Motín na Bounty

30

description

Faktoría K de libros. Narrativa

Transcript of Motín na Bounty

Page 1: Motín na Bounty
Page 2: Motín na Bounty
Page 3: Motín na Bounty
Page 4: Motín na Bounty
Page 5: Motín na Bounty

Motín na Bounty

Page 6: Motín na Bounty

Título orixinal: Mutiny on the Bounty

© do texto orixinal: John Boyne, 2007© da tradución: Carlos Acevedo, 2010© desta edición: Kalandraka Editora, 2010Italia, 37, of. 10 - 36162 PontevedraTelf.: 986 860 [email protected]

Ilustración e deseño de portada: Marc TaegerCorrección: Carme PereiroDirectores de colección: Xosé Ballesteros e Silvia Pérez Tato

Faktoría K é un selo editorial de Kalandraka

Primeira edición: xullo, 2010ISBN: 978-84-96957-87-9DL: PO 338-2010

Reservados todos os dereitos

Page 7: Motín na Bounty

Motín na Bounty

John Boyne

Traducido por Carlos Acevedo

Page 8: Motín na Bounty
Page 9: Motín na Bounty

Para Con

Page 10: Motín na Bounty
Page 11: Motín na Bounty
Page 12: Motín na Bounty
Page 13: Motín na Bounty
Page 14: Motín na Bounty
Page 15: Motín na Bounty

Primeira parte

O ofrecemento

PORTSMOUTH, 23 DE DECEMBRO DE 1787

Page 16: Motín na Bounty
Page 17: Motín na Bounty

1

Era unha vez un cabaleiro, un tipo alto con aire de superiorida-de, que tiña por costume baixar ao mercado de Portsmouth o pri-meiro domingo de cada mes co fin de aprovisionar a súa biblioteca.

Eu recoñecíao polo coche en que o seu criado o traía. Era dacor máis negra que se podía imaxinar, mais estaba rematado noalto por unha fileira de estrelas prateadas, coma se o home tiveseinterese nun mundo alleo ao noso. Sempre pasaba boa parte damañá a rever polos postos de libros colocados fronte ás tendas oupasando os dedos ao longo dos lombos dos libros que estaban nointerior, por veces collendo algún para lle botar un ollo ás palabrasde dentro, outras pasándoos dunha man á outra examinando aencadernación. Xuro que mesmo cheiraba a tinta das páxinas, detanto que se achegaba a eles. Había días en que marchaba con cai-xas de libros que había que acomodar encol do coche atadas cunhacorda de cánabo para que non caesen. Outras veces malamentedaba cun só volume que lle interesase. Pero cada vez que el procu-raba o xeito de alixeirar a billeteira por medio da compra, eu pro-curaba o xeito de lle alixeirar os petos das súas pertenzas, pois eseera o meu oficio naquel tempo. Ou un deles, en todo caso. Déra-lle ripado algún que outro pano de man e unha moza que coñecíaeu, Floss Mackey, quitáballe o bordado do monograma (MZ) acambio dun cuarto de penique, de xeito que eu llo puidese ir ven-der a unha lavandeira, que, pola súa parte, había de atopar algúncomprador a un bo prezo que lle dese para xenebra e verduras envinagre. Doutra volta, deixou o chapeu pousado nun carriño áporta dunha mercería e tamén llo collín e vendino por unha bolsa

15

Page 18: Motín na Bounty

de bólas e mais unha pluma de corvo. De cando en vez tentábaocoa billeteira, pero o home non se separaba dela, como é costumedos cabaleiros, e cando a vin xurdir para lle pagar ao libreiro, des-cubrín que se trataba dunha persoa que gustaba de manter o diñei-ro consigo, e decidín que algún día habería de ser miña.

Menciono esta persoa agora, xusto no comezo desta narración,co fin de dar conta dun negocio que aconteceu nunha daquelasmañás de mercado dominical, cando o aire era estrañamente cáli-do para aquela semana de Nadal e as rúas estaban estrañamentesilenciosas. Andaba eu contrariado por non haber máis cabaleirose señoras a compraren naquela hora, pois tiña decidido regalarmeun xantar especial de alí a dous días para celebrar o nacemento deNoso Señor e cumpríanme os xilins para pagala. E mais alí o esta-ba, o meu cabaleiro, xentilmente vestido e cunha traza de colonia,e eu a roldarlle por detrás, á espera do momento para poder facera miña xogada. Normalmente faría falta unha desbandada de ele-fantes para distraelo das súas lecturas, pero naquela mañá dedecembro tivo o capricho de mirar na miña dirección e por unmomento pensei que se decatara da miña presenza, e que estaba euaviado, malia que o meu delito aínda estaba por cometerse.

–Bo día, rapaz –dixo quitando os anteollos e fitándome, sorrin-do un pouco tamén, moi rufo el–. Fermosa mañá, va que si?

–Se lle gusta o sol polo Nadal, mais a min non me gusta –dixeneu seguindo coa farsa.

O cabaleiro quedou a pensar naquilo durante un momento e entor-nou os ollos, inclinando levemente a cabeza para un lado e mirándomede pés a cabeza.

–Vaia, pois tamén pode ser –dixo coma se non tivese claro seestaba de acordo ou non–. Preferirías que nevase, supoño. Os rapa-ces é o que queren.

–Se cadra os rapaces si –respondinlle eu estarricándome tanalto como era, que nin de lonxe chegaba á altura do cabaleiro, peronon deixaba de ser máis alto ca outros–. Pero os homes non.

Sorriu un pouco e examinoume aínda máis polo miúdo.

16

Page 19: Motín na Bounty

–Pídoche desculpas –dixo o home, e pareceume oír un algo deacento por algures. Francés, quizais, aínda que o disimulaba con-venientemente–. Non pretendía eu insultarte. A túa idade provec-ta resulta evidente.

–Non é nada –dixen eu facéndolle unha leve reverencia. Fixeraos catorce anos dous días antes, na noite do solsticio, e xa tiñadecidido que ninguén me ía falar con aire de superioridade a partirde entón.

–Xa te teño visto por aquí antes, non? –preguntoume entón, epensei en marchar de alí sen lle responder, pois non tiña eu nin otempo nin o ánimo para a conversa, pero alí quedei. Se o home erafrancés, como pensaba, entón aquel era o meu lugar, non o seu.Refírome a que eu son inglés.

–Pode ser –dixen–. Non vivo moi lonxe de aquí.–E podería preguntar se acaso acabo de coñecer un colega

amante das artes? –proseguiu, e eu engurrei o cello mentres pen-saba naquilo, rascando naquelas palabras coma se fosen a carne quequeda pegada no óso e apertando a lingua contra a comisura daboca facendo que se avulte, cousa que sempre provoca que JennyDunston me diga que son un monstro, carne de matadoiro. É unhacousa que teñen os cabaleiros: nunca empregan cinco palabraspodendo empregar cincuenta–. É o amor pola literatura o que tetrae por aquí, non? –preguntou entón, e eu pensei en mandar todoao inferno; xa estaba a piques de espetarlle algunha maldición ácara e marchar de alí na procura dalgún outro paspán cando ceibouunha enorme risada coma se eu fose un paifoco e alzou na miñadirección o volume que tiña na man–. Gústanche os libros? –dixoindo por fin ao conto–. Gústache ler?

–Gústame –admitín eu pensándoo ben–. Aínda que normal-mente non teño libros para ler.

–Non, xa imaxino que non –dixo tranquilamente botándolleun ollo á miña roupa, de pés a cabeza, e supoño que ben puido ver,pola miña indumentaria feita a retallos, que eu non gozaba dunhagran profusión de cartos naquel preciso momento–. Pero un mozocoma ti sempre debería ter acceso aos libros, que sempre enrique-

17

Page 20: Motín na Bounty

cen a mente, xa sabes. Os libros dan resposta ás preguntas sobre ouniverso e axúdannos a comprender un pouquiño mellor o lugarque nos corresponde nel.

Eu asentín e apartei a mirada. Non tiña por costume conversarcon cabaleiros e aínda eu morra se tiña gana de comezar en seme-llante mañá.

–Só preguntaba… –proseguiu coma se fose o arcebispo de Can-terbury e estivese a piques de pronunciar un sermón perante unhaaudiencia dunha soa persoa, pero en absoluto disposto a desistirpola falta de oíntes–. Só preguntaba porque estou certo de que xate teño visto por aquí antes. No mercado, quero dicir. E arredor daslibrerías concretamente. E o caso é que teño en alta estima osmozos lectores. O meu sobriño, vaia por Deus, non consigo quevaia máis aló da portada dun libro.

Certamente, as librerías eran os lugares habituais onde eu facíao meu negocio, pero só porque se trataba dun bo sitio para llesbotar a man aos paspáns, nada máis ca iso, pois quen máis podepermitirse a compra de libros senón os que teñen cartos? Maisaquela pregunta deixoume resentido, conque decidín continuar coxogo por ver ata que punto lle podía seguir coa farsa.

–Pois si, de verdade que amo as boas lecturas –dixen eu fretan-do as mans e facendo como que era o instruidísimo fillo do duquede Devonshire, ben vestidiño de domingo, coas orellas e os denteslimpos–. Pois si, abofé. De feito, penso visitar a China algún día,se é que podo detraer algo de tempo das miñas responsabilidades.

–A China? –preguntou o cabaleiro fitándome coma se eu tive-se vinte cabezas–. Desculpa, dixeches China?

–Desde logo que si –respondín facéndolle unha leve reverencia,imaxinando por un momento que talvez me podería levar comomozo seu se pensaba que eu era instruído; unha mudanza de cir-cunstancias, por suposto, mais quizais non desagradable.

O home seguiu fitándome e eu pensei que talvez me equivocase,pois parecía totalmente confuso polo que acababa de dicir. A verda-de era que o señor Lewis, o home que se encargaba de min naquelesanos e en cuxo establecemento vivira eu desde que tiña lembranza,

18

Page 21: Motín na Bounty

só me dera dous libros para ler na miña vida, e resulta que ambossituaban a súa historia naquel remoto país. O primeiro trataba dunhome que navegara ata alí a bordo dun vello carcamán escangalladosó para que o emperador lle impuxese un cento de tarefas antes decasar coa súa filla. O segundo era un conto picante con ilustraciónse o señor Lewis ensinábamo de cando en vez, e preguntábame seaquilo me puña arreite.

–De feito, señor –dixen entón achegándome a el e mirándollepara os petos por ver se había por alí un ou dous panos descarrei-rados a medio saír, na busca da liberdade e un novo propietario–.Se me permite o atrevemento, de maior gustaríame ser escritor.

–Escritor –dixo entre risas, e eu quedei parado no sitio, coacara de pedra. Así é como se portan os cabaleiros. Poida que semostren amigables ao falaren contigo, pero cando expresas o teudesexo de facer algo de proveito, se cadra chegar a ser tamén uncabaleiro, collen e tómante por parvo.

–Descúlpame –dixo ao observar a miña cara de desaproba-ción–. Non quería facer escarnio, asegúrocho. En todo caso,aplaudo a túa ambición. Collíchesme de sorpresa, só iso. Escritor–repetiu ao ver que eu non respondía, nin aceptando nin rexeitán-dolle as desculpas–. Pois ben, espero que che vaia ben, señor...

–Turnstile, señor –dixen eu, facendo outra reverencia por cos-tume, un costume que eu pretendía abandonar, por certo, pois asmiñas costas precisan tan pouco exercicio como adulación os caba-leiros–. John Jacob Turnstile.

–Pois que che vaia ben, John Jacob Turnstile –dixo cunha vozque me pareceu achegarse á amabilidade–. Porque as artes son un bocamiño para os mozos que queren mellorar. De feito, eu dedico amiña vida ao seu estudo e fomento. Non me custa admitir que sonun bibliófilo desde o berce e que tal gusto enriqueceu a miña vida eencheu os meus seráns coa máis gloriosa compaña. O mundo pre-cisa de bos literatos e talvez sexas un deles se perseveras. Xa domi-nas as letras? –preguntoume ao tempo que viraba un pouco a cabe-za coma se fose un mestre á espera de resposta.

19

Page 22: Motín na Bounty

–A, B, C –dixen eu coa voz máis afectada que era capaz depór–. Seguidos dos seus compatriotas, do D ao Z.

–E tes boa man para escribir?–O home que me criou dixo que a miña escrita lle recorda á da

súa nai, que era ama de leite.–Daquela suxíroche que compres tanto papel e tinta como poi-

das, rapaz –dixo o cabaleiro–. E que te poñas a elo decontado, poiséche unha arte lenta que quere moita concentración e revisión.Quererás facer fortuna con ela, non si?

–Si, señor –dixen eu... e entón pasou a cousa máis estraña!Decateime de que no meu maxín eu xa non estaba de farsa, senónque estaba a pensar no bo que sería aquilo. Pois era verdade que megustaran os contos que lera sobre a China e era verdade que pasa-ba a maior parte do meu tempo polas librerías do mercado, candotodo o mundo sabe que os paspáns andan máis ben polas tendas detecidos e as tabernas.

Parecía que o cabaleiro xa rematara comigo e puxo os anteollosno nariz, mais antes de marchar reunín o valor suficiente para llefacer unha pregunta.

–Señor –dixen, deixando entrever os meus nervios na voz, quetentei controlar facéndoa máis grave–. Señor, se me permite.

–Si? –preguntou el.–No caso de dedicarme a escribir –dixen eu, escollendo as pala-

bras con tento, pois quería unha resposta sincera pola súa parte–,no caso de que o tentase, sabendo que as letras as teño aprendidase que teño boa man, por onde debería comezar exactamente?

O cabaleiro soltou unha risiña e encolleu os ombros.–Vaia, a verdade é que eu nunca tiven o don da creatividade,

teño que admitilo –respondeu por fin–. Eu son máis mecenas caartista, pero se fose contar unha historia, supoño que procuraríalocalizar o primeiro momento, o punto exacto do conto que pontoda a historia en movemento. Eu buscaría ese momento e come-zaría o relato a partir de aí.

Entón despediuse de min cun aceno da cabeza, volveu ás súasinspeccións nos libros e deixoume sumido nas miñas matinacións.

20

Page 23: Motín na Bounty

O primeiro momento. O momento que pon toda a historia enmovemento.

Menciono isto aquí e agora porque o momento que puxo amiña historia en movemento foi precisamente aquel encontro dousdías antes do Nadal co cabaleiro francés, sen o cal eu talvez nuncatería coñecido nin os bos nin os malos días que habían de chegar.De feito, de non estar el aquela mañá en Portsmouth, e de non dei-xar que o seu reloxo de peto lle quedase pendurado da cadea, aso-mando tan tentadoramente por fóra do gabán, daquela eu nuncame tería achegado a el para transferilo desde a luxosa calor do seuforro ata o frío acomodo do meu peto. E é pouco probable que eume afastase del con moito tento, tal como me aprenderon a facer,asubiando unha sinxela melodía para ilustrar o aire despreocupadodo tipo que non ten nada que temer no mundo e que anda ao seu.E desde logo que eu nunca me tería encamiñado cara á entrada domercado, satisfeito ao saber que xa gañara todo o diñeiro dunhamañá, que o señor Lewis recibiría o seu pagamento e que dous díasdespois habería de ter o meu xantar de Nadal.

E de non ter feito aquilo, abofé que se me negaría o pracer deoír o perforador ruído do asubío dun garda e ver como unha mul-titude se viraba cara a min con ollos acesos e puños prestos, ousentir como me batía a cabeza contra as lousas cando un pailánmangallón e benfeitor chimpaba enriba de min e me tombaba con-tra o chan.

Nada diso tería acontecido, e daquela eu non tería unha histo-ria que contar.

E mais aconteceu. E teño unha historia que contar. E velaí a vai.

2

Como me cacharon! Apañáronme coma un ovo e batéronmecomo corresponde. Foi un deses momentos en que a túa vida xanon é túa, cando te trincan e te levan e te obrigan a ir a onde nonpintas nada. E eu xa debería sabelo, pois aos meus catorce anos xatiña padecido a miña parte desa clase de momentos. Pero unha vez

21

Page 24: Motín na Bounty

que se oe o asubío e que a multitude se vira e chanta os seus fero-ces ollos en ti, prestos a acusarte, xulgarte e condenarte, ai, máische vale axeonllarte e rezar para desapareceres no aire e librárestedun nariz escachado ou un ollo morado.

–Aparten! –chegou un berro de entre a turba, mais eu nonsabía de quen era, tapado como estaba polo peso de catro vende-dores e unha burricana que guiaba a chusma e gritaba entre risas eaplausos coma se acabase de cobrar a súa mellor presa do ano–.Aparten! Coidado, que van esmagar o rapaz!

Foi raro oír aquilo, un compadre póndose do lado dun tunantecoma min, e decidín que habería de dedicarlle unha reverencia deagradecemento ao autor de semellantes verbas no caso de ver outravez a luz do sol. Así e todo, sabendo das calamidades que me espe-raban no horizonte, contenteime con pasar uns momentos de calmaalí estomballado contra as lousas, coa casca dunha laranxa pegada ásventas do nariz, o carozo dunha mazá podre encaixado contra oslabios e un enorme cu trabando amizade coa miña orella dereita.

Mais logo se abriu unha raiola de luz a través daquel barullo decorpos que había sobre min e foron póndose de pé un por un,reducíndose o peso gradualmente, e cando o fulano do cu enormese me quitou da cabeza, quedei deitado no chan durante un cacho,mirando para arriba mentres tentaba avaliar as miñas opcións, ataque vin a man dun garda que se estiraba e me agarraba, sen corte-sía ningunha, polas lapelas.

–Arriba, rapaz –dixo ao pórme de pé, e para a miña vergonza,quedei cambaleando un pouco mentres non recuperaba o equili-brio, coa burla da xente que miraba.

–Vai borracho –berrou un, o cal era calumnia pois eu nuncabebo antes de xantar.

–Seica temos un rateiro, ou? –pregunta o garda sen facer casodo que proferira a mentira.

–Había un rateiro –dixen eu tentando limparme e preguntán-dome se chegaría moi lonxe no caso de que o home me soltasedurante un intre e eu puidese botar a correr–. Tentou escapar co

22

Page 25: Motín na Bounty

reloxo do cabaleiro e de non ser por min, que o pesquei e chameipolos gardas, había de conseguilo. Un heroe é o que son eu, só queesta maldita xentalla se me botou enriba e abofé que houberon dematarme. O rateiro –engadín acenando nunha dirección que pro-vocou que todos virasen a cabeza durante un momento antes deollaren outra vez para min– escapou por alá.

Mirei arredor tentando sopesar a reacción do xentío, conscien-te de que non habían de ser tan parvos como para tragaren seme-llante mentira. Pero o caso era dar unha resposta rápida e aquilo foio que se me ocorreu coa confusión do momento.

–Era irlandés o fulano –engadín entón, pois os irlandeses eranodiados en Portsmouth por mor dos seus sucios hábitos, os seusmodos groseiros e o costume de procrearen coas súas propiasirmás, conque era doado culpalos de todo canto saíse fóra da lei–.Farfallaba nunha lingua que non se entendía, e tiña o pelo roxo euns enormes ollos de bicho.

–Sendo así –dixo o garda inclinándose sobre min, tan alto alí depé que pensei que ía saír voando–, que será isto?

Meteume a man no peto e tirou fóra o reloxo do cabaleiro fran-cés; eu mirei para el cos ollos arregalados pola sorpresa.

–Que tunante –exclamei eu cun chisco de indignación na voz–.Que vándalo, que infame! Ai, agora si que vou aviado! Meteumoel no peto, xúrollo, meteumo antes de saír correndo. É o que fansempre, non sabe?, cando se ven sen escape. Sempre tentan botar-lle a culpa a outro. E ademais, para que ía querer eu un reloxo? Eusempre lle ando pola miña hora!

–Déixateme de mentiras –dixo o garda dándome unha sacudidae pousándome as mans enriba de tal xeito que parecía que se arrei-tara comigo–. Imos botar un ollo a ver que máis agochas nesecorpo de pillabán que tes. Seguro que levas toda a mañá a roubar.

–Nada diso –berrei eu–. Iso é unha calumnia. Escóitenme!–dixen interpelando á multitude que me arrodeaba, e que cren quesucedeu entón? Pois que a burricana colleu e me meteu a linguapola orella! Eu recuei dando un chimpo, porque só Deus sabía en

23

Page 26: Motín na Bounty

que lugares tería estado aquela lingua antes e tampouco quería queme pasase as súas purgacións.

–Bótate para atrás, Nancy –dixo o garda, e a muller apartousebotándome a súa noxenta lingua nun xesto de desafío. O que daríaeu naquel momento por unha navalla ben afiada para lle cortar alingua dunha tallada.

–Este o que quería é a forca –berrou un home, un fulano que pre-cisamente eu sabía que gastaba en xenebra todos os cartos que gaña-ba vendendo froita e non tiña por que acusarme a min de nada.

–Déixenolo a nós –gritou outro, un mozo que xa pasara un parde veces polo caldeiro e que por tal motivo debería pórse do meulado–. Déixenolo a nós e habémoslle aprender un par de cousassobre o que lle pertence a el e o que nos pertence aos demais.

–Axente, por favor... permítame –dixo unha voz máis refinada, efoi o cabaleiro francés o que se abriu paso a través da multitude, pre-cisamente o que tiña todo o dereito do mundo a condenar a miñaalma ao castigo eterno, pero a quen recoñecín como a persoa quetentara impedir a miña morte baixo o monte de noxentos corposcinco minutos antes. O xentío, notando a presenza dun cabaleiro,abriuse coma se o home fose Moisés e eles fosen o mar Vermello.Mesmo o garda afrouxou un pouco o agarre e mirou para el. Isoé o que consegues cando tes unha voz agradable e un bo gabán, enaquel momento tomei a decisión de posuír ambas as cousasalgún día.

–Bo día, señor –dixo entón o garda cunha voz máis requintada,o moi porco, tentando pórse á altura do cabaleiro–. É vostede avítima deste canalla?

–Axente, creo que podo responder polo rapaz –respondeucunha voz que parecía que, en realidade, todo o tumulto fora culpadel e non miña–. O caso é que eu tiña o reloxo colocado de manei-ra precaria e nun inminente perigo de caer ao chan, de xeito queningún mestre reloxeiro sería quen de reparar o dano. Creo que orapaz non quería máis que devolvermo. Anteriormente estivera-mos a departir sobre literatura.

24

Page 27: Motín na Bounty

Fíxose o silencio durante un momento e teño que admitir quecase acabei crendo aquelas palabras. Sería verdade que eu era unhavítima daquela infeliz circunstancia? Deixaríanme libre sen máisatropelos contra a miña persoa e reputación e talvez mesmo cunhacarta de recomendación expedida por unha persoa autorizada? Mireipara o garda, que quedou reflexionando por un intre, mais a multi-tude, ventando que a cacería chegaba á súa fin e que se negaría o cas-tigo apropiado, tomou a palabra en contra.

–Iso é un embuste, axente –berrou un con tal ímpeto que tivenque agacharme para esquivarlle o cuspe–. Ben vin eu cos meus pro-pios ollos como metía o reloxo no peto.

–Viuno vostede?–E ademais non é a primeira vez –ruxiu outro–. A min levou-

me cinco mazás aí atrás e non vin sequera un penique.–Xamais comería eu as túas mazás –repliqueille, pois era unha

terrible mentira. Só lle collera catro mazás e mais unha granadapara facer un pastel–. Que teñen becho todas elas.

–Ai, cálalle esa boca! –gritou a muller que estaba ao lado, a súahorrible esposa, que tiña unha cara que te deixaba birollo de feaque era–. Que o noso negocio é decente –engadiu apelando á masacongregada levantando os brazos–. Un negocio decente!

–Ese rapaz é ruín –exclamou outro, e todos ventaban xa o san-gue, simplemente. Máis che vale non ter unha turba en contra nunmomento así. O caso é que eu case que me alegraba de que o gardaestivese alí, pois outramente habíanme de esgazar a cachos, con ousen cabaleiro francés.

–Axente, por favor –dixo entón o tal cabaleiro achegándosemáis preto e recuperando o reloxo, segundo me decatei eu, pois ogarda habería de quedar con el nun chiscar de ollos–. Estou segu-ro de que o rapaz podería quedar libre unha vez recoñeza a culpa.Arrepínteste dos teus actos, neno? –preguntoume, e desta voltanin se me ocorreu corrixirlle o uso daquela palabra.

–Se me arrepinto? –preguntei–. Por Deus que me arrepintode todos eles. O caso é que non sei o que me pasou pola cabeza.

25

Page 28: Motín na Bounty
Page 29: Motín na Bounty
Page 30: Motín na Bounty