Historia

148
Inicios e consolidación do réxime liberal O impacto da Revolución Francesa e o reinado de Fernando VII (1808-1833) 1.1. O impacto da Revolución francesa. A Guerra da Independencia e a Constitución de Cádiz (1808-1814) Entre as décadas finais do XVIII e a primeira parte do XIX ten lugar en toda Europa o tránsito desde o Antigo Réxime ás novas formas sociais, económicas e políticas que caracterizan ás sociedades contemporáneas. A Revolución Francesa actua como detonante do cambio e a transición presenta caracteres peculiares en cada país. En España é de salientar a presenza dun “catalizador externo” , a Guerra de independencia, no desencadeamento da Crise do Antigo Réxime”. Esta crise desenvólvese ao longo de tres etapas: -1808-1814: A guerra marca o inicio da revolución liberal que ten a súa máxima expresión na Constitución de 1812. -1814-1833: O reinado de Fernando VII, que propiciou o absolutismo agás o paréntese do trienio liberal (1820-1823)

Transcript of Historia

Page 1: Historia

Inicios e consolidación do réxime liberal

O impacto da Revolución Francesa e o reinado de Fernando VII (1808-1833)1.1. O impacto da Revolución francesa. A Guerra da Independencia e a Constitución de Cádiz (1808-1814)

Entre as décadas finais do XVIII e a primeira parte do XIX ten lugar en toda Europa o tránsito desde o Antigo Réxime ás novas formas sociais, económicas e políticas que caracterizan ás sociedades contemporáneas. A Revolución Francesa actua como detonante do cambio e a transición presenta caracteres peculiares en cada país.En España é de salientar a presenza dun “catalizador externo” , a Guerra de independencia, no desencadeamento da “ Crise do Antigo Réxime”. Esta crise desenvólvese ao longo de tres etapas:-1808-1814: A guerra marca o inicio da revolución liberal que ten a súa máxima expresión na Constitución de 1812.-1814-1833: O reinado de Fernando VII, que propiciou o absolutismo agás o paréntese do trienio liberal (1820-1823)-1833-1839: A disputa dinástica (guerra carlista) enfrontou ós dous bandos ata a vitoria liberal de 1839.1.1.1. A invasión napoleónica e a crise da monarquía española (1807-1808 )

Os acontecementos que se desenvolveron en Francia a partir de 1789 explican en grande medida o que pasou en España ata 1808. O reinado de Carlos IV (1788-1808 ) estivo marcado polo temor ao contaxio revolucionario, polo despotismo e impopularidade do seu favorito Manuel Godoy e pola alianza coa Francia de Napoleón.

Despois da derrota de Trafalgar Napoleón decretou o Bloqueo Continental a todos os produtos británicos, a negativa de Portugal a aceptalo levou ao dirixente francés a planificar a súa conquista contando co apoio de España. No ano 1807, Napoleón obtivo o consentimento de Godoy, para que os seus exércitos atravesasen España para atacar Portugal, aliada de Inglaterra, a cambio dunha futura repartición de Portugal, nas clausulas secretas do tratado permitiase a entrada do exército francés

Page 2: Historia

“Art. 1º. La provincia de Entre-Duero y Miño con la ciudad de Oporto se dará en toda propiedad y soberanía de S.M. el rey de Etruria con el título de Rey de la Lusitania Septentrional.Art.2º. La provincia de Alentejo y el reino de los Algarbes, se darán en toda propiedad y soberanía al Príncipe de la Paz, para que las disfrute con el título de Príncipe de los Algarbes.Convención secreta anexaArt. I. Un cuerpo de tropas imperiales francesas de veinte y cinco mil hombres de infantería, y de tres mil hombres de caballería entrará en España y marchará en derechura a Lisboa: se reunirá a este cuerpo otro de ocho mil hombres de infantería y de tres mil de caballería de tropas españolas con treinta piezas de artillería.”Tratado de Fontainebleau, 27 de Outubro de 1807

O motín de Aranxuez: A partir de 1808 as tropas francesas entran en España e xeneran un forte malestar popular, Carlos IV intenta apaciguar os ánimos, incluso o propio Godoy, que sospeita agora das intencións de Napoleón, propuxo aos reis unha retirada estrátexica a Sevilla e América. O traslado dos reis a súa residencia de Aranxuez incrementou os temores populares e foi aproveitada polos partidarios do príncipe Fernando (o chamado partido fernandino que reunía a todos os opositores a Godoy) para continuar conspirando. Así o 18 de marzo de 1808 estoupou o Motín de Aranxuez: grupos de alborotadores asaltaron o pazo real e a residencia de Godoy e pediron a destitución do válido, o motín, instigado pola nobreza palaciana fernandina e polo clero, triunfou e os amotinados conseguiron a destitución de Godoy e a abdicación de Carlos IV no seu fillo Fernando.

As abdicacións de Baiona: Temeroso da evolución dos acontecementos Carlos IV escribiu a Napoleón facéndolle saber os acontecementos e reclamándolle a súa axuda para recuperar o trono. Estes sucesos foron para Napoleón unha clara testemuña da decadencia da monarquía española e actuou en consecuencia: Carlos IV e Fernando VII foron chamados por Napoleón a Baiona en Francia, ambos acudiron con presteza e alí Fernando foi obrigado a devolver a coroa ao seu pai quen, a súa vez, cedeu os seus dereitos a Napoleón; a cambio ambos foron recompensados con cuantiosas posesión e privilexios. Despois, Napoleón nomeou ao seu irmán Xosé como rei de España. Xosé I , convocou para xuño Cortes en Baiona, co fin de outorgarlle unha constitución ó país. Con escaso apoio e unha total incomprensión, Xosé Bonaparte intentaría unha experiencia reformista que pretendía rematar co Antigo Réxime.

As diferentes forzas políticas: A invasión francesa e a creba do modelo social, político e económico do A.R. que representaba a monarquía borbónica, obrigaron á toma de postura por parte das diferentes correntes ideolóxicas fronte á presenza francesa e á nova monarquía napoleónica (doc.3):

-Unha pequena parte dos españois, ós que se lles coñece como afrancesados, e entre os que se atopaban numerosos intelectuais e altos funcionarios, aceptaron o novo monarca Xosé Bonaparte e participaron no seu goberno. Procedentes na súa maioría do despotismo ilustrado, sentíanse vencellados co programa reformista da nova monarquía, ó mesmo tempo que crían que a monarquía napoleónica era a mellor garantía para evitar excesos revolucionarios.

- O groso da poboación española formou o que se coñece como a fronte patriótica, isto é, tódolos que se opuxeron á invasión. Agora ben, neste bando

Page 3: Historia

atopamos posicións moi diferentes: A maior parte do clero e a nobreza, que resistía ó invasor e dirixía en moitas ocasións a resistencia, buscaba a volta á situación absolutista anterior baixo a monarquía de Fernando VII. A burguesía, os intelectuais, os sectores claramente liberais, ven na situación revolucionaria orixinada pola guerra a ocasión de influír, malia o seu escaso número, na transformación da España do Antigo Réxime nun sistema liberal-parlamentario.

1.1.2. A guerra de independencia (1808-1814)

O dous de Maio: Mentres se desenvolvían os feitos de Baiona, en España iniciouse un alzamento contra a presenza francesa. O 2 de maio, ante os rumores de que Fernando VII fora secuestrado por Napoleón e de que ían trasladar os restantes membros da familia real a Francia, o pobo de Madrid alzouse de xeito espontáneo contra a presenza francesa. Aínda que foi moi duramente reprimido polas tropas ó mando do xeneral Murat (doc.1), o seu exemplo espallouse por todo o país e a poboación levantouse de contado contra o invasor. Ante a sorpresa dos franceses, un movemento de resistencia popular freou o avance das tropas imperiais. Comezaba a Guerra de independencia. Durante os anos que durou a invasión francesa existiu un dobre goberno: Xosé I reinou nas zonas dominadas polos franceses, mentres que no resto formáronse Xuntas.

O baleiro de poder e as xuntas: En Galicia, Andalucía, Aragón, Castela, etc.., a poboación reclamou a defensa contra a invasión francesa e xurdiron Xuntas de Armamento e Defensa, que reaccionaban ante o desconcerto ou a apatía das clases privilexiadas, incapaces de organizar o país ante o baleiro de poder creado pola abdicación dos monarcas en Baiona. As xuntas foron primeiro locais, e expresaban o xeito de organización do movemento revolucionario popular Axiña se organizaron xuntas a nivel provincial (doc.2) que reclamaron a acción das autoridades e forzaron a reunión dunha xunta central que coordinase a acción contra os franceses.

A guerra: A primeira fase (maio-novembro 1808 ) estivo caracterizada polo intento de ocupación francesa e o levantamento popular español que logrou rexeitala. Entre as vitorias españolas destaca a de Bailén, onde foi derrotado o exército francés de Andalucía. Pero os restos do exército tradicional español eran incapaces de opoñerse ó avance das forzas francesas. A guerrilla e os sitios foron as formas de impedir o dominio francés sobre o territorio español. Os sitios consistían na resistencia das cidades españolas (Zaragoza, Xirona,…) ó avance francés A guerrilla foi a forma espontánea e popular de resistencia armada contra o invasor. Partidas formadas por campesiños, burgueses, cregos ou xente de calquera outra ocupación, organizábanse cun xefe de cuadrilla á fronte para loitar contra os franceses. A súa mellor arma era o

Page 4: Historia

coñecemento do terreo e o apoio da poboación. Non se enfrontaban a campo aberto, senón que actuaban en pequenos grupos, destruían as súas instalacións ou asaltaban os cargamentos de avituallamento. A segunda fase (ata 1811) foi de claro dominio francés, Napoleón entrou en España á fronte dun exército de 250.000 homes que ocupou case toda a península. As tropas inglesas enviadas en nosa axuda foron perseguidas ata A Coruña e vencidas na batalla de Elviña, morrendo alí o seu xefe sir John Moore (e aquí segue soterrado no cemiterio de San Carlos). Unicamente Cádiz e Lisboa resisistiron grazas a axuda inglesa. A terceira fase (1812-14) estivo marcada polo repregue francés, xa que Napoleón necesitaba tropas para a súa campaña rusa, e pola ofensiva hispano-inglesa dirixida por Wellington, que vence ós franceses nas batallas de Arapiles e San Marcial e en 1814 os expulsa de España.1.1.3. As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812O proceso de formación das Cortes: A formación das Xuntas ante a invasión e o baleiro de poder representaron unha ruptura coa orden política ata entón vixente e unha nova concepción do poder que podemos considerar revolucionaria. Fundamentando a súa lexitimidade na vontade popular as xuntas asumiron a soberanía e lle declararon a guerra a Francia. En cada poboación xurdiu unha xunta local e todas elas estiveron baixo a autoridade de xuntas provinciais. No verán do ano 1808, as xuntas locais e provinciais que dirixían a resistencia enviaron representantes para formar unha Xunta Suprema Central que coordinase as accións bélicas e dirixise o país durante a guerra. A xunta recoñeceu a Fernando VII como o rei lexítimo de España e asumiu, ata a súa volta, a autoridade deste. Ante o avance francés a xunta fuxiu a Sevilla e de alí, en 1810, a Cádiz. A xunta central amosouse incapaz de dirixir a guerra e decidiu convocar unhas Cortes nas que os representantes da nación decidisen sobre a súa organización e o seu destino. En xaneiro de 1810 disolveuse, trala convocatoria das cortes, sendo substituída por un Consello de Rexencia.As eleccións: O proceso de elección de deputados a cortes e a súa reunión en Cádiz foron necesariamente difíciles. Nun país dominado polos franceses era imposible unha elección de representantes e en moitos casos optouse por elixir substitutos ou deputados entre as persoas de cada unha das provincias que se atopaban en Cádiz. O ambiente liberal da cidade influíu en que gran parte dos elixidos tivesen simpatías por estas ideas. As cortes abríronse en setembro de 1810 e o sector liberal conseguiu o primeiro triunfo ó forza-la formación dunha cámara única, fronte á tradicional representación estamental. Así mesmo, na súa primeira sesión aprobaron o principio de soberanía nacional, é dicir, o recoñecemento de que o poder reside no conxunto dos cidadáns e que se expresa a través das Cortes formadas por representantes da nación.A Constitución do ano 1812 : A constitución promulgada o día 19 de marzo do ano 1812, día de San Xosé, polo que se coñece popularmente como “a Pepa”, é o texto legal das cortes que mellor define o espírito liberal (doc. 4) . Nela establecese un novo modelo político baseado na:

- Soberanía da Nación: A nación defínese como o conxunto de tódolos cidadáns de ámbolos dous hemisferios, isto é, colócanse en pé de igualdade os territorios peninsulares e mailas colonias americanas. O pobo é o dono do poder, poder que exerce por delegación nos seus representantes elixidos mediante sufraxio. O sistema electoral está fixado na propia Constitución: o sufraxio é universal masculino e indirecto. – Declaración de dereitos do cidadán: a liberdade de imprenta, a igualdade dos españois ante a lei, a liberdade civil, o dereito de propiedade e o recoñecemento de tódolos dereitos lexítimos dos individuos que compoñen a nación española.

Page 5: Historia

- División de poderes: A estrutura do estado correspóndese coa dunha monarquía limitada, baseada nunha división de poderes. O poder lexislativo reside nas Cortes unicamerais, que representan a vontade nacional e posúen amplos poderes: elaboración de leis, aprobación dos orzamentos e dos tratados internacionais, mando sobre o exército… O mandato dos deputados dura dous anos e son inviolables no exercicio das súas funcións. O monarca é a cabeza do poder executivo, polo que ten a dirección do goberno e intervén na elaboración das leis a través da iniciativa e da sanción, posuíndo veto suspensivo durante dous anos. A xustiza é competencia única dos tribunais e estableces un único código para todos.

- Catolicismo do estado: declarando a relixión católica como oficial e única autorizada.En síntese, a constitución do ano 1812 supón un exemplo de constitución liberal, inspirada nos principios da francesa de 1791, pero máis avanzada e progresista. Foi elaborada nun país en guerra, ocupado polas tropas napoleónicas, e os lexisladores amosaron un optimismo histórico encomiable. Esperanzados no triunfo, tentaron aproveitar a situación revolucionaria que fora creada pola guerra, para elaborar un marco lexislativo moito máis avanzado do que o conxunto da sociedade española chegaría a permitir nunha situación normal. A constitución de Cádiz foi, asemade, un exemplo para a creación doutras moitas constitucións europeas e americanas nos anos posteriores. Ademais do texto constitucional, as cortes de Cádiz aprobaron a suspensión dos señoríos e dos privilexios de orixe feudal, a liberdade de traballo, a anulación dos gremios, a abolición da inquisición e o inicio da desamortización e da reforma agraria. Malia importancia da súa obra, as cortes non tiveron unha grande incidencia práctica na vida do país. A situación de guerra impediu a efectiva aplicación do que se lexislara en Cádiz e, ó final da guerra, a volta de Fernando VII frustrou a experiencia liberal e levou a situación á volta do absolutismo.

5.3. A España isabelina. O carlismo e as opcións liberais (1833-1868)

1.1. Características xerais

A inestabilidade: O período denominado isabelino abarca desde a morte de Fernando VII en 1833 ata o derrocamento de Isabel II en 1868. Nestes anos asentouse definitivamente en España o sistema político liberal. Sen embargo, este proceso desenvolveuse nun clima de constante inestabilidade política. Iniciado cunha guerra civil, o reinado ven marcado por constantes pronunciamentos, revoltas e cambios de goberno á marxe dos mecanismos electorais.

Os papel dos militares: desempeñaron un papel moi activo na implantación e desenvolvemento do estado liberal español. Incluso en varios momentos clave atopamos gobernos presididos por xenerais (chamabanlle os espadóns) tanto de filiación progresista como moderada (Espartero, Narváez, O´Donnell…). As súas raíces áchanse na incapacidade da Coroa e dos partidos políticos para establecer unha alternancia política pacífica, á dicir, pola vía parlamentaria. Moitos dos cambios políticos decisivos na España do século XIX viñeron precedidos dun pronunciamento militar. En definitiva, no xogo de forzas Coroa-partidos políticos-militares, rematou por se impoñer na España do XIX a preponderancia militar.

Page 6: Historia

O espectro político ven marcado por dous protagonistas: o Partido Moderado e o Partido Progresista, os cales aparecen xa claramente perfilados nos anos 30 e encarnan dúas concepcións diferentes do liberalismo. Á marxe destas dúas grandes opcións sitúanse outras correntes políticas, cun peso menor dentro da vida política: aquelas que o doutrinarismo liberal deixa fóra: carlistas por unha banda, demócratas e republicanos pola outra.

O predominio do moderantismo, con longas etapas de permanencia no poder, e exemplificado na Constitución de 1845 ou outras medidas significativas (fundación da Garda Civil, Concordato…), fronte a períodos máis breves de progresismo, nos que sen embargo se adoptan medidas de notable relevancia (desamortizacións, lei de ferrocarrís…). Isto acabara provocando o seu final.

ETAPAS RASGOS XERAIS

REINADO DE

ISABEL II

(1833-68 )

. Rexencias de María Cristina (1833-40) e de Espartero (1840-43)

. Década moderada (1843-54)

. Bienio progresista (1854-56)

. 2º Período moderado (1856-68 )

. Período de rexencias: vitoria militar sobre o Absolutismo (1ª Guerra Carlista). Destrución das bases xurídico-políticas e socio-económicas do A. Réxime (Constitución de 1837 -precedida do “Estatuto Real” de 1834-, desamortización, supresión dos señoríos, liberdade de industria e comercio… ).

. A partir de 1843 (coa paréntese progresista de 1854-56) os liberais moderados controlan o goberno e deixan unha forte impronta conservadora no réxime (Constitución de 1845, achegamento á Igrexa, creación da Garda Civil… ).

. O carácter pechado do réxime provoca a Revolución de 1868 e o exilio de Isabel II.

1.2 O período de Rexencias (1833-1843): a Guerra Carlista e a instauración do réxime liberal

Á morte de Fernando VII (1833) herda o trono a súa filla Isabel, de tres anos de idade, o que obriga a establecer un sistema de rexencia, primeiro coa súa nai María Cristina e despois co xeneral Espartero. Durante estas inestables rexencias proseguiu a loita entre a absolutismo e liberalismo na I Guerra Carlista, instaurándose finalmente un réxime liberal.

A I Guerra Carlista (1833-39):

Page 7: Historia

Causas: En 1830, o nacemento dunha filla do rei, Isabel, deu lugar a un grave conflito na sucesión o trono. A Lei Sálica de orixe francesa e implantada po Felipe V en España, impedíalle o acceso ó trono ás mulleres, pero Fernando VII, influído pola súa muller María Cristina, promulgou a Pragmática Sanción, que derrogaba a lei Sálica e que lle abría o camiño ó trono á súa filla e herdeira, Isabel II. No ano 1833, Fernando VII morreu, reafirmando no seu testamento a súa filla Isabel, de tres anos de idade, como herdeira do trono, e nomeando á Raíña gobernadora ata a maioría de idade da súa filla. O mesmo día, don Carlos proclamouse rei e iniciouse un levantamento absolutista no norte de España. É o comezo da primeira guerra carlista.

Os sublevados proclamaron rei ó infante Don Carlos María Isidro (Manifesto de Abrantes), irmán do defunto Fernando VII, confiando nel a defensa da sociedade tradicional. Daba así comezo unha sanguenta guerra civil que se libraría esencialmente no País Vasco, aínda que os enfrontamentos se estenderon tamén a zonas de Cataluña, Aragón é Valencia.

Os bandos en conflito: O carlismo, tradicionalista e antiliberal, englobou unha parte da nobreza rural, unha gran parte do clero e unha base social campesiña das zonas rurais do País Vasco, Navarra e parte de Cataluña, Aragón e Valencia. Gran parte deles eran pequenos propietarios empobrecidos, artesáns que vían con desconfianza as reformas tributarias, a igualdade xurídica, a separación da Igrexa e do Estado e a abolición dos foros tradicionais. Baixo o lema de “Deus, patria e foros” agrupáronse os defensores da lexitimidade da monarquía absoluta, da preeminencia da Igrexa católica e da conservación dun sistema foral particularista. Representaban unha sociedade arcaica e conservadora, para a que as doutrinas liberais eran a expresión da perversa sociedade urbana. (doc.1)

Os liberais (ou cristinos, ou isabelinos) Ante o levantamento carlista, a rexente María Cristina pactou ben axiña co liberalismo moderado, partidario dun compromiso coa coroa; pero a situación de guerra evidenciou a necesidade de defender a causa isabelina. A rexente viuse obrigada a acceder ás demandas de reformas máis progresistas.

O desenvolvemento da guerra: A guerra iniciouse co levantamento de partidas carlistas no País Vasco e Navarra e ben axiña os carlistas controlaron o ámbito rural. Sen embargo, as cidades permaneceron fieis a Isabel II e ó liberalismo. Os Carlistas non deron contado inicialmente cun exército regular, pero grazas ó grande apoio popular do que gozaban no norte do país, organizaron a guerra co método de guerrillas. As vacilacións do goberno e a tardanza en enviar o exército contra os carlistas, permitíronlle ó gran dirixente carlista, o xeneral Zumalacárregui, organizar un exército de preto de 25.000 homes. A morte de Zumalacárregui en 1835, durante o sitio de Bilbao, privou ós carlistas do seu mellor estratega e marcou o comezo dunha reacción liberal. O xeneral Espartero venceu as tropas carlistas en Luchana, no ano 1836, e puxo fin ó sitio da cidade. Por fin, o xeneral Maroto, acordou no nome de “parte” do exército carlista a sinatura do Convenio de Vergara (1839) co xeneral liberal Espartero. Pero o carlismo non desapareceu….

A instauración do réxime liberal e a división dos liberais

O Estatuto Real: Mª Cristina, viúva de Fernando VII e que actuou como rexente nos primeiros anos, viuse obrigada a apoiarse nos liberais para salvar o trono: a necesidade

Page 8: Historia

de buscarse amplos apoios políticos levou á rexente a poñer a Martínez de la Rosa, un liberal moderado, á frente do goberno. O goberno aprobou o Estatuto Real (1834), unha carta outorgada que recoñecía algunhas liberdades cidadás pero restrinxía radicalmente a participación política –reservada ao 0.15% dos cidadáns- e establecía unhas cortes sen capacidade lexislativa.

A división do liberalismo A insuficiencia das reformas de Martínez de la Rosa, nun contexto de guerra civil contra os carlistas, levou a que os liberais terminaran por escindirse en dous grupos: moderados e progresistas.

Partido moderado: defensor do liberalismo doutrinario, representa os intereses da nova clase dominante (nobreza terratenente, alta burguesía comercial e de negocios, mandos militares de alta graduación… ) e defende o principio da “soberanía compartida” e unha radical restrición do sufraxio. É partidario de conceder amplos poderes ao rei, dun achegamento á Igrexa e de confiar a orde pública a un corpo profesional e militarizado (Garda Civil, creada en 1844). Desde 1843 gozaron sempre do apoio da raíña.

Partido progresista: integrado basicamente polas clases medias (pequena e media burguesía, parte da oficialidade do exército, profesionais liberais… ) e por sectores populares urbanos. Defendían o principio da “soberanía nacional” e eran partidarios de ampliar o corpo electoral sen chegar ao sufraxio universal. Pretendían recortar os poderes do rei e a influencia da Igrexa na sociedade. Confiaban na “Milicia Nacional” como garante da orde pública. Son os responsables da adopción das medidas que, entre 1835 e 1837, destrúen as bases do Antigo Réxime. A partir de 1843 fican marxinados do poder e só logran acceder a el no período de 1854-56.

As revoltas progresistas: Os progresistas, insatisfeitos con estas reformas, protagonizaron no verán do 1835 unha serie de revoltas urbanas, apoiándose na constitución de Xuntas e na Milicia Nacional: Mª Cristina viuse obrigada a encomendarlle o goberno ao progresista Mendizábal, que axiña emprendeu unha política de reformas máis radicais. Aínda que foi destituído pola presión da nobreza e o clero, no verán de 1836 os progresistas volveron ao poder como consecuencia do éxito do pronunciamento dos sarxentos da Granxa, e Mendizábal asumiu o Ministerio de Economía. A rexente tivo que xurar a Constitución de Cádiz e celebráronse eleccións a Cortes que gañaron os progresistas (Setembro 1836). As cortes elaboran un novo texto constitucional, a constitución de 1837 (soberanía nacional, ampla declaración de dereitos sufraxio restrinxido –entre o 2% e o 4% da poboación-, creación dunha segunda cámara ou senado de corte conservador…).(doc.2) A obra de destrución das bases do A.R. completouse con medidas como a desamortización eclesiástica –deseñada por Mendizábal-,a supresión dos señoríos e o morgado, a eliminación do décimo, a supresión das aduanas e dos gremios …

A rexencia de Espartero: O retorno dos moderados ao poder nas eleccións de Setembro de 1837 e a súa intención de desvirtuar, contando co apoio da rexente, a política reformista progresista, provocou un novo movemento insurreccional: Mª Cristina tivo que dimitir e asumiu a rexencia o xeneral Espartero (1841-43), quen gobernou con métodos autoritarios que o alonxaron dos seus partidarios. Levantamentos populares e conspiracións militares moderadas obrigaron a Espartero a abandonar o poder e as Cortes decretaron a maioría de idade de Isabel II en 1843. Poñíaselle asi fin ao período das rexencias.

Page 9: Historia

1.3. O reinado persoal de Isabel II : o predominio do moderantismo

A década moderada (1843-54):

O acceso ao poder dos moderados significou un cambio de rumbo na vida política española. Apoiados pola raíña e boa parte do exército, implantaron un tipo de liberalismo conservador escasamente participativo (a participación política retrinxíase ao reducido grupo dos propietarios e rendistas), que defendía os intereses das novas clases dominantes fronte ao perigo de involución carlista e as aspiracións das clases populares. A obra do réxime moderado, que tivo como figura principal ao xeneral Narváez, centrouse en tres aspectos:

-a elaboración dun novo texto constitucional (constitución de 1845) (doc.3) de carácter máis conservador que a de 1837, aínda que recollía a súa declaración de dereitos. A soberanía era compartida, retrinxiase aínda máis o sufraxio, ampliábanse os poderes do executivo e da coroa (que nomeaba directamente ao senado), establecíase a exclusividade da relixión católica …

- o achegamento á igrexa, coa intención de gañala para o réxime. Plasmouse no Concordato coa santa sé (1851), no que se aseguraba o financiamento público do culto e o clero e se suspendía a venda dos bens eclesiásticos desamortizados, mesmo devolvendo aqueles bens que non foran vendidos.

- Unha política centralizadora: O liberalismo moderado foi o que emprendeu a tarefa de construír unha estrutura de estado liberal baixo os principios do centralismo e da uniformización. Unha serie de leis e de reformas administrativas puxeron en marcha o devandito proceso:

1º A reforma fiscal e de facenda do ano 1845 tentaba racionaliza-lo sistema impositivo e recadatorio

2º a unificación e codificación legal, aprobándose o código penal de 1851,

3º organizou e centralizou a administración, partindo da división provincial (Antonio de Burgos) de 1833, cada provincia era controlada por un Gobernador Civil con plenos poderes.

4º púxose especial atención no control do poder municipal por parte do goberno. A lei de administración local de 1845 dispuxo que os alcaldes dos concellos de + de 2.000 habitantes e das capitais de provincia serían nomeados pola coroa, e os de menos polo gobernador civil, estableceuse así unha estrutura pirámidal centralizada de control.

5º as competencias educativas, repartidas entre diversas institucións pasaban agora a mans do estado central, que regulou o sistema de instrución pública,

6º Adoptouse tamén un único sistema de pesos e medidas: o sistema métrico decimal

7º por último, seguindo o principio de uniformación, disolveuse a antiga milicia nacional, vencellada ás diferentes cidades e provincias españolas, e creouse a garda civil (1844) : unha policía militar.

Page 10: Historia

O papel da raíña: Co estado liberal a monarquía absoluta deixaba paso a unha monarquía constitucional, é dicir, os poderes do monarca quedan limitados por unha constitución. Non obstante, tanto a constitución progresista de 1837 como, e sobre todo, a moderada de 1845 atribuían á Coroa importantes poderes executivos e unha ampla participación no lexislativo. Na práctica, pois, a monarquía tivo un papel político decisivo na traxectoria do estado liberal. Facendo uso e abuso da facultade ilimitada da coroa de nomear e destituír ministros, de convocar, suspender e disolver as cortes, os cambios políticos fixéronse ás costas do Parlamento, sen ter en conta as maiorías. Os gobernos eran nomeados pola Coroa e, en teoría, debían contar cao confianza das cortes. Pero na práctica para gobernar o importante era a confianza rexia. No reinado de Isabel II, a monarquía depositou a súa confianza case exclusivamente no partido moderado, excluíndo, sempre que puido, os progresistas. Nesto tivo un papel decisivo a personalidade da raíña: de escasa formación, crédula e de libido excesiva, acentuada por un matrimonio desgraciado co seu curmán Francisco de Asís (antes abdico que casar con Paquita), a raíña levou unha desordenada vida amorosa extramatrimonial de fonda repercusión na vida política. Ademais, os seus problemas de conciencia fixeron que na Corte tiveran unha especial influencia o seu confesor e sor Patrocinio das Chagas; os seus consellos foron recompensados con accións favorables aos intereses da igrexa e así, Isabel II gobernou apoiandose case sempre nos moderadosDurante estes anos o peso político das cortes foi diminuíndo e trasladouse á corte, onde se formaban “camarillas” (corte dos milagres) que aspiraban a gañar o favor real. A restrición extrema do sufraxio e o control das eleccións por parte do goberno facían imposible que a oposición accedese ao poder pola vía electoral.

A oposición ao moderantismo estivo representada sobre todo polos progresistas que non tiñan a máis mínima posibilidade de acceder ó poder a causa do sistema electoral vixente.

O Partido demócrata: xurde en 1849 como unha escisión pola esquerda do progresismo e constitúe a primeira expresión do pensamento democrático en España (defensa do sufraxio universal masculino, da ampliación das liberdades, o intervencionismo estatal en campos como o ensino ou a asistencia pública…). Entre os demócratas comezaron a aparecer as primeiras voces republicanas como Castelar e Pi i Margall e mesmo apareceron tamén os primeiros núcleos socialistas. (doc.4)

O bienio progresista (1854-56):

O favoritismo da coroa e a corrupción económica de moitos políticos fixo que crecese a oposición ao goberno, mesmo entre algúns grupos moderados. En 1854 o xeneral O´Donnell encabezou un pronunciamento militar en Vicálvaro (“Vicalvarada”), mentres progresistas e sectores moderados descontentos elaboraron o manifesto de Manzanares, no que recollían os seus obxectivos políticos. Ante a extensión do movemento, con levantamentos populares e liberais en Madrid e outras cidades, Isabel II chamou ao xeneral Espartero para formar goberno.

MANIFIESTO DE MANZANARES (7 de julio de 1854)

Españoles: La entusiasta acogida que encuentra la población el ejército liberal, el esfuerzo de los soldados que lo componen, tan heroicamente demostrado en los campos de Vicálvaro (…)

Page 11: Historia

Nosotros queremos la conservación del Trono, pero sin la camarilla que le deshonra; queremos la práctica rigurosa de las leyes fundamentales, mejorándolas, sobre todo la Electoral y la de Imprenta; queremos la rebaja de los impuestos, fundada en una estricta economía; queremos que se respeten en los empleos militares y civiles la antigüedad y los merecimientos; queremos arrancar los pueblos a la centralización que los devora, dándoles la independencia local necesaria para que conserven y aumenten sus intereses propios, y como garantía de todo esto, queremos plantearnos la Milicia Nacional. Tales son nuestros intentos (…) las Cortes generales que luego se reunan, la misma nación, en fin, fijará las bases definitivas de la regeneración liberal a que aspiramos.

O novo goberno -no que se incluíu o líder da “Unión liberal” unha opción intermedia entre moderados e progresistas, O´Donnell- acometeu a tarefa de afianzar o liberalismo e ampliar as liberdades fundamentais. As cortes redactaron unha nova constitución, o proxecto constitucional de 1856, que non chegou a entrar en vigor (constitución nonnata) e que seguía as liñas mestras da de 1837.

Pero as reformas máis duradeiras emprendidas neste momento foron as de carácter económico: a continuación da obra de desamortización (desamortización xeral de Madoz), incluíndo nos novos bens desamortizados aos do estado e dos concellos, e a aprobación dunha lei xeral de ferrocarrís (1855), mediante a cal se concedían incentivos para a construción dos camiños de ferro.

Estas medidas non contemplaron a mellora das condicións de vida dos sectores populares, agravando algunha delas –como a venda dos bens dos concellos- a súa situación. A conflitividade social extendeuse por Bacelona e outras cidades, polo agro castelán… e Espartero tivo que dimitir, enconmendándolle a raíña a formación dun novo goberno a O´Donnell.

A década moderado-unionista e o fin do reinado (1856-1868):

En 1856 O’Donnell restaurou o réxime que contribuíra a derrocar mediante a anulación das reformas máis progresistas do Bienio e a restauración da Constitución de 1845. Ata 1863 logrou manter a estabilidade política interna ao tempo que iniciaban unha campaña intervencionista no exterior (Marrocos, Indochina e México). Pero, incapaz de lle facer fronte á oposición de demócratas e progresistas, tivo que dimitir e o poder retornou de novo ao Partido Moderado.

Os moderados sumiron ao país na máis pura reacción: gobernaron de forma autoritaria á marxe das Cortes e dos restantes grupos políticos, manipularon os procesos electorais, exerceron unha dura represión sobre a oposición… Os progresistas víronse obrigados a marxinarse dos procesos electorais e volveron á vía da conspiración e do pronunciamento.

No 1866, cando se comezaban a manifestar os efectos dunha crise económica e amplos sectores da sociedade española conviñan na necesidade de forzar un xiro na situación política, progresistas e demócratas asinaron un pacto na cidade belga de Ostende (Pacto de Ostende 1866 e Pacto de Bruxelas 1867), polo que establecían un programa revolucionario común que incluía o destronamento de Isabel II e ao que se sumaría, un ano despois o morrer O´Donnell, a Unión Liberal. Pouco despois faleceu Narváez. A

Page 12: Historia

raiña estaba soa. Estábase a xestar a fin do réxime moderado e da propia Isabel II como raíña de España. En Setembro de 1868, unionistas, progresistas e demócratas, asociados na revolución e contando co apoio de exército e das masas populares, destronan a Isabel II (doc.5).

TEXTO: El Pacto de Ostende. 18661 Que el objeto, y bandera de la revolución en España, es la caída de los Borbones.2. Que siendo pera los demócratas un principio esencial de su dogma político el sufragio universal, y admitiendo los progresistas el derecho moderno constituyente del plebiscito, la base pera la inteligencia de los dos partidos fuera que por un plebiscito, si las circunstancias no se oponían a ello, o por unas Cortes Constituyentes elegidas por el sufragio universal, se decidiría la forma de gobierno que se había de establecer en España, y siendo la monarquía, la dinastía que debía reemplazar a la actual; 3. Que se reconocía como jefe y director militar del movimiento al general Prim.

PERIODIZACIÓN DO SEXENIO:

1º) GOBERNO PROVISONAL (Set. 68-Xan. 71):

- Comeza coa Revolución Gloriosa.

-Eleccións a Cortes Constituíntes por sufraxio universal masculino. Elaboración dunha nova Constitución (“Constitución de 1869“, democrática). Amadeo I de Saboia proclamado rei de España.

2º) REINADO DE AMADEO I (Xan. 71-Feb. 73):

-   Remata por abdicar polos escasos apoios que recibe do “bloque constitucional” (progresistas, demócratas e Unión Liberal), sobre todo despois do asasinato de Prim, e pola forte oposición interna .

3º) I REPÚBLICA (Feb. 73-Xan. 74):

-          Aos problemas herdados (insurrección cubana e guerra carlista) súmaselle a insurrección cantonal.

-          Elaboración dun “Proxecto Constitucional” (1873) de carácter republicano e federal. Non chega a entrar en vigor.

-          Desde Set. 73 (CASTELAR presidente) a República evoluciona cara posicións cada vez máis conservadoras ® deixa de existir co golpe do xeneral PAVÍA  (Xan. 74) e o pronunciamento de Martínez Campos en Dec.74.

2.2.1- A Revolución Gloriosa

O 19 de setembro do ano 1868, a escuadra que estaba concentrada na baía de Cádiz ó mando do brigadier Topete sublevouse, ó berro de “España con honra”, contra o goberno de Isabel II. O principal dirixente da revolta xeneral Prim reuniuse cos sublevados e rapidamente conseguiron o apoio da poboación de Cádiz. Nos días

Page 13: Historia

seguintes, con tres fragatas, Prim fixo que se fosen sublevando sucesivamente Málaga, Almería e Cartaxena. Rapidamente en moitas cidades españolas constituíronse Xuntas Revolucionarias que organizaron o alzamento e lanzaron chamamento ó pobo. As consignas utilizadas (doc.1,) eran semellantes en tódolos lugares: sufraxio universal, abolición dos impostos de consumos e das quintas, e eleccións a Cortes Constituíntes. O movemento estendeuse como un regueiro de pólvora sen atopar apenas resistencia.

O goberno e maila Coroa atopáronse completamente illados. Cando as escasas tropas fieis ó goberno foron derrotadas na batalla de   Alcolea , o goberno no viu mais saída que dimitir. Isabel II partiu en exilio cara a Francia o 29 de setembro do ano 1868, en só 10 días todo terminou.

Así, nos primeiros días do mes de outubro, os asinantes do Pacto de Ostende –e especialmente os dirixentes unionistas e progresistas- tomaron a dirección do movemento, constituíron un goberno provisional no que os homes fortes eran Prim e Serrano, ordearon disolver as Xuntas revolucionarias e desarmar a Milicia Nacional que noutrora lles dera apoio.

2.2.2-O Goberno provisional e a Constitución do ano 1869

O goberno provisional á fronte do cal se situaron o xeneral unionista Serrano e o progresista xeneral Prim, puxo axiña en marcha un programa de reformas. Asemade, o goberno provisional convocou eleccións a Cortes Constituíntes. As eleccións, celebradas por primeira vez en España por sufraxio universal masculino –só para varóns maiores de 25 anos- déronlle a victoria á coalición gobernamental (progresistas, unionistas e un sector dos demócratas), e crearon tamén dúas importantes minorías dentro das Cortes: a carlista e a republicana.

A constitución do ano 1869, (doc.2) claramente liberal-democrática, perfilaba un réxime de liberdades moi amplo se é comparada con outras europeas da mesma época. Proclamábase a soberanía nacional e confirmábase o sufraxio universal masculino. Incluía unha amplísima declaración de dereitos na que ós tradicionais dereitos individuais se lles engadían outros novos, e garantíase as liberdades de residencia, de ensino e de culto.

A monarquía mantívose como forma de goberno, correspondéndolle ó rei o poder executivo e a facultade de disolve-las Cortes: unha concesión notable ó poder do  monarca, pero ficaba explícito que este exercía o seu poder mediante os seus ministros e que as leis eran elaboradas polas Cortes e o rei só as sancionaba ou promulgaba.

As forzas políticas

O recoñecemento do sufraxio universal tivo importantes consecuencias na organización dos partidos. Os partidos, que ata daquela se reduciran a unha pura rede de relacións persoais agora tiñan que facer un esforzo por facer chega-la súa mensaxe electoral.

O panorama político no novo Parlamento, a partir do ano 1869, estaba dominado por catro grandes tendencias:

Page 14: Historia

- Na dereita situábanse os carlistas, un grupo dos cales aceptaría por primeira vez o xogo parlamentario, presentándose ás eleccións cun programa que defendía esencialmente a unidade relixiosa do país fronte á pluralidade de cultos, e a monarquía tradicional.

-Moi próximos a eles situábanse os moderados, que se mantiveron fieis a Isabel II, reclamando a súa volta ó trono. Este grupo tiña o apoio da burguesía agraria de base latifundista e entre os seus líderes salientaba Cánovas del Castillo, pronto seran coñecidos como alfonsinos.

-No centro atopábase a conxunción gobernamental, integrada basicamente polos asinantes do Pacto de Ostende e que agrupaba a: 69 unionistas, a unha maioría de progresistas (159 deputados) en torno a Prim, Sagasta e Ruíz Zorrilla, e a uns vinte monárquicos demócratas. Defendían unha forma de goberno monárquica, pero subordinada á soberanía nacional e a un amplo respecto polas liberdades públicas.

-Á esquerda aparece o partido republicano federal, que contaba con 70 deputados dirixidos por Pi i Margall, Figueras e Castelar, e eran partidarios das máis amplas reformas sociais e políticas nun sentido democrático: defendían a forma republicana de goberno, a supresión das quintas(servicio militar obrigatorio) ou a abolición da escravitude, aínda vixente en Cuba.

2.2.3-A monarquía de Amadeo de Saboia (1870-1873)

O triunfo nas eleccións dos partidos que defendían a monarquía como forma de goberno e a promulgación da Constitución do ano 1869 deron lugar a que a principal tarefa do goberno consistise en atopar un monarca que substituíse os desacreditados Borbóns.

A procura dun rei dividiu a coalición de setembro, e foi finalmente Prim o encargado de establecer complexas negociacións e de sondar a tódolos embaixadores estranxeiros co fin de atopar un consenso internacional sobre o candidato, non foi fácil. Por fin, conseguiu impoñer a candidatura de Amadeo de Saboia, membro da casa italiana de Saboia, dinastía moi popular daquela por ter sido a artífice da unificación italiana. O novo monarca, de só vinteseis anos, foi elixido polas Cortes rei de España en novembro do ano 1870 e chegou a España polo porto de Cartaxena o 30 de decembro. Tres días antes fora asasinado en Madrid o xeneral Prim; o novo monarca quedou sen o seu valedor e conselleiro máis fiel. O 2 de xaneiro foi proclamado rei en Madrid e, despois de lle tomaren xuramento as Cortes constituíntes, estas quedaron disoltas para iniciarse unha nova etapa de monarquía constitucional.

Page 15: Historia

Amadeo de Saboia no velatorio do xeneral Prim

Os poucos máis de dous anos do reinado de Amadeo de Savoia víronse marcados por dificultades constantes:

En primeiro lugar, os sectores carlistas partidarios da vía insurreccional volvéronse a alzar en armas no ano 1872. A rebelión iniciouse no País Vasco e estendeuse a Navarra e zonas de Cataluña e, aínda que non constituíu un verdadeiro perigo, converteuse nun foco permanente de problemas de inestabilidade: 3ª guerra carlista

Doutra banda, no ano 1868 iniciárase, co chamado “grito de lara”, unha revolta en Cuba (guerra dos dez anos). Animada polos propietarios crioulos cubanos.

Tamén no ano 1872 se produciron unha serie de insurreccións de caracter federalista, nas que se combinaba a acción dos republicanos coas ideas internacionalistas, especialmente de carácter anarquista que, ainda que foron rapidamente reprimidas, fixeron aumentar aínda máis a inestabilidade do réxime.

O elemento fundamental que conduciu á crise final do reinado foi a desintegración da coalición gobernamental que deixou ó monarca sen o apoio necesario para facerlles fronte ós graves problemas do país. Sucedéronse en dous anos seis gobernos e houbo que convocar eleccións tres veces, mentres a oposición practicaba un total abstencionismo. Privado de todo apoio, o 10 de febreiro de 1873 Amadeo de Saboia presentaba a súa abdicación ó trono (doc.3), devolvendolle a soberanía á nación.

2.2.4- A primeira república española

A proclamación da Primeira República española foi a saída lóxica ante a renuncia de Amadeo de Saboia. As cortes, nas que se depositaba a soberanía, decidiron sometera votación a proclamación dunha República, que foi aprobada o 11 de febreiro do ano 1873 por unha ampla maioría de 258 votos a favor e 32 en contra. Agora ben, estes datos son enganosos xa que non reflicten un apoio real á nova forma de goberno. Gran parte da cámara era monárquica e o seu voto a favor do sistema republicano non foi máis ca unha estratexia a longo prazo, que pretendía acelerar un proceso de deterioración e de conflito político que dese tempo a organizar unha alternativa monárquica o fin da cal fose a volta dos Borbóns ó trono español.

Page 16: Historia

Así pois, a República nacía con escasas posibilidades de éxito e isto evidenciouse no illamento internacional do novo sistema. Agás os Estados Unidos e Suíza, ningunha potencia recoñeceu a República española, á que vían como un réxime revolucionario que podía poñer en perigo a estabilidade dunha Europa maioritariamente burguesa e conservadora.

As correntes republicanas

Pouco despois da revolución de setembro, o Partido demócrata sufriu unha escisión e gran parte dos seus afiliados constituíron o Partido Demócrata Republicano Federal, dirixido por Francesc Pi i Margall. O Federalismo propugnaba a realización dun sistema de pactos libremente establecidos entre os  distintos pobos ou rexións histórico-culturais como unha nova forza de articula-lo Estado español. Defendía tamén a forma republicana de goberno e o laicismo do Estado (ausencia de confesión relixiosa oficial); era antimilitarista e anticlerical. Contaba co apoio da pequena burguesía, das clases populares urbanas e con parte do movemento campesiño e obreiro.

Pero os republicanos federais non eran un bloque ideoloxicamente homoxéneo. En realidade, atopábase dividido en dúas tendencias, os “benévolos” e os “intransixentes”:

- Os “benévolos” (Pi i Margall) controlaban a dirección central do partido e amosaban especial preocupación polo respecto á legalidade, sendo contrarios ás insurreccións armadas e ás mobilizacións populares reivindicativas.

- Os “intransixentes” (José Mª de Orense) defendían o recurso á vía insurreccional como método para proclama-la República federal. Como paso previo a proclamación inicial da independencia dos distintos territorios cunha personalidade histórica diferenciada.

-Existía, por último, un sector dos republicanos, coñecidos como “unitarios” (Castelar), que tamén defendían o modelo republicano de Estado, pero diferían na forma de organización estatal. Eran partidarios dun Estado non federal senón centralizado, e mantiñan posicións moito máis conservadoras desde o punto de vista político e social.

A experiencia da República federal

A República foi recibida con gran entusiasmo polas masas republicanas que creron chegado o momento de facer realidade as súas aspiracións de cambio social. Os federais ocuparon en moitos lugares as corporacións municipais e constituíron Xuntas Revolucionarias. En Andalucía estendeuse desde os primeiro días un amplo movemento insurreccional que lle pretendía dar solución ó crónico problema da falta de terras entre o campesiñado. Entre o movemento obreiro, especialmente o catalán, xeneralizáronse rapidamente as reivindicacións que ían desde a redución da xornada laboral e o aumento de salarios, ata a proclamación do Estado Catalán dentro da República española.

Nas cidades volveron a aparecer con forza mobilizacións populares que reclamaban a abolición dos consumos e mais das quintas. (Os primeiros eran os impostos máis impopulares entre as clases humildes posto que gravaban os produtos básicos (viño, carne, xabón, etc.). As quintas eran o sistema de reclutamento de soldados no século XIX e parte do XX, era moi impopular e podias comprar o teu servicio….)

Page 17: Historia

O interese dos dirixentes republicanos por respecta-la legalidade exteriorizouse na disolución das Xuntas e na represión das revoltas populares. Convocáronse eleccións a Cortes constituíntes, que foron amplamente gañadas polos republicanos. As Cortes abríronse o 1 de xuño do ano 1873, definiron o novo réxime como unha República federal, e redactaron un proxecto de Constitución (doc.4) que declaraba a organización federal da República: o poder repartíase entre as institucións autónomas e recoñecíanse quince Estados federais máis Cuba e Porto Rico. Polo demais, a Constitución era moi semellante á do ano 1869, nunha liña amplamente democrática.

A vitoria electoral dos republicanos era, así e todo, enganosa, xa que máis de un 60% do electorado se abstivo. Os sucesivos gobernos republicanos presididos por Figueras, Pi i Margall, Salmerón e Castelar non conseguiron dotar o réxime da estabilidade necesaria para poderen gobernar.

Os problemas da República

A república tivo que facerlle fronte a diversos problemas:

- o conflito carlista transformouse nunha verdadeira guerra.

- en Cuba a guerra iniciada en 1868 continuaba e a república foi incapaz de mellorar a situación.

- Pero o conflito máis grave foi a insurrección cantonalista: Nas zonas con forte implantación republicana, a poboación, en moitos casos radicalizada polas aspiracións revolucionarias anarquistas, alzouse en cantóns independentes, (seguindo o programa dos republicanos intrasixentes). O longo do mes de Xullo proclamouse o cantón de Cartaxena, e os de Sevilla, Cádiz, Valencia, Alicante….Os protagonistas dos levantamentos cantonalistas eran un conglomerado social composto por artesáns, tendeiros e asalariados, e foron dirixidos en xeral polos federais intrasixentes, decepcionados polo rumbo dos acontecementos da nova república.

Pi i Margall, naquel momento á fronte do goberno, dimitiu ante a disxuntiva de ter que sufocar polas armas a revolta, e foi substituído por Salmerón, quen deu por rematada a política de negociación e iniciou unha acción militar contra o movemento. Agás en Cartaxena, a intervención militar rematou rapidamente co cantonalismo e deulles un inmenso poder os xenerais do exército que asumiu a represión. Salmerón dimitiu a comezos de setembro ó se sentir moralmente incapaz de asina-las penas de morte impostas pola autoridade militar contra activistas do cantonalimo.

O final da República

A partir de setembro do ano 1873, a República deu unha clara volta cara á dereita e o novo goberno de Castelar (unitario). Castelar non tiña maioría nas Cortes e, temendo ser destituído polos federais, suspendeu as sesións parlamentarias e gobernou autoritariamente.

En decembro do ano 1873, un sector importante dos deputados estaba de acordo en forza-la dimisión deste ó abrirse as sesións de Cortes o 2 de xaneiro do ano 1874. A

Page 18: Historia

intención deste grupo (Figueras, Pi i Margall e Salmerón) era volver a controla-lo goberno e dar un xiro á esquerda.

O día 3 de xaneiro do ano 1874 abríronse as Cortes e o goberno de Castelar era derrotado por 120 votos contra 100. Era inminente a formación dun goberno de centro-esquerda. Para impedilo, o xeneral Pavía invadiu o hemiciclo con forzas da Garda Civil e disolveu pola forza a Asemblea. Case non houbo resistencia, nin política nin popular, o que amosa a debilidade da República.

O poder pasou nos meses seguintes a mans dunha coalición de unionistas e progresistas co xeneral Serrano á cabeza, que intentou estabilizar un réxime republicano de caracter conservador e acabou definitivamente co cantonalismo. Pero a base social que podía soster un proxecto deste tipo xa optara pola solución afonsina, isto é, a volta do fillo de Isabel II, Afonso XII.

O 29 de decembro do ano 1874 producese o pronunciamento militar do xeneral Martínez Campos en Sagunto. Anteriormente Isabel II abdicara no seu fillo e Cánovas de Castillo convertérase no dirixente e ideólogo da causa afonsina. O 1 de decembro do mesmo ano 1874, o príncipe afonso asinara un manifesto (Manifesto de Sandhurst) redactado por Cánovas, que sintetizaba o programa da nova monarquía, isto é, un réxime monárquico de signo conservador e católico, que defendería a orde social, pero que garantiría o funcionamento do sistema político liberal, comezaba así a Restauración….

Tema 6: As transformacións socioeconómicas na España liberal

Paralelamente á construción do Estado liberal tivo lugar en España, ao longo do S XIX e as primeiras décadas do XX, un proceso de profunda transformación económica. Ao igual que aconteceu no resto da Europa occidental este proceso implicou o paso dunha economía de Antigo Réxime a unha economía capitalista. Os cambios producidos no campo socio-económico podemos centralos en:

- Unha mudanza da estrutura da propiedade agraria. (tema 6.1)

- Un proceso de industrialización (tema 6.2)

- Unha transformación da estrutura da sociedade española (tema 6.3)

No apartado 6.4. estudiaremos o problema dos nacionalismos.

6.1. A reforma agraria e liberal e as desamortizacións. (xuño 2000 )

O réxime xurídico da propiedade da terra no Antigo Réxime caracterizábase pola ausencia dunha propiedade libre e individual, tal e como hoxe a entendemos. Máis da metade das terras non se podían comprar nin vender, eran terras amortizadas. Entendese por amortización un réxime de propiedade vinculado de forma inalienable a unha persoa xurídica. Unha finca é propiedade dun municipio, dun convento, a propiedade atopase vinculada, non se pode nin vender, nin dividir é de “mans mortas”. Dentro da propiedade amortizada podemos distinguir:

Page 19: Historia

- a propiedade señorial vinculada ó morgado

- a propiedade eclesiástica, en especial das ordes relixiosas, gracias as doacións feitas desde a edade media a igrexa acumulaba unha gran cantidade de fincas traballadas por colonos.

- a propiedade dos concellos era de dous tipos, bens comunais (montes, prados, bosques) que eran de todos os veciños; e bens de propios (fincas, muiños, rendas) que pertencían o concello como persoa xurídica e permitíanlle automanterse.

Pero para o novo modelo de sociedade que a burguesía pretendía impoñer era preciso modificar esta estrutura da propiedade eliminando os obstáculos que impedían o libre desenvolvemento da economía. Dende a década de 1830 sucesivas reformas liberais eliminaron mediante disposicións xurídicas a estrutura da propiedade propia do Antigo Réxime, a cal deixaba fóra da circulación mercantil unha parte importante das terras, querían que a terra se convertira nunha propiedade e unha mercadoría máis.

Esta reforma desenvolveuse durante o acceso ao poder do liberalismo progresista, sobretodo no período de rexencias (1833-43) en paralelo co desmantelamento do Estado absolutista e a implantación dun réxime liberal. En moitos casos, supuxo a actualización de disposicións que xa foran adoptadas en etapas anteriores de dominio liberal (Cortes de Cádiz, Trienio Liberal).

A reforma implicou unha transformación da concepción xurídica dos dereitos de propiedade, consagrando os principios da propiedade privada e a libre dispoñibilidade das terras. As principais medidas que serviron para acadar esta transformación foron: a abolición dos señorios e a supresión dos morgados (desvinculación) e as desamortizacións.

A) ABOLICIÓN DOS SEÑORÍOS E DESVINCULACIÓN…

A abolición do réxime señorial xurisdicional: estableceuse por lei en 1837, actualizando unha medida adoptada polas Cortes de Cádiz que distinguía entre señorio xurisdicional (dereito dos señores a exercer a autoridade sobre as persoas e a percibir taxas por este exercicio) e señorío territorial (dereito a percibir rendas derivadas da cesión da terra aos cultivadores directos). A lei suprimía o señorío xurisdicional e os dereitos derivados do mesmo e convertía ao señorío territorial en propiedade privada, plena, dos antigos señores. Nos casos de dúbida sobre cal era a orixe dun señorío, eran os campesiños os que estaban obrigados a demostrar se o señorío en cuestión tiña unha orixe xurisdicional e polo tanto debía pasar a propiedade das terras ás súas mans. Grazas a esta medida a nobreza, aínda que se resentíu da caída das rendas, puido manter unha boa parte do seu poderío económico.

A desvinculación: permitíu eliminar figuras xurídicas que, como o morgado (maiorazgo), impedían a libre disposición das terras (compra-venda, división). Non deu lugar a unha inmediata transferencia masiva de propiedades, pero permitiulle ás familias nobres -que soían estar endebedadas- sanear as súas finanzas coa venda dunha parte do seu patrimonio.

Page 20: Historia

Outras disposicións que contribuíron a transformar a estrutura da propiedade agraria foron a abolición dos privilexios da Mesta, a liberdade de arrendamentos, a liberdade de prezos e de comercio interior…

B) O PROCESO DESAMORTIZADOR

Consistiu na venda en subasta pública das terras e propiedades da Igrexa, dos concellos e doutras institucións, supuxo a incautación estatal dos bens de propiedade colectiva que, tra-la correspondente nacionalización e posterior venda en subasta, pasan a formar unha propiedade nova, privada e en plena liberdade de uso e venda, é dicir: unha propiedade desamortizada.

Foi un recurso do estado para paliar o déficit da Facenda pública xa empregado por Carlos III (quen vendeu bens da Compañía de Xesús, logo da expulsión desta de España), por Godoy, as Cortes de Cádiz e os gobernos do Trienio Liberal.

Pero cando o proceso desamortizador acadou unhas maiores dimensións, pola contía dos bens afectados, foi a partir das leis promovidas polos políticos progresistas J.A Mendizábal e P. Madoz nos anos 30 e 50, respectivamente, do S. XIX

-A desamortización “eclesiástica” de Mendizábal

En 1836, cos progresistas no poder e no contexto das dificultades creadas pola la

Guerra Carlista, o ministro de Facenda Juan Álvarez MENDIZÁBAL decretou a disolución das ordes relixiosas (agás as dedicadas ao ensino e á asistencia hospitalaria) e a incautación por parte do Estado do seu patrimonio (doc.1). As terras e bens destas corporacións sairían á venda en subasta pública, podendo adquirilas os compradores por medio de diñeiro ou de títulos da Débeda.

A esta desamortización dos bens do clero regular (conventos e mosteiros de frades e monxas) sumóuselle un ano despois a dos bens do clero secular (catedrais e igrexas), aínda que a execución desta última tería de ser retrasada até 1841, durante a rexencia de Espartero (doc.2).

Os obxectivos que perseguía Mendizábal con estas medidas eran varios:

1- modificar a estrutura da propiedade eclesiástica (que de amortizada e colectiva pasaba a ser libre e individual);

2- diminuír a Débeda pública e sumar recursos para financiar a guerra contra o carlismo;

3 atraer ás filas do liberalismo aos compradores dos bens desamortizados e principais beneficiarios destas disposicións-> “crear unha copiosa familia de propietarios”

A desamortización eclesiástica dividiu á opinión pública española e provocou un serio conflito diplomático co Vaticano. Para compensar á Igrexa, o Estado comprometeuse a soster economicamente aos clérigos e a subvencionar o culto da Igrexa católica (de ahí os artigos da constitución….) Foi moi importante: cumpriu unha misión revolucionaria

Page 21: Historia

máis duradeira que a constitución do 37 posto que foi a base dun réxime de propiedade máis aberto.

A partir de 1844 os gobernos moderados paralizaron o proceso e alcanzaron un acordo co Vaticano (Concordato de 1851) polo que a igrexa aceptaba as ventas xa realizadas a cambio de que o goberno sostise economicamente ó clero.

-A desamortización “xeral” de Madoz

Durante o Bienio Progresista, o tamén ministro de Facenda Pascual MADOZ promoveu unha Lei de Desamortización Xeral (1855). Chamouse así porque incluía non só os bens da Igrexa que aínda estiveran sen vender, senón tamén bens do Estado, dos Concellos (“comúns” -propiedades colectivas dos veciños- e “propios” -pertencentes ós concellos-) e doutras institucións (ordes militares, confrarías, institucións benéficas… ). É dicir, todos os que non pertencían a particulares, e ós que quedaban do clero. (doc.3)

Os obxectivos perseguidos con esta segunda desamortización eran semellantes aos que motivaran anos atrás a de Mendizábal: sanear a Facenda e acadar recursos para promover investimentos públicos (sobretodo para a construción do ferrocarril, que experimenta o seu despegue por eses anos), ampliar a base social do liberalismo e extender o tipo de propiedade privada e libre propio dunha economía capitalista.

C) Consecuencias da desamortización

1800

1860

1900

Trigo 6,3 5,8 6,9

\W9s 9 ‘6 14;9Cereais 4,8 6,2 7,40l1Veldt~ 1~6 1,5

O balance global pode realizarse desde diferentes perspectivas:

a) En relación cós obxectivos propostos coas medidas desamortizadoras:

1. Obtención da propiedade plena: Logrouse na maioría dos casos. A excepción produciuse, como veremos, no caso de Galicia onde permaneceu intocable a división de dominios característica do sistema foral e os montes comunais de municipios ou comunidades de aldeáns que a penas se privatizaron.

2. Os problemas facendísticos: A desamortización serviu para palialos en gran medida. Hai que ter en conta, tamén, que os ingresos obtidos entre 1855-1867 foron investidos no ferrocarril e para paliar o déficit acumulado polo Estado.

3. Aspectos políticos: Os compradores, variados e numerosos, non tiveron ningún interese en voltar ó Antigo Réxime. No caso da desamortización de Mendizábal, ademais, foron ingresos decisivos para o triunfo na Guerra Carlista. Todo isto reforzou o liberalismo e debilitou a unha igrexa que ademais, sufriu a perda ou o

Page 22: Historia

expolio dunha parte importante do seu patrimonio artístico e cultural (mosteiros, obras de arte…).

b) En relación coa distribución da propiedade:

A reforma agraria liberal non provocou cambios importantes e, máis ben, consolidou os caracteres preexistentes en cada zona. A propiedade cambiou de mans pero non houbo transformacións significativas: onde había maior concentración, esta acentuouse (no sur), e onde había maior dispersión, esta aumentou (no norte).

Os que xa eran propietarios e rendistas son os que tiñan medios para mercar novas terras; os que non teñen terras estiveron incapacitados para mercalas. Así ocorre cos xornaleiros e pequenos arrendatarios, que son ó mesmo tempo os máis prexudicados pola perda dos seus dereitos sobre aproveitamento gratuíto das fincas municipais e comunais. Unha das consecuencias das desamortizacións foi o incremento da conflitividade social no campo, debido á aparición dunha masa de campesiños sen terras que non tiñan garantida a subsistencia, e que só conseguían ser contratados estacionalmente nos grandes latifundios.

Analizando a condición dos beneficiarios atopámonos unha grande variedade: desde a burguesía urbana ata labradores (campesiños acomodados), nobres etc. A desamortización beneficiou ós grupos sociais integrantes da burguesía —comerciantes, homes de negocios, fabricantes, profesionais liberais, terratenentes, campesiños ricos dos pobos— e os nobres agora convertidos en propietarios capitalistas, que participaron de xeito importante na compra de novas terras. A desamortización contribuíu, así, de xeito decisivo á revolución agraria liberal formando un grupo homoxéneo de burgueses terratenentes, con independencia de cal fora a súa orixe.

c) En relación co crecemento da produción agraria: a desamortización, en xeral, non impulsou transformacións técnicas do proceso produtivo, máis ben todo o contrario. Os rendementos medios caeron como consecuencia da incorporación ó cultivo de terras marxinais. Incrementouse a produción (aumentou a superficie cultivada), ás veces melloraron as técnicas, e a gandería mellorou a partir de 1860. Pero non se logrou unha modernización da agricultura similar ós países europeos máis desenvolvidos, permanecendo a maioría das veces os vellos sistemas de explotación agropecuaria.

O aumento da produción agrícola permitiu alimentar á poboación agraria, enviar o excedente ás cidades e aínda exportar. Mais a agricultura non xerou os excedentes precisos para obter capitais suficientes cos que potenciar a industrialización. Os campesiños pobres, obrigados a emigrar, a penas atoparon emprego nas cidades debido ó escaso desenvolvemento industrial.

No balance global podemos ver que como medida política foi un éxito pero que as súas consecuencias socio-ecónomicas presentan diversos matices que os especialistas aínda discuten (docs. 4 e 5)

A desamortización en Galicia. A permanencia dos foros

Cando se produciu a revolución liberal Galicia posuía unha peculiar estrutura agraria caracterizada pola xeralización do sistema foral e pola particular organización dos

Page 23: Historia

montes comunais (da maioría dos cales eran propietarios non os concellos senón os veciños das parroquias e aldeas). Os foros eran contratos agrarios de longa duración, que xurdiran na Idade Media e que recoñecían sobre unha mesma parcela a existencia de dereitos diferentes en mans de grupos sociais distintos: os cultivadores directos que pagaban as rendas e non podían ser expulsados das terras (dominio útil); a nobreza terratenente (laica e, sobre todo, eclesiástica), titulares das terras e perceptores dunha parte das rendas (dominio eminente), e a fidalguía, que exercía de intermediaria entre os labregos e os detentadores do dominio eminente e que absorvía a maior parte das rendas agrarias (cobraban dos labregos e pagábanlle unha parte desas rendas á nobreza terratenente).

Unha das características da desamortización en Galicia foi a abundancia de rendas forais nas que o que se traspasou ó adquirinte foi unicamente o dominio directo, é dicir, o dereito a percibir rendas forais, e non o dominio útil ou capacidade de explotar a terra que seguiu en mans do campesiñado. Nunha proporción das tres cuartas partes, a riqueza desamortizada consistía en dereitos a percibir unha renda e non en terras. Con anterioridade á Lei Madoz a desamortización afectou case exclusivamente ó patrimonio eclesiástico; en Galicia esta procedencia eclesiástica dos bens desamortizados prolongouse ata o final, dada a escasa relevancia dos bens de propios. Segundo os datos proporcionados por Pascual Madoz os censos e foros alcanzaban o 69,8% do valor total dos bens eclesiásticos (seculares e regulares) taxados entre 1836 e 1845.

Os que adquiriron os bens desamortizados foron nobres, fidalgos, profesionais, funcionarios urbanos e, en especial, comerciantes, grandes arrendatarios e burgueses que tiñan títulos da Débeda Pública para pagar a bo prezo a riqueza subastada. Permenaceu en plena vixencia a estrutura da propiedade da terra que xa viña do Antigo Réxime: os foros dos mosteiros agora foron adquiridos en moitos casos por comerciantes, mentres que os subforos dos fidalgos seguiron na mesma situación que antes. A orixe dos bens vendidos non era de propios e comunais mais que nunha proporción moi pequena (1%). Isto quere dicir que non había propios que desamortizar, porque os concellos eran de recente implantación en Galicia. A maioría do territorio galego, aproveitado en forma de monte polos veciños dos pobos, ficou á marxe da desamortización. Os montes seguiron en mans das comunidades aldeáns e parroquiais, explotados comunitariamente.

(A redención dos foros: A redención dos foros realizouse no primeiro terzo do s. XX, . A liquidación do réxime foral explícase por tres motivos: a loita que o campesiñado fai a favor da redención dentro do movemento agrarista que se desenvolveu no primeiro terzo do s. XX; o aumento de capital dos campesiños pola venda de excedentes e a chegada a Galicia do diñeiro procedente da emigración a ultramar. Cando en 1926, se promulgou a Lei de Redención de Foros, durante a ditadura de Primo de Rivera, pola que os pagadores de renda podían converterse, pagando unha indemnización non moi alta, en propietarios territoriais, o problema foral xa minguara moito. Grazas a este proceso redencionista a maioría dos campesiños galegos se converteron en propietarios plenos das terras que viñan traballando.)

6.2. Industrialización na España do século XIX. (set 2001)

-1- Características xerais: Houbo unha revolución industrial en España?

Aínda que o inicio da industrialización en España foi moi temperán, os seus progresos foron inferiores os dos países máis avanzados de Europa. Por iso, estudosos do tema falan do fracaso da revolución industrial en España (Jordi Nadal), ou cando menos,

Page 24: Historia

dunha longa infancia industrial. As coincidencias neste retraso con outros países mediterráneos como Italia ou Portugal permiten que outros falen dun patrón latino de modernización (Gabriel Tortella) caracterizado polo atraso e a lentitude nas transformacións.

En todo caso, o proceso industrial do século XIX presenta as seguintes características básicas:

1. Unhas condicións de partida pouco favorables (mercado interior pouco desenvolvido, relativa escaseza de materias primas, fontes de enerxía e capitais…).

2. Unha forte dependencia do capital exterior, que chegou a controlar sectores importantes da economía española (como a minería os ingleses ou os ferrocarrís os franceses)

3. Unha tensión entre a defensa do proteccionismo propugnado pola burguesía industrial vasca e catalana (desexosa de protexer as súas incipientes industrias fronte á competencia de países máis avanzados) e o librecambismo defendido pola oligarquía agraria castelá (ata que, a finais do S. XIX, comecen a chegar produtos agrarios ultramarinos máis competitivos que os que ela comercializaba).

4. A localización esencialmente periférica da industria española (que é un reflexo do reparto da poboación), os desequilibrios rexionais que presenta e a inexistencia dunha capital política válida para promover o desenvolvemento económico español (Doc.1).

Como consecuencia destas condicións de partida, o proceso industrializador só prendeu, no S.XIX, en Cataluña e o País Vasco. Hai que agardar ao primeiro terzo do S.XX para que teña lugar en España a transición definitiva dunha economía agraria a unha economía industrial (en 1930 a poboación ocupada na industria e os servizos supera por primeira vez á poboación activa agraria), realizada no marco dun modelo capitalista.

-2- As pautas rexionais.

-A- A industria téxtil catalana

Características: A mediados do século XIX Cataluña era a principal rexión industrial de España. A moderna industria algodoeira –unha industria de bens de consumo– iniciou o camiño cara á industrialización, asentándose na forza do vapor, na organización do traballo a partir da fábrica e na presenza dunha burguesía industrial emprendedora. Eran empresas de tamaño medio, familiares e dependentes do mercado interno. (doc.4)

Inicios: O desenvolvemento inicial desta industria moderna colapsouse pola Guerra de Independencia e a perda de mercado americano (1808-1824), prolongándose pola longa crise política do Antigo Réxime ata os anos 30.

A partir dese decenio, asistiuse ó arranque do primeiro pulo industrializador co despegue da industria algodoeira grazas á mecanización (teares mecánicos, máquina de vapor), o triunfo da fábrica, o impulso da demanda interna, a presenza dunha burguesía emprendedora e baixo o amparo dunha lexislación proteccionista. Así, en 1833, a

Page 25: Historia

fábrica dos Bonaplata en Barcelona instalou máquinas de vapor, mais en 1835 un asalto, seguido dun incendio, destruíu as súas instalacións.

A primeira expansión: Adoitan distinguirse dúas etapas no proceso industrializador fundamentado nos téxtiles cataláns. Unha primeira de grande expansión (1835-1861), na que a industria téxtil algodoeira foi mecanizada gradualmente, concentrouse xeograficamente (arredor de Barcelona) e economicamente (agrupación de empresas) e abaratou os seus custos mediante o emprego dunha man de obra máis barata composta por mulleres e nenos.

A crise: Pero non puido supera-los seus límites: un mercado interior reducido e pouco dinámico e escasa capacidade competitiva nos mercados internacionais debido ós seus altos prezos. A Guerra de Secesión de Estados Unidos (1861- 1865) reduciu a importación da materia prima, e a crise económica de 1866-1867 terminou co período de maior crecemento.

Segunda expansión: Na nova fase de expansión dos anos 1870 e 1880, o crecemento foi menor debido á saturación do mercado interior. Pero a demanda sostívose grazas á política proteccionista e á concesión en exclusiva do mercado cubano. Coa independencia das colonias de Cuba e Porto Rico, en 1898, a produción estancouse ata as primeiras décadas do século XX.

O desenvolvemento algodoeiro catalán atraeu outras industrias téxtiles tradicionais.A industria da lá de gran tradición en Castela e a industria da seda valenciana e murciana perderon a súa importancia. Barcelona, Sabadell e Terrasa concentraron, a mediados do século XIX, ámbalas industrias. A industria téxtil, particularmente a algodoeira, que foi a clave da industrialización catalá do XIX, apenas tivo efectos sobre o resto de España.

B- A industria siderúrxica: Andalucía, Asturias e Pais Vasco

Características: O sector siderúrxico considerouse un dos puntais básicos da primeira industrialización nos países da Europa occidental. A evolución da siderurxia española pon de manifesto as insuficiencias enerxéticas do país e as dificultades para a aplicación das innovacións tecnolóxicas. En España, os tres focos siderúrxicos que se desenvolveron sucesivamente, ó longo do século XIX, revelan a crise do carbón vexetal, a súa substitución pola hulla asturiana -demasiado cargada de impurezas-, e o definitivo triunfo do coque británico como elemento do despegue siderúrxico vasco, en estreita colaboración co mineral de ferro de Somorrostro.

¿Cales foron as causas do atraso da siderurxia española?. España era rica en mineral de ferro, pero o carbón mineral (coque) era escaso e de mala calidade. Ademais a demanda de ferro foi moi reducida ata finais de século. Por outro banda, esta industria consumía grandes cantidades de enerxía calórica que só proporcionaba o coque. Pero o transporte é caro; de aí que a industria siderúrxica tendese a se localizar en tódolos países industrializados próxima ás minas de carbón mineral. Isto explica as sucesivas localizacións da siderurxia española durante o século XIX. (doc.3)

Primeiro foco: Andalucía 1830-60 O primeiro intento de instalar unha moderna siderurxia en España xurdiu en Málaga co fin de explota-los xacementos ferrosos de Marbella e Ojén. En 1832 funcionaron os primeiros Altos Fornos nas factorías de La

Page 26: Historia

Concepción en Marbella e La Constancia en Málaga. Pero a dificultade máis grave era a inexistencia de coque. Cara ós anos 60 decaeu esta fase de hexemonía da siderurxia andaluza, debido a que a súa fundición con carbón vexetal non podía competir coa dos altos fornos con carbón – mineral de Asturias.

Segundo foco: Asturias 1860-80. Asturias, por contra, contaba coas cuncas carboníferas de Mieres e Langreo. En 1848 fundouse un Alto Forno en Mieres e en 1857 a Sociedade Metalúrxica Duro y Cia. en La Felguera. A nacente siderurxia asturiana, situada na cunca hulleira do Nalón, provocou un desprazamento xeográfico da siderurxia española cara ó norte que se completaría nos anos 80 co desenvolvemento da siderurxia vasca. Se en 1865 o 44 por cen da produción siderúrxica española procedía do núcleo andaluz, o 16 por cen da rexión asturiana e o 20 por cen da ferretería tradicional vasca, en 1868 a zona asturiana de Mieres-La Felguera representaba o 46 por cen da produción nacional, pero o carbón asturiano era de mala calidade e…

Terceiro foco: País Vasco 1880: Só a partir de 1880 foi consolidada en Biscaia unha industria siderúrxica moderna. Nas últimas décadas do século XIX, a siderurxia vasca converteuse no símbolo da siderurxia española grazas á abundancia de mineral de ferro, a dispoñibilidade do coque inglés e do capital acumulado por empresarios vascos. Desde 1848 funcionaba un Alto Forno en Bolueta. En 1860 a empresa Ybarra y Compañía instalou Altos Fornos en Baracaldo. Entre 1880 e 1902 deuse un dobre proceso na siderurxia vasca. A creación e a concentración de grandes compañías de Altos Fornos e a modernización da siderurxia. De 1886 a 1888 instaláronse os primeiros convertedores Bessemer e os fornos Siemens e Martin. En 1902 fusionáronse as tres grandes compañías (Altos Hornos y Fábricas de Hierro y Acero, La Vizcaya e La Iberia) na gran sociedade Altos Hornos de Vizcaya. Nas primeiras décadas do século XX o 62 por 100 do ferro e aceiro español era fabricado por esta sociedade.

Así practicamente toda a industria española concentrouse en só dúas zonas: Cataluña e País Vasco, o resto de país quedou baleiro de industria e incluso perdeunas, como no caso galego.

C. Desindustrialización: Galicia

Os sectores ligados á industria rural que resultaron ser os motores da industrialización europea fracasaron en Galicia pola falta de investimentos produtivos (o diñeiro ía á compra das rendas forais):

a) a industria do lino.- a desorganización comercial impediu a súa capitalización e decaeu ó non poder competir cos lenzos estranxeiros. 0 fiado desaparece coas importacións e os tecedores non resistiron a competencia do algodón catalán.

b) os curtimes: a dispoñibilidade de materias primas (auga e peles) perdeu importancia diante dos avances técnicos que permitiron a súa localización lonxe da tradicional.Tamén foron os cataláns os que anularon a nosa produción.

c) as ferrarías: afundíronse a causa das vellas estruturas organizativas e da potencia vasca e asturiana. Só Sargadelos creceu grazas ás guerras carlistas, pero a utilización de carbón vexetal provocou o seu peche en 1875.

Page 27: Historia

Para colmo o boom ferroviario español de 1855-65 non chega a Galicia ata 1873. A escasa rendibilidade, incapacidade investidora, discusión sobre o trazado das liñas e o alto custo de construción foron as causas do atraso.

Só mantivo certo dinamismo o sector da salgadura do peixe que se irá transformando co século en industria conserveira.Tamén se salva a construción naval ferrolá e viguesa. 0 peso da Banca foi moi débil e só asomou co desenvolvemento comercial da Coruña e Vigo. A escasa capacidade adquisitiva dos traballadores urbanos e a autosuficiencia campesiña reduciron o comercio ó mínimo.

-3- Os transportes: o ferrocarril

A historia mostra a contribución crucial que os transportes tiveron no desenvolvemento económico. Na España do século XIX o problema do transporte foi un dos obstáculos para a modernización económica.

A pesar do notable programa de construción de estradas, emprendido a partir de 1840, co que España contou ó remate do século cuns 36.000 km., os progresos resultaron insuficientes. O transporte fluvial era case inexistente dada a natureza dos nosos ríos. Só o transporte marítimo experimentou durante o século XIX un progreso considerable grazas á mellora dos portos e á introdución da máquina de vapor a finais da centuria.

Pero a auténtica revolución dos transportes no XIX foi o ferrocarril, que en España era a única alternativa para o transporte e a formación dun mercado interior. Pero a construción da rede ferroviaria en España atrasouse uns trinta anos respecto ós países europeos máis desenvolvidos, como Gran Bretaña ou Francia. Atraso debido tanto á desidia gobernamental coma ó escaso desenvolvemento económico e social, a falta de capital e de técnica así como de iniciativa empresarial.

A primeira lei de 1844 pola que o Estado reservaba para si a concesión das liñas ferroviarias deixaba a construción nas mans da iniciativa privada. Iso deu lugar á especulación e provocou unha serie de escándalos.Tan só se construíron unhas poucas liñas (Barcelona-Mataró, Madrid-Aranxuez, Valencia-Xátiva). Ademais cometeuse un grave erro técnico que se había arrastrar ata os nosos días: o ancho de vía establecido de 1,67 m., 15 cm, maior cá norma europea. Así, antes de 1855 só se construíran 475 km. (doc.2)

O impulso veu coa Lei Xeral de Ferrocarrís de 1855, aprobada polos progresistas. Por esta lei o Estado outorgaba unha serie de vantaxes económicas ás empresas construtoras: facilitaba a creación de sociedades anónimas, garantía unha rendibilidade mínima do 6 por 100 e a libre importación de material para o ferrocarril. Ademais, completábase coa Lei Bancaria de 1856 que permitiu a rápida formación dun sistema bancario que, entre outras cousas, financiase a construción da rede ferroviaria. Lei tan xenerosa non deixou de surtir efectos: en 1868 estaban en funcionamento 5375 km.

Entre 1856 e 1900 a rede de ferrocarrís alcanzou 14.245 km. Esta aceleración debeuse ó apoio estatal e á achega de capital e tecnoloxía e á iniciativa estranxeira, sobre todo francesa. Tres grandes compañías ferroviarias: a de Madrid-Zaragoza-Alacante (M.Z.A.) ligada ó grupo financeiro francés da Sociedade Española Mercantil e

Page 28: Historia

Industrial; a Compañía de Camiños de Ferro do Norte de España á Sociedade de Crédito Mobiliario Español; e a compañía de Ferrocarrís Andaluces á Compañía de Crédito de España, acapararon as concesións e as subvencións estatais.

¿Cal foi o impacto dos ferrocarrís na economía española? A súa contribución á demanda de produtos siderúrxicos e das industrias mecánicas foi escasa xa que ata 1891 tolerouse a libre importación de todo o material ferroviario. En cambio tivo unha grande importancia na demanda de carbón e de emprego (unhas 125.000 persoas empregadas fixas no ferrocarril). Tamén provocou un gran cambio no comercio interior abaratando o prezo das mercadorías. Pero o ferrocarril construíuse con atraso e precipitación. Cometeuse o erro do ancho de vía que obstaculizou a súa conexión co resto de Europa, erro que aínda pesa sobre a economía española. Criticouse o seu trazado radial e a mala calidade da infraestrutura. Este modelo non contribuíu a articular o territorio español, deixando á marxe do ferrocarril áreas moi extensas como Galicia. O ferrocarril chegou a Vigo en 1892. O trazado que uniu Santiago con Madrid non finalizou ata 1956!!

-4- As Finanzas

O establecemento dun sistema moderno de Facenda (doc.5 + valoración xeral-conclusión) fíxose moi lentamente e constituíu un dos problemas claves da economía española. O sistema fiscal foi modernizado e simplificado en 1845 polo ministro Alejandro Mon: o sistema suprimiu moitos pequenos impostos e estableceu o principio de reparto da carga tributaria aínda que mantiña impostos indirectos tan odiados como os famosos consumos.

O sistema financieiro quedou reordenado no Bienio Progresista coa Lei de Bancos de Emisión e Sociedades de Crédito de 1856, ano en que nace o Banco de España. A carón del creceu a banca privada: en 1855 naceu o Banco de Bilbao, un ano despois o Banco de Santander.Tamén se modernizou o sistema monetario en 1868 cunha nova unidade monetaria: a peseta.

6.3. Os novos grupos sociais. Conflitividade social e movemento obreiro (xuño 2003 e xuño 2007)

1. A sociedade española no século XIX

A implantación do Estado liberal e os cambios económicos experimentados ao longo do S.XIX provocaron a desaparición da vella sociedade estamental fundamentada no “privilexio”, e a súa substitución por unha nova sociedade de clases na que o principal criterio de diferenciación social o constituía o acceso á riqueza material. Elo conlevou a transformación dos vellos grupos sociais (p.e. a nobreza ou o campesiñado) e a emerxencia de novos grupos (como a burguesía industrial, o proletariado ou certos sectores das clases medias). A nova sociedade seguía a ser unha sociedade fortemente polarizada, na que un reducido sector social gozaba da maior parte da renda nacional.

A- As clases dirixentes

Son unha simbiose de poderosos do pasado (NOBREZA) e novos grupos BURGUESES. Isto ten lugar pola vía do ennobrecemento burgués (matrimonio, adquisición de títulos) e da participación da nobreza no mundo dos negocios, forman a

Page 29: Historia

Oligarquía dominante. Deste grupo dirixente saen a maior parte dos altos cargos da administración, o exército e a Igrexa.

Nobreza: En xeral, non sae excesivamente mal parada da revolución liberal: perde os dereitos xurisdicionais pero mantén o groso das súas propiedades pola vía da conversión dos señoríos territoriais en propiedade plena. Acepta o liberalismo como mal necesario e chega a un pacto cos grupos burgueses. Os seus ingresos proveñen maioritariamente das rendas agrarias, aínda que algúns nobres rematan por entrar nos negocios. Mantén o seu prestixio social e peso político: presenza nas “camarillas” de Isabel II, na alta oficialidade do exército, no Senado…

Burguesía: Integrada por diferentes sectores:

- Burguesía de negocios: dedicada a grandes operacións comerciais e financieiras. Adquire terras na desamortización e sente atracción polo estilo de vida nobiliario, buscando o ennobrecemento. Vinculada aos novos centros de poder político e ao capital estranxeiro, ten unha forte presenza en Madrid, Andalucía e a cornixa cantábrica.

- Burguesía industrial: circunscrita a Cataluña até as décadas finais do S.XIX, momento no que emerxe a forte burguesía industrial vasca. Ocupa unha posición subordinada dentro das clases dirixentes, tanto economicamente (máis débil que as grandes fortunas agrarias e financieiras) como politicamente lonxe dos centros do poder). Presionará ao Estado para que se adopte unha política arancelaria proteccionista.

B- As clases medias

Constitúen un conglomerado heteroxéneo: pequenos fabricantes e comerciantes, propietarios agrarios de tipo medio, profesións liberais, certos empregados públicos, oficialidade do exército… Caracterízanse polo seu conservadorismo ideolóxico (defensa da orde, da propiedade… ) e o intento de imitar o estilo de vida dos poderosos.

C- As clases populares

Campesiñado: Conviven dentro del diferentes condicións: pequenos propietarios, arrendatarios, criados e xornaleiros. Amplíase o número de campesiños sen terra (xornaleiros), afectados pola privatización das terras comunais, a venda das pequenas propiedades e os cambios nos réximes de arrendamento. Predominan ao sur do Texo.

Grupos populares Urbanos: Conglomerado formado por empregados domésticos, artesáns, pequenos comerciantes, empregados da administración… Algúns deles están a medio camiño entre as clases populares e as clases medias.

Proletariado: O seu número é relativamente reducido pola precariedade do proceso industrializador. As súas condicións de traballo e de vida son moi duras: baixos salarios, inexistencia de seguros de enfermidade, longas xornadas laborais (12-14 h.), barrios sen servizos sanitarios mínimos… É frecuente o traballo de mulleres e nenos para compensar os baixos salarios.

Page 30: Historia

2. O Movemento Obreiro

A- Características xerais

No S. XIX xurdiu en Europa o movemento obreiro: un movemento protagonizado polas clases traballadoras na procura da mellora das súas condicións de vida e traballo, da consecución dos plenos dereitos políticos e, ás veces, dunha transformación radical da sociedade nun sentido igualitario. As súas características básicas son:

1- O movemento obreiro como manifestación da nova conflitividade social que o avance da industrialización propicia. Proletariado e burguesía industrial, como clases con intereses enfrontados.

2- Un contexto político (liberalismo) en xeral hostil aos intereses e reivindicacións da clase obreira.

3- As reivindicacións obreiras nos ámbitos sociolaboral (condicións de traballo, xornada, traballo feminino e infantil, salarios…) e político, destacando neste último o papel da conflitividade obreira na crise da Restauración.

4- As principais formas de loita e organización e a súa evolución: ludismo, asociacionismo, internacionalismo, sindicalismo.

5- O predominio do anarquismo e do socialismo como tendencias ideolóxicas do movemento obreiro en España, destacando e caracterizando á CNT e á UGT como principais organizacións.

En España o desenvolvemento deste movemento foi algo máis lento polo relativo retraso do seu proceso industrializador e estivo condicionado polas vicisitudes políticas que presidiu a construción do Estado liberal. Así, atopou mellores condicións para desenvolverse naquelas conxunturas nas que as correntes máis avanzadas do liberalismo propiciaron unha apertura democratizadora do réxime (Bienio Progresista, Sexenio Democrático, liberalización do réxime da Restauración propiciada polo acceso ao poder do P. Liberal na segunda metade dos anos 80… ).

B. Os primeiros pasos do Movemento obreiro: ludismo e asociacionismo

As profundas desigualdades existentes nalgunhas zonas rurais españolas (Andalucía, Estremadura… ) e as mesmas desigualdades que xeraba o proceso industrializador determinaron o desenvolvemento dunha forte conflitividade social tanto no campo como na cidade.

No campo a conflitividade foi maior nas áreas de predominio latifundista, nas que existía un elevado número de obreiros agrícolas sen acceso á propiedade da terra e vivindo nunhas condicións miserables.

A conflitividade social tamén se estendeu á cidade, onde as condicións de traballo e de vida non eran moito mellores (baixos salarios, xornadas laborais de 12 ou 14 horas, inexistencia de seguros de enfermidade, amoreamento en barrios insalubres… ).

Page 31: Historia

As primeiras manifestacións de protesta obreira, acontecidas nas décadas de 1820 e 1830, dirixíronse contra as máquinas, ás que culpaban da perda de postos de traballo e da redución dos salarios (ludismo). O exemplo máis destacado destas accións foi o incendio da .fábrica Bonaplata en 1835, a primeira factoría que introducira en España a máquina de vapor. (doc.1- 2003) Outro exemplo: o das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña (doc.1 – 2007)

Pero os traballadores comprenderon moi cedo que o verdadeiro problema non eran as máquinas, senón as condicións de explotación ás que estaban sometidos, e comezaron a desenvolver novas formas de loita como a paralización da produción mediante a folga e a procura da unidade de acción mediante a creación das primeiras asociacións obreiras. Estas asociacións agrupaban aos traballadores dun mesmo oficio e tiñan funcións reivindicativas e de apoio mutuo (pago de cotas para cubrir as necesidades dos seus asociados en caso de perda do emprego por despido, enfermidade, folga… ). A primeira creouse en Barcelona en 1834 (Asociación Mutua de Teceláns) e coñeceron unha grande expansión durante o Bienio Progresista (1854-56) (doc.2). Precisamente nos anos do bienio proliferaron as axitacións políticas por asociacións obreiras que acabarían dando lugar a creación de sindicatos de clase. Agora as reivindicacións xa non serán só laborais senón que tamén incluiranse peticións políticas semellantes ás dos Cartistas en Inglaterra. A volta ao poder dos moderados trouxo consigo a represión do asociacionismo obreiro.

C- A chegada do Internacionalismo no sexenio (1868-1874)

Até 1868 o movemento obreiro camiñou, politicamente, a remolque das correntes burguesas democráticas (liberalismo radical, Partido Demócrata, primeiros núcleos republicanos), pero a situación mudou coa chegada das ideas internacionalistas despois da Revolución Gloriosa. En 1864 fundárase en Londres, coa participación de obreiros e personalidades procedentes de distintos países, a la Internacional ou Asociación Internacional de Traballadores (AIT). Os principios que presidiran a súa creación foron o da solidariedade obreira internacional (“proletarios do mundo, unidevos) e o da autonomía da loita dos traballadores para acadar a súa liberación de clase mediante a creación de partidos e sindicatos obreiros.

En España, as ideas internacionalistas foron introducidas por Giuseppe Fanelli, un anarquista colaborador de Bakunin, que se reuniu con grupos de traballadores en Madrid e Barcelona e difundiu entre eles os principios anarquistas (colectivismo, apoliticismo, supresión do Estado… ). A partir destes núcleos xurdiu a Federación Rexional Española da AIT (fundada no Congreso Obreiro de Barcelona., 1870), de predominio anarquista e que desenvolvería unha intensa actividade insurreccional durante o Sexenio Democrático (revoltas contra as “quintas” e os “consumos”, participación na insurrección cantonalista… ). Pouco despois, a chegada de Paul Lafargue, xenro de Marx, difundiu entre os internacionalistas madrileños as posicións marxistas (que defendían a necesidade da conquista do poder estatal por parte da clase obreira) e propiciou a creación do primeiro núcleo socialista español ao redor da figura de Pablo Iglesias e do xornal La Emancipación, Este grupo, en minoría no seo da sección española da AIT, non tardaría en ser expulsado da mesma.

Page 32: Historia

En 1874, coa chegada da Restauración, a federación española da AIT foi declarada ilegal e as súas actividades perseguidas. Pero estaban creados os xermes da posterior evolución das ideas anarquistas e socialistas en España. (doc.3)

3.- Anarquistas e socialistas despois de 1874

A- Os anarquistas: a C.N.T.

Nas décadas seguintes anarquistas e socialistas continuaron marchando por separado. En canto aos anarquistas, en 1881 a FRE pasou a chamarse Federación de Traballadores da Rexión Española para se adaptar á legalidade vixente (que prohibía as organizacións de carácter intemacional), adquirindo unha influencia crecente en Cataluña e Andalucía.

Entre os anarquistas foron xurdindo diferenzas entre dúas tendenzas:

-os partidarios da acción sindical de masas, que vían no recurso á folga e á mobilización obreira o medio fundamental para acadar os seus fins de construción dunha sociedade igualitaria, este anarquismo colectivista e antiautoritario cría no apoio mutuo e na educación como armas para igualar a sociedade.

-os partidarios da acción directa ou propaganda polo feito os cales protagonizaron atentados contra personaxes e institucións representativos da clase dominante, o Estado e a Igrexa. Algúns destes atentados, como os sufridos polo xeneral Martínez Campos, Cánovas ou o atentado do Liceo (que provocou vinte mortos nese lugar privilexiado de encontro social da burguesía barcelonesa) era unha vinganza pola execución, as máis das veces sen probas, de militantes anarquistas. Estes actos de violencia -e o caso da Mano Negra andaluza, sociedade secreta a que se acusou de planear o exterminio dos terratenentes- desataron unha feroz represión por parte do Estado contra o conxunto dos militantes anarquistas.

En 1907 os partidarios da acción de masas promoveron a creación da Solidariedade Obreira, antecedente directo do grande sindicato anarquista da Confederación Nacional do Traballo (CNT, fundada en 1910). Dotada dunha estrutura federal, a CNT reivindicaba o “apoliticismo” e o papel da folga xeral (“unha folga non debe declararse para ter un pouco máis de xornal, senón para lograr unha transformación total”) como principal instrumento revolucionario. Entre os seus líderes estaban Salvador Segui (“el noi del sucre”, asasinado nos tempos do pistoleirismo barcelonés) e Angel Pestaña. Converteríase na principal organización obreira española antes da Guerra Civil chegando a ter un millón de afiliados.

B- Os socialistas: O P.S.O.E. e a U.X.T.

Pola súa parte, o núcleo socialista madrileño organizado en torno a Pablo Iglesias fundou en 1879 o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), unha organización de inspiración marxista que aspiraba á conquista do poder pola clase traballadora e que se adheriría á II Internacional, integrada por partidos afíns ideoloxicamente. En 1888 -ao amparo da “Lei de Asociacións” promovida polo goberno liberal un ano antes- os socialistas crearon a Unión Xeral de Traballadores (UXT), un sindicato de masas que chegaría a ter unha influencia importante en Madrid, Asturias e o Pais Vasco, e que

Page 33: Historia

defendía a negociación colectiva entre obreiros e patróns e o recurso á folga para facer valer os intereses dos traballadores. Paulatinamente, o socialismo español evoluiría cara posturas moderadas que combinaban a participación en folgas xerais e os obxectivos finais igualitarios coa búsqueda de melloras graduais para os traballadores no marco do sistema. En 1910, en coalición cos republicanos, obtivo a súa primeira acta de deputado para Pablo Iglesias.

C- O crecemento de principios do XX: comunistas e folga xeral

En 1921 un grupo de dirixentes e militantes do PSOE e da UXT separáronse para fundar o Partido Comunista de España (PCE), seguindo o modelo dos bolxeviques rusos triunfantes na Revolución soviética de 1917. Sería moi minoritario até os tempos da Guerra Civil.

A grande expansión do movemento obreiro tivo lugar en España coa entrada no S.XX, ao compás das profundas transformacións que estaba experimentando a sociedade (industrialización, urbanización,.. ). A afiliación ás organizacións de traballadores experimentou un notable crecemento e desenvolveuse unha particular “cultura obreira”, alternativa á cultura burguesa dos ateneos e casinos, que tivo o seu centro nas Casas do Pobo socialistas e nos Ateneos populares e libertarios promovidos polos anarquistas. Nestes locais, que funcionaban como centro de reunión social para os traballadores, existían bibliotecas e desenvolvíanse escolas e outras actividades culturais e de ocio.

A mobilización obreira acadou as súas cotas máis altas nos anos finais da Restauración (folga xeral de 1917. (doc.4)“Trienio bolxevique” andaluz, folga da “Canadiense” en Barcelona sofrendo unha interrupción coa chegada da ditadura de Primo de Rivera. A ditadura reprimiu a anarquistas e comunistas e mantivo unha actitude inicial de tolerancia cara os socialistas, os cales colaboraron até 1927 nas institucións primorriveiristas como a Organización Corporativa ao Traballo. Con todo, en vésperas da proclamación da II República o movemento obreiro constituía unha forza á que non se podía ignorar e xogaría un papel fundamental na posterior evolución do réxime republicano.

6.4. Nación e nacionalismos en España: rexionalismo e nacionalismo en Galicia, País Vasco e Cataluña.

1. A cuestión nacional: nacionalismo español vs nacionalismos periféricos

Nas décadas finais do S.XIX xurde en España a chamada cuestión nacional. Con este termo alúdese á confluencia de diferentes nacionalismos ou proxectos nacionais de difícil harmonización e a miúdo en conflicto entre si:

- Un nacionalismo español dominante que defende a existencia dunha única nación en España e que utiliza o aparato do Estado para crear unha conciencia nacional española. O seu rechazo das tendencias particularistas contribuirá a radicalizar aos defensores destas tendencias.

Page 34: Historia

- Uns nacionalismos periféricos (catalán, vasco, galego… ) que defenden o carácter diferencial das súas comunidades e que rematarán por afirmar a existencia de diferentes nacións en España.

Os nacionalismos periférícos tiveron a súa orixe no labor desenvolvido polas intelligentsias locais para fomentar o interese pola historia, a lingua e a cultura das súas comunidades, co obxectívo de promover a creación dunha conciencia propia e diferenciada. Posteriormente, a reivindicación cultural acompañaríase da reivindicación política, centrada na esixencia dunha reorganización do Estado español compatible co autogoberno das diferentes comunidades ou, nalgúns casos, na reclamación da independencia total.

O xurdimento da cuestión nacional explícase pola confluencia de diversos FACTORES:

1-A diversidade cultural e mesmo política existente desde tempos remotos dentro dos límites do Estado español. Non resulta extraño que os nacionalismo periféricos remataran por ter unha maior audiencia nas comunidades que posuían unha lingua propia. Do mesmo xeito, o feito de que a monarquía dos Austrias (S.XVI-XVII) primara os intereses imperiais sobre a construcción dunha verdadeira “monarquía nacional” permitíu a pervivencia de altas cotas de autogoberno até tempos recentes nalgunhas comunidades (en Cataluña até os “Decretos de Nova Planta” -comezos do S.XVIII- e no País Vasco até o remate da 3a Guerra Carlista -1876-). Como é lóxico, o recordo deste -autogoberno serviría de estímulo para o desenvolvemento dos nacionalismos nestas comunidades. 2- A forma que adquiríu a construción do Estado liberal en España ao longo do S.XIX, caracterízada por:

A. Un centralismo uniformizador: supresión das particularidades xurídicas e económicas, creación de novas unidades administrativas (p.e. a nova división provincial) que rompen as divisións tradicionais, imposición dun modelo cultural e lingüístico uniforme… É contra esta centralización contra a que reaccionarán os nacionalismos periféricos.

B. Unha débil nacionalización que non consegue consolidar un “sentimento nacional español” compartido por todos. Contríbúen a este fracaso o predominio histórico das opcións máis conservadoras, as profundas divisións políticas que daran orixe “as duas españas”, a deficiente escolarización, o sistema de “quintas”, a ineficacia da administración… Esto tera repercusións como a falta de consenso e identificación cos símbolos nacionais: duas bandeiras, dous himnos….

C. O desigual desenvolvemento do capitalismo e a industrialización, que afondou as desigualdades na estrutura económica das diferentes áreas do pais. Facilitou o xurdimento de intereses económicos distintos e, por veces, difíciles de conciliar (“librecambismo” vs. “proteccionismo”, p.e.), agravado polo feito de que as zonas máis desenvolvidas economicamente non coincidían cos centros de decisión política e coa extracción xeográfica maíoritaria da elites que gobernaban o Estado.

D. A todos estes factores veuse sumar, a finais do S.XIX, a desílusión pola marcha de España, motivada polo fracaso colonial (1898)(“me duele españa”), a conciencia de atraso e decadencia que medrou en moitos círculos sociais do país… Esta sensación de desencanto frustrou o desenvolvemento dun sentimento de orgullo de pertenza a unha “patria común” e, pola contra, contribuíu a fortalecer os sentimentos diferenciais das distintas comunidades.

Page 35: Historia

Algúns destes nacionalismos acadaron unha forte presenza social e electoral xa nas primeiras décadas do S.XX. Así ocorreu en Cataluña coa Lliga Regionalista -e posteriormente, durante a II República, con Esquerra Republicana de Catalunya- ou no País Vasco co PNV. En Galicia a influencia do nacionalismo foi sempre menor e haberá que agardar aos anos 30 para que consiga certo éxito coa fundación do Partido Galeguista.

Tras a proclamación da II República, estes movementos contribuíron á apertura do debate sobre a reorganización do Estado nunha dirección descentralizadora. Deste xeito, a Constítución republicana proclamaría o “Estado integral” compatible coas “autonomías rexionais”.

En cada un dos movementos nacionalistas podemos distinguir tres fases:

O provincialismo: termo que se emprega para cualificar todas aquelas doutrinase movementos que, dende 1833 defenden, contra o centralismo, o recoñecemen-to das particularidades culturais das provincias que constitú-en España, identificadas estas, nalgúns casos, cos vellos reinos medievais: Galicia,Catalunya…

O rexionalismo: termo empregado, a partir da década de 1880, para cualificaraqueles movementos políticos e culturais que reivindican formas de descentrali-zación administrativa e de autogoberno consideradas como un dereito histórico. Pódense distinguir dúas tendencias claramente diferenciadas: a liberal, democrática e federalista que pretendía, mantendo a unidade da nación española, a creación e federación de Estados soberanos con base nasprovincias, e a tradicionalista antiliberal baseada na defensa docatolicismo e das tradicións locais que, no caso das provincias vascas, de Navarra e Catalunya coinciden coa defensa dos privilexios recoñecidos polos antigos fueros.

O nacionalismo ou defensa da consideración e do recoñecemento da comuni-dade propia como unha nación diferenciada con dereito a dispoñer de soberaníapolítica e de goberno propio; aparece así, a finais do século XIX e comezos do XX,a idea da existencia da nación catalana, vasca ou galega e a creación de partidosnacionalistas que defenden estes dereitos. Na elaboración e formulación destasideas nacionalistas destacaron Prat de la Riba, Sabino Arana e Vicente Risco quesentaron as bases das respectivas conciencias nacionais.

2. O Catalanismo

- A Renaixença

Cara ó ano 1830, dentro do contexto cultural do Romanticismo e no marco dun Estado liberal español con dificultades para vertebrar un desenvolvemento económico harmónico, xurdiu en Cataluña un amplo movemento cultural e literario, coñecido como a Renaixença. A súa finalidade era a recuperación da lingua e dos sinais de identidade da cultura catalana, pero carecía de aspiracións e de proxectos políticos, sendo os seus obxectivos puramente culturais.

- Centre Catala

Page 36: Historia

As primeiras formulacións catalanistas cun contido político viñeron da man de Valentí Almirall, un republicano federal decepcionado, que convocou o primeiro Congreso Catalanista (1880) co obxectivo de unifica-las dúas correntes máis destacadas do catalanismo, a de herdanza republicana e progresista, e a máis literaria, apolítica e conservadora. Este movemento culminou na creación do “Centre Catalá” (1882), organización que pretendía sensibiliza-la opinión pública catalana para consegui-la autonomía.

No ano 1885 impulsou a redacción dun “Memorial de Greuges” (Memorial de Agravios), que lle foi presentado a Afonso XII por unha ampla comisión de personalidades pouco antes da morte do monarca. O memorial denunciaba a opresión de Cataluña e reclamaba a harmonización dos intereses e das aspiracións das diferentes rexións españolas.

“No tenemos Señor, la pretensión de debilitar, ni mucho menos atacar la gloriosa unidad de la patria española, ante sal contrario, deseamos fortificarla y consolidarla; pero entendemos que para lograrlo n oes buen camino ahogar y destruir la vida regional.

Lo que nosotros deseamos señor, es que en España se implante un sistema regional adecuado.”

- Unió Catalanista

Un grupo de intelectuais, vinculados ó xornal “La Renaixença” e contrarios ó progresismo de Almirall, fundaron a “Unió Catalanista” (1891), unha federación de entidades de carácter catalanista de tendencia conservadora. O seu programa quedou fixado nas Bases de Manresa, que defendían unha organización confederal de España e a soberanía de Cataluña en política interior. Proclamaba a oficialidade do catalán e propoñía o restablecemento das institucións tradicionais de Cataluña (Audiencia e Cortes) que deberían ser escollidas por sufraxio corporativo.

(…) Base 6. Cataluña será soberana do seu goberno interior e polo tanto ditará libremente as súas leis orgánicas, terá ó seu cargo a lexislación civil. penal, mercantil, administrativa e procesual, o establecemento e maila recadación de impostos; a cuñación de moeda, e terá tódalas atribucións inherentes á soberanía que non lle correspondan ó goberno central segundo a base 1a.

Base 7. 0 poder lexislativo rexional residirá nas Cortes catalanas que se deberán reunir cada ano nunha época determinada e nun lugar diferente. As Cortes formaranse por sufraxio entre os cabezas de familia, agrupados en clases segundo o seu traballo manual, carreiras profesionais, propiedade, industria e comercio. (…)

Bases de Manresa. (1892)

- A Lliga

A renuncia da “Unió Catalanista” a participar na vida política levou a un grupo de catalanistas, vinculados ó xornal “La Veu de Catalunya” (Prat de la Riba, Cambó, entre outros), a defender unha intervención máis clara na política e á conversión do

Page 37: Historia

catalanismo nunha causa capaz de mobilizar a amplos sectores da poboación. O momento propicio para esa nova formulación chegaría tralo desastre do 98.

En Cataluña, o impacto da crise do 98 foi decisivo para a madureza e maila expansión social do catalanismo. O fracaso do proxecto reformista do goberno Silvela-Polavieja favoreceu a confluencia de intereses entre os sectores catalanistas favorables á intervención electoral e a burguesía industrial e comercial, cada vez máis afastada dos partidos dinásticos e máis achegada ó rexionalismo. Froito desa converxencia foi a creación en 1901 da “Lliga Regionalista“, que contou entre os seus líderes a Enric Prat de la Riba e Francesc Cambó. A Lliga presentaba un programa político conservador, centrado na loita contra o corrupto e ineficaz sistema da Restauración e a prol dun reformismo político que outorgase a autonomía a Cataluña. O seus éxitos electorais en Barcelona a partir de 1901 convertérona na forza hexemónica en Cataluña ata o ano 1923.

- Solidaritat: unha coalición electoral

O amplo rexeitamento suscitado en Cataluña pola Lei de Xurisdicións (1906) posibilitou a formación dun amplo movemento, “Solidaritat Catalana”, que reuniu a carlistas, rexionalistas e republicanos. A coalición presentaba un programa común baseado na derrogación da Lei e na consecución da autonomía; nas eleccións de 1907, conseguiu 41 dos 44 escanos que Cataluña tiña no Congreso dos Deputados. Esta vitoria tivo unha ampla significación, xa que levou á fin da quenda dinástica en boa parte de Cataluña e maila consolidación do catalanismo e do republicanismo como as forzas políticas hexemónicas

- A mancomunidade

No ano 1914 e acolléndose á Lei de Mancomunidades, as Deputacións catalanas, baixo o control da “Lliga Regionalista”, impulsaron a creación da Mancomunidade de Cataluña. Este organismo consistía nunha federación das catro provincias catalanas que contaba cunha Asemblea Xeral, un Consello Permanente e un Presidente, cargo para o que foi elixido Prat de la Riba. Tiña o mesmo orzamento e as mesmas competencias (beneficencia, cultura e obras públicas) que as Deputacións provinciais e estivo vixente ata a súa disolución por Primo de Rivera no ano 1925.

-3-. O nacionalismo vasco

Causas: abolición dos foros e inmigración

No País Vasco, as formulacións nacionalistas forxáronse ó longo da segunda metade do século XIX a partir dunha corrente de recuperación da cultura vasca. Pero foi, sobre todo, a abolición dos foros trala última guerra carlista en 1876 o que deu orixe ó nacemento dunha corrente que reivindicaba a reintegración foral (estes foros, que os vascos mantiñan desde a Idade Media, garantizabanlle certos privilexios como a exención de moitos impostos e a autonomía política).

Doutra banda, o proceso industrializador favoreceu unha forte inmigración, que supuxo unha ruptura da sociedade tradicional vasca. Como reacción, fortaleceuse unha corrente de defensores da lingua e mais da cultura vascas, contrarios ó proceso de

Page 38: Historia

españolización provocado pola chegada de traballadores doutras rexións de España denominados despectivamente “maketos”. Estes traballadores van ser considerados como seres inferiores e destrutores das esencias vascas:

“El maketo, ¡he ahí el enemigo! Y no me refiero o uno clase determinada de maketos, sino a todos en general: todos los maketos, aristócratas y plebeyos, burgueses y proletarios, sabios e ignorantes, buenos y malos, todos son enemigos de nuestra Patria (…). Y entiéndase que no los aborrecemos porque sí. (…) Pero el español (…) es nuestro dominador y nuestro parásito nacional: nos ha sometido privándonos de la condición o que todo hombre y todo pueblo tiene derecho, la libertad (…).” Sabino ARANA Y GOIRi. Obras completas

“La fisonomía del bizkaino es inteligente y noble; lo del español, inexpresiva y adusta. (…) El biz-

kaino es inteligente y hábil para toda clase de trabajos; el español es corto de inteligencia y carece de maña para los trabajos más sencillos .Preguntádselo a cualquier contratista de obras, y sabréis que un bizkaino hace en igual tiempo tanto como tres maketos juntos. El bizkaino es laborioso (…); el español, perezoso y vago (…). El bizkaino degenera en carácter si roza con el extraño; el español necesita de cuando en cuando una invasión extranjera que lo civilice.”

Sabino ARANA Y GOIRI. ¿Qué somos?. Bizkaitarra, n°29.30-VI-1895

Sabino Arana e a fundación do PNV

Foi neste contexto cultural e político no que Sabino Arana recollendo a tradición foralista, formulou os principios orixinarios do nacionalismo vasco e impulsou a formación do Partido Nacionalista Vasco. A ideoloxía de Arana articulábase en torno ós principios da “raza vasca”, dos foros e da relixión. O seu lema foi “Deus e Lei Vella” (Jaungoikoa eta Lagizarra) e defendía a vella sociedade patriarcal desde unha perspectiva antiliberal e tradicionalista, ó mesmo tempo que avogaba pola total reintegración dos foros. O nacionalismo vasco atacaba tanto á clase dirixente vasca, considerada responsable da destrución da sociedade tradicional ó favorece-lo proceso industrializador, como ó socialismo obreiro, acusado de perturbador da orde social e estraño ás tradicións vascas dada a súa influencia entre a inmigración. En 1894 fundou o Euskeldun Batzokija, unha sociedade político-recreativa da que xurdira o PNV:

Deus e Lei Vella

“Art.3°. Jaungoikua. Bizkaya será católica-apostólica-romana en todas las manifestaciones de su vida interna y en sus relaciones con los demás pueblos.

Art.4°. Lagizarra. Bizkaya se constituirá libremente. Restablecerá en toda su integridad lo esencial de sus leyes tradicionales llamadas fueros. Restaurará los buenos usos y costumbres de nuestros mayores. Se constituirá, sino exclusivamente, principalmente con familias de raza euskeriana. Señalará al Euskera como lengua oficial (…).

Art.8°. Siendo Bizkaya por su raza, su lengua, su fe, su carácter y sus costumbres, hermana de Alaba, Benabarre, Guipuzkoa, Lapurdi, Nabarra y Suberoa, se ligará o

Page 39: Historia

confederará con estos seis pueblos para formar el todo llamado Euskelerría (Euskeria), pero sin mengua de su particular autonomía. Esta doctrina se expresa con el principio siguiente: Bizcaya libre en Euskeria libre (…).

Art. 12°. Se prohibe: la blasfemia, los cantares impíos y obscenos, los juegos de azar y los cantos genuinamente españoles.”

Sabino ARANA y GOIRI. Reglamento de Euskeldun Batzokija. 24-V-1894

Consolidación e escisión do nacionalismo vasco

Tamén no País Vasco, os anos ó redor do cambio de século foron decisivos para a consolidación do nacionalismo. No ano 1898, Sabino Arana, fundador do Partido Nacionalista Vasco, foi elixido deputado provincial por Biscaia; ó ano seguinte os nacionalistas chegaban ó Concello de Bilbao e, no ano 1907 lograban a alcaldía da cidade. O principal marco de acción política do partido era o propio País Vasco e centraba os seus esforzos electorais no control dos Concellos e das Deputacións, sobre todo de Biscaia, onde tiñan maior presenza e forza; mais non tomaban parte nas eleccións xerais españolas.

Ademais da penetración nas institucións vascas, o nacionalismo suavizou o discurso inicial de Sabino Arana, quen nos últimos anos da súa vida amosou unha certa renuncia ás súas teses máis independentistas para impulsar a transformación do PNV nun partido nacionalista, mais con obxectivos fundamentalmente autonomistas.

No ano 1913, o PNV pasou a se denominar “Comunión Nacionalista Vasca” e, co fin de atraer á burguesía ó campo nacionalista, o novo partido amosou unha postura de moderación, presentándose como un partido de orde . A Comunión obtivo os seus primeiros grandes éxitos electorais nos anos 1917 e 1918, cando por primeira vez se presentou ás eleccións xerais, nas que acadou 6 dos 7 escanos de Biscaia.

-4- O Galeguismo

En Galicia xurdiu tamén, a partir de mediados do século XIX, unha progresiva toma de conciencia das súas particularidades que foi unida á defensa da súa cultura e dos intereses económicos e políticos. O resultado foi a configuración dun heteroxéneo movemento, o galeguismo, que reivindica, con maior ou menor intensidade e radicalidade, o recoñecemento das peculiaridades de Galicia e o autogoberno do pobo galego. A pesar de que o movemento galeguista contou con destacados teóricos e defensores, o seu grao de implantación na sociedade foi moito menor que en Catalunya ou no País Vasco. Durante o século XIX o galeguismo quedou limitado a determinados círculos intelectuais e políticos, auténticas minorías elitistas, con moi escasa conexión popular; unicamente ben entrado o século XX as masas populares participarán de forma activa nas súas reivindicacións.

Ata o corte brusco que supuxo a Guerra Civil española de 1936-39, na configuración do galeguismo pódese apreciar un continuo proceso evolutivo no que se diferencian con claridade tres fases: provincialismo (1840-1885), rexionalismo (1885-1916) e nacionalismo (1916-1936):

Page 40: Historia

Provincialismo

En torno a década de 1840 xorden en Galicia as primeiras manifestacións dun pensamento e dunha actuación política nos que aparecen tanto a defensa de Galicia e da súa maneira de ser como a crítica ó centralismo.

Estas primeiras manifestacións do particularismo galeguista obedecen a diferentes factores e razóns. Politicamente están relacionadas cos distintos movementos provincialistas que se dan en toda España, encadrables na problemática da definición do modelo de Estado. Así, fronte á centralización política desenvolvida polos moderados, certos sectores do liberalismo progresista e democrático defenderon a descentralización do poder, xustificaron a preeminencia do local e, nalgúns casos, propugnaron a formación dun Estado federal. Culturalmente están relacionadas cos movementos que en toda Europa, influenciados polo romanticismo, potenciaron o estudio e a defensa dos elementos diferenciadores e identificadores da propia comunidade: a súa historia, cultura e lingua.

O descubrimento de Galicia como unha unidade independente doutros pobos foi froito do labor da denominada xeración de 1846, un fato de homes entre os que destaca Antolín Faraldo, que a través dos seus escritos puxeron de manifesto as principais características diferenciadoras de Galicia (lingua, costumes, historia, economía…) e os problemas que padecía

A primeira posta en práctica destas ideas manifestouse con forza no pronunciamento de 1846. Encabezado por Miguel Solís y Cuetos contra o goberno dos moderados de Narváez, propiciou a formación en Santiago dunha Junta Superior del Gobierno de Galicia que denunciou a explotación que padecía o pobo galego.

Trala experiencia de 1.846, a reivindicación dun goberno galego foi desenvolvida e apoiada poio federalismo. Durante a I República tentouse organizar un Cantón Galego e a pesar do seu fracaso, o sentimento federalista rexurdiu de novo aprobando en 1887 un Proyecto de Constitución para el Estado Galaico no que se establecía a soberanía do pobo galego, os seus dereitos democráticos e os seus órganos de goberno (Asemblea rexional e Consello executivo)

Paralelamente, no eido da cultura, desenvolveuse un activo movemento de recuperación histórica e literaria, o Rexurdimento, protagonizado por Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquezf Francisco Añón… A eles debeuse o inicio do movemento de recuperación e defensa do emprego do galego como lingua non só popular senón tamén literaria. Os historiadores, fundamentalmente Benito Vicetto e Manuel Murguía (que publican a partir de 1865 cadansúa Historia de Galicia) contribuíron a subministrar argumentos ó nacente galeguismo xustificando o dereito a dispor dunha organización política propia que recoñecese a situación xeográfica especial de Galicia, a presenza duns costumes e dunha lingua diferentes, a existencia dun pasado glorioso e, sobretodo, na crenza dunhas orixes do pobo galego vinculados á “raza celta”, considerada superior a dos restantes pobos peninsulares (celtismo).

Rexionalismo

Page 41: Historia

De modo paralelo ó que sucede noutras zonas de España, na década de 1880, aparece en Galicia claramente configurado un movemento de carácter rexionalista, é dicir, un movemento que busca, xustifica e defende especificamente para Galicia tanto o emprego da lingua propia como a consecución do dereito á autonomía política e administrativa sen rachar a unidade do Estado español. A defensa do rexionalismo galego foi formulada dende dúas posturas ideolóxicas diferentes: unha liberal liderada por Manuel Murguía e outra conservadora,tradicionalista e católica representada por Alfredo Brañas.

Foi Murguía o primeiro defensor da existencia dunha nacionalidade galega diferente ás demais xustificando a súa realidade en razóns étnicas, idiomáticas , xeográficas, e históricas. Partindo dunha posición liberal, Murguía reivindicou para Galicia o dereito a recobra-la súa autonomía política que só se podía lograr mediante unha ampla descentralización administrativa e económica,

Sen embargo foi Alfredo Brañas quen mellor sistematizou as reivindicacións e formulacións do rexionalismo galego. Nas súas obras Brañas tratou de fundamenta-las bases dun rexionalismo que puidese ser aplicado a todas aquelas comunidades que tivesen as mesmas aspiracións á autonomía política dentro de España e que resolvese o problema diferencial dos distintos pobos hispanos; defendeu a idea da dobre patria (a grande e a pequena) coa finalidade de conxuga-las reivindicacións rexionalistas coa unidade de España e avogou pola formación de institucións propias para o goberno das rexións, Sen embargo, a súa defensa do rexionalismo baseouse en presupostos antiliberais e tradicionalistas (inclusión do catolicismo como trazo fundamental da alma galega, composición das futuras institucións políticas rexionais que significaban a volta ó corporativismo social e gremial…)

Foi tamén nesta época cando apareceron as primeiras organizacións de tipo galeguista (Asociación Regionalista Gallega, 1891; Liga Gallega, 1897) e de defensa da lingua (Real Academia Gallega, 1906); tamén se fundaron periódicos para a difusión dos seus ideais (La Región Gallega, 1886; La Patría Gallega, 1891; A Nosa Terra, 1907). A pesar da súa forte fundamentación teórica, as realizacións políticas do rexionalismo galego foron escasas sendo, ó mesmo tempo, fortes as diverxencias que existiron entre a corrente tradicionalista e a liberal.

En 1907, fundouse Solidaridad Gallega coa intención de agrupar a tódalas persoas e grupos defensores da descentralización, de participar na loita electoral e de contribuír ó fomento da riqueza de Galicia. O seu éxito foi relativo e breve, desaparecendo en 1912. A súa preocupación polos problemas da transformación agraria fixo que o agrarismo fose un dos seus trazos característicos contribuíndo a creación de sociedades solidarias de ámbito campesiño e a celebración das Asambleas Agrarias de Monforte..

(O AGRARISMO GALEGO: Xurdiu cara finais do S.XIX como un intento de resolver, por medio da organización e a mobilización campesiñas, os graves problemas que estaba a padecer a agricultura galega: pervivencia do sistema foral, minifundio, elevadas cargas impositivas, efectos da crise agraria finisecular… As primeiras asociacións (mutuas gandeiras e seguros cooperativos, sen carácter reivindicativo) apareceron a mediados dos anos oitenta, pero a grande expansión do agrarismo ten lugar despois de 1906, ano no que sae á luz unha lei que permite a legalización dos sindicatos agrarios. Despois de 1914 o movemento estendeuse e

Page 42: Historia

acadou unha maior unidade organizativa (Basilio Álvarez logrou agrupar en 1922, na Confederación Regional de Agricultores Gallegos., a máis de catrocentas sociedades agrarias. Pero coa chegada da ditadura de Primo de Rivera o agrarismo esmoreceu e moitos dos seus dirixentes locais foron integrados nos concellos e as deputacións primorriveiristas. A elo contribuíu a masiva redención dos foros nos anos vinte, sancionada pola Lei de Redención de 1926.)

Nacionalismo

A partir de 1916, o pensamento político galeguista afirma con rotundidade que Galicia é unha nación. Os escritos e as obras, entre outros, de Antón Vilar Ponte (Nacionalismo Gallego. Nuestra afirmación regional,1916), Vicente Risco (Teoria do nacionalismo galego) e Castelao (Sempre en Galiza, 1944) recolleron, fundamentaron e divulgaron os trazos esenciais da nación galega, analizaron os problemas que padecía e propuxeron solucións, alternativas e programas de transformación da realidade política e económica galega. Entre 1916 e 1936, a publicación A Nosa Terra foi o voceiro e órgano de expresión das inquedanzas nacionalistas.

Foron Vicente Risco e Castelao quen mellor sistematizaron e defenderon os trazos nacionais de Galicia. Segundo eles, Galicia é unha nación perfectamente diferenciada e caracterizada pola súa lingua (o galego), a súa xeografía (a Terra galega), a súa raza (céltica), o seu espírito (a alma galega, a saudade), a súa cultura e a súa historia, elementos claramente senlleiros con respecto ós demais pobos de España.

Na doutrina nacionalista galega, a hora de lexitimar a existencia da nación, predomi-nan claramente os elementos organicistas, culturais e históricos fronte ós elementos políticos, tódolos nacionalistas galegos manteñen, en liñas xerais, un mesmo ideario común básico: a denuncia do atraso económico e da opresión cultural de Galicia por Castilla, a apoloxía da modernización da produción agropecuaria, a defensa da autonomía integral de Galicia, o rechazo ó separatismo e o desexo de conseguir unha federación ibérica na que se poida reintegrar Portugal. As diferenzas entre eles xorden por motivos políticos e sociais. Así,o nacionalismo tradicionalista (Vicente Risco, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde…) defendeu o predominio ideolóxico do catolicismo na sociedade galega, a hexemonía social e política da fidalguía e dos sectores intelectuais e a preeminencia dos valores e actuacións culturais como obxectivo prioritario do nacionalismo; en cambio, o nacionalismo democrático (Xoán Vicente Viqueira, Castelao, Alexandre Bóveda…) toma ó pobo galego como referente político das súas actuacións e busca alcanzar unha democracia compatible co pleno autogoberno de Galicia.

No terreo organizativo,o nacionalismo galego manifestouse inicialmente a través das Irmandades da Fola. En 1916 fundouse na Coruña, impulsada por Antón Vilar Ponte, a primeira destas irmandades que rapidamente se estenderon por toda Galicia. Os seus obxectivos foron tanto a defensa, dignificación e cultivo do idioma galego como a potenciación da propia identidade e a busca de solucións para os problemas económicos e políticos de Galicia. En 1918, en Lugo, celebrouse a primeira asemblea das Irmandades da Fala, a I Asemblea Nazonalista, na que se definiu o seu programa político: a busca da autonomía integral de Galicia.

Page 43: Historia

Ó movemento das Irmandades do Fala incorporáronse numerosas personalidades da cultura e da intelectualidade galega, aínda que a súa repercusión popular foi minoritaria. As diferenzas ideolóxicas e de estratexia política entre os partidarios da participación nas eleccións e os partidarios da abstención fixeron que o movemento se escindise en dúas liñas diferentes. Na IV Asemblea Nazonalista celebrada en Monforte de 1922, a meirande parte das Irmandades, encabezadas por Risco, decidiron fundar e integrarse na Irmandade Nazonalista Galega cun programa baseado preferentemente na propaganda política e de concienciación da sociedade galega e no abstencionismo electoral. En cambio,a Irmandade da Coruña, a de maior numero de afiliados, decidiu, seguindo a Luis Peña Novo, a participación política nas eleccións.

En 1924 o goberno de Primo de Rivera iniciou a represión de calquera tipo de actuación ou propaganda política dos nacionalismos periféricos e as actividades galeguistas quedaron reducidas so ó ámbito cultural ata a chegada da Segunda República.

2.3. A Restauración: O sistema político da Constitución de 1876 e o seu funcionamento. (1874-1898)

2.3.1. Fundamentos políticos da Restauración:

Xurde tras o fracaso da experiencia democratizadora do Sexenio como un intento de articular un sistema político estable (que poña fin á sucesión de pronunciamentos militares, levantamentos populares… ) e de signo conservador (que garante a salvagarda dos intereses das clases dominantes).O seu principal artífice é Antonio Cánovas (líder do “partido alfonsino” durante o Sexenio), quen se inspira:- no modelo bipartidista británico de dous grandes partidos maioritarios, e- nunha suposta tradición española –que se remontaría á Idade Media- de equilibrio de poderes entre a Coroa e as Cortes.O regreso dos Borbóns ó trono de España foi coidadosamente preparado por Antonio Cánovas del Castillo. En 1870 conseguiu que Isabel II abdicara no seu fillo Alfonso. Tamén procurou presentar o xove principe como un futuro monarca respectuoso co sistema constitucional; a súa educación en Inglaterra e o manifesto de Sandhurst formaron parte desa estratexia. O seu programa político plasmouse no Manifesto de

Page 44: Historia

Sandhurst (doc.1) redactado por Cánovas en novembro de 1874 en nome do futuro Afonso XII. Recollía os seguintes aspectos:- o principio monárquico en virtude da lexitimidade histórica- defendia unha monarquía constitucional baseada no liberalismo doutrinario- o respeto do rei ao parlamento

A posta en marcha do réxime foi obra dun Ministerio-Rexencia presidido por Cánovas que, despois do pronunciamento de Martínez Campos en Sagunto, buscou establecer un goberno estable e pacificar o país, as súas principais medidas foron:- revisar a política revolucionaria do sexenio (limitación de liberdades, censura, sufraxio censitario…)- poñer fin os conflitos bélicos de Cuba e a III guerra carlista, a vitoria alfonsina neste conflito supuxo a abolición dos foros para os vascos, de modo que perderon os seus privilexios e foron sometidos ao sistema común de impostos e de recrutamento.. No caso da guerra de Cuba o xeneral Martínez Campos conseguiu asinar a paz cos insurrectos ( Paz de Zanjón) concedendo unha ampla amnistía e prometendo reformas. A fin das guerras conferiu o título de rei pacificador a Alfonso XII.

Unha vez conseguidos estes obxectivos puido elaborar unha nova Constitución:A Constitución de 1876, (doc.2) vixente ata 1923, foi a máis duradeira da historia de España. É unha Constitución centrista e flexible. Nace dos acordos entre os distintos grupos políticos. Establece que España é unha monarquía constitucional, co poder do rei teoricamente limitado polas Cortes. O rei ten o poder executivo (nomea ó goberno), parte do poder lexislativo (promulga as leis, pode vetalas, convoca e disolve Cortes…), ten a responsabilidade da política exterior e o mando do exército. A soberanía é compartida polas Cortes e o Rei. Hai un amplo capítulo dedicado ós dereitos e liberdades individuais. Pero son artigos flexibles, que poden ser completados con leis posteriores, que aumenten ou recorten os dereitos.As Cortes divídense en dúas cámaras: Congreso e Senado, establecía así mesmo que o sufraxio fose regulado por leis posteriores. O Congreso elíxese por sufraxio restrinxido ou universal, segundo a lei electoral vixente. O Senado é unha cámara alta, hai senadores de dereito propio (por nacemento ou xerarquía), vitalicios (nomeados polo rei)… Estes non poden exceder de 180. Outros son elixidos polos Concellos. É unha cámara moi conservadora. A relixión oficial é a católica, pero hai liberdade relixiosa. En definitiva é unha constitución moi ecléctica. Débese apuntar que o documento foi aprobado polo consenso dos sectores máis altos da burguesía, que pretenden superar así os traumáticos cambios que caracterizaban o rumbo político español, configurando unha alternancia no poder mediante a quenda de dous partidos.

En todo caso Cánovas busca a estabilidade política e o apoio maioritario para a monarquía. Respecta a Constitución, pero cre que hai dúas constitucións: a que todos coñecemos, a externa; e a interna, baseada na tradición española. No sistema da Restauración hai dous elementos clave: a monarquía e as Cortes. A monarquía representa a autoridade; as Cortes, a vontade do pobo… pero esta quedara totalmente desvirtuada polo xeneralizado fraude electoral.

Page 45: Historia

2.3.2. O funcionamento do Sistema da Restauración: a quenda pacífica e o bipartidimo

Seguindo o modelo inglés a estabilidade política da Restauración baseábase na alternancia política no poder entre dúas forzas políticas, é a famosa quenda (turno) pacífica entre dous grandes partidos dinásticos , que se comprometen a irse alternando pacificamente no poder:; é mester entender que o modelo bipartidista, xa con sufraxio censitario, xa con universal a partir de 1890, se manterá grazas á compoñenda entre o poder central e as súas correas de transmisión no ámbito local: os caciques. O sistema de Cánovas presentará así unhas Cámaras que en nada reflicten a participación popular. (doc.3)Os dous grandes partidos foron o Partido Liberal-Conservador e o Partido Liberal Fusionista, coñecidos como “conservadores” e “liberais” respectivamente. Foron os únicos partidos que ocuparon o goberno neste período. Non se trataba de partidos modernos de masas, tal como coñecémolos hoxe, coas súas sedes, agrupacións, e afiliados. Tratábase de partidos de notables, é dicir, a reunión de varios líderes políticos coas súas respectivas clientelas, os seus órganos de prensa e os seus apoios locais.Así, cada un destes políticos lideraba unha facción. A misión do líder era manter unidas ás diferentes faccións do partido, e repartir os beneficios do poder equilibradamente entre eles. Se un partido perdía a unidade interna mentres estaba no goberno, o rei podía quitarlle a súa confianza e chamar á oposición para que formase novo goberno e convocase as eleccións, mediante o que se coñecía como “decreto de disolución”. Por iso, era necesario que o líder do partido fose unha figura co carisma suficiente como para aglutinar no seu torno a todas as faccións. Durante o último cuarto de século, Cánovas e Sagasta foron os líderes indiscutibles, pero trala súa morte sucedéronse as divisións internas nos seus respectivos partidos.O Partido Liberal-Conservador foi o primeiro dos dous que se constituíu. O seu líder era Antonio Cánovas, quen intentou aglutinar no seu seo aos antigos moderados partidarios de Isabel II e aos membros da Unión Liberal, incluídos aqueles que, como Romero Robledo, apoiaron a revolución de 1868. Tamén englobou nas súas filas a personalidades destacadas, como o xeneral Martínez Campos e tamén a grupos próximos ao tradicionalismo, pero que aceptaban a lexitimidade alfonsina. Ten as súas bases sociais nos grandes propietarios e na alta burguesía: é o partido da orde, da clase dirixente.O partido Liberal-Fusionista xurdiu máis tarde, xa que as faccións que o ían a compoñer estaban desorganizadas tralo fracaso do Sexenio. O proceso, que non foi fácil, consolidouse en 1881, cando accederon ao poder baixo a dirección de Sagasta, o seu líder durante o último cuarto de século. O seu programa fundamental era desenvolver os dereitos da Constitución de 1869. Base social: clases medias.

2.3.3. O falseamento do sistema: o fraude electoral.

A necesidade que tiñan os gobernos de gañar as eleccións e ter maioría nas Cortes, provocou o seu falseamento permanente, o sistema funcionaba de arriba abaixo:- Na cúspide estaba a minoría política dirixente, os homes dos partidos, senadores, deputados, ministros… estreitamente conectados tanto pola súa procedencia social como polas súas relacións familiares e persoais cos grupos dominantes locais, donos de negocios, fabricas e terras; todos eles forman a oligarquía dirixente entre a que se escollía os candidatos.- Nun nivel intermedio estaba o gobernador civil que, baixo a orde do ministro da

Page 46: Historia

Gobernación, colabora na elaboración do encadramento. Para que os resultados se cumpran segundo o previsto deben colaborar os alcaldes, nomeados polo Goberno e encargados do desenvolvemento do proceso electoral.- Na base desta pirámide estaba o cacique local, personaxe que gozaba dunha grande influencia no seu territorio, sobre todo rural, e que cambiaba votos por favores como a entrega de cargos, favores, as recomendacións etc… (doc. 4).O proceso de manipulación funcionaba tamén de arriba abaixo:- O primeiro paso é a destitución do goberno mediante o Decreto de Disolución.( porque perde a confianza da coroa, porque se considera necesario para manter o sistema, porque hai unha crise dentro do partido ), axiñaou porque toca ponse en marcha os mecanismos de manipulación electoral para conformar unha nova maioría: – - Despois o xefe do outro partido (normalmente Canovas ou Sagasta) recibe o encargo de formar un novo goberno e as cortes son disoltas.- Convócanse novas eleccións e no ministerio de gobernación se negocian coa oposición os resultados electorais. No encadrado (estaba no ministerio de Gobernación e nas cuadrículas correspondentes a cada distrito electoral colocabanse os nomes dos candidatos que lle interesaban ao goberno) páctanse os candidatos que deben saír elexidos en cada distrito electoral, asegurandolle o partido convocante a maioría e a ao outro partido unha representación suficiente ata o seguinte turno.- Os Gobernadores civís nomeados polo novo xefe do goberno actúan de intermediarios entre o poder central e os poderes locais para garantir que os resultados sexan os pactados.- Os caciques locais eran os que controlaban a maioría dos distritos electorais, en especial os rurais. A lei de 1878 establecía dous tipos de unidades electorais: os distritos uninominais, que elexían un só deputado e abarcaban as zonas rurais; e as formadas polas cidades, que elexían entre 3 e 8 deputados, pero dentro delas tamén entraban os pobos próximos as cidades, de tal xeito que en moitos casos o número de votantes rurais superaba aos da cidade e era máis fácil de manipular.- En caso de que non funcionasen todos estes mecanismos sempre se podía recurrir o fraude electoral puro e duro, falsificando votos, utilizando ós mortos como votantes, manipulando o censo, amezando, comprando votos, alterando horarios e convocatorias, encarcerando os revoltosos ou o o pucheirazo (ou sustitución masiva dos votos no pucheiro ou urna electoral favorecendo o candidato oficial…… (doc. 5)Este sistema funcionou a perfección durante todo o período, o reparto aproximado era un 60-70% de actas de deputado para o partido no poder e entre un 20-30 % para o partido na oposición.

A quenda funciona desde que en 1881 Sagasta funda o Partido Liberal e se consolida en 1885 co Pacto de El Pardo: A morte prematura do rei a causa dunha tuberculose en 1885 provocou unha grande incerteza xa que a súa viúva. María Cristina coa que tivera 2 fillas, estaba embarazada. Ante esta situación, os partidos dinásticos acordaron garantir a permanencia do réxime durante a rexencia de Maria Cristina (Pacto de El Pardo) e agardar a proclamar o herdeiro, por se a criatura que nacera fose un varón, como así sucedeu. Entre 1885-1890 Sagasta introduce reformas como o sufracio universal que non afectaron aos principios básicos do sistema. A quenda continuara sen problemas ata 1902 durante a Rexencia de Maria Cristina, pero o desastre de 1898 trastocou todo.

A crise da restauración (1898-1923)

Page 47: Historia

2.4.1. O desastre de 1898

O sistema da restauración, distanciado da cidadanía, irá paseniño acumulando un desprestixio institucional que se suma ao internacional. O desastre do 98 suporá o cénit

desta situación: a perda das últimas colonias ultramarinas comporta danos humanos, económicos e morais que se deixarán sentir en toda a sociedade:

Coa independencia da maior parte do imperio a inicios do XIX , só as illas de Cuba, Porto Rico, e o arquipélago das Filipinas no sudeste asiático continuaron formando

parte do imperio español. Cuba e Porto Rico baseaban a súa economía na agricultura de exportación, esencialmente baseada no sucre de caña e no tabaco . Eran unhas colonias que acadaron un importante desenrolo e que eran moi lucrativas para a metrópole. Cuba convirtiuse na primeira produtora mundial de sucre. As duras leis arancelarias impostas polo goberno de Madrid convirtiron estes territorios nun “mercado cautivo” dos textis catalans ou das fariñas castelas. Esta situación perxudicaba claramente a illa antillana que podía encontrar produtos mellores e máis baratos nos veciños Estados Unidos. A Guerra dos Dez anos (1868-1878), saldada coa Paz de Zanjón, fora un primeiro aviso

serio das aspiracións independentistas cubanas.Ante a falta de reformas por parte go goberno español en 1895 os movementos

independentistas de Cuba e Filipinas volveron a erguerse en armas contra o dominio español. Respondían, así, os desexos de autogoberno de moitos sectores da poboación

das colonias, insatisfeitas pola falta dun verdadeiro proceso de descentralización emprendido desde o goberno e as restricións que lles impuña unha política económica

fortemente proteccionista.A gran novidade ia ser a axuda estadounidense ós rebeldes cubanos. Washington

axudou a os insurrectos caribeños esencialmente por dúas razóns:• Intereses económicos mineiros e agrícolas. Cuba era a primeira produtora do mundo

de sucre.• Interese xeoestratéxico. O nacente imperialismo norteamericano buscaba o dominio do

Caribe e Centroamérica. O que denominaban o seu back courtyard (patio traseiro).En realidade, o enfrontamento que se aproximaba en Cuba mostraba a pugna entre un

imperialismo moribundo, o español, e un que estaba nacendo e que ia a marcar os tempos posteriores, o norteamericano.A aínda inexplicada explosión no navío norteamericano Maine no porto da Habana propiciou unha furibunda campaña

periodística das cadeas de Pulitzer e Hearst. O goberno norteamericano do presidente McKinley, alentado por unha opinión pública cada vez máis belicista, declarou a guerra

a España.

“Considerando que el aborrecible estado de cosas que ha existido en Cuba durante los tres últimos años, en isla tan próxima a nuestro territorio, ha herido el sentido moral

del pueblo de los Estado Unidos, ha sido un desdora para la civilización cristiana y ha llegado a su periodo crítico con la destrucción de un barco de guerra norteamericano y

con la muerte de 266 de entre sus oficiales y tripulantes, cuando el buque visitaba amistosamente el puerto de la Habana; el Senado y la Cámara de Representantes,

reunidos en Congreso, acuerdan:1º.- Que el pueblo de Cuba es y debe ser libre e independiente.

2º.- Que es deber de los Estados Unidos exigir que el gobierno español renuncie inmediatamente a su autoridad y gobierno en la isla de Cuba y retire sus fuerzas de las

tierras y mares de la isla.3º.- Que se autoriza al Presidente de los Estados Unidos, y se le encarga y ordena, que

utilice todas las fuerzas militares de los Estados Unidos para llevar a efecto estos

Page 48: Historia

acuerdos.4º.- Que los Estados Unidos, por la presente, niegan que tengan ningún deseo ni

intención de ejercer jurisdicción ni soberanía, ni intervenir en el gobierno de Cuba, si no es para su pacificación, y afirman su propósito de dejar el dominio y gobierno de la

isla al pueblo de esta, una vez realizada dicha pacificación.”Ultimátum del congreso de los EE.UU. a España. 20 de abril de 1898

O conflito foi un paseo militar para Estados Unidos que conquistou Cuba, Porto Rico e Filipinas. As batallas de Santiago de Cuba e Cavite, que supuxeron a destrución da flota española, consagraron a derrota dos españois e levaron á sinatura da Paz de París (1898), pola que España renunciaba a Cuba, Porto Rico e Filipinas. Paradóxicamente estes territorios non conseguiron exactamente a independencia, máis ben pasaron a depender dos EE.UU., algún deles ata hoxe.

Art.1. España renuncia a todo derecho de soberanía y propiedad sobre Cuba. En atención a que dicha isla, va a ser ocupada por los EE.UU. estos tomarán sobre sí y

cumpliran las obligaciones que les impuso el derecho internacional.Art.2. España cede a los EE.UU. la isla de Puerto Rico (…) y la isla de Guam

Art. 3. España cede a los EE.UU. el archipiélago conocido por las Islas Filipinas

Tratado de Paz. París, 10-XII-1898.

As repercusións destes feitos en España foron sobre todo, unha crise moral e ideolóxica: xerou descontento e frustración entre amplos sectores da poboación -nun momento no que as potencias europeas se estaban a repartir África e Asia- e desconfianza ante a clase política e a profesionalidade dun Exército que, pola súa banda, se distanciaba dos políticos e se inclinaba cada vez máis cara posturas autoritarias.Consecuencia inmediata da nova situación foi a aparición do Rexeneracionismo, un movemento que partindo dunha crítica política e cultural propugnaba a reforma e modernización da sociedade e a política españolas (Joaquín Costa, Xeración do 98… ). Esas propostas reformistas serían parcialmente recollidas, xa durante o reinado de Alfonso XIII, por políticos do sistema como Maura ou Canalejas. En todo caso, despois de 1898 todo o sistema montado por Cánovas entrou en crise.

2.4.2. Os inicios do reinado de Afonso XIII: O reformismo dinástico (1902-1912)

Durante o reinado de Afonso XIII produciuse a crise e desaparición do sistema da Restauración, deuse a quebra dun sistema parlamentario incapaz de solucionar por vías constitucionais os problemas que se multiplicarán desde 1898 e durante o primeiro cuarto do século XX. Entre eses problemas, hai que destacar:1-a crise do modelo bipartidista, determinada polos problemas internos dos partidos da quenda e a súa crise de liderazgo despois da desaparición de Canovas-1897- e Sagasta -1903: e polo crecente protagonismo de forzas políticas (republicanas, de esquerda, nacionalistas) que non encontran acomodo dentro do sistema. Os primeiro intentos de reación seran feitos desde dentro do sistema (reformismo dinástico de Antonio Maura e José Canalejas).2-a cuestión militar, na que se xuntan a permanente disposición do Exército a tutelar a vida política e aagudización dos problemas en Marrocos.3- a conflitividade social (débense lembrar datas como 1909, 1917 -folga xeral- ou

Page 49: Historia

1921), alimentada polas crises económicas e que se inserta no contexto dun proletariado europeo en constante axitación.4- a inestabilidade gobernamental que acabara sendo insostible e desembocara no golpe de Primo de Rivera e a instauración da ditadura, como intento de solucionar a crise ao prezo de liquidar o propio réxime constitucional.

1905: A cuestión militar: A lei das xurisdicións

En maio de 1902 iniciouse o reinado persoal de Afonso XIII, declarado maior de idade aos 16 anos. O novo rei amosou desde o principio unha forte inclinación pola intervención nos asuntos políticos e, en moitos casos, as súas iniciativas, aínda que apoiadas no poder que lle daba a constitución, excederon o que se esperaba dun rei constitucional, especialmente aquelas que tiñan relación co exército, do que era xefe e gran entusiasta.A primeira das crises do reinado foi provocada polos militares. Os militares seguían sendo un dos píares do réxime, querían manter a súa estrutura de poder independente do goberno. O monarca apoiaba esta postura e en moitas ocasións manifestou a súa identificación có exército, sobre todo cando este tivo problemas en Cataluña. O primeiro deles produciuse cando un grupo de oficiais, por supostas ofensas a patria, esnaquizaron en 1905 os locais do diario La Veu de Catalunya e do semanario de humor Cu-Cut. . A maior parte do exército apoiou esta acción (doc.1) e o goberno non se atreveu a castigar os culpables. Deste modo en 1906 o poder militar impúxose o civil ao conseguir, co consentimento do rei, a aprobación da Lei de Xurisdicións, que establecía que os delitos contra o exército serían xulgados por tribunais militares, incluíndo os delitos de opinión contra a patria e contra o exército.

A “revolución desde arriba” de Antonio Maura

Antonio Maura converteuse en líder do Partido Conservador en 1903. No seu chamado Goberno Largo (1907-09) intentou poñer en marcha un proxecto reformista (“revolución desde arriba”) de rexeneración do sistema e de atracción das clases medias, co que tentaba desprazar a casta caciquil e neutralizar as demandas das clases populares. Nel incluíanse medidas políticas (como a fracasada reforma da lei electoral de 1907, a concesión dunha maior autonomía a Concellos e Deputacións e o recoñecemento das rexións) e medidas de tipo socio-económico (disposicións proteccionistas, creación do Instituto Nacional de Previsión, “Lei do Descanso dominical”… ).Pero este proxecto de reforma víuse condeado ao fracaso, tanto polas súas propias limitacións como pola dimisión de Maura a raíz dos sucesos da Semana Tráxica.

1909: A “Semana Tráxica” de Barcelona

En 1906 iniciouse a penetración española no norte de África mediante o establecemento dun protectorado franco-español no norte de Marrocos, tal e como prevía a “Conferencia de Alxeciras”, a España correspondiulle unha franxa no norte en torno a Ceuta e Melilla: a rexión do Rif. A expansión española na zona obedecía tanto a móbiles económicos -investimentos en ferrocarrís, explotación mineira… – como de prestixio político e militar, pero atopouse coa resistencia militar das tribos bérberes. Despois de infrinxirlle estas unha forte derrota ao exército español (“Barranco do Lobo”), o goberno decidiu o envío de reforzos coa mobilización de continxentes de reservistas que debían saír do porto de Barcelona.

Page 50: Historia

Foi este feito o que desencadeou unha revolta popular que adquiriu compoñentes fortemente anti-militaristas e anti-clericais. Durante días a cidade de Barcelona foi escenario de actos violentos, enfrontamentos coas forzas de orde pública, incendios de conventos… O movemento popular adquiriu un carácter espontáneo e o “Comité de Folga”, formado por republicanos, anarquistas e socialistas, non foi quen de controlar a situación.O goberno respondeu empregando o exército e desencadeando unha feroz represión. Centos de persoas foron detidas e submetidas a consellos de guerra e ditáronse 17 penas de morte. Destas só se cumpriron cinco, entre elas a do pedagogo anarquista Ferrer i Guardia quen, malia non ter unha participación directa nos feitos foi considerado o seu inspirador ideolóxico.A magnitude acadada pola represión desatou unha campaña internacional de protesta. En España, os liberais uníronse á oposición para esixir a destitución de Maura, obxectivo que ao cabo se cumpriu. No ámbito catalanista, as forzas de esquerda acusaron á dirección burguesa do catalanismo (“Lliga Regionalista”) de ter apoiado a represión e comezou a tomar corpo un movemento nacionalista de orientación esquerdista (a futura ER). Igualmente, produciuse un achegamento das forzas republicanas e socialistas. Moitos obreiros cataláns, desilusionados polo papel ambiguo xogado polo republicanismo lerrouxista (chamado así polo seu fundador Alejandro Lerroux, o seu partido, o partido Radical, era un centralista, radical e burgués, pretendía atopar apoios populares e anti-catalanistas cun discurso radical demagóxico e anti-relixioso), pasaron a engrosar as filas dun anarcosindicalismo cada vez máis forte (fundación CNT)

“Rebelaos contra todo : no hay nada o casi nada bueno.Rebelaos contra todos : no hay nadie o casi nadie justo. Jóvenes bárbaros de hoy, entrad a saco en la civilización

decadente y miserable de este país sin ventura, destruid sus templos, acabad con sus dioses, alzad el velo de las novicias y elevadlas a la categoría de madres para virilizar la especie, penetrad en los registros de la propiedad y haced hogueras con sus papeles

para que el fuego purifique la infame organización social, entrad en los hogares humildes y levantad legiones de proletarios, para que el mundo tiemble ante sus jueces

despiertos.”

Artigo, 1906, Alejandro Lerroux

O reformismo social de Canalejas:

Entre 1910 e 1912 o goberno liberal de José Canalejas volveu retomar a política reformista, intentando modernizar a vida política española pola vía do reformismo social, a descentralización administrativa e a limitación dos poderes da Igrexa. O seu proxecto contemplaba medidas como:1- a substitución do imposto de consumos por un imposto progresivo sobre as rendas urbanas (o que xerou descontento entre os sectores acomodados)2- o servicio militar obrigatorio en tempos de guerra e a supresión da redención en metálico (a famosa lei dos 500 duros),3- o regulamento das relacións laborais4- unha “Lei de Mancomunidades” que permitía a unión de Deputacións provinciais nun mesmo organismo (pensada para atraer ao nacionalismo catalán)5- o recorte do poder das ordes relixiosas e limitacións á instalación doutras novas (lei do cadeado), que pretendía limitar a instalación de ordes relixiosas dedicadas a

Page 51: Historia

ensinanza que, expulsadas de outros países como Francia e Italia, se instalaban en España: maristas, la Salle….Esta importante liña de reforma, que non chegou a se materializar integramente, viuse tráxicamente interrumpida pola morte en atentado do seu principal impulsor ( 1912). A vida política española continuou sen modificarse en profundidade, nun marco de crecente conflitividade social e de intensificación da actividade das forzas de oposición ao sistema.

2.4.3. Oposición e a crise do sistema (1912-1917)

A partir de 1912 foise facendo cada vez máis evidente a contradición entre o dinamismo da sociedade civil e o inmovilismo da clase política. A división da opinión pública con motivo da guerra europea (aliadófilos vs xermánofilos), a fragmentación dos partidos dinásticos e as intromisións do exército e do rei na vida política, remataron por precipitar unha crise que as forzas da oposición tampouco souberon aproveitar:A oposición o sistema:A oposición ao sistema estaba integrada polas seguintes correntes:- Carlismo: co novo pretendente D. Xaime abandona, en 1909, a vía insurreccional. Defendía a tradición católica, o corporativismo e os “foros”.- Republicanismo: movemento de reforma social e política con predicamento en amplos sectores das clases medias e populares. Constituía a principal forza de oposición parlamentaria, pero atopábase dividido en diferentes correntes (“lerrouxismo”, “blasquismo”, P. Reformista… )- Movemento obreiro: dividido en dúas tendenzas, a socialista (PSOE, UXT) e a anarquista. O PSOE adoptou unha política de colaboración coas forzas republicanas, logrando incrementar a súa influencia social e electoral. O anarquismo, máis radical nos seus postulados, fortaleceuse coa creación da CNT (1910) e posuía unha forte presenza entre o proletariado catalán e os campesiños andaluces- Nacionalismos periféricos: opoñianse ao carácter centralista do réxime. Eran máis fortes no P. Vasco (PNV) e, sobre todo, en Cataluña (tendo como forza principal á “Lliga Regionalista” de Cambó). En Galicia, onde a súa penetración era menor, o rexionalismo evoluíu cara postulados claramente nacionalistas coa fundación das “Irmandades da Fala” (1916).

1917: A triple crise

A neutralidade española na I Guerra Mundial incrementou a demanda de produtos industriais e agrarios para abastecer aos países belixerantes. Medraron as gañanzas empresariais -non sempre investidas para mellorar a infraestructura produtiva- pero producíuse un deterioro das condicións de vida das clases populares, ao se desatar un proceso inflacionario non compensado cunha alza equivalente dos salarios.A combinación do descontento social (folgas) cos males que acarrexaba o sistema político (crise da quenda, inexistencia de reformas… ) e co malestar profesional no seo do exército fixo que, no ano 1917, se producise unha tripre crise que fixo abanear o sistema :- Crise militar (Xuño): o descontento entre amplos sectores da oficialidade debíase ao número excesivo de oficiais existente no Exército, á vixencia dos ascensos por méritos de guerra e aos baixos salarios. Plasmouse na formación de Xuntas de Defensa que esixían un aumento salarial e a supresión dos ascensos por méritos de guerra, ao tempo que reclamaban do goberno unha renovación política. Foi un movemento esencialmente

Page 52: Historia

corporativo.- Crise política (Xullo): a supresión das garantías constitucionais e a clausura das Cortes provocou a reunión en Barcelona, convocada pola “Lliga Regionalista” de Cambó, dunha Asemblea de Parlamentarios de toda España, aínda que só asistiu unha cativa minoría deles. Esixían eleccións a Cortes constituíntes, poñendo fin á “quenda”, e unha profunda descentralización do Estado. As discrepancias ideolóxicas entre os promotores da Asemblea e o temor dos dirixentes burgueses a un estoupido revolucionario, a consecuencia da folga promovida polas organizacións obreiras, determinou que non se acadaran os obxectivos propostos e que o goberno disolvera a Asemblea sen atopar grandes resistencias.- Crise social (Agosto): foi a expresión do descontento social e plasmouse na convocatoria dunha Folga Xeral por parte dos sindicatos socialista (UXT) e anarquista (CNT). Ademáis de melloras nas condicións de vida dos traballadores, esixían a formación dun goberno provisional que convocase eleccións a Cortes constituíntes para reformar en profundidade o sistema política. O goberno respondeu coa represión militar (máis de setenta mortos e dous mil detidos) e o movemento obreiro rematou vencido e cos seus líderes no cárcere. (doc.2).

2.4.4. 1918-23: o colapso final do sistema

Colapso político: A pesares de lograr superar os acontecementos de 1917, o sistema entrou nunha crise definitiva nos anos inmediatamente posteriores. Ao longo deles acentuouse a descomposición dos partidos dinásticos -falta de liderazgo, divisións internas- e a inestabilidade política: entre 1918 e 1923 sucedéronse once gobernos (doc.4), as dificultades para lograr maiorías estables fixo necesario recorrer en ocasións a “gobernos de concentración”, foron frecuentes a adopción de medidas de excepción e a suspensión das Cortes… Nesa situación, o Exército foi adquirindo un protagonismo cada vez maior como represor dos conatos revolucionarios e como garantía última para a preservación da monarquía e a superación dun sistema político corrupto.

Colapso social: Tamén se agudizou a conflitividade social, como consecuencia do empeoramento das condicións de vida dos traballadores e das esperanzas revolucionarias suscitadas polo éxito da Revolución rusa: Aumentou o número de folgas e de traballadores afiliados aos sindicatos. En Andalucía, nunhas condicións de miseria extrema do campesiñado, desenvolveuse o “Trienio bolxevique” (1918-20): queima de colleitas, ocupación de latifundios, reparto de terras, control de moitos municipios polos comités de folga… O goberno só logrou controlar a situación mediante a declaración do estado de guerra e unha forte represión.A conflitividade tamén foi extrema en Barcelona onde, en 1919, se produciu a Folga da “Canadiense” logrando a paralización da industria local. A radicalización violenta do movemento sindical tivo como resposta, por parte da patronal, a promoción do chamado Sindicato Libre para contrarrestar a influencia anarquista, o peche patronal (“lock out”) e a contratación de pistoleiros a soldo para asasinar aos dirixentes obreiros ante a pasividade das autoridades gobernativas. En sete anos 500 obreiros e 40 patróns son asasinados, a resposta do goberno foi a represión, e a resposta dos anarquistas o asasinato do presidente do goberno Eduardo Dato.

Colapso militar: A estes problemas sumóuselles unha tremenda derrota militar en Marrocos: o Desastre de Annual (1921): en 1921 o xeneral Silvestre, co obxectivo de obter unha vitoria definitiva e estimulado polo rei realizou unha manobra arriscada

Page 53: Historia

adentrandose no Rif coa intención de ocupar Alhucemas; pero non asegurou a retagarda e dispersou demasiado os seus homes. As cabilas rifeñas ao mando de Abd-el-Krim, atacaron as súa posicións obrigandolle a retirarse: foi un desastre: mal adestrados, dirixidos por oficiais ineptos e aterrorizados pola degollina 13000 españoles foron pasados a coitelo. (doc.3)

. Esta tremenda derrota sacou a luz a desastrosa organización do exército en Marrocos e implicou o propio rei, xa que o xefe das tropas españolas era o seu protexido: o A oposición axiña pedíu responsabilidades ao exército, ao goberno e ao propio rei. Ante esta situación, o exército optou por unha decisión de forza: días antes de que se discutise nas Cortes un informe ( coñecido como informe Picasso) do que se podían extraer graves responsabilidades, o Capitán Xeneral de Cataluña Miguel Primo de Rivera, deu un golpe de Estado co beneplácito de Alfonso XIII (13 de Setembro de 1923).(doc.5)

A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA E A CAÍDA DA MONARQUÍA (1923-31)

4.1.1.O golpe

Ante a permanente inestabilidade e desintegración política, os duros enfrontamentos sociais, a impopularidade e o fracaso da guerra de Marrocos e as críticas ao rei e aos militares, o réxime da Restauración tiña unicamente dúas posibilidades para sobrevivir: democratizarse ou impor unha solución de forza encabezada por un cirurxidn de ferro que puxera remedio aos males de España. A incapacidade do réxime de transformarse favoreceu en 1923 a imposición dunha ditadura militar.

No fracaso do sistema e na súa incapacidade para reformarse tiveron un papel relevante tanto o rei, nada proclive a unha apertura democrática do réxime que significase a perda das súas prerrogativas, como a oligarquía dominante, incapaz de admitir calquera tipo de transformación que puidese significar unha diminución dos seus beneficios políticos e económicos.

O 13 de setembro de 1923, Miguel Primo de Rivera, nese momento capitán xeneral de Cataluña, contando co apoio de diversas personalidades políticas e militares, deu un golpe de Estado en Barcelona. As razóns que o levaron a protagonizar esa acción están directamente relacionadas coa situación política e social do momento; entre estas destacaban:

Os repetidos fracasos nas campañas contra Abd el-Krim en Marrocos, quo provocaron o descrédito do exército e conatos de indisciplina militar

Os ataques velados ao rei por consideralo parte responsable do desastre de Annual. (expediente Picasso)

A radicalización das manifestacións catalanistas, sentidas por unha parte do exército como unha ameaza á unidade do Estado.

O auxe do terrorismo, tanto dos anarquistas come dos pistoleiros pagados pola patronal, que causaron un numero elevado de mortes

O medo á subversión social e política do sistema vixente. A inestabilidade e incapacidade dos gobernos para controlar a situación.

Page 54: Historia

Estes foron os principais motivos que levaron  a Primo de Rivera a pronunciarse contra a legalidade constitucional, declarando o estado de guerra e esixindo que o poder pasase a mans dos militares. Tras unhas horas de vacilacións, o rei Alfonso XIII encomendoulle a formación dun novo goberno, integrado exclusivamente por militares; aceptando así o golpe de Estado, a Coroa unía os seus destinos á ditadura. Esta imposición dun goberno ditatorial en España non foi un feito illado no contexto da época. En moitos países europeos, as dificultades económicas, os problemas nacionalistas, o auxe das reivindicacións sociais, o medo á revolución comunista… propiciaron a abolición das liberdades individuais e das formulas políticas liberais e a súa substitución por gobernos autoritarios ou fascistas. Trátase dun período de crise xeral do sistema liberal. (exemplo Mussolini toma o poder en 1922.)

O golpe de Estado de Primo de Rivera contou inicialmente cunha ampla aceptación popular, explicable polo elevado malestar político e social existente en España, e porque se presentaba coma unha medida excepcional e transitoria para solucionar os graves problemas vixentes. Primo xustificou a súa acción non coma un fin senón coma un remedio indispensable. O seu discurso tiña pretensións rexeneracionistas e mesmo moralistas, centrábase na crítica da vella política e presentaba un claro compoñente populista, co que intentaba gañar a adhesión popular. No seu manifesto inaugural anunciou a súa firme vontade de limpar o país de caciques e de rematar coa bandidaxe política, coa indisciplina social e coas ameazas á unidade nacional. ….(doc.1)

Falto de formación intelectual e política, o seu pensamento era simplista e inxenuo, de base ideolóxica católica e conservadora, matizado pola mentalidade e principios militares de orde e autoridade;tamén estivo fortemente influenciado por Mussolini e o fascismo italiano, do que imitou algunhas realizacións prácticas (intervención económica do Estado, mantemento da orde social…). O réxime establecido por Primo de Rivera foi esencialmente autoritario, populista, paternalista, excesivamente optimista («bástanme tres meses», dicía -para solucionar os problemas-).

4.1.2. A Ditadura: o Directorio Militar (1923-1925)

O primeiro goberno da ditadura estivo formado só por militares. O novo gabinete gobernou mediante decretos e prestou especial atención aos seguintes aspectos:

A ”rexeneración” da vida política, co obxectivo de acabar co caciquismo e lograr rexenerar a vida política, adoptando medidas como:

- Suspensión da Constitución de 1876, poñendo fin á monarquía constitucional.

- Destitución das autoridades vixentes, que foron substituídas por outras adictas ao novo réxime. Os partidos políticos non foron suprimidos, pero perderon a súa capacidade de influencia nos asuntos públicos.

- Creación dos delegados gobernativos, encargados de informar sobre as deficiencias dos concellos e de propoñer remedios.

- Reforma da normativa electoral, que incluía medidas como a redución de 25 a 23 anos para poder votar e a concesión do dereito ao voto restrinxido ás mulleres; medidas que non se chegaron a aplicar porque non se convocaron eleccións.

Page 55: Historia

- Elaboración de novos estatutos municipal (1924) e provincial (1925), obra do ministro Calvo Sotelo, que aumentaban a democratización e as competencias administrativas destas institucións. Pero na práctica o Goberno controlou a vida municipal designando e nomeando tanto os concelleiros como os deputados provinciais. A rexeneración prometida quedou nunha gran farsa.

- Formación dunha organización cívica: a Unión Patriótica. O réxime propugnaba unha nova forma de facer política e para esa tarefa creouse un novo partido único: a Unión Patriótica. Tratábase dun partido gobernamental, sen un programa ideolóxico definido e a misión primordial do cal era proporcionarlle apoio social á ditadura e seguir as directrices da superioridade. Os afiliados ó novo partido procedían das filas do catolicismo, dos funcionarios das administracións .

• O restablecemento da orde pública, tratando de controlar o movemento obreiro, para o que foi decretado o estado de guerra, quedando restrinxidas as liberdades públicas (prohibición de celebrar reunións, persecución das organizacións obreiras vinculadas á CNT e ao PCE. Para maior efectividade deste control fíxose extensiva a toda España o Somatén, organización orixinaria de Cataluña formada por paisanos armados baixo a autoridade dos mandos militares; a súa misión era colaborar coa Garda Civil no mantemento da orde e da paz pública e na defensa da propiedade privada.

• A defensa da unidade da patria, actuando contra todo aquilo que á ditadura lle parecía que podía ser un perigo para a unidade de España. Desenvolveu campañas de afirmación dos símbolos nacionais de España e de represión das reivindicacións e manifestacións nacionalistas de cataláns, vascos e galegos, que implicaban: prohibición da exhibición pública de bandeiras, símbolos e himnos que non fosen os españois; clausura de institucións e diarios nacionalistas; persecución e detención de dirixentes; prohibición do emprego público da lingua propia nas escolas e institucións públicas… Estas actuacións obrigaron aos nacionalistas a refuxiarse nas manifestacións culturais pero,ao mesmo tempo, propiciaron a radicalización das súas posturas políticas.

• A fin da guerra de Marrocos. .Tras a retirada española, Abd el-krim considerou que España estaba derrotada e cometeu o erro de atacar tamén as posicións francesas; ante esta situación, os gobernos de España e Francia coordinaron a súa actuación e aumentaron os efectivos na zona. A estratexia española consistiu en realizar un desembarco na baía de Alhucemas; a operación, realizada en setembro de 1925, foi un éxito e permitiu conquistar o Rif. En 1926, as sucesivas derrotas obrigaron a Abd el-Krim a asinar a rendición. Tras dominar os derradeiros focos de resistencia, a guerra rematou en xullo de 1927, contribuíndo ao prestixio do exército e á popularidade do ditador.

4.1.3. A Ditadura: o Directorio civil (1925-1929)

En decembro de 1925, tras os éxitos en Marrocos e restablecida a orde pública, Primo de Rivera decidiu afianzarse no poder, pór fin á ditadura militar e constituír un Directorio, formado maioritariamente por civís vinculados á Unión Patriótica, para «volver á normalidade». De novo contou co apoio do rei. (doc.2),

Intento de instauración dun réxime corporativo. Rexeitada a idea de volver ao parlamentarismo liberal e ao réxime constitucional de 1876, Primo de Rivera,

Page 56: Historia

moi influenciado polo fascismo italiano, pretendeu a instauración dun réxime político corporativo. Pezas básicas do novo sistema serian:

- A Organización Corporativa do Traballo, creada en 1926 coa finalidade de regulamentar as relacións entre obreiros e patróns a través dos comités paritarios, que estaban formados por igual número de patróns e obreiros e presididos por un representante do Goberno. Estes comités contaron coa participación e apoio dos sindicatos católicos e tamén da UXT, que valoraban positivamente o feito de que as sociedades obreiras puidesen intervir na regulamentación do traballo e na fixación do salario. Ao mesmo tempo, elaborouse unha ampla lexislación laboral e social, co obxectivo de mellorar as condicións de vida dos traballadores, como o Código de Traballo (1926). Tamén se adoptaron numerosas medidas de carácter populista como: a distribución de comida e roupa ás familias necesitadas, a construción de casas baratas…

- A Asemblea Nacional. Constituída en 1927, tiña un carácter consultivo e a súa función era elaborar e presentar proxectos de leis ao Goberno. Estaba formada polos representantes das diferentes corporacións do Estado (concellos, deputacións), dos sectores económicos e da Unión Patriótica. En 1929, esta Asemblea Nacional presentou o proxecto dunha nova Constitución que establecía: unha organización territorial unitaria e centralizada. Este proxecto foi acollido con fortes críticas,tanto polos politicos liberais como polos partidos de esquerdas e, ante a falta de apoio, foi retirado.

A potenciación do desenvolvemento económico. O Directorio Civil puxo en práctica unha política económica baseada no intervencionismo estatal no marco do capitalismo, conformando un sistema cualificado como corporativismo autoritario. As principais medidas económicas, inspiradas no fascismo italiano, foron:

- Forte proteccionismo arancelario para impedir ou dificultar as importacións. (doc.3)

- Regulamentación da produción e da competencia creando organismos supervisores como o Consello de Economía Nacional (1924) e o Comité Regulador da Produción Industrial (1926).

- Control do mercado interior e dos prezos.

- Fomento da produción nacional mediante medidas crediticias e encargos estatais.

- Formación de monopolios para garantir a subministración de determinados servizos, como o de teléfonos á empresa norteamericana ITT e o de petróleo e os seus derivados á Compañía Arrendataria de Monopolios de Petróleos (CAMPSA).

- Potenciación das vías de comunicación e das obras públicas: modernización dos ferrocarrís (a través do Consello Superior de Ferrocarrís), renovación das estradas (mediante o Padroado do Circuíto Nacional de Firmes Especiais), construción de pantanos e regadíos (creación das Confederacións Hidrográficas).

- Intento de reforma fiscal co obxectivo de incrementar os recursos do Estado para levar a cabo a súa política económica. 0 proxecto, elaborado por Calvo Sotelo en 1926,

Page 57: Historia

incluía un imposto progresivo sobre rendas e ganancias para toda a poboación, pero foi abandonado pola forte oposición dos contribuíntes máis poderosos.

As medidas adoptadas víronse favorecidas pola prosperidade económica mundial (os felices anos vinte) e a paz social lograda mediante o control da orde pública e a represión da axitación obreira. En liñas xerais, o crecemento económico foi apreciable(doc. 4), aínda que non solucionou problemas de fondo: o forte proteccionismo mantivo a produción española en niveis pouco competitivos a escala mundial; o elevado gasto do Estado fixo aumentar o déficit público; a ausencia de refor-mas estruturais na agricultura deixou intactos os seus   Os principais beneficiarios deste desenvolvemento foron a gran burguesía terratenente, financeira e industrial.

4.1.4. O incremento da oposición:

Se ben o golpe de estado de Primo de Rivera espertara simpatías iniciais  entre os diferentes sectores sociais, ou cando menos pasividade e indiferenza, co paso do tempo as críticas ó réxime e á persoa do ditador foron cada vez maiores. As sucesivas medidas do goberno e os intentos de perpetuación do réxime, se ben contentaban ós grupos dominantes tradicionais, causaron fortes resentimentos e decepcións en numerosos colectivos: Políticos liberais da vella quenda de partidos, intelectuais, estudiantes, nacionalistas, republicanos, socialistas, anarquistas e incluso militares foron formando unha ampla oposición que progresivamente converxeron  nos desexos de logra-la abolición da ditadura e da monarquía, a proclamación da república e a convocatoria dunhas Cortes Constituíntes.

Oposición de esquerdas: ata 1926 os incidentes foron illados e tiveron fundamentalmente un carácter personalista. Pero a partir desa data, as forzas opositoras foron progresivamente organizándose: os republicanos forman a Alianza Republicana na que se integraban diversos grupos e personalidades(Azaña) co obxectivo de aunar os seus esforzos contra a monarquía. En 1927 os estudiantes de esquerdas fundan a FUE(federación Universitaria Escolar) e nos medios anarquistas xurde a FAI ( Federación Anarquista Ibérica), partidaria da estratexia  insurreccional no seno do sindicalismo. Os políticos da antiga quenda de partidos tentaron presionar ó rei para acurta-la duración do réxime ditatorial, pero ante o apoio que este ofrecía a Primo de Rivera incrementaron a súa protesta e o desafecto á Monarquía. Ó mesmo tempo, a persecución dos símbolos e da lingua propia radicalizaron a oposición ó réxime dos nacionalistas en Cataluña e o País Vasco.

Oposición dos militares: o perigo máis forte para a ditadura procedeu dos militares. En 1926, algúns militares descontentos, contando co apoio dos vellos políticos liberais(o conde de Romanones, Melquíades Álvarez) tentaron realizar un contragolpe contra o ditador: a Sanjuanada. A conspiración foi desarticulada, algúns dos seus protagonistas detidos e outros multados. Mais grave foi o enfrontamento cos oficiais do corpo de Artillería provocado polo tema dos ascensos. O inicio do conflito estivo no desexo de Primo de Rivera de primalos ascensos polas calidades persoais dos militares fronte á antigüidade. Esta medida contou coa oposición dos oficiais artilleiros, que consideraban unha tradición o escalafón por antigüidade e repudiaban os ascensos polas calidades persoais por consideralos proclives ós favoritismos.

Page 58: Historia

A disputa, na que os artilleiros pediron a mediación do rei, agravouse. Primo de Rivera negouse a calquera acordo e, ante a continuación da rebeldía, suprimiu en 1929 o corpo de artillería. O conflito rompeu a harmonía da familia militar e debilitou os apoios do réxime entre o exército e moitos oficiais artilleiros, desencantados coa falta de apoio do rei, pasaron a engrosar as filas republicanas.

Así,  o relativo consenso inicial que tivera o golpe de estado entre as clases conservadoras foise crebando co paso do tempo. Alfonso XIII, temeroso de que o desprestixio crecente da ditadura afectase á propia imaxe pública da monarquía, optou por retirarlle a confianza ó ditador, que, vello e cansado, dimitiu en xaneiro do ano 1930, morrendo seis meses despois en Paris. (doc. 5)

4.1.5. A CAÍDA DA MONARQUÍA (1929-1931)

A Dictabranda de Berenguer

O rei Afonso XIII encargoulle o goberno ó xeneral Berenguer pretendendo volver á normalidade constitucional anterior a 1923 como si nada pasara. O que se encargou de sustituir a Primo foi pois o tamén xeneral Dámaso Berenguer que durante os 6 anos anteriores se significou pola súa moderada oposición ao réxime e era o mais liberal dos 3 suxeridos polo Ditador o Rei. Desde o principio se observaron graves deficiencias no seu goberno,  o seu gabinete mantiña as prerrogativas autoritarias da Ditadura, pero dicia camiñar cara a legalidade constitucional aínda que o facía con lentitude. Os comentaristas calificaron a este sistema como a “ditablanda”e foi moi mal recibido polos intelectuais (Delenda est monarchia) e por unha oposición cada vez mais forte.

O erro Berenguer

” No, no es una errata. Es probable que en los libros futuros de historia de España se encuentre un capítulo con el mismo título que este artículo. El buen lector, que es el cauteloso y alerta, habrá advertido que en esa expresión el señor Berenguer no es el sujeto del error, sino el objeto. No se dice que el error sea de Berenguer, sino más bien lo contrario -que Berenguer es del error, que Berenguer es un error-. (…)

La Dictadura ha sido un poder omnímodo y sin límites, que no sólo ha operado sin ley ni responsabilidad, sin norma no ya establecida, pero ni aun conocida, sino que no se ha circunscrito a la órbita de lo público, antes bien ha penetrado en el orden privadísimo brutal y soezmente.

Y que a ese hecho responde el Régimen con el Gobierno Berenguer, cuya política significa: volvamos tranquilamente a la normalidad por los medios más normales, hagamos «como si» aquí no hubiese pasado nada radicalmente nuevo, sustancialmente anormal. Este es el error Berenguer del que la historia hablará.

Y como es irremediablemente un error, somos nosotros, y no el Régimen mismo; nosotros gente de la calle, de tres al cuarto y nada revolucionarios, quienes tenemos que decir a nuestro conciudadanos: ¡Españoles, vuestro Estado no existe! ¡Reconstruidlo! Delenda est Monarchia.”

José Ortega y Gasset. (El Sol, 15 de noviembre de 1930).

Page 59: Historia

Incremento da oposición e Pacto de San Sebastian.

A idea dunha España republicana vai tendo cada vez máis partidarios entre os intelectuais, as clases medias, as forzas obreiras e os nacionalismos periféricos e incluso entre antigos monárquicos e militares. En agosto de 1930 , un importante número de personalidades políticas, en representación dos seus partidos ou a título persoal reuníronse en San Sebastián e estableceron un acordo non escrito, denominado Pacto de San Sebastián,

Os seus principais integrantes foron:

- O republicanismo “histórico”, encarnado na figura de Alejandro Lerroux, fundador do Partido Radical en 1908.- A nova esquerda republicana de Manuel Azaña – Os socialistas, as súas principais figuras eran Indalecio Prieto e Fernando de los Ríos.- O catalanismo de esquerdas con figuras como Carrasco Formiguera- O rexionalismo galego, con Casares Quiroga a fronte da ORGA (Organización Republicana Galega Autónoma), partido republicano galego. ( Casares era o presidente do partido e fora designado representante dos republicanos galegos no Pacto de Lestroveà reunión clandestina dos republicanos galegos en marzo de 1930 onde crean a FRG, Federación Republicana Galega que agrupaba a todos os partidos republicanos galegos)- O republicanismo moderado con  Niceto Alcalá Zamora ou Miguel Maura. Alcalá Zamora sería elexido presidente do comité revolucionario creado coa firma do Pacto de San Sebastián.

Os seus obxectivos eran : establecer unha república parlamentaria, garanti-la liberdade política e relixiosa, convocar eleccións a Cortes Constituíntes , abri-la posibilidade do recoñecemento da autonomía política das rexións e a formación dun comité revolucionario encargado de planificar unha sublevación xeral contra a Monarquía. Este comité sería o embrión do futuro goberno provisional republicano. Os intentos de proclamar a república pola forza sucédense sen éxito: o 12 de Decembro foi proclamada a República en Jaca polos capitáns Fermín Galán e García Hernández, que foron detidos e fusilados. O día 15 intentouse no aeródromo de Cuatro Vientos outro movemento cos comandantes Ramón Franco e Ignacio Higalgo, pero tamén fracasa.

O erro Aznar e as eleccións municipais:

Ante a crecente axitación política e social, en un intento de reconducir a situación, en febreiro de 1931, o goberno de Berenguer foi substituído por outro de concentración presidido polo almirante Aznar. O novo goberno deseñou un escalonamento das eleccións: primeiro as municipais e despois as xerais. Esperaba conseguir así que os seus resultados non fosen moi adversos para a Monarquía.

As eleccións municipais celebráronse o 12 de abril de 1931. Dadas as circunstancias, adquiriron un carácter de plebiscito a favor ou en contra da Monarquía. O goberno e o exército declararon que aceptarían o resultado. O resultado electoral foi desigual: aínda que o número de concelleiros monárquicos superou globalmente ó de republicanos, nas grandes cidades os monárquicos sufriran unha gran derrota (en Madrid os republicanos obtiveron o triple de votos e en Barcelona, o cuádruple). Logo de se coñecer o resultado

Page 60: Historia

do escrutinio, o día 14 pola mañá, na localidade guipuscoana de Eíbar proclamouse a República e, ó longo do día, tamén noutras cidades españolas (Valencia, Sevilla, Oviedo, Zaragoza, Barcelona…), mentres a poboación saía á rúa para celebrar a chegada do novo réxime. Ante a nova situación, Afonso XIII suspendeu a potestade real e decidiu abandona-lo país partindo cara ó exilio.En Madrid, os membros do Comité revolucionario republicano dirixíronse á Porta do Sol onde tomaron posesión do goberno e proclamaron a República no medio do entusiasmo popular.

Tema 8: Segunda República e Guerra Civil (1931-1939)

8.1. A SEGUNDA REPÚBLICA (1931-1936)

Etapas:

1- Goberno provisional: desde a procalamación da república (abril 1931) ata as 1ª eleccións.(xuño 1931)

2- Bienio de esquerdas ou reformista: desde xuño 1931 ata as segundas eleccións (novembro 1933)

3- Bienio de dereitas ou rectificador: desde novembro 1933 ata as terceiras eleccións (febreiro 1936)

4- Fronte Popular: desde febreiro 1936 ata o golpe militar (xullo 1936)

-1- O GOBERNO PROVISIONAL (Abril-Xuño.1931)

As eleccións municipais do 12 de abril déronlle unha clara volta á situación política do país. O triunfo das candidaturas republicanas nas principais cidades foi interpretado como un plebiscito desfavorable á monarquía. O 14 de abril en diversas localidades foi proclamada a república. En Madrid, ante a pasividade das autoridades ( ¿que quiere que le diga cuando un pueblo se acuesta monárquico y se levanta repúblicano? Comentou o almirante Aznar) e contando co apoio popular o comité revolucionario fixose co poder sen derramamento de sangue. Ante estes acontecementos, o rei, non contando con apoios claros decidiu partir cara o exilio: “ la monarquía se había suicidado” declarou Miguel Maura.

Page 61: Historia

Doc. Alfonso XIII renuncia ao trono:”As eleccións celebradas o domingo revélanme claramente que non teño hoxe o amor do meu pobo. A miña conciencia dime que ese desvío non será definitivo, porque procurei sempre servir a España e puxen o único afán no interese público ata nas máis críticas coxunturas. (…) un rei podese equivocar e sen dubida errei eu algunha vez…Acharia medios sobrados para manter as miñas rexias prerrogativas (…). Pero, resoltamente, quero afastarme de canto sexa lanzar a un compatriota contra outro en fratricida guerra civil (…) e mentres fala a nación suspendo deliberadamente o exercício do Poder Real e alónxome de España, recoñecéndoa deste xeito como a única dona dos seus destinos. (…)”(ALFONSO XIII, Manifesto, Abril de 1931)

-a- As primeiras medidas

Mentre tanto, os membros do comité republicano dirixíronse cara á Porta do Sol onde tomaron posesión do goberno e proclamaron a República en medio do entusiasmo popular. Formouse un Goberno provisional no que participaron a dereita liberal republicana (Maura e Alcalá Zamora), republicanos de esquerda (Azaña), radicais (Lerroux), socialistas (Francisco Largo Caballero, Indalecio Prieto e Fernando de los Ríos), nacionalistas cataláns e sectores galeguistas (Casares Quiroga). Fora da coalición quedaban a dereita monárquica, os nacionalistas vascos e o obreirismo mais radical (comunistas e anarquistas). Nas suas primeiras medidas e seguindo o acordado no Pacto de San Sebastián, o Goberno provisional convocou eleccións a Cortes Constituíntes para o 28 de xuño do 31. Paralelamente, decidiu emprender con premura algunhas das reformas consideradas de extrema urxencia:

-Unha serie de decretos ministeriais puxeron en marcha un proxecto de reforma agraria, unha nova lexislación social e o inicio da reforma do exército. Ademais o goberno tivo que facerlle frente ó problema catalán: o 14 de abril os nacionalistas cataláns proclamaran a república catalana invitando o resto dos pobos de España a formar unha federación, o goberno tivo que negociar e conseguiu que se retractaran a cambio de recoñecer a existencia de un goberno catalán: a Generalitat. A república nacía así recoñocendo a posibilidade de autonomía política.

Hai que destacar que a república nace nunha coxuntura internacional desfavorable: chegada a España dos efectos da crise económica dos anos 30 e extrema polarización da vida política europea (fascismo vs. Comunismo). As suas reformas van xerar ademais moitas resistencias ofrecidas polos sectores máis conservadores da sociedade española, moi en especial a igrexa, e por outro lado as impaciencias e intentos revolucionarios dalgúns sectores populares, nomeadamente os anarquistas. En definitiva aumentaron a fragmentación e polarización políticas. ( Forzas políticas na segunda républica)

2- O BIENIO DE ESQUERDAS (das eleccións de Xuño.31 ás eleccións de Novembro.33)

O 28 de xuño de 1931 celebráronse eleccións xerais cun notable índice de participación de máis do 70%. O sistema electoral, que primaba as maiorías otorgou un rotundo triunfo as esquerdas: socialistas e republicanos obtiron a maioría:

Page 62: Historia

PSOE 114 AR (Acción Republicana) 30

PRR (Partido Republicano Radical) 89 Agrarios 24

PRS (Partido Radical-Socialista) 55 Nacionalistas de dereita (PNV, Lliga) 19

Republicanos de centro 50 ORGA 19

ER (Esquerra Republicana Cataluña) 36 Outros 34

-a- A Constitución de 1931

As Cortes elexidas confirmaron nos seus postos ós membros do Goberno mentres non se aprobaba unha nova Constitución.

A Constitución de 1931 tivo un marcado carácter democrático e progresista e definía ó Estado español como “unha República de traballadores de todas clases”. Establecía os seguintes principios:

a) O Estado configurábase de forma “integral”, pero aceptábase a posibilidade de constituir gobernos autónomos nalgunhas rexións.

b) Nova división de poderes. A Constitución privilexiaba o poder lexislativo sobre os demais. O poder lexislativo residía plenamente nas Cortes, constituidas por unha soa cámara. O poder executivo recaía no Consello de Ministros e no presidente da República, figura de nova creación ( o seu mandato era de seis anos e tiña a facultade de nomear e separar libremente ó presidente do goberno, contando coa confianza das Cortes; tamén tiña a facultade de suspender e disolver as Cortes, pero só dúas veces durante o seu mandato). O poder xudicial confiábase a uns xuíces independentes. Os conflictos entre poderes confiábanse a un Tribunal de Garantías Constitucionais.

c) Declarábase a separación Igrexa e Estado, recoñecíase o matrimonio civil e o divorcio.

d) Presentaba unha ampla declaración de dereitos e libertades, extendida a temas económicos e sociais, relativos á familia, á educación e ó traballo.Expresaba a igualdade de tódolos cidadáns ante o dereito á educación e ó traballo. Establecía o voto desde os 23 anos e por primeira vez concedíase o voto ás mulleres. A discusión do sufraxio feminino dividiu os partidos e foi defendida por Clara Campoamor.

A Constitución non conseguiu o consenso de tódalas forzas políticas, aínda que foi aprobada por ampla maioría poñendo de manifesto as profundas diferencias entre a esquerda e a dereita, sobre todo no referente a cuestión relixiosa e autonómica.

A aprobación dos artigos relixiosos da Constitución provocou a dimisión dos sectores católicos do goberno, polo que Manuel Azaña sustituíu a Alcalá Zamora na Xefatura do Goberno.

-b- As reformas

Unha vez rematada a constitución as cortes elexiron a Alcala-Zamora presidente da República, este encargoulle formar goberno a Manuel Azaña e o novo xefe do goberno, que tiña que elexir entre radicais ou socialistas, optou por estes últimos e

Page 63: Historia

formou un goberno con republicanos de esquerdas e socialistas que durou dous anos e emprendeu as principais reformas entre decembro de 1931 e setembro de 1933, as máis importantes foron:

1- A reforma agraria

A reforma da agricultura foi o proxecto de maior envergadura iniciado pola República, debido o papel que desempeñaba na economía española. Dunha poboación activa de 8,5 millóns de persoas, case a metade traballaban na agricultura. Ademais, en Andalucía, Castilla e Estremadura máis do 50% da terra estaba en mans dun reducido grupo de grandes propietarios.

Os dirixentes da República propuxéronse buscar solucións á cuestión agraria e emprender unha reforma que mellorase a situación dos campesiños e permitise poñer fin ó relativo atraso de gran parte da agricultura española. Os primeiros decretos estableceron a prohibición de poñer fin ós contratos de arrendamento. Tamén fixaron a xornada laboral de oito horas no campo, o establecemento de salarios mínimos e a obriga dos propietarios de poñer en cultivo as terras aptas para elo. Pero a verdadeira reforma levouse a cabo coa Lei de Reforma Agraria, aprobada polas Cortes en 1932.

O obxectivo da lei era a expropiación dos latifundios e o asentamento de campesiños. A lei permitía a expropiación sen indemnización das terras dunha parte da nobreza ( os Grandes de España), mentras as que estiveran cultivadas deficientemente, as arrendadas sistemáticamente ou as que, podendo ser regadas non o eran, podíanse expropiar, pero indemnizando ós seus propietarios.

A aplicación da lei encárgouse ó Instituto da Reforma Agraria (IRA), que contaba cun presuposto anual para indemnizar ós propietarios expropiados e encargábase de facilitar o asentamento de familias campesiñas.

Os resultados da reforma foron bastante limitados e aumentaron a tensión social. A reforma aplicouse con moitas limitacións e acabaron expropiándose moitas menos hectáreas das previstas e asentáronse moitos menos campesiños dos esperados inicialmente. Causas deste fracaso foron a complexidade técnica da propia lei, a lentitude e as dificultades burocráticas da súa aplicación, a falta de presuposto destinado ás indemnizacións e, finalmente , a resistencia dos propietarios, que recurriron a todo tipo de medios para esquivar a lei.

A aplicación da reforma agraria tivo consecuencias sociais importantes. Por un lado, os grandes propietarios mostraron o seu descontento e mantiveron a miúdo unha actitude desafiante frente ós campesiños. Ademais, a maioría dos propietarios agrícolas aliaronse cos enemigos do réxime e isto favoreceu a unión das forzas conservadoras na súa oposición ás reformas republicanas. Por outro lado, os campesiños quedaron decepcionados e orientáronse hacia posturas máis revolucionarias que conlevaron comportamentos e actuacións violentas e de enfrontamento coas forzas da orde pública, nomeadamente coa Garda Civil.

2.Reforma da Igrexa :

Page 64: Historia

A República propúxose limitar a influencia dunha igrexa moi poderosa na sociedade española, e secularizar a vida social. Estas intencións plasmáronse na Constitución, que estipulou:

a non confesionalidade do Estado, a liberdade de cultos e a supresión do orzamento de culto e clero, permitiuse o divorcio, o matrimonio civil e secularizáronse os cemiterios. O temor ás ordes relixiosas pola influencia que estas tiñan a través da ensinanza levou á disolución da orde dos xesuítas e a nacionalización dos seus bens, prohibíuselles a ensinanza ás outras ordes. Finalmente, a Lei de Congregacións limitóulle a posesión de bens ás ordes relixiosas e preveu a posibilidade de disolución en caso de perigo para o Estado.

O problema relixioso creoulle ó réxime republicano os seus maiores inimigos e protagonizou os debates mais afervoados, o que deu como resultado que unha parte dos sectores católicos da sociedade percibise esta lexislación como unha agresión á relixión. Así, unha boa parte da xerarquía eclesiástica non dubidou en manifestar o seu antagonismo cara á República e en mobilizar a opinión pública na súa contra. Diante da actitude hostil de parte da xerarquía eclesiástica, o goberno optou por unha medida de forza e expulsou de España ó cardeal Segura e o bispo de Vitoria. A aumentar o clima de tensión contribuíron, asemade, o anticlericalismo tradicional dunha parte das clases populares así como a violencia esporádica (queima de conventos) dos sectores máis radicais.

3- A reforma do exército

A república atopou un exército cunha historia repleta de intervencións na política, que ocupabaun lugar privilexiado entro do estado e da sociedade, que carecía de armamento moderno e tiña un exceso de oficiais, moitos máis dos necesarios: 21.000 xefes e oficiais fronte a 118.000 homes de tropa.

Azaña impulsou persoalmente unha reforma no exército que pretendía crear un exército profesional e democrático, para o cal cría que era necesario reducir os efectivos militares, acabar co excesivo número de oficialidade. Azaña, tamén se propoñía poñer fin ó fuero especial dos militares e asegurar a súa obediencia ó poder civil, acabando coa tradicional intervención do exército na vida política e co golpismo.

Para estes fins fíxouse a “lei do retiro da oficialidade”, pola que todos os militares en activo tiñan que prometer a súa adhesión ó réxime, concedéndolles a posibilidade de retirarse co soldo íntegro se así o desexaban. Ademais, suprimiuse a lei de xurisdiccións, suprimíronse algúns rangos tradicionais, reduxose o número de unidades e oficiais e pechouse a Academia Militar de Zaragoza para frear o crecemento innecesario do número de oficiais. Para evitar ter que recorrer ó exército e á Garda Civil, moi desprestixiada polas súas violentas represións, o Goberno provisional creou un novo corpo para ter unha forza leal á República: A Garda de Asalto, unha policía nacional republicana que debía utilizarse para controlar as manifestacións e asegurar a orde pública nas cidades. Aínda así o poder militar seguiu controlando importantes postos do estado desde a xefatura da policía á da Garda Civil.

A reforma, aínda que estivo tecnicamente ben plantexada, non logrou os seus obxectivos porque o número de oficiais retirados foi menor co esperado polo goberno.

Page 65: Historia

Conseguiuse a diminución dos gastos do exército, pero a reducción do orzamento da defensa dificultou a modernización do material, do armamento e dos equipamentos. Por todo isto, a lei foi recibida por sectores do exército, sobre todo polos africanistas, como unha agresión á tradición militar e provocou amplas tensións e un intento de golpe de estado militar do xefe da garda civil, o xeneral Sanjurjo en 1932, foi a “sanjurjada”.

4- A reforma do Estado centralista. As autonomías.

A Constitución republicana intentou conxugar as aspiracións de autogoberno dalgunhas rexións coa defensa do Estado unitario, establecendo que o Estado integral republicano era compatible coa autonomía dos municipios e as rexións. Aquelas zonas que, en razón de afinidades históricas, culturais e económicas decidiran organizarse como rexión autónoma, deberían elaborar un Estatuto de Autonomía e superar as seguintes condicións: ser proposto pola maioría dos concellos, ser aprobado polos dous tercios dos electores da rexión en referendo e, por último, ser aprobado polas Cortes xerais.

En Cataluña, Francesc Maciá, presidente de Esquerra Republicana, proclamara a república catalana dentro da Federación Ibérica, que quedou anulada tralas negociacións levadas a cabo co Goberno provisional. Éste recoñeceu un goberno autonómico (Generalitat) e unha comisión quedou encargada de redactar un estatuto (Estatuto de Nuria) que foi aprobado en referendo popular. O estatuto sufriu un retraso na súa aprobación pero finalmente foi aprobado en 1932, aínda que con recortes respecto o de Nuria. O réxime autonómico contaba cun goberno e un parlamento propios con competencias en materia económica, social, educativa e cultural, transportes e comunicacións e orde pública (creación dos Mossos d´esquadra); tamén se recoñecía a cooficialidade do catalán. As primeiras eleccións ó Parlamento catalán deron a victoria a Esquerra Republicana e Francesc Maciá converteuse no primeiro presidente de Cataluña.

No País Vasco, os nacionalistas do PNV e os carlistas aprobaron en xuño de 1931, un proxecto de estatuto (Estatuto de Estella) conxunto para o País Vasco e Navarra. Este proxecto contou coa oposición dos republicanos e socialistas por consideralo excesivamente tradicionalista e confesional, escasamente democrático e incompatible coa Constitución. A partir de 1934, os carlistas aliáronse coas forzas monárquicas mentres que o PNV acercouse ás forzas republicanas. Isto facilitou que en outubro de 1936, xa iniciada a Guerra Civil, se aprobara un estatuto. Éste só se pudo aplicar na zona non ocupada polos sublevados. José Antonio Aguirre, líder do PNV foi elexido o primeiro lendakari.

Galicia tamén iniciara o seu proceso. No momento de ser proclamada a II República, a defensa do galeguismo e da autonomía de Galicia estaba asumida por distintas entidades culturais e os republicanos. En 1929 foi fundada a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) por Casares Quiroga quen conseguíu acta de deputado en Madrid. ORGA recollía dúas vellas aspiracións: nacionalismo (Estatuto de Autonomía) e republicanismo. A finais de 1931, ante o crecente desinterese de Casares Quiroga polos temas propios de Galicia e co fin de aglutinar a todos aqueles que sentían a necesidade de defender os intereses galegos, nace en Pontevedra o Partido Galeguista. Neste partido conflúen distintos homes e correntes de pensamento: Partido Nacionalista Republicano (Risco, Otero Pedrayo); Partido Galleguista de Pontevedra (Castelao, Paz Andrade, Filgueira Valverde, Cabanillas); Organización

Page 66: Historia

Republicana Gallega Autónoma de Buenos Aires (Alonso Ríos, Suárez Picallo); O seu obxectivo básico foi a defensa e a conquista da autonomía para Galicia, así como dos seus intereses económicos, sociais e culturais.

A elaboración e aprobación do ESTATUTO DE AUTONOMÍA foi a principal actividade do nacionalismo galego durante a II República. O Partido Galleguista foi o maior impulsor. En 1932 varios grupos e institucións nacionalistas elaboraron anteproxectos de Estatuto. A proposta do concello de Santiago e do seu alcalde López Pol tivo unha boa acollida e foi a base da redacción definitiva. O proxecto elaborado foi discutido e aprobado nunha Asamblea de concellos celebrada en Santiago (19-12-1932). O seguinte paso era sometelo a referendo popular, para o que se precisaba un decreto do Consello de Ministros fixando a data e os requisitos para a celebración do mesmo. O decreto foi promulgado en maio de 1933, pero co triunfo das dereitas nas eleccións de novembro de 1933 o proceso quedou paralizado.

Trala victoria da Fronte Popular en 1936 reábrese o proceso estatuario e pódese celebrar o referendo o 28 de xuño de 1936. Tras unha intensa campaña a favor do Estatuto, este foi votado afirmativamente polo 99% dos votos. O 15 de xullo foi presentado nas Cortes españolas para a súa discusión e aprobación. Tres días despois produciuse a sublevación militar e o inicio da Guerra Civil. As Cortes republicanas trasladadas a Cataluña por mor da guerra, máis nun xesto simbólico que efectivo, admitiron a trámite parlamentario o Estatuto de Galicia en 1938, mais nunca foi discutido nin aprobado.

Todos estes procesos despertaron recelos e oposición entre os defensores do centralismo e, nomeadamente, entre os militares, que se consideraban depositarios da unidade nacional.

5. A reforma educativa

O principal obxectivo do goberno de esquerdas era promover unha educación liberal e laica e facer do Estado o garante do dereito á educación. A súa política ía encamiñada a diminuir as elevadas taxas de analfabetismo existentes e mellorar o nivel cultural da población, creando cidadáns libres responsables que serviran de base para a transformación da sociedades. Na Constitución quedou recollida a nova filosofía educativa: ensino obrigatorio, mixto, gratuíto e laico.

O cese de actividades docentes dos relixiosos obrigou ao goberno a iniciar um acelerado programa de construcción de escolas. O centro da súa actividade foi o desenvolvemento dun vasto proxecto de escolarización que pretendía a construcción de numerosas escolas en toda España (10.000) e a mellora da formación dos mestres (7.000 novos mestres).

O desexo de levar a instrucción e a cultura a tódolos sectores sociais e a tódolos lugares, especialmente ós máis apartados, propiciu a posta en marcha de dúas experiencias orixinais: As Misións Pedagógicas, integradas por mestres e estudantes universitarios que levaron ás zonas rurais bibliotecas, cine, coros, teatros, conferencias,…; e La Barraca, agrupación teatral formada por estudantes universitarios e dirixidos por Federico García Lorca que, dende 1932 recorreu os pobos de España representando pezas de teatro clásico e popular.

c- A Oposición:

Page 67: Historia

Estas reformas polarizaron a vida política española e o réxime republicano topou coa resistencia e a oposición dos sectores directamente afectados (Igrexa, Exército, propietarios de terras, organizacións patronais,…) pero tamen dos grupos esquerdistas que querían axiña unhas reformas máis radicais.

1- A oposición dos sectores conservadores/dereita plásmase en feitos como:

- a reorganización política da dereita coa fundación da CEDA (Confederación Española de Derechas Autónomas: partido de masas dirixido por Gil Robles e definido polo seu conservadurismo, catolicismo e accidentalismo sobre as formas de goberno -non se define republicana-) e de grupos fascistas como as JONS (Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista) e a Falange Española, partido fundado polo fillo do dictador José Antonio. Os seus seguidores formaron grupos de carácter paramilitar com elementos distintivos: camisa azul, o xugo e as flechas, o saludo fascista e o himno “Cara al Sol”.

- O intento de sublevación do xeneral Sanjurjo (Agosto.32) Monárquicos e militares descontentos tentaron levar a cabo un golpe de Estado que restablecera a orde e a disciplina social. Estaba financiado pola grande nobreza propietaria de grandes latifundios do Sur de España, temerosa das consecuencias que poderían derivarse da reforma agraria, e contaba coa participación de un número reducido de militares encabezados polo xeneral Sanjurjo. Sanjurjo sublevouse en Sevilla en 1932, sendo secundado en Madrid por outros militares, pero os seus escasos apoios permitiron ás autoridades republicanas controlar o golpe.

2- O descontento de certos sectores populares pola lentitude ou insuficiencia das reformas sociais provocaron unha vaga de conflictividade, alentada pola incidencia do paro e das duras condicións de vida. No campo, as medidas favorables ós xornaleiros e os proxectos de realizar unha redistribución da propiedade foron mal recibidos polos propietarios que, en moitos casos, reaccionaron deixando de cultivar as terras e de contratar braceiros. Os xornaleiros impacientes pola inefectividade das reformas e exasperados pola falta de traballo, alentados polas súas organizacións sindicais, aumentaron as folgas, manifestacións e ocupacións ilegais de terras. Estes conflictos foron duramente reprimidos pola Garda Civil (ex. o episodio de Casas Viejas, onde algúns dos campesiños sublevados foron queimados na casa onde resistían e outros fusilados sen xuízo).

A coalición gubernamental, formada por republicanos de esquerdas e socialistas e presidida por Azaña foise debilitando ó longo de 1933 como consecuencia de diversos factores externos (represión de Casas Viejas, a oposición de dereitas cada vez máis organizada, a reducción de apoios populares manifestada no fracaso das eleccións municipais de 1933) e internos (disensións entre republicanos e socialistas). Ante a falta de apoios, Alcala Zamora retiroulle a confianza a Azaña e, ante a imposibilidade de atopar outro candidato, concocou eleccións.

3- O BIENIO DE DEREITAS (das eleccións de Novembro 33 ás eleccións de Febreiro 36)

Page 68: Historia

a- A paralización das reformas

Nas eleccións xerais de novembro de 1933 resultaron vencedores os partidos de dereitas. O partido que obtivo mayor número e escanos foi a CEDA de Gil Robles seguido do Partido Republicano Radical de Lerroux. A pesar de que a CEDA era a forza máis votada, o presidente Alcalá Zamora nomeu como xefe do Goberno a Alejandro Lerroux. O novo goberno orientou a súa acción política ó desmantelamento de toda a obra reformista do bienio anterior. Os gobernos estructuráronse ó redor das dúas forzas políticas vencedoras, o Partido Radical de Lerroux, (que perdera en boa parte o carácter demagóxico de principios do século e que virara cara a posicións netamente mais conservadoras), e a CEDA, un partido aglutinador da dereita e liderado por Gil Robles, cun programa que propuña a revisión da Constitución e da lexislación social. Nun principio gobernaron só os radicais co apoio parlamentario da CEDA, est provocaría unha constante inestabilidade.

O novo goberno presidido por Alexandre Lerroux iniciou o seu mandato coa paralización de boa parte do proxecto reformista anterior: No campo freouse totalmente a reforma agraria, fixouse a devolución de terras á nobreza e anulouse a cesión de terras mal cultivadas, O agro coñeceu un ambiente de revancha, os propietarios amosaron a súa vontade de se desquitar das reformas anteriores e os campesiños responderon con numerosas folgas. Para contarestar a reforma relixiosa dotouse outra vez dun presuposto para o culto e o clero e intentouse firmar un concordato coa Santa Sé. A reforma militar seguiu vixente pero se aprobou unha amnistía para os sublevados con Sanjurjo no 32. O goberno tamen entrou en conflicto coa Generalitat pola “Lei de Contratos de Cultivo” que pretendía converter aos arrendatarios de viñas, rabaissaires, en propietarios. Paralizouse tamen a discusión no parlamento do Estatuto Vasco impulsado polo PNV. Hasta en educación chegaron os recortes e reduciuse sustancialmente o seu orzamento.

Todo esto provocou o enfrontamento coas forzas nacionalistas de Cataluña e do País Vasco, así como a radicalización dos socialistas (motivada pola paralización das

Page 69: Historia

reformas) e a proliferación de folgas e de conflictos, levou á CEDA a endurece-la súa posición e a reclamar unha acción mais contundente en materia de orde pública, esixindo participar directamente no goberno. O presidente do goberno, Lerroux, accedeu a estas peticións e o 5 de outubro outorgoulle tres carteiras ministeriais á CEDA..

b- A oposición de esquerdas: A Revolución de Asturias

. A entrada de membros da CEDA no goberno foi interpretada pola esquerda como un camiño cara o fascismo. En resposta os socialistas convocaron unha folga xeral revolucionaria.

- A folga xeral: convocada pola UXT en toda España, contou con escaso apoio da CNT e dos comunistas e tivo eco nalgunhas cidades como Sevilla, Córdoba, Valencia, San Sebastián, Barcelona, Bilbao ou Madrid. Fracasou pola falta de coordinación e de unión obreira e pola contundente resposta do goberno que decretou o estado de guerra. A pesar diso, os acontecementos adquiriron especial relevancia en Asturias e Cataluña.

- A revolución de Asturias. En Asturias e Norte de León o chamamento á folga xeral deu lugar a unha forte insurrección obreira que pretendía facerse co poder político e controlar os medios de producción. A alianza de tódalas forzas obreiras (socialistas, anarquistas e comunistas) permitiu o triunfo da revolución. Conseguiron a ocupación de gran parte dos cuarteis da Garda Civil e o dominio de gran parte dos concellos, incluído Oviedo, que foron substituídos por comités revolucionarios locais que se fixeron cargo da administración, de garantir o funcionamento da producción e de manter a orde pública. Para controlar a situación o goberno enviou tropas da Lexión e dos Regulares ó mando do xeneral Franco. A resistencia asturiana prolongouse durante uns dez días, pero finalmente foron derrotados. O balance foi cruento, ó redor de 2000 mortos e 5000 detidos.

- A proclamación do Estado catalán. En Cataluña a rebelión tivo unha dobre vertente: por un lado os obreiros, seguindo as ordes la Alianza Obreira local, protagonizaron unha folga xeral; por outra, a Generalitat, dirixida por Lluís Companys, sublevouse contra o Goberno central e proclamou a formación da República catalana dentro da República Federal española. A falta de coordinación entre os obreiros e a Generalitat e a escasa participación da CNT, que era a forza maioritaria, facilitou o control da situación polo exército, dirixido polo xeneral Batet. O Estatuto catalán foi anulado e todo o goberno catalán encarcerado.

c- A crise do segundo bienio

As consecuencias da revolución de outubro foron notables. A influencia da CEDA no goberno aumentou. A CEDA amosouse partidaria de aplica-las condenas con rigor e de proceder a unha orientación mais dura da política do goberno. Suspendeuse o Estatuto de autonomía de Cataluña, devolvéronselle.las propiedades ós xesuítas e nomeouse a Gil Robles Ministro da Guerra e a Franco Xefe de Estado Maior. Sen embargo, a dura represión uniu as forzas de esquerdas, ata daquela divididas, contra á política do goberno e ó redor dun programa común que esixía en primeiro lugar a amnistía para tódolos detidos.

Page 70: Historia

Ó longo de 1935, os gobernos radical-cedistas caracterizáronse pola súa inestabilidade (falta de entendemento entre o presidente da República Alcala Zamora e Lerroux, enfrontamentos internos dentro da coalición provocados polos escándalos de corrupción do Partido Radical, como o caso do “estraperlo” (unha ruleta amañada creada por Strauss e Perli que baixo soborno se tentara implantar en varios casinos españois) ou os casos de malversación de fondos por parte de varios políticos radicais). Con esta crise, Gil Robles agardaba ser o novo presidente do goberno pero Alcalá Zamora, temeroso da reacción popular preferiu nomear a políticos independentes de centro como Portela Valladares; a falta de viablilidade dos sucesivos gobernos levou a convocar novas eleccións para febreiro de 1936.

Paralelamente produciuse un proceso de reorganización das forzas políticas tanto de dereitas como de esquerdas. Os monárquicos e conservadores formaron o Bloque Nacional, manifestamente contrario á vixencia do réxime e a Constitución republicana.

Os partidos de esquerda (republicanos, socialistas e comunistas) únense formando a Fronte Popular, unha coalición basada nun programa común que defendía a concesión dunha amnistía para os encarceados de outubro, a reintegración nos postos de traballo para os represaliados por razóns políticas e a volta a lexislación reformista do primeiro bienio.

O resultado das eleccións marcou unha clara división: a Fronte Popular obtivo o 48% dos votos, mentres as dereitas se fixeron co 46.5%. as forzas que se reclamaban de centro só obtiveron un 5.4 % dos votos.

4- A FRONTE POPULAR (das eleccións de Febreiro.36 ao levantamento militar de Xullo.36)

a- O goberno da fronte popular

Page 71: Historia

As eleccións de 1936 evidenciaron a polarización da vida política española, dividida claramente entre dereitas e esquerdas e con programas políticos nidiamente enfrontados. O triúnfo da Fronte Popular non foi aceptado polos sectores mais reaccionarios da sociedade española, que iniciaron unha conspiración contra a República, mentres os sindicatos e os partidos obreiros esixían o afondamento das reformas sociais do primeiro bienio republicano.

Doc 4.-En xaneiro de 1936, a Fronte Popular presenta o seu pacto-programa:

“Como suposto indispensable de paz pública, os partidos coaligados comprométense:

1°. A conceder por lei unha amplia amnistía dos delictos político-sociais cometidos posteriormente a novembro de 1933 (…). Restablecerán o imperio da Constitución (…).

Derogarán inmediatamente a vixente lei de arrendamentos (…). Consolidación na propiedade, previa liquidación, ós arrendatarios antigos e pequenos (…).

A República ten que considerar o ensino como atributo indeclinable do Estado (…). Pularán, co ritmo dos primeiros anos da República, a creación de escolas de primeira ensinanza”.

O triúnfo electoral comportou a reorganización da República. Manuel Azaña foi nomeado presidente da República en sustitución de Alcala Zamora , e Casares Quiroga, presidente do executivo. O goberno, formado exclusivamente por ministros republicanos pero apoiado parlamentariamente polos socialistas, puxo de contado en marcha o programa pactado na coalición electoral: decretouse unha amnistía, o goberno da Generalitat volveu de novo ó poder e restableceuse o estatuto de autonomía, mentres principiaba as negociacións para a aprobación dun estatuto para o País Vasco e outro para Galicia. O novo goberno retomou o proceso reformista interrompido durante o bienio de dereitas. Para frealos rumores golpistas afastou do poder a algúns xenerais mais proclives ó golpismo e trasladounos a outros destinos (Franco a Canarias e Mola a Navarra).

O triúnfo das esquerdas trouxo consigo unha intensa mobilización popular que creou un clima de tensión social: Os sindicatos e partidos de esquerda radicalizaron as súas posicións: os anarquistas defendían a revolución, mentres un sector do socialismo, encabezado por Largo Caballero alias “ o Lenin español”, tamén se orientaban cara a solucións radicais. Entre a dereita, a Falanxe Española asumiu un forte protagonismo e fomentou un clima de enfrontamento civil e de crispación política. Grupos de falanxistas formaron patrullas uniformadas e armadas que iniciaron accións violentas contra os líderes esquerdistas; os enfrontamentos entre militantes de dereita e esquerda propagáronse entre febreiro e xullo de 1936. Entre os sectores mais conservadores da sociedade empezou a tomar corpo a idea de que o recurso ó golpe de estado militar era a única solución.

b- A preparación do golpe de Estado:

Page 72: Historia

O xeneral Mola foi o verdadeiro xefe do golpe, “o director”. O seu proxecto consistía na organización dun pronunciamento simultáneo en tódalas gornicións militares posibles, sendo consideradas clave as de Madrid e Barcelona, e como reserva especial tiña ó exército de África, o mellor preparado de todos, e o mando del era o xeneral Franco. Mola entendía que o xefe supremo da sublevación sería o xeneral Sanjurjo, o sublevado e condenado en 1932, respectado por todos altos mandos que vivía exiliado en Portugal. A conspiración deseñada polos militares contaba co apoio das forzas políticas máis de dereitas: CEDA, Comunión Tradicionalista e a Falanxe Española de las JONS.

.-José Díaz, secretario xeral do PCE, denuncia nas Cortes a existencia dun complot contra o goberno da Fronte Popular (15 de xullo de 1936):

“Señor Gil Robles (…), estamos completamente seguros de que en moitas provincias de España se están a facer preparativos para o golpe de Estado (…). Todos estamos vixiantes, a fin de que non poidades levar a cabo os vosos intentos porque, de facelo así, levaredes a España polo camiño polo que a levastes neses dous anos de represión, de fame e de descrédito para o país. Nós non queremos esa España, senón unha España democrática, onde haxa benestar para os obreiros e para as clases populares (…). Non queredes acatar o que representou o triunfo do 16 de febreiro, e de aí a vosa política e a vosa actuación”.

O 12 de xullo un comando de extrema dereita asasinou ó tenente da Garda de Asalto José Castillo; como represalia, o día seguinte un grupo de Gardas de Asalto, asasinou a Calvo Sotelo, dirixente dos monárquicos. O seu enterro foi un adianto da declaración de guerra. Pero o asesinato de Calvo Sotelo non foi o determinante da sublevación, que xa estaba decidida. A sublevación iniciouse en Marrocos o 17 de xullo e o día seguinte esténdeuse a toda a Península. O fracaso do golpe militar en boa parte de España desencadeou o inicio dunha guerra civil que se prolongaría durante tres anos.

A GUERRA CIVIL (1936-1939)

Entre o 18 de xullo de 1936 e o 1 de abril de 1939 tivo lugar unha cruenta guerra civil entre españois enfrontados en dous bandos. O goberno da República conseguiu resistir durante case tres anos, pero finalmente o triunfo foi para os militares sublevados.

1- O GOLPE E A CONFIGURACIÓN DOS BANDOS EN LOITA

a- A sublevación militar

As cinco da tarde do 17 de Xullo de 1936, en Melilla, desencadeouse a rebelión. As tropas sublevadas da Legión dominaron rapidamente a situación no Protectorado, os militares que permaneceron fieis o goberno foron fusilados. Comezaba así o golpe deseñado polo xeneral Mola, o seu obxectivo era facer unha rebelión rápida e violenta e establecer un Directorio Militar encabezado por Sanjurjo.

Nos dias 18 e 19, ó mesmo tempo que Franco se trasladaba desde Canarias no avión Dragon Rapide para tomar o mando das tropas de Marrocos, en distintas cidades

Page 73: Historia

da Península os militares conxurados tentan facerse co poder. Nas principais cidades fracasan, especialmente en Barcelona gracias o esforzo dos anarquistas, e en Madrid onde o pobo armado asalta o Cuartel da Montaña, pero en moitas pequenas capitais triunfan, en Galicia, tras breves enfrentamentos os sublevados fanse co control do territorio; en xeral o golpe ten éxito nas zonas máis ruralizadas e con maior peso da economía agraria (onde a resistencia popular é menor) e fracasa nas áreas máis urbanizadas e desenvolvidas economicamente. O todo caso o golpe fracasa no seu intento de tomar o país, este fracaso vai provocar unha guerra civil que dividira España en dúas zonas:

ZONA REPUBLICANA: territorios máis desenvolvidos do norte e leste da Península (industria e agricultura de exportación). Control da maioría das grandes cidades problemas de abastecemento ao longo da guerra.

ZONA SUBLEVADA: zonas agrarias do interior (Meseta Norte, Navarra e Álava, a metade de Aragón… ), Galicia, unha pequena parte de Andalucía, terrritorios non peninsulares, e n especial o Protectorado de Marrocos, donde se concentraban as mellores tropas: a Legión e os Regulares marroquís.

Page 74: Historia

b- A configuración dos bandos

Forzas políticas, ecónomicas e sociais tiveron que posicionarse a favor dun dos bandos desde o inicio da guerra. A indecisión do goberno da República nos momentos iniciais

Page 75: Historia

dificultou a organización dos seus apoios, situación que favoreceu a actuación dos sublevados.

No bando republicano estaban os grupos que maioritariamente votaran á Fronte Popular:

Apoios sociais: masas obreiras das cidades industriais, xornaleiros do sur da Península, pequena burguesía e clases medias vinculadas aos partidos republicanos, núcleos intelectuais.

Apoios políticos: movemento obreiro (socialistas, comunistas, anarquistas), partidos republicanos, nacionalistas, incluido o PNV.

Ideolóxicamente acabara agrupando a todas as formacións anti-fascistas (doc.1) e a todos os que apoiaron as reformas republicanas e defendían unha españa laica e progresista. para eles a acción dos militares non era máis que unha rebelión contra a orde legalmente establecida. (discurso de a Pasionaria)

No bando sublevado agrupábanse todos os que estaban descontentos coas reformas republicanas:

Apoios sociais: clases dominantes (terratenentes, burguesía… ), a Igrexa, que apoia totalmente ós sublevados e fala dunha “cruzada” e grande parte da opinión pública católica, sectores das clases medias urbanas, os pequenos e medianos propietarios agrícolas do norte, unha parte importante do Exército ( aínda que moitos xenerais permaneceron fieis a república, así como a Aviación e a maior parte dos mariñeiros da Armada, a Garda Civil apoiou os sublevados agás en Barcelona e a Garda de Asalto apoiou a república

Apoios políticos: dereita conservadora (CEDA… ) e fascista (Falange), monárquicos e carlistas. Os obxectivos políticos non son incialmente unánimes: imprimir un xiro conservador á República, voltar á Monarquía, implantar un Estado fascista ao xeito italiano ou alemán…,

Ideolóxicamente todos estes grupos aparecen unidos únicamente polo seu anti-comunismo e a súa defensa da civilización cristia (doc.2), para os protagonistas da sublevación, esta foi definida como un Alzamento Nacional. A parte do país que quedou baixo o seu control foi cualificada co nome da España Nacional enfrontada os marxistas, “os rojos”.

c- a represión

A loita que se iniciou en Xullo de 1936 non foi só unha loita entre dous exércitos, senón que existían en parte dos dous bandos a pretensión de eliminar ó contrario. Neste contexto incluénse os actos de violencia, represión e terror que se levan a cabo de forma sistemática, especialmente nos primeiros meses da guerra. Na zona republicana, a desintegración das intitucións do estado provocou actuacións incontroladas. Desenvolveuse unha dura persecución de militares, terratenentes, militantes de dereita e, moi especialmente, de eclesiasticos.

Page 76: Historia

Na zona sublevada os militares iniciaron unha represión sistemática e violenta de todalas forzas opositoras coa finalidade de crear un clima de terror no inimigo. Os primeiros en sufrir as consecuecias foron as autoridades civis e militares que permaneceron fieis o goberno, que foron sistematicamente executadas. Despois da ocupación dun territorio, procediase á depuración e execución de todos aqueles elementos considerados perigosos para o novo réxime: sindicalistas, masóns, republicanos, mestres, intelectuais, nacionalistas….. Os paseos, os fusilamentos nocturnos, a aplicación da lei de fugas, os xuízos sumarisimos, multiplicáronse e xenerálizaronse.

2- A INTERNACIONALIZACIÓN DO CONFLICTO:

A internacionalización da guerra (envío de combatentes e material bélico) explícase polo contexto político internacional: ascenso dos fascismos; consolidación da URSS; actitude tímida e conciliadora das democracias ante a expansión dos fascismos (prefiren “localizar” os conflictos e ven a guerra española como unha loita entre Fascismo e Comunismo). Esta actitude ten importantes consecuencias: permite alongar a duración do conflicto e inclina a balanza do bando dos militares sublevados (permite o rápido paso polo Estreito das tropas africanas, compensa a carencia de industria na zona… )

Para evitar que a guerra se convertese nun conflito internacional, as principais nacións europeas acordaron crear en Londres a primeiros de agosto de 1936 o Comité de Non-Intervención: (27 países) Estes acordos implicaban a prohibición de enviar homes e armas a ningún dos dous bandos e denunciar aos infractores. Pero Italia e Alemaña non cumpriron o pactado e prestaron, desde o primeiro momento, axuda aos militares sublevados. Ante esta situación o Comité declarouse incompetente para obrigar o cumprimento do pactado.

Apoios aos SUBLEVADOS: O réxime nazi de Hitler en Alemaña e o fascista de Mussolini en Italia axudaron militarmente aos sublevados desde o principio e sen preocuparse polo comité de non-intervención. Italia colaborou con avións e corenta mil soldados. Alemaña achegou tanques, artillería e aviación que foron decisivos em moitas accións como o bombardeo de Guernica (Lexión Condor) e uns dezaseis mil homes. O réxime portugués de Salazar colaborou coa achega de vinte mil voluntarios e facilitando o paso polo seu territorio, o que supuxo unha axuda importante. Hai que sumar a contribución dos cen mil regulares marroquís.Franco tamén contou coa colaboración de capitalistas americanos (combustible da Texaco e da Standard Oil, camións, armas…. A axuda internacional foi decisiva para a vitoria dos rebeldes.(doc.2)

Apoios á REPÚBLICA: A República tivo grandes dificultades para adquirir subministracións e material de guerra debido á política de non intervención das democracias occidentais e ao peche de fronteiras. A República contou con axuda da Unión Soviética, que proporcionou cadros técnicos víveres e armamento, en parte costeado con fondos do Banco de España (o “ouro de Moscova”). Outro gran apoio foi o das Brigadas Internacionais (voluntarios esquerdistas procedentes de toda Europa e América, importante apoio moral, formaron parte de estas brigadas importantes intelectuais como Hemingway, George Orwell ou André Malraux… téñense que retirar

Page 77: Historia

en Novembro de 1938). México tamén apoia a causa republicana (lugar de destino de moitos exiliados republicanos ao remate da guerra).

A guerra viviuse con gran interese en todo o mundo. Parecía un enfrontamento ente democracia e fascismo, entre o exército e o pobo. Iso orixinou un amplo movemento de solidariedade cara á causa republicana entre intelectuais progresistas de todo o mundo. A destrución de Guernica ou o asasinato de García Lorca impresionaron á opinión mundial, especialmente cando se expón o Guernica de Picasso na Exposición Internacional de París de 1937.

3- EVOLUCIÓN SOCIO-POLÍTICA E IDEOLÓXICA DOS DOUS BANDOS

A evolución foi moi distinta nas duas zonas, mentra as divisións foron permanentes no bando repúblican, na zona franquista implantouse unha férrea dictadura.

a- A España republicana: división

O máis destacado foi a fragmentación do esforzo militar e dos proxectos políticos nunha continua dialéctica entre duas posturas opostas:

-Converter a guerra nunha revolución :“revolución e guerra”, (doc.3), defendida por anarquistas e trotskistas do P.O.U.M., consideraban que a victoria só podía ser lograda se a guerra se abordaba con métodos revolucionarios, abandoando a organización política e militar tradicional e creando milicias e comunas colectivistas. Así xurde en moitas zonas controladas pola CNT unha revolución social colectivista: colectivización da propiedade industrial, os servizos e a propiedade agraria en Cataluña; extensión das colectivizacións agrarias en Aragón e outras zonas rurais, expropiaronse cerca de 5.500.000 héctareas e participaron nesta auténtica revolución social agraria uns 3 millóns de campesiños.

- “primeiro a guerra”, esta tese era defendida polos comunistas e sectores do PSOE. (docs. 4 e 5) Pensaban que a victoria só podía acadarse se a guerra se planificaba en termos convencionais: debía establecerse o poder do goberno central, debía crearse um exército regular e disolver as milicias, había que deter a revolución…. o enfrontamento era inevitable.

Evolución política:

Durante os primeiros dia no ámbito político prodúcese unha fragmentación e unha “crise de autoridade” a comezos da guerra (situación de “dobre poder“: goberno/organizacións e milicias obreiras). Podemos distinguir tres etapas:

1-Goberno Giral Xullo.36: dimisión do goberno de Casares e formación doutro presidido por Martínez Barrio para tentar negociar cos rebeldes fracasa e aos poucos días xéstase outro presidido por José Giral: entrega armas ás milicias dos partidos, disolve o Exército e forma un novo integrado por voluntarios e encabezado pola oficilidade fiel á República na práctica, o control da situación está en mans dos comités creados polas organizacións obreiras.

Page 78: Historia

2-Goberno Largo Caballero Set.36-Maio.37: goberno de concentración (republicanos, socialistas, comunistas, anarquistas) presidido por Largo Caballero (socialista) Intenta restablecer a autoridade, frear as colectivizacións e darlle unha dirección unificada á guerra (militarización das milicias dos partidos para a formación do novo “Exército Popular”). Esto provocara os “Sucesos de Maio do 37“: enfrontamento armado en Barcelona entre os anarquistas (partidarios da “revolución na guerra” e apoiados polos trotskistas do POUM – Partido Obreiro de Unificación Marxista-) e os comunistas estalinistas (partidarios de frear a revolución e fortalecer o Estado republicano) derrota anarquista e debilitamento da posición de Largo Caballero, que presenta a súa dimisión

3-Goberno Negrín Maio.37-Marzo.39: Goberno do socialista Negrín (comunistas como principal apoio, aínda que participan tamén socialistas e republicanos) céntrase no fortalecemento do poder republicano e os esforzos bélicos en 1938 presenta aos sublevados dous planos de cese das hostilidades/mantemento das institucións democráticas, que son rechazados deposto en Marzo do 39 polo “golpe” do coronel Casado, o 1 de Abril todo termina.

b- A España franquista: ditadura

A carencia dun proxecto unificado entre os apoios sociais e políticos do alzamento determina a supremacía do Exército e a súa conversión en columna vertebral do novo Estado. No plano social: realización da “contrarrevolución” paralización da reforma agraria, derogación da lexislación laica republicana (supresión do matrimonio civil e do divorcio, restablecemento do culto relixioso no ensino e o exército, retribución estatal ao clero… ), A igrexa é outro dos baluartes do réxime, non esquenzamos que calificaron a guerra coma unha cruzada. Tamen pretenden a “supresión” da loita de clases (Foro do Traballo -1938- inspirado na doutrina social da igrexa e no fascismo: prohibición de folgas, integración da clase obreira en sindicatos “verticais”… ). Todo isto foi acompañado por unha sistemática e feroz represión dirixida dende o poder para sembrar o terror: execucións masivas, paseos, sacas, depuracións tinguiron o país de sangue.

Evolución política: A insurrección militar apareceu ó principio máis como un ataque ó goberno da Fronte Popular pero pronto pasouse a repudiar todo o sistema democrático. Este ataque foi realizandose a través de distintas actuacións:

1- progresiva concentración de poderes na persoa do xeneral Franco (favorecido pola morte en accidente de aviación do “xefe natural” do alzamento, Sanjurjo e o apoio italiano e alemán). Em Xullo de 1936 creárase unha Xunta de Defensa Nacional con sé en Burgos presidida polo xeneral Cabanellas e integrada por Mola, Queipo e o propio Franco, para coordinar os esforzos da guerra.

Page 79: Historia

En setembro, e ante a necesidade dun mando único, a Xunta decidiu escoller a Franco que acrecentera seu prestixio cos éxitos do exército africano: Franco é nomeado Xefe do Goberno e Xeneralísimo dos Exércitos, asesorado por unha “Xunta Técnica do Estado”. Franco ten a partir deste momento plenos poderes, xa é unha ditadura.

2- A unidade política conseguiuse a través dun proceso de unificación entre o carlismo e a Falanxe que desembocaría na imposición da xefatura de Franco. Polo Decreto de unificación (Doc. 6) de abril de 1937 crease un partido único (Falange Española Tradicionalista y de las JONS) que unifica a falanxistas e carlistas e no cal se integran todos os apoios políticos do réxime baixo o mando supremo de Franco. Toda disidencia é perseguida (Manuel Hedilla, novo xefe de falanxe e condeado a morte, indultado e encarcerado.) En Xaneiro do 38: formación do primeiro Goberno propiamente dito. Franco concentra a Xefatura do Estado, a Xefatura do Goberno e a Xefatura do Partido, ademais da do exército. O 1 de Abril os rebeldes ganaban a guerra, pero a represión continuou (doc. 7) España estaba en ruinas: unha España onde o Partido, a Igrexa e o Exército serían os piares dunha longa ditadura que se prolongaría ata a morte do ditador en 1975.

4- A EVOLUCIÓN DAS OPERACIÓNS BÉLICAS:

1936: A marcha sobre Madrid: Os exércitos africanos atravesan o Estreito (Para pasar as tropas regulares á península Franco necesitou pedir apoio ás forzas nazis e fascistas, xa que o estreito de Xibraltar estaba controlado polas tripulacións da escadra republicana, que se amotinaran contra os oficiais rebeldes. Hitler envioulle a Franco unha partida de 20 Junker e 6 cazas Heinkel.Pola súa banda Mussolini enviou unha escuadrilla de 12 bombardeiros e 2 buques mercantes con cazas) e avanzan cara Madrid (conquista de Mérida, Badajoz e Toledo, o seu avance e imparable e nel empregan o terror contra a poboación civil) chegando ás súas portas a finais de Outubro. O Goberno da República trasládase a Valencia. A mobilización xeral do pobo madrileño e a chegada dos primeiros “brigadistas” (apoio moral) frustran a conquista da capital, Madrid sera sitiada e bombardeada durante tres anos . (No Pasaran)

Tropas leais e columnas anarquistas catalanas atacan Aragón: estabilizan o frente pero non consiguen conquistar as capitais.

Page 80: Historia

1937: Madrid e o frente do Norte Proseguen os intentos de tomar Madrid ou de aillala do resto da España republicana fracasan nas batallas do Jarama e Guadalajara (Febreiro-Marzo). O exércitos franquistas concentrarán os seus esforzos en outras zonas.

Ao mando do xeneral Mola iníciase a conquista do Norte peninsular: entre Marzo e Outubro a República vai perdendo definitivamente o control da zona. Primeiro bombardeo sobre unha poboación civil .

<!–[endif]–>Ofensivas republicanas para aliviar a presión sobre Madrid e o Norte en Brunete e Belchite. O exército republicano conquista Teruel.

1938-39: As ofensivas finais e o remate da guerra:

1938: os exércitos de Franco reconquista Teruel e avanzan cara o Mediterráneo: o territorio republicano queda dividido en dous e Cataluña aillada do resto (Abril).

A república responde co seu maior esforzo bélico: os seus exércitos atravesan o Ebro e inician a batalla máis dura da guerra (Batalla do Ebro, Xullo-Novembro) ao final téñense que retirar ás posicións iniciais diante do contraataque do exército franquista.

1939: o Exército sublevado conquista Cataluña (Xan–Febr.). Francia e Inglaterra recoñecen ao goberno franquista. Desmoralización do Exército e as autoridades republicanas (dimisión do presidente da República, M. Azaña). A República só controla a zona centro (Madrid e o Levante)

O presidente do goberno (Negrín), co apoio dos comunistas, é partidario de resistir ata o final (tratando de agardar polo desencadeamento da guerra en Europa) o coronel Casado (co apoio de socialistas moderados como Besteiro e milicias anarquistas) dá un golpe de Estado e intenta negociar a paz con Franco o final da guerra Pero Franco só

Page 81: Historia

acepta unha rendición sen condicións: a finais de Marzo conquista Madrid e o Levante. Final da guerra.

Trala finalización da guerra decenas de milleiros de españois tiveron que exiliarse, calculase que máis de 500.000, pero para os que quedaron non habería piedade: os fusilamentos continuaron e centenares de presos foron condeados a traballos forzados ( Valle de los Caídos…)

Tema 9: O RÉXIME DE FRANCO (1939-1975)O réxime franquista xurdíu da Guerra Civil como aglutinante dos vencedores no conflicto. Aínda constituíndo un réxime de tipo ditatorial todo ao longo da súa existencia, a súa extensa duración (case corenta anos, o periodo máis longo da historia de España no S. XX) e a súa capacidade para adaptarse ás mudables circunstancias internacionais, fixeron que experimentara importantes cambios co paso dos anos. Con todo, pódense sinalar como trazos permantentes do réxime os seguintes:

- A concentración de poderes na persoa de Franco.

- A existencia dun Estado forte e centralizado, negador da pluralidade interna de España.

- A negación das liberdades individuais e do pluralismo político e sindical. Estableceu un réxime de partido e sindicato únicos, ao tempo que perseguía calquer asomo de oposición ao mesmo.

- O forte peso que manteñen en toda a súa historia dúas institucións: o Exército e a Igrexa católica. (neste vínculo podes atopar os principais textos sobre o franquismo)

9.1.OS FUNDAMENTOS DO RÉXIME – Bases e apoios, illamento e autarquía-: 1939-1959

-1- BASES SOCIAIS, FUNDAMENTOS IDEOLÓXICOS E ESTRUCTURA DO NOVO ESTADO:

O réxime contou cunha base social inicial identificada cos apoios que os militares sublevados recibiran en 1936. Entre eles estaban todos aqueles grupos que sofreran unha erosión da súa posición de hexemonía social, motivada polas reformas republicanas ou polos procesos revolucionarios que tiveran lugar nalgúns lugares durante a guerra: as clases dominantes tradicionais (grandes terratenentes, alta burguesía industrial e financieira… ) e institucións como a Igrexa e a maior parte dos mandos do Exército.

A eles sumáronse amplos sectores do pequeno e medio campesiñado, de mentalidade tradicional e cun fondo temor aos experimentos colectivizadores promovidos por certos

Page 82: Historia

sectores do movemento obreiro, e das clases medias urbanas progresivamente encadradas no réxime a través da Igrexa, a Falanxe ou o Exército.

Os fundamentos ideolóxicos do réxime estaban en correspondencia cos apoios políticos que recibira o levantamento militar: desde a dereita conservadora ao fascismo falanxista, pasando polo tradicionalismo carlista. Inicialmente, os militares sublevados contra a república estaban unidos unicamente contra o que eles consideraban os graves males que trouxera a república: democracia, liberalismo, laicismo, separatismo…. Foi durante a Guerra Civil cando se perfilaron os trazos do novo réxime, en gran medida obra persoal de Franco. A súa formación militar foi determinante á hora de organizar o país como se dun cuartel se tratara: mando único e indiscutible, orde e obediencia a autoridade, imposición dos valores castrenses e católicos, unidade de patria, férreo comtrol dos opositores e mamtemento do tradicionalismo en costumes e símbolos.

Así, pódense sinalar como compoñentes da peculiar ideoloxía que impregnou o réxime ao conservadurismo social (encarnado pola dereita tradicional), o confesionalismo relixioso (profesado pola Igrexa e a maioría da opinión pública católica), o fascismo (Falanxe) e un nacionalismo español negador dos sinais identitarios periféricos.

Nos primeiros anos o fascismo exerceu unha influencia poderosa, a cal se iría debilitando co paso do tempo mentres se consolidaba como ideoloxía aglutinante o que se deu en chamar nacional-catolicismo . Este era un pensamento fortemente nacionalista que identificaba a esencia de España co catolicismo e rexeitaba toda heterodoxia política ou relixiosa, ao tempo que defendía unha concepción corporativa do Estado e da sociedade. España debía recuperar o seu esplendor pasado -localizado no tempo dos Reis Católicos e o imperio dos primeiros Austrias- erradicando dexeneracións estranxeirizantes como o liberalismo, a masonería e o marxismo, que debilitaban o auténtico “ser español” e acadaran a súa maior difusión nos tempos da República.

En canto á estructura do novo Estado, o franquismo procedeu a un rápido desmantelamento das institucións republicanas (Constitución de 1931, autonomías rexionais, pluralismo político e sindical… ). Pola contra, a plasmación legal do réxime foi lenta. Franco era moi remiso a fixar en exceso e en detalle as atribucións do poder e opúxose frontalmente a unha constitución que recordase o período liberal. Cando se decidiu a institucionalizar o seu goberno persoal, foi en resposta a acontecementos externos e a presións de quenes querían asegurarse a continuidade do franquismo en España. Iso obrigou a promulgar un conxunto de leis complexas, e ás veces contraditorias, que aparecían segundo as necesidades políticas do réxime. Así, o ordenamento xurídico do franquismo estivo articulado arredor dunhas leis básicas na organización do estado: as Leis Fundamentais carentes de lexitimación democrática. Son un total de sete leis elaboradas durante case trinta anos:

- O Foro do Traballo.: Na primavera de 1938, Franco decretou o Foro do Traballo, que articulaba as relacións do mundo do traballo e establecía os fundamentos sobre os que se organizaría a economía do novo Estado. No texto, inspirado no modelo fascista italiano, un apéndice do Estado, o sindicato único obrigatorio, entregado á Falanxe, encargábase do encadramento laboral, nos sindicatos verticais, únicos que se permitían. Completarias coa lei de unidade sindical.

Page 83: Historia

- A Lei Constitutiva das Cortes: A lei constitutiva das Cortes foi promulgada en 1942, aconsellada pola evolución do conflito europeo, que xa empezaba a decantarse a favor das democracias occidentais. Con esta lei, o réxime convocaba a “a participación do pobo nas tarefas do Estado” mediante a institución dunha Cámara “representativa” composta por máis de cincocentos procuradores en Cortes, a maioría dos cales o eran de oficio e cincuenta designados directamente por Franco. Os procuradores de oficio procedían de cargos institucionais ou en cuxo nomeamento interviña o Estado, como xerarquías do Sindicato ou da Falanxe, bispos, reitores de Universidade ou membros do goberno. A elección nunca foi directa, salvo a partir de 1968, cando se permitiu elixir un terzo de procuradores de representación familiar. Nada na lei facía pensar nun réxime parlamentario, cando, ademais, as Cortes carecían de iniciativa e só podían aprobar a lexislación presentada polo executivo.

- O Foro dos Españois: Terminada a Segunda Guerra Mundial, Franco publicou en 1945 o Foro dos Españois, como outra operación de maquillaxe do réxime ante as esixencias democráticas dos vencedores. Só en aparencia era unha declaración de dereitos, pois o texto insistía, sobre todo, nos deberes dos españois e na estrutura autoritaria do Estado. A propaganda gobernamental sobre o Foro intentou facela pasar por unha verdadeira constitución que recoñecía as liberdades políticas. Pero, en realidade, o texto propuña un sistema político autoritario de carácter confesional con dereitos limitados e só aproveitables por quen non se opuñan ao réxime.

- A Lei de Referendo: En 1945, o Foro dos Españois foi completado pola Lei do Referendo, que pretendía mostrar que en España estaba recoñecido o sufraxio universal. A “democracia” orgánica e corporativa que establecía o Foro non podía ser equiparada en ningún caso coas constitucións liberais e burguesas occidentais, pero había que disimular o grave baleiro do dereito ao voto individual. Así, a Lei do Referendo establecía que os españois podían ser consultados individualmente en forma de plebiscito nacional, sempre por decisión de Franco e para someterlles cuestións de Estado.

- A lei de Sucesión: Tras dez anos de vida do réxime, os seus ideólogos pensaron que chegara o momento de establecer un sistema de sucesión á xefatura do Estado. Na súa opinión, o franquismo debía ser considerado un réxime de excepción irrepetible, sobre todo polas condicións persoais do líder, pero non extinguible, senón reproducible no tempo grazas ao mantemento das leis fundamentais. Agora, en 1947, abordaríase o problema da continuación do franquismo sen Franco. Con este obxectivo, a Lei de Sucesión na Xefatura do Estado foi sometida a referendo e aprobada nun das “fraudes electorais” da historia do réxime por máis do 93 por 100 dos votantes, con só unha abstención do 18 por 100. A Lei establecía que España era un Estado católico, social e representativo, que se declaraba Reino de acordo coa súa tradición monárquica. A Franco confirmábaselle como xefe vitalicio do Estado e reservábaselle o dereito de nomear sucesor a título de rei.

- Lei de Principios do Movemento Nacional: En 1958, sen deliberación previa nas Cortes, Franco promulgou a Lei de Principios do Movemento Nacional, que establece os principios inmutables e permanentes do réxime. A lei supuña a incorporación institucional da doutrina falanxista e o recoñecemento de Falanxe Española Tradicionalista (FET) como único partido, pero apenas tivo incidencia na vida política do Estado nin serviu para frear algunhas orientacións novas do goberno aparecidas en

Page 84: Historia

1957. O texto tivo o efecto práctico de que todos os altos cargos civís ou militares pasasen a ser considerados membros natos do Movemento e que os funcionarios públicos quedasen obrigados a xurar os seus principios fundamentais.

- A Lei Orgánica do Estado: Logo doutro período longo sen leis fundamentais, a mediados dos anos sesenta, o réxime tratará de responder ao desenvolvemento material do país cun simulacro de actualización do seu armazón lexislativo. Unha nova lei buscará esa limpeza de imaxe ante a realidade dunha Europa próspera que envía os seus turistas a un país necesitado de modernizar as súas estruturas políticas. Publicada e sometida a referendo en decembro de 1966, a Lei Orgánica do Estado pretendía ser unha refundación lexislativa do franquismo mediante a unión de elementos dispersos de textos fundamentais anteriores e a depuración dalgunhas das súas connotacións totalitarias. Esta lei introduciu algunhas novidades funcionais, como a separación dos cargos de xefe do Estado e presidente do goberno, aínda que este non se cubrirá ata 1973.

Os piares do novo Estado serían:

- O propio ditador e a acumulación de poderes na súa persoa: Xefe do Estado, do Goberno -ata 1973-, do Movemento, dos Exércitos e dotado de poderes excepcionais para promulgar leis en casos de urxencia. Recibiu o título de Caudillo de España e foi considerado o símbolo e a encarnación da vontade da nación española.

- A Falanxe ou Movemento Nacional , nacida como partido único en 1937 (pola fusión obrigado dos falanxistas e os tradicionalistas). De ideoloxía fascista, sería dominada e adulterada por Franco ata que foi perdendo os seus ideais orixinarios e se converteu nun aparato burocratizado fiel ao Caudillo, mantendo un forte control sobre a Organización Sindical e algunhas organizacións de encadramento de masas (Fronte de Xuventudes, Sección Feminina, Sindicato Español de Estudiantes… ).

Page 85: Historia

- As Cortes, órgano de representación corporativa concebido como suposta canle de participación dos españois nas tarefas do Estado.

- A Organización Sindical ou conxunto de sindicatos “verticais” integrados por empresarios, técnicos e traballadores agrupados por sectores de producción. Á súa fronte estaba un “Delegado Nacional”.

- O Exército, verdadeira columna vertebral do Estado e garante da súa permanencia. Encabezado por Franco como “Xeneralísimo dos Exércitos”. Mandos militares ocuparían postos de responsabilidade no goberno, na administración e nas empresas públicas. O exército era garante da unidade de España, considerada como “unha unidade de destino no universal”.

- Centralismo: en correspondencia coa unidade nacional, todo o sistema baseábase no principio da unidade de poder e no centralismo. Todas as institucións autonomicas foron suprimidas e calquera manifestación do particularismo foi perseguida. A administración local quedou sometida ao goberno central, quen nomeaba directamente todos os alcaldes das cidades maiores de 10.000 habitantes; o resto nomeábos o Gobernador Civil. O único idioma permitido era o castelán.

- A estas institucións había que sumar a Igrexa, cun papel clave na lexitimación do réxime e no sistema de ensino. O franquismo prohibíu a práctica doutras relixións distintas á católica, eliminando o matrimonio civil e o divorcio. A Igrexa contaba con organizacións propias de encadramento de laicos (como a Asociación Católica Nacional de Propagandistas ou Acción Católica) e un grupo xurdido no seu seo, o Opus Dei, xogou un papel determinante na evolución do réxime a partir de finais dos anos cincuenta. A igrexa obtivo o control sobre a moral, os costumes e a educación, impuxo na vida pública unha estrita moral católica, velando polos bos costumes. (censura, normas sobre a vestimenta…

- A familia: que foi considerada polo franquismo a base fundamental da sociedade. Protexida polo estado e de acordo coa moral tradicional católica, a familia baseábase no matrimonio canónico indisoluble e na procreación dos fillos. Nela, cada un dos seus membros ten unha finalidade e deber específico: o home, traer os recursos; a muller, os labores da casa e os fillos. Na divulgación destes valores tivo un papel fundamental a Sección Feminina, creada e presidida por Pilar Primo de Rivera, que potenciou un modelo feminino caracterizado pola pasividade política e a nula participación pública e que contribuíu ao deseño e control dunha educación feminina destinada a formar amas de casa nas escolas.

-2- EVOLUCIÓN DA COXUNTURA INTERNACIONAL E TRANSFORMACIÓNS INTERNAS DO RÉXIME

Nos seus primeiros vinte anos de existencia, o réxime de Franco mostrou xa unha notable capacidade de se adaptar aos cambios da coxuntura internacional, se ben mantendo intactos os seus caracteres esenciais.

a) Antes de 1945: Influencia falanxista e pre-belixerancia

Page 86: Historia

Os sectores falanxistas exerceron unha grande influencia e ocuparon os postos principais do goberno, en consonancia co apoio recibido de Alemaña e Italia durante a guerra civil. O réxime adoptou signos externos fascistas como o saúdo co brazo en alto, concentracións masivas de estética nazi ou musoliniana…

A pesar das súas simpatías polo Eixe, ao desencadearse a II Guerra Mundial o réxime adoptou unha postura de neutralidade, aínda que pronto comezou a valorar a posibilidade de entrar no conflicto a cambio de axuda económica e concesións territoriais no norte de África. Franco entrevistouse con Hitler (Hendaya, 1940) e Mussolini (Bordighera, 1941) e España cambiou a súa posición pola de “non belixerancia” en 1941, cando xa viña colaborando desde tempo atrás con Alemaña en materia de espionaxe e aprovisionamento de submarinos. Esta posición, en realidade unha “pre-belixerancia”, foi abandonada dous anos despois (1943) cando a evolución da guerra comezou a tornarse desfavorable para as potencias fascistas, reducíndose a participación española na guerra ao envío da “División Azul “ ao frente ruso.

b) Despois de 1945: Influencia católica e illamento

A derrota dos fascismos na guerra provocou o illamento internacional do franquismo, ao consideralo as potencias vencedoras equiparable aos réximes que acababan de ser derrotados. Non se permitíu o ingreso de España na ONU e, en 1946, este organismo decretou a retirada de embaixadores de Madrid (só permanecerían os de Portugal, Arxentina e o Vaticano). Estas medidas foron olladas con grande esperanza pola oposición ao franquismo, que vía próxima a fin do réxime.

Pero o inicio da “Guerra Fría” (1947), ou estado de permanente tensión entre o bloque capitalista liderado polos EE.UU. e o comunista dirixido pola URSS, mudou radicalmente a situación. España comezou a ser vista polos EE.UU. e outros países aliados como un potencial aliado na loita contra o comunismo.

Este novo contexto internacional suporía o paulatino final do aillamento do réxime en 4 pasos:

- En 1950 a ONU anulou a retirada de embaixadores e admitíu o ingreso de España en organismos especializados como o FAO ou a UNESCO.

- Tres anos despois, España asinaba o “Concordato coa Santa Sé” e o “Acordo Hispano-Americano” que, a cambio de axuda económica, permitíalle aos EE.UU. a utilización dalgunhas bases militares situadas en territorio español ( Rota, Torrejón e Zaragoza)

- en 1955 producíuse o ingreso de España na ONU gracias ao apoio dos EE.UU.

- en 1959 a visita do presidente Eisenhower simboliza o final do illamento.

No plano interno, os sectores falanxistas foron perdendo peso en beneficio dos “católicos” (remodelacións gobernativas de 1945 e 1951). Selouse a alianza da Igrexa co réxime e aprobáronse leis que o liberalizaban parcialmente, achegándoo formalmente a algúns aspectos dos sistemas liberais. Así, recoñecéronse certos dereitos persoais, aínda que sen articular un sistema de garantías para exercelos -o goberno podía

Page 87: Historia

suspendelos temporalmente decretando o “estado de excepción”: Foro dos Españois, 1945-. España foi definida como un “Estado católico, social e representativo”, articulándose como un “reino” -monarquía sen rei- e facultando a Franco para propoñer ás Cortes un sucesor a título de rei ou de rexente (Lei de Sucesión, 1947). Con esta medida rompíase coa liña hereditaria borbónica, o que motivou as protestas de Don Juan, o herdeiro lexítimo da Coroa. Non obstante, D. Juan entrevistouse con Franco e aceptou a educación en España do seu fillo, Juan Carlos, baixo a supervisión do dictador.

Na segunda metade dos anos 50, nun contexto novo marcado pola aparición dos primeiros síntomas abertos de descontento entre a poboación -conflictos laborais, protestas na Universidade-, accederon ao goberno homes procedentes da institución católica do Opus Dei (1957). Estes homes, os “tecnócratas”, imprimiríanlle un importante cambio de rumbo ao réxime nos anos sucesivos.

-3- AUTARQUÍA E ESTANCAMENTO ECONÓMICO

A Guerra Civil e a posguerra supuxeron unha interrupción do proceso de modernización económica que estaba a vivir a sociedade española. O retroceso, reflectido nos indicadores económicos, foi tal que ata os anos 50 non se recuperaron os niveis de actividade de mediados dos anos 30. Foron os anos da fame.

Este estancamento debeuse só parcialmente ás destruccións ocasionadas pola guerra -as provocadas en Europa pola II Guerra Mundial foron maiores e, non obstante, a recuperación foi moito máis rápida-. Maior importancia tivo o tipo de política económica seguida polas autoridades franquistas na inmediata posguerra, a cal se

Page 88: Historia

definía por dous trazos: a búsqueda da autarquía, coa que se pretendía converter a España nun país economicamente autosuficiente, e o intervencionismo estatal, que viña substituír parcialmente ao funcionamento do mercado. Elementos clave desta política foron:

- Un férreo control do comercio exterior, que esixía licencias administrativas para a exportación ou importación de calquer producto e provocou unha drástica reducción dos intercambios.

- O fomento da producción industrial e a primacía outorgada ás industrias de bens de equipo. O Estado concedía fondos públicos ás novas empresas, así como privilexios e estímulos ás consideradas de maior interese.

- A imposición aos agricultores de “cupos forzosos” e superficies obrigatorias de cultivo. Mediante os “cupos” deberían entregar unha parte das colleitas a prezos fixados oficialmente, sendo logo distribuída entre a poboación polas autoridades a prezos e cantidades tamén fixas (“racionamento”).

- A creación de empresas públicas. Salienta a nacionalización das empresas ferroviarias (RENFE) e da TELEFÓNICA e a creación do Instituto Nacional de Industria (INI, 1941). O INI constituía unha especie de “holding” estatal destinado á promoción de sectores estratéxicos que requerían grandes investimentos (construcción naval, siderurxia, enerxía, material de transporte… ).

Esta política económica conducíu a resultados desastrosos, o que lle impedíu a España aproveitar a coxuntura económica favorable que vivíu Europa despois da Guerra mundial. Entre os seus efectos pódense citar o desabastecemento de productos básicos -que deu lugar aos fenómenos do “estraperlo” e o “mercado negro”-, a reducción do consumo privado, a perda de competividade exterior, a falta de divisas ou un empeoramento das condicións de vida das clases populares ao subir máis os prezos que os salarios.

Foi a conciencia deste fracaso o que levou ás autoridades franquistas a cuestionarse, nos anos 50, a política económica seguida ata o momento. Fóronse introducindo cambios paulatinos -como a suavización dos controles productivos, a supresión das cartillas de racionamento, a flexibilización dos prezos, unha maior apertura económica ao exterior… – que lograron mellorar os índices productivos. Pero estes cambios careceron de coordenación e os seus efectos foron limitados ata a posta en marcha do Plan de Estabilización de 1959, o cal sentou as bases da chamada “década desarrollista” dos anos 60.

9.2. A “DICTADURA DESARROLLISTA” (1959-1975)

Ao longo dos anos 60 e os primeiros 70 España vivíu unha etapa de extraordinario crecemento económico, logrando convertirse nun país industrial semellante aos do entorno europeo.

Page 89: Historia

-1- O “PLAN DE ESTABILIZACIÓN” E O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

A partir de 1960 reanudouse en España o proceso de modernización económico e social iniciado a comezos do S.XX e interrumpido pola Guerra Civil e a posguerra. O extraordinario crecemento económico acadado nos anos seguintes explícase por dous factores: a coxuntura expansiva da economía internacional e europea e a habilidade dos responsables da política económica para arbitrar medidas que lle permitiran ao país aproveitar esa coxuntura.

A adopción do Plan de Estabilización (1959) foi obra do goberno formado dous anos antes, no que tiñan un forte peso os tecnócratas vinculados ao “Opus Dei“. O proxecto deste sector consistía en modernizar económica e socialmente España sen alterar no esencial a estructura política do réxime. Co Plan poñíaselle fin ao soño autárquico e respondíase á necesidade de conseguir ouro e divisas para facerlle fronte ao déficit da balanza comercial. Os obxectivos perseguidos eran dous:

- desmontar o modelo corporativo e abrir a economía española ao mercado, impulsando a iniciativa privada en detrimento do anterior intervencionismo estatal excesivo, e

- cortar a inflación e sanear as contas exteriores a través de medidas contractivas da actividade económica (restricción do gasto público, limitación dos prezos dalgúns servicios e das taxas de interese, establecemento dun cambio fixo dólar/peseta, apertura ao exterior… )

Este programa liberalizador, compensado coa chegada de créditos de organizacións internacionais como o FMI e a OCDE, completouse coa posta en marcha de Planos de Desenvolvemento cuatrienais (1964-74) que pretendían estimular a iniciativa privada -con vantaxes fiscais e crediticias- naqueles sectores considerados de maior interese, e creaban unha serie de “Polos de Desenvolvemento” cos que se intentaría, con escaso éxito, reducir os desequilibrios económicos rexionais.

Un papel fundamental no éxito desta nova política económica xogárono unha serie de variables externas, as cales posibilitaron a entrada de divisas en España para equilibrar a balanza de pagamentos e importar a tecnoloxía precisa para as novas actividades. O aporte de divisas procedeu da emigración (máis de 2 millóns de traballadores saíron de España entre 1960-1975, absorvendo a man de obra excedentaria do sector primario), o turismo e os investimentos exteriores (sobre todo dos EE.UU. e a RFA).

Os resultados foron espectaculares. España presentou, entre 1959 e 1966, unha taxa de cremento anual do PIB superior á de calquer país europeo e incorporouse ao grupo dos países industrializados (entre 1960 e 1975 a porcentaxe de poboación activa ocupada no sector primario descendeu do 42% ao 21%, acadando o sector secundario e o terciario o 38% e o 41%, respectivamente). A Renda Nacional e a Renda per Cápita aproximáronse aos valores europeos, o que se traducíu nun incremento notable do consumo privado e do nivel de vida da poboación.

Igualmente importantes foron as transformacións sociais. O proceso urbanizador experimentou un grande salto (en 1975 o 75% da poboación vivían en municipios de máis de 20.000 habitantes) e medrou o número, especialmente nalgunhas zonas, dos

Page 90: Historia

obreiros industriais e das novas clases medias (profesionais liberais, executivos das empresas, funcionarios de certo nivel… ). Foise consolidando a sociedade de consumo, ao destinar as familia unha porción cada vez máis alta do seu presuposto a cubrir necesidades non básicas (adquisición dunha vivenda, bens de consumo duradeiros como automóbiles ou electrodomésticos… ) e modificáronse as pautas de comportamento, occidentalizándose e alonxándose cada vez máis dos presupostos represivos do nacional-catolicismo (viaxes ao estranxeiro, contacto cos novos hábitos dos turistas… ). A elo tamén contribuíu a extensión da educación, en todos os seus niveis, a un número cada vez maior de estudiantes -os fillos dos traballadores comezaron a chegar á Universidade- e a reducción drástica do analfabetismo.

Con todo a sociedade española destes anos non deixou de presentar aspectos problemáticos: As desigualdades sociais acentuáronse e foron frecuentes fenómenos de especulación e degradación do medio urbano e rural, debido á ausencia de control democrático sobre moitas tomas de decisións que respondían aos intereses particulares de individuos e grupos de presión próximos ao poder. Igualmente, agudizáronse os desequilibrios rexionais e as diferencias entre as áreas máis desenvolvidas e as máis deprimidas: estas últimas (Galicia, as dúas Castelas, Andalucía, Estremadura… ) perderon uns 4 millóns de habitantes en beneficio de zonas como Cataluña, o País Vasco ou Madrid.

-2- INSTITUCIONALIZACIÓN DO RÉXIME E PERVIVENCIA DA DICTADURA

Os cambios socio-económicos dos anos 60 apenas tiveron traducción no plano político. Desde finais da década anterior, os “tecnócratas” foron gañando posicións no goberno e nas estructuras políticas franquistas, apoiados polo que estaba chamado a ser garante da continuidade do franquismo, o almirante Luis Carrero Blanco.

O réxime intentou concluír o seu labor de institucionalización. Neste sentido, salienta a aprobación da súa última “lei fundamental”, a Lei Orgánica do Estado (1967), concebida como unha culminación e recapitulación de todas as anteriores. Pretendendo garantir a continuidade do réxime, a lei -que, ao igual que as que a precederon, non foi fruto da deliberación de ningunha Asemblea soberana- asentou a institución monárquica e introducíu pequenas modificacións no sistema, como a ampliación do número dos procuradores en Cortes -creando a figura dos “representantes da familia”, elixidos polos cabezas de familia e as mulleres casadas- e abríu a posibilidade de crear “asociacións políticas” dentro do marco fixado polos principios do Movemento Nacional.

Franco intentou solucionar tamén dun modo definitivo a cuestión sucesoria, de acordo co previsto na “Lei de Sucesión” de 1947, que definía a España como un reino e establecía que o sucesor do Caudillo o sería a “título de rei ou de rexente”. En 1969 o dictador nomeou sucesor ao príncipe Xoán Carlos, quen prestou xuramento de fidelidade aos principios do Movemento Nacional e foi ratificado polas Cortes. Con este nomeamento rompíase co principio da “lexitimidade dinástica” e pretendíase instaurar unha monarquía de novo cuño, nacida das entrañas mesmas do réxime franquista.

Nun contexto marcado polo xurdimento e expansión dunha nova oposición de masas ao franquismo, houbo algúns tímidos intentos de liberalizar o réxime, promovidos polos que xa se comezaban a denominar “sectores aperturistas“. Entre eles estaba a

Page 91: Historia

aprobación dunha Lei de Prensa (1966) elaborada polo ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga Iribarne. A lei suprimía a censura previa e concedía certo marxe de tolerancia no campo da libre expresión, pero seguía a contemplar como delito todo o que atentara contra o Xefe do Estado, os principios do Movemento, a seguridade nacional ou a salvagarda da orde pública. A finais dos anos 60 producíronse outros intentos, ao final fallidos, de liberalización ou apertura, como o de modificar a estructura sindical ou o de facer efectiva a posta en marcha das “asociacións” previstas na “Lei Orgánica” de 1967.

-3- A CRISE FINAL DO RÉXIME (1973-1975)

Os últimos anos do franquismo foron os máis axitados. Os tímidos cambios introducidos non poideron ocultar a incapacidade do réxime para se adaptar ás profundas transformacións socio-económicos e culturais que experimentara España desde os comezos dos anos 60. Pola súa parte, a oposición política incrementara os seus apoios en base ás novas realidades sociais emerxentes: a expansión dunha clase obreira que reclamaba liberdade sindical e dereito á folga, a chegada á Universidade de xoves procedentes das capas populares, a insatisfacción en medios intelectuais ante os pechados horizontes culturais do réxime… Estaba claro que o franquismo se ía atopar con serias dificultades para sobrevivir a Franco.

O ano 1973 resultou especialmente grave para Franco e o seu réxime: a crise do pétroleo e a morte de Carrero. No 1973 Franco renunciou a exercer a Xefatura do Goberno, función que asumíu Carrero Blanco formando un executivo de unidade, con representación de todas as “familias” do réxime. Pretendíase que Carrero garantise a pervivencia do franquismo baixo a inminente monarquía de Xoan Carlos, pero a a súa morte nun atentado de ETA, en Decembro dese mesmo ano, frustrou tal perspectiva.

Page 92: Historia

Asumíu a presidencia do goberno Arias Navarro, quen en Febreiro de 1974 pronunciou un discurso de ton aperturista nas Cortes (o “espírito do 12 de Febreiro“). Nel prometía unha liberalización -incluíndo a posta en marcha das “asociacións políticas”- que axiña habería de mostrar as súas limitacións e a incapacidade do sistema para se democratizar mantendo o esencial das súas estructuras.

O novo goberno atopouse cunha contestación desde todas as bandas: ministros aperturistas dimitiron ante a imposibilidade de aplicar en profundidade unha política reformista; as protestas da oposición incrementaron a súa intensidade; os sectores inmovilistas do réxime (o “búnker“) tamén se opuxeron ao que consideraban unha traición aos principios do réxime, promovendo accións violentas contra persoas e institucións sospeitosas de anti-franquismo…

As cousas agraváronse ao longo de 1974 e 1975 co empeoramento do estado de saúde do dictador, que obrigou a que o príncipe Xoán Carlos asumise temporalmente a Xefatura do Estado. Pola súa parte, a oposición acentuou a súa ofensiva e creáronse plataformas unitarias que agrupaban aos distintos sectores que a conformaban (como a Xunta Democrática, aglutinada ao redor do PCE, e a Plataforma Democrática, ao redor do PSOE) e propoñían a ruptura democrática co réxime. O Goberno respondeu coa aprobación dunha “Lei Anti-terrorista”, que tivo como consecuencia inmediata a execución de cinco antivistas de ETA e o FRAP en Setembro de 1975, desatando toda unha vaga de protestas e mobilizacións internacionais. Por último, outro motivo de preocupación constituíuno o conflicto do Sahara, no que España cedeu ás presións de Marrocos (Marcha Verde) -apoiado polos EE.UU.- e entregou o territorio a Marrocos e Mauritania para o seu reparto, incumprindo coa súa promesa de permitir un referendo de autodeterminación no territorio.

A fin do réxime estaba perto. Só faltaba a morte de Franco, afectado pola enfermidade de P´rkinson desde 1965, sufrira unha grave tromboflebite en xullo de 1974; desde o hospital, Franco encarga a Xoán Carlos que asuma a xefatura do estado, pero 11 dias despois Franco retoma as súas funcións

Page 93: Historia

A revolución dos caraveis en Portugal (abril 1974) e a caída do réxime dos coroneis en Grecia (xullo 1974) deixaba a Franco como o último dictador de Europa occidental. O 17 de outubro de 1975, despois de sufrir un infarto, ainda presidiu un Consello de ministros; pero nas semanas seguintes presentáronse todo tipo de complicacións que lle ocasionaron unha longa e terrible agonía morrendo o 20 de novembro de 1975, xustamente 39 anos despois de Xosé Antonio Primo de Rivera, foi enterrado xunto a él no Valle dos Caídos. A súa morte abriu un proceso que en poucos anos ía conducir ao desmantelamento completo da dictadura a pesar de que él pensou que deixaba todo “atado y bien atado”.

9.3. A OPOSICIÓN Á DITADURA

Desenvolveuse clandestinamente todo ao longo do periodo franquista, integrada por un amplo espectro de correntes: o movemento obreiro, nacionalistas periféricos e sectores democráticos de diversa orientación (republicanos, demócrata-cristiáns, monárquicos… ). De todas elas, a máis activa foi sempre o Partido Comunista (PCE). Podemos distinguir tres etapas ben difernenciadas:

-1- OS ANOS 40: REPRESIÓN, EXILIO E GUERRILLA

Ao remate da guerra o réxime de Franco puxo en práctica unha durísima represión sobre os vencidos, evidenciando o seu nulo interese por levar a cabo unha reconciliación nacional e utilizando os métodos represivos como medio de escarmento destinado a anular calquer tipo de disidencia. Unha serie de disposicións legais penalizaron os actos e as opinións dos vencidos, considerándoos como os verdadeiros responsables da guerra. Os cárceres ateigáronse de xente (máis de 200.000 presos ao remate da guerra) e milleiros de persoas foron condeadas a morte en xuízos militares. A administración pública, e incluso algunhas empresas privadas, foron depuradas de todos aqueles sospeitosos de ter simpatizado coa causa republicana.

Nestas condicións, moitos españois tiveron que marchar cara o exilio. Perto de medio millón de persoas abandonaron o país nos momentos finais da guerra, aínda que a maioría tornarían logo e moitos deles serían procesados polos tribunais franquistas. Xunto ao Goberno republicano -que mantería a súa existencia formal ata os anos 70- marcharon definitivamente milleiros de profesionais, obreiros, intelectuais… Os destinos preferentes foron Francia -onde moitos dos exilados se incorporaron á Resistencia durante a II Guerra Mundial- e Latinoamérica, en particular México -onde os republicanos españois realizaron unha notable contribución ao desenvolvemento cultural do país-.

Page 94: Historia

No interior, os partidos e sindicatos que apoiaran á Fronte Popular foron desarticulados e aqueles que intentaron reorganizalos caeron, na súa maioría, nas mans da policía franquista e foron encarcerados ou executados. O único grupo que logrou recompoñer unha feble infraestructura foi o PCE.

O PCE foi o principal impulsor e organizador da guerrilla, aínda que nela se incluiron tamén militantes doutras ideoloxías (socialistas, anarquistas… ). En distintas zonas montañosas da península organizáronse agrupacións guerrilleiras -entre as que salientou a IV Agrupación con base en Galicia e León-, integrando a aqueles que fuxiran ao monte durante a guerra. A guerrilla realizou actos de sabotaxe e atentados contra os representantes das institucións franquistas, e mesmo intentou unha invasión frustrada desde Francia a través do Val de Arán (1944) cun pequeo exército duns 4.000 guerrilleiros. Pero a modificación das circunstancias internacionais levou ao PCE a desmantelar a guerrilla en 1948. Algúns grupos subsistiron pero foron esmorecendo axiña. En Galicia, o apresamento e posterior execución do mítico “Foucellas” (1952) marcou a fin desta forma de loita.

-2- OS ANOS 50: UN PUNTO DE INFLEXION NA ACTIVIDADE DA OPOSICIÓN

A partir de entón, a oposición interior -que puxo en marcha os primeiros movementos de masas- gañou peso fronte ao exilio, o referente republicano foise perdendo e incorporáronse novos sectores que non tiñan vivido a guerra. Con todo, tendeu a actuar desunida e nunca foi capaz de articular unha alternativa viable ao franquismo.Neses anos producironse as primeiras axitacións e protestas políticas contra o réxime, en parte protagonizadas por persoas que non viviran a experiencia da guerra civil. Salientan dous feitos que marcan o inicio dunha aínda tímida acción de masas:

- A folga xeral de Barcelona contra o incremento do prezo dos billetes de tranvía (1951).

Page 95: Historia

- A revolta universitaria de Madrid (1956), na que se mobilizaron os estudiantes para acabar co sindicato oficial, o SEU, e rematou con enfrontamentos coa policia e feridos graves. Significativamente, algúns dos estudiantes mobilizados eran fillos dos vencedores na guerra.

En ambos os casos o réxime respondeu coa represión, pero a partir de entón fóronse facendo máis frecuentes os conflictos se ben non acadarían unha verdadeira importancia ata os anos 60.

-3- ANOS 60: O DESENVOLVEMENTO DUNHA OPOSICIÓN DE MASAS

Nos anos 60, en estreita relación coas transformacións sociais provocadas polo “desarrollismo”, emerxeu unha nova cultura democrática anti-franquista que non tiña xa como referente a guerra civil. Introdúcense libros e publicacións estranxeiros, aparece unha prensa crítica no interior ao abeiro da “Lei de Prensa” de 1966, algunhas minorías comezan a se politizar e, sobre todo, desenvólvese unha importante mobilización social en determinados ámbitos:

- O mundo laboral: xurdíu un novo movemento obreiro, integrado na súa maioría por xoves traballadores, que reivindicaban o dereito á folga e a liberdade sindical (entre 1963 e 1975 producíronse máis de 12.000 folgas nas que participaron uns 4 millóns de traballadores). Os sindicatos históricos non lograron reorganizarse, pero apareceron outros novos como a USO(Unión sindical Obreira) -promovida por cristiáns críticos- e, con especial forza, CC.OO. -impulsado polo PCE a raíz dunha folga na minería asturiana e que vai infiltrarse na estructura sindical franquista-. En Galicia salientan as folgas xerais do Ferrol -onde morreron, abatidos pola policía, dous traballadores- e Vigo en 1972.

- O movemento estudiantil: iniciado cos sucesos de 1956 foi adquirindo crecente pulo nas universidades, onde se formaron pequenos núcleos de activistas do PCE e o FLP (“felipe”). Na Universidade de Santiago, a mobilización estudiantil adquiríu unha especial relevancia en 1968, adiantándose ao desencadeamento do “Maio francés”.

- O movemento veciñal e o asociacionismo cultural: o primeiro apareceu nos barrios de nova creación das grandes cidades, impulsado por militantes de esquerda e cristiáns progresistas que convertiron as protestas veciñais en parte da loita antifranquista. En Galicia e outros lugares fundáronse asociacións culturais coa intención de recuperar os sinais de identidade nacionais negados polo franquismo.

Pero as Forzas políticas da oposición seguían a actuar divididas:

- A máis importante, a pesar da forte represión que sufren os seus membros (execución de Julián Grimau, membro do Comité Central do PCE), continuaba sendo o Partido Comunista, que en 1956 mudara a súa táctica chamando á “reconciliación nacional” e ao derrubamento do réxime mediante unha folga xeral. Estaba presente na maioría dos movementos sociais e asumía plenamente o pluralismo democrático e a existencia de diferentes vías nacionais para construír o socialismo (en 1968 condeou a invasión soviética de Checoeslovaquia). Dirixido por Santiago Carrillo foi con moito o grupo máis activo da oposición. Nos anos 60 e 70 apareceron outros grupos comunistas, a nova esquerda, influídos polo maoísmo, o trostkismo e o Maio francés.

Page 96: Historia

- Moi débil e case inactivo neses anos era o PSOE, cunha dirección no exilio encabezada por Rodolfo Llopis que rexeitaba calquer colaboración cos comunistas -en 1948 tentara chegar a un acordo cos monárquicos de D. Juan- e mantiña unha comunicación precaria cos pequenos grupos do interior. No Congreso de Suresnes (1974) os militantes do interior, con F. González e A. Guerra á fronte, faríanse co control do partido e comezarían a preparalo para a inminente transición democrática.

- En canto á chamada oposición moderada, era tamén moi feble e estaba moi dividida (demócrata-cristiáns, republicanos, monárquicos liberais… ). A súa principal actuación foi a organización, xunto co PSOE, da Reunión de Múnic (1962), en resposta á petición española de ingreso no Mercado Común Europeo. Á reunión -denigrada pola prensa do réxime, que se referíu a ela como o “Contubernio de Múnic”- asistiron personalidades do interior e do exilio e nas súas conclusións reclamouse a necesidade de democratizar España para poder integrarse, como membro de pleno dereito, na comunidade europea. O PCE foi vetado polos grupos organizadores.

- Nas nacionalidades históricas desenvolvéronse tamén partidos nacionalistas. Así occoreu en Cataluña, onde a finais dos 60 a oposición comezou a actuar unida e o conxunto das forzas que a integraban asumían as reivindicacións nacionais catalanas. No País Vasco seguía funcionando o PNV, pero a dinámica política marcábaa cada vez máis ETA (Euskadi ta Askatasuna), fundada en 1959 por un grupo de mozos descontentos co PNV. Definíase como “movemento socialista de liberación nacional” e no 1968 cometeu a súa primeira acción armada, a execución do inspector de policía implicado na represión M. Manzanas.

- En Galicia, o Partido Galeguista fora desactivado nos anos 50, pasando os galeguistas a centrarse no labor cultural coa creación da Editorial Galaxia e a revista Grial. Pero en 1963 xurdiron dous novos grupos nacionalistas de orientación esquerdista: o Partido Socialista Galego e a Unión do Pobo Galego. O PSG nacera como partido de orientación socialdemócrata para evoluir, co cambio de década, cara o socialismo marxista baixo o liderazgo de X.M. Beiras. A UPG, orixinariamente unha “fronte” aberta á incorporación doutros grupos, rematou por converterse nun partido comunista e fundar organizacións de masas que en distintos ámbitos como o estudiantil, labrego e obreiro, competirían coa influencia do PCE. Este, en parte pola presión destes novos grupos nacionalistas, creou en 1968 o Partido Comunista de Galicia, federado co PCE e dirixido polo comunista histórico Santiago Álvarez.

-

Nos últimos anos do franquismo a oposición adquiríu unha forza e un dinamismo sen precedentes e creou os seus primeiros organismos unitarios: en xullo de 1974, por iniciativa do lider do PCE Santiago Carrillo, constuíase en París a Xunta Democrática e en xuño de 1975 organizábase a Plataforma de Converxencia Democrática, liderada polo PSOE. Os contactos entre ambas deron como resultado a formación da Plataxunta, que agrupaba a todos. Os grupos de oposición defendían a ruptura democrática, isto é, unha transición xestionada pola mesma oposición a través dun Goberno Provisional que concedería unha amnistía, legalizaría todos os partidos políticos e os sindicatos, recoñecería os dereitos básicos e convocaría a celebración dunhas eleccións libres e dun referendo sobre a forma de Estado.

Page 97: Historia