KAILA E A ZORRA. TRADICIÓN NADAL EN CANADÁ

2
PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO KAILA E A ZORRA Kaila e Sedna sempre foran bos amigos desde pequechos. Encantáballe xogar xuntos, facer pequenos iglús para os seus bonecos e, cando celebraban o Sinck Tuck, a festa con que os esquimós celebran o Nadal, sempre ían xuntos a escoitar as lendas que lles explicaban os contacontos. Kaila aprendeu que o seu nome proviña do deus do ceo que lle devolvera aos homes os animais que poboaban a Terra, incluido o fermoso caribú. Tamén lle regalara o lobo, que cazaba os exemplares máis débiles, para que o home puidese cazar os animais máis sans, comer a súa carne e protexerse coas súas peles. Sedna tamén descubriu grazas ao contacontos que o seu nome proviña da deusa da auga, de cuxos dedos naceran os peixes, de cuxas mans brotaran as focas e as morsas, que aínda vivía baixo a auga, e cuxos cabelos axitados se convertían na escuma das ondas cando se enfadaba. O día Sinck Tuck, mentres os máis vellos bailaban e se intercambiaban regalos, Kaila quixo tomar prestada a zorra que era de Sedna, pero ésta negouse, porque estaba moi cansa e quería volver a casa. Era a primeira vez que a súa amiga lle negaba algo, polo que Kaila guindou a zorra ao mar. -Non es a deusa da auga? Pois colle a zorra!- E botou a correr cara a casa. Sedna quedouse observando a zorra mentres afundía lentamente. Pasaron os anos, e Sedna e Kaila non se dirixiron máis a palabra. Cando coincidían na cabana onde se celebraba o Sinck Tuck, nen se ollaban e moito menos bailaban xuntos, e nuncha ninguén lle regalaba nada a el nin a Sedna. Cando preguntou aos seus amigos que por que ocorría aquelo, contestáronlle que, como de pequenos sempre xogaban xuntos, os seus amigos pensaban que eran noivos. Ése era o motivo para non regalarlle nada. Kaila quedouse cavilando, foi correndo ao seu iglú e tallou en madeira unha pequena zorra. Non era grande de abondo para montar nela, pero nunha data de celebración como aquela, non quería que Sedna volvera a casa sen ningún regalo. -Sedna -díxolle, dirixíndolle a palabra por primeira vez en anos-, este regalo é para ti, para celebrar o Sinck Tuck, e para pedirche perdón. Sedna perdoou a Kaila polo que fixera anos atrás, e doulle un bico ao xeito dos esquimós: frotándose o nariz.

description

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO. CEIP ADR CASTELAO RIANXO

Transcript of KAILA E A ZORRA. TRADICIÓN NADAL EN CANADÁ

Page 1: KAILA E A ZORRA. TRADICIÓN NADAL EN CANADÁ

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO

KAILA E A ZORRA

Kaila e Sedna sempre foran bos amigos desde pequechos. Encantáballe xogar xuntos,

facer pequenos iglús para os seus bonecos e, cando celebraban o Sinck Tuck, a festa con

que os esquimós celebran o Nadal, sempre ían xuntos a escoitar as lendas que lles

explicaban os contacontos.

Kaila aprendeu que o seu nome proviña do deus do ceo que lle devolvera aos homes os

animais que poboaban a Terra, incluido o fermoso caribú.

Tamén lle regalara o lobo, que cazaba os exemplares

máis débiles, para que o home puidese cazar os

animais máis sans, comer a súa carne e protexerse

coas súas peles.

Sedna tamén descubriu grazas ao contacontos que o

seu nome proviña da deusa da auga, de cuxos dedos

naceran os peixes, de cuxas mans brotaran as focas e

as morsas, que aínda vivía baixo a auga, e cuxos cabelos axitados se convertían na

escuma das ondas cando se enfadaba.

O día Sinck Tuck, mentres os máis vellos bailaban e se intercambiaban regalos, Kaila

quixo tomar prestada a zorra que era de Sedna, pero ésta negouse, porque estaba moi

cansa e quería volver a casa. Era a primeira vez que a súa amiga lle negaba algo, polo

que Kaila guindou a zorra ao mar.

-Non es a deusa da auga? Pois colle a zorra!- E botou a correr cara a casa. Sedna

quedouse observando a zorra mentres afundía lentamente.

Pasaron os anos, e Sedna e Kaila non se dirixiron máis a palabra.

Cando coincidían na cabana onde se celebraba o Sinck Tuck, nen

se ollaban e moito menos bailaban xuntos, e nuncha ninguén lle

regalaba nada a el nin a Sedna. Cando preguntou aos seus amigos

que por que ocorría aquelo, contestáronlle que, como de pequenos

sempre xogaban xuntos, os seus amigos pensaban que eran

noivos. Ése era o motivo para non regalarlle nada. Kaila quedouse

cavilando, foi correndo ao seu iglú e tallou en madeira unha

pequena zorra. Non era grande de abondo para montar nela, pero

nunha data de celebración como aquela, non quería que Sedna

volvera a casa sen ningún regalo.

-Sedna -díxolle, dirixíndolle a palabra por primeira vez en anos-,

este regalo é para ti, para celebrar o Sinck Tuck, e para pedirche perdón.

Sedna perdoou a Kaila polo que fixera anos atrás, e doulle un bico ao xeito dos esquimós:

frotándose o nariz.

Page 2: KAILA E A ZORRA. TRADICIÓN NADAL EN CANADÁ

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO

TRADICIÓNS DE CANADÁ

Kuvianak Inovia!

Joyeux Noël!

Merry Christmas!

En Canadá encántalles comer rosquillas nas festas do

Nadal, pero sobre todo se están cubertas de xarabe de

arce, a súa árbore nacional, unha especie de mel moi

doce.

Os nenos cúbrense con máscaras e fan ruído polo vecindario con

campaíñas e outros instrumentos. Se o veciño descobre que neno

se agocha trala máscara, éste ten que deixar de facer ruído.