Informe contrato programa 2012 13

26
2013 IES DE AMES LER E PENSAR MEMORIA DO CONTRATO-PROGRAMA (2012-13)

description

avaliación final do Contrato programa, Ler e Pensar, que se realizou no IES de Ames durante o curso 2012-13

Transcript of Informe contrato programa 2012 13

Page 1: Informe contrato programa 2012 13

2013

IES DE AMES

LER E PENSAR MEMORIA DO CONTRATO-PROGRAMA (2012-13)

Page 2: Informe contrato programa 2012 13

1

Táboa de contido

DESCRICIÓN DAS MEDIDAS DO PROGRAMA. ..................................... 2

1ª ACCIÓN: COMPETENCIAS E HÁBITOS ............................................. 3

MODIFICACIÓNS DA ACTIVIDADE: ..................................................... 3

TEMPORALIZACIÓN: ............................................................................. 3

AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE .............................................................. 4

PROPOSTAS DE MELLORA: .............................................................. 13

2ª ACCIÓN: APRENDER A APRENDER ................................................ 13

MODIFICACIÓNS DA ACTIVIDADE: ................................................... 13

TEMPORALIZACIÓN: ........................................................................... 14

AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE ............................................................ 15

PROPOSTAS DE MELLORA ............................................................... 16

3ª ACCIÓN: COMPRENDER PARA APRENDER .................................. 16

MODIFICACIÓNS NA ACTIVIDADE .................................................... 16

TEMPORALIZACIÓN ............................................................................ 17

AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE ............................................................ 18

PROPOSTAS DE MELLORA ............................................................... 22

Descrición dos gastos realizados ............................................................ 23

Profesorado participante .......................................................................... 24

Page 3: Informe contrato programa 2012 13

2

DESCRICIÓN DAS MEDIDAS DO PROGRAMA.

A. 1ª ACCIÓN: COMPETENCIAS E HÁBITOS

-Reforzar a competencia lectora a través dun programa de

lectoescritura diversificado en función das competencias do alumnado.

-Seguimento e corrección de traballos en función da autonomía do

alumando e en colaboración coas familias.

B. 2ª ACCIÓN: APRENDER A APRENDER

-Fomento dos traballos de investigación colaborativos a través dun

tema común con múltiples diversificacións.

-Mellorar a competencia oral mediante exposicións públicas e

presentación con posters científicos.

C. 3ª ACCIÓN: COMPRENDER PARA APRENDER

-Fomentar a investigación autónoma a través dos traballos de

investigación individuais

-Mellorar a oralidade preparando a participación en foros de debate.

-Introducir o interese pola innovación científica a partir de proxectos de

colaboración con Universidades a través da aplicación de novas

tecnoloxías.

-Fomentar a participación do alumnado en diferentes olimpiadas e

convocatorias autónomicas e nacionales: Olimpiada de Bioloxía, de

Química, Canguro matemático, Liga de debates…

Page 4: Informe contrato programa 2012 13

3

1ª ACCIÓN: COMPETENCIAS E HÁBITOS

ÁMBITO: 1º DE ESO

MODIFICACIÓNS DA ACTIVIDADE:

Dado a redución significativa no presuposto de gastos, algunhas das

características do programa tiveron que eliminarse.

A dedicación á corrección de traballos escritos limitouse a unha ou

dúas sesións, e foi levada a cabo polo profesorado acompañante.

O traballo en grupo adquiriu unha característica mais grupal e

menor presenza das actividades individuais.

Os agrupamentos flexibles do alumnado, aínda que se mantiveron

reducíronse a 3 en función das súas competencias respecto de:

a. Autonomía

b. Competencia en lectura comprensiva e en expresión

escrita

d. Dificultades de concentración

TEMPORALIZACIÓN:

A temporalización proposta inicialmente no programa cumpriuse

No primeiro trimestre realizáronse as seguintes accións:

- Avaliación inicial e clasificación do alumnado por niveis

Page 5: Informe contrato programa 2012 13

4

- Comunicación ás familias

- Elaboración e proposta de materiais (polas materias implicadas na

actividade)

- Criterios de control, cualificación e avaliación

Decidiuse, en cambio deixar para o inicio do curso entrante a

preparación das xornadas finais

No segundo trimestre:

- Iniciouse a actividade de lecto-escritura (elixiuse como tema

central as obras básicas da literatura universal, dada a presenza

de material no Centro o que permitiu racionalizar o gasto

- Supervisión quincenal do diario de lecturas

- Actividade de Escritura colaborativa.

Terceiro trimestre

- Avaliación da actividade (Maio-Xuño)

- Enquisas a profesorado, alumnado sobre os resultados da

actividade.

- Propostas de mellora para o próximo curso.

AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE

DATOS

Das enquisas do alumnado:

Page 6: Informe contrato programa 2012 13

5

A separación por grupos de competencias deu lugar a agrupamentos

específicos que se distribuíron dentro de cada grupo do seguinte xeito:

cursos 1ºA 1ºB 1ºC 1ºD 1ºE 1ºF

Total

alumnos

21 22 23 24 21 24

g. autónomo 9 16 16 17 11 12

g. dirixido 7 4 5 5 8 7

G. persoal. 5 2 2 2 3 5

Realizouse unha enquisa ao alumnado propoñendo a medida daqueles

indicadores que permitiran cualificar a consecución dos obxectivos

propostos polo programa, ademais da valoración do propio alumnado

sobre a actividade. Así divídese en 4 apartados: Implicación do

alumnado, implicación do profesorado, implicación das familias,

aspectos técnicos da actividade (obxectivos, materiais, metodoloxía,

lecturas). Tamén se pediu ao alumnado que escollera algunha

modificación para mellorar a actividade.

Pedíuselle ao alumnado que valorara os ítems nunha escala de 1 a 10

tomando o 10 como a escala máis alta de aceptación e 1 coma a máis

baixa.

A continuación podemos ver os resultados nas gráficas comparativas.

Page 7: Informe contrato programa 2012 13

6

Nivel de asistencia

A asistencia á actividade polo alumnado é alta en todos os

agrupamentos, aínda que foi interrompida por diferentes actividades

escolares o que implicou a perda de horas nalgúns grupos.

Motivación do alumnado

0,00%

10,00%

20,00%

30,00%

40,00%

50,00%

10 9 8 7 6 5 4 3 2 1

0,00%

5,00%

10,00%

15,00%

20,00%

25,00%

10 9 8 7 6 5 4 3 2 1

Page 8: Informe contrato programa 2012 13

7

Parece claro que a relación coa actividade é desigual, porén hai que

resaltar que a motivación foi máis forte entre o alumnado do grupo

dirixido, que eran os que tiñan maiores dificultades nas competencias

básicas.

Atención á diversidade

En todos os agrupamentos o alumnado recoñeceu o esforzo por atender

á diversidade de carencias e necesidades que presentaba o alumnado.

Implicación do profesorado.

0,00%

10,00%

20,00%

30,00%

40,00%

10 9 8 7 6 5 4 3 2 1

0,00%

10,00%

20,00%

30,00%

10 9 8 7 6 5 4 3 2 1

Page 9: Informe contrato programa 2012 13

8

Horarios

Duración da actividade

0,00%

10,00%

20,00%

30,00%

40,00%

50,00%

10 9 8 7 6 5 4 3 2 1

0,00%

5,00%

10,00%

15,00%

20,00%

25,00%

10 9 8 7 6 5 4 3 2 1

Page 10: Informe contrato programa 2012 13

9

En xeral pódese concluír que a actividade foi ben acollida pola gran

maioría do alumnado participante, tanto no que se refire aos logros coma

aos materiais empregados e á dedicación do profesorado.

A valoración sobre os obxectivos acadados pola actividade é alta, en

calquera dos obxectivos principais perseguidos pola actividade.

.

mellora da lectura

alta

media

baixa

mellora na escritura

alta

media

baixa

lecturas elixidas

alta

media

baixa

materiais de traballo

alta

media

baixa

método de traballo

alta

media

baixa

Page 11: Informe contrato programa 2012 13

10

Valoración das familias

A modificación máis demandada polo alumnado foi a introdución da

competencia oral no proxecto ( (49%).

0,00%

20,00%

40,00%

10 9 8 7 6 5 4 3 2 1

Page 12: Informe contrato programa 2012 13

11

Valoración da actividade polo profesorado implicado

O profesorado ao que se lle pediu a súa valoración da actividade, foi,

nun primeiro momento directamente implicado e que pertence ao Centro

Educativo. Tamén se recolleu a opinión daquelas nais que estiveron

dirixindo as actividades dalgún dos grupos dirixidos.

PROFESORADO

Total enquisas 9/ entregadas 8

Implicación alumnado alta 8

media

baixa

implicación profesorado alta 5

media 3

baixa

obxectivos alta 9

media 1

baixa

logro de obxectivos alto 6

medio 2

baixo

materiais lectura 90%

materiais 90%

didáctica 70%

Page 13: Informe contrato programa 2012 13

12

Entre as dificultades mais salientables está a capacidade de

coordinación entre o profesorado e o tempo dedicado a actividade, por

escaso para a consecución de obxectivos.

Resultados contrastables: é de resaltar a actividade de escritura

cooperativa ao redor dun texto e dirixidos pola profesora Susa de Lopo,

que deu como resultado a publicación dunha obra ao abeiro deste

programa:

Page 14: Informe contrato programa 2012 13

13

PROPOSTAS DE MELLORA:

De entre as propostas de mellora que deberán considerarse para unha

nova edición do programa cabe destacar fundamentalmente as

seguintes:

Introducir outras competencias, como a oral ou a lectura de imaxes. Este

aspecto é coincidente nas valoracións de alumnado, profesorado e

familias.

Introducir a actividade dentro do programa normal das materias, de

forma que a actividade se leve a cabo na aula normal, sen división de

grupos e dentro dun proxecto integrado.

2ª ACCIÓN: APRENDER A APRENDER

ÁMBITO: 2º DE ESO

MODIFICACIÓNS DA ACTIVIDADE:

Non houbo modificacións significativas da actividade, salvo na

consecución de obxectivos temporais, ao ter que producirse o peche dos

traballos, despois da avaliación final do curso ordinario.

Unha das dificultades que se deben resaltar foi a dificultade para atopar

bibliografía suficiente para a realización dos traballos sobre “O home no

seu mundo”.

Page 15: Informe contrato programa 2012 13

14

TEMPORALIZACIÓN:

No primeiro trimestre realizáronse as seguintes accións:

Traballo de redacción: aspectos de presentación, organización,

expresión e composición.

- Avaliación inicial e clasificación do alumnado por niveis

- Elaboración e proposta de materiais de traballo para o alumnado

- Elaboración das carpetas de traballo

- Criterios de control, cualificación e avaliación

- Establecemento dos procedementos para a preparación dos

traballos.

Decidiuse, en cambio deixar para o remate da actividade a preparación

das xornadas finais

No segundo trimestre:

- Iniciouse a actividade de investigación con grupos moi reducidos

- Supervisión semanal da marcha dos traballos por parte do profesor

coordinador

- Incorporación paulatina ao traballo de investigación por parte do

alumnado que acada os niveis adecuados no traballo de redacción,

no que se refire a presentación e composición.

Terceiro trimestre

- Tres niveis de corrección dos traballos: primeiro, no entorno

doméstico; segundo, na clase por algún compañeiro; e a última

Page 16: Informe contrato programa 2012 13

15

corrección polo profesor. Este procedemento só se puido aplicar

cos primeiros traballos presentados.

- Avaliación da actividade (Xuño. )

- Valoración do profesorado implicado na coordinación dos

traballos.

AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE

Resultados:

Presentáronse un total de cento vinte traballos, dos que

alcanzaron unha cualificación de sobresaínte un total de

dezaoito.

Poderán visualizarse no blog: www.antropoque.blogspot.com

Valoración do traballo polo profesorado implicado:

Alto grao de interese por parte do alumnado máis cualificado na

elaboración do traballo.

Superación de dificultades na procura de información na rede:

escaseza de información facilmente accesible, nalgúns casos;

noutros, dificultade de selección pola abundancia de páxinas de

escasa calidade ou de nulo interese.

Notable mellora na selección de información e na organización dos

materiais recolleitos.

Resultados moi bos na mellora do traballo de redacción, nos casos

nos que se realizaron os tres niveis previstos de corrección

Alta implicación do alumnado na corrección dos traballos dos

compañeiros, e boa aceptación das correccións dos outros.

Page 17: Informe contrato programa 2012 13

16

PROPOSTAS DE MELLORA

Entre as propostas suxeridas polo profesorado para unha posible

continuidade do programa están:

a) Realizar unha corrección na temporalización, sinalando como

data para a realización do último borrador o final do segundo

trimestre, de xeito que no terceiro poidan facerse as derradeiras

correccións.

b) Establecer con precisión o grupo de alumnos máis cualificados

para un seguimento máis puntual dos seus traballos e para que

asuman tarefas de apoio e traballo cooperativo cos seus

compañeiros.

c) Buscar temas nos que poidan implicarse outras materias, para

darlle un sentido transversal ao traballo.

3ª ACCIÓN: COMPRENDER PARA APRENDER

ÁMBITO: 4º DE ESO, 1º e 2º DE BACHARELATO

MODIFICACIÓNS NA ACTIVIDADE

Non houbo modificacións significativas da actividade, salvo a

incorporación dunha nova modalidade de traballo de investigación,

a cargo do departamento de Tecnoloxía, coa incorporación de

proxectos en coordinación coa Universidade. Neste caso, coa

Universidade de Tecnoloxía de Vigo.

Page 18: Informe contrato programa 2012 13

17

TEMPORALIZACIÓN

No primeiro trimestre realizáronse as seguintes accións:

-Preparación das conferencias do VII Ciclo de Conferencias de

formación complementaria: a Voltas co Corpo

- Formación dos grupos de traballo e inicio das tarefas de

titorización.

- Elaboración e proposta de materiais de traballo para o alumnado

http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.p

hp?id=102

- Establecemento dos procedementos para a preparación dos

traballos.

- Elaboración do calendario de realización das actividades.

No segundo trimestre:

-Desenvolvemento das conferencias. Gravación e recompilación

do material das mesmas.

- Iniciouse a actividade de investigación e preparación de

Olimpíadas

- Supervisión semanal da marcha dos traballos por parte do

profesor coordinador

-Presentación á Liga de Debate e Olimpíadas

Terceiro trimestre

Page 19: Informe contrato programa 2012 13

18

- Elaboración das actas das conferencias para a súa publicación

- Presentación e correción dos traballos

- Impresión e presentación a convocatorias

- Valoración do profesorado implicado na coordinación dos

traballos.

AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE

Canto a actividade do VII Ciclo de formación complementaria, a

asistencia rondou os 70 asistentes nas diferentes sesións entre

alumnado, profesorado e pais/nais e outros veciños da localidade.

Involucráronse directamente nas sesións 12 profesores e 140

alumnos que realizaron as presentacións das conferencias e a

reprografía necesaria para a súa difusión.

Podemos ver os resultados do Ciclo (carteis, concursos,

conferencias....) no blog creado para a actividade en:

http://www.avoltascon.blogspot.com.es/

Page 20: Informe contrato programa 2012 13

19

A implantación paulatina deste método de traballo vai facéndose

unha constante no centro, de forma que se incorporan cada vez

máis alumnos a actividades relacionadas coa investigación e a

excelencia.

A participación en Certames consolidase:

Jóvenes Investigadores: 3 traballos

Certame San Viator: 3 traballos

premios «Historia de la Cinematografía» y «Alfabetización

Audiovisual» (2 traballos)

Podemos ver mostras deste tipo de traballos en:

Page 21: Informe contrato programa 2012 13

20

https://sites.google.com/site/petroglifosdeames/

http://www.calameo.com/read/00079240961390d6bc3c1?authid=y

EY6MWmZwVbA

http://www.calameo.com/read/000792409fab7d84e10d6

Page 22: Informe contrato programa 2012 13

21

Incorporación de novas direccións no traballo de investigación e

innovación co proxecto de Tecnoloxía para a produción dunha

maqueta con impresión 3D.

Mais información sobre o proxecto en:

http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/node/464

Participación na Liga de Debate comarcal

Page 23: Informe contrato programa 2012 13

22

Participación nas Olimpíadas de Matemáticas, Bioloxía e Química.

Todas estas actividades involucraron uns 40 alumnos

directamente e uns 70 como asistentes as actividades, o que

supón un 10% do alumnado de 1º 2º de Bach.

PROPOSTAS DE MELLORA

Fomentar a participación do máximos número de alumnos nas

Conferencias de formación complementaria incorporando novas

estratexias de compromiso e novos papeis para o alumnado.

Dar a coñecer a actividade na contorna do Centro e noutros centros

educativos.

Incorporar ao alumnado de 4ª ESO ás dinámicas de investigación

autónoma

Dar visibilidade aos traballos do alumnado a través da presentación

pública dos mesmos e a publicación en canles oficiais.

Promocionar as visitas de estudios relacionadas cos traballos de

investigación.

Canalizar os traballos do alumnado cara o servizo á comunidade, en

consonancia coa metodoloxía do “aprendizaxe servizo”.

Page 24: Informe contrato programa 2012 13

23

Descrición dos gastos realizados

Gasto realizado

Gastos de transporte do alumnado de

acompañamento

------------------

Consumos (auga, luz, calefacción) ------------------

Material bibliográfico (inventariable) 1264.80

Material informático 919,90

Material funxible 2100.51

Outros (a especificar): 714.79

Page 25: Informe contrato programa 2012 13

24

Profesorado participante

Nome e

Apelidos

función que desenvolve actuación/s na/s

que participou

Susa de Lopo profesora Actuación 1

Aida Fraiz profesora Actuación 1

Sonia profesora Actuación 1

Chus Boo profesora Actuación 1

Xoan Xil profesor Actuación 1

Esteban Lestón profesor Actuación 1

Antonio San

Miguel

profesor Actuación 1

Anxo Sampedro Profesor /coordinador /

conferenciante

Actuación 1

Actuación 2

Actuación 3

Pilar Tobar Profesora /

conferenciante

Actuación 1

Actuación3

Margarita Olivar Profesora /

conferenciante

Actuación 1

Actuación3

Eva Garea Profesora / Coordinadora/

conferenciante

Actuación 1

Actuación 3

Juan Berdullas Preparación Olimpiada

Matemática

Actuación 3

Juan Yürss Preparación Olimpiada

Bioloxía / Conferenciante

Actuación 3

Mercedes Neira Preparación Olimpiada

Química

Actuación 3

Antonio Vázquez Profesor Actuación 3

Page 26: Informe contrato programa 2012 13

25

José Berriochoa conferenciante Actuación 3

Rosa Martinez conferenciante Actuación 3

Federico Bouza conferenciante Actuación 3

Fernando Sainz conferenciante Actuación 3

Sonia Roher conferenciante Actuación 3

Renata Otero profesora /

conferenciante

Actuación 1

Actuación 3