Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO
-
Upload
bibliotecaiespoetaanon -
Category
Documents
-
view
338 -
download
8
description
Transcript of Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO
CONCURSO DE MICRORRELATO
S
Textos gañadores e finalistas
IES POETA AÑÓN
Novembro 2011 CO
NTR
A A
VIO
LEN
CIA
DE
X
ÉN
ER
O
TEXTOSGAÑADORES
Ela é unha fotógrafa de prestixio e reflexa a realidade da vida nas súas fotografías. El é contable nunha pequena empresa. El é capaz de levar a contabilidade e o control rigoroso da casa. Ela non é capaz de fotografar a realidade da súa triste vida en parella.
CRISTINA PONCELAS ABEIJÓN 1º PCPI
MICRORRELATO GAÑADOR do 1º CICLO
Un día regaláchesme un sorriso. Logo chegaron os abrazos, as búsquedas entre a xente, as mans nas costas… . Non tardaron en aparecer as miradas que o dicían todo, os silencios eternos as palabras bonitas… os bicos… E si, agora, coas mans ensanguentadas, pregúntome o porqué. O porqué daquel sorriso.SARA MATO GONZÁLEZ 4ºA
UN DÍA REGALÁCHESME UN SORRISO
MICRORRELATO GAÑADOR do 2º CICLO
FINALISTAS
MANUEL RONQUETE FERNÁNDEZ 2ºPCPI
Eu son un home que se sente culpable por non ver que a ían matar. Como veciño vin a súa evolución: comezou insultándoa, logo empurrándoa, ameazándoa e finalmente matándoa.Fun incapaz de comprender a situación.É fácil ver cando e como rematan as cousas pero non nos decatamos cando comezan.
Estaba asustada. O seu marido estaba fóra, seguramente borracho. Tiña medo, non sabía o que facer. Dubidaba, estaba indecisa e non sabía se denuncialo ou non. Sentíase soa, desamparada. Ao fin decidiuse, sabía que era o correcto. Aínda así sentíase insegura. Pero cando contou o seu problema sentíase moito mellor.
SIMÓN MATO GONZÁLEZ 2ºB
A DECISIÓN
Cando te sintes maltratada polo teu home, sintes medo. Hai que loitar moito, e seguir adiante pero quédanche moitas secuelas. Pensar que todos os días por calquera cousa era abuso continuo e tristeza. Cando sigues loitando e non aguantas máis chamas o 016 e contalo. A vida despois parece outra.
AINARA SOUTO FERNÁNDEZ 2ºB
SENTIRSE MALTRATADA
Todo ía ben, pero non sei o que me ocorreu, descontroleime. Odio, egoísmo, medo a perdela, non houbo un día en que ela non sufrise. Ese foi o único e gran fallo na miña vida. Agora non teño nada, só gañas de saír desta escuridade inmensa, chea de presos salvaxes.
ÁLVARO GARCÍA LAGO 3ºB
Cando Uxía chegou á casa non se sorprendeu do que viu … pero o pánico envolveuna de novo. Atopou á súa nai no chan da cociña … Esta vez non choraba, non temblaba, simplemente estaba tirada como unha boneca rota. Non vía a seu pai. ¿Escaparía?Uxía non volveu a ser ela.MARTÍN MANUEL LÓPEZ MÍGUEZ 3º B
-Por que non intentas facer algo?-Teño medo...-Medo? Pero se malla en ti todos os dias?
Mírate!-E se me mata?-De seguir así eu non tardarei en ir detrás da
túa caixa, mamá!-Deus Santo! Non digas eso!-Chorando e rezando as cousas non
mellorarán...-Xa pero…
ALBA LADO CAAMAÑO 3ºB
Espertándote todos os días igual. Con moito medo, coa túa fermosa cara totalmente desfeita... Non estás farta? Alégraste algunha vez que non está na casa pero o medo segue aí. Sabes que volverá a por ti, a pagar contigo a súa ira... Rebélate! Non estás soa! Non llo permitas.
ALBA LADO CAAMAÑO 3ºB
AGRADECEMENTOSA todo o alumnado participante.
Aos profesores colaboradores.Aos membros do xurado.
BIBLIOTECA IES POETA AÑÓN-OUTES-CURSO 2011-2012