MEMORIA 2010/11

53
“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011 Biblioteca Sarmiento IES de Curtis 1 “MERGÚLLATE NO(S) FONDO(S)” MEMORIA PLAMBE 20010/2011 I.E.S. CURTIS

description

memoria biblioteca ies curtis 2010/11

Transcript of MEMORIA 2010/11

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 1

“MERGÚLLATE NO(S) FONDO(S)”

MEMORIA PLAMBE

20010/2011

I.E.S. CURTIS

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 2

ÍNDICE

1 GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS.

2 GRAO DE IMPLICACIÓN DO CENTRO E DA COMUNIDADE EDUCA TIVA.

3 GRAO DE INTEGRACIÓNDOS RECURSOS DA BIBLIOTE CA NOS PROCESOS DE ENSINANZA E APRENDIZAXE DAS DISTINTAS ÁREAS DO CURR ÍCULO.

4 ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS.

4.1 Xestión técnica e organización.

4.2 Fomento da lectura.

4.3 Educación para a competencia en información.

4.4 Outras.

5 ACTIVIDADES DE FORMACION.

6 MATERIAIS PRODUCIDOS.

7 AVALIACIÓN.

8 HORARIO REAL ASIGNADO Á PERSOA RESPONSABLE E AO EQU IPO.

9 PREVISIÓN DE FUTURO.

10 PROXECTO LECTOR DE CENTRO.

11 ANEXO Á MEMORIA DE ACTIVIDADES

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 3

1. Grao de cumprimento dos obxectivos propostos .

- Incremento e equilibrio dos fondos, tanto en soporte impreso como audiovisual e informático.

- Dotación á biblioteca do novos equipos informáticos para o uso dos citados fondos.

- Novos fondos destinados a alumnos con necesidades educativas especiais, dificultades de

aprendizaxe, altas capacidades, alumnado inmigrante, etc.

- Case rematado o proceso de traspaso de fondos de ABIES a MEIGA.

- Novo mobiliario:

• escadas para andeis

• butacas, mesiña de centro e alfombra para a zona de lectura informal.

- Colaboración con outros órganos (Dirección, ENL, ...) na dinamización das actividades culturais

do centro.

- Difusión dos fondos e circulación polo centro.

- Ampliación das posibilidades de uso pedagóxico da biblioteca escolar :

• Información aos profesores sobre o sistema de organización dos fondos, para que

posteriormente puideran traballar na biblioteca cos seus alumnos.

• Difusión das posibilidades da biblioteca como recurso pedagóxico noutras áreas con

menos tradición de uso (Matemáticas, Ciencias, Ciclos Formativos...).

• Deseño xunto cos profesores propostas de actividades que enriqueceron a práctica

docente contando co espazo da biblioteca.

• Arquivo e catalogación dos documentos elaborados no centro por profesores e alumnos.

• Difusión da "Guía da Biblioteca" entre alumnos e profesores.

• Proposta e aprobación do Claustro e Comisión de Coordinación Pedagóxica, a través da

Dirección, da creación da Comisión de Biblioteca, integrada por representantes da

Dirección, Profesorado, Alumnado, Persoal Non Docente, ANPA e Concello e Biblioteca

Municipal. Estudo da posibilidade de apertura da biblioteca en horario extraescolar para

un aproveitamento dos recursos en beneficio do noso contorno social, sabendo o

beneficio que esta interacción pode ter no propio alumnado.. A utilización do Proxecto

Meiga facilita enormemente a consulta dende o exterior dos fondos dos que dispoñemos

na biblioteca do centro, podendo pasar a ser usuarios da nosa biblioteca as familias do

noso alumnado

- Realización de expurgo dos fondos.

• Avaliación a adecuación das dotacións da biblioteca ao currículo, etc.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 4

2. Grao de implicación do centro e da comunidade ed ucativa.

Pouco a pouco foi incrementándose o nivel de implicación do profesorado, hai unha

boa parte dos departamentos implicados e implicándose, o que non significa que todos os

membros deses departamentos tomen unha parte activa no que ocorre na biblioteca. Podemos

concluír que si observamos un aumento respecto de anos anteriores en canto a colaboracións

por parte dalgúns membros do profesorado, non so en cantidade, senón tamén en calidade.

Como é de supoñer, a maior implicación atópase entre o propio profesorado integrante

do grupo de biblioteca así como no profesorado con gardas neste espazo. Isto, pouco a pouco,

favorece a integración do resto do claustro, pois, afortunadamente neste grupo, contamos con

profesorado pertencente a distintas disciplinas (linguas, ciencias, ciclos formativos …) A

afinidade dentro do equipo serviu para que ese afán de facer da biblioteca un espazo aberto e

vivo polinizara a unha parte importante da comunidade educativa, sobre todo ao alumnado. O

grao de implicación do alumnado en todas as propostas da biblioteca, tanto lúdicas como

académicas, foi moi alto.

No que atinxe á implicación do equipo directivo é obrigado recoñecer que pola súa

parte houbo un aposta importante por este espazo, que desexamos se manteña ao longo dos

vindeiros anos, non só no que respecta a medios materiais senón tamén a adquirir o

compromiso de destinar horas do profesorado implicado para a dedicación á biblioteca.

3. Grao de integración dos recursos da biblioteca nos procesos de

ensinanza e aprendizaxe das distintas áreas do curr ículo.

Ao longo deste curso observamos un notable incremento na utilización dos recursos da

biblioteca por parte de certos profesores e alumnos.

Ademais dos xa habituais préstamos, fundamentalmente de literatura nas distintas

linguas e cine, incrementouse significativamente a presenza en sala de grupos de alumnos con

profesores, en horario lectivo, para efectuar consultas de todo tipo de fondos documentais

(libros, DVDs, internet ...)

Por outra banda, ao aumentar os contidos específicos no blog, sobre todo os

relativos a conmemoracións e contidos interdisciplinares, cónstanos un importante aumento

das visitas, realizándose, ademais, traballo no aula de contidos transversais aproveitando a

celebración de determinadas datas e apoiándose na documentación dispoñible para toda a

comunidade escolar nos distintos espazos na rede da Biblioteca Sarmiento.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 5

As exposicións organizadas dende a biblioteca, sempre contando coa axuda de

distintos departamentos didácticos, serviron tamén de excusa para o desenvolvemento de

actividades tanto na aula como fóra dela, organizando os profesores cos seus alumnos, visitas

guiadas, recollida de información, posta en común da mesma e posterior traballo en grupo ou

individual.

Tamén os encontros con persoeiros (escritores, debuxantes, políticos, científicos ...)

permitiron indagar arredor da súa obra, do seu traballo, da súa realidade persoal e social,

facendo traballo de aula, sempre dirixido polo profesorado e apoiado en toda a documentación

recompilada pola biblioteca e que esta pon a disposición dos usuarios.

Por último, destacar algo que cremos é moi significativo: os usuarios, especialmente o

alumnado, cada día máis, demandan dos encargados da biblioteca asesoramento para a

selección de información ou fondos. Isto pon de manifesto que eles empezan a ver a biblioteca

como un dos principais centros de recursos informacionais do centro e aos seus encargados

como as persoas ás que poden acudir en busca de axuda. Certo é que isto, aínda que nos

enche de satisfacción, tamén fai que teñamos unha maior responsabilidade e que, día a día,

nos preguntemos se estamos o suficientemente preparados para desempeñar esta función.

Nós, por suposto, intentámolo, pero é necesaria toda a axuda posible desde as distintas

Administracións que nos permita seguir formándonos para dar o servizo que a nosa

Comunidade Educativa nos demanda e se merece.

4. Actividades desenvolvidas.

4.1. Xestión técnica e organización

� Primeira reunión do equipo de biblioteca para programar o deseño e

temporalización de actividades.

� Expurgo.

� Instalación das escadas.

� Renovación do espazo de lectura informal (butacas, mesa e alfombra).

� Instalación de pizarra dixital na zona multimedia.

� Instalación de tres novos PC e unha impresora para uso do alumnado.

� Reanudación do proceso de rexistro de fondos en MEIGA.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 6

� Catalogación e etiquetado dos novos fondos.

4.2. Fomento da lectura

� Adquisición de novidades.

� Continuidade da actividade do Club de Lectura Fendetestas (3ª etapa), con

alumnado de todos os cursos de ESO (23 alumnos); o club está dirixido por

profesorado dos Departamentos de Lingua Castelá e de Lingua Galega, aínda que

tamén outros departamentos colaboran como asesores.

� Continúanse a adquirir e mostrar ás novidades adquiridas para a biblioteca no

moble e na estantería destinada a tal efecto (zona de acceso)

� Na biblioteca habilítase, de xeito definitivo, unha mesa e un espazo concreto para

sacar dos andeis libros e DVD que os membros da comunidade escolar poden

tocar, consultar, levar en préstamo... Atópase na zona de entrada e recolle ao largo

do curso materiais relacionados coas diferentes conmemoracións transversais:

medo, terror e suspense (mes de novembro), violencia de xénero e dereitos

humanos (finais de novembro, mes de decembro), Día da Paz (mes de xaneiro),

Día dos namorados (14 de febreiro), Día do Libro Infantil e Xuvenil (marzo, abril),

Día das letras galegas (maio).

� Igualmente, resérvase un pequeno espazo para divulgar a obra de escritores que

por diversas razóns son noticia nun momento dado: por exemplo, no mes de

outubro colocáronse fotos, noticias periodísticas e libros de Eduardo Mendoza e de

Mario Vargas Llosa; en abril, de Rosa Aneiros, en maio, de Lois Pereiro...,

� Posta en funcionamento das Mochilas Viaxeiras (mes de decembro).

� Creación da Hora de Ler, que comenzou a funcionar en 1º e 2º de ESO no mes de

febreiro, tras ser aprobada pola CCP e polo claustro de profesores.

� Creación de boletíns dixitais de lectura, nos remates de trimestre, nos que se

recollen propostas de lectura clásicas e novidades en galego e castelán.

� Encontros con escritores no espazo da biblioteca: neste curso contamos no centro

coa presenza de Rosa Aneiros (en dúas ocasións, febreiro e abril, para diferentes

cursos), Xulia Alonso, Anxo Fariño e Xosé Tomás (dentro dun proxecto de

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 7

biblioteca para traballar sobre a linguaxe da historieta gráfica) e Xulia Santiso

Roldan (conservadora da Casa Museo de Emilia Pardo Bazán).

� Dentro do Proxecto Interdisciplinar, Lectura de relatos pertencentes ás culturas

xaponesa e chilena: realizouse a lectura comprensiva de diferentes narracións

extraídas de antoloxías como introducción á investigación sobre aspectos diversos

destes países

� Presencia do contacontos Anxo Moure, que realizou con alumnado da ESO unha

actividade sobre contos solidarios.

� Difusión, dentro e fóra do espazo de biblioteca, da obra de Lois Pereiro.

� Selección de certos autores e obras, dentro do Club de Lectura Fendetestas,

relacionados coa actualidade (é o caso de Rubén Ruibal, con Limpeza de sangue)

� Divulgación a través do blog da biblioteca de noticias literarias de interese, de

enlaces sobre temas diversos relacionados coa labor educativa...

� Creación dunha pequena zona de lectura informal fóra do espazo da biblioteca,

para ser usada nos recreos.

4.3. Educación para a competencia en información

� Actividades de formación de usuarios (ao longo de todo o primeiro trimestre).

� Durante o primeiro trimestre, tras a elaboración dunha presentación en Jclick ,

onde se explica o funcionamento e estrutura da biblioteca, fixemos unha

presentación da mesma aos alumnos de nova incorporación no centro.

� Reparto entre os usuarios do tríptico-guía coas normas de funcionamento, uso e

distribución da biblioteca.

� Enriquecemento do blog da Biblioteca Sarmiento con novos enlaces e documentos,

que poden facer máis rentables os procesos de busca de información.

Incorporación no blog da biblioteca de novas pestanas (por exemplo

http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/p/documentos.html) e gadgets (NEE) que

permiten acceder a contidos interdisciplinares relacionados con distintos

departamentos didácticos.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 8

� Busca de información, a través de mecanismos diversos, para crear paneis,

murais e entradas no blog sobre conmemoracións e temas diversos: orixes e

celebración de Defuntos, Samaín, Hallowen e Magosto, violencia de xénero,

dereitos humanos, Día da Paz e Premios Nobel, vida e obra de escritores diversos

en diferentes linguas.

� Elaboración de receitas outonais.

� Elaboración de traballos relacionados co Día da Ciencia en Galego: exposición de

mulleres científicas, panel de termos relacionados co ámbito científico, exposición

e taller (na zona do patio cuberto) de automatismos, efectos ópticos e

experimentos diversos, funcionamento de bingos matemáticos nos recreos,

conexión a través da internet co CERN durante unha hora do día 4...

� Investigación entorno á figura e á labor de Luis Seoane: visita á exposición Cen por

Cen Seoane (Fundación Caixa Galicia) e recollida de información na mesma,

resposta a un cuestionario proposto polo equipo de biblioteca sobre a vida e a obra

do autor. Posteriormente, fíxose unha mostra de pinturas e deseñouse a actividade

PINTA CON PALABRAS: o alumnado de ESO debía poñer texto (narrativo, lírico,

epistolar...) a cada lámina.

� A partires dunha exposición elaborada polo equipo de biblioteca sobre a orixe dos

premios Nobel e sobre persoeiros galardonados de diferentes épocas e áreas

profesionais, o alumnado extractou información que se lle pediu nunha GUÍA DE

VISITA á exposición, colocada no corredor exterior da biblioteca.

� Investigación sobre a celebración do Entroido en Galicia e elaboración de paneis

coa información obtida. Busca de recetas típicas e concurso a partires das

mesmas.

� Levouse adiante a III edición do concurso Quen é esa muller? Para conmemorar o

Día da Muller Traballadora, seleccionáronse 15 mulleres de diferentes épocas que

o alumnado, previamente inscrito por equipos, debía ir adiviñando día a día:

ofrecíaselles a foto e varias pistas sobre biografía e labor.

� A través do Proxecto Interdisciplinar (Entra no mundo dos contos;entra nos contos

do mundo), en 1º da ESO, o alumnado realizou un bo número de tarefas de

investigación e exposición sobre temas diversos relacionados coas culturas

xaponesa e chilena: xeografía e historia, relixión, moeda, escritura, réximes

políticos, gastronomía... Cómpre sinalar que tralos procesos de investigación, a

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 9

través de diferentes medios, realizáronse narracións colectivas orais e escritas

onde se foron integrando diferentes datos obtidos nos traballos realizados.

� Tarefas de aproximación á figura de dona Emilia Pardo Bazán. Para que o

alumnado obtivera unha información o máis completa posible sobre esta autora,

buscouse achegalos a ela a través de diferentes medios: lectura de contos, busca

de información sobre o papel da muller na sociedade da época, visionado de

vídeos documentais e coloquio con Xulia Santiso, conservadora da Casa Museo de

dona Emilia.

� Busca de información sobre diferentes aspectos da vida e obra de Lois Pereiro,

partindo de soportes materiais (exposición no corredor da biblioteca, textos ) e

dixitais.

4.4. Outras

� Integración do blog da biblioteca no espazo virtual do centro

(http://www.edu.xunta.es/centros/iescurtis/category/23/93).

� Celebración dunha sesión de degustación de comida xaponesa no espazo da

biblioteca, dentro do Proxecto Interdisciplinar; búscase con este tipo de actividades

ensanchar os límites tradicionais dos coñecementos e dos espazos de

aprendizaxe.

� Alta en Twitter (http://twitter.com/#!/curtisbiblio).

� Creación no blog da biblioteca dun enlace en flavors que aglutina toda a nosa

presenza on line (http://es.flavors.me/curtisbiblio).

� Mantemento e creación de entradas nos blogs da biblioteca:

sarmientobiblioteca.blogspot.com, curtisdecine.blogspot.com e

quelerquever.blogspot.com.

� Reanudación das reunións do Club de Lectura “Fendetestas” e mantemento do seu

blog (clubfendetestas.blogspot.com).

� Continuación do Proxecto Interdisciplinar “Entra no mundo dos contos, entra nos

contos do mundo” (1º ESO), apoiado na educación documental: Utilizando o conto

“El viejecillo de la verruga” traballamos: vocabulario, texto narrativo e dende aí

saltamos á información sobre Xapón:

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 10

� xeografía

� lingua

� moedas

� indumentaria

� clima

� cultivos e gastronomía

� música

� relixión

� Encontros con escritores no espazo da biblioteca.

5. Actividades de formación.

� Xestión informatizada da biblioteca escolar. Proxec to Meiga, on line, 15 de

outubro a 20 de decembro de 2010. Asistente: Begoña Iglesias Cao.

� Xornadas de Bibliotecas Escolares, Compostela, 29-3 0 de outubro 2010:

Asistentes: Hortensia Blanco Socas, Begoña Iglesias Cao, María Sánchez Manteiga.

� Creación de actividades didácticas en liña con ÁRDO RA. Edición 2011.

Asistentes: Francisco Javier Vázquez Méndez.

� Grupo de Traballo: “A integración dos departamento s didácticos na

dinamización da biblioteca escolar” , cos seguintes obxectivos:

1. - Descubrir aos diferentes departamentos didácticos todas as potencialidades que a biblioteca lles pode ofrecer para mellorar a súa práctica pedagóxica

2. - Reforzar a entidade da biblioteca como principal centro de recursos do centro e como unha extensión das aulas.

3. - Incorporar o uso da biblioteca escolar por parte do profesorado como algo natural e cotiá.

Asistentes: Hortensia Blanco Socas, Carlos Blanco Dávila, Begoña Centoira Bello,

Begoña Iglesias Cao, María Sánchez Manteiga, Francisco Javier Vázquez Méndez.

� Encontros dos centros do Plambe, Compostela, 08 de abril de 2011. Asistente:

Begoña Iglesias Cao.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 11

� Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN, do 22 de marzo de

2011 ao 15 de abril de 2011. Asistente : Hortensia Blanco Socas.

� A creación literaria e os seus autores. VII Encontros con Escritores , do 23 de

decembro de 2010 ao 31 de maio de 2011. Asistentes: Hortensia Blanco Socas.

� Proxecto Abalar. Ao longo de todo o curso 2010-2011. Asistentes: Francico Javier

Vázquez Méndez, María Sánchez Manteiga, Begoña Centoira Bello, Olga Iglesias de la

Fuente.

� Encontro dos Clubes de Lectura. 10 de xuño de 2011. Asistentes: María Sánchez

Manteiga e Carmen Pizarro Bedoya

6. Materiais producidos

� Entradas nos blogs:

• “Biblioteca Sarmiento” (sarmientobiblioteca.blogspot.com)

• “Curtis de cine” (curtisdecine.blogspot.com)

• Club de lectura “Fendetestas” (clubfendetestas.blogspot.com)

• “Que ler, que ver” (quelerquever.blogspot.com)

� Materias colgados na rede:

• www.slideshare.net/curtisdecine

• www.picturetrail.com/curtisdecine

• www.slideserve.com/users/Curtis/presentations/public

• www.slideboom.com/people/curtisbiblio

• www.issuu.com/curtisbiblio

� Actividade Jclick de formación de usuarios.

� Guía de información e funcionamento.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 12

� Exposicións sobre as festividades de Samaín, Defuntos e Hallowen, con información

recollida sobre as súas orixes e sobre a consistencia de cada unha.

� Elaboración de receitas de outono, relacionadas co Magosto (creadas de acordo coas

bases dun concurso) e realización dunha exposición micolóxica, con cogumelos

recollidos polo alumnado.

� Exposición de mulleres galegas relacionadas coa ciencia, glosario –exposto en paneis-

de termos científicos, funcionamento dun taller de experimentos científicos e dun bingo

matemático. Todos estes materiais relaciónanse coa conmemoración do Día da

Ciencia en galego.

� Cuestionario para traballar sobre a visita á exposición Cen por cen Seoane.

� Exposición Pinta con palabras: tras unha selección de obras plásticas de Seoane,

elaboráronse paneis onde se combinou o debuxo do autor con textos elaborados ex

professo polo alumnado de ESO.

� Selección de fondos para incluir, por lotes, nas mochilas viaxeiras, carteis de difusión e

cartas ás familias.

� Exposición con textos, debuxos, libros e DVD sobre: violencia de xénero, dereitos

humanos, Paz, Entroido, Día do Libro Infantil e Xuvenil e Letras Galegas.

� Carteis con información sobre escritores e persoeiros de cultura invitados ao centro nos

Encontros e na Semana Cultural.

� Boletíns dixitais de lecturas recomendadas.

� Creación dunha exposición propia, de base interdisciplinar, sobre Premios Nobel da

Paz e dun cuestionario para o alumnado.

� Confección de láminas para a II edición do concurso Quen son estas mulleres? (fotos,

pistas e solucións coas biografías).

� Concurso de recetas de Entroido.

� Exposicións sobre Lois Pereiro e sobre autores homenaxeados desde a orixe da

conmemoración das Letras Galegas.

� Pancartas para o Correlíngua.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 13

� Actividades organizadas dentro do Proxecto Interdisciplinar Entra no mundo dos

contos, entra nos contos do mundo , neste curso arredor da investigación sobre Xapón

e Chile.

� Creación de novas pestanas nos blogs.

� Traballo sobre distintas obras e autores no Club de Lectura Fendetestas.

� En fase de elaboración a prparación dun encontro con Rubén Ruibal, previsto para o

remate do curso.

7. Avaliación

Posto que o traballo esixiu constantes reunións e postas en común tanto do equipo da

biblioteca como do Grupo de Traballo, durante todo o curso produciuse un diálogo constante en

torno ao estado e movemento da biblioteca. Podemos afirmar que este espazo, dende hai un

par de anos, experimentou unha grande transformación, non só física; converteuse nun punto

referencial da vida cultural e académica do centro, o alumnado acode a ela e participa nas

actividades cunha actitude para nós, case que, descoñecidas ata agora; a súa relación coa

biblioteca é intensa, en cantidade e calidade. Nós, o grupo de biblioteca, a pesar do grande

esforzo feito en tempo e traballo, sentímonos satisfeitos e recompensados pola positiva e, ás

veces, entusiasta resposta dunha parte significativa da comunidade escolar,

fundamentalmente, do noso alumnado.

Finalmente faremos referencia aos seguintes datos: enquisas realizadas a docentes e

alumnos e datos absolutos e estatísticos dos movementos de fondos (adquisición e préstamos)

e das aportacións ás entradas dos blogs:

- Enquisas ao profesorado: cómpre salientar a diferenza de uso da biblioteca entre o

profesorado de ESO e Bacharelato, que a utilizan con relativa frecuencia, e o profesorado de

Ciclos Formativos, que apenas fan uso dela. Os usos preferentes entre os docentes son o

préstamo, sobre todo de libros de carácter informativo, e a participación nas actividades de

fomento de lectura. Maioritariamente, o profesorado considera a biblioteca como un recurso

pedagóxico que facilita a aprendizaxe, a adquisición do hábito lector, o uso da información e

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 14

das novas tecnoloxías da comunicación e da información, e que actúa como factor de

compensación social. Consideran os docentes que comezamos a ter unha boa actualización e

adecuación do fondo nas distintas áreas curriculares, aínda que pode ser mellorable.

- Enquisas ao alumnado: no que se refire á utilización da biblioteca polo alumnado

estes acoden maioritariamente pola súa conta de unha a dúas veces por semana. Mais do 60%

utilizan a biblioteca para facer traballos de clase e os materiais máis utilizados son: libros de

ficción, DVDs de cine, cómics e dicionarios e enciclopedias. Practicamente o 100% son

coñecedores da posibilidade de conectarse a internet e utilizan este recurso con moita

frecuencia, fundamentalmente nos recreos. Teñen aínda dificultades para saber como están

ordenados os documentos e como consultar o catálogo da nosa biblioteca, así como os de

outras bibliotecas en internet. No que se refire ás actividades organizadas pola biblioteca, que

non van dirixidas exclusivamente a eles como grupo (clubs de lectura, concursos…) case o cen

por cen as coñecen, pero a maioría recoñece que non participan. Nas actividades de formación

de usuarios organizada para os diferentes grupos de alumnado hai que salientar que

practicamente a totalidade participou con aproveitamento nelas. O alumnado utiliza con moita

frecuencia o servizo de préstamo (fundamentalmente libros de libre elección, de lectura

obrigatoria das distintas materias e películas de cine), sendo as áreas máis demandadas

literatura nas distintas linguas. No apartado de suxestións, demandan máis ordenadores

conectados a internet e o seu uso máis frecuente co profesorado das distintas materias.

- A análise dos préstamos é un dos indicadores máis claros para avaliar a incidencia do

Plan de Mellora na vida da biblioteca. Podemos falar dun incremento, respecto do curso

pasado do 43.41% de incremento dos préstamos de materiais textuais e dun incremento do

26.42% dos préstamos de materiais audiovisuais. Isto débese, por unha banda, a un maior

número de usuarios, pero tamén á existencia dunha mellor oferta no que a fondos documentais

se refire (temos rexistradas en MEIGA, dende 1 de outubro de 2010 ata o 3 de xuño de 2011,

1539 novas altas de material textual e 111 de DVDS, fundamentalmente cine). Aínda que o

gran protagonista seguen a ser as obras de literatura, queremos destacar o grande incremento

dos préstamos de DVDs de cine e, en menor medida, a banda deseñada. Deixamos aquí unha

táboa relativa á distribución dos préstamos por disciplinas:

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 15

DISTRIBUCIÓN DOS PRÉSTAMOS POR DISCIPLINAS

Disciplina %

Civilización, progreso e cultura en xeral. 5,98% Publicacións infantís en xeral. Libros infantís e xuvenís. Banda deseñada. 4,71% Ciencias Sociais en xeral. 0,58% Filosofía. 0,32% Ciencias Puras. Ciencias Exactas e Naturais. 0,19% Alimentos. 0,28% Debuxo en xeral. 0,23% Cine. 38,60% Literatura nas distintas linguas. 47,60% Biografías. 0,53% Outros. 0,86% Socioloxía. 0,12%

TOTAIS 100%

- Respecto do número total de fondos dos que dispoñemos e a súa distribución,

aportamos os seguintes datos relativos aos rexistros en MEIGA:

Nº de rexistros bibliográficos 6.874

Nº volumes 7.184

Libros 6.331

Música impresa 5

Música manuscrita 3

Mapas impresos 3

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 16

Mapas manuscritos 2

Audiovisuais 509

Gravación de son non musical 9

Material mixto 4

Manuscritos 1

Artigos 2

Prensa, revistas 5

Ligazóns Web 200 Nº de títulos 9.154 Nº de autores 4.147 Nº de CDU 7.540 Nº de series 3.953 Nº de materias 4.923 Nº de editoriais 577 Nº de lectores 583 Data última actualización 03/06/2011

- No que respecta aos blogs que actualmente mantén a biblioteca, estas fóron as entradas

ao longo do curso:

sarmientobiblioteca.blogspot.com 375

curtisdecine.blogspot.com 107

www.quelerquever.blogspot.com 7

www.clubfendetestas.blogspot.com/ 24

8. Horario asignado á coordinadora e ao equipo (en vermello) e a

gardas doutro profesorado (en negro).

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

María Angel

2ª Hortensia

Begoña C. Hortensia Carmen

Begoña I.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 17

1ºR

Olga

Angel

Begoña I.

Angel

Begoña I.

3ª Carmen

Paco Begoña C. Carlos B.

Begoña I. Hortensia

Paco Fernanda

Begoña I. Carmen

Carlos B.

Begoña I. María

Paco María Paco

Begoña I. Hortensia

Paco

Carlos B.

Begoña C. Olga

2ºR

Olga Begoña C.

Begoña C. Lois Lois

Carmen

Begoña I. Fernanda

Carlos B. Begoña C. Hortensia Paco

Carmen María Carmen

Carlos B.

Club de

Lectura

Este curso, como nos anteriores, superamos esta dificultade cunha boa dose de

voluntarismo, dedicando algúns membros do equipo moitísimas horas fóra do horario escolar a

traballar na biblioteca e para a biblioteca. Estas situacións sabemos que non poden

perpetuarse no tempo, posto que acabará incidindo negativamente no interese, motivación e

rendemento dos membros do equipo. Cremos que, cando menos, o profesorado do equipo de

biblioteca debería dispor de máis horas de adicación á biblioteca no seu horario. Pensamos

que, sempre que a organización do horario de centro o permita, debe darse prioridade a este

profesorado para que o total das súas horas complementarias sexan destinadas integramente

ao traballo de biblioteca; non debe considerarse este como un traballo residual, senón como

unha parte máis da boa organización e bo funcionamento do centro. Neste punto débese

subliñar o alto grado de implicación co proxecto dalgúns profesores.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 18

9. Previsións de futuro

1. En relación coa organización e xestión.

1º TRIMESTRE

� Constituir e poñer en funcionamento a Comisión de Biblioteca formada por

diferentes membros da comunidade educativa, co obxecto de optimizar o

funcionamento e recursos deste espazo.

� Elaborar protocolo de presentación da Biblioteca escolar ante o claustro,

alumnos de nova incorporación, pais e nais de alumnos.

� Demandar da dirección do centro plantilla suficiente de profesorado para

manter aberta a biblioteca durante todo o horario lectivo.

� Establecer día e hora para reunións do Grupo de Biblioteca.

� Proseguir coa catalogación no programa Meiga.

� Proseguir co expurgo e a actualización de fondos.

� Analizar as prioridades en canto á adquisición de novos fondos..

� Educación documental exhaustiva para o profesorado e o alumnado

(coñecemento en profundidade dos recursos da biblioteca, incorporando

recursos en liña e o seu uso).

� Mantemento dos blogs da biblioteca.

� Crear a figura de “axudantes bibliotecarios”(entre o alumnado e aplicando o

criterio de voluntariedade).

� Retomar a idea da “bibliomóbil”: libros seleccionados por etapas educativas

destinados ás aulas en horas de gardas, titorías, atención educativa,…

� Obras e adquisición de mobiliario:

� Pintar toda a biblioteca.

� Completar a dotación de mobiliario na aula multimedia.

� Adquirir máis postos informáticos individuais e de audio.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 19

2º/3º TRIMESTRE

� Proseguir coas catalogacións de fondos en MEIGA.

� Mantemento dos blogs da biblioteca (Biblioteca Sarmiento, Curtis de Cine,

Fendetestas, Que ler, que ver).

2. En relación coa dinamización e promoción dos rec ursos da

biblioteca, coa súa integración no tratamento do cu rrículo e coa súa contribución ao desenvolvemento das competencia s básicas do alumnado.

� Dinamización por parte dos distintos departamentos didácticos, mediante a

elaboración e/ou organización, por meses, de recursos de educación

documental relacionados con cada área (exposicións, animacións,

proxeccións, recursos de educación documental: webquest, wikis,…).

� Continuidade do traballo que se vén desenvolvendo conxuntamente co Equipo

de Normalización Lingüística do centro.

� Continuidade do Club de Lectura “Fendetestas”.

� Continuidade do Proxecto Interdisciplinar “Entra no mundo dos contos; entra

nos contos do mundo”, desenvolto con recursos que ofrece a biblioteca e

asentado sobre a educación documental.

� Promoción da relación con outros centros educativos e/ou institucións para o

intercambio de experiencias educativas.

� Conmemoración do Ano da Diversidade Biolóxica (2011) e do Ano

Internacional das Cooperativas (2012).

� Seguir coa recompilación de cantigas e contos populares da zona.

� Novas edicións de:

� Certame literario (Día das Letras Galegas)

� Quen é esa Muller? (Día da Muller)

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 20

� Organización dun obradoiro destinado a mellorar as competencias

comunicativas do alumnado a través do traballo de investigación sobre

diferentes temas propostos polos distintos departamentos didácticos.

� Deseño de actividades relacionadas co dominio de linguaxes icónicas (banda

deseñada, cine, …)

� En relación co anterior, organización de visionados de diferentes obras

cinematográficas como punto de partida para a elaboración de distintos

materiais disciplinares (aportacións aos blogs da biblioteca, unidades

didácticas, concursos, debates, exposicións, …). Preténdese con esta

actividade implicar a toda a comunidade educativa no funcionamento e

aproveitamento da biblioteca.

� Encontros con autores, contacontos, animación á lectura a través de

dramatizacións e recitais na biblioteca.

� Actividades relacionadas con:

1º TRIMESTRE

• Día das Bibliotecas Escolares: actividades que promovan o

coñecemento das “Bibliotecas do Mundo”.

• Samaín: traballo con textos de misterio e terror.

• Magosto.

• Día contra a violencia de xénero: carteis, proxeccións de

curtametraxes, audicións de cancións,…

• Día dos Dereitos Humanos: exposición de libros, proxección de

películas,…

• Elaboración do Boletín trimestral de lecturas e regalos

recomendados (vacacións de nadal).

2º TRIMESTRE

• Día da Paz: remuíño de citas en diferentes linguas, paneis con

textos, proxeccións e audicións.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 21

• Bicentenario do nacemento de Charles Dickens (07/02/1812).

Exposición de libros, recomendacións de versións cinematográficas

da súa obra, vixencia da temática da súa obra na actualidade.

• Entroido: investigación arredor das tradicións, concurso de

postres,…

• Bicentenario da Constitución de 1812 (19/03/2012).

• Día da Muller: nova edición do concurso “Quen é esa Muller?”,

utilización de recursos audiovisuais.

• Elaboración do Boletín trimestral de lecturas recomendadas

(vacacións de entroido ou semana santa).

3º TRIMESTRE

• Día do Libro:

• J.J. Rousseau: conmemoración do tricentenario do seu

nacemento.

� elaboración por cursos dun “Libro Interactivo”, creado

polos alumnos a partir dun parágrafo inicial.

• Día das Matemáticas.

• Conmemoración dos Xogos Olímpicos (Olimpíadas 2012): a orixe, a

historia, a educación en valores, as disciplinas deportivas …

• Día das Letras Galegas: concurso literario, investigación sobre a

figura do autor/a homenaxeado.

• Elaboración do Boletín trimestral de lecturas recomendadas

(vacacións de verán).

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 22

3. En relación coa formación de usuarios e educació n para o acceso á información (educación documental).

1º TRIMESTRE

• Presentación da biblioteca aos novos alumnos do centro, mediante

visita guiada e organización de actividades de formación de

usuarios.

• Formación de usuarios exhaustiva para o profesorado

(coñecemento en profundidade das posibilidades, recursos da

biblioteca e o seu uso).

• Difusión da “Guía da Biblioteca” entre alumnos e profesores.

2º/3º TRIMESTRE

• Deseño, xunto cos profesores interesados, de propostas de

actividades que poidan enriquecer a práctica docente, contando co

espazo e recursos da biblioteca.

• Publicación nos blogs da biblioteca dos materiais elaborados polo

profesorado/alumnado para a súa utilización xeralizada no aula.

4. En relación co fomento da lectura e co desenvolv emento do

Proxecto lector de centro.

� Compromiso de proporcionar aos departamentos didácticos os materiais

necesarios e dispoñibles pola biblioteca, encamiñados á inclusión de

actividades de fomento da lectura e comprensión lectora nas distintas

programacións.

� Formación dos usuarios da biblioteca de cara ao seu aproveitamento óptimo

nas tarefas de busca de información ou lecer.

� Deseño de actividades de comprensión lectora por áreas, ciclos e cursos que

teñan como marco os principios do Proxecto lector de centro (poderá ser a

través de cuestionarios sobre exposicións, textos,…).

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 23

� Programación de actividades de animación lectora no marco do Proxecto lector

de centro.

� Utilización dos recursos da biblioteca escolar, o que contribuirá a actualizar os

seus fondos.

� Dedicación de sesións de titoría a ensinar aos alumnos a aproveitar todos os

recursos da biblioteca e a facer deles individuos cada vez máis competentes

na comunicación a través de distintos códigos e canais.

� Colaboración activa na posta en práctica das actividades de fomento da lectura

ao longo de todo o curso.

� Funcionamento do Club de Lectura “Fendetestas”

� Dinamizacións lectoras na biblioteca.

� Colocación na mesa redonda da biblioteca libros e DVD’s coas celebracións

transversais en distintas épocas do ano.

� Funcionamento do Buzón de Suxestións.

� Mantemento dos mobles expositores das novidades e últimas adquisicións de

fondos.

� Funcionamento das mochilas viaxeiras.

� Colaboracións do alumnado nos blogs da biblioteca e na revista CURCO,

administrados e dirixidos por profesores de distintas áreas.

� Recepción e elaboración de exposicións coas actividades artelladas dende a

biblioteca, coa axuda do profesorado das distintas áreas, buscando sempre a

variedade disciplinar.

� Deseños de concursos que esixan a busca de información de diverso tipo e en

distintos soportes por parte do alumnado.

� Participación do alumnado nos distintos concursos organizados de creación

literaria.

� Participación do alumnado nos distintos encontros con escritores e outros

persoeiros ligados á cultura.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 24

� Distribución dos boletíns de novidades e de recomendación de lecturas.

5. Outras actuacións.

� Contacto coas bibliotecas da zona para poñer en funcionamento o préstamo

interbibliotecario.

� Contacto con organismos e institucións locais para estudar a posibilidade de

colaboración, coa idea de participar activamente na vida cultural do contorno,

contemplando a posibilidade da organización conxunta das conmemoración de

datas ou acontecementos culturais.

� Contacto coas familias dos alumnos para integralos como usuarios da

biblioteca.

6. Criterios e procedementos de avaliación.

� Sobre o uso da biblioteca:

• Elaboración de estatísticas de lectores/usuarios.

• Comprobación do nivel de demanda dos fondos que se publicitan

nos boletíns, exposicións, conmemoracións, revistas, taboleiro de

anuncios e/ou por calquera outro medio.

• Estudo da demanda de material non catalogable (xornais, revistas,

etc.) e audiovisual.

� Sobre a implicación da comunidade escolar

• Realización de enquisas:

� Comprobación do nivel de participación do conxunto da

comunidade escolar nas actividades que se organizan.

� Valoración do uso da biblioteca por parte dos

profesores como recurso pedagóxico.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 25

10. Proxecto lector de centro

INTRODUCCIÓN

Segundo a Lei Orgánica 2/2006 de Educación e da súa concreción para a comunidade

autónoma de Galicia no Decreto 133/2007 do 5 de xullo (DOG 13/07/07), o Proxecto Lector é

un documento interno e peculiar para cada centro educativo, no que se deben integrar todas

as intervencións destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades informativas,

procurando especialmente a adquisición das seguintes competencias básicas:

• Competencia en comunicación lingüística.

• Tratamento da información e competencia dixital.

• Competencia cultural e artística.

• Competencia para aprender a aprender.

O desenvolvemento da competencia lectora, escritora e investigadora debe

prantexarse como un proceso a longo prazo, que debe concretarse en actividades habituais

integradas no currículo da E.S.O. e debe perseguir uns obxectivos comúns a todas as áreas

curriculares e etapas da Secundaria. Agora ben, nun centro como o IES de Curtis, que integra

diferentes modalidades de ensinanzas (ESO, Bacharelatos, Ciclos Formativos e Programas de

Cualificación Profesional Inicial) cómpre elaborar un plan extensivo a todo o alumnado, con

variedade de actividades de fomento da lectura, de perfeccionamento comunicativo e da

educación documental (busca e análise de información de diversa natureza).

O artigo 113 da LOE fai unha mención específica ás bibliotecas escolares indicando,

entre outras cousas, que os centros de ensino disporán dunha biblioteca escolar e que este

recurso educativo contribuirá a fomentar a lectura e a que o alumnado acceda á información e

a outros recursos para a aprendizaxe das demais áreas e materias, e para que poida formarse

no uso crítico dos mesmos. Polo tanto a biblioteca escolar debe contribuír a facer efectivos os

principios pedagóxicos referidos á lectura.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 26

A biblioteca é un instrumento imprescindible para a posta en práctica do noso Proxecto

Lector de Centro, que o profesorado debe organizar e dinamizar como un centro de recursos

para a lectura, a información e a aprendizaxe, de xeito que o alumnado adquira un hábito

continuado que reforce a súa formación permanente. Entendemos que a biblioteca escolar non

só é un lugar integrado na actividade pedagóxica en todas as áreas curriculares do ensino,

senón tamén un lugar que debe facilitar todo tipo de recursos encamiñados ao fomento da

lectura;debe, polo tanto, entenderse como un verdadeiro elemento transversal dentro da

comunidade educativa. Por todo isto, é preciso o compromiso de todo o profesorado para que

esta funcione como elemento dinamizador da actividade educativa e da vida cultural do centro.

De xeito simultáneo, xunto co funcionamento da biblioteca, deben tamén entrar en acción os

departamentos co seu traballo específico para buscar a comprensión e a expresión correcta

nas súas materias e as familias, como axentes concienciadores da importancia da lectura

como elemento socializador.

Partindo destas premisas xerais, que serven como introdución á nosa concepción do

Plan Lector, pasamos agora a un primeiro paso, que será unha análise da situación real do

centro nestes últimos cursos.

1. ANÁLISE DO CONTEXTO

- O ALUMNADO:

A maioría do alumnado do noso centro pertence ao contorno rural e forma parte de

famílias que viven, fundamentalmente, das actividades relacionadas co sector

primario: agricultura, gandeiría e construción, con dificultades para desprazarse ata outros centros

de acceso á cultura dende os seus domicilios; os servizos de documentación da área de influencia

do IES son escasos e están centralizados nas vilas (Curtis e Teixeiro), polo que resultan de todo

insuficientes para a formación intelectual destes alumnos. Isto supón que sexa a biblioteca do

propio Instituto o lugar mais accesible para eles, tanto para a consulta como para o préstamo

domiciliario de fondos bibliotecarios.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 27

O I.E.S. Curtis está ubicado na vila de Curtis e acolle alumnado procedente de todo o Concello e

concellos limítrofes, fundamentalmente por impartir 4 Ciclos Formativos de Grao Medio

(Automoción, Administrativo, Electricidade e Informática) ademais de ESO, Bacharelato e PCPI.

Plantila do Centro:

Persoal docente ................................ ..........................................................................................55

Persoal non docente ............................. ........................................................................................7

Alumnado:

ESO ……………………………………………………………………..............................168

1º Ciclo ………………………………………………...................................82

2º Ciclo …………………………………………….......................................86

PCPI ……………………………………………………………………….............................8

BACHARELATO ................................................................................. ... .....................80

1º Curso ……………………………………………………............................ 40

2º Curso …………………………………………………................................ 40

CICLOS FORMATIVOS ……………………………………………………............................78

Administrativo ……………………………………………................................ 15

Automoción ………………………………………………................................ 24

Electricidade ……………………………………………….............................. 14

Informática …….......................................................................................... 24

TOTAL ALUMNADO ………………........................... ...........…………………………………… ...334

Como antes se sinalou, o instituto atópase no medio rural; as dificultades para acceder

a centros e manifestacións culturais son manifestas, en tanto que en varias poboacións non hai

bibliotecas e o horario dos transportes tampouco facilita o desprazamento a outros núcleos de

poboación maiores ( Santiago, A Coruña…) . A tecnoloxía informática tampouco está

introducida en todos os fogares: nalgúns lugares as conexións non son boas e noutros as

dificultades económicas impiden que as familias conten con este tipo de recursos.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 28

Estas características determinan as dificultades que o alumnado presenta á hora de acceder a

actividades culturais e á hora de perfeccionar a súa competencia lectora.

- O PROFESORADO

No IES de Curtis traballan 55 profesores de diferentes especialidades. Todos eles son

conscientes da importancias das boas prácticas lectoras e do papel que nas aulas se lle debe

dar á lectura. Tamén o son das dificultades que mostra o alumnado neste campo e mostran o

seu compromiso para mellorar, desde as súas áreas, a competencia comunicativa e

documental dos alumnos.

- A BIBLIOTECA ESCOLAR

A Biblioteca está situada na planta baixa do edificio principal, cerca dos accesos principias ao

Centro. Ten unha superficie aproximada de 90 m2 e capacidade para 58 alumnos. Certo é que, en

determinados momentos, o espazo resulta insuficiente.

O espazo está dividido en tres subespazos: un de lectura, zona A (butacas, mesa redonda con

cadeiras para lecturas, entre outras, de xornais, revistas, …e expositor de publicacións

periódicas), outro de estudo, zona B (con mesas de traballo) e un terceiro ambivalente, zona C, de

lectura ou de proxección (con equipo multimedia, proxector e mesas de estudo con cadeiras

orientadas á pantalla desplegable). Estes espazos aparecen diferenciados ao intercalar entre

eles andeis cheos de libros, que están abertos para permitir o acceso directo á lectura.

A necesidade de dispor de espazos específicos para distintos usos (informática, lectura

de prensa, tomas de auriculares, zonas de traballos en grupo…) fixo que o curso pasado se

iniciasen unha serie de remodelacións. Entre estes cambios, compre destacar a ampliación que

integra na Biblioteca un espazo anexo á mesma (o anterior Gabinete de Orientación) no que se

está instalando unha aula multimedia, con acceso dende a propia biblioteca a través dun tabique

acristalado con portas, susceptible de ser obscurecido para posibilitar proxeccións; tamén se

cubriu o chan de tarima, colocáronse estores, etc, co obxecto de facer máis acolledor este lugar.

Estase, igualmente, a mellorar a dotación de postos informáticos.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 29

No que se refire á xestión e catalogación de fondos, na actualidade a Biblioteca está

automatizada, temos intalado o “Meiga” na súa última actualización, e estamos traballando no

traspaso dos fondos dende o programa “Abies”, que viñamos manexando ata hai dous anos .

Unha das principias vantaxes que presenta o Programa Meiga é que a comunidade educativa

pode, a través de Internet, consultar se a Biblioteca do Centro dispón dun determinado fondo e se

non é así, consultar en que bibliotecas públicas se podería atopar. Pódense, ademáis, facer

reservas de libros, escribir as súas opinións ou ler as doutros lectores.

Os procesos de préstamos e devolucións fanse, agora mesmo, a través do programa no que

o fondo esté catalogado (por medio do lombiño é claramente identificable o programa utilizado na

catalogación) e para unha maior axilidade no caso das devolucións os alumnos/as só teñen que

deixar os libros no caixón que a tal efecto figura na Biblioteca.

Nos últimos tres cursos a biblioteca do IES de Curtis rexistra unha actividade moi reseñable. É

moi amplo o número de usuarios que fan uso diario dela con fins variados: lectura silenciosa,

audición de lecturas en alta voz, elaboración e exposición de traballos académicos, consultas

puntuais, demandas para levar en préstamo… Ben é certo que a concesión do PLAMBE supuxo

unha importante axuda para optimizar a rentabilidade académica do espazo. Un equipo de varios

profesores, pertencentes a diferentes departamentos didácticos, traballan a diario en tarefas de

catalogación, formación de usuarios, dinamización lectora, etc

Os fondos documentais cos que conta a Biblioteca Sarmiento pertencen maioritariamente ao

ámbito dos materiais impresos de tipo bibliográfico (desde o libro en variados formatos e tipos ata

publicacións periódicas, como xornais, revistas...). As achegas en soportes audiovisuais son

menores, ainda que se está enriquecendo de xeito reseñable o número de fondos: a maior parte

deste material son DVD con algún contido documental ou de cine de distintas épocas e

nacionalidades adquiridos nos últimos tempos; cómpre sinalar o esforzo que nestes dous últimos

anos se está a facer para concienciar á comunidade educativa da contribución que a linguaxe

fílmica fai na alfabetización informacional do individuo. Son inexistentes, con pesar do equipo de

biblioteca, os CD de música, que consideramos tamén importantes para acadar unha mellor

competencia comunicativa.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 30

Desde o equipo de biblioteca e tras a análise da situación real do centro acometemos a

concreción do Plan Lector do IES de Curtis, co propósito de non elaborar un documento cheo de

xeneralidades e sen valor práctico: será unha proposta realista, viva, flexible, funcional e obra dun

equipo.

2. OBXECTIVOS

A lectura comprensiva non é tarefa exclusiva das áreas de lingua xa que a todos afecta

o feito de que os alumnos e alumnas comprendan as explicacións e o significado dos textos

escritos.

O noso obxectivo é deseñar un proxecto lector personalizado para o centro, establecendo

uns criterios comúns para todas as áreas que, despois, se adaptarían aos distintos

departamentos didácticos encargados de elaborar obxectivos, contidos e actividades concretas

de lectura.

Este proxecto pretende ser sinxelo, realista, consensuado e baseado no fomento das boas

prácticas lectoras na tarefa cotiá de todos os profesores e alumnos. Para conseguir mellorar

neste aspecto márcanse como esenciais os seguintes obxectivos:

1. Potenciar a comprensión lectora como base de toda aprendizaxe, como axuda para

mellorar a comunicación oral e escrita, e como estímulo do espíritu crítico, contribuindo,

en definitiva, ao crecemento persoal do alumnado.

2. Integrar as actividades de comprensión lectora no contexto da clase e no traballo

diario, respondendo ás características e necesidades propias de cada materia.

3. Traballar a lectura comprensiva xunto coa escritura e a expresión oral en todas as

áreas do currículo.

4. Asumir que esta tarefa non é responsabilidade exclusiva das áreas de Lingua, senón

que é necesaria a participación de todas as áreas do currículo.

5. Implicar ás familias no obxectivo de elevar a comprensión lectora de seus fillos e

fillas. Polo tanto débeselles informar da existencia deste Proxecto Lector e pedir a súa

colaboración.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 31

6. Deseñar actividades de comprensión lectora por áreas, ciclo s e cursos que teñan

como marco os principios do proxecto lector de centro.

7. Programar actividades de animación lectora no marco do Proxecto lector de Centro.

8. Utilizar os recursos da biblioteca escolar, o que contribuirá a actualizar os seus fondos.

9. Considerar a biblioteca do IES de Curtis coma un espazo central da vida diaria do

centro, tanto para alumnado como para profesorado.

10. Dedicar sesións de titoría a ensinar aos alumnos a aproveitar todos os recursos da

biblioteca e a facer deles individuos cada vez máis competentes na comunicación a

través de distintos códigos e canais .

11. Considerar a comprensión lectora como unha materia transversal que implica a todas

as áreas, e que se pode traballar de diversos xeitos: en voz alta ou en silencio, co

profesor ou co alumno de protagonistas, en dramatizacións ou en recitais,

individualmente ou con varias voces…

3. PRINCIPIOS DE ACTUACIÓN DIDÁCTICA

O Equipo directivo e o Consello Escolar:

1. Asumirá o Proxecto como tarefa primordial cada curso escolar. Para isto, facilitarán os

recursos humáns e materiais de que poidan dispor.

2. Saben que a familia ten que constituir un eixo fundamental no Proxecto Lector e debe

invitala a colaborar eventualmente nas actividades lectoras do centro e a motivar a lectura dos

seus fillos e fillas na casa.

A Comisión de Coordinación Pedagóxica:

1. Será informada de calquera decisión que se tome respecto da comprensión lectora. Esta

comisión, á súa vez, comprométese a transmitir esta información aos equipos de área.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 32

O equipo de biblioteca:

1. Comprométese a colaborar activamente cos departamentos didácticos do centro á hora de

proporcionarlles material didáctico, teórico e práctico, encamiñado á inclusión de actividades de

fomento da lectura e comprensión lectora nas distintas programacións.

2. Colaborará activamente na posta en práctica das actividades de fomento da lectura ao longo

de todo o curso.

3. Levará a cabo a formación dos usuarios da biblioteca de cara ao seu aproveitamento óptimo

nas tarefas de busca de información ou lecer.

Este Proxecto Lector incorporarase ao Proxecto Educativo de Centro co fin de traballar

a comprensión lectora de modo sistemático.

O Proxecto Lector non só se centrará en libros senón en calquera formato e soporte:

revistas, xornais, cd-rom, xogos multimedia, contidos na rede , etc.

4. ORIENTACIÓNS DIDÁCTICAS PARA O TRATAMENTO DA COM PRENSIÓN LECTORA E

DO VOCABULARIO ESPECÍFICO EN TODAS AS ÁREAS DOS DIS TINTOS NIVEIS

EDUCATIVOS

Unha correcta comprensión lectora favorece a adquisición e comprensión do

vocabulario específico propio de cada materia, co fin de acadar precisión e rigor na expresión

dos conceptos de área e enriquecer os rexistros lingüísticos do alumnado.

O currículo está mediatizado pola linguaxe, sexa oral ou escrita, e os coñecementos

das distintas disciplinas artéllanse, en gran parte, de forma lingüística.

Ademais, se os alumnos non dominan as técnicas para comprender textos escritos,

péchaselles unha porta de acceso ao coñecemento e ao crecemento persoal.

Para que o proxecto de lectura funcione, compre contar coa colaboración do

profesorado dos departamentos didácticos , que deberán:

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 33

- Deseñar actividades lectoras que se integren no contexto da clase e no traballo diario, que

respondan ás características de cada materia e que se baseen nos obxectivos xerais do

proxecto lector do centro.

- Compartir estratexias e recursos cos demais departamentos, e actuar conxuntamente, sempre

que sexa posible.

- Propor actividades de animación á lectura en diferentes niveis educativos, axeitadas ao perfil

académico do alumnado.

- Aproveitar os recursos da biblioteca e actualizar os seus fondos.

- Non esquecer que a finalidade última do Proxecto é implicar na lectura ao alumnado: é por iso

que convén buscar actividades novas, motivadoras, axeitadas ao perfil dos alumnos.

Aparte destas orientacións xerais para todo o alumnado, o profesorado deberá prestar

axuda a aqueles rapaces e rapazas que mostren DIFICULTADES LECTORAS, tanto de

comprensión como de expresión. Para iso recoméndase:

- Ir descifrando cos alumnos que teñen dificultade os textos ata conseguir a súa comprensión.

- Non conformarse coa memorización literal dos textos.

- Comprobar sistematicamente se realmente o comprenden.

- Analizar o vocabulario.

- Fomentar o hábito de preguntar e consultar ao profesorado o que non entenden. Para isto

débese estimular aos alumnos para que pregunten, evitar comentarios negativos, impedir que

se sintan cohibidos ou ridículos, etc.

- Facer que o alumnado entenda a importancia que ten para a súa aprendizaxe o feito de

comprender ben o que le e acostumalo a empregar o dicionario.

- Invitar ao alumnado a esforzarse en deducir o significado dunha palabra polo seu contexto ou

a partir da súa etimoloxía. Para iso, en cada aula debe haber un dicionario actualizado de

lingua galega e de lingua castelá .

É moi importante fomentar no alumnado unha cultura da lectura e inculcarlle a idea de

que, aínda que ler require un esforzo, é gratificante.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 34

Finalmente, convén practicar a lectura en voz alta, pois esta axuda á comprensión e

permítenos comprobar moitas veces se o alumno comprende ou non o que le. Ademais, a

lectura en voz alta mellora a dicción, a capacidade de expresarse en público con soltura, axuda

ao alumno a vencer a timidez e o medo ao ridículo e, por último, prepara aos individuos para o

seu futuro laboral.

5. APLICACIÓN DA COMPRENSIÓN LECTORA NA AULA

- Consideramos que cada área ten unha linguaxe específica e un vocabulario concr eto;

polo tanto:

a) Axudarase aos alumnos a coñecer e empregar a terminoloxía adecuada en cada ámbito do

saber para que o manexen dun xeito progresivo e preciso.

b) Elaborarase unha lista de termos fundamentais de cada materia co fin de observar a

evolución da capacidade lectora e de comprensión conceptual do alumnado.

c) É imprescindible coñecer o significado claro de todos os conceptos, non só para a súa

comprensión, senón para incorporalos á linguaxe oral e escrita.

d) Debe procurarse que os alumnos coñezan a orixe etimolóxica e a evolución histórica dos

termos para ampliar o seu horizonte cultural e facilitar a relación entre os coñecementos das

distintas áreas.

- Para mellorar a comprensión lectora das unidades didácticas plantexadas nos libros de

texto, débese:

Ler detidamente os textos.

Facer preguntas dirixidas cara a comprensión do texto.

Analizar o vocabulario.

Activar as ideas previas.

Relacionar o texto lido con outras experiencias.

Facer resumos, esquemas ou mapas conceptuais.

Extraer a idea principal.

Propor outros títulos.

Facer debuxos que resuman o texto.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 35

Reler en silencio.

- Para romper o hábito de ocultar que non se compre nde, o profesorado debe:

Intentar que o alumno supere o sentido do ridículo e prestar unha atención especial aos

tímidos.

Facilitar que pregunten.

Non levantar a voz nin enfadarnos senón ter una actitude comprensiva.

Animarlles á participación.

Ter paciencia, repetir as explicacións de xeito diferente ou facelo coa colaboración de outros

compañeiros.

Facilitarlles que pregunten de forma indirecta (escrita).

Crear un clima de silencio e atención.

- Para activar o clima de participación na aula e l ograr un ambiente participativo, o

alumno deberá:

Respectar os turnos de palabra.

Aprender a escoitar.

Reflexionar antes de falar.

Comprender que todas as ideas son válidas e respectables e que non pasa nada por

equivocarse.

Formular preguntas sobre os textos tanto ao profesor como aos compañeiros.

Expoñer as preguntas con seriedade.

Aprender a defender teses ou a rebatilas, argumentando correctamente.

Emprender unha segunda lectura despois de prantexadas as cuestións.

- Para a comprensión do vocabulario específico de c ada área, realizaranse as seguintes

actividades:

Buscar sinónimos e antónimos.

Estudar prefixos, sufixos, familias de palabras, campos semánticos, etc.

Subliñar as palabras que non se entenden.

Para mellorar a comprensión e a expresión oral, pro ponse:

Que o profesorado lea en voz alta para servir de modelo e referente aos alumnos.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 36

Avaliar a comprensión lectora do alumno mediante a lectura en voz alta de textos previamente

traballados.

Que o alumno lea tamén en voz alta.

Fomentar a expresión a través da lectura de textos.

Definir, de forma oral, termos que se traballaron e comprenderon.

6.ACTUACIÓNS DO CENTRO DESTINADAS AO FOMENTO DA LEC TURA E DA

ESCRITURA E Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

1. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE USUARIOS. No que a formación de usuarios e

educación documental se refire ao comezo da actividade académica o alumnado dos primeiros

cursos visitará a biblioteca acompañado do seu titor e un profesor encargado. Nestas primeiras

visitas o alumnado recibirá información sobre:

· A BIBLIOTECA EN XERAL: como se distribúe, normas, o que se pode atopar, horario. Profesor

responsable.

· CONDICIÓNS DO PRÉSTAMO E DEVOLUCIÓN: Cando podo vir a pedir prestado un libro?

Cantos libros podo levar? Cando os teño que devolver? Pódense sacar da biblioteca todos os

libros?

· COLOCACIÓN DOS LIBROS NA BIBLIOTECA: Por que están así colocados? Que significado

teñen os rótulos con números que hai nos andeis. Dentro de cada estante, como están colocados

os libros? Cómo podo saber se hai un libro na biblioteca?

· LOMBIÑOS: Que significado ten a información que aparece neles?

· CARNÉS: Necesítoo para sacar libros da biblioteca? E para devolvelos? Valen para outra

biblioteca?

· OUTROS MATERIAIS: Pódense levar películas? As revistas e periódicos, pódense consultar?

· ORDENADORES: Serven para buscar a información que poidan necesitar e consultar os libros

da biblioteca do centro ou das bibliotecas públicas próximas.

· PANEIS INFORMATIVOS: neles poderán encontrar tódalas novidades e notas de interese.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 37

Con esta primeira actividade os alumnos/as familiarizaríanse co funcionamento da biblioteca e

así poderán valorala coma un lugar agradable que pon á súa disposición multitude de recursos

diferentes e persoas que poden axudalos, non só para o seu traballo diario senón tamén coma

forma de ocupar o seu lecer. Entregaríaselles tamén un boletín coas normas de uso, horario e

recomendacións xerais.

Estes alumnos dos primeiros cursos farían unha actividade que tería como finalidade poñer en

práctica o aprendido na visita anterior, para o cal terían sobre as mesas varios libros que eles

mesmos terían que distinguir por materias e colocar nos estantes. Despois faríase a actividade

inversa: daríaselles unha lista con títulos, autores e materias para que os localizasen dentro do

espazo da biblioteca.

No ordenador indicaríaselles a forma de realizar unha consulta dun libro que queiran localizar,

saber se o hai na biblioteca e, no caso contrario, en que outra biblioteca o poden atopar. Todo isto

complementarase con actividades dixitais para a formación de usuarios deseñadas polo propio

equipo.

ACTIVIDADES ESPECÍFICAS : “A OLIMPÍADA DO SABER” E “RECOMÉNDANOS UN LIBRO”

Esta actividade, dirixida ao alumnado de ESO, desenvólvese todos os días ao longo dun mes e

supón a realización por equipos de diferentes probas e para a resolución teñen que consultar

numerosas fontes. Haberá probas específicas para a compensación de desigualdades no

alumnado. En Bacharelato e ciclos no mes de novembro o alumnado distribuído en grupos

buscará un libro, anotará a súa ubicación e redactará un texto no que o recomende ao resto do

alumnado: as recomendacións aparecerán no panel do corredor da biblioteca.

2. RELACIÓN E COORDENACIÓN COAS BIBLIOTECAS DAS POB AOACIÓNS VECIÑAS, co

obxecto de facilitar a labor formativa e lectora ao alumnado. Por esta canle poden discorrer

accións como a de comunicar a estas bibliotecas as lecturas dirixidas e opcionais nas diferentes

áreas e etapas educativas: deste xeito a posibilidade de préstamo e de acceso á lectura será

maior.

3 . FACER PÚBLICA NA BIBLIOTECA E/OU NO BLOG AS LEC TURAS RECOMENDADAS

POR ÁREAS, para evitar coincidencias e para, en definitiva, mellorar a rendabilidade da

actividade lectora.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 38

4. ABRIR NO BLOG DA BIBLIOTECA UNHA PESTANA PARA OS DEPARTAMENTOS, ONDE

SE POIDA COLGAR MATERIAL DOS ALUMNOS OU PARA OS ALU MNOS, na busca, sempre,

dun enriquecemento da formación comunicativa.

5. PUBLICAR O PLAN LECTOR NO BLOG DE BIBLIOTECA E N A PÁXINA WEB DO CENTRO,

para que sexa un documento vivo no que toda a comunidade poida participar con novas achegas

ou correccións.

6. FUNCIONAMENTO DO CLUB DE LECTURA FENDETESTAS , tentando que cada vez integre

máis amantes da lectura de distintos niveis. Un ingrediente tan importante como a lectura será o

cine dentro da actividade do noso club.

7. DINAMIZACIÓNS LECTORAS NA BIBLIOTECA (continuación do proxecto TEMPO DE LER:

seleccionarase un texto para cada curso de ESO: un grupo prepara a súa lectura para os demais

compañeiros e le en alta voz na biblioteca, a lectura acompáñase de power point, ou dunha

dramatización).

8. COLOCACIÓN NA MESA REDONDA DA BIBLIOTECA DE LIBR OS E DVD

RELACIONADOS CON CELEBRACIÓNS TRANSVERSAIS EN DISTI NTAS ÉPOCAS DO ANO.

9. FUNCIONAMENTO DUN BUZÓN DE SUXESTIÓNS DE COMPRA, na entrada da biblioteca:

alí poderán depositar as súas suxestións os distintos membros da comunidade educativa.

10. ZONA DE EXPOSICIÓN DE ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS DA B IBLIOTECA EN LIBROS E

DVD: dous mobles próximos á zona de préstamos conterán as novidades de fondos da biblioteca

Sarmiento.

11. PUBLICACIÓN DE NOVOS NÚMEROS DO XORNAL INTERDIS CIPLINAR

Outravacanomillo.

12. COLABORACIÓNS NOS BLOGUES DA BIBLIOTECA ( sarmi entobiblioteca.blogspot.com

e quelerquever.blogspot.com ).

13. CONMEMORACIÓNS: Día das Bibliotecas (Power Point sobre a súa orixe e evolución),

Magosto, Samaín (ambientación do espazo de biblioteca e exposición de libros, orixes da

celebración), Día da Ciencia, Día contra a Violencia de Xénero (proxección dalgún corto e

concurso de lemas), Día dos Dereitos Humanos, Día da Paz, Entroido, Día da Muller

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 39

Traballadora, Día do consumidor, Día do libro, Día das Letras Galegas… Deseñaránse

actividades arredor de textos de distinta índole relacionadas con estes eixes temáticos.

14. RECEPCIÓN DE EXPOSICIÓNS OU ELABORACIÓN DUNHA P ROPIA DESDE O CENTRO,

con actividades artelladas desde a biblioteca, coa axuda de profesorado das diferentes áreas.

Buscarase ao longo de todo o curso a variedade disciplinar.

15. DESEÑO DE CONCURSOS QUE ESIXAN A BUSCA DE INFOR MACIÓN DE DIVERSO

TIPO POR PARTE DO ALUMNADO. Por exemplo, co gallo do Día da Muller, farase o concurso

Quen é esa muller?, que obriga a buscar identidades concretas a través de fotos e pequenas

pistas.

16. BOLETÍNS CON RECOMENDACIÓNS DE LECTURA E DE CIN E en galego e en castelán.

17. CONCURSOS DE CREACIÓN LITERARIA, en diferentes linguas e con distintos motivos

de inspiración.

18. ENCONTROS CON ESCRITORES E CON OUTROS PERSOEIROS LIGADOS Á CULTURA,

que transmitan ao alumnado a utilidade do saber e da lectura, no eido persoal e no socio-

profesional. Para iso, o profesorado colaborará no deseño da Semana Cultural do centro , que

se celebra todos os cursos ao remate do segundo trimestre.

19. ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN LECTORA ESPECÍFICAS DE CADA ÁREA OU

MATERIA.

Nas programacións didácticas de cada Departamento e Ciclo deberán constar cada unha das

actividades deseñadas especificamente para traballar a comprensión lectora. As actuais

inclúense como anexo a este Proxecto Lector.

Cómpre subliñar que no deseño e realización de actividades, prestarase sempre atención ao

alumnado con linguas e culturas diferentes, co fin de facilitar a súa integración nesta

comunidade escolar. Igualmente acomodaranse as propostas aos alumnos con necesidades

educativas especiais ( lecturas axeitadas na biblioteca, participación en conmemoracións, no

blog, nas lecturas dinamizadas …)

20. POSTA EN FUNCIONAMENTO DAS MOCHILAS VIAXEIRAS , con lotes de libros, revistas

e DVDs, que o alumnado poderá levar en préstamo para si e para a súa familia.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 40

21. POSTA EN FUNCIONAMENTO DA HORA DE LER: co propósito de favorecer as

habilidades comprensivas e expresivas do alumnado e para espertar o interese pola lectura ,

traballarase para habilitar un pequeno período dentro da xornada lectiva dedicado a enriquecer

o hábito lector. Nas deliberacións da CCP celebrada o mércores, 13 de xaneiro, proponse a

idea de dedicar os 15 primeiros minutos dunha sesión diaria á lectura. Na primeira semana

(comezos de febreiro) faríase coa primeira sesión, na segunda semana, no segundo período

lectivo e así sucesivamente ata esgotar as seis sesións da mañá; entón volveríase a empezar.

Neste curso faríase en 1º e 2º de ESO, con carácter experimental. O alumnado traería libros

das casas para facer unha biblioteca de aula e favorecer o intercambio. Aínda así, o equipo de

biblioteca pode ofrecer libros aos rapaces que non os teñan (poderíanse elaborar algúns lotes

de libros para as clases que o necesitasen).

22. PETICIÓN A TODOS OS DEPARTAMENTOS QUE SE TEÑA EN CONTA A

PRESENTACIÓN E CORRECCIÓN DAS TAREFAS ESCRITAS Á HO RA DE VALORALAS,

para concienciar ao alumnado de que a competencia expresiva é algo básico para a formación

do individuo e non forma parte só do currículo das áreas lingüísticas.

7. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN DO PLAN LECTOR

Débense poñer en funcionamento unha serie de mecanismos que permitan avaliar o

funcionamento e efectividade do Plan Lector cada curso no noso centro. Poden ser os que

seguen:

- Elaboración de enquisas anuais para alumnado e profesorado coa finalidade de analizar o grao

de implicación da comunidade educativa na posta en práctica de distintas actividades do plan

lector.

- Comprobación do nivel de participación do conxunto da Comunidade Escolar nas actividades

que se organizan, vendo o grao de aceptación dunhas e doutras.

- Valoración do uso da Biblioteca por parte dos profesores e dos alumnos.

- Análise do funcionamento da Biblioteca: aspectos que se deben reforzar ou mellorar.

- Análise de movementos de préstamo e de lectura en sala.

A análise anual (preferentemente ao remate do curso) dos resultados conseguidos debe

demostrar ata que punto se acadaron os obxectivos previstos neste Proxecto Lector. É

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 41

importante aproveitar os resultados da análise para a planificación do traballo de próximos cursos

e para facer as oportunas modificacións neste documento, que, como se reseñou xa en varias

ocasións, é un documento vivo e versátil, que debe adaptarse á realidade do centro e cambiar con

el.

ANEXO: CONTRIBUCIÓNS ESPECÍFICAS DOS DEPARTAMENTOS DIDÁCTICOS AO

PLAN LECTOR

1. DEPARTAMENTO DE LATÍN

O seminario de latín entede a lectura como un proceso centrado no texto. O proceso de lectura

debe asegurar que o lector comprende o texto e que pode construír unha idea acerca do seu

contido. Cada tipo de texto presupón unha forma determinada de lectura, pero será o propio

lector o que determine o grao de esixencia lectora. Os obxectivos que este seminario determina

son os seguintes:

• Fomentar o gusto pola lectura de textos clásicos de diferente temática.

• Mellorar o rendemento do alumnado traballando a comprensión oral e escrita.

• Fomentar o uso das novas tecnoloxías como ferramenta de acceso aos recursos da

información.

• Fomentar o uso de distintas versións dun mesmo tema para que o alumnado

desenvolva o seu sentido crítico.

• Aumentar as capacidades do alumnado para a aprendizaxe a través da lectura.

Como contribución ao plan do fomento de lectura e coa finalidade de achegar ao alumnado ao

mundo clásico, o seminario de latín promoverá as seguintes actividades:

• Lectura de textos clásicos fundamentalmente adaptados: unha versión adaptada da Odisea

de Homero e da Eneida de Virxilio.

• Lectura de narracións míticas da antigüidade clásica.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 42

• Lectura de dúas obras teatrais clásicas, unha comedia e unha traxedia, que

posteriormente o alumnado verá representadas no Festival de Teatro Grecolatino de Lugo.

• Participación do alumnado de latín e grego no recital poético organizado pola biblioteca

durante a Semana Cultural. Neste recital o alumnado le poemas nas distintas linguas que se

estudan no centro, e o de clásicas recita poemas en latín e grego e a súa correspondente

tradución ao galego ou ao castelán.

O seminario de latín tamén proporcionará ao alumnado unha lista de libros recomendados

dispoñibles na biblioteca do centro para a súa lectura voluntaria.

As materias deste seminario (Cultura Clásica e Latín) pretenden contribuír á adquisición dun

nivel de lectura axeitado utilizando unha metodoloxía a través de distintas vías:

• A través dunha lectura comprensiva de distintos textos e da busca e tratamento

da información obtida. Deste xeito, reflexionando sobre a información dun texto, o

alumnado pode participar en debates e traballos de grupo e adquire un

vocabulario específico relacionado coa cultura clásica.

• Grazas ao traballo coas distintas fontes de información, redactando textos

descritivos, realizando mapas conceptuais, elaborando resumes, completando

textos aos que lles falta información e distinguindo factores determinantes nunha

situación: causa, desenrolo e consecuencias.

• Potenciando habilidades relativas á elección con criterio propio, crítica de

distintas posturas e defensa de argumentos propios.

• Utilizando distintos tipos de lectura: lectura silenciosa, lectura selectiva para

extraer unha idea global, lectura lenta, para desfrutar lendo e lectura informativa.

2. DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

Dende o seminario prantéxase:

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 43

1º.- Adquisición de textos relacionados coa EF en soporte impreso ou electrónico que poidan

espertar interese no alumnado

2º.- Recomendar a lectura de polo menos un libro durante o curso. No caso de alumnos/as que

non poidan realizar actividade física podería ser obrigatoria a lectura e polo tanto avaliable.

3º.- No taboleiro do ximnasio poderán colocar noticias dos xornais que teñan relación coa

asignatura e que eles consideren interesantes.

Cando sexa necesario empregaranse as tecnoloxías da información e a comunicación

para a realización de traballos relacionados coa asignatura.

3. DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

Os alumnos que cursen a materia de Francés-Segunda Lingua Estranxeira teñen a

obriga (a partires do 2º curso da ESO) de facer unha lectura complementaria por trimestre. A

devandita lectura trimestral será elixida entre as múltiples de que dispón a biblioteca do centro.

A práctica totalidade delas son lecturas graduadas por niveis, de tal xeito que o profesor dará

instrucións a cada grupo do nivel axeitado a cada un deles. O traballo posterior á lectura

seguirá as consignas do profesor do grupo de referencia, tendo en conta que sempre constará

dunha parte oral e doutra escrita.

Pola experiencia de anos anteriores, esta actividade acada un notable éxito, tendo boa

aceptación entre o alumnado de maneira maioritaria.

Este departamento tamén fomentará calquera iniciativa promovida polo equipo de

profesores coordinadores da biblioteca, tendentes á promoción das distintas actividades de

lectura que se realicen ao longo do curso.

4. DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA

1º BACHARELATO

O alumnado deste primeiro curso deberá ler o libro: Obelix y Compañía, de R.

Goscinny e A. Uderzo ; que se atopa nos fondos da biblioteca do centro. Terán que elaborar

un traballo que será guiado e supervisado pola profesora. Este traballo vaise ter en conta para

a nota global da disciplina.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 44

Ademais lerase o libro: El Mercado y Nosotros, de José Luís Sampedro . O obxectivo é que

vexan os pros e os contras dos dous grandes sistemas económicos que estiveron enfrontados

durante o século XX. Será unha lectura de aula e deberán debater diversos puntos propostos

pola profesora así coma entregar un pequeno resumo coas conclusións obtidas.

Ao longo do curso, irán facendo traballos biográficos dos diferentes economistas que se tratan

nas unidades didácticas. Este será un traballo a elaborar en grupos; deberán facer un mural e

realizar unha exposición oral diante dos compañeiros de aula.

Ao longo do curso propóñense traballos voluntarios sobre temas económicos de actualidade,

para os que se deberá obter a información dos xornais cos que se conta no centro.

Tamén analizamos as páxinas de economía de “La Voz de Galicia”, para que se vaian

afacendo ao vocabulario empregado e tentar estimular o seu espírito crítico.

2º BACHARELATO

O alumnado deste segundo curso deberá ler o libro: El mercado y la globalización , de

José Luis Sampedro, que se atopa nos fondos da biblioteca do centro. Terán que elaborar un

traballo, o cal vai contar para a nota global da disciplina.

Tamén se empregarán artigos de prensa periódica, para analizar temas de actualidade

que estean relacionados coa materia que nos ocupa en cada momento do curso escolar.

OBRADOIRO DE INICIATIVAS EMPRENDEDORAS ( 3º ESO)

Farase necesaria a consulta e lectura, ao longo do curso, de diversos materiais (páxinas web,

blogs, libros, manuais de lexislación, …), entre outros, os seguintes:

• http://www.emprendedores.es/

• http://www.crear-empresas.com/

• http://www.profesionasliberales.com/

• http://www.capital.es/

• http://www.mujeredenegocios.net/

• http://www.twitter.com/

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 45

• http://www.mundofranquicia.com/

• http://www.aeat.es/

• http://www.circe.es/

• Lexislación laboral, fiscal, contable,…

• El hombre que cambió su casa por un tulipán . Fernando Trias de Bes

• Colección de artigos “A la contra ”. Fernando Trias de Bes

• Etc.

5. DEPARTAMENTO DE ADMINISTRATIVO

Debido ás propias características do ciclo que impartimos, consideramos de vital

importancia que os nosos alumnos se afagan ao manexo de diversos materiais de consulta e

lectura.

Resulta imprescindible para calquera profesional da xestión administrativa o manexo de

distintas bibliografías, en calquera soporte, para a continua actualización dos seus

coñecementos, tendo en conta, ademais, que a lexislación manexada por estes profesionais

está en continua modificación.

Faremos fincapé, ao longo de toda a etapa de aprendizaxe dos nosos alumnos, na utilización

de diversos materiais de consulta, tales como:

• Diario Oficial de Galiza

• Boletín Oficial do Estado

• Plan Xeral de Contabilidade

• Guías laborais e fiscais

• Revistas e libros especializados

• Prensa, tanto de información xeral, como económica, fiscal, tributaria, …

• Diversos manuais (contables, fiscais,..)

• Etc.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 46

Estas consultas e lecturas realizaranse en ocasións na propia aula. Nela non so disporán de

lectura impresa, senón que na nosa Aula de Informática poderán consultar todos aqueles

materias necesarios en soporte dixital ou a través de Internet.

Noutras ocasións, estas lecturas deberán facerse na propia Biblioteca do Centro, e incluso

poderemos remitilos a outras bibliotecas ou organismos, onde dispoñan do material que en

cada caso se faga necesario manexar.

6. DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA

No Seminario de Lingua e Literatura Galegas véñense desenvolvendo cunha certa

continuidade unha serie de actividades dirixidas á promoción do hábito lector entre o alumnado.

Enumeramos a continuación as que se van poñer en práctica en todos os niveis.

Independentemente destas que podemos denominar de carácter xeral, na programación de

cada un dos cursos poderán estar incluídas actividades concretas.

- Encontros literarios con escritores: coa excepción de 2º de Bacharelato, tentarase

que en cada un dos niveis o alumnado teña a oportunidade de intercambiar impresións

co autor ou autora sobre unha das tres obras de lectura propostas.

- Exposicións centradas no acto literario: poderán ser exposicións que veñan ao centro

tal e como se fixo, por exemplo, o ano pasado coa de Manuel María, ou ben

dependendo da oferta existente desprazarémonos nós ata o lugar onde se fagan as

exposicións. As exposicións estarán sempre condicionadas a un traballo previo

desenvolvido na aula e, por suposto, a unha valoración do seu aproveitamento tanto

por parte do alumnado como do profesorado.

- Campañas de animación á lectura desenvolvidas por diferentes editoriais . Hai varias

editoriais que, ademais de promover encontros con escritores/as, inclúen entre as súas

propostas a figura dun animador/a á lectura que durante unha sesión de clase ofrece

determinados datos sobre o libro en cuestión tentando que o alumnado se interese por

continuar a historia. Esta animación tamén se pode desenvolver con posterioridade á

lectura dunha obra determinada relacionándoa con outros libros.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 47

- Intercambio de experiencias entre os propios alumnos con lecturas voluntarias e a

conseguinte presentación dunha pequena reseña aos compañeiros. Nesta exposición o

relator fará fincapé en a quen pode interesar o libro en cuestión.

- Campaña de concienciación da lectura facendo fincapé en que reflexionen sobre

cuestións como: Por que ler? Para que ler?

- Visita á páxina bvg.udc.es onde existe a posibilidade de que o alumnado manteña

contacto cos escritores/as.

7. DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA

O Departamento de Lingua Castelá e Literatura atópase implicado de maneira moi activa na

posta en práctica do Plan Lector do centro e na dinamización da Biblioteca Sarmiento como

foco de difusión cultural e literaria dentro do noso instituto. Á parte do impulso lector que desde

a materialización na aula do currículo propio da área, o Departamento organiza e/ou colabora

nun bo número de actividades dirixidas a lograr que a lectura sexa unha actividade habitual,

enriquecedora e demandada no centro:

- Desde o curso 2008-09 funciona, dirixido por membros do Departamento, o Club de

Lectura Fendetestas, deseñado para gozar coa lectura e cun bo número de actividades ligadas

á mesma ( debates, visionado de películas, investigación…). Funciona, ademais, desde o curso

2009-10, un blog (http://clubfendetestas.blogspot.com) no que os membros do club presentan

semanalmente as súas actividades.

- Colaboración nas tarefas de formación de usuarios e de educación documental

impulsadas desde a biblioteca do centro.

- Dinamizacións lectoras no espazo da biblioteca, organizadas por cursos e grupos:

apóianse as lecturas con elementos icónicos ( presentacións pps, debuxos…)

- Aproximación das lecturas aos alumnos, sacando libros dos armarios de biblioteca e

reuníndoos, segundo o seu tema, o seu xénero, a súa finalidade…, en mesas para que os

alumnos os toquen, os miren, os lean…

- Concursos ligados á transversalidade ou a personaxes específicos de diferentes

campos do saber; os alumnos realizan tarefas de investigación, de creación…

- Exposicións sobre autores, temas específicos… en colaboración co alumnado.

- Difusión do labor lector do alumnado a través do blog da nosa biblioteca.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 48

- Creación dentro do blog da biblioteca Sarmiento

(http://sarmientobiblioteca.blogspot.com ) da sección “Que ler, que ver”, na que, a partir deste

curso, alumnos e profesores poderán contar as súas impresións sobre libros e películas.

8. DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

O departamento colaborará na mellora da capacidade lectora do

alumnado propoñendo en todas as sesións a lectura e n voz alta dalgún

texto que se vaia a utilizar nese momento: introduc ións, enunciados de

problemas, notas históricas, etc. Facendo especial fincapé nos seguintes

aspectos:

- Verbalizar conceptos, explicar as súas ideas, redactar por escrito conclusións e

razoamentos e, por suposto, realizar a lectura comprensiva de enunciados diversos.

A lectura de textos literarios de contido matemático, contribuirá de forma importante a

lograr tanto a competencia lingüística como a matemática. Neste sentido, a biblioteca escolar,

concibida como centro de recursos tanto bibliográficos como multimedia, mostrase como un

espazo de especial importancia para o desenrolo do hábito lector. Por iso deben aproveitarse

os recursos da biblioteca do centro, que o alumnado debe coñecer e utilizar de forma

progresivamente autónoma, xa sexa para satisfacer os desexos de lectura como medio de

lecer e diversión, como para aprender manexando os recursos e consultando as distintas

fontes documentais.

Ademais os membros do departamento propoñen utilizar as horas de garda ou

substitución de profesores para mellorar a capacidade lectora dos alumnos afectados.

9. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

FOMENTO DA LECTURA POR MATERIAS 1 e 2º ESO: Ademais da lecturas correspondentes ao libro de texto, fomentarase a lectura de

publicacións relacionadas cos temas desenvolvidos na clase.

Considérase especialmente interesante o fomento da lectura dos xornais.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 49

3º E 4º ESO e 1º BACHARELATO

Fomentarase a lectura de xornais e revistas de actualidade, xunto con todo tipo de

publicacións relacionadas cos temas desenvolvidos na clase propoñendo actividades que

impliquen a consulta deste tipo de fontes.

Considérase especialmente interesante o fomento da lectura dos xornais, pola conexión dos

contidos curriculares coa realidade temporal e espacial e social dos alumnos ( medio físico e

económico, atendendo especialmente aos contidos de clima, economía, demografía ou

inmigración)

HISTORIA DE ESPAÑA ( 2º Bacharelato)

Ademais da lecturas correspondentes aos comentarios e composicións de textos,

fomentarase a lectura de xornais e revistas de actualidade, xunto con publicacións

relacionadas cos temas desenvolvidos na clase tanto orixinais como en edición facsímile.

Considérase especialmente interesante o fomento da lectura dos xornais.

XEOGRAFÍA ( 2º Bacharelato)

A lectura de xornais e a consulta de Libros de Xeografía, Enciclopedias, Dicionarios de

termos xeográficos, revistas e todo tipo de publicacións relacionadas cos temas desenvolvidos

na clase, é básica dentro do desenvolvemento da materia.

Considérase especialmente interesante o fomento da lectura dos xornais na busca de

noticias referentes a aspectos xeográficos, coa finalidade de conectar os contidos da materia

coa actualidade. Os Xornais utilizaranse como fonte de información en tódalas unidades.

Tamén se promoverá o acceso a enciclopedias e Atlas Xeográficos facilitándolle ao alumnado

a súa consulta na Biblioteca do Instituto; con elo intentarase que o alumnado recorra ás fontes

escritas, como fonte de coñecemento xeográfico.

HISTORIA DA ARTE ( 2º Bacharelato)

Fomentarase a lectura de xornais e tamén a consulta de Libros de Arte, Enciclopedias de

Historia da Arte, Dicionarios de termos artísticos, revistas e todo tipo de publicacións

relacionadas cos temas desenvolvidos na clase, propoñendo actividades que impliquen a

consulta deste tipo de fontes.

Considérase especialmente interesante o fomento da lectura dos xornais na busca de

noticias referentes ao patrimonio e a Historia da Arte,coa finalidade de conectar os contidos da

materia coa actualidade, e polo tanto desenvolver o interese pola mesma por parte do

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 50

alumnado. Tamén se promoverá o acceso a enciclopedias e Libros de Historia da Arte

facilitándolle ao alumnado a súa consulta na Biblioteca do Instituto; con elo intentarase que o

alumnado recorra ás fontes escritas, a opinións de historiadores e estudosos da Arte que

complementarán o seu coñecemento dos conceptos da materia e o seu sentido crítico.

10. DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA

Nas disciplinas filosóficas é imprescindible o traballo con textos filosóficos adecuados a cada

nivel; a lectura destes textos e o reto de tratar de entendelos é básico e de obrigado cumprimento para

tódolos alumnos. Tamén nos interesa que os alumnos desenvolvan a súa capacidade argumentadora

redactando coidadas disertacións que logo serán expostas publicamente. Xunto con todo o anterior

buscamos tamén desenvolver a capacidade de expresión e argumentación oral a través de diálogos

filosóficos e debates na aula. Para elo utilizaremos ademais dos textos clásicos dalgúns filósofos a

lectura de obras literarias modernas de ficción a través das que analizaremos algúns dos problemas e

conceptos filosóficos mais relevantes. Isto debería permitirnos acada dous obxectivos importantes:

mellorar a comprensión lectora e a expresividade oral, acercándonos ó mesmo tempo dunha forma

amena ós problemas filosóficos mais relevantes.

FILOSOFÍA E CIDADANÍA

LECTURAS COMPLEMENTARIAS OBRIGATORIAS

• Jostein Gaarder. O Mundo de Sofía. Recoméndase co obxecto de proporcionar ós

alumnos, a modo organizador, unha visión de conxunto do que representou e representa o

saber filosófico ó longo da historia, facendo ver que o coñecemento das diferentes

correntes e autores é necesario para a actividade filosófica, xa que as novas respostas non

invalidan outras anteriores.

LECTURAS COMPLEMENTARIAS OPTATIVAS (A ELEXIR UNHA)

• Fernando Savater, As Preguntas da Vida. Obra de iniciación elemental á

reflexión filosófica seleccionada para introducir na clase os distintos problemas

filosóficos a partir dos seus interrogantes: ¿para o que serve a filosofía?, a morte, a

verdade, o universo, a liberdade, a xustiza, a beleza, o tempo; dando pé ó comentario,

reflexión, análise, procura de información sobre o tema, produción de textos, debates,

etc.

• Golding, Willian, El señor de las moscas. Alianza Editorial.

• Orwell, George, 1984. Ediciones Destino.

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 51

• Trumbo, Dalton, Johny cogió su fusil. Punto de lectura.

• Millas, Juan José. El orden alfabético. Punto de lectura.

• K. Dick, Philip, ¿Sueñan los androides con ovejas electricas? Edhasa.

• Coetze, Esperando a los bárbaros. Punto de lectura.

• Tolstoi, La muerte de Ivan Illich. Editorial Juventud

• Sanchez Piñol, Albert, La piel fría.Quinteto. 2006

HISTORIA DA FILOSOFÍA

LECTURAS OBRIGATORIAS DE TEXTOS DE DIFENTES FILÓSOFOS

• Platón

• Aristóteles

• Agostiño-Tomé

• Descartes-Hume-Locke

• Kant

• Marx

• Nietzsche

LECTURAS DE ARTIGOS PERIODÍSTICOS REFERENTES ÓS FILÓSOFOS SINALADOS

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 52

11. ANEXO Á

MEMORIA

DE ACTIVIDADES

2010-2011

� Reportaxe fotográfica

� CD con ficheiros adxuntos

“Mergúllate no(s) fondo(s)” Memoria Plambe 2010/2011

Biblioteca Sarmiento

IES de Curtis 53

ÍNDICE

1. Reportaxe fotográfica

2. CD con ficheiros adxuntos:

• Presentación Jclick – Formación de usuarios.

• Materiais do concurso Quen é esa muller?

• Exposición e cuestionario sobre os Premios Nobel da Paz.

• Custionario sobre a exposición de Luís Seoane.

• Carteis dos encontros literarrios.

• Mochilas viaxeiras.

• Sitios na rede.

• Enquisa ao alumnado sobre o funcionamento da biblioteca.

• Enquisa ao profesorado sobre o funcionamento da biblioteca.

• Proxecto lectos.

• Mostra de lecturas recomendadas

(http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/2010/12/para-ler-en-nadal-ti-e-

os-teus.html)

• Proxecto interdisciplinar.

• Club de lectura “Fendetestas” (http://clubfendetestas.blogspot.com/)

A Coordinadora da Biblioteca Vº e Pce. O Di rector

Begoña Iglesias Cao Juan Fandiño da Torre