Historia de dous emigrantes

4
A emigración Irene Arto Escuredo Irene 3 de Outubro de 2013, mar Mediterráneo É de noite e vai moito frío. Miña nai acólleme nos seus brazos con forza, poñendo sobre min unha manta. Levamos moito tempo navegando. - Mamá,falta moito ? - Non, meu ceo, falta xa pouco – intenta tranquilizarme cun sorriso, pero non é o mesmo que o que lle vexo cando ven a darme o bico de boas noites. Non está feliz, e creo que sei por qué é. Porque estamos lonxe de papá e dos tíos de Somalia, pero non sei por qué tivemos que marchar…, e sen eles! Mamá díxome que iamos de viaxe, pero non o estou pasando moi ben polo de agora. Estou rodeado de moitos homes e de moitas mulleres e de moitos nenos e nenas coma min. Pero están todos calados, só se oe o ruído do motor do barco.Dun barco que creo que é demasiado pequeno para tanta xente coma somos. - Dúrmete, miña vida, que así a viaxe parecerache máis curta – e levándome pola voz de mamá, pronto quedei durmido. Pero non por moito tempo. Esperto polo barullo da xente, movéndose dun lado a outro do barco,e miro a mamá para saber que pasa. Pero o único que vexo son bágoas caendo pola súa cara. A última vez que vira a mamá chorar fora cando se despedira de papá e non entendía por qué. Se só estamos de vacacións ! Pronto os veremo!. A papá e ós tíos! Entón decátome da cor vermella, laranxa, amarela e outra vez vermella do lume que chega da parte de atrás do barco. É cada vez máis e máis grande, e mamá cólleme forte, moi forte.

description

 

Transcript of Historia de dous emigrantes

Page 1: Historia de dous emigrantes

A emigración

Irene Arto Escuredo

Irene

3 de Outubro de 2013, mar Mediterráneo

É de noite e vai moito frío. Miña nai acólleme nos seus

brazos con forza, poñendo sobre min unha manta. Levamos

moito tempo navegando.

- Mamá,falta moito ?

- Non, meu ceo, falta xa pouco – intenta tranquilizarme

cun sorriso, pero non é o mesmo que o que lle vexo cando ven a

darme o bico de boas noites.

Non está feliz, e creo que sei por qué é. Porque estamos

lonxe de papá e dos tíos de Somalia, pero non sei por qué

tivemos que marchar…, e sen eles! Mamá díxome que iamos de

viaxe, pero non o estou pasando moi ben polo de agora. Estou

rodeado de moitos homes e de moitas mulleres e de moitos

nenos e nenas coma min. Pero están todos calados, só se oe o

ruído do motor do barco.Dun barco que creo que é demasiado

pequeno para tanta xente coma somos.

- Dúrmete, miña vida, que así a viaxe parecerache máis

curta – e levándome pola voz de mamá, pronto quedei durmido.

Pero non por moito tempo. Esperto polo barullo da xente,

movéndose dun lado a outro do barco,e miro a mamá para saber

que pasa. Pero o único que vexo son bágoas caendo pola súa

cara. A última vez que vira a mamá chorar fora cando se

despedira de papá e non entendía por qué. Se só estamos de

vacacións ! Pronto os veremo!. A papá e ós tíos!

Entón decátome da cor vermella, laranxa, amarela e outra

vez vermella do lume que chega da parte de atrás do barco. É

cada vez máis e máis grande, e mamá cólleme forte, moi forte.

Page 2: Historia de dous emigrantes

A emigración

Irene Arto Escuredo

Irene

Ponse de pé, cólleme en brazos ,e saltamos á auga, coma a

maioría de xente que vai con nós. Está moi fría- O único que sinto

son os brazos de mamá fortemente agarrados ó meu redor, e a

súa voz no meu oído, dicíndome que me quere.

Non me lembro de nada máis ata que esperto. É de día. Xa

non estou na auga fría. Nin no barco que tiña lume. Estou nalgún

lugar en terra. Pero non vexo a mamá, non sei onde está. O único

que vexo son a homes de pel branca arredor de min, e máis

xente coma eu. Moitos están no chan recostados . Estarán

descansando ?

Sego sen ver a mamá. Pregúntanme moitas cousas, en

diferentes idiomas, pero non os entendo. Fálanme lento pero eu

non os entendo. Os homes e as mulleres que levan chaquetas

vermellas míranme e póñenme unha manta e séntanme nunha

cadeira. Entón chega un home moi alto, e achégase a min. Por fin

o entendo. E fala moi ben. Ten a pel branca, non é coma eu, e

parece apurado.

- Tes fame?

- Onde está mamá ?

É o único que quero saber. Saber onde está mamá.

3 de Outubro de 2013, aeroporto de Madrid-Barajas

Estaba esgotado. Tiven que erguerme ás tres da

madrugada para coller o avión que me levaría a Roma-

Fiumicino , para despois alí facer transbordo e coller o que

aterraría en Lampedusa. Non, non decidín ir de vacacións.

Page 3: Historia de dous emigrantes

A emigración

Irene Arto Escuredo

Irene

Levaba dous anos no paro. Non atopara traballo dende que

rematei en 2011 a carreira de Medicina . E tiña que facer

algo.

Meus pais entenderon a situación , e decidimos entre

todos que o mellor sería que fora a Lampedusa a buscar sorte,

aproveitando que alí vivían os meus tíos paternos. Poucas

opcións máis me quedaban. En España non vía a procura de

traballo en curto prazo, e eu necesitaba gañarme a vida.

Foi unha viaxe longa, aínda que durmín boa parte do

traxecto. Cheguei pola mañá ao aeroporto da preciosa illa

italiana, da que tantos bos recordos tiña cando de pequeno

iamos meus pais e máis eu a pasar unha tempada co resto da

familia. Meus tíos esperábanme impacientes. Fixeron un leve

intento de falarme en español, pero respiraron máis tranquilos

ao ver que manexaba o italiano perfectamente. Gañárame o

nivel B2 nesa lingua e en árabe nos dous anos que estiven sen

traballar, e xa tiña o C2 de inglés e o C1 de francés.

A viaxe ó centro da cidade durou pouco tempo, collemos

o coche por levar só as maletas, xa que poderiamos ter ido

dando un paseo. Só hai uns metros ata a casa dos meus tíos, un

precioso e acolledor piso en fronte do porto.

Cando estabamos a piques de chegar, vimos un gran

rebumbio de gardas costeiros e de policías Decidimos ir

todos a ver o que acontecía, e a imaxe foi verdadeiramente

desoladora: un montón de corpos de emigrantes no chan, e

bastantes postos de atención médica no que non paraban de

entrar e saír enfermeiros e médicos que atendían a feridos e

demais superviventes. Había demasiados.

Page 4: Historia de dous emigrantes

A emigración

Irene Arto Escuredo

Irene

Actuei inmediatamente. Saltei, esquivando os gardas que

me tentaban frear, pero accedían a deixarme pasar ao

dicirlles que era médico.

Canta xente, meu Deus… Cantos feridos…E eses sacos

azuis…

Atopei a un neno pequeno sentado nunha cadeira con

outros adultos, e cuberto por unha manta. Tería uns cinco anos

ou por aí. Semellaba preocupado, e triste.

- Tes fame? – Probei preguntándolle en árabe, a ver se

había sorte e era dun país que falaba ese idioma.

- Onde está mamá? – A súa voz entrecortada, coas

bágoas brotando nos seus ollos, partiume o corazón. As

bágoas brotaron tamén nos meus.

Mireino, e daquela dinme conta de que eramos os dous,

dous emigrantes unidos pola traxedia. O malo é que el e

tantos outros coma el foron os que tiveron que sufrir a traxedia

tan de cerca. El e tantos outros que deixan todo o que teñen,

na busca dunha vida mellor .