Marxismo básico.

21

description

Karl Marx, nado en Maio de 1818 nunha cidade pertencente no momento ao Reino de Prusia (Alemaña). En 1844 trasládase a París. Alí coñece a Engels, nado nunha familia conservadora e quen se achegou ás míseras condicións de vida dos traballadores da primeira potencia industrial do mundo (Inglaterra) estando ao frente dos negocios familiares. Traballaron xuntos na análise dos principios do comunismo e na organizción do movemento internacional de traballadores. Escriben Die heilige Familie (A Sagrada Familia) e Die deutsche ideologie (A Ideoloxía Alemá) contra Feuerbach e os hegelianos por idealistas. Dous anos máis tarde unifican o movemento na Liga dos xustos (Liga comunista) co Manifesto Comunista. Marx escribiu tamén Das Kapital (O capital), unha análise histórica e detallada da economía do sistema capitalista. Desenvolveu a teoría na Kritik des Gothaer Programms (Crítica do programa de Gotha). Disolveu a Liga Comunista e fundou a I Internacional.

Transcript of Marxismo básico.

Page 1: Marxismo básico.
Page 2: Marxismo básico.

Karl Marx, nado en Maio de 1818 nunha cidade pertencente nomomento ao Reino de Prusia (Alemaña). En 1844 trasládase aParís. Alí coñece a Engels, nado nunha familia conservadora equen se achegou ás míseras condicións de vida dos traballadoresda primeira potencia industrial do mundo (Inglaterra) estandoao frente dos negocios familiares. Traballaron xuntos na análisedos principios do comunismo e na organizción do movementointernacional de traballadores. Escriben Die heilige Familie (ASagrada Familia) e Die deutsche ideologie (A Ideoloxía Alemá)contra Feuerbach e os hegelianos por idealistas. Dous anos máistarde unifican o movemento na Liga dos xustos (Liga comunista)co Manifesto Comunista.

Marx escribiu tamén Das Kapital (O capital), unhaanálise histórica e detallada da economía do sistemacapitalista. Desenvolveu a teoría na Kritik des GothaerProgramms (Crítica do programa de Gotha):

“Entre os sistemas capitalista e comunista, atópase operíodo de transformación revolucionaria dun no outro.Esta fase corresponde a un período de transición, noque o Estado non pode ser outro que a ditadurarevolucionaria do proletariado”

Disolveu a Liga Comunista e fundou a I Internacional.

co Manifesto Comunista.

Page 3: Marxismo básico.

·Ninguén nace marxista.

· As marxistas realizamos unha reflexión da estrutura económica, social e política, edefendemos un novo modelo socioeconómico.(Diferenza entre estrutura e superestrutura)

· Hai diversas concepcións do mundo, progresivas e reaccionarias. As ideas reaccionariasson aquelas que se basean en idealismos. As marxistas non admitimos a existencia deseres sobrenaturais e creadores; vivimos na realidade marial e natural que nos rodea.Baseámonos na ciencia, pois a natureza ten as súas propias leis e mediante estas cambiae evoluciona.(Diferenza entre idealismo e materialismo)(Diferenza entre idealismo e materialismo)

·A teoría marxista non é un dogma, senón que proporciona unha base científica á políticarevolucionaria. Non nos guiamos por desexos obxectivos, pois podemos caer en soños enon axustarnos ás leis naturais.(Materialismo dialéctico)

·A teoría marxista responde á misión histórica da clase obreira: liberación de oprimidas eexplotadas.(Materialismo histórico)

· Por último, é importante que aprendamos a comprender a economía (estrutura) docapitalismo para poder entender a sociedade.

Page 4: Marxismo básico.

MATERIALISMO E IDEALISMO.

· Materialismo: corrente filosófica oposta ao idealismo que postula a materia como substratode toda realidade, sexa concreta ou abstracta (ideas, pensamento). A materia é toda realidadeobxectiva que nos vén dada nas sensacións; V.I. Lenin. Polo tanto, a materia é independente daconciencia(/pensamento/ideas), pero non ao revés: hai materia sen conciencia, pero non haiconciencia sen materia. A conciencia encárgase de descubrir e probar as leis naturais, as leisnaturais non se axustan á nosa conciencia.

A conciencia non se forma por contemplación pasiva, senón mediante práctica e interacciónactiva, traballo. A práctica ten prioridade sobre a teoría, o traballo sobre a conciencia.

· Idealismo: afirma a primacía das ideas ou a súa existencia independente; supón que os· Idealismo: afirma a primacía das ideas ou a súa existencia independente; supón que osobxectos non poden ter existencia sen que haxa unha mente consciente destes.

1. Idealistas obxectivos: afirman que existe o espiritual fóra e de formaindependente dos homes.

2. Idealistas subxectivos: afirman que o ser humano trata só con fenómenos da súapropia conciencia e que calquera outra cousa non é real.

Page 5: Marxismo básico.

MATERIALISMO DIALÉCTICO: análise científica das condicións reais de vida dos sereshumanos e das súas necesidades, non o que estes pensan que son.

· Materialismo: Non é a conciencia dos seres humanos o que determina o seu ser, senón o seu sersocial o que determina a súa conciencia; Karl Marx.

· Dialéctico: dálle importancia aos procesos, ás relacións, ás dinámicas e aos conflitos. É unhavisión do mundo dinámica. O movemento é a única forma de ser da materia; F. Engels.

Nace a partir do materialismo mecánico de Feuerbach e a dialéctica idealista de Hegel. Hegelera dialéctico pero idealista, Feuerbach era materialista pero metafísico. Supera o materialismomecánico de xeito que non analiza a materia illada ou fóra de contexto, senón como unhamecánico de xeito que non analiza a materia illada ou fóra de contexto, senón como unhatransformación en relación co resto da natureza.

É científico, polo que é un método de análise para tódalas sociedades e para tódalas épocas.Por exemplo, podemos tomar a Teoría da evolución de Darwin, que pon fin á idea de que asespecies son inmutábeis, eternas e sen mínima relación entre si. Outro exemplo é a enerxía setransforma, non se crea. O materialismo dialéctico é unha actitude científica cara a realidade.

Respecto á relación causa-efecto, a causalidade e tan só unha pequena partícula daconcatenación universal; Lenin. A causalidade está subordinada aos desenvolvementosnecesarios, aqueles cos que non pode pasar outra cousa que producirse. Esa necesidade estásuxeita a leis naturais independentes da vontade dos seres humanos. Exemplo: envellecer.

Page 6: Marxismo básico.
Page 7: Marxismo básico.

Por último neste apartado, cómpre mencionar as contradicións dialécticas: fenómenos ouprocesos contrarios que se exclúen mutuamente e que ao tempo presupóñense un ao outro,e que dentro do fenómeno dado existen unicamente en relación recíproca. Non podemosanalizar os fenómenos de xeito estático, senón que temos que seguir o seudesenvolvemento.

1. Contradicións antagónicas: son as que se dan entre grupos ou clases conintereses contrapostos que non poden ser conciliadas. De aí vén a falsa argumentaciónrevisionista e oportunista de non admitir que existe unha contradición entre a burguesía e oproletariado que non pode ser resolta por conciliación ou de xeito pacífico.

2. Contradición non antagónica: son as que se producen nunha sociedade ondeos intereses fundamentais son os de tódolos membros, clases ou grupos que a conforman;de aí que esas contradicións non se resolva pola loita de clases, senón pola cooperaciónde aí que esas contradicións non se resolva pola loita de clases, senón pola cooperaciónconxunta. Esta é a propia dunha sociedade socialista.

Ademais non existe nada nun estado absoluto. Este proceso dialéctico de contradiciónentendémolo como afirmación/tese, negación/antítese e negación da negación/síntese.

A dialéctica metafísica estuda osprocesos de xeito illado: principio deillamento, as cousas son en si mesmassen relación entre elas. Polo que acabapor rexeitar o principio de contradición.

Page 8: Marxismo básico.
Page 9: Marxismo básico.

MATERIALISMO HISTÓRICO: sostén que a historia humana está baseada na formulación de quea evolución social está definida polos cambios na estrutura.

Nun marco teórico, explica os desenvolvementos da historia humana a partir de factoresprácticos, tecnolóxicos ou materiais, en especial o modo de produción e as limitacións que esteimpón ao resto dos aspectos organizativos (aspectos económicos, xurídicos, ideolóxicos,políticos, culturais, etc.). Para o materialismo histórico os cambios tecnolóxicos e o modo deprodución son os factores principais do cambio social, xurídico e político, e neses factoresmateriais dese tipo é onde deben buscarse as causas últimas dos cambios.

As sociedades son herdeiras dos instrumentos de produción que crearon xeracións anteriores, eas novas xeracións van perfeccionándoas e modificándoas. A produción non é obra dunas novas xeracións van perfeccionándoas e modificándoas. A produción non é obra dunindividuo, ten un carácter social. Neste proceso de produción de ben materiais, as persoasrelaciónanse as unhas coas outras, converténdose o individuo nunha partícula do traballo social.

Nun determinado grao dodesenvolvemento, a propiedadedos medios de produción vai serseparada, o que establece nocurso da produción relacións declase. As relacións de produciónson de índole material, e o seucarácter vén determinado polonivel de desenvolvemento e ocarácter das forzas produtivas.

Page 10: Marxismo básico.

ESTRUTURA (económica)

Modo de produción:

· Relacións de produción: empresarios; obreiras.

· Forzas produtivas: obreiras; maquinaria, minas…

Condicións materiais de produción.

SUPERESTRUTURA (ideolóxica)

· Organización xurídico -política

· Conciencia ideolóxica: ética, filosofía, política, relixión, etc.

Establece un réxime xurídico-político quelexitime o poder e transmite a ideoloxíada clase dominante: “as ideas da clasedominante son as ideas dominantes dedominante son as ideas dominantes decada época”.

A superestrutura non ten historia propia independente, senón que está baixo os intereses daclase dominante, e só pode desenvolverse dentro dos límites da estrutura. Os cambios nasuperestrutura son consecuencia dos cambios na estrutura (economía). Os cambios doselementos da superestrutura só se poden realizar coa completa comprensión da estrutura edos cambios económicos. A estrutura determina a superestrutura.

Isto tamén explica a idea de que non é posíbel a independencia do pensamento respecto áscondicións materiais específicas. Non se debe confundir co determinismo, pois actúa comocondicionante, non como determinante. Doutro xeito, non poderíamos transformar. Omarxismo explica ao ser humano e o seu desenvolvemento histórico a partir do ser humanocomo práctico transformador.

Page 11: Marxismo básico.
Page 12: Marxismo básico.

A SUPERESTRUTURA E O ESTADO.

O Estado no capitalismo é un elemento da clase dominante para a opresión da clase dominada.Garante a dominación dos propietarios sobre os non propietarios baixo un mecanismo de dobrecara: a forza e o consenso. Sen clases non hai Estado.

A proposta de Marx é a extinción do Estado. Refírese a chegar á realización dunha verdadeiracomunidade humana, libre das diferenzas de clases, sen precisar soster toda esa estrutura depoder que regula as relacións entre opresores e oprimidos. Para isto é precisa a ditadura doproletariado.

A abolición non é máis quea consecuencia naturaldesta superación dodesta superación doegoísmo humano e a súapaixón polo poder, quenon son outra cousa queas bases do capitalismo.

A abolición do Estado é unaspecto máis dunha amplae profunda transformaciónda sociedade.

Page 13: Marxismo básico.

ESTRUTURA E CLASES.

· Comunismo primitivo: sociedade sen clases polo escaso desenvolvemento histórico.· Escravismo: escravo e escravistas.· Feudalismo: servos e señores feudais.· Capitalismo: obreiros e burgueses.· Comunismo: sociedade sen clases polo alto desenvolvemento histórico.

Unha clase é a explotadora porque posúe o control do proceso produtivo e o excedente(plusvalía). No capitalismo rómpese o proceso produtivo natural. Este proceso consiste nasatisfacción das necesidades a través da transformación da natureza. Os humanos somosesencialmente produtivos, e para sobrevivir precisamos traballar en e coa natureza. O sereshumanos deixamos de ser libres cando vendemos a nosa forza de traballo; é dicir, nonhumanos deixamos de ser libres cando vendemos a nosa forza de traballo; é dicir, nonposuímos os medios de produción, vendémoslla a quen os posúe.

Todo isto produce a alienación, pois rómpese a interconexión natural das persoas entre si e oproduto do seu traballo. A clase dominada crea produtos que a continuación escapan do seucontrol e determinan as súas condicións de vida, e as relacións humanas aparecen comorelacións entre cousas (“fetichismo da mercadoría”).

Como consecuencia, agóchase o carácter social do traballo e as mercadorías non sonrecoñecidas como produtos sociais, senón privados. Así, a sociedade cae na lóxica damercadoría e deixa de verse coma un conxunto; deixa de verse coma unha construciónhumana e modificábel polo ser humano.

Page 14: Marxismo básico.

CONCLUSIÓNS DA CONCEPCIÓN MARXISTA.

“As relacións económicas (estrutura) son as que determinan dialecticamente o curso dahistoria.”; “A historia é consecuencia do desenvolvemento dialéctico da estruturaeconómica, causa dos feitos e motor da evolución da humanidade.”

No desenvolvemento das forzas produtivas chega a un momento no que se tornan en enforzas destrutivas (maquinaria e cartos), as crises, e unha clase que debe soportar tódolosinconvenientes da sociedade.

As forzas produtivas son exercidas mediante a dominación, polo que a loita revolucionariadebe dirixirse contra a clase dominante.

Mentres que as revolucións anteriores deixaron intacto o modo de actividade anterior, osocialismo e a ditadura do proletariado suprimirá as clases para unha sociedade comunista.

Esta transformación só poderá conseguirse mediante unha revolución, pois é o único xeitode que a clase dominante sexa derrocada e que a clase revolucionaria sexa capaz de fundara sociedade sobre novas bases.

Page 15: Marxismo básico.

CUESTIÓNS DE COMPRENSIÓN.

· Estabas nun piñeiral cunha amiga e caeuche unha piña na cabeza. A túa percepción dosucedido é diferente á da túa amiga. A piña caeu porque sentes dor ou sentes dor porque checaeu a piña? A piña caeu porque a viches caer ou víchela caer porque caeu? A piña tería caídoinda que ti non estiveras presente ou caeu porque estabas alí?

· A terra experimenta a rotación e a translación, polo que está en continuo movemento. É unhaafirmación materialista mecanicista ou dialéctica?

· Por qué lanzar un balón ao aire non é un desenvolvemento necesario? Hai algún· Por qué lanzar un balón ao aire non é un desenvolvemento necesario? Hai algúndesenvolvemento necesario nesa acción (pode ser durante a acción, anterior ou posterior)?

· Por que defender a existencia dun deus (ou varios) é unha teoría idealista?

· Dicir que a evolución social vén determinada polo desenvolvemento tecnolóxico é unhaafirmación materialista dialéctica?

· Por que o ecoloxismo non é unha solución á destrución do capitalismo ou ao capitalismomesmo? Colaborar cunha ONG é unha solución ao capitalismo?

Page 16: Marxismo básico.

ECONOMÍA.

1. Mercadoría. É todo aquilo que se pode intercambiar, vender ou mercar, pode ser un obxectoou un servizo. Marx defínea como algo apto para satisfacer as necesidades humanas, sexan daclase que sexan; non como un valor que producimos para o autoconsumo

2. Valor da mercadoría: é de dous tipos. O valor de uso é o entendido como a utilidade, acapacidade de satisfacer algunha necesidade. O valor de cambio é a capacidade que ten oobxecto de intercambiarse por outras mercadorías, e hai que saber diferencialo do prezo, pois ovalor de cambio mídese polo que pode ser intercambiado (non necesariamente por cartos).

Son valores independentes dunha mesma mercadoría, pode ter moito valor de uso e pouco decambio, e viceversa. Exemplos: o pan ten moito valor de uso e pouco de cambio; o ouro, poucocambio, e viceversa. Exemplos: o pan ten moito valor de uso e pouco de cambio; o ouro, poucode uso e moito de cambio. A utilidade non determina o valor.

Confundir valor e prezo leva a pensar que a lei de oferta e demanda determina o valor. Esta leidetermina o seu prezo, non ao seu valor. Cando a oferta e a demanda coinciden (difícil nocapitalismo), o valor sería equivalente ao prezo. Os cartos en metálico con unha mercadoría máis.

A rareza (o ouro) da mercadoría tampouco a determina, senón a cantidade de traballo que custaa busca e a obtención de obxectos raros. Por exemplo, en lugares de seca, a auga ten máis valorque o ouro, e non aumenta nin diminúe de valor, pois non depende do traballo humano.

Polo tanto, o traballo é a base do valor ou valor de cambio. Canto máis tempo requira aprodución (o traballo mídese en tempo) dunha mercadoría maior será o seu valor.

Page 17: Marxismo básico.

O valor de cambio é unha propiedade da mercadoría que nace coa aparición da produciónmercantil; é dicir, cando a produción está destinada ao intercambio. Nunha sociedadecomunista, o valor de cambio ducha mercadoría desaparecería xa que desaparecería aprodución mercantil.

Page 18: Marxismo básico.

3. Produción mercantil. O modelo capitalista é mercantil. Toda mercadoría cómprase e se vende,polo que a mercadoría é a célula básica da sociedade burguesa. Este tipo de produción naceu coaaparición da agricultura e a gandería, o que levou ao intercambio do excedente de produción.Para que exista, son necesarios os requisitos: división social do traballo e existencia de distintospropietarios independentes.

A mercadoría percorre dúas esferas: produción e circulación (compra-venda; nunha economíamonetaria as mercadorías intercámbianse por cartos, e os cartos por outras mercadorías).

Se temos unha mercadoría (a nosa forza de traballo), intercambiámola por cartos, e os cartosempréganse para comprar outras mercadorías (a comida, a casa, etc…): M-C-M’. O capitalistaempréganse para comprar outras mercadorías (a comida, a casa, etc…): M-C-M’. O capitalistaposúe o esquema contrario: acude con cartos ao mercado, compra unha mercadoría e logo avende por unha cantidade maior : C-M-C’.

O capitalista converte o seus cartos en Capital mercando medios de produción e pagando a forzade traballo polo seu valor, é dicir, o que significa pagarlle ao traballador a cantidade de medios desubsistencia necesarios para repor a forza de traballo gastada polo traballador, non polo seutraballo.

Page 19: Marxismo básico.

Non debemos confundir forza de traballo (gasto de enerxía humana, física u intelectual, aplicadoá produción) con traballo (mídese en tempo, actividade que se fai sobre a materia, producióndun obxecto). Tampouco medios de produción con medios de traballo: os medios de produciónestán formados polos obxectos de traballo (materia sobre a que traballamos, natureza) e osmedios de traballo (obxecto que empregamos para a produción de mercadorías).

Chegado o punto no que a obreira produce o valor da súa forza de traballo, segue traballando,segue creando valor. Este traballo non remunerado chámase plusvalor, que o capitalista recibeen forma de plusvalía.

A extracción da plusvalía é aprincipal forma de gananciado capitalista, e tamén é a

A produción capitalista non é simplemente a produción de mercadorías, éesencialmente a produción de plusvalía; Karl Marx.

do capitalista, e tamén é aforma de explotaciónexistente dento docapitalismo: a relación entreas horas de traballo pagadase non pagadas constitúe ograo de explotación. Nocapitalismo só é posíbelcrear valor mediante oplustraballo (traballo queproduce un valor superiorao da forza de traballo).

Page 20: Marxismo básico.

Sabendo isto podemos explicar máis detalladamente o proceso capitalista: C-M-M’-C.A partir dunha certa cantidade de cartos, o (inda non) capitalista merca os medios deprodución e as forzas produtivas. Con estas dúas mercadorías, produce outras novasque posteriormente venderá obtendo máis cartos dos que obtiña ao principio doproceso: C-M e M’-C’ pertencen á esfera de circulación, mentres que M-M’ pertenceá de produción.

Tamén podemos distinguir entre plusvalía absoluta e relativa. A absoluta consiste enaumentar a xornada laboral, co que aumentamos o número de horas nonremuneradas. A relativa consiste en aumentar a intensidade de traballo ou instalartecnoloxía, o que aumenta o ritmo de produción.

O capital variable é o destinado aos salarios; o capital constante é o destinado aosmedios de produción. O aumento da proporción do capital constante, tendo en contaque a forza de traballo é o único que crea valor, leva a unha menor creación daplusvalía.

Para conseguir que nacese unha clase disposta a vender a súa forza de traballo,houbo que rachar coas relacións feudais-servidume privatizando as terras earruinando a pequenos campesiños e pequenos artesáns que non podían competircoa industria capitalista, os medios de produción concentráronse en mans doscapitalistas (acumulación orixinaria).

Page 21: Marxismo básico.

CUESTIÓNS DE COMPRENSIÓN.

· Por que posuír un Iphone ou consumir Coca-Cola non te converte nunha persoaburguesa?

· A comida que se preparou unha persoa que vive soa nun piso (que axuda a repoñer assúas forzas de traballo) é unha mercadoría?

· Unha camiseta de marca vale máis que unha de Primark? Por que a de marca é máiscara?cara?

· Se traballando unha hora produzo 10e, os medios de produción custan 1e/hora e amiña forza de traballo é equivalente a cinco horas/día, canto plusvalor produzo ao día?(xornada laboral de 8 horas)

· Que explicación atopas a que o capital variable sexa o relativo á forza de traballo e ocapital constante sexa o relativo aos medios de produción?