Memoria Comunicación "Rutas de Artesanía na Mariña Lucense"
-
Upload
massefecto-comunicacion -
Category
Documents
-
view
242 -
download
4
description
Transcript of Memoria Comunicación "Rutas de Artesanía na Mariña Lucense"
A promoción e publicidade da iniciativa de dinamización
turística promovida pola Mancomunidade de Concellos de A
Mariña Lucense en colaboración coa Secretaría Xeral para o
Turismo da Xunta de Galicia cumpriu as expectativas.
Medios de comunicación escritos, televisións, axencias
e emisoras de radio, fixéronse eco do proxecto durante os
meses previos ao inicio da campaña e tamén durante a propia
execución das mesmas.
As roldas de prensa, as convocatorias, as notas de
prensa informativa e de balanzo, os soportes gráficos publici-
tarios, etc. serviron para que non se perdera en ningún mo-
mento a pista do que estabamos a levar a cabo.
Ademais, conseguiuse tamén harmonizar estas accións
coa promoción online dende diferentes redes sociais, o que con-
seguiu que o proxecto adquirira unha importante viralidade, am-
plificando a súa existencia.
Nas seguintes páxinas poderán comprobar a reper-
cusión que o traballo realizado neste eido obtivo a promoción.
Dende o arranque
Conseguimos que os medios se interesasen polo proxecto dende o
primeiro intre.
Alma e maxia na Mariña
Os medios escritos de Lugo e do resto de
Galicia foron informados en todo momento
do desenvolvemento das accións que se ían
levando a cabo.
Cea tras cea
Os medios estiveron informados en todo
momento de cada unha das ceas máxicas
que ían tendo lugar durante as fins de
semana
Rolda de prensa en Twitter
A presentación aos medios
do proxecto audiovisual
“Alma da artesanía” tivo un
grande impacto na rede.
Fíxose dun xeito innovador
e pioneiro: a través da
rede social Twitter.
No “Bos días” da TVG
O 6 de setembro a xornalista
Marga Pazos entrevistou a dúas
persoas do equipo organizativo
de “Rutas de Artesanía” para
falar do proxecto.
En A Revista da TVG
O 20 de setembro A Revista Fin
de Semana da TVG dedicou un
espazo ao proxecto de promoción
das Rutas de artesanía. O equipo
de traballo foi entrevistado para
falar da iniciativa.
Directo en A Revista da Tarde de TVG
O 16 de outubro o programa de máxima
audiencia da TVG “A Revista da Tarde”
fixo un directo para informar do inicio
das ceas máxicas do “Mes da maxia na
Mariña Lucense”
Reportaxe en A Revista FDS de TVG
O 20 de outubro A Revista Fin de Semana
emitiu un amplo reportaxe sobre as ceas
máxicas
Directo en A Revista de TVG
O 31 de outubro A Revista da TVG seguiu
informando das ceas máxicas a través dun
directo dende un restaurante da Mariña.
Reportaxe en Bos Días de TVG
O 2 de novembro o programa Bos Días de
TVG dedicoulle unha reportaxe ás Rutas
de Artesanía. Entrevistaron ao actor Luis
Iglesia, que participou nun dos famtrips
programados.
5 de setembro. Entrevista. María Traveso.
Venres 12 de outubro. Entrevista. Mago Rafa.
Sábado 13 de outubro. Entrevista. Antonio Graña Vázquez del Parador de Ribadeo, Presidente da Mancomu-
nidade da Mariña Lucense e alcalde de Barreiros, Juan Alfonso Fuente Parga e Mago Rafa.
Sábado 2 de outubro. Entrevista. Esteban de Casa Pepe o Piano de Ribadeo
Domingo 21 de outubro. Entrevista. Juan Francisco de O Cabazo, Ribadeo
Sábado 27 de outubro. Entrevista. Mago Teto.
Sábado 3 de novembro. Entrevista. Conchi Blanco del Rincón de Anita en Foz e Mago Rafa.
Sábado 10 de novembro. Entrevista. Juan Alfonso Parga, presidente da Mancomunidade da Mariña Lucense.
24 de xullo. Corte de declaracións do alcalde de Barreiros para informativos.
Entrevista a Fátima Rodríguez Figueroa para magazine para toda a provincia
24 de xullo. Magazine da mañá. Entrevista. Fátima Rodríguez.
5 de outubro. Galicia por Diante entrevista a Fátima Rodríguez para toda Galicia.
11 outubro. Aquí Galicia entrevista Mago Teto para toda Galicia.
11 outubro. A Tarde entrevista a Mago Rafa para toda Galicia.
11 outubro. Radio Galega Lugo entrevista Mago Rafa
14 outubro. Come e Fala entrevista Pedro Fernández del restaurante Moby Dick de Barreiros.
9 de outubro. Entrevista. Mago Rafa.
Importante impacto na rede
Conseguimos que tanto o Mes
da Maxia como as Rutas de
Artesanía tiveran un forte im-
pacto na rede, plataforma hoxe
en día esencial para amplificar
un proxecto. Foron moitos os
portais de temáticas diversas
que se fixeron eco das accións.
Nas principais redes sociais
As redes sociais xogaron un papel
fundamental á hora de espallar o
proxecto. O facebook e o twitter de o
Mes da Maxia estiveron actualizados
en todo momento cos menús, coas
datas, con imaxes en tempo real das
ceas...
Nas principais redes sociais
A través das redes sociais de
“Alma da Artesanía”, foise adi-
antando o proxecto aos poucos,
publicitando os famtrips e lan-
zando as imaxes dos artesáns.
O twitter serviu como plataforma
para presentar a web aos medios
de comunicación. Algo innno-
vador que levantou expectación
na rede.
O twitter serviu como plataforma para presentar a web aos
medios de comunicación. Algo innnovador que levantou ex-
pectación na rede.
A través da conta @almadaartesania e co hastag #al-
madaartesania, lanzouse a ligazón web na que os xornalis-
tas interesados, previamente nutridos de toda a información
precisa sobre o proxecto, poderán coñecer o material audio-
visual. Minutos máis tarde, cos realizadores e un respons-
able da organización distribuídos en distintos dispositivos e
dende a devandita conta, os xornalistas poideron realizar
todas as preguntas que consideraron oportunas sobre a ini-
ciativa.
Rolda de prensa en Twitter
Para o “Mes da Maxia” imprimíronse carteis
e tarxetóns cos menús máxicos. Os carteis
distribuíronse entre os 21 restaurantes par-
ticipantes e os 15 concellos que conforman
a Mancomunidade. Os tarxetóns serviron
para que os restaurantes ofreceran os
menús máxicos aos clientes.
Carteis e menús máxicos
Os medios de comunicación
tiveron a imformación precisa
en todo momento sobre o
proxecto audiovisual “Alma da
Artesanía”. Elaboramos un
dossier coas claves para
achegarse informativamente á
iniciativa.
Dossier para medios
Fixemos as xestións oportu-
nas para que o recoñecido
actor galego Luis Iglesia par-
ticipara nun dos famtrips de
artesanía.
O actor de Riotorto prestouse
dende o primeiro intre a ser
entrevistado polos medios
para promocionar as rutas.
O apoio do actor Luis Iglesia