Momento do día no que se que debe consumir a froita.
-
Upload
larapetecible -
Category
Education
-
view
170 -
download
2
Transcript of Momento do día no que se que debe consumir a froita.
A FROITA
Deben tomarse 5 pezas de froita ou verdura ao día, pero NON todas son boas tomalas a calquera hora, xa
que cada unha aporta distintas vitaminas ao noso corpo.
O que máis teñen as froitas e as verduras é AUGA. Exs. de froitas con moita auga: laranxas, mandarinas, peras,
etc. Este tipo de pezas deben tomarse despois dunha boa tarde de deporte e é moito mellor que á comida ou á cea
se lle engada ao peixe ou á carne unha ración de ensalada.
A FIBRA é un tipo de carbohidrato que o corpo non pode asimilar. Non aporta calorías e pode ser dixerida facilmente, é indispensable para o noso corpo. Esta encóntrase nas verduras e nas froitas, pero se se lle quita a pel perderemos moita fibra e
vitaminas.
Polo menos unha das cinco froitas diarias deberá conter VITAMINA C: laranxa, fresas, melón, etc.
A CONTINUACIÓN AS HORAS NAS QUE É MELLOR TOMAR ALGUNHAS FROITAS...
AMEIXA: a calquera hora do día. GRANADA: despois da comida do mediodía.
KIWI: no almorzo, xa que contén vitamina C para ter enerxía ao longo do día. LARANXA: despois da comida do mediodía. Pode tomarse tamén nun zume.
MAZÁ: a calquera hora do día, xa que é moi saudable (ex. Reduce o colesterol).
MELÓN: a calquera hora do día porque é unha froita moi rica en vitamina, fibra e minerais.
PIÑA: a media mañá ou na cea. POMELO: pola mañá e en xaxúas.
SANDÍA: a calquera hora do día, aínda que é mellor comer menos cantidade pola noite.
UVAS: despois de comer.
POR QUE DEBEMOS TOMAR FROITA FRECUENTEMENTE?
A froita contén moitos beneficios: hidratan o organismo, axudan ao bo funcionamento do aparato
dixestivo, non aportan graxas, etc.
Comer froita prevén enfermidades como...
A obesidade: as froitas teñen poucas calorías, polo que se a comemos podemos evitar esta
enfermidade.
O estrenximento: a froita, pola súa riqueza en fibras, facilita a expulsión de feces do intestino e prevén o estrenximento ou outras enfermidades
intestinais como a diverticulose, esta última é máis habitual na xente maior.
Problemas no corazón: As froitas e as verduras preveñen a formación de coágulos nas
arterias. Está comprobado como a inxestión habitual destos alimentos reduce desde un 20 ata un 40% as
posibilidades de sufrir un problema vascular.
A hipertensión: o consumo habitual de froita e verdura, combinado con unha dieta baixa en graxas,
diminúe a presión arterial.
O cancro: estudos recentes demostraron que a froita é rica en compoñentes antioxidantes capaces de eliminar
os radicais libres, unhas partículas que son as responsables da aparición de moitas enfermidades dexenerativas, entre as que se encontra o cancro.
AUTORÍA
RAMÓN LAÍÑOTAMARA PÉREZADRIÁN PÉREZASIER VARELA
2º ESO C