Lendas Da Guarda Definitivo

23
• A LENDA DO TREGA • AS BRUXAS DO CARRASCAL • O CALIZ DE SAN CAETANO • A LENDA DA SANGRIÑA LENDAS DE A GUARDA

description

 

Transcript of Lendas Da Guarda Definitivo

Page 1: Lendas Da Guarda Definitivo

• A LENDA DO TREGA

• AS BRUXAS DO CARRASCAL

• O CALIZ DE SAN CAETANO

• A LENDA DA SANGRIÑA

LENDAS DE

A GUARDA

Page 2: Lendas Da Guarda Definitivo

AS FILLAS PEITEADAS

Contan que unha muller, que vivía na Cruzada, morreu cando ía a dar a luz a dúas fillas xemelgas. Tivera dez fillos que quedaron orfos ó coidado do pai.

Tódolos días a finada visitaba as súas fillas para peitealas. O pai, que andaba sospeitando, quiso comproba-lo que pasaba e foi mirar-la escea. ENDEXAMAIS VOLTOU.

Page 3: Lendas Da Guarda Definitivo

O HOME QUE FALABA CO DEMO

Contoume meu avó que coñecía a un home que estaba encamado e que dicía

que falaba co demo e ata que lle puxera un nome: XERARDO.

Tamén sostiña que o diaño era coma un criado para el e canto lle mandaba

facer era unha orde que se realizaba de contado.

- ¡Xerardo, tócame o corpo coas túas mans peludas ¡ - dicíalle e o trasno

dáballe unha masaxe como se de un experto fisoterapeuta se tratara.

Page 4: Lendas Da Guarda Definitivo

A MULLER DESTEMIDA Había unha vez unha muller que era panadeira e

sostiña, con moita fachenda que non lle tiña medo ó demo. Un día foi a lavar a fonte pola noitiña e o voltares para casa atopouse cun pao que cada vez facíase máis grande e que lle empezou a bater nas costas. Daquela enfermou, quedou tullida e por suposto xamais foi lavar ó lavadeiro

Page 5: Lendas Da Guarda Definitivo

Cóntase que os tres ríos irmáns: Eume, Landrove e Sor ían camiñando moi

cansos cara ó mar e deitáronse coa condición de que o primeiro que espertase chamaría polos outros dous. Sucedeu que Sor ergueuse o primeiro e deixou ós seus irmáns durmindo. Espertou o Landrove e como viu que xa se marchara un, fuxiu tamén. Cando ó amencer o Eume decatouse da ausencia dos seus irmáns, sentíndose enganado, saltou lixeiro, pasando por montes e vales e cabreado, foi o primeiro en chegar ó mar. O río Eume tódolos anos ten que cobra-lo seu tribauto coa morte dunha persoa que as xentes do lugar transformaron na ofrenda dun galo para ter acougado o espírito do río.

OS TRES RÍOS

Page 6: Lendas Da Guarda Definitivo

Sucedeu isto en Camposancos, onde as xentes do lugar sabían dunha cabra que tódalas noitiñas andaba polar rúas solta e ata coidaban que estaba embruxada.

Houbo intentos por pillala; mais cando un se achegaba onde ela, rompía a rir a cachón como se foxe unha señori educada e todo o mundo fuxía de alí.

- ¡Coiro! – dixo para si o tío Santiaguiño, un vello esmorgante da Mariña – para ela ha de chegar o Santiaguiño.

Encamiñouse na porcura da cabra coa intención de comproba-lo que do animal se dicía e ó atopárense un fronte o outro e vendo ue non paraba de rir mandoulle unha lazada mexicana, que un parente seu lle ensinara, e colleuna polo pescozo. Farto xa daquela rusada tirou dela con todas as súas forzas e canto máis o facía, máis sorriso lucía o condenado animal. Argallou entón rir coma ela para se burlar e abrallouse de que o animal papara de rir e se fixera manso.

Pola mañanciña levouna ó peirao e todo o mundo fuxía del e da cabra como se fosen o diaño en persoa. - ¡Agora xa non ri ! – gritaba o tío Santiaguiño con todas as súas forzas.

Un rapaz destemido achegouse con coidado onde o animal e non lle pasou nada polo que comezou a pregoalo ós catro ventos co que as xentes do lugar consideraron o Santiaguiño coma un heroe.

A CABRA QUE RÍA COMO UNHA SEÑORITA

Page 7: Lendas Da Guarda Definitivo

A LENDA DO TREGA

Dise que no monte Trega hai tres pedras ou grandes laxes. Segundo a lenda unha das rochas contén ouro, outra lume e outra auga.

Tamén se di que se alguén intentase abrilas, podería ter sorte ou morrería no intento. Se abrise a que contén o tesouro, esa persoa sería rica para senpre e endexamáis se lle acabaría o diñeiro. Máis se pola contra abre a de auga, o mundo asulagaríase e todo o mundo afogaríase.

Se a apertura faise na do lume, sairían dela monstros de lava que queimarían a terra converténdoa nun inferno, someterían os humanos e cando xa non servisen para nada formarían parte dunha suculenta cea.

Así que despois de ler este relato que nadie intente molestar ós espíritos das rochas non sexa que…

Page 8: Lendas Da Guarda Definitivo

A avoa Enriqueta era para min unha velliña encantadora que sabía moitas historias. Vivía en Pias (O Rosal) e lembrábase de que as xentes do lugar recordan que nas noites de lúa chea a iso das doce as bruxas que habitaban no Carrascal, paraxe da localidade, ían a bailar e face-los sus aquelarres nunha rocha moi grande que hai no cotro e co seu balbordo metían moito medo a xente.

AS BRUXAS DO CARRASCAL

Page 9: Lendas Da Guarda Definitivo

Entre as xentes do lugar guadés de San Caetano escoitase falar de que nunha noite de temporal, hai moito tempo, un navío inglés navegaba fronte as costas da Guarda. O capitán moi asustado pregoulle a Noso Señor que lle amosara un sinal para ires recalar preto da costa en troques de ofrecerlle un cáliz de ouro na primeira igresa que atopara. O cabo duns intres a pequena capela de San Caetano iluminouse e sinalou s tripulantes o rumbo axeitado para non encallar nas rochas e así salva-las vidas e a embarcación.

Afastado do perigo en canto tomou terra o capitán cumpriu a súa promesa e entregou o cáliz de ouro que se pode admirar o día da romaría a finais de agosto na citada capela do santo.

O CALIZ DE SAN CAETANO

Page 10: Lendas Da Guarda Definitivo

A LENDA DA SANGRIÑA Contan que no lugar da Sangriña, onde agora está o colexio as xentes vían polas nites unhas luces moi chamativas. Neste sitio medoñento só se atrevían a pasar de noite os máis destemidos pois cando a luciña aparecía era o sinal de que mataran a unha persoa. Logo producíase o enterro nunha estraña procesión de defuntos que pretendían vingarse do asasino.

Cando se construiu o colexio todo esto desapareceu. Puido ser que sucedera que este mandara ó seu lugar, o cemiterio próximo, a esta Santa Compaña.

- O topónimo Sangriña non ten nada que ver co vocablo castelán sangre – a pesares de que na guerra civil fose un lugar onde houbo moitos fusilamentos -senón coa palabra sanguiño (árbore moi abondosa na zona.).

Page 11: Lendas Da Guarda Definitivo

O ESPÍRITU DO RÍO MIÑO Esta lenda que circula pola zona de a Guarda é extensiva a outras moitas de Galicia. As xentes que habitan nas marxes do Baixo Miño cren nun espírito que esixe o tributo anual dunha persoa, dunha víctima humana pols seus servicios protectores.

-” O río xa cobrou os foros”- din as boas xentes da bisbarra.

Pensan tamén que se o río ruxe pola zona das neves é que está cabreado e axiña vai producirse unha desgracia, un afogado.

Eses mortos cando estaban na presencia dun familiar ou amigo emitían un sinal consistente en botar bágoas de sangue.

Na Guarda, hai moito tempo, un afogado fixo o mesmo diante da súa namorada e aínda máis, enxuagou de sangue seu pano branco.

Page 12: Lendas Da Guarda Definitivo

A COBRA DA FONTE BIEITA

No lugar de Pintán ( A Gándara) tódolos anos pola primavera vese na fonte Bieita unha cobra xigante.

A súa existencia era apreciada polos regueiros que, restos de pel do seu corpo e dos animais que apresaba. Por todo isto Fontebieita sempre foi un lugar medoñento. Din algúns veciños que sae polas noites dunha cova misteriosa e que mata como o tío Xosé o zapateiro ou Casiano que estiveron anos e anos a espreita sen conseguiren rematar coa lenda.

Page 13: Lendas Da Guarda Definitivo

SAN CAETANO PESCADOR

É unha das lendas ou historias preferidas na zona da Mariña. Sucedeu non hai moitos

anos. Unha noite de néboa mesta, uns mariñeiros do Canal foron a capela do Santo e vistírono con roupas mariñeiras de auga, unha cana de pescar na man e levárono ata o peirao outo para poñelo en situación de pescar.

- ¿Qué fai aquel home a pescar con este tempo?- preguntábanse os mariñeiros cando ollaban a imaxe e dende lonxe non se decataban de que non puidera ser persoa.

Contan algúns que o cabreo do Santo foi tal que os autores da falcatruada querían morrer e o Santo non os deixaba. Conseguírono despois de que lle pediran perdón.

Page 14: Lendas Da Guarda Definitivo

A PANTASMA DAS LOUCENZAS Na paraxe das Loucenzas – na saída da guarda cara a Baiona- unha parella de mozos ía no seu vehículo cando por exceso de velocidade tiveron un accidente con desenlace funesto.

Dende aquel día canto coche pase pola zona a moita velocidade sufrirá a aparición do espíritu da muller que se sentará ó seu carón convidándoo a modera-la conducción para que non lles ocorra o mesmo que a eles.

Page 15: Lendas Da Guarda Definitivo

OS XITANOS NA SANGRIÑA

Esta historia, segundo din algunhas persoas daqueles tempos, está baseada en feitos reais.

Na escola da Pasaxe daba clase unha mestra que tódolos días tiña que pasar pola Sangriña cando ía cara a Guarda. Houbo un tempo que naquela zona asentáronse uns xitanos e sen saber nin cómo nin por qué a mestra desapareceu e non se tiveron novas dela.

No rexistro do campamento efectuado pola Garda civil atoparon a roupa e os zapatos da desafortunada mestra, asemade un tinón de zorza que ó final comprobouse eran restos humanos

Page 16: Lendas Da Guarda Definitivo

O cruzanse na lagartosa, un home díxolle o tío Dimas: “ O seu burro vai alí adiante. E vostede, tío Dimas, tan tranquilo, sen preocuparlle se pode facer algún mal”.

- O meu burriño, amigo, xa morreu fai moitos anos. E, ¿de que cor era o que viu?

- Negro.

- ¿Negro? O meu burriño tamén era negro…

O BURRIÑO DO TÍO DIMAS

Page 17: Lendas Da Guarda Definitivo

UNHA NOITE NA LAGARTOSA

Na Lagartosa (actual rúa guardesa da Cal) dicían que por alí houbo moitas aparicións. Tódalas noites supuñan que pasaba a Santa Compaña, polo que de noite nadie saía da casa.

Unha vez, as sete da tarde de un día de inverno, baixaba unha mulleriña a busca-lo viño a unha tenda e ó cruza-la ponte pola que baixan as augas do tegra atopouse cunha procesión de xente que comezou a baterlle nas costas e a darlle labazadas que a deixarn case a morrer. Salvouse porque do medio desta xente saíron dúas persoas, que achegándose a ela protexérona de levar máis paus.

Coa tunda e o susto enfermou e quedou encamada. Moita xente ía visitala e confortábana dicíndolle que endexamáis lle volvería pasar nada malo.

Din que esas persoas eran dous parentes que xa morreran e que a iso das doces visirábana e que o seu home non se enteraba.

Page 18: Lendas Da Guarda Definitivo

A LENDA DUN PAI

Na antigüidade os vellos estaban nas casas afastadiños da vida familiar, xa que eran un atranco para os seus fillos.

Na zona de A Guarda, máis concretamente en Camposancos, había unha costume, unha fada moi vella, que consistía en levalos ó monte onde unha laxe para que alí morreran comidos polos lobos ou polas enfermidades.

Cóntase que un fillo levou a seu pai velliño cara a laxe do monte.

- Pousa, meu fillo pousa…que aquí pousei tamén a meu pai – dixo o vello cando chegaron ó lugar. Ante a sorpresa do fillo o pai engadiu a xeito de sentencia:”isto é fada…isto é fadaaaa.”

- Monte nas costas, lévoo para casa!- decidiu enerxicamente o fillo.

Dende entón rachouse o costume.

Page 19: Lendas Da Guarda Definitivo

A SANTA COMPAÑA E O MAR

A historia da Santa Compaña tamén ten aquí a súa picaresca.

Nos meses da recollida do argazo non pasaba un só día sen que non se oísen berron e rifasen os argaceiros por defenderen os seus tendais. No medio desde balbordo sempre houbo alguén que se amañou para apaña-lo argazo sen traballo.

Algunhas noites baixaba á praia unha procesión imitando unha Santa Compaña, cunhas sabas pola cabeza e uns calacús cunha veliña acesa. As xentes cando a ollaban non se atrevían a baixar á praía a vixía-lo seu traballo temerosas de enfrontarse a espíritos.

Cando alguén envexoso lles preguntaba como tiñan aqueles montes de argazo, eles e todos dicían en ton irónico:

- Son as almiñas, meu fillo!. Son as almiñas…!

Page 20: Lendas Da Guarda Definitivo

O MARIÑEIRO e O DEMO

Hai moito tempo que entre as xentes da Mariña se conta esta historia.

Un mariñeiro vina de pescar sardiñas ó xeito. Ó chegares ó peirao non viu a ninguén que lle poidese axudar a vara-la gamela e ademáis a marea estaba moi baixa.

- Quen me dera que viñera alguén, aínda que fose o demo en persoa! – din que dixo para os seus adentros.

De socato apareceulle un home o seu carón.

- Queres que che bote unha man?

- Pois sí, por qué non – respostoulle o mariñeiro- unha man sempre se agradece.

- Din que a forza do home era xigantesca, cíclopea e a gamela quedou pousada no seu lugar sen ningunha dificultade. Neste intre o home esvarouse entre a néboa e desapareceu sen máis. Ninguén o coñecía; mais todos coidaban que o mariñeiro tivera tratos co demo.

Page 21: Lendas Da Guarda Definitivo

A LENDA DO TARDO

Enfronte da panadería da Saltona (en A Guarda) sentíase trotar, moito

antes de velo, un cabaliño da man dun mariñeiro tanguiano que o azoutaba cun vimbio. O citado animal galopaba e ollaba fixamante como unha persoa. Era o Tardo.

Din que de noite ía onde os cabalos e trenzáballe as crins. Pola mañanciña, cando os seus donos os visitaban, atopábanse cansos e suados coas crins trenzadas. Despois gritaba polas rúas: “xa ven o tardo!” e os cabalos víanse loitar contra non se sabe que e fuxían asustados.

Page 22: Lendas Da Guarda Definitivo

O BURRO E A ARGACEIRA

Unha muller que ía ó argazo cun burro atouno nunha ocasión no que ela cría que era un monte de area na praía da Area Grande. Mentres traballaba co clamoeiro a marea ía baixando; mais ela pensaba que estaba subindo xa que as augas atopábanse moi preto do fuciño do burro.

En realidade o que ocorrera era que atara ó animal nunha xigantesca centola que o arrempuxaba cara ó mar.

Page 23: Lendas Da Guarda Definitivo

Contaba o tío Santiaguiño, un vello lobo de mar dos que non hai agora na Mariña, que indo unha vez a pescar sardiñas con outros compañeiros atopáronse cunha grande balea.

- Hoxe xa temos pesca – díxolles a vez que amarraron con cordas ó mamífero a gamela. Antes de virar para o porto acordaron facer unha caldeirada enriba do lombo da balea. Puxeron o tripeiro máis o pote e fixeron unha fogueira.

- Coidado compañeiros que me parece que a balea non está morta, que está durmindo! – exclamou o Rufino tremendo como unha palla azoutada polo vento.

Neste intre o animal comezou a dar uns estroxóns e non deu máis tempo que subir para a embarcación, corta-las amarras cunha machadiña e alá se foi a balea.

Dalí a uns días apareceu fronte as costas de A Guarda unha balea morta, aboíando e cunha grande ferida no lombo, producto seguriño da queimadura que lle fixera a fogueira dos arriscados e destemidos Santiaguiño e compañía.

A BALEA