METEO FORA nº4

66
1

description

Revista educativa e cultural do IES Ara de Raices, promovida polo Departamento de Normalización Lingüistica.

Transcript of METEO FORA nº4

Page 1: METEO FORA nº4

1

Page 2: METEO FORA nº4

2

Sumario Editorial Por Yolanda Rodríguez Xefa do Dep. de Ciencias da Natureza............................................................................................. 3

Viaxes didácticas -Unha viaxe que se consolida-Viaxe á Neve, por María Rey. 1ºbachC....................................... 4 -Un salto no tempo-Viaxe á Atapuerca, .por Alicia Vilas,1º bach B............................. 6 -A viaxe, fin de secundaria.Por 1ª vez,saímos ao extranxeiro. “A Viaxe a Londres”

por Antón Díaz, profe de tecnoloxía no Ies Agra de Raíces e “Excursión a Londres” por Carla Caamaño Conde alumna de 4º da ESO........................................... 9

INSERTO / Traballos de xilografía de alumn@s de 4º da ESO de Educación Plástica e Visual........... 11

ARTIGOS

-Dende Barcelona a Cee, por Talía Rivas, 1º bach A................................................. 12 -Dilacións absurdas,cancións e unha rosa branca,por Slivia Fuentes

de 2º bach..................................................................................................................................... 14 -Defendendo a Ensinanza pública,Abrindo camiños...................................................... 15

Escriben varios ex-alumnos deste centro: Juan Creus ,Olga Fidalgo, Jesús Dubert e Sabela Ramos. INSERTO / Traballos de carboncillo de alumn@s de 4º da ESO de Educación

e Visual......... 27

-Crise e verdades absolutas.Intentando descifrar conceptos acerca da crise,.. por David Martínez,profe de Xeografia- Historia deste IES........................ 28

-Falando do futuro da Escola de música por Sara Fraga............................................... 33 INSERTO / Traballos de tinta de alumn@s de 4º da ESO de Educación Plástica e Visual.......... 35

LITERARIOS -Deste e do outro lado do espello/Coma Alicia no Agra de Raíces,por David Creus,profesor e

alumno que foi deste IES............................................................. 36 -Futuro imperfecto,Unha historia novelada,dúas alumnas, Isabel Cambeiro e Helena López

contarán o que sentiron ao escoitar á súa autora,Xulia Alonso................................... 40 Anacos de mar, De novo o 1º premio que otorga LAR,volve para casa.Unha das alumnas que

Traballou no proxecto,Paula Mouzo,de 1º Bach A,vai contalo............... 41 INSERTO / Diversos traballos de alumn@s de diferentes cursos de 3º e 4º da ESO de Educación Plástica e Visual.......... 42

-Club de lectura,unha experiência engaiolante ,que suma cada vez máis siareiros,a súa coordinadora,Sonia López Bugeiro,profe de Mates,neste IES............................................................ 43

-Falando de lectura,tamén temos poesia,e escritos dos nosos/as alumnos/as A pinga,por Oscar Areas de 1ºEso.............. 46

-GALICIA,por Ainhoa Conde de 3º ESO A.............. 47

-Poema de Laura Castro...... 48

- “Haikus”, ou “pequenas formas para grandes momentos”. Alumn@s 1º ESO C.................... 49

-Reflexións do día da Muller Traballadora, Maria Santalla e Sara Fraga de 1º ESO B. ........50 INSERTO / Traballos de modelos e estarcido de alumn@s de 1º da ESO de Educación Plástica e Visual...................... 52

SEMANA CULTURAL Esa semana que vivimos intensamente;podemos escoitar a

escritores,pintores,historiadores,científicos,e como non ver experimentos no día da ciencia e tecnoloxía,artigo de Estíbaliz ,vice deste IES……………………………….. 53

OUTRAS ACTIVIDADES/GALERÍA FOTOGRÁFICA

Page 3: METEO FORA nº4

3

E D I T O R I A L Eq

uipo

de

Nor

mal

izac

ión

e D

inam

izac

ión

Ling

üíst

ica

A revista Méteo fóra,continua a súa andaina.

En primeiro lugar dar as graziñas,a todas aquelas persoas que colaboraron e

en especial ás que se brindaron a escribir artigos de forma totalmente volunta-

ria,.(sen ameazas de “tes que subirme un punto para o exame”).

Lembrando a editorial da revista que se editou no 99(xa choveu),na que se

reflectía a situación do galego como PREOCUPANTE……..

Seguimos nesas e no ano 2012, chove sobre mollado…Seguimos a preocuparnos:

-Porque haxa moita,demasiada xente que pensa que o galego non é un idioma.

Non saben ou non queren saber que o galego É UN IDIOMA QUE DERIVA DO

LATIN,coma o castelán ,catalán,francés,………

-Que es moi bonito …pero yo no lo hablo…..

-Y si mis hijos van a estudar a Madrid,tienen que aprender el castellano…

porque senón …..

Está superdemostrado que os nenos,as persoas temos a capacidade de aprender

varios idiomas,cantos máis falas máis capacidade tes para aprender un novo.

Pero nós apostamos por escribir e por ler,en galego, por favor,...pola nosa cultura.

Así a necesidade de sacar esta revista, para que disfrutedes léndoa e para facer

un repaso, ao mesmo tempo, de tantas e tantas actividades e cousas que se fixeron

ao longo do curso 2011-12.

-Facer especial fincapé ,nesas poesías e escritos que fan as novas xeracións

da ESO.

-Vivindo e imaxinando as viaxes que algún dia farán @s futur@s

alumn@s,defendendo a nosa educación,a nosa ensinanza, a Pública,a en-

sinanza onde caben todos e todas…

Animarvos,a que leades,esperando que no próximo curso todos aqueles que

sintan a necesidade de escribir, de contar ,acudan á MÉTEO FÓRA.

Yolanda Rodríguez. Xefa do Dep. Ciencias da Natureza.

Page 4: METEO FORA nº4

4

V I A X E S D I D Á C T I C A S A

C

T

I

V

I

D

A

D

E

S

VIAXE Á NEVE…2012

Un ano máis,Estibaliz utiliza uns 5 minutos do tempo da súa clase para anunciarnos a data

dunha excursión que nunca defrauda e que marca a nosa estancia neste insti.

Ao principio todos desexamos ir,xa que o deporte do esquí e o feito de ir a Andorra non

está ao alcance de todos polo que é unha boa oportunidade.

A consecuencia…..á semana seguinte foi todo o contrario.Só ía eu da miña clase á devandi-

ta excursión.Eu soa? Á excursión ? Tanto tempo perdido intentando darlle resposta a calquera

destas preguntas,un tanto estúpidas.Menos mal que a influenza das amigas e da propia Esti-

baliz fíxome recapacitar.Despois de varios meses seguintes á excursión,pensó na opción de

repetir esta viaxe que se converteu para min nunha experiencia inolvidable.

Todo comezou na parada do bus,cada un coas súas maletas,os seus pais e algúns dos

nosos compañeiros da clase,contentos polo feito de que unhas horas antes gañaran a liga de

fútbol.Alí estaban todos presentes para a despedida.

Montamos no bus.A 1ª parada foi na Coruña,onde collemos a moitos rapaces de 2º de ESO

de distintos institutos.Nós con gañas de festa e eles con gañas de durmir.Despois de moitos

Kms,horas sen descansar e fartos de bus,chegamos ao noso destino.

Como xa era un pouco tarde e tiñamos moita fame,fomos ás pistas de esquí,onde alquila-

riamos o material necesario para o deporte e,no mesmo sitio comeriamos.Posteriormente

baixamos á cidade para alonxarnos no hotel.Despois alí,ocorre o típico de todas as excur-

sións:correr polos corredores buscando as habitacións, Axexar os cuartos nosos e os dos de-

mais, correr polo hotel, facer ruído………………..e todo o demais ata que nos veñen botar a

bronca.

Page 5: METEO FORA nº4

5

Desfixemos as maletas e fomos cear.

Cabe destacar que a comida estaba deliciosa,salvo que non había indicadores, e era moi

fácil confundir o tomate coa salsa picante como lle ocorreu a dúas colegas.Que risas!..

Despois disto fomos descansar.O resto da semana sucedeu do mesmo xeito: levantarse ce-

do,almorzar,coller o telesférico,pór o material de esquí e practicar coa axuda dun monitor/ra.

Cada día aumentabamos as dificultades con respecto ás pistas,e sempre xantabamos na

estación.

Ao final do día,iamos facer

algunas compras pola cida-

de,salvo un día que cambia-

mos a cidade por un magni-

fico,tranquilizante,saudable

balneario.

Alí todo era perfecto,un

auténtico espectáculo onde

a artista principal era a au-

ga.Só había un defecto,O TEMPO..Pasounos tan rápido que non nos decataramos do que vivi-

mos durante eses intres.

Sen dúbida ningunha os mellores momentos pasabámolos nas pistas. Risas, risas e máis

caídas.

Esvarábase tanto que era unha tarefa difícil manterse en pé: individuos que foron marcha

atrás cos esquís e metéronse en pistas vermellas(pola súa cor podedes imaxinar a penden-

te),redes que servían para parar no canto de indicar cal era o final da pista,esquís que prefiren

facer o deporte por si sós e esvaran costa abaixo meténdose entre o bosque…..menos mal que

viña unha amiga que mo rescatou e moitas intrépidas historias que aconteceron.

O último dia estabamos tan cansos,que moitos de nós sentamos nunhas mesas de madeira

e charlamos o resto da tarde.

E MAÑÁ QUE PISTA PERCORREMOS?

Rapaces, mañá marchamos. Preparade as vosas maletas e deixádeas no corredor. Un ton

frío co que anunciaba a fin da viaxe.Cando nos decatamos, xa estabamos vendo aos nosos

pais pola ventá do autobús.

Agora o único que quedan son as anécdotas,as fotos, as pegadas dunha viaxe que pasou

tan rápido coma un soño.

ESE SOÑO QUE PODEMOS LEMBRAR,MENTRAS ESCRIBIMOS AS NOSAS AVENTURAS

NUNHA FOLLA DE PAPEL…

A

C

T

I

V

I

D

A

D

E

S

V I A X E S D I D Á C T I C A S

Page 6: METEO FORA nº4

6

UN SALTO NO TEMPO: ATAPUERCA

Este ano, os alumnos de 1º BACH puidemos visitar un dos xacementos arqueolóxicos máis

importantes de toda Europa, os xacementos da serra de Atapuerca.

Esta é unha iniciativa marabillosa. Todas as excursións son experiencias únicas e impor-

tantísimas para os estudantes, pero está vai aínda máis alá. Coñecer o noso pasado, poder

velo e palpalo é máis do que se pode pedir nunha viaxe deste tipo.

Este curso estudamos a evolución do ser humano, o paso do homínido ao Homo sapiens

sapiens, as distintas teorías que explican a evolución; e esta excursión permitiunos saír de en-

tre as catro paredes da aula para ver cos nosos propios ollos estes feitos. Entrar en contacto

coa natureza, coa realidade. Ver, tocar, sentir. Realizar un salto no tempo para encontrarnos

cos primeiros europeos.

Nesta excursión de tres días tivemos a oportunidade de coñecer as pinturas rupestres de

Altamira, a maxia medieval de Santillana del Mar, a beleza natural de Cabárceno, o pasado de

Atapuerca e o Burgos máis chuvioso.

Tras unhas cantas horas de bus chegamos ao museo de Altamira. Entramos na Neocova,

unha reprodución case exacta da verdadeira cova e dos tesouros que esta garda. Manadas de

bisontes europeos, cabalos e cervos cobren os teitos da sen dúbida, ben chamada “Capela

Sextina do Cuaternario”.

A seguinte parada é Santillana del Mar, unha vila que conserva todo o seu encanto medie-

val. Fermosa por todos os rincóns e chea de turistas e paseantes.

O segundo día tocou a visita ao Parque Natural de Cabárceno. Este parque foi unha mina de

ferro antes de ser o que é hoxe en día.

Santillana del Mar

A

C

T

I

V

I

D

A

D

E

S

V I A X E S D I D Á C T I C A S

Page 7: METEO FORA nº4

7

Cando pecharon a mina

barallouse a idea de con-

verter as 750 hectáreas

de terreo nun vertedoiro.

Afortunadamente, en lu-

gar diso, transformaron a

rede de camiños e túneles

en vías e estradas para

que os visitantes puidesen

pasear entre os animais

en semiliberdade, marabi-

llarse coa natureza en es-

tado puro e aprender a

respectar o medioambiente.

Pola tarde desprazámonos ata a serra de Atapuerca. O día non nos acompañou moito, pero

conseguimos manter a chuvia a raia o tempo suficiente para mergullarnos nas profundidades

da Prehistoria.

Diante das galerías nas que se atoparon os restos dos europeos máis antigos, explicáronnos

a historia destas simas, a súa formación, os seus usos, o seu descubrimento e a posterior es-

cavación. A nosa guía púxonos ao tanto do protocolo que se segue nunha escavación, do im-

portantísimo que é a organización e a etiquetaxe, e do duro que resulta pode chegar a ser es-

te traballo. Por suposto, tamén nos presentou ao Miguelón, o cráneo máis famoso atopado na

Sima dos Ósos. Pertenceu a un Homo heidelbergensis, que viviu en Atapuerca hai moitos mi-

les de anos.

O último día de excursión leváronnos ao Museo da Evolución de Burgos, un espazo dedicado

ao ser humano, á súa evolución. Fixemos un percorrido de miles e miles de anos entre os no-

sos antepasados. Miramos cara a cara a Miguelón. Exploramos o navío no que Charles Darwin

fixo a súa famosa viaxe polo mundo, descubrimos as ferramentas, o lume. Seguimos paso a

paso o camiño evolutivo da nosa especie e despois desta visita ao pasado volvemos ao Burgos

do presente. Un Burgos chuvioso pero fermoso, cheo de vida e de historia.

Dividímonos en grupiños para ver a cidade e relaxarnos un pouco. Nós decidimos aproveitar

esta ocasión e coñecer a cidade. Mapa en man, propuxémonos seguir unha das rutas da cida-

de, a ruta gótica.

Parque Natural de Cabárceno

Vista panorámica da cidade de Burgos

A

C

T

I

V

I

D

A

D

E

S

V I A X E S D I D Á C T I C A S

Page 8: METEO FORA nº4

8

Comezamos coa impoñente catedral de Burgos. Unha enorme e á vez que delicada constru-

ción que se ergue no medio da cidade. Continuamos a ruta por un atallo. Perdémonos. Acaba-

mos subindo ao miradoiro da cidade. A vista era incrible. Todo Burgos diante de nós. Unha

morea de tellados dispostos ao redor das torres da catedral escurecidos polas ameazantes nu-

bes que prometían unha boa molladura. O tempo botábasenos enriba. Faltaban menos de

quince minutos para a hora de reunión e a chuvia xa estaba sobre nós. Atravesamos o centro

de Burgos correndo entre chuzos e sen saber moi ben cara onde dirixirnos.

Cando por fin chegamos ao autobús estabamos totalmente empapadas e soas. Non había

ninguén, a pesar de que chegamos á hora exacta. Deixou de chover en seguida e comezou a

aparecer xente. Todos preferiron esperar a que deixase de chover para regresar, excepto nós,

que desafiamos á chuvia por ser puntuais.

Tomamos o bus unha vez máis, esta vez con destino casiña.

Alicia Vilas Lagoa 1ºB BACH

A

C

T

I

V

I

D

A

D

E

S

V I A X E S D I D Á C T I C A S

Page 9: METEO FORA nº4

9

A EXCURSIÓN DE LONDRES

A min gústame viaxar. Esta é unha premisa de partida. Creo que coñecer un pouco de mun-

do fainos mellores persoas. Aprendemos a respectar, a ver as cousas dende outro punto de

vista e, se na viaxe hai sorte, coñeceremos outra xente a quen será interesante escoitar.

Ademais sendo alumn@ de secundaria a viaxe ten moito máis: a convivencia c@s compa-

ñeir@s, a asunción de responsabilidades e a pequena emancipación que supón. Todas estas

destrezas son como andar en bici, unha vez que se adquiren son para toda a vida.

Por eso cando este setembro me incorporei ao lES AGRA DE RAÍCES e escoitei que se sope-

saba a posibilidade de cancelar a excursión de 4° da ESO, pareceume unha mágoa. Entendo

que tal e como está a lexislación cada vez é mais dificil asumir a responsabilidade de levar

menores de idade de viaxe. Quen che di a ti que non lle van pintar un bigote a Gioconda en

canto te deas a volta??!! Pero se un se deixa levar por estos medos acabaría non saíndo da

casa. así que a forma de afrontalo é intentar reducir os riscos. A primeira medida foi propo-

ñer unha capital europea. Con isto conséguese evitar a movida de España e sacar aos rapa-

ces e rapazas dun contorno onde se moven con demasiada soltura. Londres ademais tiña

outras vantaxes: voo directo dende Galicia, falan inglés, teñen os mellores museos do mun-

do e case todos son gratuítos.

Sei que no alumnado de 4° isto xerou polémica, co ben que se pasa en Salou!!!!

Con todo, apuntáronse 24 valentes e Elena a profe de plástica (a quen lle agradezo moitísi-

mo a colaboración), aos que se lles informou do amplo programa de actividades diarias. Es-

ta é outra das estratexias para reducir riscos; se non paran, non a lían!! E ata aquí todo moi

ben.

Máis duro foi o tempo; collemos unha borrasca que nos acompañou toda a semana, o que

non impediu que pasea-

ramos por Hyde Park

ante a atónita mirada

dos esquíos refuxiados

no seus currunchos. Ou-

tro paseo baixo os chu-

zos de punta que caían

en Greenwich, na noria,

etc ... Pois si, camiñar,

camiñamos moito.

A

C

T

I

V

I

D

A

D

E

S

V I A X E S D I D Á C T I C A S

Page 10: METEO FORA nº4

10

Con todo non fun capaz de que durmiran tranquilamente unha noite. O que fixo que por mo-

mentos tivera a sensación de participar nunha secuencia de The walking death, rodeado de

zombies, coma na praza central do Museo Británico, que contan que foron capaces de velo

todo en pouco máis dunha hora e que se aproveitaba mellor o tempo xogando ás cartas, para

a miña desesperación!! Pero de cando en cando espertaban e amosaban a admiración ou sor-

presa. Tiven a sorte de estar vendo a película en 4D do lado de Julio e sei que flipou porque

non deixoude falar só nin un anaco!! E neses momentos levalos de viaxe paga a pena.

Creo que foi unha viaxe intensa, quizais un pouco máis do que esperaban, pero co tempo,

cando maduren un pouco o que viron e viviron, descubrirán o aprendido. Espero que a semen-

te da curiosidade teña prendido nesas cabeciñas e garden tan boa imaxe da cidade coma min.

Antón Díaz. Prof. Tecnoloxía IES Agra de Raí-

VIAXE A LONDRES

Oito menos cuarto. Saltamos das liteiras porque tan só nos queda media horiña para prepa-

rarnos. Vestímonos, peiteámonos e baixamos a almorzar. Café, cereais e caras que foron pin-

tadas a traición. Estamos en Londres.

Londres é un bule-bule de xente que vai e ven. Pérdeste entre os turistas, tropézaste coa

xente (que parece levar presa), páraste a sacar unha foto do Big Ben e, para cando te das

conta, xa tes perdido os compañeiros. Así é Londres. Os días están formados por choiva, foto-

grafías, dor de pes, choques coa xente no metro, disculpas farfulladas nun inglés precario e

líos coas moedas.

Perseguimos parrulos en Hyde Park e ofrecemos anaquiños de pan aos esquíos para tentar

acaricialos. En Londres, somos como nenos pequenos. Todo chama a nosa atención, deixamos

escapar exclamacións de admiración a cada paso e sacamos fotos a diestro e siniestro.

Polas noites, sempre acabamos en Picadilly. Ceamos e despois botamos a correr ás tendas.

Cando xa temos visitadas todas e cada unha delas, imos xunta á fonte ver bailar break-dance.

Cando terminan voltamos ao albergue. Mollados e cansos, algúns arrástranse ata as camas, e

os que non teñen sono, baixan a charlar un anaquiño.

Oito menos cuarto. Hai que darse presa. Vestímonos, peiteámonos, organizamos as maletas e

baixamos a almorzar. Café, cereais e caras tristes. Hai morriña, botamos de menos as nosas

casas, pero non queremos marchar aínda. Percorremos as rúas da cidade por última vez e, ao

subirnos ao avión, lanzamos un derradeiro adeus a todo o que deixamos atrás. As risas, a

confusión do metro, os mercadillos, as súplicas da xente do albergue para que calaramos

dunha vez... Adeus tamén ao Ollo de Londres, que vixía incansable a cidade e que nos leva

observando durante estes días.

Carla Caamaño Conde. Alumna 4º B ESO

A

C

T

I

V

I

D

A

D

E

S

V I A X E S D I D Á C T I C A S

Page 11: METEO FORA nº4

11

IN

SER

TO

/ T

rab

allo

s d

e x

ilog

rafía

de a

lum

n@

s d

e 4

º d

a E

SO

de E

du

cació

n P

lástic

a e

Vis

ual

Page 12: METEO FORA nº4

12

A R T I G O S C

OL

AB

OR

AC

NS

DENDE BARCELONA A FISTERRA

A miña historia non foi diferente á de moitos outros. A min tamén me tocou de dicir

adeus,deixalo todo atrás e emprender un novo camiño.

Pasámonos a vida opinando sobre as cousas que suceden a diario,cando sucede algo pode-

mos facer uso da empatía e poñernos no lugar de outras persoas, pero non existe mellor

forma de transmitir algo,que a través da propia experiencia.

Aquí está a miña:

Por razóns sen importancia,a miña familia e eu tivemos que desprazarnos á outra pun-

ta do país,dirección CATALUÑA,facerlle fronte a unha nova vida.

QUE SE SENTE?

Aflición,desconfianza,impotencia,curiosidade............

Por moito que me negara a irme era un batalla perdida,loitar contra os meus pais aos 10

anos.Tampouco o fixen.

Aceptei o que me tocaba vivir;tomeino coma unha simple aventura por descubrir.

No momento que aterrei en terras catalás,acolloeime. Nada se semellaba ao verde de Gali-

cia á que estaba acostumada.Edificios enormes,xentes de todas as cores e procedencias

pasaban fronte a min,rúas ateigadas de xente,a tranquilidade rota polo balbordo dos co-

ches ........en definitiva,estaba na cidade.

Non me consideraba unha paleta de vila que se sorprendía fronte á

vida urbana. Era unha nena cunha vida rodeada de calma,de xente

coñecida,do son das gaivotas e do quebrar das olas do mar.

Todo é cuestión de familiarizarse.Hai quen tarda máis ou menos.Hai

quen choca con obstáculos ao longo da aventura,pero como todo

conto,hai que vencer aos malos.Eu fíxeno.

Nun día de 24 horas,14 pasoas bromeando,8 durmindo e as 2 restantes intento tomalas en

serio.Gústanme os contos de fantasía.

E por que non soñar con vivir dentro dun deles?,soñar é gratis,polo de agora o estado aín-

da non nos privou dese dereito.

A vida é máis apacible pensando en positivo,e eu fágoo.Non quero que un príncipe azul

me desperte cun bico,polo de agora non,confórmome con ter uns ratiños pequerrechos co-

mo amigos, á posuír unha variña máxica que me resolva todo tipo de inconvenietes.

Na vida real,os verdadeiros amigos son os ratiños,fieles acompañantes no teu longo tra-

xecto cara ao descoñecido;e por outro lado a variña máxica é a túa propia

intelixencia,a única capaz de solucionar os contratempos aos que todos

temos que plantar cara.

Page 13: METEO FORA nº4

13

Nesas dúas horas ao día que me tomo en serio ,vexo a vida a través dos ollos da socieda-

de.Vexo os sacrificios que hei de afrontar,as normas que non debo saltar,as obrigas que debo

cumprir.Vexo os ollos a través dunha persoa adulta.

Hai seis anos (cando mudei a Barcelona), ese número de horas incrementouse, tiven que ser

unha nena responsable e afrontar a situación dunha maneira responsable e afrontar a situa-

ción.

Tiven que empezar nun colexio novo e adaptarme a unha nova forma de ensinan-

za,aprender un novo idioma e convivir con xente nova.Meus pais inscribironme nun colexio

concertado,xa que os colexios públicos da zona onde vivía eran sinónimo de líos e de ser pou-

co frutíferos.O idioma aprendino rapidamente,púxenme un profesor de apoio,os dous primei-

ros meses e fun practicando a través da lectura e de ver a tele en catalán.

Co colexio fun moi afortunada,tan só teño boas palabras para todos os profesores,á parte de

bos educadores,atopeime cunhas grandes persoas.Así os que eran descoñecidos naquel mo-

mento ,convertéronse nos ratiños do meu conto.

O peor de todo foi deixar atrás a persoas importante na miña vida.A familia é unha parte in-

móbil,vaia onde vaia sempre permanecerá ao meu lado;e hai amigos que se foron,pero os de

verdade sempre se mantiveron aí,quietos,pasen anos ou meses.....,nos separen cm ou

km.Pero é inevitable botar de menos.

Dicir, que botaba de menos o marisco e a empanada,aínda que soe a tópico,cando estás fo-

ra,non se pode deixar de estrañar.

Eu,voltei ao sitio de onde proveño,foron as circunstancias as que me fixeron volver,pero teño

plena certeza de que tería regresado de todas as maneiras,igual que volverei a Barcelona,sexa

temporal ou definitivo.Dende o día no que comecei unha nova vida noutro lugar,comecei u-

nha nova vida noutro lugar,empecei a escribir unha nova historia que a día de hoxe segue es-

críbindose en proceso,mentras que

me una algo con ese lugar seguirei

atada a el.

ANTE TODO CONSIDEROME 1º GALE-

GA E LOGO CATALÁ.

Talía Rivas, Alumna 1ºBach A

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A R T I G O S

Page 14: METEO FORA nº4

14

DILACIÓNS ABSURDAS, CANCIÓNS E

UNHA ROSA BRANCA

Todo é máis doado cando un é neno e non ten que tomar ningunha decisión. Porque o certo é

que decidir implica deixar cousas atrás, renunciar ao que nin se sabe e ao que nunca se sabe-

rá; trátase dun acto de propia vontade que nos recorda que somos libres.

Despois dun curso duro de exames mal prepa-

rados, de noites en vela, de momentos nos que un se

desmoroa e se pregunta que sentido tiña todo

iso...despois dun curso do que todos anhelaban ex-

pectantes o seu inminente fin e que foi rapidamente

agonizando até que todo se acabou, non queda nada.

Cando un desexa algo fortemente durante moito tem-

po resulta que esa inquietante ilusión é mellor que

calquera resultado e agora moitos xacemos vacilando ante un futuro incerto. Un futuro que

sexa como sexa nos pertence, pese a que esteamos nuns tempos raros que non ofrecen nin-

gunha oportunidade porque recibimos unha herdanza endebedada de tantas cousas mal feitas

ás que a nosa xeración terá que facer fronte; un futuro que ten nacer da nosa propias deci-

sións e non uedar atado por reproches ou por aquilo de “queda comigo”. Todos tememos a

liberdade porque ese é o primeiro síntoma de que non lle importamos a ninguén pero tampou-

co podemos ser nós mesmos os que nos privemos do privilexio de empezar de cero.

Sabemos que ninguén aprende nada do que lle contan senón que ten que caer el mes-

mo no erro para poder velo, por iso o máis sensato a día de hoxe non é meterse nunha facul-

tade que che forme co fin de que despois veña a señorita Merkel buscarche senón elixir aquilo

que nos encha, que nos apaixoe e do que endexamais nos poidamos arrepentir. Sería unha

mágoa perder os que prometen ser os mellores anos da nosa vida por buscar un traballo que

por agora é inexistente ante todos: se nos obse-

sionamos cun futuro non escrito esquecémonos

de aproveitar o presente. Precisamente por todo

isto se algo está claro é que estudar é o camiño;

o camiño que nos fai libres, fortes e menos sus-

ceptibles a que nos terxiversen e nos manipulen;

o camiño que necesitamos para elixir se seguimos

formando parte dun sistema que nun funciona,

dunha sociedade avasalada polo antollos do

monstro capitalista que castiga aos seus propios

idearios ou se nos presentamos como unha alternativa.

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A R T I G O S

Page 15: METEO FORA nº4

15

Agora só queda o rastro insípido de levantarse cada día sen saber onde estará un dentro duns

meses, a perspectiva vertixinosa do que queremos atopar e que se mestura e confunde con

todos aqueles difuminados recordos que nos invaden: as risas cos compañeiros que estiveron

aí tanto tempo e cos que estiveron menos pero igualmente nos marcaron; os profesores para

os que meses máis adiante só seremos números e que nunca máis nos preguntaran se esta-

mos ben, que nunca máis nos ofrecerán cariñosos consellos e que nunca máis nos abrazarán

cando un necesita que sexan as palabras dos que experimentaron o mesmo as que che pro-

metan que todo irá ben. A vida é un conxunto de fases distintas. É inevitábel temer os cam-

bios, pero se os ollos se humedecen de nostalxia pensa que quizais sexa porque todo mereceu

a pena.

DEFENDO A ENSINANZA PÚBLI-

CA

ABRINDO CAMIÑOS

(RE-COÑECENDO A ANTIGOS ALUMNOS DO AGRA)

Entrevista a Juan José Creus Andrade

Nacido en Cee (A Coruña) o 18 de Novembro de 1966 é Arquitecto e Profesor Contratado Dou-

tor (PC-Dr) do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo na área de Urbanísti-

ca e Ordenación do Territorio da Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSA) da Coruña.

Licenciado en arquitectura pola ETSA en 1992, colaborou no estudo do arquitecto Manuel Ga-

llego Jorreto no período 1992-1996. Premio extraordinario pola ETSA en 1995.

Outros cargos e funcións desempregados con anterioridade ó momento actual foron:

1996-Profesor Asociado Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo, UDC Coru-

ña.

1999-00 Prof. Máster “Proyectación Urbana y Territorial”, ETSA Coruña.

2000-01Prof.“Mestrado Internacional en Xestión do Desenvolvemento Rural”, Vila Real-

Portugal.

2006 Prof. Invitado “Escultura y Espacio Arquitectónico”, F. Belas Artes, Pontevedra.

2007 Prof. Máster “Plans e Proxectos: do territorio á cidade”, ETSA Coruña.

2009 Nomeamento de Doutor Arquitecto pola Universidade da Coruña. Tese: “Estratexias de

movemento e cambio na cidade actual”

É membro da Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega e ten dirixido e intervido

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A R T I G O S

Page 16: METEO FORA nº4

16

Cabe des-

tacar a ,

calidade e

diversidade de proxectos e obras realizadas deste estudo de arquitectos moitas delas premia-

das a nivel autonómico, estatal e europeo referenciadas en diversas publicacións específicas,

libros, catálogos e revistas, e exibidas en exposicións realizadas en Galicia, España, América e

Europa.

Exemplos cercanos da súa Arquitectura na nosa zona son “A Lonxa de Fisterra” e a

“Reordenación do Porto de Malpica”, ademais de diversas vivendas unifamiliares en Cee, Quil-

mas e Redonda.

E: En que época estudou no instituto?

J.C.A: Entre 1980 e 1984

E: Que lembra de maneira salientable do seu paso por el?

J.C.A: Que nel había xente á que lle gustaba o seu traballo. Tamén lembro que nel había luz e

música ao entrar. E que para aprender había que estar atento a todos eses detalles e non

deixarse levar.

E: Foi determinante na súa formación ou actividade profesional posterior?

J.C.A: Si, pois decidín alí que ía probar a ser arquitecto. E nesa decisión tivo moito que ver o

que aprendín no instituto e o apoio e bo facer do profesorado.

E: Como era a súa relación cos compañeiros e profesores?

J.C.A: A min sempre me gustou levarme ben e tratar a todos os compañeiros. Con eles com-

partía moito tempo dentro e fóra de clase. Facía deporte e me interesaba polo que sucedía ao

meu redor. Tiña un bo grupo de amigos, cada un á súa maneira. Tamén profesores que coa

súa actitude de proximidade e rigor nos facían entender un xeito moi saludable de aprender.

Todo isto axuda moito mais tamén daste conta que tes que facer un esforzo persoal grande

para manter todo aquilo en equilibrio. Eu nunca fun un rapaz asustado, esvaradizo nin ensi-

mismado, estaba aí, na clase e na rúa, entre todo.

LONXA DE FISTERRA

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A R T I G O S

Page 17: METEO FORA nº4

17

E: Que materias espertaban máis o seu interese?

J.C.A: Todas, por iso aínda que tiña máis facilidade para as de letras esforceime por saber as

de ciencias. E con debuxo descubrín o espazo, a representación de sensacións como a luz que

se podía describir cunha linguaxe xeométríca que deixaba abertos camiños de interpretación e

creación. Penso que foi esa posibilidade de libertade e orde aplicada ao espazo que habitamos

a que me atrapou.

E: Foi importante ou determinante para a súa actual profesión a axuda ou a visión dalgún pro-

fesor?

J.C.A: Axudoume moito a ilusión que trasmitía e o xeito de ensinar do meu profesor de de-

buxo que, ademais de explicar con moito rigor as materias, non esquecía as conexións coas

demais áreas de coñecemento. Penso que iso foi importante pois comecei a entender que a

arquitectura trataba e desenvolvía moitas capacidades. Iso gustábame aínda que non sabía se

estaba capacitado e por iso sempre lles dixen aos meus pais que ía probar.

E: Como retrataría aquela etapa do ensino? Era moi dogmática?moi autoritaria?moi teórica?Se

ten consciencia ou cercanía na actualidade no tocante o mundo do ensino; que diferenzas fun-

damentais atopa con respecto á súa época?

J.C.A: O ensino hoxe está moi condicionado por axentes externos que inflúen na capacidade

dos propios alumnos para escoller camiños que cren máis importantes que o do coñecemento.

A presenza da vida cotiá no ensino é algo que non se pode rechazar pois é parte dun, mais os

individuos teñen a obriga da mellora común e ese obxectivo trocouse por a comodidade dun

xeito de estar, dun mantemento en equilibrio estático. Penso que a ensinanza debe manter a

intensidade de amosar os puntos clave que, en cada época, permiten saber o que sucede mais

tamén os cambios que a poden mellorar. Os profesores deben mostrar ese camiño con rigor

pois forma parte dunha loita pola vida que ten dende hai moito tempo a nosa especie. O coñe-

cemento é a nosa especialidade e unha base que nos manten vivos.

E: Considera que os estudos do bacharelato lle foron alomenos suficientes para comezar a

afrontar a súa carreira?

J.C.A: O bacharelato é unha boa plataforma de acceso á universidade, quizais non a única.

Hai moitos factores que inflúen e a propia personalidade e a familia teñen moito que ver nas

capacidades, mais dou fe que coñezo a bastantes alumnos que saíron do Instituto de Cée moi

ben preparados e que afrontaron a súa carreira sen desvantaxes fronte aos demais. Mesmo na

miña diría que, nalgunhas materias, a base que levaba era dun nivel máis alto que a media.

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A R T I G O S

Page 18: METEO FORA nº4

18

E: Que consello lle daría a un rapaz que estea no instituto e teña a idea de facer a mesma ca-

rreira que estudou vostede? Que lle diría para enganchalo?

J.C.A: Que, aínda que nestes días moitos pensen que houbo un xeito de entender a arquitec-

tura moi próxima ao crecemento desmesurado da construcción no noso país, segue a ser unha

carreira que pode mellorar o mundo en que vivimos pois incide directamente no espazo e o

xeito en que o usamos.

E: Requeriu moito esforzo sacar adiante a carreira, ou o feito de ser esta “elexida” foi motor

suficiente para salvar todas as posibles barreiras?

J.C.A: Non existe aprendizaxe sen esforzo pois prestar atención é un traballo ao que, porsu-

posto, a uns lle costa máis que a outros. Como dixen, comecei dubidando da miña capacidade

mais mantiven a constancia que traía dos últimos anos do instituto. Houbo materias que den-

de o principio me dixeron debía dar por imposibles. Case todo arrancaba a medias, pero pasou

un ano e, finalmente conseguín aprobar. Elexín a carreira mais penso que, en certo modo, ese

primeiro ano ela tamén me elixiu a mín, deixándome seguir e mostrándome un camino que

me interesaba e gustaba.

E: A que se adica profesionalmente? Podería desmigallarnos o día a día do seu traballo, inves-

tigacións, proxectos?

J.C.A: Móvome entre a fronte académica, dando clase de Proxectos e Urbanismo na Escola de

Arquitectura da Coruña e a profesional, traballando no estudo CREUSeCARRASCO arquitectos,

compartido con Covadonga Carrasco dende finais dos anos 90. Básicamente son un arquitecto

que crea e constrúe ao que, mentres teña obra, adico moitas das miñas horas. Fíxenme profe-

sor de universidade para trasladar á docencia a miña experiencia profesional e tamén para seguir inves-

tigando e compartindo experiencias no eido do coñecemento en arquitectura.

REMODELACIÓN DO PORTO DE MALPICA

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A R T I G O S

Page 19: METEO FORA nº4

19

E: Que actividades, hobbies, paixóns practica?

J.C.A: Estar no mar, ler, escoitar e tocar música, debuxar mentres leo ou viaxo… o que me

interesa realmente de estar facendo algo que non é da práctica exclusiva da miña profisión é

que todas as actividades que fago, estea onde estea, me permiten observar e coñecer cousas

que, ao final, rematan formando parte do meu traballo.

E: É difícil abrirse un oco ou manterse a nivel profesional no seu ámbito? Hai moita competen-

cia? Considera a súa profesión estrutural para a sociedade?

J.C.A: A arquitectura é peza clave no noso xeito de habitar o mundo. É un bo resumo do que

acontece nel. Se que que se escoite a túa voz tes que propoñer algo que interese e teña valor

para a sociedade. Cando inventas algo ou descobres o que estaba aí diante e ninguén vía, non

falamos de cuestión de competencia, falamos de que a xente entendeu a túa suxerencia. A

min chégame con iso.

E: Que é o que máis disfruta da súa profesión e que é o que lle dá máis dor de cabeza?

J.C.A: Disfruto cando con poucos elementos nas mans consigo crear un espazo novo ou rein-

terpretar un que xa existía. Dóeme a cabeza ter que pelexar contra xente que se parapeta

detrás dunha administración ou dun posto de salvagarda, dubida da novidade e, amparada na

burocracia, permite o verdadeiro deterioro, por exemplo da paisaxe.

E: Cre recoñecida o seu labor?

J.C.A: Para min o mellor recoñecemento é poder seguir traballando. Alguén nos dixo unha vez

que nun dos nosos edificios se sentía a gusto en calquera das súas esquinas. Gustóume moito

ese comentario. Tamén algún dos premios que compañeiros de profesión que admiramos nos

teñen concedido. De tódolos xeitos cando podo traballar a gusto nunha obra e noto que os

técnicos e os operarios recoñecen o noso labor, é cando me sinto mellor pois sei que que as

cousas sairán ben para os futuros usuarios.

E: Que ten entre mans na actualidade a nivel profesional.

J.C.A: O proxecto máis importante que estamos construíndo na actualidade é a reconversión

dun cárcere moi antigo, preto da muralla na cidade de Lugo, nun centro social e cultural no

que han participar diferentes colectivos cidadáns. O feito de converter un edificio creado para

o control e o castigo nun espazo aberto á expresión da cidadanía paréceme un dos aspectos

máis atractivos e arriscados desta obra.

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A R T I G O S

Page 20: METEO FORA nº4

20

E: Como ve o presente e o futuro da súa profesión? Cales son os derroteiros polos que trans-

ita?

J.C.A: A dilapidación nas obras foi declarada unha das causas da actual crise económica que

vive España. Agora apenas hai traballo para os arquitectos que queiramos construír. Non podo

dicir que o futuro vai ser mellor do que está sendo agora mesmo, mais pode haber canles de

traballo. Remover, abrir, recompoñer, escoller un lugar… son parte do traballo do arquitecto.

E: Cite un referente, persoeiro, obra, composición, proxecto galego de especial relevancia para

vostede no seu eido que non deba pasar desapercibido.

J.C.A: Un dos meus mestres é Manuel Gallego, con quen traballei. Penso que todo o mundo

debería ir ver o pequeno Museo de Arte Sacro da Coruña para entender como unha obra pe-

quena pode resumir e atinar o espazo dunha cidade ou dun territorio.

E: En que momento e a que altura está a educación pública? Que credes que precisa, que mo-

tor debe ter para potenciala?

J.C.A: A educación é un ben público onde non se deben escatimar medios. Penso, de tódolos

xeitos, que os mello- res medios son formar e esco-

ller ben ao seu profe- sorado.

Máis información sobre Juan José Creus Andrade en:

www.creusecarrasco.com

www.creusecarrasco.blogspot.com

FUNDACIÓN LUIS SEOANE (A CORUÑA)

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A R T I G O S

Page 21: METEO FORA nº4

21

DEFENDENDO A ENSINANZA PÚBLICA.

ABRINDO CAMIÑOS.

(RE-COÑECENDO A ANTIGOS ALUMNOS DO AGRA)

Entrevista a Olga Fidalgo

ESTUDOS

* Pre escolar na escola unitaria de Lires.

* Educación primaria no colexio público “Uxío López” de Cee

* ESO e Bacharelato Científico no Instituto público “Agra de Raíces” de Cee

* Licenciatura en Medicina, promoción 2002-2008, na “Universidade de Santiago de Compos-

tela”

*Médico Interno Residente de Endocrinoloxía e Nutrición do Complexo Hospitalario Universi-

tario A Coruña na actualidade.

Medrei cos meus compañeiros,correndo pola parte traseira da escola de Lires,Moitas tardes

de primavera iamos ata o río Castro,ver correr a auga e aprender a facer trenzas con follas

de xuncos.

Máis tarde,no Uxío López xogabamos ás agachadas,a mollarnos na fonte e ás Catro Esqui-

nas,a carón do patio.

No instituto tiñamos a Semana Cultural,os "terribles" exames finais e a viaxe de fin de cur-

so........

Dentro das aulas ensináronnos o valor da lingua,do respecto aos maiores,do coidado ao me-

dio ambiente ....e indudablemente,que hai que loitar polo que se ten.

A loita pola educación pública de calidade é incuestionable:proporciona un modelo integrador

dende o punto de vista socio-culturale forma cidadáns libres,tolerantes e con capacidade de

pensar por si mesmos.

Non só presta asistencia en horario lectivo,senón que tamén se complementa con activida-

des deportivas e culturais fóra del,contribuíndo ao enriquecemento e mellora formativa do

alumnado.

A educación pública é accesible,plural,democrática .....e debería sentar as bases de calquera

sociedade que teña como obxectivo unha cidadanía forte e segura das súas conviccións.

Co paso do tempo un vaise facendo unha composición de lugar:bota a vista atrás,fai memo-

ria do que aprendeu polo camiño .....de vez en cando dubida......pero ten claro que hai prin-

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

cipios inque- b r an t a b l e s . o

modelo de edu- cación que que-A R T I G O S

Page 22: METEO FORA nº4

22

DEFENDENDO A ENSINANZA PÚBLICA.

ABRINDO CAMIÑOS.

(RE-COÑECENDO A ANTIGOS ALUMNOS DO AGRA)

Entrevista a Jesús Pedreira Dubert

Nacido en Muros (A Coruña) ó 23 de setembro de 1964 é Profesor Auxiliar Convidado e Pro-

fesor Adxunto do Departamento de Física da Universidade de Aveiro (Portugal), dende 1998.

Licenciado en Física Teórica pola Universidade Autónoma de Madrid en 1989. Diploma de Es-

tudos das Profundidades, (DEA), Oceanografía Física, pola Universidade de Bretaña, Brest,

Francia en 1993. Tese de Doutoramento (PhD), Oceanografía Física, pola Universidade de

Bretaña, Brest, Francia, 1998.

Entre outros cargos anteriores ó actual foi becado polo goberno español e o CNRS-Francia na

“Universidade de Bretaña Occidental-IFREMER”, Brest, Francia, 1992-1997 e polo goberno

español ma “Facultade de Ciencias de Lisboa”, 1991. Así tamén foi Mestre de Escola Superior

nos anos 1989-1990.

Á parte do seu labor actual como Profesor, supervisa a estudantes de postgrado.

Como Investigador a súa principal área científica de investigación son : Oceanografía Física e

Modelos Oceanográficos,e outras áreas científicas de interese as constitúen as aplicacións

dos modelos tridimensionais oceánicos numéricos a problemas de carácter interdisciplinar.

Son moitísimos os Proxectos de Investigación, Publicacións e Comunicacións desenvolvidos

por el, así como a súa presenza referenciada en libros, revistas e xornais de carácter científi-

co e divulgativo.

E: En que época estudou no instituto?

J.P.D: Entre 1978 e 1981, na época era: 1º a 3º de BUP e COU

E: Que lembra de maneira salientable do seu paso por el?

J.P.D: A familiaridade que había polo feito de que toda a xente se coñecía e respectaba.

E: Foi determinante na súa formación ou actividade profesional posterior?

J.P.D: Sen dúbida, a formación que recibín, especialmente en Matemáticas, foi fundamental

para o meu camiño como profesional da Física.

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

rería para os seus fillos é un

deles. A R T I G O S

Page 23: METEO FORA nº4

23

E: Como era a súa relación cos compañeiros e profesores?

J.P.D: Cos meus compañeiros era de gran camaradería, estudabamos moitas veces xuntos

as fines de semana e había unha competición moi sana polas mellores notas. Tiñamos respe-

to os profesores e mesmo admiración por algúns.

E: Que materias espertaban máis o seu interese?

J.P.D: Naquela época Matemáticas e Bioloxía. Curiosamente logo estudei Fisica.

E: Foi importante ou determinante para a súa actual profesión a axuda ou a visión dalgún

profesor?

J.P.D: Sen dúbida un dos profesores que máis influiu en min foi o profesor “Jesús Garea”

coa súa visión clarificadora das matemáticas de COU, aínda que lembro que era duro nos

exames.

E: Como retrataría aquela etapa do ensino? Era moi dogmática?moi autoritaria?moi teórica?

Se ten consciencia ou cercanía na actualidade no tocante ao mundo do ensino; que diferen-

zas fundamentais atopa con respecto á súa época?

J.P.D: Descoñezo o ensino a nivel de bacharelato na actualidade, e en particular o de Espa-

ña, pois exerzo como profesor universitario en Portugal. Naquela época a preparación que

recibiamos era boa. Estando na Universidade de Santiago nunca sentín deficiencias de for-

mación ou baleiros dos estudos desenvolvidos no bacharelato. Tal vez a maior crítica é que

tivemos demasiada formación teórica en detrimento de cousas máis prácticas, aínda que re-

coñezo que a preparación teórica é fundamental en ciencias.

E: Considera que os estudos do bacharelato lle foron alomenos suficientes para comezar a

afrontar a súa carreira?

J.P.D: Sen dúbida, como expliquei antes, a formación que recibín foi fundamental para a mi-

ña carreira.

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A R T I G O S

Page 24: METEO FORA nº4

24

E: Que consello lle daría a un rapaz que estea no instituto e teña a idea de facer a mesma ca-

rreira que estudou vostede? Que lle diría para enganchalo?

J.P.D: A carreira de Físicas é un reto dende o punto de vista científico. Eu a pesar de ter un

forte interese polos temas de Física, non comecei por aí o primeiro ano senón que antes fixen

Enxeñería. Logo deime de conta de que o que realmente quería estudar era Física. Finalmente,

a miña vocación polos estudos do mar (Oceanografía Física) xurdiu como unha oportunidade

sendo xa licenciado e aproveiteina facendo un doutoramento no estranxeiro, en Francia. En

fin, as vocacións van xurdindo, pero o fundamental é ter a capacidade de ir aprendendo ó lon-

go de toda a vida. Sigo estudando e facendo investigación todolos días!

E: Requeriu moito esforzo sacar adiante a carreira, ou o feito de ser esta “elexida” foi motor

suficiente para salvar todas as posibles barreiras?

J.P.D: Ninguén saca para adiante unha carreira sen esforzo! O máis importante é saber estar

motivado para facelo en cada momento.

E: A que se adica profesionalmente? Podería desmigallarnos o día a día do seu traballo, inves-

tigacións, proxectos?

J.P.D: Eu son profesor universitario de Oceanografía Física na Universidade de Aveiro, en

Portugal. O meu día a día é dar clases a diferentes niveis: licenciatura, máster e doutora-

mento, así como dar apoio aqos estudantes que fan comigo a tese de doutoramento e que

traballan no meu equipo. Ás veces imos ao mar recoller datos. Tamén estou colaborando na

dirección dun centro de investigación en Ciencias do Mar e do Ambiente (CESAM) da Univer-

sidade de Aveiro. Traballo como investigador en varios proxectos de investigación, algúns

deles con universidades e centros de investigación de Galicia sobre diversas aplicacións da

Oceanografía. En fin, sempre facendo cousas sen parar, porque a investigación non ten fin!

E: Que actividades, hobbies, paixóns practica?

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A R T I G O S

Page 25: METEO FORA nº4

25

J.P.D: A maior parte do meu tempo libre adícollo á miña familia. Temos tres nenas medran-

do e ás que lles adicamos, a miña muller e máis eu moito tempo e esforzo en educar.

E: É difícil abrirse un oco ou manterse a nivel profesional no seu ámbito? Hai moita compe-

tencia? Considera a súa profesión estrutural para a sociedade?

J.P.D: Xa que é o Estado quen “soporta” a investigación considero que debemos orientar os

nosos esforzos en conseguir aplicar os nosos estudos a problemas da sociedade actual, no

meu caso a través do estudo das alteracións climáticas que tanto nos van afectar no futuro,

que é case o presente!

E: Que é o que máis disfruta da súa profesión e que é o que lle da máis dor de cabeza?

J.P.D: O que máis disfruto é da liberdade de estudar o que sinto que é importante, e as

maiores dores de cabeza as que proveñen da xestión administrativa dos proxectos, sen dúbi-

da.

E: Como ve o presente e o futuro da súa profesión? Cales son os derroteiros polos que

transita?

J.P.D: Se ben os investigadores son en xeral ben recoñecidos pola sociedade, non o son

sempre pola clase política. As Universidades tanto en España como en Portugal están pasan-

do por momentos moi difíciles con recortes que poñen en perigo moitos proxectos e traballos

de investigación.

E: Cite un referente, persoeiro, obra, composición, proxecto galego de especial relevancia

para vostede no seu eido que non deba pasar desapercibido.

J.P.D: Vou citar un investigador pouco coñecido para o público en xeral, que foi pioneiro da

Oceanografía Galega e un exemplo para varias xeracións, o Dr Fernando Fraga, investigador

xubilado do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo.

(http://oceano.iim.csic.es/xv_seminario_quimica_marina/legado-cientifico/lang-pref/es/)

Mais información sobre Jesús Pedreira Dubert en :

http://www.cesam.ua.pt/index.php?tabela=pessoaldetail&menu=82&user=63

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A R T I G O S

Page 26: METEO FORA nº4

26

DEFENDENDO A ENSINANZA PÚBLICA.

ABRINDO CAMIÑOS.

(RE-COÑECENDO A ANTIGOS ALUMNOS DO AGRA)

Entrevista a Sabela Ramos Garea

O meu nome é Sabela,teño 25 anos e son Enxeñeira informática pola Universidade da

Coruña. Actualmente traballo como profesora axudante na Área de Arquitectura e Tecnoloxía

de Computadores da mesma universidade mentres fago a miña tese de doutoramento.A

miña traxectoria educativa comeza no C.E.I.P Eugenio López de Cee e continúa no IES Agra

de Raíces.Logo de rematar a secundaria,entrei na facultade de informática da Coruña e xa

que estaba interesada no eido da investigación,matriculeime no Mestrado Interuniversitario

de Investigación en Tecnoloxías da Información ofrecido polas Universidades de Santiago e A

Coruña,que me deu acceso aos estudos de doutoramento.Para financiar a elaboración da te-

se,foime concedida unha bolsa de Formación do Profesorado Universitario do Ministerio de

Educación e Ciencia,á que renunciei hai un ano en favor dunha praza de profesora axudante.

Teño moito que agradecerlle á formación que recibín nos distintos centros educativos pú-

blicos nos que estudei,pois grazas a eles obtiven o Premio Extraordinario de Bacharelato da

Xunta de Galicia e do Ministerio de Educación.Ademais,recentemente recibín unha bolsa A-

nita Borg de Google que premia a excelencia das mulleres estudantes no eido das Tec-

noloxías da Información. Existe a crenza de que a mellor educación se recibe nos colexios e

universidades privadas,onde se supón que o pago directo outorga un dereito de esixencia

maior.Nada máis errado.Por poñer algún exemplo de calidadee excelencia,no campo das

tecnoloxías da información,que é o que máis coñezo,as mellores universidades,recoñecidas

en ránkings internacionais,son públicas;as rapazas que foron premiadas pola NASA estudan

nun colexio público e as cinco españolas bolseiras ou finalistas da Anita Borg pertencemos

a universidades públicas.

O ensino público pagamolo todos e benefícianos a todos.Sen dubidar da excelencia de moi-

tos centros privados é na educación pública onde debemos pór un maior empeño,porque é a

única que pode garantir a igualdade de oportunidades e que todos os rapaz@s, veñan de

onde veñan,reciban a educación plural e de calidade que merecen.

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A R T I G O S

Page 27: METEO FORA nº4

27

IN

SER

TO

/ T

rab

allo

s d

e c

arb

on

cillo

de a

lum

n@

s d

e 4

º d

a E

SO

de E

du

cació

n P

lástic

a e

Vis

ual

Page 28: METEO FORA nº4

28

CRISE E VERDADES ABSOLUTAS AUTOR: DAVID MARTÍNEZ MILLÁN

PROFESOR DE XEOGRAFÍA E HISTORIA DO IES AGRA DE RAÍCES

Hoxe en día atopamos o termo crise en todas as conversas e con-

textos como se dun “trending topic” de twiter se tratara, invadindo

o noso espazo persoal e social. Podemos afirmar rotundamente

que é una batalla perdida procurar agochar o termo e no peor dos

casos fuxir do mesmo, así que a estas alturas sería una ofensa a

todos os lectores da nosa revista, non facer referencia ao afamado

termo.

Ocórrenseme unha morea de ideas, argumentos, explicacións…que

dan empaque á moda dos últimos anos, o traxe que se leva no

mundo occidental, a nova figura estreita propia das pasarelas eu-

ropeas, a artista invitada que veu para quedarse eternamente: “A

CRISE”. Eternamente, porque as augas procelosas comezaron a bater na costa nos albores

do 2008, e xa choveu, aínda que nos último inverno o fixera menos, tamén disto último po-

demos resposabilizar á crise ou ao goberno anterior. Non pasa nada, hai tempo que traspa-

samos a coherencia para viaxar nunha carruaxe de demagoxia constante, apúntome a moda

da irresponsabilidade.

Procuramos sobrevivir a un período no que a crise sérvenos de lu-

gar común, para inhibirnos de calquera responsabilidade, e iso non

resulta reconfortante. Culpabilizar a alguén dos nosos propios erros

ten máis de discusión de patio do noso instituto que de adultos que

teñen o deber de gobernarnos con pulso firme, como adoitan dicir.

Cecais o problema non sexa do pulso (reforma laboral, repago sani-

tario, amnistía fiscal…) se non da folla de ruta, sinceiramente, se

non me parecese unha broma, pensaría que fora rescatada das car-

tas de navegación do centenariado Titánic, facendo bo, o dito de

que home é o único animal que tropeza

dúas veces na mesma pedra ou iceberg.

E falando de ditos, actualmente hai un moi estendido, case conver-

tido a lema universal: “vivimos por enriba das nosas posibilida-

des”, curioso, o verbo, tempo e persoa utilizada nesta afirmación.

Primeiro, ata onde eu sei (moi pouco) nun estado democrático e de

dereito, “todos” os individuos temos dereito á vida; segundo, dáme

a sensación de que fora un tempo pasado, glorioso e esplendoroso

que non volvera; e terceiro, que nos tocou vivir a nós, a todos nós,

sen excepcións, o cal xenérame moitas dúbidas, a min e os máis

de cinco millóns de parados.

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A R T I G O S

Page 29: METEO FORA nº4

29

Posiblemente non estea analizando ben a oración, pode ser, pero na

marxe da miña interpretación, o que aprendín dende ben novo é

que unha mentira por moitas veces que a repitas non se converterá

en verdade. Ese lema que trouxo consigo a crise por máis que o es-

coitemos, non pode introducirse no noso ideario colectivo, como un

axioma irrefutable ou unha verdade absoluta. Non poden seguir in-

sultando a nosa intelixencia, con mensaxes apocalípticas, con glo-

bos sonda…, utilizando medios propios doutros tempos e que hoxe

recobran protagonismo. Estamos asistindo a unha nova semente do

pánico e do discurso-pensamento único, co obxectivo primordial de

paralizar aos cidadáns.

Agora non son os nazis, nin o inimigo vermello…afortunadamente hai máis de sesenta anos

que rematou a última gran guerra, pero dá a sensación de que acabaramos de saír dunha. Pe-

ro quen viviu por enriba das súas posibilidades? Un peón da construción, un médico, un cama-

reiro, un mozo de almacén, unha dependenta de ZARA, un gandeiro, un mestre, un electricis-

ta…., ao mellor teño que modificar a cuestión, quen deu as posibilidades para que vivísemos

por enriba delas? Bancos, sociedades de inversión, políticos que miraban para outro lado men-

tres medraba un PIB ficticio que permitía aumentar os orzamentos da admnistación central,

autonómica ou local. Tempo no que España ía ben, ou estabamos na Champions da economía

e que deron por chamar vacas gordas, que acabaron por volverse

tolas, como as nosas, hai xa máis de dez anos. Do grupo da primeira

cuestión, ninguén se fixo rico nin o pretendeu, simplemente sobrevi-

viu, e co paso do tempo e a chegada da cautivadora crise, espertou

do soño, un soño no que tiña un salario digno, unha casa, un coche

e cartos para poderse ir de vacacións. Uff! Paréceme que se pasaban

coas súas ensoñacións, demasiada ousadia. Espertade, espertade,

espertade….! Con moita sorte, para eles, non podemos dicir o mes-

mo dos que ofrecían as posibilidades, pretenderon facerse ricos a

costa dos grupo dos ensoñadores porque todavía hai clases entre os

que soñan e os que manexan a realidade.

E nesas estamos, poñendo as cousas e a cada un no seu sitio, volvendo a

tempos decimonónicos, capitalismo galopante e salvaxe, si señor, deixe-

mos actuar libremente a man invisible, a cal está totalmente lexitimada

para desfacer ao seu antollo (laisser faire). Hoxe chámanlle mercados,

ditadura dos mercados, para serén máis precisos. Claro está compañeiro,

que sempre será mellor esta que a do proletariado, non? Mentres anto as

supostas verdades absolutas (mentiras que de tanto repetilas se cren

converter en verdades) van facendo o seu traballo, alimentando as nosas

conciencias, pedindo ser aprendidas como as ecuacións, os ríos, a célula

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A R T I G O S

Page 30: METEO FORA nº4

30

ou a conxugación do verbo vivir, porque xa nolo din os responsables

das mesmas: son irrevocables, con pulso firme, custen o que cus-

ten, necesarias…acompañadas dunha parafernalia de adornos, e

moralina que atufa os nosos sentidos. Esténdendose coma o lume

nos nosos montes, escoitamos impasibles que a sanidade española é

insostible, a reforma laboral creará emprego, os funcionarios son

vagos, as organizacións sindicais quedaron anquilosadas, a muller

naceu para procrear, somos pouco produtivos, os países emerxentes

son o futuro, todo é culpa do goberno anterior ou do que está por

vir,…en fin.

Pero basta xa, porque outro modelo é posible onde os cidadáns somos o primeiro, no que pri-

ma a vontade de todos os individuos e non a prima de risco. Nin un paso atrás. Non ao retro-

ceso dos dereitos gañados nos últimos anos, non a medidas e sistemas inxustos coma a lei

electoral ou a reforma laboral e si a acabar cunha mala xestión da cousa pública e ás dilapida-

cións. Precisamos maior participación da poboación na política, esta non debe estar tan lonxe

dos cidadáns, creándose todo tipo de desafectos cara a ela, cando tería que ser todo o contra-

rio, xa que a política e a democracia son das mellores creacións na historia da humanidade.

E por último, e esquecendo algún outro, tomarse en serio o gran pro-

blema deste país: unha verdadeira reforma fiscal, que ningún goberno,

sexa da cor que sexa, se atreveu a facer, na que o que máis teña, pa-

gue máis. Cada vez o panorama político actual deste país parécese

máis ao bipartidismo da Restauración de finais do século XIX, onde as

diferenzas ou matices dos dous grupos dominantes (liberais e conser-

vadores) eran mínimos, por moito que se empeñe algún en dicir que

non son o mesmo, xa que asuntos como o da reforma fiscal non fan

máis que corroborar a miña tese .

Remato facendo referencia a un hálito de esperanza acontecido nesta

vella Europa, que non foi publicitado suficientemente polos medios,

recordemos que na actualidade a maior parte dos medios de comuni-

cación están sometidos a gobernos, partidos e sobre todo entidades

fiancieiras, de aí que haxa asuntos que non interese mostrar con pro-

fundidade e notoriedade. Este suceso ten nome, é chámase ISLANDIA,

un país no que consideraron que mercados, gobernos, bancos…non ían

roubarlles o soños, negándose a espertar, e obrigaron a sentar ante os

tribunais aos verdadeiros causantes da crise, e que responderan co

seu capital e patrimonio, e non cos dos cidadáns de Islandia. A día de

hoxe, Islandia conta cun novo goberno (totalmente novo e desvinculado dos anteriores) e cu-

nha nova Constitución, creada por cidadáns escollidos entre cidadáns que non pertencían a

ningunha organización ou agrupación política. Só me queda, dende aquí, dalas

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A R T I G O S

Page 31: METEO FORA nº4

31

GRAZAS ao pobo islandés, iso é patriotismo, unidade dos individuos e favor dos intereses dos propios individuos, e non o patriotismo bananero e alcanforado destes e outros lares (Repsol YPF).

CONCEPTOS ECONÓMICOS

A partir destas liñas intentaremos achegar aos nosos lectores unha pequena idea dos termos

que nos invaden e nos fan a vida máis "económica".

No obstante, tomarémonos certas licenzas, co propósito de que saibamos un pouquiño de

que nos falan ou a que se refiren.

DÉBEDA: Cantidade de diñeiro que queda por devolver a algunha etidade, e que foi utilizado

para facer fronte aos gastos mais apremiantes.

DÉBEDA PUBLICA: Diñeiro que solicitou o Estado porque non tiña liquidez (capital) e que

utilizou para pagar aos profes, médicos, policías, políticos, estradas... Ese capital debe ser

devolto ás entidades que llo prestaron.

DÉBEDA PRIVADA: Diñeiro que solicitaron os particulares, familias, empresas, bancos, cai-

xas... para poñer en marcha un negocio, mercar unha casa, un coche... e que teñen que de-

volver nun prazo e condicións determinadas a aquelas entidades que llo prestaron.

EMISIÓN DE DÉBEDA: Os inversores financian a Débeda do Estado Como? Mercándolle a

súa débeda, o Estado saca débeda o mercado e os inversores poxan por ela, danlle liquidez

que logo debe ser devolta cun xuro determinado. Cando escoitamos que España colocou dé-

beda a tres anos cun xuro do 6%, quere dicir que en tres anos ten que devolverlle os cartos

solicitados cun 6% de incremento por cada euro.

BONOS: Son as partes co xuro correspondente en que se divide a Débeda de cada país, son

como valores ou accións, pero neste caso da Débeda.

EUROBONOS: Dividir a débeda total de todos os países da zona Euro e facela así máis

atractiva e equilibrada, en lugar de que cada país financiara independentemente esa débeda.

O BCE, Banco Central Europeo mercaría a débeda dos países cun xuro menor que no merca-

do. Obviamente Alemaña é reacia porque é o que menos paga pola súa débeda e con esta

nova vía, todos os países pagarían o mesmo, sexas Grecia, España ou Francia.

PRIMA DE RISCO: Non todos os Estados pagan o mesmo póla súa Débeda, porque hai Es-

tados dos que os mercados se fían mais. Os xuros que lle colocan a España , Italia... son

máis elevados que a Alemaña ou Francia. Entón que ven sendo a prima de risco, pois moi

sinxelo, a diferenza que existe entre o xuro (Bono) que paga un país pola súa débeda e o

Bono referencia, que sempre corresponde ao país do entorno económico que menos paga

póla súa débeda, no caso de Europa, Alemaña. Así por exemplo, se o Bono alemán ten un

xuro do 1.05 e o español 6.35, se o pasamos a puntos básicos (pois é porcentaxe) sería:

105-635= -530 puntos que foi o que marcou a semana pasada. Agora, de que depende que

suba ou baixe, iso xa a propia confianza do mercado, dos inversores.

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A R T I G O S

Page 32: METEO FORA nº4

32

MERCADOS: Non son os de laranxas, carne ou pescado... Son as sociedades de inversións,

financieiras, bancos... que invisten para gañar uns beneficios a curto prazo. Onde invisten?

Pois nas empresas e estados, por medio das accións no primeiro caso e da débeda no segun-

do. Os Estados acoden os mercados para emitir débeda, que sucede cando a túa prima é tan

elevada? pois que desconfían de que non poidas pagala, hai dificultades para que che presten

liquidez, para que coloques a túa débeda.

FROB: Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria, creouse no 2008, para axudar aos Ban-

cos e Caixas en España, é un fondo de garantía, pero que co montante total das débedas do

sector financeiro español quédase curto.

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A R T I G O S

Page 33: METEO FORA nº4

33

FALANDO DO FUTURO DA ESCOLA DE

MÚSICA

Entrevista a Fernando Fraga Director da Escola Municipal de Música de Cee

Por Sara Fraga 1º ESO B

A escola de música municipal de Cee inaugurouse en xuño do ano 1999. Despois de trece

anos de funcionamento municipal corre o perigo de privatizarse. Por primeira vez, este ano os

contratos dos profesores da escola non se renovarán, debido á nova lei imposta polo goberno

nacional. O Concello de Cee está a buscar solucións para que a escola se manteña en funcio-

namento. Dentro destas posibles solucións atópase a de privatizar a escola, como vai ocorrer

coa gardería, ou a de deixar que os profesores monten unha cooperativa. No caso da coopera-

tiva as taxas dos 200 alumnos cos que conta, actualmente, a escola subirían de prezo. Tamén

e posible que se reducise o número de especialidades instrumentais. Ata agora as especialida-

des que se impartían eran: acordeón, bombardino, clarinete, frauta, gaita, guitarra, percusión,

piano, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba e violín. Nestes últimos cursos a escola con-

ta con doce profesores para impartir estas especialidades instrumentais.

Falamos co director da escola de música, Fernando Fraga:

-Despois de doce anos como director da escola, é a primeira vez que ocorre algo co-

ma isto?

-F.F: Si, ata agora a escola estaba integramente xestionada polo concello de Cee.

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A R T I G O S

Page 34: METEO FORA nº4

34

-Que agrupacións musicais ten agora mesmo a escola?

-F.F: A escola conta cun grupo de acordeóns, grupo de guitarras, quinteto de vento metal,

grupo de rock, banda infantil e a banda de música.

-Cal é o posible futuro destas agrupacións ante a privatización da escola?

-F.F: Depende en gran medida do alumnado que continúe matriculado na escola o seguinte

curso, ante a posible subida de taxas. De todas formas resulta moi interesante para a forma-

ción musical do alumnado fomentar a participación neste tipo de agrupacións, polo que a súa

continuidade debería estar garantida.

-Cre que se reducirá moito o número de alumno ca subida das taxas?

-F.F: No actual contexto socioeconómico, marcado pola crise, calquera pequeno incremento

pode supoñer a diferenza entre poder continuar cuns estudos musicais ou non, a pesar de es-

tar demostrado que a formación musical inflúe de maneira importante no desenvolvemento

intelectual dos rapaces.

-Este intento de privatizar a escola non é un caso illado, xa que se están facendo re-

cortes tamén nas demais areas de educación e na sanidade. Que pensas disto?

-F.F: Os fondos destinados a educación e cultura non deben ser considerados como un gasto

senón como unha inversión de futuro para conseguir que os estudantes estean formados o

mellor posible.

-Moitas grazas polo información achegada.

- Grazas a vós polo interese, ata logo

Quedámonos, entón, con esta información e desexando que Cee poida presumir de escola de

música municipal moito tempo máis.

CO

LA

BO

RA

CI

ÓN

S

A R T I G O S

Page 35: METEO FORA nº4

35

IN

SER

TO

/ T

rab

allo

s d

e tin

ta d

e a

lum

n@

s d

e 4

º d

a E

SO

de E

du

cació

n P

lástic

a e

Vis

ual

Page 36: METEO FORA nº4

36

EN

SA

IO

.P

OE

A.

NA

RR

AT

IV

A

L I T E R A R I O S

DESTE E DO OUTRO LADO DO ESPELLO…COMA ALICIA

NO AGRA DE RAÍCES

David Creus Andrade

Quen me ía dicir a min que moitos anos máis

tarde (por agora) ía estar impartindo docen-

cia no instituto no que eu estudei cando máis

novo, e que ademais ía compartir con algúns

profesores que daquela época quedan, e

tamén cos do Uxío que me aturaron moito

antes e que migraron ao Agra cando os cam-

bios na reforma educativa.

Quen me ía dicir a min que algúns dos pais dos meus alumnos foron antes os meus compa-

ñeiros de aula ou de pupitre.

Dicían que a nosa xeración xa era peor que as anteriores, que non estudabamos tanto e que

os currículos se acurtaran moitísimo. Falo de cando no Agra só se impartía bacharelato

(1º,2º,3º) e COU, alá polos anos 1989 a 1993.

Eramos moita xente de diferentes zonas da comarca, do Pindo, Corcubión, Fisterra, Muxía,

Carnota, Muros, Ezaro, Vimianzo, Baio, Cee, Brens, Ameixenda…xa que daquela só había

Instituto aquí, os outros creáronse con posterioridade.

Era un fervedoiro de xente, o instituto chegou a contar con case 800 alumnos e era o centro

de referencia da comarca.

Eramos moi inquedos e barulleiros, pero apretabamos nos estudos cando había que facelo e

tiñamos ben coidado de non repetir curso para non quedar “descolgados” do grupo de refe-

rencia. Así pensabamos e así nolo demandaban os nosos pais

Criamos a pés xuntos que o mundo consistía en dar unha serie de pasos, en superar unha

serie de etapas deliñadas en xeracións anteriores, que o futuro era ter un futuro, primeiro os

estudos, logo o traballo e logo a familia a casa e o coche.

Daste conta, ou vou dándome conta, que o futuro é o presente e que este se fai tódolos días

e de que continúo formándome, estudando e aprendendo, tamén e sobre todo dos

Page 37: METEO FORA nº4

37

meus alumnos, dos seus achados, das súas preocupacións, das súas aspiracións, de como se

enfrontan e viven a realidade e as relacións que manteñen cos compañeiros, cos seus pais, co

entorno, co traballo.

De sempre, de pequeno, tiven a sorte e o privilexio de que tanto os meus profesores, compa-

ñeiros e familia axudaron a fomentar a miña creatividade, a sensibilidade, a curiosidade, sobre

todo cara á práctica das artes plásticas, pero tamén no eido do patrimonio cultural e natural;

visitabamos mosteiros; iamos as feiras de gando e de productos típicos por toda Galiza; escu-

driñabamos vellas aldeas e camiños, fragas, lagoas, praias, cantís, castelos; iamos á ribeira

coller berberechos, cangrexos, nécoras, minchas; e cos amigos facía vida na rúa, faciamos

cabanas, xogabamos ás “batidas” (un xogo un pouco animal e que servía como rictus de paso

e en conexión cos rapaces maiores) faca teatro, baile rexional, takuondo,xogaba a hochkey…

Sempre se intentan comparar, e se fai moito, as xeracións na educación e penso que nalgún

aspecto pode ser un erro, xa que os modos de vida son moi diferentes daquela a agora.

Cando era pequeno viviamos na rúa todos os rapaces eaosalvo o tempo de estudo estabamos

fóra, ó sol ou á choiva, todos nos coñeciamos e nos coñecían.

Lembro cando só habia a 1ª cadea e logo a 2ª de televisión, e esta era en branco e negro.

Nos institutos comezaba a callar aquilo que se chamaría logo “informática” e que naqueles

tempos estaba dentro dun grupo de optativas englobadas co nome de EATP (Ensinanzas e Ac-

tividades Técnico Profesionais), e falo de dous ou tres ordenadores por centro. Non existía In-

ternet (aínda non aparecera e dádevos conta de onde estamos situados xeograficamente). Os

ordenadores personais comezaban a aparecer e eran moi poucos os rapaces que o tiñan debi-

do ao seu coste elevado. Non existía telefonía móbil. Eran escasas ou nulas as excursións de

carácter didáctico. A ensinanza do Debuxo era fundamentalmente de carácter técnico orienta-

do fundamentalmente a observación e construcción do espazo, e como inicio de estudos supe-

riores de enxeñería e arquitectura.

Dabamos Matemáticas, Lingua e Literatura Castelá, Língua e Literatura galega, Inglés, Latín,

Bioloxía, Xeoloxía, Fisica, Química, Educación Física, Debuxo e os que ían por letras tamén

Grego.

Salvo polo feito de que o coñecemento e os contidos eran maioritariamente teóricos e se pri-

maba bastante a memorística e faltaba práctica e relación co mundo e co entorno, o nivel edu-

cativo era bo, sobre todo pola esixencia do profesorado e o seguimento que algúns pais como

os meus facían de nós.

Hoxe o mundo é fundamentalmente visual, estamos rodeados de iconas significantes que de-

mandan a nosa interpretación, a comunicación é instantánea en calquera punto do planeta,

realízanse operacións cirúrxicas por control remoto, con pequenos shoftwares podemos reto-

car imaxes crear música e manipular o son, ter acceso a exposicións virtuais e desgargar prac-

ticamente toda a filmografia e bibliografía universal, coñecer en tempo real todas as

EN

SA

IO

.P

OE

A.

NA

RR

AT

IV

A

L I T E R A R I O S

Page 38: METEO FORA nº4

38

barbaridades e avances que se cometen no mundo, somos táctiles, os dispositivos nos recoñe-

cen pola pegada dactilar, dan conta de se sube a nosa temperatura corporal, dinnos se non

nos atopamos ben fisicamente, compramos por internet cousas que non tocamos.

É indubidable que a presenza de internet, a profusión de cadeas de televisión, a telefonía

móbil, a multiplicación interminable de revistas e monográficos específicos multiplicaron na

sociedade o que se chama a “sociedade de información”, pero como todo aquilo que é inme-

diato, simultáneo, e “para todos” occidentalmente falando, a transmisión e acceso da informa-

ción leva o gran, pero tamén a palla, indubidable o valor do seu uso e acceso, pero tamén

caixón desastre de todo o vulgar.

Cando se fala do fracaso escolar, da xeración NINI, de que o nivel educativo non é bo, de que

a educación non é un valor en alza, de que os rapaces de hoxe en día non están preparados

quen fala está errado e asistimos complices a unha perda de valores sociais xeral incapaces de

darlle a volta á tortilla, collendo eles e asistindo nós ás peores referencias sociais posibles on-

de socialmente, o ignorante e o corrupto é o que trunfa, o que medra a costa dos outros, onde

as liberdades e os avances sociais son pisoteados pola economía e unha moi particular idea de

“seguridade” por parte dos estados e onde o individuo encaixa dentro deste sistema só como

elemento consumidor.

Así a sociedade asistimos ao medo.

Os meus alumnos non sufriron a lagoa dixital e o profesorado foi introducindo na educación a

práctica, a relación dos contidos coa realidade, a introducción dos contidos transversais nas

materias, a importancia de relacionar as materias e operar conxuntamente, a visibilizar os

proxectos dentro e fóra da escola, a traballar en grupo (algo no que andamos moi frouxos e

no que hai que insistir).

Temos,o profesorado, ser quen de escoitar as preferencias e intereses dos alumnos que nos

falan da súa actualidade e interese, e temos que ser quen lles sexa capaz de transmitir a idea

de que por riba do ámbito académico

pero tamén nel o feito de estar “aberto”

a calquera tema, a exercitar a curiosi-

dade para que eles e nós non nos an-

quilosemos.

É certo, onde hoxe me acho, pero

tamén noutros centros onde estiven co-

mo profesor interino e substituto hai

moito “ruído”, un ruído que non enxor-

dece e non impide escoitar o e reformu-

lar o relevante.

EN

SA

IO

.P

OE

A.

NA

RR

AT

IV

A

L I T E R A R I O S

Page 39: METEO FORA nº4

39

No meu caso teño que dicir que moitos dos contidos que estudei naquela época aparecen difu-

minados na miña memoria, pero outros están perfectamente vívidos, o que si son consciente e

da carcasa creada, dunha “estrutura” que me permite agora seguir cara a adiante descubrindo

o coello de Alicia.

Estando agora deste lado do espello e aínda que queda parte dun pé no presente, do outro, si

coido que hai unha serie de cuestións que son de gran importancia e que planean por riba e

deberían planear por dentro do entramado educativo e social, a saber que o coñecemento, a

curiosidade e o esforzo e as relacións no respecto e na igualdade son a ferramenta para que

poidamos avanzar non só como individuos senón como colectivo; que para ser “libres” e

“críticos” temos que aprender a selo xa que non é dado por ciencia infusa, que temos que

aprender para ser “autómos”, para tomar decisións para disfrutar da pintura, da poesía, da

filosofía da natureza, das ciencias, dos idiomas, para abrir camiños entre as espirais das ga-

laxias e entre os estratos máis profundos da cortiza,para ser espectadores e sobre todo acto-

res e que o corpo non vague polo espazo, mol, anestesiado, suxeito aos vaivéns das ondas na

marea, esta que parece que nos arrastra e homoxeneiza coma se non contase con todo o que

nos podemos achegar.

EN

SA

IO

.P

OE

A.

NA

RR

AT

IV

A

L I T E R A R I O S

Page 40: METEO FORA nº4

40

L I T E R A R I O S E

NS

AI

O.

PO

ES

ÍA

.N

AR

RA

TI

VA

FUTURO IMPERFECTO Unha historia novelada,dúas alumnas, Isabel Cambeiro e Helena López contarán o que senti-ron ao escoitar á súa autora,Xulia Alonso

Isabel Cambeiro

Tras a lectura de Futuro Imperfecto, unha historia que non te deixa indiferente, o feito

de atoparse de cara coa súa autora, Xulia Alonso, e poder escoitala en persoa foi algo nove-

doso e gratificante.

Polo seu aspecto e a primeira impresión que causa, non poderías deducir o seu pasa-

do, xa que te encontras cunha persoa forte e serena; coas ideas moi claras, non ten ningunha

clase de reparo en contar as súas vivenzas, algunhas máis "correctas" que outras.

Falounos dende o primeiro momento dunha forma cercana e intentando chegar a

nós. Comentounos que non pretendía xustificar os seus erros, pero que si ll

e gustaría que aprendésemos deles. Explicounos que este fora un dos motivos principias

que a fixeron decantarse por publicar o libro. O motivo polo cal o escribiu era moito máis sinxelo:

non quería esquecerse de ningún aspecto da súa vida por moi doloroso ou vergoriento que fose,

e tamén nos explicou que vía necesario que a súa filla, Lucía, tivese constancia de todo.

Ao longo da charla foinos comentando todo o recompilado no libro, engadíndolle

algúns contidos máis e explicándonos partes que poderían cegar a ser complicadas de entender.

Ao final mostrou interese en que Ile fixesemos algunha pregunta, e contestoulles

dunha forma extensa aos companeiros que se decidiron a facelo. É de admirar a valentía que

amosou coas súas palabras, sobre todo ante un grupo de adolescentes, que ternos tan pre-

sente o consumo das drogas e as súas consecuencias na nosa sociedade.

Helena López Díaz

Era aquela unha calurosa maná do mes de maio. Todos os alumnos de primeiro de bacha-

relato esperabamos con ansiedade a cegada da autora daquel libro que nos recomendara a

profesora para galego. Xulia Alonso presentouse finalmente, deixando notar que era unha

Muller serena e de caráctyer alegre, aínda a pesar do seu rostro canso, que daba a entender

que a súa vida non foro precisamente doada.

A intención de Xulia ao vir a dar esta charla mantívose firme dende o principio: desexaba

desvelar todos e cada un dos detalles, e aclararnos todas as dúbidas que xirasen en torno á

súa obra: Futuro Imperfecto, que conta de forma autobiográfica e totalmente de acordo coa

realidade a historia dunha Muller que caeu no engano das drogas, coma outros mitos mozos

da súa xeración que, ignorantes das consecuencias destas substancias, consumíanas

sen ningún tipo de control ou protección, para así poder evadirse da realidade, suxeita a normas

e ditaduras.

Page 41: METEO FORA nº4

41

ANACOS DE MAR

Por Paula Mouzo Domínguez 1º BACH B

É a segunda vez que participamos neste proxecto de suministros Lar e a terceira que o IES

Agra de Raíces leva o primeiro premio.

Gústanos moito esta experiencia porque nos permite poñer de manifesto a nosa creatividade

ao mesmo tempo que aprendemos a traballar en equipo.

Esta actividade fixo medrar unha ilusión, que se facía maior a medida que avanzaba a creación

de “Anacos de Mar”.

Percorremos un longo camiño ata acadar o gran resultado do que hoxe estamos tan orgullo-

sos; dende a elaboración do primeiro boceto, pasando pola elección do mesmo e das cores dos

azulexos, ata a limpeza e remate do mural.

Sacrificando algunhas tardes, logramos adiantar moito traballo pero sempre no medio de risas

e música, logrando así un ambiente cheo de confianza, esperanza e amizade.

Cando vimos o resultado non puidemos máis que iluminar a nosa cara cun tímido riso que,

sen dúbida, ensinaba o satisfeitos que nos sentiamos. Todo o que estabamos a ver, aquela

obra mestra tan colorida, aquel mar de sensacións, aquel paraíso submarino… era invención

nosa.

Así, todos cheos de emocións e nervios polo concurso, non dúbidamos en posar para calquera

que se dispoñese a plasmar aquel momento abraiante que estabamos a vivir.

Cando saímos aquela mañá para, por fin, saber o nome dos afortunados que levarían os pre-

mios, moitas sensación dispúxeronse a invadir o noso corpo pero deixando un fío de segurida-

de e alegría.

A nosa ledicia foi maior ao coñecer o veredito, que emitiu o xurado, que proclamaba o noso

mural como gañador absoluto e, por suposto, indiscutible do quinto concurso que ofreceu a

empresa Lar.

EN

SA

IO

.P

OE

A.

NA

RR

AT

IV

A

L I T E R A R I O S

Page 42: METEO FORA nº4

42

IN

SER

TO

/ D

iversos tr

ab

allo

s d

e a

lum

n@

s d

e d

iferen

tes c

ursos d

e 3

º e

4º d

a E

SO

de E

du

cació

n P

lástic

a e

Vis

ual

Page 43: METEO FORA nº4

43

Por Sonia López Bugeiro

Nunha das reunión de principio de cur-

so xurdiu a idea de formar un club de

lectura para divertirnos á vez que

aprendiamos uns dos outros. A acollida

por parte do alumnado foi extraordina-

ria, poucos son os clubs dos centros

escolares que contan con tantos mem-

bros coma o noso.

Quizais foi a iniciación no libro dixital o

que os animou, ou a saída ao roteiro

do libro A praia dos afogados, ou a vi-

sita de Alexandre Nerium, ou o noso carné de descontos….ou, foi só a idea de compartir opi-

nións e comentarios sobre as lecturas o que nos uniu durante estes trimestre.

A imaxe da dereita é o noso carné de areeiros que nos identifica e nos proporciona descontos

en libros nas librerías do pobo onde atoparedes esta imaxe.

Os libros que se leron no club foron “A praia dos afogados” de Domingo Villar, “Nunca será tu

héroe” de María Menéndez Ponte, “A chamada do salvaxe” de Jack London e “Trece anos de

Branca “de Agustín Fernández Paz. As reuníóns son periódicas cada 15 días no recreo, con

flexibilidade dos areeiros, e tamén facemos xuntanzas ao rematar os libros quedando todos a

comer o luns para ter máis tempo para comentar as lecturas. A colaboración do alumnado é

boísima, todos participan en todas as actividades encantados e son eles os que moitas veces

presionan para reunirnos de novo.

CLUB DE LECTURA

"LIBROS COMA AREA!"

2011 2012

Nome Apelido1

Apelido2

ESTE ESTABLECEMENTO COLABORA CO CLUB DE LECTURA

"LIBROS COMA AREA" DO IES "AGRA DE RAÍCES" SE ES DO CLUB, PREGÚNTANOS!

EN

SA

IO

.P

OE

A.

NA

RR

AT

IV

A

L I T E R A R I O S

Page 44: METEO FORA nº4

44

Á parte das lecturas fixemos como actividades o Roteiro da praia dos afogados xunto cos

alumnos de 4º de ESO e as profesoras de Lingua Galega e un concurso de poesía entre os are-

eiros que tivo como invitado especial o poeta fisterrá Alexandre Nerium.

Máis abaixo colocamos algunhas opinións de membros do club e despedímonos nesta revista

ata o próximo curso invitando a todo o persoal a pasar uns ratos lectores connosco.

Dicirvos tamén que tedes un blogue á vosa disposición con todo tipo de información e anécdo-

tas do club.

Opinións de areeiras e areeiros

A primeira vez que cheguei ao club de lectura estaba desexando empezar a ler. Apunteime

pola miña paixón polos libros, pois encántame ler.

No club lemos libros de todo tipo, ficción , terror....comentámolos e dicimos o que opinamos ,

o que sentimos ao lelo, se nos gustou....

Xa somos moitos membros e se vos gusta ler deberiades apuntarvos, pasámolo moi moi ben.

María Santalla Martínez 1º ESO

EN

SA

IO

.P

OE

A.

NA

RR

AT

IV

A

L I T E R A R I O S

Page 45: METEO FORA nº4

45

Unha experiencia boísima a de participar no club e unha gran sorpresa a do éxito acadado.

Foi un pracer compartir con todos ese tempo de lecer e de comida, vémonos o próximo cur-

so.

Sonia López Bugeiro, profesora de matemáticas.

O club é moi divertido e interesante. Foi

unha experiencia moi agradable. Anímo-

vos a entrar nel.

Jesús Díaz 2º ESO B

A areeira de Bioloxía está encantada de

formar parte do club e considera que a

idea de constituír un CLUB DE LECTURA

foi unha das mellores que xurdiron e es-

pero que perdure no centro. Encántame

ler, poder compartilo con outras persoas que tamén teñen ese sentimento,é fantástico.....

Yolanda Rodríguez, profesora de Bioloxía.

Pois eu ,Soraya, unha das arreiras. quería

dicir que me gustou moito a actividade que

decidiron realizar este curso. Xa hai tempo

que desexaba que fixesen unha ctividade

deste tipo. Decidín entrar a formar parte do

club porque me encanta ler como xa puide-

ron comprobar algúns profesores. As reu-

nións están moi ben xa que cada un pode

expresarse libremente e tamén coñeces as

opinións dos compañeiros.

Por último dicir que espero que isto conti-

nue para poder participar nel o seguinte

curso.

Soraya Santos Pereira

Continuará.....

EN

SA

IO

.P

OE

A.

NA

RR

AT

IV

A

L I T E R A R I O S

Page 46: METEO FORA nº4

46

A PINGA Por Óscar Areas 1º ESO B

Érase unha vez unha nube de tormenta cargada de millóns de pingas que viaxaba polo ceo.

Ao chegar ao seu destino as comportas abríronse e as pingas de chuvia comezaron a saltar en

fileiras . A nube cansada, sen forzas ía pechar as comportas. Logo decatouse de que había

unha pinga, asustada e tremente.

Entón comezou o diálogo entre a nube e a pinga. Preguntoulle a nube e á pinga que porqué

non saltara e a pinga díxolle que tiña medo de esnafrarse contra o chan .

A nube sentiuse rara. Se corría a voz e outras pingas de chuvia se contaxiaban, quen regaría

as terras? Aquilo non estaba ben, non podía ser. A nube enfadouse.

Co medo no corpo díxolle que fixera o favor e que saltase, pero a pinga seguía negándose.

De súpeto a nube tivo unha idea que era convencela de que caera e así ir ao mar en busca de

máis auga.

Explicoulle que non ía acabar feita anacos e que ía caer suavemente ao chan.

A pinga quedou, uns valiosos segundos meditando. Despois a pinga mirou a nube e a nube

mirou a pinga. As nubes nunca mentían, sempre fan o ben a cada pinga.

A pinga de auga, ante as declacións da nube confiou no seu destino e SALTOU…

Primeiro caeu rápido, moi rápido asustouse moitísimo e pensou que a nube a enganara e non

debería caer ó chan.

O chan achegábase a máis velocidade. Aos poucos segundos…o tremendo frío cambiouna por

unha folerpa de neve.

A pinga tranformada a neve e caeu amodo, suave e docemente, abandonandose do compás do

vento.

A nube afastouse sorrindo e orgullosa. A pinga díxolle adeus.

EN

SA

IO

.P

OE

A.

NA

RR

AT

IV

A

L I T E R A R I O S

Page 47: METEO FORA nº4

47

GALICIA:

CANTAS VECES ME ERGUÍN,

PENSANDO NO TEU CHOVER. E CANTAS VECES CHOREI, VENDO A TÚA AUGA CAER!

DE PEQUECHA, POR MÁGOA, DE GRANDE, EMOCIONADA, POIS ANTES NON COÑECÍA, A BELEZA QUE ALBERGABAS,

GRAZAS A ESA AUGUIÑA TAN MIÚDA, COA QUE ESPERTABA CADA MAÑÁ. MONTES, RIBEIRAS E MONTAÑAS,

REDONDIÑAS, POR TANTOS ANOS TER XA, PERO AÍ ESTADES, LOITANDO POR VOS SOSTER,

A PESARES DOS XENIÚDOS SERES, QUE POR CARTOS VOS QUEREN PERDER. DE PEQUECHA SOÑABA COS MADRILES,

E AGORA DE GRANDE TAMÉN, PERO HAI ALGO QUE O SUPERA,

E ES TI, MIÑA GALICIA. PORQUE ANTES NON TE COÑECÍA, PORQUE NON SABÍA NADA DE TI,

PORQUE BUSCABA SEMPRE ALGO NOVO, PORQUE NUNCA O BUSQUEI EN TI.

ATA QUE TIVEN QUE PARTIR. ATA QUE TIVEN QUE MARCHAR.

ATA QUE TIVEN QUE SAÍR, E MUDAR PARA LONXANAS TERRAS.

NON MARCHEI QUERENDO, MAIS QUIZAIS, TI,

FARTA DE XENTE COMA MIN, QUE NON TE VALORABA,

QUE NON TE QUERÍA, DECIDICHES MANDARNOS FÓRA.

POR QUE O MALDITO HIPOCENTRO, TREMÍA BAIXO O SOLO DA CATEDRAL?

POR QUE TIVO QUE EXPANDIRSE POR TODA TI? GALICIA MORRÍA!

E QUE PODIAMOS FACER? NADA. VELO. CHORAR. E LEVÁRONNOS FÓRA,

A GALEGOS E ASTURIANOS, E REPARTÍRONNOS POLO MUNDO. E NA INDIA ATOPEI A UN BABLE,

QUE TAMÉN DEIXARA SÚA VIDA EN TI, E CANDO ME VIU CHORANDO,

QUIXO SABER O PORQUÉ. E CONTEILLO, CLARO QUE LLO CONTEI,

PERO CHORABA MÁIS, VENDO O INXUSTA QUE FORA CONTIGO.

EN

SA

IO

.P

OE

A.

NA

RR

AT

IV

A

L I T E R A R I O S

Page 48: METEO FORA nº4

48

PARA QUE VOLVERA SORRIR, DÍXOME QUE POLO MENOS,

RECOÑECÍA NON VALORARTE, PERO QUE SE ESTABA A CHORAR, ERA MÁIS BEN POLO CONTRARIO.

GALICIA TREMEU. GALICIA ESTRAGOU,

PERO GALICIA SEGUE AÍ, E AGORA MESMO, SOA.

MAIS XA ESTOU CHEGANDO, PARA PODERTE ACOMPAÑAR.

XA CHEGUEI A TI, E ENTULLOS NON VEXO.

CARBALLOS, FAIAS E PRADAIROS, INUNDAN TÚA PAISAXE!

GALICIA VOLVE SER GALICIA! QUÉROTE, GALICIA! SEMPRE O FAREI.

SÍNTOO POLO PASADO! GRAZAS POR ME ACOLLER.

GRAZAS, GALICIA! TERRA ONDE DESCANSARÁ,

PARA SEMPRE O MEU CORPO TINGUIDO DE TI.

AINHOA CONDE CASTRO. 3º ESO A

POEMA

Lugar, lugar. Onde estarás?

Sempre te estou a buscar no máis alá.

Onde estarás?

Voute atopar?

Lugar, lugar. Onde estás?

Busco e busco e nunca te encontro.

Hoxe non, mañá tampouco,

Pero algún día heite encontrar.

LAURA CASTRO BARREIRO 2º ESO B

EN

SA

IO

.P

OE

A.

NA

RR

AT

IV

A

L I T E R A R I O S

Page 49: METEO FORA nº4

49

HAIKUS

Bashō definiu o haiku como "o que pasa neste lugar, neste intre". Desde que este xénero

poético se perfilou con personalidade propia no século XVII foron moitos os poetas que o

cultivaron: Matsuo Bashō, Issa, Buson, Jack Kerouac, José Angel Valente, Octavio Paz, To-

mas Tranströmer, Alfonso Armada ou O´Leo. Mesmo John Cage ten cultivado o haiku musi-

cal. Agora é a quenda dos nosos alumnos e alumnas de 1º da ESO C.

Un esquío nunha póla unha rula no seu niño a natureza contempla a natureza Samuel Soneira Romero

UNHA MAÑÁ Unha mañá, un falcón rompe o voo, vese calor. Brais Pombo Góñez

A noite escura, a lúa chea; punto de luz no ceo.

Marín Alvarellos Canosa

As nubes a chorar, o sol a rir, arco da vella.

Martín Alvarellos Canosa

Unha mañá de choiva cae unha gota aí vai a formiga Yereda Vázquez Insua

DÍA DE PRAIA Auga, sol e area, un bo día ou malo, a praia arránxao todo. Yereda Vázquez Insua

Os alumnos na clase o profesor explicando caras de sono Alexandra Casais Carballo

Verche a cara é deixarme sin miradas Leteicia Pose Bardullas

O CEO Estón na praia cae unha pedra no mar rompe o ceo. Joel Rey Oca

TULIPÁN BRANCO Tulipán branco sobre o seu talo verde de noite soña Claudia Sambade Martínez.

EN

SA

IO

.P

OE

A.

NA

RR

AT

IV

A

L I T E R A R I O S

Page 50: METEO FORA nº4

50

O Día da Muller Traballadora. Para moitos é un día coma outro calquera. Para a maioría das

mulleres un día para recordar. Recordan o día no que as mulleres eran persoas, o día no que

lograron as mulleres pioneiras voz e voto no mundo no que antes estaba gobernado polos

homes.

Elas pedían o....

Dereito a voto

Dereito a ocupación de cargos públicos

Dereito a formación profesional

Dereito ao traballo e a non discriminación polo mero feito de ser muller.

Os esforzos das mulleres pioneiras non foron en van xa que pouco despois no 1911 máis dun

millón de mulleres e homes europeos participaron en manifestacións por demandas de igual-

dade para a muller.

O 8 de marzo de 1977 a oficina das Nacións Unidas declarou “O Día Internacional das Mulle-

res Traballadoras”. O esforzo das mulleres pioneiras que morreron por esta causa represen-

touse coa cor LILA.

Este día honramos e seguiremos honrando as mulleres pioneiras que deron vida e suor para

manifestarse e saber que se non fose por elas hoxe en día viviriamos nun mundo de opre-

sión só por ser muller.

GRAZAS MULLERES PIONEIRAS, GRAZAS POR FACER ESTE MUN-

DO MELLOR PARA AS MULLERES.

Nós tamén temos que seguir o exemplo das mulleres traballadoras. Hai que loitar polos no-

sos dereitos, polo que é noso e polo que creamos mellor para o mundo.

María Santalla Martínez 1º ESO B

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Obra de Maruxa Mallo EN

SA

IO

.P

OE

A.

NA

RR

AT

IV

A

L I T E R A R I O S

Page 51: METEO FORA nº4

51

O feito de que se celebre este día paréceme unha boa idea, xa que a muller nunca foi reco-

ñecida en todos os apectos igual ca o home.

Durante moito tempo as mulleres non puideron dar a súa opinión, tamén tiveron moitos pro-

blemas á hora de elixir un traballo ou estudar algunha carreira.

É erróneo pensar que non poder levar a cabo algunha tarefa, xa que as mulleres poden reali-

zar traballos igual ca o home. Aínda hoxe en día as mulleres, realizando o mesmo traballo

ca os homes, son menos valoradas porque a postos de traballo iguais o home gaña máis.

Penso que neste aspecto a igualdade é moi importante.

Sara Fraga Díaz 1º ESO B

Obra de Maruxa Mallo

EN

SA

IO

.P

OE

A.

NA

RR

AT

IV

A

L I T E R A R I O S

Page 52: METEO FORA nº4

52

IN

SER

TO

/ T

rab

allo

s d

e p

lan

tillas e

esta

rcid

o d

e a

lum

n@

s d

e 1

º d

a E

SO

de E

du

cació

n P

lástic

a e

Vis

ual

Page 53: METEO FORA nº4

53

S E M A N A C U L T U R A L C

HA

RLA

S—C

IEN

CIA—

SAÚ

DE—

DEP

OR

TE—

TEA

TRO

...

SEMANA CULTURAL DO IES AGRA DE RAÍCES,CO

1º DIA ADICADO Á CIENCIA.

4 de Maio e comeza esta semana Cultural de tres días. Superado o descoido do pri-

meiro momento cada grupo está na súa actividade.

Ao longo destes tres días o alumnado terá diferentes actividades, charlas e obradoiros orga-

nizadas por diferentes departamentos.

Durante todo o luns, os alumnos/as da ESO tiveron un torneo 3x3 de Baloncesto or-

ganizado polo Club de Baloncesto Costa da Morte. Trátase de que todos gocen e promocio-

nar este deporte nos rapaces e rapazas da zona.

E para evitar posibles lesións ou saber como actuar no caso de que xurdan proble-

mas, os diferentes grupos foron pasando

polas expertas mans das alumnas do Ciclo

de Auxiliar de Enfermería onde lles explica-

ban os coñecementos básicos en primeiros

auxilios así como a técnica adecuada en ca-

so de ter que realizar unha RCP ou masaxe

cardíaca. É necesario ter claro que hai que

facer e, abrigo, o que non hai que facer.

O departamento de Matemáticas or-

ganizou un maratón de cine matemático

con pelis como “A habitación de Fermat” “21 black Jack” “Donald e as matemáticas” “Os cri-

mes de Oxford”… Todas coas mates e a lóxica matemática como eixo central e adaptadas

aos diferentes niveis.

Os orgullosos alumnos de 4º da ESO ensináronnos a todos os experimentos e

proxectos que desenvolveran ao longo de todo o curso. E non me estraña que o estivesen.

Todos eran xeniais ¡!!

Tamén explicaron no laboratorio aos seus compañeiros

de 3º unha práctica chamada “Pon un fósil na túa vida”

E aínda queda moito máis ¡!!

Page 54: METEO FORA nº4

54

Os de primeiro foron o martes á piscina a re-

frescarse e o mércores para relaxarse realizaron un

obradoiro onde aprenderon a facer broches con ser-

pentinas de papel. Barato, creativo e entretido. Im-

posible pedir máis.

Tamén buscaron “bichiños” cos microscopios.

Algúns eran de dúas patas.

Os de segundo realizaron unha viaxe virtual pola Costa da Morte grazas á charla de

Xan Fernández Carrera,autor dunha morea de guias da Costa da Morte.

E nada virtual, se non real de verda-

de, foi a exhibición dos cans da Unida-

de de Rescate de Protección civil. Reali-

zaron procuras de persoas, exercicios

de obediencia e ata contar.Vimos que

os nosos alumnos se divertiron e algún

aprendeu matemáticas con eles. Ao fi-

nal as fotos coas estrelas caninas foron

inevitables.

E para facelos pensar foi a charla de ANOCA. Dous in-

ternos do cárcere de Teixeiro contáronnos as súas vidas. Du-

ras. E intentaron explicarlles aos alumnos e alumnas que é

demasiado sinxelo caer na vida fácil e que dicir Non é a mellor

solución. Aos alumnos e alumnas, polo menos, fixéronos pen-

sar.

Os de terceiro realizaron un obradoiro mesturando

música, movemento e deseño co computador. Algo novo que

gusta.

Tamén un simulacro de fósiles, pero non deixaron teso a nin-

guén.

O alumnado de diversificación de 3º e 4º deseñou as súas propias camisetas grazas á axuda

de Olga no obradoiro de camisetas. Cor e alegría para decorar durante uns días a entrada do

centro antes de levalas a casa.

S E M A N A C U L T U R A L C

HA

RLA

S—C

IEN

CIA—

SAÚ

DE—

DEP

OR

TE—

TEA

TRO

...

Page 55: METEO FORA nº4

55

Os de 4º comezaron a semana de paseo polo IES Fernando Branco para visualizar

paxaros entre as diferentes árbores existentes neste centro. Con prismáticos e sen máis inten-

ción que gozar da contorna, intentaron diferenzar as diferentes especies.

E ao día seguinte cambio de ritmo co obradoiro de Breakdance. Estes mozos nunca defraudan

¡!!

Tamén tiveron a exhibición de cans de rescate. E de novo volveron a asombrar-

nos.

Rematamos cos mozos e mozas de bacharelato que o luns fóron de ruta, a Pondaliana,

a Cabana e Ponteceso. O día acompañou e camiñaron de xeito abondo.

Así que ao día seguinte comeza con tranquilidade o obradoiro de Flores. As nais e avoas que-

daron encantadas ¡!!

As mozas do ciclo atoparon un buraquiño para poder gozar das flores e todas as súas posibili-

dades.

Todos, sen excepción, puidemos disfrutar da maxia do teatro coa representación “Os

vellos non deben de namorarse”, na que participaron moit@s alumn@s de 1º, 2º, 3º e 4º

da ESO comandados pola profesora Esperanza Videla, que foi quen de artellar non con pouco

esforzo, ó longo do ano, esta magnífica peza.

S E M A N A C U L T U R A L C

HA

RLA

S—C

IEN

CIA—

SAÚ

DE—

DEP

OR

TE—

TEA

TRO

...

Page 56: METEO FORA nº4

56

E a semana remata coa charla de Xulia Alonso. Autora do libro “Futuro imperfecto” que leron os alumnos/as de bacharelato. Amena e moi interesante, captounos coa súa vida igual que nos capta cos seus libros. E esta semana de tres días chega ao seu fin. O ano que vén máis. E seguro que mellor.

CH

AR

LAS—

CIE

NC

IA—

SAÚ

DE—

DEP

OR

TE—

TEA

TRO

...

S E M A N A C U L T U R A L

Page 57: METEO FORA nº4

57

Magosto Día das Matemáticas

Entroido—concurso de máscaras Entroido—concurso de máscaras

Entroido—máscaras Libros de autor

G A L E R Í A F O T O G R Á F I C A

O U T R A S A C T I V I D A D E S

Page 58: METEO FORA nº4

58

Samaín—Concurso de cabazas Lecturas de medo

Concurso Postais de Nadal Entrega de premios concurso postais

17 maio—Valentín Paz Andrade Grullas pola paz

G A L E R Í A F O T O G R Á F I C A

O U T R A S A C T I V I D A D E S

Page 59: METEO FORA nº4

59

G A L E R Í A F O T O G R Á F I C A

O U T R A S A C T I V I D A D E S

Día contra a violencia de xénero Día da Muller traballadora

Club de lectura

Charla Xulia Alonso Día contra a violencia de xénero

Club de lectura

Page 60: METEO FORA nº4

60

G A L E R Í A F O T O G R Á F I C A

O U T R A S A C T I V I D A D E S

Concentración contra os recortes na educación e en defensa dun ensino público de calidade

Concentración contra os recortes na educación e en defensa dun ensino público de calidade

Page 61: METEO FORA nº4

61

ENC

RU

CIL

LAD

OS—

SOPA

DE

LETR

AS—

HO

SCO

PO...

PASATEMPOS E HORÓSCOPO

ENCRUCILLADO

DEFINICIÓNS:

1- Falar nasalmente, resoando o son polo nariz. 2- Operación que consiste en facer a sega do centeo ou

de calquera outro cereal. 3- Vexetación propia do monte (toxos, queiroas, fentos, herba, etc.), que se

aproveita principalmente para estrar a corte. 4- 1. Conxunto das tripas dun porco, ó abrilo. 2. Preparado de carne picada e adubada con pemento, ourego e outras especias, co que se enchen as tripas para fa-cer chourizos, longaínzas, e outros embutidos. 3. Conxunto de chourizos, longaínzas e outros embutidos

postos a curar. 5- 1. Hórreo de forma circular, feito de vimbios ou varas. 2. Por ext., denominación que

se dá a calquera tipo de hórreo nalgunhas zonas de Galicia. 6-Suxeitar ó xugo unha parella de animais

de tiro. 7- Paxaro de cor parda con pencas escuras, cunha pequena crista, e de canto longo e melodioso

que emite durante o seu voo, que é baixo e irregular. 8- 1. Establecemento situado nos arrabaldes du-nha cidade, en portos, aeroportos e postos fronteirizos, onde se realizan controis sanitarios e no seu ca-

so se pon en corentena ás persoas que veñen de lugares en que hai unha epidemia. 9- Cabo groso que

se utiliza para suxeitar un arpón ou para remolcar ou amarrar un barco. 10- mancharse moito. 11- Co-rredor ou balcón exterior, con varanda ou galería, orientado de xeito que lle dá o sol gran parte do día.

12- Pequena embarcación con cuberta e un mastro. 13- Corda longa e grosa que se usa para suxeita-la

carga do carro ou dun remolque. 14- Cría nova da lebre.

Page 62: METEO FORA nº4

62

ENC

RU

CIL

LAD

OS—

SOPA

DE

LETR

AS—

HO

SCO

PO...

PASATEMPOS E HORÓSCOPO

SOPA DE LETRAS

Nesta sopa de letras deberás atopar os nomes dos 12 peixes abaixo indicados e que son par-te da riqueza da nosa costa e da nosa gastronomía. Lembra que poden aparecer de maneira horizontal, vertical ou en diagonal, e mesmo poden aparecer tamén de maneira invertida, en sentido contrario á forma máis común de lectura: de dereita a esquerda, de abaixo cara a arriba, e tamén en diagonal de abaixo cara a arriba.

DIFERENZAS Deberás atopar as 25 diferentas que hai nestas dúas imaxes

Page 63: METEO FORA nº4

63

ENC

RU

CIL

LAD

OS—

SOPA

DE

LETR

AS—

HO

SCO

PO...

PASATEMPOS E HORÓSCOPO

SOLUCIÓNS ÓS PASATEMPOS

ENCRUCILLADO

SOPA DE LETRAS

DIFERENZAS

Page 64: METEO FORA nº4

64

PASATEMPOS E HORÓSCOPO EN

CR

UC

ILLA

DO

S—SO

PA D

E LE

TRA

S—H

OR

ÓSC

OPO

...

CAPRICORNIO - Persoal: Ui ui ui… eses cornos! - Traballo: Catador de auga. - Estudos: Ánimo, que chegas a tempo ao parvulario. - Consello: Limarás os cornos oh!

SAGITARIO - Persoal: Tocarache un lote de produtos!... do chino do teu pobo. - Traballo: Atoparás traballo... recollendo os pelos da piscina municipal. - Estudos: Non che fan falla. - Consello: Lavarás a cara, que as legañas non se limpan soas!

LIBRA - Persoal: A libra subirá moito, pero ti seguirás medindo 1.40. - Traballo: Traballa can/cadela !! - Estudos: Suspenderás a selectividade... - Consello: Aproveita as rebaixas de BricoKing, merca unha escaleira.

ACUARIO - Persoal: Es o mellor... comendo salchichas. - Traballo: Xa tes abondo comendo salchichas. - Estudos: Aprobarás... algún día! - Consello: Colle un “clínex”, que che cae a baba.

TAURO - Persoal: Ese rapaz/a que te mira no corredor… non é que sexas guapo/a... tes un moco na cara! - Traballo: Quen te vai contratar cun moco na cara, filliño/a...? - Estudos: Con moco ou sen moco, é igual, non varía o teu coeficiente intelectual. - Consello: Vaite lavar porcona, vaite lavar!

CANCRO - Persoal: Xa é hora de que túa nai cho conte... cando naciches o médico dixo: se non chora, é un “tumor”. - Traballo: Pasarás a “cadeliño xefe”, é dicir, de frixir patacas, frixirás “cadeliños quentes”. - Estudos: Cos recortes do goberno, igual nin estudar podes! - Consello: Lava os pés oh!

LEÓN - Persoal: Tocarache o “ghordo”, o “ghordo” do teu marido. - Traballo: Os porcos están agardando por ti na corte. - Estudos: Terás unha matrícula... do coche que roubaches! - Consello: Cambia de “ghordo”.

HORÓSCOPO

Page 65: METEO FORA nº4

65

PEIXES - Persoal: Atoparás un billete... o que perderas no monopoli! - Traballo: Érguete do sofá, a casa non se limpa soa. - Estudos: Vai buscando un sitio na cola do paro. - Consello: Ponte gafas...!

ARIES - Persoal: Acepta dunha vez que todos che odian. - Traballo: Fai o que che din, é dicir, “Pasa vaca pa’ o rejo ou non ve-la vara?!” - Estudos: Creo que aínda non sabes o que é un libro. - Consello: Poderías intentar ser un pouco menos repelente.

VIRXE - Persoal: A vida sorriche… non, é broma. - Traballo: Segue traballando, algún día chegarán a pagarche. - Estudos: Ánimo, só che quedan 150 follas para estudar. - Consello: Toma café, farache falla.

ESCORPIÓN - Persoal: O camión do lixo levarache por diante, pero non te preocupes, o concello indemnizarache (non). - Traballo: Coa perna rota poderás coller a baixa (ai non, que estás no paro...) - Estudos: Con 25 anos en 2º da ESO... - Consello: Retírate.

XEMELGOS - Persoal: o teu día de boa sorte será o 22, comezarás a sair con alguén. O teu día de mala sorte, o 23, mandarache a “ajuar o seboliño”. - Traballo: Non intentes buscar traballo, non o atoparás nun-ca...! - Estudos: Segue nesa media de 2. - Consello: Corta con el/ela antes do 23, para non quedar mal!

PASATEMPOS E HORÓSCOPO EN

CR

UC

ILLA

DO

S—SO

PA D

E LE

TRA

S—H

OR

ÓSC

OPO

...

Page 66: METEO FORA nº4

66

Execución da revista a cargo de Yolanda Rodríguez, Sonia López Bujeiro e David Creus Andrade