LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

32
XXXVI Xogos Florais Colexio Divina Pastora OURENSE 29 de abril de 2005 Autor: Román Godás Ibáñez

description

XOGOS FLORAIS, ANO 2005

Transcript of LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

Page 1: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais

Colexio Divina Pastora

OURENSE 29 de abril de 2005

Autor: Román Godás Ibáñez

Page 2: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

2

PRESENTACIÓN DO ACTO: (CD PRESENTACIÓNS – pista 1) Sexan todos benvidos a este sen igual acontecemento: o trixésimo sexto certame dos Xogos Florais, no que as letras voarán libres pola estancia, invadindo a vosas mercedes con emocións intensas. O mérito prové da musa da lírica, quen, deixándose secuestrar temporalmente polos autores que a este certame acoden, acariciará con tenrura as entretelas dos corazóns. Ditosos somos, ¿non cren?, de poder estar presentes. Antes de nada, e porque sei que non caerei en desacerto, permítanme darlles as grazas: polo seu loable aplauso, polo seu sereno xesto, pola paciencia que contaxia ó veciño e axuda ó poeta a declamar con proveito. Asegúrolles que non lles defraudará o que aquí está feito. Disfruten da poesía, do amor, a paz e o lamento, que os autores reuniron nos versos do seu texto. E ademais, é mester que, se as vosas mercedes me conceden un minuto do seu tempo, lles presente á corte que comparecerá neste evento: A raíña, damas e cabaleiros, presidirán neste soño de lírica, ritmo e beleza. Con todos vostedes: a realeza fai, agora, acto de presencia.

Page 3: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

3

PRESENTACIÓN DA CORTE DOS XOGOS FLORAIS 2005: CABALEIRO 1: JOSÉ GÓMEZ MANZANO Ben é sabido por todos que “quien canta sus males espanta”, así que ante a concurrencia toda, se non canto, si polo menos anuncio a entrada de JOSÉ GÓMEZ MANZANO, que ante nós aquí chega. Iste nobre cabaleiro acompaña agora á súa dama nesta tarde de versos que desde aquí se declaman. Quince anos dan para moito de estancia neste colexio. Con tres aquí chegou e sae un home de proveito. O fútbol, os colegas e saír coa súa “amiga” entusiasman a este mozo cabaleiro. A esta tócalle agora comprobar se de entre o dito a ela coloca primeiro. A amizade, as risas e os castigos son gratos recordos que este rapaz de aquí se leva. ¡Menuda tela ten o mozo!... Ditoso ti, a quen as reprimendas tanto prestan. Con valores positivos encheu a súa mochila estes anos, para así emprender sen temor o que a vida lle vaia dando. Desde o lugar que hoxe ocupa ós seus amigos abraza e a todos querería invitar a comer da súa “fogaza”. Con todos vós: JOSÉ GOMEZ MANZANO

Page 4: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

4

DAMA 1: LORENA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ Está claro que hai que “tomar la ocasión por la melena”, y así o sabe a primeira dama real da corte deste ano, pois “quien tenga hogazas, no busque tortas”. LORENA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ É a seguinte dama. Gústalle moito o Latín, Viaxar e bailar ata a alba. Catorce anos aquí leva, E o tesouro máis preciado Son os amigos que fixo Desde que chegou en parvulario. Extrovertida, impulsiva, sincera, Apaixonada e leal. Se estuda Pedagoxía Farao fenomenal. As boas notas sacadas recorda con alegría, as excursións que fixo, e os éxitos que merecía Aprendeu sen ningún recelo, para crecer na vida, os seus límites e defectos sentíndose ben comprendida. A sinceridade e o apoio que neste centro acadou, como importante o valora e como bo o gardou. Agradece con cariño a oportunidad(e) que lle brinda hoxe a vida de poder aquí estar.

Page 5: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

5

CABALEIRO 2: MARCOS RODRÍGUEZ MÉNDEZ “Tu San Martín ha de llegar,...”sempre na vida isto pasa, así que a vez lle tocou ó acompañante doutra dama. Agasallémolo como se merece “y váyase el diablo para diablo y

el temor para mezquino”. MARCOS RODRÍGUEZ MÉNDEZ quince anos leva entrando e saíndo polas nosas portas. Hoxe acompaña a unha dama: con señorío e garbo sen tasa. Gústalle a Economía, non así as Matemáticas, quizais sexa policía, veremos ó final que pasa.. Durmir, pinchar música e a súa gata... disto ¡nunca se farta!. Simpático e alegre di ser, tamén testarudo, ¡isto é de temer!. As festas do colexio o que cre que xa sabe, as excursións, os seus mestres e a boa amizade... Son bos recordos do seu periplo por este colexio desde pequeniño. Feliz e orgulloso acaba neste centro despois de tantos anos de vir ben contento. Paso curto e vista á fronte, son consellos prudentes. Sé feliz nesta vida e non te esquezas desta xente.

Page 6: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

6

DAMA 2: ALDARA LÓPEZ HASSÁN “Quien a buen árbol se arrima, buena sombra le cobija”, así pois a segunda dama real súmase á primeira. E isto non é porque “un mal llama a otro”, senón por todo o contrario, xa que en virtudes se asemellan. ALDARA LÓPEZ HASSÁN Chámase a nosa dama. Con cinco aniños chegou a este o seu cole da alma. Encántalle a Bioloxía e, pode que Empresariais, aínda que moi ben non o sabe, quizais faga Industriais. Os seus amigos e a festa apaixonan á mozuela, tamén falar coa xente e o pulpo a la cazuela Alegre, sincera, extrovertida, simpática e divertida. Son os rasgos que definen como ve a vida esta chica No colexio aprendeu cousas imprescindibles, que quizais ben lle vallan para arranxar “imposibles”. Recibámola como se merece, con todos vostedes: ALDARA LÓPEZ HASSÁN.

Page 7: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

7

CABALEIRO 3: ALFREDO CASAS VÁZQUEZ Ben parece que se atopan as vosas mercedes ben a gusto a xulgar polos sorrisos que desde este altiño acado a albiscar, e máis tranquilos os que xa pasaron pola vista de todos. O meu traballo non é outro que anunciar á corte, e quizais con isto contribúa a caldear a cociña dos nervios dos que restan por saír á palestra, pero como ”a buen salvo está el que repica”, prosigo co meu oficio e “a Dios rogando y con el mazo dando”. Con todos ustedes: ALFREDO CASAS VÁZQUEZ: Parvuliño era o mozo cando no colexio entrou, así pois, dous lustros e dous anos entre nós acumulou. Encántalle a Economía, os deportes, as saídas, os amigos e a vida. Impulsivo e alegre se considera, e recorda con tenrura as excursións e a amizade sincera. Algún que outro castigo tivo que soportar, mala vida é a do rebelde que non se sabe aguantar. De todo isto aprendeu, e co paso do tempo, coma o bo viño, en “GRAN RESERVA” se volveu. Di o sino: “¡Acojámosle hoy!”, Pues la vida efímera es, Y mañana se ha de ver El puesto a quién se lo doy!”. Téñenme que perdoar, Son cousas que ten a rima, Por iso o SINO falando Usa a lingua de “Castilla”. Así que a disfrutar, porque “mientras se gana algo, no se pierde nada” e como “no se ganó

Zamora en una hora”, aprestémonos a agasallar a este cabaleiro.

Page 8: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

8

DAMA 3: LORENA VÁZQUEZ SIERRA

“En la tardanza está el peligro”, así que non me demoro máis en presentarlles á seguinte dama real, non vaia ser que caia no olvido, e se neste pecado incorrise, claro teño que “la

culpa del asno no se debe echar a la albarda”, e como “Dios sufre a los necios, pero no para

siempre”, anúnciolles xa ás vosas mercedes á terceira dama real: Ante os presentes chega LORENA VÁZQUEZ SIERRA. Pouco leva entre nós esta Dama da Raíña. Con dezaseis anos cumpridos, unha tarde de verán, Cruzou o umbral destas portas, e agradecida se amosa pola acollida nosa. Gústalle a Medicina, cos seus amigos estar, saír moito e entrar pouco para ben así pasar. Divertida, amable, sincera, reservada, alegre e positiva. Tal parece que esta nena se leva moi ben coa vida. Amigos moitos fixo cos que bos intres pasou, son recordos que LORENA como gratos arquivou. Deste centro lévase, baixo chave no seu corazón, os valores aprendidos. E dos seus mestres queridos, as axudas recibidas por diferentes motivos. LORENA VÁZQUEZ SIERRA acompañará fielmente á RAÍÑA, disfrutando igualmente do pracer de compartir honores esta tarde.

Page 9: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

9

CABALEIRO 4: DIEGO CARREIRA VIDAL “Nadie diga de esta agua no beberé”, dixo alguén aprendendo do vivido. Puidérase aplicar o refrán ó cabaleiro acompañante da Raíña. Recibámolo con gracia e salero, quen desde o seu escano nos contemplará magnífico, calado e sereno. DIEGO CARREIRA VIDAL É o mozo que aquí chega agora. Trece anos de estancia cumpridos Acumula xa nesta escola Gústanlle as finanzas e dirixir as empresas. Bo asunto este parece se da súa propiedade foran os bens que se gobernan. A música, os deportes e as saídas de noite motivan a este bo mozo a disfrutar a troche e moche. Tranquilo, responsable e alegre ve que ten como virtudes. As cales se valorarán en todas as latitudes. Como persoa ben formada ó mundo sae agora a librar as batallas que a vida lle ha de presentar. Ante a concurrencia fai acto de presencia: DIEGO CARREIRA VIDAL.

Page 10: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

10

RAÍÑA: LORENA DOMÍNGUEZ MÉNDEZ

É de sabios recoñecer que “más vale un toma que dos te daré”. Dezasete anos leva esta fermosa doncela preparándose para o goberno. Como podía ela pensar semellante situación, pero, como ben din os vellos: “donde no se piensa salta la liebre”. Pois ben, a lebre saltou e a súa hora chegou. Esta fermosa rapaza, LORENA DOMÍNGUEZ MÉNDEZ ten por nome. Desde os tres anos leva no colexio (14 nin máis nin menos). Moi contenta está esta chica Por ser a Raíña este ano. Se está será por virtudes Que ós demais ten amosado. Por iso, disfruta, LORENA, Do lugar que hoxe ocupas. Recórdao toda a vida: ¡ESTA NOITE ES A RAÍÑA!. Encántalle bailar, viaxar, coñecer xente nova e, sobre todo, ¡falar!. Na súa memoria garda, do seu paso polo centro, moitas gratas experiencias de alegrías e éxitos. Algo menos agradables son os nervios dos exames, as discusións cos amigos e as broncas na súa clase. Vaise amiga dos seus mestres con quen moito disfrutou, e agradece cun sorriso as leccións que aprendeu. Ante vostedes agora chega Unha terceira LORENA, Acollámola con gozo pois non ha lugar a pena. Recibámola como tal se merece, a nosa raíña, ante nós, xa comparece.

Page 11: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

11

PRESENTACIÓN DO XURADO: Non podemos deixar pasar ó xurado, que nesta ocasión, ten a ardua tarefa de escoller entre tanto primoroso verso. A eles corresponderá esa ingrata misión. Todos nós, pola contra, a disfrutar unicamente da súa lectura viñemos. Teñámolos en alta estima, pois ventura atópase escasa, cando se ten a obrigación de xulgar o alleo, tanto máis se de á beleza estamos falando de poñer tasa. Xa o dixo Don Quixote: “quien bien tiene y mal escoge, por bien que se enoja no se venga”. Os membros do xurado deste ano, son:

Dona Ángela Pérez Fernández

Dona Amparo Pereira Araujo

Dona Estrella Crespo Pérez

Don Juan Rivero González

Dona Rosa Caporale Scarfoni

Don Domingo Gómez Freire

Page 12: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

12

INTRODUCIÓN Á DECLAMACIÓN DOS POEMAS: Mester é que as vosas mercedes saiban que, con motivo do IV Centenario da publicación de El Quijote, os participantes no Certame deste ano veranse sorprendidos pola xenialidade do seu ínclito autor, nun pretendido guiño de bo humor, nas presentacións previas á lectura dos seus poemas. Como de poesía vai o asunto, podemos preguntarnos como resultaría en verso a obra cervantina. A ver que lles parece: Digo, pues, que en un lugar de la Mancha, en un paraje de mucho campo y paisaje cuyo nombre no he de dar pues no quiero recordar semejante fantasía, no hace mucho que vivía un hidalgo caballero de los que en el astillero larga lanza se ponía... Espero que este canapé versístico sirva de antesala ó paladeo dos manxares literarios que imos degustar, na dobre vertente de agasallar ós gañadores, á par que rendemos homenaxe ó noso mestre das letras por excelencia: Cervantes.

Y sin más dilación demos comienzo a la función,

que repleta de pasión henchirá de versos el salón.

Page 13: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

13

PRESENTACIÓN 1 (CD PRESENTACIONS – pista 2) Nun lugar desta comarca de cuio nome non podo acordarme, non hai moito tempo que vivía unha alumna das de boli en astillero, móbil de última xeración, estuche fraco e espíritu creador. Tanto é así, que nos trae a colación, para o disfrute da praza, o poema titulado “ A

amizade, os amigos”. ¡Oh ceos, xa me acordo!, LAURA, de 1º ESO A chámase a poetisa, quen por apelidos ten BOUZA ROMERO. Déixovos con ela. LECTURA DO POEMA (CELTICS PANPIPES – pista 1)

A AMIZADE, OS AMIGOS A amizade é dar sen esperar, xogar sen lastimar e falar sen pelexar. ¡Non o podes olvidar! A base da amizade é unha gran sinceridade, xunto coa alegría e o cariño que che ofrece un bo amigo. Non sei que é un amigo para vós, na miña opinión é unha persoa á que queres un montón. Cando fagas a maleta para irte de vacacións, non esquezas ó amigo que tanto te axudou. Non o olvides, non o esquezas, no o cambies nin o perdas, porque ter amigos é vida e sen ela, estás perdida. Para rir e para chorar, para estudar ou para xogar,

sempre aí estará e xamais te cambiará. Non penses que o vas perder coa chegada das vacacións porque sempre terá un lugar no teu corazón. Xunto a ti estará para sempre na eternidade, faga frío ou faga sol, estará ó teu carón. Cando a mestra me rifou el xamais se afastou dixo que estaría comigo; ¡ese é un bo amigo! Sei que, ás veces, hai pelexas, rifas e ata envexa; non deixedes que o mal comportamento arruine ese gran sentimento que tivestes ata o momento. Non esquezas o que che digo: Se tes un amigo terás unha persoa que estea sempre contigo e que non te deixe soa.

Page 14: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

14

PRESENTACIÓN 2 (CD PRESENTACIONS – pista 3) É mester que as Vosas mercedes saiban, que a poetisa que a continuación ten o pracer de deleitalos coa súa arte, os momentos que estaba ociosa (que eran os máis do ano) dábase a ler libros de poesía con tanta afición e gusto, que aquí a temos, coa súa musa da man, disposta a sorprendelos co seu talento.CORAL CASTRO BATISTA, de 1º ESO B, é a autora de “A nosa terra”. LECTURA DO POEMA (CELTICS PANPIPES – pista 2)

A NOSA TERRA

¿ Que nos està a pasar? Pregùntome cada dìa Xa non temos amor, Pola nosa naiciña. Non deixamos de contaminar, E a nieguèn lle importa, o que poida pasar. Con todos os coches, e mailos camiòns, quedamos sen: Pinos, rosas e piñòns. Entòn todo isto ¿ Como cambialo? Pois cos autobuses, e reciclando. Cousas moi graves, Coma à do prestixe Fannos moito dano A ti e a min. Os pescadores, Non poden traballar, Todo està contaminado: Os peixes, a rìa e o mar. Por sorte tivemos, moita xente de bo corazòn, Que viñeron correndo A limpar o machòn.

Page 15: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

15

PRESENTACIÓN 3 (CD PRESENTACIONS – pista 4) É Sancho un escudeiro, home de ben, quen, persuadido por Don Quijote, se aprestou a seguir e servir ó cabaleiro da triste figura por doquier, procurándolle canto necesitaba. É servidor da paixón dun soñador. Igualmente DIEGO VÁZQUEZ DIÉGUEZ, atende ó que a musa lle pide que transcriba ó papel. Da terra de 1º ESO C acode a deleitarnos co ditado que a caprichosa deusa da lírica lle murmura ó oído cada noite, co seu poema “A amizade”.

LECTURA DO POEMA (CELTICS PANPIPES – pista 3)

A amizade

A amizade, sentimento mutuo sentimento puro que nesta poesía quere dar moita alegría A amizade funciona sempre tanto se es alto coma se es baixo, sexas gordo ou fraco Dalle igual calquer país dalle igual calquer lugar aínda que no noso colexio é onde atopamos máis No patio, nas aulas, sempre todos xuntos compartindo historias que nos quedan na memoria Hai algúns que non saben ser amigos dos demais, non saben o que perden sen un amigo de verdade Se a amizade poboase o mundo non habería nin mortes nin guerra pois desa gran traxedia non oiriamos nin falar dela.

Page 16: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

16

PRESENTACIÓN 4 (CD PRESENTACIONS – pista 5) Nunca fuera caballero de damas tan bien servido, como fuera Don Quijote cuando de su aldea vino: doncellas curaban dél, Princesas del su rocino. Aventuras mil vivió entre molinos, convictos, vizcaínos y pellejos de buen vino. Y siempre a la poesía quiso como un padre ama a su hijo. Isto sábeo a poetisa, que de 2º ESO A aquí chegou. Chámase MARTA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, autora de “Corazón solitario”. Atendan ben á súa arte, déixoos con ela, e eu marcho a outra parte. LECTURA DO POEMA (CELTICS PANPIPES – pista 4)

CORAZÓN SOLITARIO

Un sombrero de copa, un rostro demacrado, de ojos hundidos, ojos sin fin, nariz chata, color rosado. Tez pálida, blanca, dicen que parece muerto, no encuentran vida en su cuerpo. Mas a través de esos ojos hundidos del que parece no ver, un mar de sensaciones inunda su ser. Puede que no vea, no escuche, no entienda… sólo observa en silencio, no habla, espera; espera encontrar la belleza de cada persona que pasa, la belleza de aquel corazón que dejó olvidado el amor. Pero la más compleja,

difícil y complicada belleza, es la incomprensible y extraña de aquel que ama sin respuesta. Lleva años así, buscando sin encontrar, desde que perdió aquel tesoro, desde que se marchó aquel amor que vivía en su corazón. Este hombre cuya mirada no ve, hombre de oídos sordos, que no pueden escuchar, de labios que desean poder una palabra dar. Sus sentidos no funcionan desde hace ya mucho tiempo, solo bombea sangre un pobre corazón. Es su corazón olvidado por el resto del mundo, un corazón que ha aprendido lo que es el amor sin sentido.

Page 17: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

17

PRESENTACIÓN 5 (CD PRESENTACIONS – pista 6) Miren as vosas mercedes con que cara poderei dicir, pobre de min, que a autora que a continuación nos acompaña é unha mestra na arte da composición poética. Non sei se me crerán, o caso é que terán que facelo, aínda que só sexa porque a presentación que fago é previa á demostración da arte, e para aquela hora xa non estarei presente... En fin, xulguen vostedes mesmos. REBECA PÉREZ PÉREZ, de 2º ESO B, co seu poema “El tiempo y las palabras”. LECTURA DO POEMA (CELTICS PANPIPES – pista 5)

EL TIEMPO Y LAS PALABRAS

Estas palabras son mías, reflejadas en mi corazón, basadas en historias de lo que hace sentir el amor. Cuando a aquel lugar llegué todos nos miramos, fue donde le encontré en el silencio,sin hablarnos. Entre la multitud de gente allí estaba él, pero también en mi mente donde era dulce como miel. Con el paso del tiempo ya no éramos amigos, pero tampoco enemigos. Era algo más que una simple amistad.

Los ratos que pasamos nunca olvidaré: piscina,playa,paseos,comidas, pero pronto acabarían. El tiempo se consumió y con su paso todo acabó, mas ahora que lo vuelvo a ver todo resurge otra vez. La despedida es un adiós que quiere ser un "hasta luego". M i vida ahora ya cambió, se nos acabó el juego. Sé que esto no es el final, pero tampoco el comienzo. Quizá sea irracional, pero sí es,lo que siento.

Page 18: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

18

PRESENTACIÓN 6 (CD PRESENTACIONS – pista 7) Pois así é, estéanme as vosas mercedes atentas. Primeiramente quero que saiban, señores meus, que o raptor da musa que a continuación a estas táboas se achega é de 2º ESO C; Chámase DIEGO VÁZQUEZ FERNÁNDEZ. El e só el é o culpable de encarcerar a beleza nas liñas dun poema titulado “Injusticias”. Déixoos con este poeta, esperando que se deleiten coas súas verbas. LECTURA DO POEMA (CELTICS PANPIPES – pista 6)

INJUSTICIAS

¿Por qué niños inocentes mueren de hambre cada día? ¿Por qué no hace nada nadie para alegrarles la vida?

¿Por qué hay discriminación contra gente de otra raza? ¿Por qué usan contra ellos golpes, puños y patadas?

¿Por qué las multinacionales usan niños como esclavos? ¿Por qué el gobierno no actúa contra esos hombres malvados?

¿Por qué se venden a menores esas malditas drogas? Pues por ellas muere gente y quedan familias rotas. Si La Tierra es de todos, ¿por qué existen las fronteras? ¿Por qué mueren inmigrantes trasladándose en patera?

Yo no creo en gobernantes, que prometen la igualdad, cuando piensan en petróleo, dejan todo lo demás.

Hacen guerras, injusticias, destruyen familias enteras, por llenarse los bolsillos, de billetes y monedas. No queremos más angustia, no queremos más dolor. Queremos paz y libertad, queremos un mundo mejor.

No queremos más mentiras, ni tampoco falsedades. No queremos ya más muertos ni daños colaterales.

Propongo una solución, que no será fácil lograr, es luchar por los derechos y todos juntos trabajar.

Con un poco de esfuerzo, nosotros lo conseguiremos, hay que tener esperanza y luchar por lo que creemos.

Page 19: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

19

PRESENTACIÓN 7 (CD PRESENTACIONS – pista 8) O medo fai, amado público, que non se oia nin se vexa a dereitas, porque un dos efectos do medo é turbar os sentidos e facer que as cousas no parezan o que son; Non teman a escoitar o poema que a continuación recibimos de boca da súa autora: LAURA MARTÍNEZ FERNÁNDEZ, de 3º ESO A, poetisa que con arte e oficio construíu unha obra de arte con cimentos de tinta e tabiques de papel, un poema titulado “Un amor imposible”. LECTURA DO POEMA (CELTICS PANPIPES – pista 7)

UN AMOR IMPOSIBLE

Fue aquella mañana de otoño la que me hizo volver a soñar; Soñar que no existen fronteras, cuando se habla de querer amar. Todos los días te observo, y te veo como algo inalcanzable; más, que coger la luna entre mis dedos; más, que abrazar el sol en el frío invierno. Me paso soñando las noches enteras, y sueño con que algún día voy a conseguir que me quieras, voy a hacer algo que nadie olvidaría. Cuando te veo abrazado a una chica, noto como el corazón de celos palpita, noto cómo una lágrima grande y salada sobre mi dulce cara palpita. ¿Por qué me haces esto? ¿Por qué has entrado en mi vida? ¿Por qué este dulce tormento? ¿Por qué esto jamás se olvida? ¿Por qué? ¿Por qué? Miles de preguntas,... Vete, vete, no quiero volver a verte. Vuelve, vuelve, pero nunca para quedarte.

¿Por qué tengo que amarte en silencio? ¿Por qué tengo que callarme? ¿Por qué tengo que sufrir por un amor inalcanzable? Te quiero y eso no va a cambiar. Te quiero y nadie va a ocupar tu lugar. Me dieron tu nombre. Me dieron tu número. Me dieron tu dirección. Pero, ¿y tu corazón? Por mensajes nos conocimos y se lo conté a todos mis amigos. Estoy encontrando la solución, pero, ¿dónde escondes tu corazón? Un as en la manga escondías, pues con mis sentimientos jugarías. No sé si fue un simple error o quizás querías causarme dolor. He llegado a la conclusión de que lo nuestro no tiene solución. He de olvidarme de ti. He de buscar otro amor. Lo que queda de los dos es una simple amistad; una amistad, que se está consumiendo, como una hoguera en el frío invierno.

Page 20: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

20

PRESENTACIÓN 8 (CD PRESENTACIONS – pista 9) Non espero eu menos da gran magnificencia vosa, señores meus, e así lles digo que o don que lles solicito está en escoitar con atención os versos que seguidamente van fluír do enxeño de ANDREA VILLA FEIJOO, de 3º ESO B, que, coa maxia da arte que lle é propia foi capaz de reunir no poema “Siempre podremos soñar”, un sinfín de sentimentos. LECTURA DO POEMA (CELTICS PANPIPES – pista 8)

SIEMPRE PODREMOS SOÑAR Iluso. ¿Es iluso quien tiene una ilusión? ¿Es iluso quien todavía alberga esperanza en su corazón? Esperanza. ¿Pero quién tiene esperanza? ¿Quién tiene ya sueños? ¿Quién es capaz de dejar volar su mente al igual que ingenuos niños pequeños? Yo alzo mi voz y digo que puedo, que puedo imaginar, que puedo pensar y soñar y volar. Sueño con un mundo de sueños, un mundo de paz, en donde todas las banderas signifiquen sólo una cosa: libertad. Las pateras serían solamente feroces animales, a los que se les cayó una letra. Las malas lenguas, dulces melodías, que hacen la increíble canción de nuestro planeta. En este mundo de sueños la guerra no tendría sentido, nadie conocía su significado y sería solamente un apellido. Cuando estoy en este rincón escondido, me miro y no siento nada. Parece que puedo controlar el mundo y moverlo con las yemas de mis dedos. Y aunque la realidad sea diferente, piensa que todo puede cambiar; que todo es diferente, mientras todavía te queden tus sueños, mientras todavía puedas soñar.

Page 21: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

21

PRESENTACIÓN 9 (CD PRESENTACIONS – pista 10) Cada minuto que pasa descubro en vós, queridos espectadores, valores que me obrigan e forzan a que en máis vos estime. Que gratos resultan os aplausos con que agasallades ós autores que aquí se exprimen. Teño que confesarvos que os nervios que pasan moitos son, tantos como os que pasa o alguacil ás portas da taberna, conténdose para no caer na tentación de confraternizar cos que alí folgan. Seguide comprendéndoos e continuade coa cadencia áxil do palmoteo, que nos seus corazóns vibra como o trino máis doce do reiseñor. Ante todos vostedes: ESTIVEN PÉREZ PÉREZ, de 3º ESO C, tráenos o poema “Amor eterno”. LECTURA DO POEMA (cd privado – ESTIVEN PÉREZ)

Amor eterno

Para todos aquellos que saben que es amor sentir es lo que yo siento si lo comparas con dolor siempre hacer lo que yo hago con fuerza y sin temor porque el mejor camino andado es el camino del amor y es que cuando te vi la bala del amor me siguió la pista tu mirada de ángel se cruzó con la mía, en el barrio le llaman amor a primera vista cuando te vi tu mirada me atravesó volamos juntos al universo y mi corazón de ti perdidamente se enamoró te quiero con la mismísima fuerza de un guerrero para mí en esta vida tú, eres lo primero pensando en ti siempre esa frase presente, muérome de amores desde que te ví cuando te miro, el mundo se congela y en un silencio eterno noto como mi pulso se acelera por ti me arrastraré sobre el lodo por ti lucharé codo con codo porque quiero conseguir por conseguir tu amor de un u otro modo estoy seguro es verdadero amor y a ti cariño te describo como sol naciente que me ilumina y me da calor porque eres preciosa como una flor eres mi doncella, quizás mi estrella eres la luz que deja en mí el rostro de tu huella para mí lo eres todo mi espíritu, mi sangre mi apodo mi imperio, mi legado, mi futuro, mi pasado por ti en el presente pasé a llamarme el renegado por seguir tú amor, te quiero, siempre te querré por ti lucho, por ti lucharé

Page 22: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

22

PRESENTACIÓN 10 (CD PRESENTACIONS – pista 11) Sexa o que sexa, será o que ha de ser. Dixen. Parece difícil de comprender o que aquí digo, pero sempre direi “digo”, non coma outros que queren dicir “Diego”. En fin, as vosas mercedes saiban que, na arte do compoñer, non sempre entra o lóxico a repartir cartas. A poesía é liberdade, ¡ancha é Castela!, ou como diría outro: ¡ben longo é este trimestre!. Ante vós preséntase o poema “O teu sorriso”, confeccionado por RAQUEL CASAS VÁZQUEZ, de 4º ESO A, espero que lles guste. LECTURA DO POEMA (CELTICS PANPIPES – pista 9)

O TEU SORRISO

É o que me leva, o que me move, o que me arrastra, o que nunca deixaría que caese. Cando non está sinto que todo se derruba coma unha bágoa, coma unha pompa de auga. Se estás ó meu carón, todo sobra. Coma o lume que prende o teu sorriso na miña alma, non hai estrelas no universo que o apaguen. Prefiro días sen sol... a un segundo sen o teu sorriso. Cando non sei saír, ti abres unha porta cara á ledicia. Es coma unha flor, coma o cheiro da primavera, coma unha mirada de complicidade. Es, coma un aceno do ceo.

Page 23: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

23

PRESENTACIÓN 11 (CD PRESENTACIONS – pista 12) A da alba sería cando a poetisa de 4º ESO B saíu da venta, tan contenta, tan gallarda, tan alborozada por verse xa armada dona das letras, que o gozo lle reventaba polas cinchas da mochila que atenazaba o seu corpo. Sabía que hoxe era chegado o momento de cantarlle ó mundo a beleza da súa arte. Ante o auditorio preséntase LAURA PEREIRA MORALES, co seu poema “A rosa”.

LECTURA DO POEMA (CELTICS PANPIPES – pista 10)

A ROSA

Elas que son alegría espértanse ó amencer, coa súa cor de ouro e o seu corpo de muller. Enfeitiza coa fermosura a flor perfumada e belida, fermosura que xorde dela cando xermola na primavera. A túa pel de rosa é transparente de pistilos e pétalos ardentes móstrase a cor no voso xesto e no voso mirar deshonesto. As túas espiñas de dores calman pelexas de amores, ti con elas deféndeste e a túa presenza acéndenos. Alimento das abellas que asexan entre elas polo seu olor ditoso e o seu cáliz milagreiro. De ti me despido agora cun pranto que recorda un amor perdido que me regalou unha rosa.

Page 24: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

24

PRESENTACIÓN 12 (CD PRESENTACIONS – pista 13) Señoras e señores, dígolles que as aventuras do seguinte autor, aínda que tiveron principio, nunca terán fin. Con xigantes soñou e malandríns imaxinou vencer..., sempre con valor, fortaleza e tesón. Coa gallardía dun poeta que non cesa en busca da fermosura. Tal é o caso de quen en tan magno acto nos asiste.Chámase DAVID PATO CACHALDORA, e de 4º ESO C acode a presentarnos os seus versos co título de “Son de aire...”

LECTURA DO POEMA (CELTICS PANPIPES – pista 11)

SON DE AIRE... Son de aire e auga como a Terra morrín mil veces ás portas do amencer. Sobrevivo en cada novo beizo que abanea a miña tenrura, subsisto no voso alento e case sen decatarme acaríñasme os brazos, bícasme na nada ámasme e sácasme de min. Son lume e pedra coma a Terra. Ás veces entérrome na miña memoria a unha profundidade de seis metros e trago terra amasada con bágoas e saliva apunto con agullas algúns versos para coser soños á miña carne, respóndolle ó tempo con inmadurez e sospeitas de min... Son de fame e fume coma a Terra.

Page 25: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

25

PRESENTACIÓN 13 (CD PRESENTACIONS – pista 14) Así que, señores meus da miña ánima, indo versos e vindo poemas andamos pasando o tempo entretidos nisto da arte. O caso é que non podo menos de facerlles caer na conta de que xa estamos polas terras do Bacharelato. Ó cal é mester facer mención, non por nada, senón porque ninguén diga que a información non falta. Así que o primeiro bacharel en potencia que fai aquí a súa ponencia chámase YOLANDA FERREIRO GONZÁLEZ, de 1º Bacharelato A, co poema titulado “Hoy es igual que ayer”.

LECTURA DO POEMA (CELTICS PANPIPES – pista 12)

HOY ES IGUAL QUE AYER

Hoy es igual que ayer quizás igual que mañana mientras tú no te des cuenta de que estoy enamorada. Dicen que en el amor sobra cualquier palabra por eso me guardo el te quiero mientras me quedan miradas. En tu boca hay veneno lo sé y eso lo niego prefiero la muerte ahora que un futuro sin tus besos. No recuerdo el silencio y no sé lo que es reír me he olvidado de mi nombre sólo sé pensar en ti. Me piden que estudie ríos oraciones y compuestos no puedo si los comparo

con tus ojos y tu pelo. Me siento como una niña no sé casi ni hablar sólo sé que desvarío si lo intento explicar. Tú no te das ni cuenta de lo que eres para mí si a ti te pasase algo moriría en mi vivir. Muchos veces he pensado en decirte lo que siento pero el miedo del rechazo me aconseja no hacerlo. Cada vez que he llorado cada beso que no di te los guardo para el día en que tú pienses en mí.

Page 26: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

26

PRESENTACIÓN 14 (CD PRESENTACIONS – pista 15) Naquelas estabamos, porque, segundo parece - e era verdade - non estabamos nestas, cando sentimos unha voz que dicía: “ Digo, pues, que alcanzar alguno ser eminente en letras le cuesta tiempo, vigilias, vahidos de cabeza, indigestiones de estómago y otras cosas a éstas adherentes”. Esa voz desapareceu tal e como se evade o que nunca estivo, e o vento trouxo o nome do seguinte poeta: DAVID MUÑOZ QUINTÁNS, de 1º Bacharelato B, autor de “Tú en

mí”, sen dúbida merecedor das advertencias da misteriosa voz. LECTURA DO POEMA (CELTICS PANPIPES – pista 13)

TÚ EN MÍ Tú, llegaste a mí, como agua para mi sed, como pan para un hambriento, como pluma para un escritor. Tú, entraste en mí, como agua en un cántaro, como un anillo en un dedo, como un balón en un aro. Tú, te quedaste en mí, como tinta en un tintero, como agua en un embalse, como vida en un cuerpo. Y ahora te vas de mí, como un pajarillo de su nido, como un ser querido, como un ave migratoria. ¡Oh vida! Que después de quedarte en mí, ahora marchitas como una rosa, dejándome sólo y olvidado.

Page 27: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

27

PRESENTACIÓN 15 (CD PRESENTACIONS – pista 16) Don Quixote cantou ó amor de Dulcinea, e como correspondido non era, de suspiros enchía as estancias onde a descansar paraba. Esta é, señores meus, a verdadeira historia da traxedia da paixón maltratada; mirade e xulgade se os suspiros, as palabras e as bágoas verquidas, teñen ocasión bastante para mostrarse en tal abundancia. Na miña humilde opinión, quen verdadeiramente perdeu nesta amorosa contenda, no foi senón a propia Dulcinea. Espero que a beleza do poema que segue, titulado”Cae la noche”, sirva de consolo para a desventura que noso señor Don Quixote sufriu. Con todos vós ALBA GARCÍA MOREIRA de 2º BACHARELATO A. LECTURA DO POEMA (CELTICS PANPIPES – pista 14)

CAE LA NOCHE Cae la noche en este lugar sin nombre. Lloran las nubes porque mi amor se ha roto y sueño despierta. Relleno los recuerdos que Nunca he imaginado. Antifaces descarados se burlan de mis pensamientos claudicando mi alma ante este hecho cruel. Anillos en los dedos que no son más que la fragilidad de nuestros actos. La quimera de esta unión marcó el fin de un deseado territorio. El viento juega con el pésame de una muerte ya pasada. Pero la traición es etérea en la mente de aquellos que aman. Y al final, silencio. Silencio sepulcral que se clava en mi sino haciendo arder esta llaga más allá del tiempo. Y, al final, la felicidad contigo fue sólo un eco que el ayer llevó al olvido.

Page 28: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

28

PRESENTACIÓN 16 (CD PRESENTACIONS – pista 17) Corre o tempo, voa e vai lixeiro, e non volverá, e erraría o que pedise, o que o tempo xa se fose, ou viñese o tempo xa. Este breve poema, sen máis quere dicir que arribamos ó que se dá en coñecer como o final. Para algúns será o momento de entoar, quizais, un “por fin”; para outros, pode ser que o sentimento se torne en tristeza, xa que, a poesía, ten pouca cabida no axetreo da rutina. Para estes, un último consuelo halles quedar, dado que un postrer poema resta por declamar. O honor cábelle a DIEGO CARREIRA VIDAL de 2º BACHARELATO B. Autor de ”Aquel antiguo deseo de tu nombre”, e cando a súa actuación acabe, saiban as vosas mercedes, que estaremos onde toca estar, e non hai máis que falar. LECTURA DO POEMA (CELTICS PANPIPES – pista 15)

AQUEL ANTIGUO DESEO DE TU NOMBRE

Murmurando al amanecer un poema con unas palabras alentadoras recordando un precioso verso en el cual un nombre se desvela. Recuerdo pasado de un encuentro que quedó grabado en mi memoria de cuyas letras aún me acuerdo es tu nombre, es mi condena. Apariencia inocentona que por ti brota y expira posible disfraz de muñeca o niña joven de guardería. A su vez, dulce voz embriagadora de dulces letras y palabras que pueden engañar a cualquiera por su encanto y su dulzura. Atractivo parecer paso firme y elegante sigilosa e intensa mirada observada por cualquier amante. Su destino predicho imprudente su arrebato su locura incomprensible sin aguante y sin descanso. Mas ese deseo perdido en presente lo he dejado, su nombre a mí me pertenece por haberlo conquistado.

Page 29: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

29

SALE LA CORTE A DELIBERAR: Neste momento é cando lle rogamos o xurado que saia a deliberar. Que a musa os oriente, que a deusa das letras os ampare e que a xusta balanza se incline a favor do merecemento. Despidámolos cun forte aplauso. A CORTE DE HONRA BAIXA Ó PATIO DE BUTACAS E PRESENTACIÓN DO ENTRACTO MUSICAL: Así mesmo pregámoslle á Corte de Honra que baixe ó patio de butacas, dado que neste intre imos deleitarnos cunha magnífica interpretación musical a cargo dos mais notables trovadores do momento. Esperamos que lles agrade.

Colexio Divina Pastora Ourense

Page 30: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

30

ENTREGA DE PREMIOS LITERARIOS SAÚDO Ó XURADO Tras laboriosa deliberación e unha vez estimados os méritos de cada unha das composicións presentadas, este xurado tivo a ben conceder os premios as seguientes poesías. ENTREGA DE PREMIOS (ANEXO: ver acta de entrega de premios) FELICITACIÓN DO XURADO ÓS POETAS Este xurado, ó felicitar ós poetas, quere expresar, o mesmo tempo, a súa satisfacción ante iste valioso acto en pro do cultivo e fomento de tan nobre manifestación artístico-cultural e manifiesta o seu desexo ferviente de que, non só non decaiga o entusiasmo, senon que florezca cada ano, como unha Primavera, nun novo empeño e renovado esforzo de superación. ¡¡NORABOA A TODOS OS POETAS!! ENTREGA DE PREMIOS DOS CARTEIS: Nesta ocasión, e por vez primeira, farase entrega de sendos premios para os mellores carteis que, con motivo do anuncio dos Xogos Florais, teñen feito os rapaces de 1º e 3º ESO. En anos sucesivos ampliarase a convocatoria ó resto dos cursos da ESO e Bacharelato.

A CORTE DE HONRA SOBE DE NOVO Ó ESCENARIO PARA REMATA-LO ACTO: Pregamos encarecidamente á Corte de Honra que soba de novo ó escenario e ocupe os seus escanos para presidi-la despedida do acto.

Page 31: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

31

FIN DE ACTO – DESPEDIDA (CD PRESENTACIONS – pista 1)

Oxalá a loucura de Don Quixote se apodere de todos: A LOUCURA da Paz, en lugar da loucura da guerra

A LOUCURA de Perdoar, en lugar da loucura de culpar A LOUCURA de querer Ser Eu, en lugar da loucura de querer que sexas coma min

A LOUCURA de Amar, en lugar da loucura de posuír A LOUCURA de Ser Amado, en lugar da loucura de ser posuído.

A CORDURA de sabernos TOLOS, en lugar da loucura de crernos cordos...

O mundo de hoxe, máis ca nunca, necesita cabaleiros andantes (mulleres e homes)

en todos os rincóns da Terra...

Os poetas lograron, coa tinta no seu papel, atraernos con mestría.

E, sen dúbida, disfrutaron, Regalando o seu quefacer, a todos os aquí presentes

que os quixeron ver.

Grazas a todos amigos por saber tan ben estar, nesta tarde de versos, escoitando recitar.

Grazas a todos por sempre, nunca deixarei de clamar, sobre todo a Miguel de Cervantes por permitirnos “roubar”

o seu estilo, frases e versos imposibles de igualar.

Ata sempre, Don Quixote, cabaleiro ben molido e mal andante,

a quen levou Rocinante, simpático equino en carnes seco,

por un e outro sendeiro.

¡Ata sempre, amigos meus!, y como non hai máis na mollera

de quen escribiu estes versos, non me queda máis que decirvos:

¡O ano que ven vos espero!

FFFiiinnn

Page 32: LIBRETO 2005 - DON QUIXOTE

XXXVI Xogos Florais – ano 2005

32

ANEXO 2: Quiénes entregan os premios ENTREGARÁN OS PREMIOS (procurando darlle os homes ás mulleres e viceversa):

Dona Ángela Pérez Fernández (Presidenta do xurado)

Dona Amparo Pereira Araujo (membro de xurado)

Dona Estrella Crespo Pérez (membro de xurado)

Dona Juan Rivero González (membro de xurado)

Don Domingo Gómez Freire (membro de xurado)

Don José Gómez Manzano (cabaleiro)

Dona Lorena Rodríguez Rodríguez (dama)

Don Marcos Rodríguez Méndez (cabaleiro)

Dona Aldara López Asan (dama)

Don Alfredo Casas Vázquez (cabaleiro)

Dona Lorena Vázquez Sierra (dama)

Don Diego Carreira Vidal (cabaleiro)

Dona Lorena Domínguez Méndez (Raíña)

Dona Lucía Pampín (Directora do Colexio)

______________ (Membro da A.P.A.)

Don Álvaro Leis (Xefe de Estudios do Colexio)