferentes serían das da súa nai; mais a Bella Otero, ademais de fermosa, era unha muller intelixente e isto permitiulle acadar fama, espertar paixóns, acumular riqueza, aprender cultura e idiomas, cantar, bailar, participar en tertulias literarias, dilapidar amores e paixóns masculinas, pagando o prezo, iso si, de morrer soa na Niza que ela tanto amara nos días de gloria.

A súa vida estivo marcada como a de moitas mulleres naquela época e aínda hoxe por un acto de crueldade e violencia salvaxe: Carolina de Valga foi violada no monte Terroeira cando aínda non pasara case da nenez. Celso Emilio Ferreiro chegou a ver o sumario procesual pola violación que se instruíu no Xulgado de 1ª Instancia de Caldas de Reis co número 41 do ano 1879. Este sumario publicouno Prudencio Landín Tobío no Faro de

Page 17: Músicas Mulleres

Vigo. No BOP de Pontevedra o 9 de agosto de 1879 foi citado o violador Venancio Romero (en paradoiro descoñecido) para responder dos cargos imputados. Carolina tiña apenas 11 anos e, segundo as crónicas da época, o seu estado tras a cruel violación era de tal gravidade que foi trasladada cunha enorme hemorraxia ao Real Hospital de Santiago. A nena conseguiu recuperarse das feridas, mais este feito tráxico deixou na súa vida unha secuela física e psíquica permanente.

Pouco se sabe da súa traxectoria e andaina desde que sae do hospital até a súa aparición en Cataluña e logo xa como artista en París. As noticias e os feitos desta etapa forman parte da lenda, do misterio, da verdade e da fantasía que sempre acompañaron a vida da Bella Otero. Seguramente precisou dunha aprendizaxe dura e difícil, dun traballo para poder triunfar no mundo artístico. O baile, o movemento do seu corpo, a súa sedución nos escenarios non foron só produto da súa beleza senón tamén da súa intelixencia, do seu tesón e do seu bo facer. A súa vestimenta, as súas xoias, a súa vida, as súas conquistas masculinas serviron de base a novelas, crónicas xornalísticas, series de postais e mesmo películas. Os homes ricos e poderosos que con ela se relacionaron (príncipes, tsares, ricos empresarios...) e que, nalgún caso, chegaron ao suicidio na busca do seu amor e da súa posesión contribuíron tamén a engrandecer a lenda da Bella Otero. Mais hai que sinalar que gran parte desta riqueza quedou nos casinos, moi especialmente no de Montecarlo, onde a súa ludopatía consumiu en gran parte esta inmensa fortuna.

Se cadra é menos coñecida a súa faceta de muller que soubo relacionarse coa cultura da época, pero a Bella Otero tivo contactos coas mulleres sabias que se reunían en París no Círculo Sáfico. Michel del Castillo fala, na súa obra Colette une certaine France (1999), sobre Colette e a súa época, deste mundo de cultura e de lesbianismo no que tanto a escritora como a propia Carolina se atoparon e se relacionaron. Este círculo de sabias parisienses estaba constituído por mulleres de enormes fortunas que cultivaban a poesía, o canto e que facían "cadros vivos", representacións pictóricas, moitas veces espidas, que provocaron un enorme escándalo na sociedade parisiense desta época, é dicir, nos chamados "tolos anos vinte" e nos que sobresaíron os nomes de Lucie Delarue, Romaine Brooks, Natalie Clifford-Barney ou Liane de Pougy, a eterna rival de Carolina Otero como artista. É posible que incluso Colette recibira clases de baile da Bella Otero.

Como moitos emigrantes galegos que atoparon fortuna noutras terras, Carolina quixo tamén deixar as súas riquezas, que xa non tiña, ás xentes máis pobres da súa Valga natal para que, quizais, non tivesen que emigrar como tivera que facer ela e foi así como esta muller artista, filla de nai solteira, que fixo da súa vida e da súa existencia aventura e lenda, nos últimos anos da súa vida deixou unha carta escrita oficialmente, a través do embaixador, ao alcalde da súa vila para notificarlle que os beneficiarios do seu testamento serían as xentes máis pobres de Ponte Valga de Galicia, provincia de Pontevedra. A partida de defunción de Carolina ten data do 10 de abril de 1965 en Niza. Unha das galegas máis universais tiña, pois, 97 anos cando morreu.