GUME 5

5
Nº 5_Ano II_Novembro/Decembro 07_ ADIANTE Vigo/O Morrazo Gume [lat. acumen] s. m. (1) Fío, lado afiado dun instrumento cortante. (2) Fig. Perspicacia, agudeza. Editorial Policías fascistas. Calviño dimisión! Acosos intimidatorios, malleiras ao mais puro estilo mafioso, persecucións indiscriminadas, agresións racistas e fascistas, brutais actitudes chulescas,… son cada vez mais frecuentes entre os membros da Policía Local de Vigo. O medo a sufrir as iras dos axentes municipais é cada vez mais palpábel entre a poboación viguesa por moito que estes sexan defendidos e xustificados polos políticos da corporación da Praza da Rei e pola prensa orgánica da cidade: Faro de Vigo, Localia, Atlántico, Radio Vigo-SER, Televigo,… Os casos que tiveron algunha (ou moi pouca) repercusión mediática, como a malleira salvaxe que sufríu o africano Mamadou ao carón do zoolóxico ou as agresións a hostaleiros sudamericanos na Rúa Urzáiz, foron silenciados e os seus responsábeis saíron impunes. No caso dos agresores de Mamadou, tras ser condeados, foron indultados a petición do alcalde-xuíz Pérez Mariño (Ventura “O Breve”) e do resto de grupos da cámara viguesa. O colmo desta situación foi a petición por parte dos propios policías de poder utilizar pistolas paralisantes por descarga eléctrica, as mesmas “ferramentas disuasorias” que mataron a un cidadán polaco nun aeroporto de Canadá hai poucos días. Os “defensores da lei e da orde” de Vigo chegaron a organizar, coa permisividade de Xulio Calviño, un patético “espectáculo” no que se aplicaban descargas a persoas ante as gargalladas dos axentes. A política de recrutamento do concello vigués, contratando a ex-macarras e “malotes” como axentes, ten como resultado un corpo represivo que non respecta a ninguén e que aplica a súa lei dun xeito arbitrario contra a clase traballadora e a mocidade. É esta a única cidade onde os movementos populares e anti-sistema, ao desempeñar a nosa actividade propagandística, mobilizadora e axitativa, temos mais preocupación por nos topar coa Policía Local que coa Policía “Nacional” ou coa Garda Civil. É por todo isto que a Agrupación de Vigo-O Morrazo de ADIANTE exiximos responsabilidades e a dimisión do concelleiro de “seguridade” Xulio Calviño. Non podemos permitir que unha panda de matóns continúe atemorizando a todos os vigueses e viguesas durante mais tempo.

description

Voceiro comarcal de ADIANTE vIgo

Transcript of GUME 5

Page 1: GUME 5

Nº 5_Ano II_Novembro/Decembro 07_ ADIANTE Vigo/O Morrazo

Gume [lat. acumen] s. m. (1) Fío, lado afiado dun instrumento cortante. (2) Fig. Perspicacia, agudeza.

… Editorial …

Policías fascistas. Calviño dimisión! Acosos intimidatorios, malleiras ao mais puro estilo mafioso, persecucións indiscriminadas, agresións racistas e fascistas, brutais actitudes chulescas,… son cada vez mais frecuentes entre os membros da Policía Local de Vigo. O medo a sufrir as iras dos axentes municipais é cada vez mais palpábel entre a poboación viguesa por moito que estes sexan defendidos e xustificados polos políticos da corporación da Praza da Rei e pola prensa orgánica da cidade: Faro de Vigo, Localia, Atlántico, Radio Vigo-SER, Televigo,…

Os casos que tiveron algunha (ou moi pouca) repercusión mediática, como a malleira salvaxe que sufríu o africano Mamadou ao carón do zoolóxico ou as agresións a hostaleiros sudamericanos na Rúa Urzáiz, foron silenciados e os seus responsábeis saíron impunes. No caso dos agresores de Mamadou, tras ser condeados, foron indultados a petición do alcalde-xuíz Pérez Mariño (Ventura “O Breve”) e do resto de grupos da cámara viguesa.

O colmo desta situación foi a petición por parte dos propios policías de poder utilizar pistolas paralisantes por descarga eléctrica, as mesmas “ferramentas disuasorias” que mataron a un cidadán polaco nun aeroporto de Canadá hai poucos días. Os “defensores da lei e da orde” de Vigo chegaron a organizar, coa permisividade de Xulio Calviño, un patético “espectáculo” no que se aplicaban descargas a persoas ante as gargalladas dos axentes.

A política de recrutamento do concello vigués, contratando a ex-macarras e “malotes” como axentes, ten como resultado un corpo represivo que non respecta a ninguén e que aplica a súa lei dun xeito arbitrario contra a clase traballadora e a mocidade. É esta a única cidade onde os movementos populares e anti-sistema, ao desempeñar a nosa actividade propagandística, mobilizadora e axitativa, temos mais preocupación por nos topar coa Policía Local que coa Policía “Nacional” ou coa Garda Civil.

É por todo isto que a Agrupación de Vigo-O Morrazo de ADIANTE exiximos responsabilidades e a dimisión do concelleiro de “seguridade” Xulio Calviño. Non podemos permitir que unha panda de matóns continúe atemorizando a todos os vigueses e viguesas durante mais tempo.

Page 2: GUME 5

Acción … Continúa a campaña anti-militarista Como anunciabamos no anterior exemplar deste Gume, ADIANTE comezou na nosa comarca unha campaña nacional axitativa antimilitarista que está a ter o seu

epicentro nos centros de ensino. Colantes, pintadas e murais realizados con plantillas son as principais ferramentas para espallar unha oposición frontal ás típicas campañas institucionais que perseguen enganar á mocidade galega presentando a un exército tan imperialista como o español coma unha saída laboral digna.

6-D … Manifestación pola autodeterminaciónO 6 de Decembro, día da constitución monárquica española, Causa Galiza convoca unha manifestación en Vigo baixo o lema “Pola autodeterminación. Non á constitución española” que partirá ás 12:30 dende a rúa Vía Norte.

ADIANTE, como organización xuvenil comunista e independentista que loita pola superación do marco antidemocrático que rixe a Constitución española e pola ruptura total co Estado cara unha República independente galega, chama á mocidade revolucionaria galega a acudir a esta nova mobilización polos nosos derietos nacionais e democráticos.

En MovEmeNtO_ En MovEmeNtO_ En MovEmeNtO_En M

..._A Asemblea Anti-imperialista de Vigo está a levar a cabo unha campaña contra a cipaia brigada

aerotransportada de Pontevedra baixo o lema “BRILAT mercenarios!”.

_ADIANTE celebrou a finais de Outubro a súa I Conferencia Nacional na nosa comarca, dándolle un novo

pulo á construción da organización da mocidade revolucionaria galega.

_ Unha delegación da Central Unitaria de Traballadoras/es (CUT) de Galiza, entre a que se atopaba unha

compañeira de ADIANTE, acudíu á última reunión de Federación Sindical Mundial (FSM) en Barcelona.

Page 3: GUME 5

_O Foro da Mocidade de Vigo organizou un magosto popular o pasado día 17 de Novembro na Praza do

Berbés onde houbo castañas asadas, xogos populares e música ao vivo.

_Tras un breve “silencio” sairá proximamente un novo número da revista estudantil A Gadoupa, editada

polo Grupo Revolucionario de Estudantes Independentistas (GREI) da Faculdade de Filoloxía e Tradución

de Vigo.

Asociacionismo … A Tiradoura

A Tiradoura é unha asociación cultural que naceu no concello de Cangas do Morrazo xa fai 5 anos. Creárona un grupo de amigos, do cal a maioría son habitantes deste concello, aínda que tamén hai integrantes de Moaña. Naqueles anos gobernaba o PP en Cangas, co que a política de mocidade era inexistente, este grupo de amigos quixo suplir este valeiro coa creación da Asociación Cultural A Tiradoura. Logo dos trámites burocráticos imprescindíbeis para dar de alta á asociación, víronse co problema de que non tiñan un local onde poder reunirse e realizar as súas actividades, até que un día atoparon unha vella casa abandonada en Cangas, cun pequeno galpón nun dos laterais. Unha vez que lograron arrendala comezou un duro traballo de rehabilitación, o cal foi longo e moi custoso, pero ó final conseguiron habilita-la casa, incluso facer unha lareira que no inverno emprégase entre outras cousas para quentar a casa.

Tendo xa o local habilitado comezou unha nova era para a mocidade canguesa. Unha alternativa de esquerdas para todo mozo e non tan mozo. Un local onde se realizaron incontábeis concertos de grupos alternativos, como Che Sudaka, Aspituak, Los Tres Puntos, Berri Txarrak,… todos cunha clara ieoloxía de esquerdas. A realización destes concertos é ó longo dos fins de semana de todo o ano, salvo no verán, no cal xa hai hai un gran número de concertos e festivais. Aparte de música, tamén se realizaron proxeccións de películas que foron censuradas polos medios de comunicación dos diferentes gobernos de dereitas. Un dos seus maiores logros foi a realización da Semana Antifeixista, na cal durante a semana se proxectaron películas e o local estivo aberto para que todo o mundo fose ver unha exposición de fotos da loita antifranquista, para rematar realizaron o concerto Antifeixista, único concerto que se celebra no verán, este acto lévano celebrando xa 2 anos seguidos. Tamén levan celebrando tódolos anos dende a súa creación un entroido, o mesmo que o magosto, ademais de numerosas actividades culturais.

Sen dúbida o seu maior logro foi sobrevivir o interminábeis ataques do goberno local do PP co cal conviviron ó longo de 4 anos moi duros, nos cales a garda civil, por orde expresa do goberno, non saía da porta do local, tentando impedir a realización de ningún acto. Pero non puideron con eles xa que nunca cometeron ningunha irregularidade. Este ataque por parte do PP era sinxelamente evitar que

Page 4: GUME 5

a mocidade de Cangas tivese un local alternativo no ca se cocía un sentimento de esquerda que para eles como un verme o cal tiñan que exterminar, cousa que non puideron, nin poderán xamais.

Agora que se acabou co PP en Cangas, A Tiradoura respirou pero segue ameazada polas continuas denuncias de veciños e pola especulación urbanística, xa que o terreo no que está o local de asociación ten un valor incalculábel para os construtores, posto que está situada no centro da vila, cunha superficie maior que un campo de fútbol.

Por iso temos que seguir apoiándoos, xa que o traballo que fan pola xuventude de Cangas non o fixo ninguén nunca. O mesmo pasará noutras vilas, onde as asociacións culturais son case a única alternativa para moz@s inconformes coa sociedade na que viven.

Colabora e participa nos centros sociais da nosa área !!

Rúa Romil – Vigo Lugar da Formiga – Redondela Rúa Real - Vigo

Reboredo – Cangas Rúa Toledo - Vigo Praza de Abastos – Ponteareas

_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_BPor Xosé Lois

Contacta con nós, organízate e loita!www.adiantegz.org [email protected] [email protected]

Page 5: GUME 5