TRANSFORMAÇÃO DA PAISAGEM E IMPACTOS SOCIOAMBIENTAIS NO BIOMA PAMPA
Herba da Pampa
Transcript of Herba da Pampa
HERBA DA PAMPA
4º A
Curso 2015-2016
A cortaderia selloana, máis coñecida como herba da Pampa, é unha especie botánica procedente de América do Sur.
Acostuma formar matas grandes con moitas follas.
É perenne.É unha planta adaptada a
temperaturas extremas e á sequía.
ALGÚNS DATOS
Medra moito e pode chegar ata os 3 metros de altura, ten raíces moi profundas e as súas follas sempre son longas, verdes, estreitas e moi afiadas, poden ter ata 2 metros de longo.
É moi adaptable e medra nunha grande variedade de ambientes e climas.
REPRODUCIÓNTen flores masculinas e
femininas.Distinguir macho ou femia é
fácil, as femias son de cor rosa e os machos de cor branca.
Florece no verán.Cada planta produce máis dun
millón de sementes durante a súa vida.
A súa reprodución é moi rápida.
COMO CHEGOU Á NOSA TERRAFoi introducida como unha
planta para adornar. Chegou a mediados do século XX.
Parece ser que chegou a España despois da guerra civil, cando había poucos alimentos e houbo que importar cereal de Arxentina, de onde se cre que chegaron as sementes mesturadas co gran.
A planta expandiuse rapidamente polo norte de España, especialmente nas zonas costeiras, onde a humidade do ambiente e as temperaturas suaves favorecen o seu crecemento.
PARA QUE SE USADas súas follas obtense celulosa.É medicinal como febrífugo infantil,
diurética e sudorífera.A súa flor é moi usada para floristería.
POR QUE É INVASORAÉ invasora porque non deixa
que outras plantas crezan. Reprodúcese moi rápido e
quítalle o alimento a outras plantas, así destrúe o hábitat e compite polos recursos das plantas autóctonas.
Altera o funcionamento dos ecosistemas nos que está.
POR QUE HAI QUE ELIMINALADado que é prexudicial
para o ecosistema galego sería conveniente erradicala da nosa terra.
Para eliminar a cortaderia selloana temos que arrincala de raíz cando é pequena. Hai que usar guantes de xardinería para facelo, sobre todo cando é maior.
Hai métodos para erradicala. Estes son algúns deles:- Químicos: con herbicidas,
pero hai que ter moito coidado coas demais plantas.
- Mecánicos: usando máquinas.
- Biolóxicos: usando cepas agresivas.
- Tamén se pode queimar a planta. Hai que facer unha queima controlada.
FIN