MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 … · 2018-10-24 · BASKETBA S K E T...

12
BASKET B B B B B B B B B B B B B B B B B B B BA A A A A A A A A A A A A A A A A A A A A A A A A A A A A AS S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K KE E E E E E E E E E E E E E E E E E E E E E T T T T T T T T T T MAR MAR MAR MAR MAR MA A A MA MAR A MA A MAR M MA AR A A A MAR AR MA AR A MA AR A A TES TES TES TES TES T TES TE ES S S S S TE TES E TE E T MARTES 9 O 9O 9 O O O O O O 9O O O 9 O 9O O O O 9O 9O 9O 9 O 9 9 9 9O 9O 9 9 9 9 O 9O 9 O 9O 9 OUTU UTU UTU UTU UTU TU TU TU TU TU UTU UTU UTU UT UTU UT T TU UTU UT UT U UT UTU UT UT UT TU T UT TU U UBR BRO BRO BRO BRO R BRO RO R BRO BRO RO RO RO RO R BR B B B O B O B B B B B 9 OUTUBRO 2 20 20 20 20 20 0 0 2 20 0 0 0 20 0 2 2 2 2 18 18 18 18 18 18 8 18 8 8 1 2018 AN AN AN AN AN AN ANO V V O V O O O O O V - I - I º 16 16 16 16 16 16 1 1 7 7 7 7 ANO VI - Nº 167 Co Co Co C rre rre rre eo o o - o o li lid derlug lugo@ o@lavo oz.e zes Correo - [email protected] REPORTAXE Planet Mini, escola de formación A novidosa actividade dirixida por Álex Polo está orientada a xogadores e xogadoras de categoría minibasket JÚNIOR FEMININO Subcampionato da Copa Galicia feminina para un Estudiantes que vendeu moi cara a derrota en Vigo ante o Celta Espectacular posta de largo O Ensino presentou ás súas categorías inferiores e ao primeiro equipo que militará na Liga Día nun acto que quedará na retina de todos os presentes ao longo da tempada PRESENTACIÓN DO ENSINO

Transcript of MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 … · 2018-10-24 · BASKETBA S K E T...

Page 1: MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 … · 2018-10-24 · BASKETBA S K E T MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 OUTUBROO UTUUTUTUUTUTTUU BRBROBRBRROR O 220220180

BASKET

BBBBBBBBBBBBBBBBBBBBAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAASSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEETTTTTTTTTT

MAMARMARMAAAA TESTESESMARMARMARMARMARMAAAMAMARAMAAMARMMAARAAAMARARMAARAMAARAA TESTESTESTESTESTTESTEESSSSSTETESETEET MARTES 9 O9 O9 OOOOOO9 OOO9 O9 OOOO9 O9 O9 O9 O9999 O9 O999 9 O9 O9 O9 O9 OUTUUTUUTUUTUUTUTUTUTUTUTUUTUUTUUTUUTUTUUTTTUUTUUTUTUUTUTUUTUTUTTUTUTTUUUBRBROBROBROBRORBRORORBROBRORORORORORBRBBB OB OBBBBB9 OUTUBRO 220000001822020202020002200002002222 1818181818188188812018 ANNANO VOO I NNNN 161677ANANANANANANANO VVO VOOOOO V -I -I NºNºNºNºNºNºNºº 16161616161611 7 7 77 ANO VI - Nº 167 CoCoCoC rrerrerreeooo -o o lilidderluglugo@[email protected] esCorreo - [email protected]

REPORTAXE

Planet Mini, escola de formación A novidosa actividade dirixida por Álex Polo está orientada a xogadores e xogadoras de categoría minibasket

JÚNIOR FEMININO

Subcampionato da Copa Galicia

feminina para un Estudiantes que vendeu moi cara a derrota en Vigo ante o Celta

Espectacular posta de largoO Ensino presentou ás súas categorías inferiores e ao primeiro equipo que militará na Liga Día nun acto que quedará na retina de todos os presentes ao longo da tempada

PRESENTACIÓN DO ENSINO

Page 2: MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 … · 2018-10-24 · BASKETBA S K E T MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 OUTUBROO UTUUTUTUUTUTTUU BRBROBRBRROR O 220220180

Galicia volve a ser un reino celesteESTUDIANTES EXERCEU A SÚA CONDICIÓN de favorito recuperando o título da Copa Galicia júnior masculina

Estudiantes volve reinar na Copa Galicia júnior mas-culina. Os celestes cederon o trono nas dúas últimas tempadas nas que non chegaron mesmo a dispu-tar a final. Pero a tempada 2018/2019 xa se empezou a escribir con outro guión.

Nas semifinais os de Marcos López medíronse a Bosco Salesianos. Un partido que como todos os do debut nunha fase final estivo marcado de inicio polos nervios e as impre-cisións. O maior problema para os celestes radicaba no rebote, xa que concederon moitas segundas opcións a un Bosco que grazas a iso mantíñase no partido, 24-18 ao final do primeiro cuarto.

Co paso dos minutos Estudiantes parecía que tomaba o mando, pero os ourensáns resistíanse a perder corda no encontro, e cun segundo parcial de 21-20 chegouse ao des-canso cun axustado 45-38.

No intermedio Marcos López conseguiu axustar ao seu equipo, especialmente á hora de pechar o rebote defensivo, unha faceta que empezaron a dominar, e con iso puideron correr e abrir oco no marcador con rápi-das transicións.

O 26-18 co que finalizou o terceiro cuarto selaba

practicamente o pase á final, pero nos dez últimos minutos Estudiantes car-gou o deposito da confianza para a final cun bo balon-cesto para deixar o marca-dor final en 94-73.

Final ante COB A final máis esperada pro-duciuse. Estudiantes, aínda coa espiña cravada por un COB que a tempada pasada apeounos do Campio-nato de España, empezou o encontro con exceso de relaxación en defensa e con precipitación en ataque.

COB aproveitou para asinar un primeiro parcial

“Primero conseguimos el objetivo de jugar la final y después lo más importante fue trabajar todos por el bien del equipo” MARCOS LÓPEZ Estudiantes Lugo

Titas incorporouse á disciplina estudiantil esta temporadaLucas Álvarez nunha xogada de ataque en semifinais

Iago realiza unha entrada a canastra na final contra COB

O plantel ao completo celebrando o triunfo ante COB

Os celestes coa Copa xunto ao adestrador Marcos López

Os dous finalistas da Copa Galicia júnior, Estudiantes Lugo e COB Ourense, posando ao remate da entrega de premios da fase final no Anexo

JÚNIOR 1ª DIVISIÓN MASCULINO » Estudiantes

MARTES 9 OUTUBRO 20182

94 73Xogador P. Xogador P.Luis ReyTrabado CastroCabe ÁlvarezJorge PereiraLucas SearaIago LópezDiego RodríguezTitas IglesiasMark GonzálezAlberto Prieto

Alvariño

ESTUDIANTES BOSCO108 76

Xogador P. Xogador P.Luis 27 PrcotuCabe 12 CendiñoJorge 2 PardoLucas 4 SánchezIago 16 MartínezDiego 2 AresTitas 24 ÁlvarezMark 19 FerreiroAlberto 2 González

LópezBarbosa

ESTUDIANTES COB

SEMIFINAIS FINAL

de 6-16, o que propiciou un tempo morto de Mar-cos López co que chegou unha inmediata reacción estudantil, pechándose o

primeiro cuarto con 28-24. A dinámica ascendente xa non se detivo, 28-16 no segundo cuarto e un irresis-tible terceiro parcial, 34-21, co que sentenciaron a final cunhas rotacións de moita calidade ante un COB que se viu claramente superado por un Estudiantes que recu-pera o seu trono na Copa Galicia, manda un aviso aos seus rivais e demostra que quere recuperar tamén o título de Liga esta tempada.

202PUNTOS nos dous partidos da fase final da Copa Galicia. Un rexistro impresionante tendo en conta que Estudiantes mediuse aos equipos máis po-tentes do basket júnior galego

Page 3: MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 … · 2018-10-24 · BASKETBA S K E T MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 OUTUBROO UTUUTUTUUTUTTUU BRBROBRBRROR O 220220180

JÚNIOR 1ª DIVISIÓN MASCULINO » Estudiantes

MARTES 9 OUTUBRO 2018 3

Page 4: MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 … · 2018-10-24 · BASKETBA S K E T MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 OUTUBROO UTUUTUTUUTUTTUU BRBROBRBRROR O 220220180

JÚNIOR 1ª DIVISIÓN FEMININO » Estudiantes

MARTES 9 OUTUBRO 20184

56 40Xogador P. Xogador P.Ana SantaasZeltia BuzetaEva VicenteMaría MorodoAdriana SobrinoAlba GoicoecheaSabela BarciaYashina ReyCandela YáñezAlexia Hernández

PhilippDomínguez

ESTUDIANTES CÍA. DE MARÍA

48 67Xogador P. Xogador P.Ana FontelaZeltia YáñezEva OteroMaría PrietoAdriana FdezAlba VidalSabela FreireYashina NeiraCandela PadínAlexia Mendoza

ESTUDIANTES CELTA

Estudiantes tivo contra as cordas a todo un CeltaAS OLÍVICAS RENOVARON O TÍTULO DA COPA GALICIA JÚNIOR con moito máis suspense do esperado. As de Fernán Varela alzáronse co trofeo dos equipos mortais

O Estudiantes júnior feminino promete batalla esta tempada. O conxunto dirixido por Fernán Varela empezou ao grande a tempada co subcampionato da Copa Galicia, un posto que pode considerarse o título dos equi-pos mortais ante a hexemonía do Celta de Vigo nas últimas tempa-das.

Con todo, lonxe de confor-marse co segundo posto. Estu-diantes tivo contra as cordas ás anfitrioas, pero para iso antes tivo que eliminar a Compañía de María en semifinais.

Estudiantes meteuse na final tras un partido complicado en semis. A longa viaxe marcou o inicio de partido, no que as de Fernán Varela non estiveron ao seu mellor nivel, aínda que iso foi un trampolín desde o que non deixaron de crecer ao longo de toda a fase final.

Compañía de María empezou o partido con moita intensidade e dureza, polos que Estudiantes foi moitas veces á liña de per-soal. Atrás as celestes estiveron sólidas e froito diso tomaron as primeiras vantaxes no marcador, 14-8 ao final do primeiro cuarto.

A intensidade foi máis baixa no segundo parcial, controlado por un Estudiantes que se deu conta de que facendo as cousas ben e minimizando erros estaría na gran final.

O 29-19 co que se chegou ao descanso daba unha certa tran-

quilidade, pero aínda máis o deu a gran posta en escena tras o paso polos vestiarios nos que o conxunto celeste despegou no marcador, 44-22.

A renda no marcador relaxou ás de Fernán Varela, que xa se vían con pé e medio na final. Estudiantes quixo dosificarse antes de tempo, co que Compañía de María tomou algo de aire aínda que sen chegar a poñer en dúbida en ningún momento a vitoria do conxunto lucense.

A clara vitoria en semifinais aínda ten máis mérito se se ten en conta que Compañía de María alzouse co terceiro posto tras

“Conseguimos sacar un partido duro para llegar a la final. Estoy muy contento con el trabajo de las niñas, compitieron de tú a tú durante tres cuartos a todo un Celta. Lo que nos queda es seguir creciendo y mejorando”FERNÁN VARELA Estudiantes Lugo

impoñerse na final de consolación a Peleteiro, 56-55.

Final ante Celta de Vigo Na finalísima esperaba o anfi-trión e favorito Celta de Vigo, conxunto que monopoliza as últi-mas tempadas o título de Copa e Liga en Galicia, pero que o pasou mal ante un espectacular Estu-diantes.

A pesar de ter menos tempo de descanso, ao xogarse a súa semifinal máis tarde. As de Fer-nán sacaron forzas de fraqueza. O Celta empezou en plan irresisti-ble con dous triplos consecutivos, pero as celestes reaccionaron e aos poucos metéronse no encon-

tro ata tomar o mando no mar-cador, 18-14 ao final do primeiro cuarto.

O segundo cuarto fíxose un pouco longo polo cansazo acu-mulado, na parte inicial o equipo lucense mandou no marcador pero na recta final Celta deulle a volta para chegar ao descanso cun axustado 34-38 no marcador.

No terceiro parcial Estudian-

tes aferrouse ao encontro ante un Celta que nunca puido pasar a barreira psicolóxica dos dez pun-tos de vantaxe, e tan só foi capaz de romper o marcador ao seu favor no último parcial, ao impo-ñer a súa maior frescura física no rebote para alzarse co título tras pasalo moito peor do que indica o marcador final ante un gran Estudiantes.

DURÁN MAQUINARIA ENSINO - ESTUDIANTES LUGO

ENSINO E ESTUDIANTES CÍTANSE NA XORNADA INAUGURAL DA LIGA GALEGA

Os dous mellores equipos júnior feminino da Provincia veranse as caras por segunda vez esta tempada o vindeiro domingo a partir das 12:00 horas no Anexo, se non hai novidade nas próximas horas.

O primeiro encontro do curso mediulles na Copa Galician no que Estudian-tes apeou da competición ao Ensino. Este segundo será o primeiro da liga Galega júnior, competición que deparou o derbi da capital na primeira xornada.

Estudiantes chega á cita moito máis rodado tras a fase final da Copa Gali-cia pero o Durán Maquinaria Ensino faino con ánimos de desquite para afron-tar con bo pé o esixente inicio de tempada que lles espera ás de Miguel López.

SEMIFINAIS

FINAL

Celta de Vigo e Estudiantes Lugo posando ao remate da fase final da Copa Galicia júnior feminina disputada en Vigo o pasado domingo

O plantel do Estudiantes que disputou á fase final da Copa Galicia

Page 5: MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 … · 2018-10-24 · BASKETBA S K E T MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 OUTUBROO UTUUTUTUUTUTTUU BRBROBRBRROR O 220220180

PRESENTACIÓN » Durán Maquinaria Ensino

MARTES 9 OUTUBRO 2018 5

AGRADECEMENTO AOS PATROCINADORES

UN CLUB QUE MEDRA DENDE OS VALORES QUE INCULCA NA BASE

O Ensino segue consolidándose coma un dos clubs de referencia na Provin-cia e en Galicia e, agora máis que nunca, a nivel nacional. Para conseguilo toda a axuda e pouca polo que os diferentes patrocinadores, encabezados por Durán Maquinaria e Cafés Candelas, son imprescindibles neste crecemento dende as categorías inferiores ata chegar ao primeiro equipo.

No acto de presentación a directiva quixo agradecer este esforzo, así como o de todos os socios e animaron a todos os que aínda non o son a facerse para que Lugo non esperte do soño no que está metida co baloncesto feminino.

O Ensino presentouse por todo o alto e a toda máquina ESPECTACULO DE LUZ, SON, IMAXES E VÍDEOS para darlle a benvida á tempada 2018-2019 coa posta de largo do primeiro equipo do Durán Maquinaria e os conxuntos das categorías inferiores

Page 6: MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 … · 2018-10-24 · BASKETBA S K E T MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 OUTUBROO UTUUTUTUUTUTTUU BRBROBRBRROR O 220220180

O Ensino exhibe músculoA SEDE DE NEW HOLLAND NA CAMPIÑA foi o escenario onde se presentou o Día, a máxima competición do baloncesto feminino español. Na posta de longo, com

O Ensino segue rompendo moldes. O club referencia do baloncesto feminino presentou ao seu primeiro equipo e aos de base cun acto sen prece-dentes na Provincia, no que as máis novas se sentiron estrelas e puideron verse unha vez máis reflectidas nas xogadoras do pri-meiro equipo. . A batuta levouna o xornalista e presentador da TVG Terio Carreira.

A sede de New Holland nas instalacións de Durán Maquinaria transformáronse nunha pasarela de soños para un evento ao que acudiron e saudaron a todos os asistentes diferentes autoridades como Manuel Cadramón, Xefe de Servizo Provincial de deportes da Xunta de Galicia, o Concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, Miguel Fernández, a Subdele-gada do Goberno en Lugo, María

Presentación do equipo infantil feminino do Ensino durante o acto Claudia Calvelo saudando ao público no momento da súa presentación

O adestrador Alfonso Franco no escenario co seu equipo infantil masculino

Terio Carrera conversa coa xogadora Regina Gómez sobre o escenarioCarlos Castro, representante de Leyma Natura, entregando a equipación

O Durán Maquinaria posando co recen

O júnior feminino Provincial que dirixirá Aigor Romo no escenario

Momento da presentación de Britany

Isabel Rodríguez López e o Pre-sidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Méndez.

O protagonismo inicial, tras un vídeo no que se repasou a histo-ria do club, foi para as categorías inferiores, desfilando ata o esce-nario cada un dos nove equipos de base do club, desde infantil ata júnior, cos seus respectivos adestradores á fronte. Todos eles recibiron o caloroso aplauso

PRESENTACIÓN » Durán Maquinaria Ensino

MARTES 9 OUTUBRO 20186

do público asistente mentres se proxectaba unha imaxe dos seus planteis. Para finalizar a inter-vención dos equipos, todos os seus integrantes recibiron unha mochila de agasallo de Leyma Natura, un dos patrocinadores dos seus equipos de base, que da man de Carlos Castro, fixo a entrega dos equipamentos cos que competirán esta tempada.

Unha vez finalizada a presen-

tación das categorías inferio-res, chegou unha das primeiras sorpresas da velada cun vídeo enviado por Esther Castedo desde Estados Unidos saudando aos asistentes e ás súas antigas compañeiras.

O Ensino é máis que un club e nas últimas tempadas está a caracterizarse por servir de trampolín para que xogadoras de base sigan a súa progresión

Miguel, xogador do equipo infantil, reci

Page 7: MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 … · 2018-10-24 · BASKETBA S K E T MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 OUTUBROO UTUUTUTUUTUTTUU BRBROBRBRROR O 220220180

o e presume de canteiraprimeiro equipo do Durán Maquinaria Ensino que esta temporada xogará na Liga

mpartiu protagonismo cos nove conxuntos das categorías inferiores do club lucense

O Presidente, Manuel Durán, saudando ás xogadoras do primero plantel

Terio Carrera conversando co adestrador do Ensino, Juan Nécega Cada xogador e xogadora da base recibiu un obsequio de Leyma Natura

ntr título da Copa Galicia

Carmen Leboreiro recibindo de Carlos Castro a camiseta coa que xogarán O equipo cadete de Liga Galega dirixido por Adrián González no escenario

Miller ante o público asistente

PRESENTACIÓN » Durán Maquinaria Ensino

MARTES 9 OUTUBRO 2018 7

deportiva académica nos Esta-dos Unidos. Nas dúas últimas tempadas, catro xogadoras júnior emprenderon a viaxe: Paula Valiño, Alba Prieto, Esther Cas-tedo e Silvia Ferreiros.

Unha vez exhibido o músculo e a boa saúde das categorías inferiores chegou a quenda do primeiro equipo. Primeiro lem-brouse cun vídeo o ascenso á liga Día e, acto seguido, as luces

apagáronse e Terio Carreira empezou a nomear unha a unha a cada xogadora do primeiro per-soal que foron aparecendo, ante a sorpresa de todos os asisten-tes, desde unha planta supe-rior bañada en vermello e baixo unha capa de fume. As xogadoras saudaron a todos os presentes mentres o presentador facilitaba algúns dos seus datos.

Todas elas recibiron, emo-

cionadas, a calorosa benvida da que será a súa nova afección. As protagonistas foron quedando no escenario ata completarse o equipo cos integrantes do corpo técnico.

Daquela, chegou o momento de homenaxear ao actual campión da Copa Galicia. O Presidente do club, Manuel Durán, subiu ao escenario co recén conquistado trofeo á vez que se proxectaba

Os equipos masculinos do Ensino tamén tiveron o seu recoñecemento

bindo a equipación de Carlos Castro

un novo vídeo coas imaxes da final e a entrega de premios tras o encontro ante Uni Ferrol que viñan de disputar poucas horas antes.

A presentación do Durán Maquinaria Ensino finalizou cunha distendida charla entre Terio Carreira e Manuel Durán na que o presidente agradeceu a presenza de todos os asistentes, valorou a situación que vive o club

deportiva e institucionalmente, facendo mención á remodelación das oficinas e aos vestiarios que serán patrimonio do club durante moitos anos.

Para finalizar a presenta-ción todos os asistentes puide-ron degustar un espectacular cátering do Restaurante España mentres se charlaba do Ensino á vez que se proxectaban imaxes de partidos antigos do club.

Page 8: MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 … · 2018-10-24 · BASKETBA S K E T MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 OUTUBROO UTUUTUTUUTUTTUU BRBROBRBRROR O 220220180

Laura Aliaga e Regina Gómez, xogadoras do equipo séniorEsther Castedo mandou unha mensaxe dende EEUUO presidente da Deputación de Lugo, Dario Campos

Trala presentación os convidados disfrutaron dun cateringUnha imaxe antes de dar comezo o acto na CampiñaO vídeo presentación recordou momentos da historia do club

Varias xogadoras júnior nun momento no escenarioOs máis pequenos tamén tiveron o seu momentoO ascenso á Liga Día recordouse cun video homenaxe

O xornalista Terio Carrera foi o encargado de conducir o acto no que se presentaron todas as categorías do Durán Maquinaria Ensino que tivo lugar na sede New Holland, na Campiña

PRESENTACIÓN EN IMAXES » Maquinaria Durán Ensino

MARTES 9 OUTUBRO 20188

Page 9: MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 … · 2018-10-24 · BASKETBA S K E T MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 OUTUBROO UTUUTUTUUTUTTUU BRBROBRBRROR O 220220180

CLASIFICACIÓNS » Primeira e Segunda División

MARTES 9 OUTUBRO 2018 9

JÚNIOR 1º DIV. MASCULINARESULTADOS

CLASIFICACIÓNS

Bosco - RosalíaBlanco Amor - Estudiantes

Seis Nadal - Obradoiro

Tui - B. Ferrol

Sigaltec - C. Ourense

PBB A - B. Coruña

Equipo X G P NP PF PC

ESTUDIANTES 0 0 0 0 0 0

OBRADOIRO 0 0 0 0 0 0

BOSCO 0 0 0 0 0 0

TUI S.E.T.A. 0 0 0 0 0 0

SEIS DO NADAL 0 0 0 0 0 0

ROSALÍA 0 0 0 0 0 0

BASKET FERROL 0 0 0 0 0 0

BLANCO AMOR 0 0 0 0 0 0

SIGALTEC 0 0 0 0 0 0

CLUB OURENSE 0 0 0 0 0 0

PBB A 0 0 0 0 0 0

BASKET CORUÑA 0 0 0 0 0 0

PRÓXIMA XORNADABasket Coruña - Bosco Obradoiro - Tui

Club Ourense - PBB A Estudiantes - Seis Nadal

B. Ferrol - Sigaltec Rosalía - Blanco Amor

JÚNIOR 1º DIV. FEMININARESULTADOS

CLASIFICACIÓNS

C. María - PeleteiroDurán Ensino - Estudiantes

RC Celta - Rosalía

Arxil - Est. Pontevedra

Cortegada - Bosco

PBB A - Maristas Coruña

Equipo X G P NP PF PC

ESTUDIANTES 0 0 0 0 0 0

ENSINO 0 0 0 0 0 0

COMPAÑÍA MARÍA 0 0 0 0 0 0

PELETEIRO 0 0 0 0 0 0

RC CELTA 0 0 0 0 0 0

ROSALÍA 0 0 0 0 0 0

ARXIL 0 0 0 0 0 0

EST. PONTEVEDRA 0 0 0 0 0 0

CORTEGADA 0 0 0 0 0 0

BOSCO 0 0 0 0 0 0

PBB A 0 0 0 0 0 0

MARISTAS CORUÑA 0 0 0 0 0 0

PRÓXIMA XORNADAMaristas Coruña - C. María Rosalía - Arxil

Bosco - PBB A Estudiantes - RC Celta

E. Pontevedra - Cortegada Peleteiro - D. Ensino

CADETE 1º DIV. MASC. NORTERESULTADOS

CLASIFICACIÓNS

B. Coruña - Artai 94-31B. Ferrol - Narón 57-32Obradoiro - Culleredo 74-60Estudiantes - Rosalía 97-84

Equipo X G P NP PF PC

BASQUET CORUÑA C 1 1 0 0 94 31

BASKET FERROL 1 1 0 0 57 32

OBRADOIRO 1 1 0 0 74 60

ESTUDIANTES LUGO 1 1 0 0 97 84

INSTITUTO ROSALIA 1 0 1 0 84 97

KFC CULLE 1 0 1 0 60 74

BALONCESTO NARÓN 1 0 1 0 32 57

ARTAI 1 0 1 0 31 94

PRÓXIMA XORNADARosalía - B. Coruña Narón - Obradoiro

Culleredo - Estudiantes Artai - B. Ferrol

PREINFANTIL MASC. NORTERESULTADOS

CLASIFICACIÓNS

Narón - EstudiantesB. Coruña - BBCA

B. Ferrol - Montrove

Maristas Lugo - Culleredo

Equipo X G P NP PF PCMARISTAS LUGO 0 0 0 0 0 0

ESTUDIANTES 0 0 0 0 0 0

NARÓN 0 0 0 0 0 0

B. CORUÑA 0 0 0 0 0 0

BBCA 0 0 0 0 0 0

B. FERROL 0 0 0 0 0 0

MONTROVE 0 0 0 0 0 0

CULLEREDO 0 0 0 0 0 0

PRÓXIMA XORNADACulleredo - Narón BBCA - B. Ferrol

Montrove - Maristas Lugo Estudiantes - B. Coruña

CADETE 1º DIV. FEM. NORTERESULTADOS

CLASIFICACIÓNS

Maristas - Rosalía 46-77Durán Ensino - BBCA 56-33Cortegada - Peleteiro ---Estudiantes - B. Coruña 62-56

Equipo X G P NP PF PC

DURAN ENSINO 1 1 0 0 56 33

INSTITUTO ROSALIA 1 1 0 0 77 46

ESTUDIANTES LUGO 1 1 0 0 62 56

BASQUET CORUÑA 1 0 1 0 56 62

MARISTAS CORUÑA 1 0 1 0 46 77

BBCA PRAIA VILAR 1 0 1 0 33 56

CORTEGADA 0 0 0 0 0 0

PELETEIRO 0 0 0 0 0 0

PRÓXIMA XORNADAB. Coruña - Maristas BBCA - Cortegada

Peleteiro - Estudiantes Rosalía - Durán Ensino

PREINFANTIL FEM. NORTERESULTADOS

CLASIFICACIÓNS

B. Coruña - BBCACambados - Cortegada

Porto de Son - Culleredo

Maristas - Estudiantes

Equipo X G P NP PF PCESTUDIANTES 0 0 0 0 0 0

B. CORUÑA 0 0 0 0 0 0

BBCA 0 0 0 0 0 0

CAMBADOS 0 0 0 0 0 0

CORTEGADA 0 0 0 0 0 0

PORTO DO SON 0 0 0 0 0 0

CULLEREDO 0 0 0 0 0 0

MARISTAS 0 0 0 0 0 0

PRÓXIMA XORNADACortegada - Porto do Son Estudiantes - B. Coruña

BBCA - Cambados Culleredo - Maristas

MINI 1º DIV. MASCULINORESULTADOS

CLASIFICACIÓNS

BBCA - B. FerrolMaristas Lugo - Estudiantes

CB Sarria - Narón

Equipo X G P NP PF PCMARISTAS LUGO 0 0 0 0 0 0

ESTUDIANTES 0 0 0 0 0 0

CB SARRIA 0 0 0 0 0 0

CB RIBADEO 0 0 0 0 0 0

BBCA 0 0 0 0 0 0

B. FERROL 0 0 0 0 0 0

NARÓN 0 0 0 0 0 0

PRÓXIMA XORNADAEstudiantes - CD Sarria CB Ría Ribadeo - BBCA

B. Ferrol - Maristas Lugo

MINI 1º DIV. FEMININORESULTADOS

CLASIFICACIÓNS

Montrove - EstudiantesBBCA - Pontumio

Equipo X G P NP PF PCESTUDIANTES 0 0 0 0 0 0

MONTROVE 0 0 0 0 0 0

BBCA 0 0 0 0 0 0

PONTUMIO 0 0 0 0 0 0

BAXI FERRROL 0 0 0 0 0 0

PRÓXIMA XORNADABaxi Ferrol - Montrove Estudiantes - BBCA

As selección lucenses de minibasket par-ticipan este venres na Xuntanza coa que comeza o proceso de selección dos combina-dos galegos de cara a temporada 2018/2019.

A cita, na que terán a vista posta os seleccionadores galegos, será no pavillón do Restollal de Santiago de Compostela e nela estarán presentes tamén combinados das delegacions territoriais de Vigo, Coruña, Ourense, Arosa, Santiago e Ferrol.

Os combinados lucenses terán dúas oportunidades de mostrar o seu nivel. medín-dose primeiro contra unha selección galega de 2009, ás 12:30 horas, e despois contra a delegación de Vigo a partir das 17:00 horas.

Equipo masculinoO equipo masculino, dirixido polo técnico

do CB Sarria Xabier López-Acevedo, con Juanma López do CB Viveiro como axudante, estará formado por dez xogadores de Estu-diantes Lugo, CB Sarria, Franciscanos, CB

Burela e Cidade de Lugo.

Equipo femininoO conxunto feminino, dirixido por Gemma

Souto, de Franciscanos, asistida pola súa compañeira de club Alejandra Núñez, estará formado por xogadoras de CB Burela, CB Sarria, Cidade de Lugo, Franciscanos e Estu-diantes Vigo.

PuntosCADETE FEMININO

Xogadora Equipo Ptos.

NURIA Ensino 13YASHINA Estudiantes 12CLAUDIA Estudiantes 11NATALIA Ensino 11CARLA Estudiantes 10MAITE Ensino 9ENMA Estudiantes 8LUCÍA Ensino 8SABELA Ensino 8MARTA R. Estudiantes 7CANDELA Estudiantes 5CRISTINA Estudiantes 5MENCÍA Ensino 4ANY Ensino 3MARTA F. Estudiantes 3ALEJANDRA Estudiantes 1- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -

PuntosCADETE MASCULINO

Xogador Equipo Ptos.

PEDRO Estudiantes 15ÁLVARO Estudiantes 14ANTÓN Estudiantes 14OLLOQUI Estudiantes 14ANXO Estudiantes 9SERGIO Estudiantes 9ELOY Estudiantes 8DANI Estudiantes 5DURÁN Estudiantes 4IKER Estudiantes 4LUCAS Estudiantes 1- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -- - -

COPA GALICIA JÚNIOR MASCULINOSEMIFINAIS

Estudiantes Lugo 94-73 Bosco Salesianos

SEMIFINAIS

Club Ourense Baloncesto 87-67 Instituto Rosalía

FINAL

Estudiantes Lugo 108-76 Club Ourense Baloncesto

COPA GALICIA JÚNIOR FEMININOSEMIFINAIS

Estudiantes Lugo 56-40 Compañía María

SEMIFINAIS

RC Celta 80-50 Peleteiro

FINAL

Estudiantes Lugo 48-67 RC Celta

Vinte lucenses no primeiro ensaio de cara a selección galega mini

SELECCIÓN MASCULINA 07Álvaro Ben Baltar CB BurelaNicolás Cayón Meitín CB BurelaGonzalo de Andrés CidadeBosco Ojea Hervera FranciscanosPablo Pampín López FranciscanosSamuel Neira Martínez EstudiantesManuel Varela Faílde EstudiantesMartín Fdez. Rodríguez EstudiantesUxío López-Acevedo CB SarriaSergio Varela Rodríguez CB Sarria

Xabier López-Acevedo Adestrador

Juan Manuel López Axudante

SELECCIÓN GALEGA MASC. 08Néstor Viño López MaristasNayo McCarthy Prado Estudiantes

SELECCIÓN GALEGA FEMININA 08Zoe Fdez. Martín R. RibadeoNoa López Tallón CB Sarria

SELECCIÓN FEMININA 07Henar Cobas Linares CB BurelaLaura Alonso Fernández CB BurelaFurunacho Vquez. García CidadeXana Benabrada CidadeAmparo Corredoira Coira FranciscanosAnne López Porteiro FranciscanosDaniela Prado Vázquez EstudiantesAlma Blanco Cortés EstudiantesPaula Mourelo Fdez. CB SarriaSara López Iglesias CB Sarria

Gemma Souto López Adestrador

Alejandra Núñez Regueiro Axudante

Page 10: MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 … · 2018-10-24 · BASKETBA S K E T MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 OUTUBROO UTUUTUTUUTUTTUU BRBROBRBRROR O 220220180

Pedro correndo unha acción de contraataque O celeste Sergio coa pelota buscando un bo pase Olloqui nunha acción de ataque estudiantil

Antón tras superar a un xogador de Rosalía

CADETE 1ª DIVISIÓN MASCULINO » Estudiantes

MARTES 9 OUTUBRO 201810

Ilusionante debut do Estudiantes masculinoFRENÉTICO RITMO DE XOGO dos de Javi Peinó no Anexo que de mantelo, esta xeración volverá ser aspirante a todo

Estudiantes Lugo exhibiu o seu fondo de armario no primeiro encontro da tem-pada e ante un gran rival como foi Rosalía, no Anexo. Con todo, os composteláns, a pesar de vender cara a derrota, foron incapaces de manter o listón esixido polos de Javi Peinó ao longo dos corenta minutos de xogo.

O encontro empezou de forma frenética, con moita intensidade, calidade e acerto, de aí que o primeiro parcial se pechase cun avultado 26-24.

Como era de esperar, o ritmo baixou un pouco no

“Empezamos con buenas sensaciones, esperamos seguir mejorando día a día” JAVI PEINÓ Estudiantes Lugo

97 84Xogador Pts Xogador P.Jorge RodríguezEloy 8 GolpeIker 4 OsorioAnxo 9 HarguindeySergio 9 ÁlvarezOlloqui 14 Mallou I.Dani 5 Cayado J.Pedro 15 OazLucas 1 Mallou H.Durán 4 Cayado D.Álvaro 14 BasenteAntón 14 Peña

ESTUDIANTES ROSALÍA

segundo cuarto, xa que as defensas de ambos equipos empezaron a axustarse. Na recta final da primeira parte Estudiantes conse-guiu unha pequena renda

de oito puntos para chegar con vantaxe ao descanso, 47-39.

A posta en escena de Estudiantes na segunda parte foi moi boa e con iso chegaron diferenzas que roldaban os 15 puntos. Pero Rosalía tamén demostrou ser un gran equipo e os composteláns reaccionaron cun bo parcial para que non rompese o encontro, e vol-

véronse a poñer a tan só seis puntos por momentos.

Con máis nove arrincou o último cuarto, no que o fondo de armario celeste foi un dos factores des-nivelantes nun equipo no que todos son capaces de achegar en ataque e en defensa, algo que nos finais de partido, coas forzas máis xustas, será unha baza a favor para os de Javi Peinó

ao longo da tempada.Rosalía loitou ata o final,

pero atopouse cun Estu-diantes acertado en ataque e que sentenciou o par-tido en defensa, cortando de raíz calquera simulacro de remontada visitante no Anexo.

Próxima xornadaA Primeira División

cadete párase a próxima xornada polas concentra-cións das seleccións gale-gas, polo que Estudiantes volverá á competición en Culleredo o próximo día 20 de outubro.

2INCORPORACIÓNS Estudiantes reforzouse este verán con Iker Sama, que chega do Ría de Ribadeo, e con Lucas, procedente do CB Sarria

2XOGADORES do cadro cadete maculino, José Olloqui e Pedro, estará a vindeira fin de semana na concentración da Selección Galega

Page 11: MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 … · 2018-10-24 · BASKETBA S K E T MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 OUTUBROO UTUUTUTUUTUTTUU BRBROBRBRROR O 220220180

CADETE 1ª DIVISIÓN FEMININO » Ensino | Estudiantes

MARTES 9 OUTUBRO 2018 11

A defensa guiou ao Ensino OS OITO PUNTOS ENCAIXADOS NA PRIMEIRA PARTE foron claves no debut ante BBCA

O Cafés Candelas Ensino debutou ao grande na Pri-meira División cadete femi-nina, competición na que o club da capital ten deposi-tadas grandes esperanzas esta tempada.

O conxunto que dirixe Adrián González preparou a conciencia o partido. Menta-lizou ao seu equipo de que o encontro se gañaría desde a defensa e o equipo bor-douno neste aspecto, espe-cialmente na primeira parte na que tan só encaixaron oito puntos repartidos en catro en cada un dos dous primeiros parciais.

Estudiantes debutou na Primeira División cadete feminina cunha vitoria das que reforzan o traballo rea-

Cunha gran defensa o equipo empezou a crecer en ataque, aínda que con porcentaxes baixas. A pesar diso o 16-4 dos primeiros minutos dáballe confianza a un Ensino que no segundo parcial mellorou no ataque estático e con iso foise ata o 30-8 co que se chegou ao descanso.

A esperada relaxación fixo acto de presenza ao comezo da segunda parte, tamén propiciada pola falta de frescura propia destas alturas de tempada, aínda que Ensino controlou en todo momento un partido que se pechou cun parcial de 29-25 na segunda parte.

“Fue un partido muy físico que sacamos adelante desde la defensa ”ADRIÁN GONZÁLEZ Cafés Candelas Ensino

“Tenemos mucho que mejorar, pero estoy muy contento porque todas las jugadoras aportaron”SISE PEINÓ Estudiantes Lugo

56 33Xogador P. Xogador P.Maite 9 MiragayaAntía ArteagaSabela 8 PousaNerea HorjalesNúria 13 GarcíaNatalia 11 LópezCarolina PérezAny 3 VázquezLucía 8 PortoMencía 4 Soto

Rivas

ENSINO PRAIA VILAR

62 56Xogador P. Xogador P.Candela 5 TempranoYashina 12 LaraEnma 8 HerreroMarta Rubal 7 RodríguezCristina 5 GutierrezCarla 10 VarelaAlejandra 1 CainzosClaudia 11 LijoMaría Fdez. 3 Fernández

VízcainoLópez

ESTUDIANTES B. CORUÑA

A ensinista Sabela buscando facer un bo pase

Nerea coa pelota por diante da súa compañeira NataliaMaite Franco coa pelota nunha acción de ataque

A celeste Carla realiza unha entrada a canastra Yashina protexendo a pelota da presión herculna Carla baixo o aro entre dúas xogadoras coruñesas

Cristina botando a pelota de espaldas a unha rival

A mariñá Mencía logo de superar a dúas rivais

As celestes resistiron o asedio final herculino

lizado en pretemporada. E é que as de Sise Peinó, a pesar de contar coas ausen-cias de Carlota e Laura, mar-

caron o camiño para seguir.Estudiantes sempre

estivo por diante no marca-dor e a pesar dos problemas co rebote o primeiro cuarto pechouse con 15-13. Xa no segundo, aos poucos foise pechando mellor o aro e froito diso chegouse ao des-canso con 31-24.

O inicio da segunda parte estivo marcado pola carga de faltas persoais. Sise fixo unha formulación arriscada en defensa, pero saíu ben e foron capaces de xeránr situacións de dous contra un. así Estudiantes parecía que despegaba no marcador cun terceiro parcial de 18-11. Con todo, nada máis empe-zar os últimos dez minutos, Basquet Coruña, con dous triplos, seguidos meteuse na loita polo encontro.

Estudiantes púxose o mono de traballo, apertou

os dentes en defensa e saíu airoso ante o asedio her-culino levándose o primeiro encontro de Liga.

13/21NO ÚLTIMO PARCIAL Aínda que Estudiantes sempre foi por diante no marcador, dúas triplas consecutivas ao inicio do último cuarto meteron a Basquet Coruña no partido

2AUSENCIAS Sise Peinó non puido contar con Carlota e Laura no debut ligueiro no que todas as xoga-doras aportaron defensivamen-te e tamén no ambito anotador

Page 12: MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 … · 2018-10-24 · BASKETBA S K E T MAMARMAMMARTESAARA TESTTESTEESES 9 O9O9 O99 9 OUTUBROO UTUUTUTUUTUTTUU BRBROBRBRROR O 220220180

PLANET MINIA ESCOLA, DIRIXIDA POLO TÉCNICO ÁLEX POLO, OFRECERÁ UNHA FORMACIÓN individualizada a xogadores e xogadoras da categoría mini

O baloncesto de base terá este ano un novo espazo en Lugo coa posta en marcha de Planet Mini, unha iniciativa dirixida a xogadores e xogadoras da categoría minibasket aos que se ofrece un “plus formativo” a través dun traballo técnico e competitivo específico.

A oferta concretarase en concentracións nas que se realizarán adestramentos e se disputarán partidos con equipos de fóra da Provincia. “É un proxecto pensado sobre todo para nenos e nenas que por non estar nas primeiras divisións non teñen oportunidade de coñecer determinados métodos de traballo nin de enfrontarse a equipos de niveis superiores”, explica o técnico Álex Polo, director da escola deportiva.

“Nos últimos anos vemos que o volume de nenos no baloncesto está caendo, as ligas provinciais tiñan máis equipos que agora e había máis mobilidade entre primeiras e segundas categorías. Cremos que esta oferta formativa pode contribuír a mellorar o nivel xeral da base lucense, ao dar oportunidades de adestrar e competir ao máximo nivel a xogadores de todos os equipos independentemente da liga na que participen”, argumenta o técnico lucense, que adestrou equipos de diferentes categorías de base de Estudiantes ademais do conxunto da Liga EBA do club celeste e o Ensino de Liga Feminina 2 na tempada 2008-2009.

Outro dos nomes propios do proxecto, promovido pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, é o de David Martínez, seleccionador galego de

MARTES 9 OUTUBRO 2018

minibasket feminino.

ConcentraciónsEn cada unha das concentracións, con data e sede

aínda por definir, haberá adestramentos, partidos contra un club invitado e a visita dun xogador profesional nun ambiente co que tamén se pretende incentivar a convivencia e os valores asociados ao deporte.

A expensas da axenda competitiva de todos os implicados, a dirección do proxecto agarda organizar de catro a seis concentracións ao longo da temporada, unha delas no parón competitivo do Nadal. “Intentaremos concretar unha concentración antes se nolo permite o calendario. Na categoría de minibasket, a primeira parte da competición é moi apertada, con citas tamén das seleccións”. Planet Mini irá dando a coñecer as datas definitivas das concentracións a través das súas redes sociais.

A intención dos promotores é que o proxecto se consolide e que se estableza cunha escola permanente con encontros semanais.

AdestradoresAdemais de avanzar na formación dos xogadores

e xogadoras, Planet Mini pretende converterse tamén nun espazo de referencia para a formación de adestradores.

“Estamos presentando o proxecto aos clubs e aos colexios para que o fagan seu. A intención é que os adestradores se sumen tamén á iniciativa e participen tanto no traballo dirixido aos nenos como en actividades pensadas para a súa propia formación”.

Ao respecto, Álex Polo adiantou que na primeira concentración que se celebre participará o técnico ponferradino Juan Manuel Copano, motor do baloncesto base no Bierzo e director deportivo do CD Origen Bierzo onde desenvolve un innovador método de traballo, referenciado no baloncesto italiano e baseado en coreografías.

Estes encontros formativos para adestradores celebraranse en horario de tarde ou noite nos días das concentracións.

FamiliasA outra liña de traballo de Planet Mini irá

dirixida ás familias que desenvolven un rol decisivo na traxectoria dos rapaces. “Os pais son fundamentais neste momento no que os rapaces se inician na competición”, apunta Álex Polo.

En cada unha das concentracións, programarase tamén unha intervención dirixida a eles, “con psicólogos deportivos que lles poidan achegar algunha perspectiva interesante sobre como acompañar aos seus fillos ata pais de xogadores profesionais que expoñan a súa propia experiencia”.

Desde a baseOs xogadores Álex Llorca e Salva Arco apadriñan

este proxecto que pretende dar pulo á canteira lucense nun ano de especial efervescencia para o baloncesto na provincia co Durán Maquinaria Ensino e o Cafés Candelas CB Breogán nas máximas categorías do baloncesto español.