Mendez ferrin

7
Xosé Luís Méndez Ferrín Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados

Transcript of Mendez ferrin

Page 1: Mendez ferrin

Xosé Luís Méndez Ferrín

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Page 2: Mendez ferrin

Era un tempo gris e batuxado de sangue. Marcounos moito o fascismo, pero eramos mozos e soubemos combatelo e resistir con ledicia.

X. L. Méndez Ferrín

1. Que lembranzas posúe Vostede daquela súa xuventude encetada naquela “Longa Noite de Pedra” e que repercusións coida que tivo no seu devalar vital futuro?

2. As terras ourensás e incluso as da súa curta estadía en Celanova, terra de dous eminentes literatos comprometidos co noso País, foron un espazo literario posterior na súa obra literaria?

Máis ca Celanova eu estou ligado a Vilanova dos Infantes, unha antiga vila e concello independente. Alí pasei case todos os veráns da miña infancia.

Fonte: Wikipedia

3. A esperta da súa conciencia política sitúase nos comezos da década dos 50, cales cre que foron as causas persoais, sociais... que xeraron esta esperta e o seu futuro compromiso?

A opresión era tanta que as respostas individuais convertéronse en colectivas. Desde o 20 de xullo de 1936, á morte de Franco houbo Resistencia en Galicia, organizada. Eu fun un elemento (insignificante) daquela Resistencia.

4. Que lembranzas ten Vostede daquelas “Festas Minervais”, manancial dunha nova xeración, dunha nova maneira de entender e de enfocar a nosa literatura? Que supuxo esta xeración para a nosa literatura da segunda metade do século XX e para a actualidade?

As Festas Minervais constituíron un acontecemento xeracional. Case todos os poetas do meu tempo participaron nelas. Esta Xeración das Minervais mudou as letras e as artes en Galicia.

Page 3: Mendez ferrin

O Grupo Brais Pinto foi un dos varios núcleos xuvenís de actuación que se deron nos anos 50.

X. L. Méndez Ferrín

5. Cre Vostede que o Grupo “Brais Pinto” foi unha das maiores areas literarias das moitas que conformaron e conforman o areal da nosa Literatura Galega? Que supuxo este grupo para a nosa literatura e tamén para a nosa conciencia como pobo?

6. Que supuxeron as súas viaxes por Europa e a toma de contacto con outras literaturas, outras tendencias estéticas, outros movementos culturais? Coida Vostede que o coñecemento primeiro do noso País e despois do de fóra pode ter unha máis fonda repercusión persoal que se lle ocorrese á inversa como ocorreu co “Grupo Nós”

Tedes razón no que dicides. A viaxe de ida e volta é diferente na miña xeración e na Xeración Nós. Nosoutros nacemos xa dentro da Nación Galega e saímos fóra a cazar novidades para traer para a casa.

Real Academia Galega. Arquivo.

7. A obra Con pólvora e magnolias ve a luz en plena transición. Estaba vostede tan convencido de que xa a poesía socialrealista de devanceiros seus como Curros, Cabanillas, Celso Emilio... e a súa propia anterior a esta publicación ficaba xa superada ou agora na distancia temporal cre que foi froito da esperanza, daquel ceo aberto que se amosaba, daquelas magnolias?

Os modos poéticos e literarios están sempre mudando. No tempo de Con pólvora e magnolias había que corrixir algo e seguir innovando.

8. Ocorreu algo semellante coas diferentes temáticas narrativas de antes da chegada da democracia en obras como Retorno a Tagen Ata, Elipsis e outras sombras e outras?

Si.

Page 4: Mendez ferrin

Ignoraba o feito desa prisión de D. Manuel García Barros. Este home é un grandísimo escritor que debería ser tratado mellor que como o fai Carballo Calero, poño por caso. É un modelo de demócrata e galeguista perseguido polo Réxime, que nunca perdeu a dignidade nin se afastou dos seus principios.

X. L. Méndez Ferrín

9. O noso “Patriarca”, don Manuel García Barros, “Ken Keirades” foi un dos “exiliados no seu propio país”, que con case oitenta anos aínda foi levado á cadea xunto co recentemente falecido don Francisco Fernández Del Riego. Vostede que sufriu na súa xuventude aquela persecución, aquelas gadoupas da ditadura franquista, cal cre que foi a importancia deste exilio interior e a súa función como elo vertebrador co exilio exterior e co posterior esfarelamento da ditadura?

10. Vostede que é a alma máter da revista “A trabe de ouro”, que pensa da preocupante desaparición case total de prensa escrita en galego, de revistas... que tan importantes foron para a nosa normalización como pobo e do noso idioma? Pode ser preocupante para a nosa cultura e para o noso idioma esta inexistencia de prensa galega en galego?

A min atristúrame esta ineficacia para producir prensa en galego. Consólome coas proliferación en Internet de comunicación no noso idioma.

Real Academia Galega. Arquivo.

11. Vostede recibiu moitos e merecidos recoñecementos e premios ao longo da súa vida. Que función cumpren estes premios? Un premio Nobel sería aquel empuxe que necesitaría a nosa literatura para que dunha vez por todas os “imbéciles e escuros” deixasen de maltratala? Pode ser o escribir nun idioma minorizado un impedimento para un recoñecemento internacional?

É case imposíbel que un escritor en galego ou noutra lingua con parello status reciba o Novel. Fóra do inglés, o francés, o italiano, o grego, o alemán ou as linguas escandinavas, os académicos de Estocolmo non distinguen nada. Como pode explicarse que só exista un Novel chinés? Non só Suecia, o mundo funciona así.

12. Como cre que toman os poderes públicos que un Presidente da RAG sexa un significativo independentista, que formase parte de candidaturas independentistas, de asociacións como “Redes Escarlata” e outras coas que soen ser un tanto belixerantes? Son tan demócratas como moitas veces vemos que presumen para aceptaren tal situación?

A min elixíronme os compoñentes da Academia en sesión plenaria. Son membro da FPG, Redes Escarlata, CUT, o que demostra a madurez e tolerancia da Academia.

Page 5: Mendez ferrin

CUESTIONARIO

Page 6: Mendez ferrin

A torre de Vilanova

dos Infantes.

Un monumento

salientábel?

Manuel Antonio, De

catro a catro.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

A espera de Godot, de Samuel Becket.

Unha obra teatral?

 Rañolas, D’Argagnan.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Homero, IlíadaUn/ha autor/-a e u

nha obra

literaria estranxeiro

s?

Capitán Nemo

Un personaxe de ciencia-

ficción co que se identifique?

Matar a un ruiseñor (título castelán

de Mulligan)

Unha película de cine

Page 7: Mendez ferrin

Visitar o país dos Tuareg.Un anceio por realizar?

Os cabalos, a pesca.

Outro entretemento

ademais da literatura?

Todo.

Mundo rural/urbano?

Praia/montaña?

O Cabo Norte. A miña casa.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

O Medulio.

Un feito histórico?

Aquela que se pode

realizar: o

comunismo e a nosa

independencia.

Unha utopía?

A Biblioteca Central de

Santiago de Compostela nos

anos cincuenta.

Un lugar axeitado para a lectura?

A nosa. A Internacional.

Un tipo de música? Unha canción?

Son varios e varias.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?