Gustaríamenectase coa vida real, porque na Galiza conviviu a realidade e a maxia. Por que ten tanta...

1
ELENA GALLEGO ABAD. ESCRITORA Coa triloxía Dragal crea un universo propio. Como nace o proxecto lite- rario? Cando comezo a escribir Dragal que- ría demostrar que podiamos facer fantasía en galego con personaxes, maxia e un universo propio. Cando rematei o primeiro libro dinme con- ta de que precisaba continuar, tamén para darlle máis vida a ese volume inicial. Falo do último dragón gale- go, dun rapaz que se transforma en dragón, introduzo maxia, alquimia ou cabaleiros que teñen continuidade no segundo e no terceiro libro. A mara- billa de ter un dragón na casa non se pode abandonar. O proxecto era contar nos tres volumes a historia do último dragón galego. Inicia a súa carreira literaria cunha triloxía. Dálle reparo quedar mar- cada como a autora das novelas do dragón? Levo máis tempo escribindo. Todos os xornalistas soñamos con escribir algunha novela. Eu fixen con anterio- ridade traballos literarios e o meu ofi- cio é xogar coas palabras, mais Dra- Imaxes: Riobó Prada Carme Vidal gal foi a entrada en serio no mundo literario. Procede do xornalismo, mais esta non é a novela que se lle presupón a quen está mergullada na realidade. Pola contra, foxe do cotián para se introducir nun mundo máxico. Antes que escritora fun lectora, e a vida real e a fantasía van parellas na miña biografía. De nena lía moito e tiña presente o mundo da fantasía e a literatura. Dragal nace así de ma- neira paralela a miña vida real, co- mo un mundo onde me refuxiar. Con todo, hai moitos elementos na obra en que ves que está escrita por un- ha xornalista, por unha persoa que ten contacto coa escrita de actuali- dade nos medios de comunicación. Cada capítulo da historia é un relato en si propio, como cando se fai un- ha reportaxe, aínda que teña certa continuidade coas outras. A linguaxe empregada é accesíbel, como se se tratase dun edificio natural, a arqui- tectura dunha casa que ten máis va- lor canto menos se impón. Cando escribía Dragal era unha nai contan- do unha historia a unha crianza e que procuraba que lle gustase. Ao igual que a min me gustaban, cando nena, as historias dos Cinco, co misterio e "Gustaríame escribir un best- seller galego" QUEDAMOS CON ELENA GALLEGO ABAD NA ENTRADA DA CATEDRAL DE SANTIAGO CANDO VÉN DE VER O CÓDICE CALIXTINO QUE ESTES DÍAS ESTÁ EXPOSTO NO PAZO DE XELMÍREZ. CONFESA QUE LLE GUSTARÍA ATOPAR OS DRAGÓNS QUE HAI TANTO NO LIBRO COMO NO TEMPLO. DAMOS VOLTA PARA PROCURAR OS ELEMENTOS ROMÁNICOS DO EDIFICIO GALEGO MÁIS COÑECIDO E, NA QUINTANA, COLOCA OS TRES VOLUMES DE DRAGAL (XERAIS) AO DAS FIGURAS DOS PROFETAS E APÓSTOLOS DA PORTA SANTA. TRÁTASE DA TRILOXÍA QUE CONTA A HISTORIA DO ÚLTIMO DRAGÓN GALEGO DA CAL É AUTORA. XORNALISTA E ESCRITORA, ELENA GALLEGO ABAD ESCRIBE PARA CONSEGUIR PERSOAS LECTORAS QUE SE DIVIRTAN COS SEUS LIBROS E, CON ESE OBXECTIVO, CREOU UN UNIVERSO DE ALQUIMIA, CATACUMBAS, BIBLIOTECAS MISTERIOSAS, MAXIA E FANTASÍA COA FORZA DO DRAGÓN. 23 CULTURA ENTREVISTA 22 CULTURA ENTREVISTA a aventura que tiñan. Mais ao tempo gozaba con Xulio Verne e agora bebo tamén de Harry Potter. De Harry Potter non anda algo cansa, de que a comparen con Rowling? En absoluto, todo o contrario! Hai moi- tos rapaces que o único que leron foi Harry Potter e iso tamén acontece agora con Dragal. Para min o exem- plo de Rowling foi un aliciente para es- cribir. Entra dentro desa serie de obras que fan que @s rapac@s lean, algo que tamén era o meu obxectivo. Cando escribín Dragal pretendía que o meu fillo lese e soubese que ese mundo de fantasía tamén o había en galego. Por que escolle para iso a figura do dragón? Porque tiña a casa ateigada de dra- góns! O cuarto do meu fillo estaba cheo! Ademais é o único ser mito- lóxico que está en todas as culturas,e en todos os continentes. A diferenza é que en Asia son bos e aquí malos. Ademais procuraba que a historia co- nectase coa vida real, porque na Galiza conviviu a realidade e a maxia. Por que ten tanta forzar literaria e mí- tica? O dragón é o ser máis poderoso. Eu quería recuperar o dragón románico, o dos nosos devanceiros e devancei- ras, aquel sobre o que se constrúe a cidade de Santiago, non o das series de televisión. Na Galiza temos dra- góns, mitoloxía e fantasía e eu quería que estivese no libro. Eses referentes propios poden dificul- tar a súa exportación a outras cultu- ras? O camiño de Santiago é unha das vías de peregrinación do mundo. Dragal é un rapaz que se transforma en dragón no noso ámbito, mais calquera rapaz de calquera país entende o soño de voar como un dragón. A que nen@ non lle gustaría ter os seus poderes? Poño ese personaxe na Galiza porque quero que sexa galego. Se volvemos ao exemplo de Harry Potter, vemos que funciona perfectamente aquí e ten referentes británicos. No caso de Dragal non tiña por que ser un atran- co. Os dous libros xogan coa alquimia e a de Santiago é moi sólida. A triloxía ten moitos elementos que poderían facer dela un best-seller, a atracción do medievo, o misterio, o segredo, a aventura, as catacumbas... que aparecen noutras obras con moi- to éxito. Buscou facer unha obra pa- ra gustar? Tiña un público lector a quen quería gustar e a quen lle custaba enganchar se non era con libros que el quería. Era o que precisaba. Acción, perso- naxes que contaban, fórmulas para que estivese contenta como escrito- ra e como autora. Ao tempo non quería quedar nunha obra que non transcen- dese, buscaba que ao rematar á per- soa lectora lle quedasen varias ideas. Que atopase maxia, historia, tradición e enganches para seguir aprendendo e buscando, por exemplo, atoparse coa Traslatio, unha historia con dra- gón incluído. Na novela quero abrir novas portas. Foi duro o proceso de documenta- ción? Esgotador. A arquitectura tiña que ser sólida. Tentei que os alicerces fosen fortes, que non caesen. Elena Gallego Abad. 14 de setembro de 2012 14 de setembro de 2012 Antes falaba de Rowling, mais a bi- blioteca evoca tamén O nome da ro- sa de Umberto Eco. Neste caso, un nome de gran relevancia no deba- te intelectual europeo concibe un- ha novela que se converte en éxito de vendas. Porque, en definitiva, é unha novela de detectives. Admiro a Eco e ado- rei esa novela. Como ela, Dragal ten misterio e iso engancha. Unha novela en que non pasa nada non é novela. Da mesma maneira, a miña é unha novela cinematográfica. Vese per- fectamente no booktrailer que fixe- mos para a súa promoción. Esa é un- ha das chaves para chegar ás novas xeracións, que xoga cunha linguaxe audiovisual que lles é moi próxima. Despois de todo, o que sorprende é que esta sexa a primeira triloxía fan- tástica que se escribiu en galego. O seu obxectivo, logo, era divertir? Era. Entendo a literatura como diver- sión, como maneira de pasalo ben. Eu fíxeno escribindo e quería que as persoas que o lesen tamén tivesen ese tempo de goce cos libros. É máis, eu divertíame cando imaxinaba o que o público lector se divertiría cando o lese. En ningún momento tiven in- tención de mostrar todo o que sei ou o que estudei. A súa carreira literaria continuará co dragón, como as coleccións que ci- taba da súa infancia? Teño dúas obras escritas de distinta temática e agardo que unha delas se publique na primavera. Trátase dun- ha novela negra. Gustaríame escribir un best-seller galego. Poucas persoas que escriben se atre- ven a dicir que queren ser autoras dun best-seller. Fixen Dragal para que se divertise un rapaz e o están a facer milleiros. Leva- mos vendidas catro edicións do pri- meiro volume e agardo que saia en breve a quinta. Non só é preciso fa- cer boas historias, senón tamén sa- ber vendelas. O máis bonito que me pasou é ver o dragón nos ollos d@s nen@s. Dragal ten maxia. Eu cría nesa historia e sabía onde quería ir. Dragal ten páxina web, booktrailer e mesmo botou a andar un book- crossing por varios puntos do mun- do. Contra o que acontece con fre- cuencia, apréciase a súa vontade para que se coñeza. No mundo en que vivimos se non es- tás en internet non existes. Eu estou en facebook e en twitter porque son escritora. Cómpre abrir unha fiestra para que entren na túa obra. Cando saíu o terceiro volume tiña a idea de facer un booktrailer promovendo a obra e sei que hai persoas que foron mercar as novelas despois de velo. Coido que conseguín que teña for- za como conxunto, como triloxía e proxecto literario. Remítese á linguaxe audiovisual. Dra- gal terá continuidade ou ampliará o seu universo? Quero escribir e publicar outras obras e chegar a outros segmentos do pú- blico lector, mais tamén é certo que cando creas un mundo como este non o podes abandonar. É un tesouro. Sería estupendo que alguén do mun- do audiovisual reparase nela porque eu creo que é unha boa historia para unha película.

Transcript of Gustaríamenectase coa vida real, porque na Galiza conviviu a realidade e a maxia. Por que ten tanta...

Page 1: Gustaríamenectase coa vida real, porque na Galiza conviviu a realidade e a maxia. Por que ten tanta forzar literaria e mí-tica? O dragón é o ser máis poderoso. Eu quería recuperar

elena gallego abad. escritora

Coa triloxía Dragal crea un universo propio. Como nace o proxecto lite-rario?Cando comezo a escribir Dragal que-ría demostrar que podiamos facer fantasía en galego con personaxes, maxia e un universo propio. Cando rematei o primeiro libro dinme con-ta de que precisaba continuar, tamén para darlle máis vida a ese volume inicial. Falo do último dragón gale-go, dun rapaz que se transforma en dragón, introduzo maxia, alquimia ou cabaleiros que teñen continuidade no segundo e no terceiro libro. A mara-billa de ter un dragón na casa non se pode abandonar. O proxecto era contar nos tres volumes a historia do último dragón galego.

Inicia a súa carreira literaria cunha triloxía. Dálle reparo quedar mar-cada como a autora das novelas do dragón?Levo máis tempo escribindo. Todos os xornalistas soñamos con escribir algunha novela. Eu fixen con anterio-ridade traballos literarios e o meu ofi-cio é xogar coas palabras, mais Dra-

Imaxes: Riobó PradaCarme Vidal

gal foi a entrada en serio no mundo literario.

Procede do xornalismo, mais esta non é a novela que se lle presupón a quen está mergullada na realidade. Pola contra, foxe do cotián para se introducir nun mundo máxico. Antes que escritora fun lectora, e a vida real e a fantasía van parellas na miña biografía. De nena lía moito e tiña presente o mundo da fantasía e a literatura. Dragal nace así de ma-neira paralela a miña vida real, co-mo un mundo onde me refuxiar. Con todo, hai moitos elementos na obra en que ves que está escrita por un-ha xornalista, por unha persoa que ten contacto coa escrita de actuali-dade nos medios de comunicación. Cada capítulo da historia é un relato en si propio, como cando se fai un-ha reportaxe, aínda que teña certa continuidade coas outras. A linguaxe empregada é accesíbel, como se se tratase dun edificio natural, a arqui-tectura dunha casa que ten máis va-lor canto menos se impón. Cando escribía Dragal era unha nai contan-do unha historia a unha crianza e que procuraba que lle gustase. Ao igual que a min me gustaban, cando nena, as historias dos Cinco, co misterio e

"Gustaríame escribir un best-seller galego"quedamos con elena gallego abad na entrada da catedral de santiago cando vén de ver o códice calixtino que estes días está exposto no pazo de xelmírez. confesa que lle gustaría atopar os dragóns que hai tanto no libro como no templo. damos volta para procurar os elementos románicos do edificio galego máis coñecido e, na quintana, coloca os tres volumes de dragal (xerais) ao pé das figuras dos profetas e apóstolos da porta santa. trátase da triloxía que conta a historia do último dragón galego da cal é autora. xornalista e escritora, elena gallego abad escribe para conseguir persoas lectoras que se divirtan cos seus libros e, con ese obxectivo, creou un universo de alquimia, catacumbas, bibliotecas misteriosas, maxia e fantasía coa forza do dragón.

23Cultura entrevista22 Cultura entrevista

a aventura que tiñan. Mais ao tempo gozaba con Xulio Verne e agora bebo tamén de Harry Potter.

De Harry Potter non anda algo cansa, de que a comparen con rowling?En absoluto, todo o contrario! Hai moi-tos rapaces que o único que leron foi Harry Potter e iso tamén acontece agora con Dragal. Para min o exem-plo de Rowling foi un aliciente para es-cribir. Entra dentro desa serie de obras que fan que @s rapac@s lean, algo que tamén era o meu obxectivo. Cando escribín Dragal pretendía que o meu fillo lese e soubese que ese mundo de fantasía tamén o había en galego.

Por que escolle para iso a figura do dragón?Porque tiña a casa ateigada de dra-góns! O cuarto do meu fillo estaba cheo! Ademais é o único ser mito-lóxico que está en todas as culturas,e en todos os continentes. A diferenza é que en Asia son bos e aquí malos. Ademais procuraba que a historia co-nectase coa vida real, porque na Galiza conviviu a realidade e a maxia.

Por que ten tanta forzar literaria e mí-tica?O dragón é o ser máis poderoso. Eu quería recuperar o dragón románico, o dos nosos devanceiros e devancei-ras, aquel sobre o que se constrúe a cidade de Santiago, non o das series de televisión. Na Galiza temos dra-góns, mitoloxía e fantasía e eu quería que estivese no libro.

Eses referentes propios poden dificul-tar a súa exportación a outras cultu-ras? O camiño de Santiago é unha das vías de peregrinación do mundo. Dragal é un rapaz que se transforma en dragón no noso ámbito, mais calquera rapaz de calquera país entende o soño de voar como un dragón. A que nen@ non lle gustaría ter os seus poderes? Poño ese personaxe na Galiza porque quero que sexa galego. Se volvemos ao exemplo de Harry Potter, vemos que funciona perfectamente aquí e ten referentes británicos. No caso de Dragal non tiña por que ser un atran-co. Os dous libros xogan coa alquimia e a de Santiago é moi sólida.

a triloxía ten moitos elementos que poderían facer dela un best-seller, a atracción do medievo, o misterio, o segredo, a aventura, as catacumbas... que aparecen noutras obras con moi-to éxito. Buscou facer unha obra pa-ra gustar?Tiña un público lector a quen quería gustar e a quen lle custaba enganchar se non era con libros que el quería. Era o que precisaba. Acción, perso-

naxes que contaban, fórmulas para que estivese contenta como escrito-ra e como autora. Ao tempo non quería quedar nunha obra que non transcen-dese, buscaba que ao rematar á per-soa lectora lle quedasen varias ideas. Que atopase maxia, historia, tradición e enganches para seguir aprendendo e buscando, por exemplo, atoparse coa Traslatio, unha historia con dra-gón incluído. Na novela quero abrir novas portas.

Foi duro o proceso de documenta-ción?Esgotador. A arquitectura tiña que ser sólida. Tentei que os alicerces fosen fortes, que non caesen.

Elena Gallego Abad.

14 de setembro de 2012 14 de setembro de 2012

antes falaba de rowling, mais a bi-blioteca evoca tamén O nome da ro-sa de umberto Eco. Neste caso, un nome de gran relevancia no deba-te intelectual europeo concibe un-ha novela que se converte en éxito de vendas. Porque, en definitiva, é unha novela de detectives. Admiro a Eco e ado-rei esa novela. Como ela, Dragal ten misterio e iso engancha. Unha novela en que non pasa nada non é novela. Da mesma maneira, a miña é unha novela cinematográfica. Vese per-fectamente no booktrailer que fixe-mos para a súa promoción. Esa é un-ha das chaves para chegar ás novas xeracións, que xoga cunha linguaxe

audiovisual que lles é moi próxima. Despois de todo, o que sorprende é que esta sexa a primeira triloxía fan-tástica que se escribiu en galego.

O seu obxectivo, logo, era divertir?Era. Entendo a literatura como diver-sión, como maneira de pasalo ben. Eu fíxeno escribindo e quería que as persoas que o lesen tamén tivesen ese tempo de goce cos libros. É máis, eu divertíame cando imaxinaba o que o público lector se divertiría cando o lese. En ningún momento tiven in-tención de mostrar todo o que sei ou o que estudei.

a súa carreira literaria continuará co dragón, como as coleccións que ci-taba da súa infancia?Teño dúas obras escritas de distinta temática e agardo que unha delas se publique na primavera. Trátase dun-ha novela negra. Gustaríame escribir un best-seller galego.

Poucas persoas que escriben se atre-ven a dicir que queren ser autoras dun best-seller. Fixen Dragal para que se divertise un rapaz e o están a facer milleiros. Leva-mos vendidas catro edicións do pri-meiro volume e agardo que saia en breve a quinta. Non só é preciso fa-cer boas historias, senón tamén sa-ber vendelas. O máis bonito que me pasou é ver o dragón nos ollos d@s nen@s. Dragal ten maxia. Eu cría nesa historia e sabía onde quería ir.

Dragal ten páxina web, booktrailer e mesmo botou a andar un book-crossing por varios puntos do mun-do. Contra o que acontece con fre-cuencia, apréciase a súa vontade para que se coñeza. No mundo en que vivimos se non es-tás en internet non existes. Eu estou en facebook e en twitter porque son escritora. Cómpre abrir unha fiestra para que entren na túa obra. Cando saíu o terceiro volume tiña a idea de facer un booktrailer promovendo a obra e sei que hai persoas que foron mercar as novelas despois de velo. Coido que conseguín que teña for-za como conxunto, como triloxía e proxecto literario.

remítese á linguaxe audiovisual. Dra-gal terá continuidade ou ampliará o seu universo?Quero escribir e publicar outras obras e chegar a outros segmentos do pú-blico lector, mais tamén é certo que cando creas un mundo como este non o podes abandonar. É un tesouro. Sería estupendo que alguén do mun-do audiovisual reparase nela porque eu creo que é unha boa historia para unha película.