Mensaxe do Papa Francisco sumándose á Campaña ...UN RUGIDO CAPAZ DE SACUDIR AL MUNDO Author...
Transcript of Mensaxe do Papa Francisco sumándose á Campaña ...UN RUGIDO CAPAZ DE SACUDIR AL MUNDO Author...
Avance Manual
Mensaxe do Papa Francisco sumándose á Campaña Internacional
contra a Fame no Mundo.
Música: Call to Praeer Montaje: Eloísa DJ
Queridos irmáns e queridas irmás:
Hoxe estou feliz por anunciarvos a “Campaña contra a Fame no mundo”, lanzada pola nosa Caritas Internationalis e
comunicarlles que é a miña intención darlle todo o meu apoio.
Esta Confederación, xunto ás súas 164 organizacións membros, está hoxe empeñada en 200 países e territorios
de todo o mundo
O seu labor é o corazón da misión da Igrexa e a súa atención cara a todos aqueles que sofren por ese escándalo da fame, co
que o Señor se identificou cando dixo:
“Tiven fame e déstesme de comer”.
Cando os apóstolos
lle dixeron a Xesús que as personas
que chegaran
para escoitar as
súas palabras
tamén tiñan fame,
El animounos a que fosen buscar comida.
Como eles tamén eran pobres, só encontraron cinco pans e dous
peixes pero, coa graza de Deus, chegaron a dar de comer a unha
multitude de persoas.
Recolleron incluso o que
sobrara e evitaron así
calquera desbaldimento.
Atopámonos ante un escándalo
mundial de case mil millóns de
persoas.
Mil millóns de persoas que aínda sofren fame
hoxe. Non podemos mirar a outra parte,
finxindo que o problema non exista.
Os alimentos que hai a disposición hoxe no mundo abondarían para quitar a fame a
todos.
A parábola da multiplicación dos pans e dos peixes ensínanos
precisamente iso:
que cando hai vontade, o que temos non se
termina, incluso sobra
e non se perde.
Por iso, queridos irmáns e irmás,
invítovos a facer un lugar nos vosos corazóns para
esta urxencia,
respectando ese dereito que Deus
concedeu a todos, de ter acceso a unha alimentación
axeitada.
Compartamos o que temos, con caridade
cristiá,
con todos aqueles que se ven obrigados a facer fronte a numerosos obstáculos para poder satisfacer
unha necesidade
tan primaria
e, á vez, sexamos promotores dunha auténtica cooperación cos pobres, para que a través dos froitos do traballo deles e do
noso traballo poidamos vivir unha vida digna.
Invito a todas as institucións do mundo, a toda a Igrexa e a cada
un de nós mesmos, como
unha soa familia humana,
a dar voz a todas as
persoas que sofren
silandeiramentea fame, para
que esta voz se converta nun
ruxido capaz de sacudir o mundo.
Esta campaña quere ser tamén unha invitación a todos nós, para que sexamos conscientes da elección dos nosos
alimentos,
que con frecuencia significa desbaldir a comida e usar mal os
recursos á nosa disposición.
É tamén unha exhortación para que deixemos de
pensar que as nosas accións cotiás non teñen
repercusións na vida dos que
– cerca ou lonxe de nós – sofren a fame na súa propia pel.
Pídolles de todo corazón, que apoien a nosa Caritas nesta nobre Campaña, para actuar como unha
soa familia, empeñada en asegurar alimentos para todos.
Roguemos ao Señor para que nos conceda a graza de
ver un mundo no que ninguén deba morrer de
fame.
E pedindo esta graza,
doulles a miña bendición.
FIN