Memoguau no1

12
MemoGuau! _ nº1 2016 Memoria de actividades realizadas pola asociación Asoc. C. Amigos da Canceira de Ordes NIF: G70485198 | Rúa Alfonso Senra, nº128 15680 Ordes Tlfno: 646635340 | Email: [email protected] Que é o “MemoGuau!”? O MemoGuau! é un resumo de todas as actividades, logros ou novas realizados pola Asociación Amigos da Canceira de Ordes, para manter informados a todos os socios e socias! Editarémola cada 4 ou 5 meses, así que, sempre que chegue ao teu correo o “MemoGuau!corre a lelo! Comezar unha Asociación, cousa de moito papeleo!! Unha das cousas que nos levou máis tempo, foi acadar todos os temas administrativos necesario, pero estamos moi contentos porque acadamos todo isto: - Rexistrados no rexistro xeral de Asociacións da Xunta. - Temos xa o noso propio número de identificación fiscal. - Estamos rexistrados no rexistro municipal de Asociacións. - Temos contratado un seguro de responsabilidade civil Qué nos falta aínda? Un convenio co concello que nos permita sacar os cans da canceira, asegurámosvos que estamos insistindo moito niso!!

description

O MemoGuau! é un resumo de todas as actividades, logros ou novas realizados pola Asociación Amigos da Canceira de Ordes, para manter informados a todos os socios e socias! Editarémola cada 4 ou 5 meses, así que, sempre que chegue ao teu correo o “MemoGuau!” corre a lelo!

Transcript of Memoguau no1

Page 1: Memoguau no1

MemoGuau! _ nº1 2016 Memoria de actividades realizadas pola asociación

Asoc. C. Amigos da Canceira de Ordes NIF: G70485198 | Rúa Alfonso Senra, nº128 15680 Ordes Tlfno: 646635340 | Email: [email protected]

Que é o “MemoGuau!”?

O MemoGuau! é un resumo de todas as actividades, logros ou novas realizados pola Asociación Amigos da Canceira de Ordes, para manter informados a todos os socios e socias! Editarémola cada 4 ou 5 meses, así que, sempre que chegue ao teu correo o “MemoGuau!” corre a lelo!

Comezar unha Asociación, cousa de moito papeleo!!

Unha das cousas que nos levou máis tempo, foi acadar todos os temas administrativos necesario, pero estamos moi contentos porque acadamos todo isto:

- Rexistrados no rexistro xeral de Asociacións da Xunta. - Temos xa o noso propio número de identificación fiscal. - Estamos rexistrados no rexistro municipal de Asociacións. - Temos contratado un seguro de responsabilidade civil

Qué nos falta aínda? Un convenio co concello que nos permita sacar os cans da canceira, asegurámosvos que estamos insistindo moito niso!!

Page 2: Memoguau no1

MemoGuau! _ nº1 2016 Memoria de actividades realizadas pola asociación

Asoc. C. Amigos da Canceira de Ordes NIF: G70485198 | Rúa Alfonso Senra, nº128 15680 Ordes Tlfno: 646635340 | Email: [email protected]

Temos teléfono propio!

Xa temos teléfono da Asociación C. Amigos da Canceira! Así facilitamos as adopcións, este é o noso tlfno: 646635340 ó outro lodo atendemos un socio ou voluntario, agradecemos que nos chames nun horario razonable, estaremos encantados de atenderte!

Visitas á canceira

Gracias ao grupo de Whatsapp no que estamos os socios, realizamos visitas regularmente á canceira. Estas visitas son importantíiisimas porque é o momento no que socializamos ós peludos, para mellorar a súa relación cos humanos, e onde se relaxan e liberan algunha desa ansiedade que lles provoca estar encerrados! Se eres soci@ e non estas no grupo, e desexas estalo para enterarte de cando imos realizar visitas, por favor avísanos!! Estaremos encantadas de incluirte!

Page 3: Memoguau no1

MemoGuau! _ nº1 2016 Memoria de actividades realizadas pola asociación

Asoc. C. Amigos da Canceira de Ordes NIF: G70485198 | Rúa Alfonso Senra, nº128 15680 Ordes Tlfno: 646635340 | Email: [email protected]

Vaquiñas solidarias cos cans!

Dende o pasado mes de Novembro, Na pequena eco tenda de Casa Grande de Xanceda, podes mercar estes peluches de vaca tan simpáticos! Os beneficios de este peluche están destinados á Asoc. Amigos da Canceira para promover as adopcións e loitar contra o abandono. É unha iniciativa xenial que agradecemos sinceiramente! Se queres axudar ós cans sen fogar, aquí tes outro xeito de facelo!

Doazón de 1000€ de Casa Grande de Xanceda

Casa Grande de Xanceda, dona a Asoc. Amigos da Canceira de Ordes 1000€ para seguir fomentando a adopción e concienciación para acabar co abandono de mascotas! Esta cantidade é o resultado da suma dunha parte das entradas vendidas nas ecovisitas que realiza esta simpática granxa. Estamos realmente agradecidos de que nos escollera a nós como destinatarios desta doazón anual.

Page 4: Memoguau no1

MemoGuau! _ nº1 2016 Memoria de actividades realizadas pola asociación

Asoc. C. Amigos da Canceira de Ordes NIF: G70485198 | Rúa Alfonso Senra, nº128 15680 Ordes Tlfno: 646635340 | Email: [email protected]

Grupo de traballo “merchandising”

Os grupos de traballo comezaron funcionar recentemente, pero con resultados boísimos!! É o caso do grupo de Merchandising, que con unha organización moi boa, e con un montón de socios voluntarios conseguiu elaborar unha morea de peluches de tela con forma de canciños, que por certo, foron un éxito na Feira do Champiñón!

Grupo de traballo “redes sociais”

Temos tamén un equipo de traballo dedicado ás redes sociais, que son a nosa principal vía de difusión para conseguir adopcións! Ademáis de publicar simpáticas fotos dos peludos, realizamos atención ós usuarios, e

proporcionamos a información máis actualizada posible.

Temos un bonito Facebook: /segundaoportunidade.ordes E tamén o recente Instagram: https://www.instagram.com/segundaoportunidadeordes/ SÍGUENOS E AXÚDANOS A DIFUNDIR ¡!

Page 5: Memoguau no1

MemoGuau! _ nº1 2016 Memoria de actividades realizadas pola asociación

Asoc. C. Amigos da Canceira de Ordes NIF: G70485198 | Rúa Alfonso Senra, nº128 15680 Ordes Tlfno: 646635340 | Email: [email protected]

Feiras multisectoriais no concello

Na Feira do Champiñón de Ordes de este ano, e na Feira do Lancón con Grelos do Mesón do Vento, estivemos presentes con un stand,e con diferentes artículos elaborados polos socios voluntarios da asociación. Tivo un especial éxito a Feira do Champiñon de Ordes, na que se venderon máis de 50 cans elaborados á mán polo grupo de traballo de Merchandising! Con todo, o máis importante foi darnos a coñecer nestas feiras.

Huchas solidarias

Nos comercios de Ordes e arredores poderás atopar esta hucha solidaria, na que podes doar as voltas se o desexas para colaborar coa asociación.

A onde vai parar o reucaudado? Pois irá destinado a mellorar a calidade de vida dos cans sen fogar, a financiar operacións necesarias destes pequenos e/ou outras interevencións veterinarias… todo o preciso para que teñan boa saúde e sexan máis fácilmente adoptables, porque adorables xa o son! ;)

Outro xeito de facer doazóns:

Coa tú doazón, teremos máis recursos para axudar a que os cans sin fogar que viven na canceira, teñan unha mellor e máis saudable estancia, e tamén nos axudará a realizar actividades para visibilizar os cans abandonados e conseguir máis adopcións, e sobre todo: sensibilizar contra o abandono.

Sempre que queiras podes realizar a túa doación no seguinte número de conta da Asociación Amigos da Canceira de Ordes: ES34 2100 4201 5822 0012 1493 - de La Caixa

Todos os cans sin fogar agradécenche moito a túa sensibilidade!

Page 6: Memoguau no1

MemoGuau! _ nº1 2016 Memoria de actividades realizadas pola asociación

Asoc. C. Amigos da Canceira de Ordes NIF: G70485198 | Rúa Alfonso Senra, nº128 15680 Ordes Tlfno: 646635340 | Email: [email protected]

Un can, un amigo

Un can, un amigo, é un programa de educación nas aulas que pretende fomentar a tenencia responsable de animais e loitar contra o abandono. En Galicia contamos con datos alarmantes de abandono, 42.000 cans e gatos no 2015 (2015, La Opinión).

Esta formación nas aulas está dirixida a todos os alumnos de primaria (desde primeiro a sexto) dos principais colexios da comarca de Ordes, e o seu obxectivo é fomentar valores de solidariedade e tenencia responsable de animais, axudando a crear así unha sociedade máis respectuosa cos animais e máis solidaria.

Toda a info desta iniciativa en: uncanunamigo.com

Esta iniciativa é levada a cabo en colaboración con Casa Grande de Xanceda, e co apoio de todos os concellos da comarca de Ordes.

Excursións de coles á canceira

Recibimos excursións de colexios na canceira. Non se trata de visitar os animais coma nun ecozoo, tratase de coñecer a realidade dunha canceira, na que os cans, están ben atendidos, pero encerrados e sofren de ansiedade, por non poder correr libremente!

Page 7: Memoguau no1

MemoGuau! _ nº1 2016 Memoria de actividades realizadas pola asociación

Asoc. C. Amigos da Canceira de Ordes NIF: G70485198 | Rúa Alfonso Senra, nº128 15680 Ordes Tlfno: 646635340 | Email: [email protected]

Iogures que fomentan a adopción

Os deliciosos iogures ecolóxicos de Casa Grande de Xanceda levarán orgullasamente a foto dos nosos simpáticos peludos sen fogar, a todas as tendas onde se comercializan ó longo do territorio español! Esta acción axudará a visibilidar ós que case sempre son invisibles, e a aumentar a sensibilidade social. Sabiades que en España se abandonan cada hora 16 cans ou gatos?? ( 15.08.2015, 20 minutos), o que fai que España sexa o país que máis abandona de Europa (10/07/2014, la vanguardia)??!! Con esta iniciativa de Casa Grande de Xanceda, seguro que conseguimos moOoitas adopcións, GRACIAS A ESTA EMPRESA POLO SEU COMPROMISO!

Adopcións 2016

Máis de 18 cans adoptados nos primeiros 5 meses do ano. Non está nada mal, pero é insuficiente.

A canceira está chea de cans, precisamos moitas máis adopcións, asíque dende aquí agradecémosche moito que difundas entre os teus amigos e coñecidos a posibilidade de adoptar, moito mellor, máis ético e máis económico que a de mercar!!

Page 8: Memoguau no1

MemoGuau! _ nº1 2016 Memoria de actividades realizadas pola asociación

Asoc. C. Amigos da Canceira de Ordes NIF: G70485198 | Rúa Alfonso Senra, nº128 15680 Ordes Tlfno: 646635340 | Email: [email protected]

Casas de acollida

As casas de acollida son moOoi importantes! É o xeito de que os cans poidan curarse da ansiedade que a canceira lles provoca, e tamén a fórmula máis segura para pasar calquera post-operatorio que os cans precisen. Anímate a acoller de forma temporal ou longa, desde a asociación axudaremosche neste camiño! Nestes momentos estamos traballando en todas as formas de colaboración, e perfeccionando a xestión para as casas de acollida, pero se tes sitio, che gustan os cans, e contemplas esta posibilidade, ponte en contacto con nós!!

Xa somos máis de 50 socios!

Paso a paso faise o camiño, pero sen todos os socios sería imposible! Con só algo máis de cinco meses de existencia xa somos máis de 50 socios! Entre todos habemos conseguir que na canceira de Ordes non se sacrifiquen cans, e tamén unha sociedade máis responsable cos animais!

Page 9: Memoguau no1

MemoGuau! _ nº1 2016 Memoria de actividades realizadas pola asociación

Asoc. C. Amigos da Canceira de Ordes NIF: G70485198 | Rúa Alfonso Senra, nº128 15680 Ordes Tlfno: 646635340 | Email: [email protected]

Socios Junior

Os máis pequenos tamén poden ser xa socios da canceira! Moitos pais e nais nos demandaban a posibilidade de facer socios ós seus fillos, asíque optamos por facer socios tamén os nenos e nenas! Terán unha cota de 10€/ano e recibirán nas súas casas un carnet de socios Junior coma este! Poderán acudir ás visitas que facemos á canceira sempre acompañado dun adulto responsable. Resumo memoria do 2015 Como este é o 1º Memoguau que publicamos, quixemos reunir aquí tamén algun dos importantes acontecementos do ano 2015, cando estábamos aínda arrancando!:

Doazón de camiñas para os cans –Maio 2015

Esta foi unha donación de camiñas para os cans, foi moi importante. Agora os cans non teñen porqué durmir sobre táboa, senon que poden facelonunha destas camiñas especiais para cans – estas camas non crian fungos, nin parásitos – Esta doazón foi feita en maio de 2015 por Casa Grande de Xanceda.

Page 10: Memoguau no1

MemoGuau! _ nº1 2016 Memoria de actividades realizadas pola asociación

Asoc. C. Amigos da Canceira de Ordes NIF: G70485198 | Rúa Alfonso Senra, nº128 15680 Ordes Tlfno: 646635340 | Email: [email protected]

Asamblea nº1 – Amigos da Canceira de Ordes – Novembro 2015

Celebramos a primeira asamblea da Asoc. Amigos da Canceira de Ordes, na que ademáis de coñecernos, foi o pistoletazo de saída! Aproveitamos tamén para facer membros honoríficos a Chita (Veterinaria da Canceira) e a Roberto (que se encarga a diario do benestar dos cans). Foi un encontró fermoso do que saíron moitas ideas, e moitas ganas de traballar!

Árbore de Nadal perruna – Decembro 2015

No Nadal de 2015, entre os socios e coa colaboración do concello de Ordes, adornamos unha das árbores de nadal que estaba na Alameda. Foi un evento moi bonito, e tamén foi a primeira acción que fixemos en conxunto varios dos socios!

Page 11: Memoguau no1

MemoGuau! _ nº1 2016 Memoria de actividades realizadas pola asociación

Asoc. C. Amigos da Canceira de Ordes NIF: G70485198 | Rúa Alfonso Senra, nº128 15680 Ordes Tlfno: 646635340 | Email: [email protected]

Especial agradecementos a todos os colaboradores, que dalgunha forma ou doutra axudaron ós cans sen fogar!

• CASA GRANDE DE XANCEDA • SEGUROS BILBAO • A CASA DAS MEDIAS • ESTIPEL • CLINICA FISIOTERAPIA PAULA • BAR O SERRADEIRO • ABACCO • RESIDENCIA DE MAIORES DE ORDES • FARMACIA LIÑARES • AS PUNTADAS • CONCELLO DE ORDES • CERVECERIA BULL DOG • RAMA PELUQUERO • BAR CORREOS • BAR REGOS • REGALIA • PODOLOGIA LAURA MENDEZ • CENTRO ESTETICA INES • TEJIDOS RODRIGUEZ • FARMACIA VETERINARIA ALBEITEIRA • CAFETERIA NOGALLAS • ESTANCO ESTRELLA • PANADERIA GENDE • DRESS • PELUQUERIA MARIA MARTINEZ • LIBRERÍA PARAISO • A TENDA DE ANA • FARMACIA VETERIANARIA COLUGA • FARMACIA VETERINARIA AGROBOTICA • EKATÉ • CERVECERIA ISLIA • LA CASA DE LOS VEGETALES • PANADERÍA BOGA • CERVECERÍA AS OLIVEIRAS • FLORES ABELLÁ • BAR BESTILLEIRO

Ruby: precisa adopción ou casa de acollida, está na canceira e non é un bo sitio para unha cahorriña coma ela!

Page 12: Memoguau no1

MemoGuau! _ nº1 2016 Memoria de actividades realizadas pola asociación

Asoc. C. Amigos da Canceira de Ordes NIF: G70485198 | Rúa Alfonso Senra, nº128 15680 Ordes Tlfno: 646635340 | Email: [email protected]

Polly: precisa adopción ou casa de acollida, está na canceira e non é un bo sitio para unha cahorriña coma ela! É irmá de Ruby.