GUME 10

6
Nº 10_Ano V_Maio/Xuño 10_ ADIANTE Vigo/O Morrazo Gume [lat. acumen] s. m. (1) Fío, lado afiado dun instrumento cortante. (2) Fig. Perspicacia, agudeza. 1 de Maio Adiante pola folga xeral nacional! Por moito que o sistema a través dos seus instrumentos de propaganda, os “medios de información” nos queira convencer, hoxe non é unha data ritual ou de lecer. A folcrorización desta data tan significativa para nós ven de lonxe, mais tanto o 30 de Abril, Día internacional da sabotaxe anticapitalista, coma o 1º de Maio, Día do internacionalismo proletario, son xornadas de loita nas que a clase traballadora debemos lanzar con enerxía as nosas reivindicacións e mais as nosas exixencias fronte ás/aos inimigas/os da nosa clase. Non é para nada un “festivo” máis do calendario. Son moitas/os as/os compañeiras/os que no día de hoxe están a traballar arreo, principalmente no sector servizos (hostelaría, limpeza, reparto, atención ao público e en todos os Centros Comerciais do País, auténticos parques temáticos da especulación, a explotación e o consumismo). De entre elas/es, é a mocidade -carnaza das ETT's- a que está a ocupar os postos do traballo máis precario, desprovista de dereitos laborais, sociais e mesmo sindicais, ameazada pola patronal, atemorizada pola tan útil violencia estrutural do desemprego. Non é baladí lembrar o aumento desproporcionado do desemprego no marco galego, cuxas cifras nos tiran o alento a cada pouco. Eis o senso de estarmos hoxe aquí, na rúa. Neste espazo de expresión que nos pertence. Sabendo que con esta convocatoria puntual non abonda. Conscientes de que é preciso avanzar os 365 días do ano, organizando, traballando, e loitando para reconstruír un movemento obreiro desartellado hai 30 anos polo pacto franquismo-felipismo- carrillismo. Unha organización da mocidade comunista e independentista coma ADIANTE é dona da súa función política no tempo que estamos a vivir: formar e organizar á mocidade traballadora, estudante e desempregada, ás novas camadas do pobo traballador, para responder de fronte ás agresións do sistema e construír unha realidade nova, é dicir: participar e artellar a batalla das ideas e soster no tempo as diferentes dinámicas dunha loita sen tregua.

description

Voceiro comarcal ADIANTE Vigo

Transcript of GUME 10

Page 1: GUME 10

Nº 10_Ano V_Maio/Xuño 10_ ADIANTE Vigo/O Morrazo

Gume [lat. acumen] s. m. (1) Fío, lado afiado dun instrumento cortante. (2) Fig. Perspicacia, agudeza.

… 1 de Maio

Adiante pola folga xeral nacional!Por moito que o sistema a través dos seus instrumentos de propaganda, os “medios de información” nos queira convencer, hoxe non é unha data ritual ou de lecer. A folcrorización desta data tan significativa para nós ven de lonxe, mais tanto o 30 de Abril, Día internacional da sabotaxe anticapitalista, coma o 1º de Maio, Día do internacionalismo proletario, son xornadas de loita nas que a clase traballadora debemos lanzar con enerxía as nosas reivindicacións e mais as nosas exixencias fronte ás/aos inimigas/os da nosa clase.

Non é para nada un “festivo” máis do calendario. Son moitas/os as/os compañeiras/os que no día de hoxe están a traballar arreo, principalmente no sector servizos (hostelaría, limpeza, reparto, atención ao público e en todos os Centros Comerciais do País, auténticos parques temáticos da especulación, a explotación e o consumismo). De entre elas/es, é a mocidade -carnaza das ETT's- a que está a ocupar os postos do traballo máis precario, desprovista de dereitos laborais, sociais e mesmo sindicais, ameazada pola patronal, atemorizada pola tan útil violencia estrutural do desemprego.

Non é baladí lembrar o aumento desproporcionado do desemprego no marco galego, cuxas cifras nos tiran o alento a cada pouco.

Eis o senso de estarmos hoxe aquí, na rúa. Neste espazo de expresión que nos pertence. Sabendo que con esta convocatoria puntual non abonda. Conscientes de que é preciso avanzar os 365 días do ano, organizando, traballando, e loitando para reconstruír un movemento obreiro desartellado hai 30 anos polo pacto franquismo-felipismo-carrillismo.

Unha organización da mocidade comunista e independentista coma ADIANTE é dona da súa función política no tempo que estamos a vivir:

formar e organizar á mocidade traballadora, estudante e desempregada, ás novas camadas do pobo traballador, para responder de fronte ás agresións do sistema e construír unha realidade nova, é dicir: participar e artellar a batalla das ideas e soster no tempo as diferentes dinámicas dunha loita sen tregua.

Page 2: GUME 10

E no contexto actual, de crise, de especial vulnerabilidade da clase obreira galega, só unha FOLGA XERAL pode axudarnos a medírmonos na rúa, a pasar revista ás nosas forzas, a analisar e organizar a resposta obreira, tan urxente, que deixe morto o monstro do actual sistema fraticida.

Os mesmos gobernos, as/os mesmas/os banqueiras/os, os mesmos lobbies, as/os mesmas/os empresarias/os que nos levaron da súa man a ésta crise -privatizando os beneficios e socializando as perdas-, coidan xa domesticada á clase obreira no seu conxunto, diante da súa irresponsábel pasividade. Están mesmo a se reforzar na derrota dunha clase desartellada, sen mecanismos de resposta, alienada e entregada.

Até tal punto nos consideran domésticos que invisten millóns en reclutar mozas e mozos en masa para desenvolver o rol de policías, picoletos, militares, carceleiros ou seguratas. É dicir, quérenos fieis, caladas e calados, coa disposición de defender as súas propiedades e os seus privilexios, coa disposición de maltratar e agredir á nosa clase. E rinse de nós chamándolle a esta relación de propietarios-mercenarios “traballo”.

É por isto que urxe a FOLGA XERAL NACIONAL. Unha folga xeral que non é un fin en si mesma. Unha folga xeral, impulsada no conxunto do pobo traballador galego para levar á rúa o conflito, para escenificar o disenso, para recoller a proposta dunha sociedade mellor e propagar a faísca, prendela en niveis máis elevados de loita, izar o estandarte da auto-organización da nosa clase, da recuperación da nosa auto-estima, da reconstrución do movemento obreiro galego e combativo no camiño da nosa total emancipación nacional e social.

Que viva o internacionalismo proletario! Viva Galiza ceibe e socialista! ADIANTE XA, COA FOLGA XERAL!

… Actividades en marzo

ADIANTE coorganizou coa CUT os actos de reinvindicación-memoria do Día da Clase Obreira Galega en Vigo, o 10 de marzo na rúa Eduardo Iglesias ao carón da tenda de Adolfo Domínguez. Durante a concentración desenvolveuse un acto político no que interviron compañeiros e compañeiras de ADIANTE (Secretario de Organización e Secretaria de Zona de Vigo) e da CUT (Secretario Xeral e Secretario Comarcal), axitando sobre a necesidade da convocatoria dunha Folga Xeral Nacional para

responder na rúa á actual crise sistémica que goberno e capital financeiro (os verdadeiros culpábeis) están a cargar sobre o lombo da clase obreira galega, especialmente da mocidade.

Chamouse pois a participar neste acto de resposta política ás agresións da patroal (sintetizadas na figura de Adolfo Domínguez, que ven de pedir con descaro o despedimento libre) e de acumulación de forzas para poñer sobre a mesa a urxencia desa Xornada Nacional de Loita.

O sábado 13 de marzo, ás 22:00 horas na Sala Farándula celebrouse, organizado tamén por ADIANTE, un concorrido concerto de Ulträqäns e Ataque Escampe, no cal intervion de novo os máximos responsáeis a nivel nacional de ADIANTE e da CUT.

Page 3: GUME 10

… Represión por defender o galego

Por mor da crecente represión económica á que o Estado Imperialista Español somete tanto á esquerda independentista coma aos movementos populares galegos, ADIANTE decidíu activar a CR1 (ou 1ª Caixa de Resistencia), editar uns bonos solidarios -cuxos ingresos irán directamente á citada CR1-, e planificar outras actividades das que iremos dando conta.

Os fondos desta 1ª Caixa de Resistencia servirán, sempre na medida das súas posibilidades, para sufragar as multas ou sancións de carácter político que a xustiza española impoña a membros (militantes ou colaboradoras/es) de ADIANTE ou doutras entidades populares que carezan de fondos de resistencia.

Nomeadamente, a primeira emisión de bonos solidarios, están pensados para recadar fondos para esta CR1 ante a posibilidade de que proximamente comecen a chover sancións polos feitos acontecidos en Vigo a 20 de Febreiro de 2008 diante do acto ultra e galegófobo celebrado no Teatro García Barbón (Caixanova).

Cómpre lembrar que a raíz daquela violenta carga policial hai ducias de persoas represaliadas e ameazadas con elevadas multas, e de que a un membro de ADIANTE lle piden de 2 a 4 anos de prisión despois de ter sido agredido, detido, maltratado e privado de liberdade durante 20 horas na noite do 20 ao 21 de Febreiro.

Os bonos estarán á venda nos Centros Sociais da comarca viguesa e nos actos que organice -ou nos que participe- ADIANTE nos próximos meses. Para ingresar aportacións económicas na 1ª Caixa de Resistencia o número de conta é o 0031 0015 82 1121002388 do Banco Echeverría, co concepto CR1.

Todas as aportacións, por cativas que sexan, son moi importantes para frearlle os pés á estratexia de represión económica que pretende afogar á disidencia galega. Por iso facemos un apelo á solidariedade, tan difícil de aportar nestes tempos que padecemos, pero que axudará a continuar a loita por subvertermos tal situación.

En MovEmeNtO_ En MovEmeNtO_En MovEmeNtO_En Movemento_E

..._Dentro da nosa campaña nacional de expansión organizativa, o 28 de Xaneiro en Vigo e o 20 de Marzo en Cangas do Morrazo, ADIANTE convocou sendas Asembleas Abertas para informar ás persoas interesadas sobre as actividades da nosa Organización. Como resultado destas Asembleas, o Comité de Zona Vigo-O Morrazo foi reorganizado, creándose así o Comité de zona de Vigo e o Comité de Zona O Morrazo-Pontevedra.

Page 4: GUME 10

_Durante todo este ano 2010 a Frente Popular Galega vai desenrolar o seu Proceso de Debate FPG2010. Con este proceso asemblear o partido comunista e independetista pretende deseñar dun xeito global e participativo as liñas estratéxicas e tácticas para o seu accionar nos vindeiros anos.

_Malia o acoso permanente da Garda Civil, a entidade soberanista e autodeterminista Causa Galiza organizou con éxito o pasado sábado 24 de Abril un acto en Carral en homenaxe aos mátires do levantemento independentista de 1846._A Coordinadora do Metal da CUT leva editados dende o outono dúas entregas do seu voceiro Ingre._Unha delegación do Comité Nacional de ADIANTE participou o pasado 1 de Abril nas Xornadas internacionalistas GaztEHerria e na presentación en Gernika (Euskal Herria) do manifesto “Civil & Political Rights for the Basque Youth” asinado por mais de 50 organización xuvenís do mundo._O IV Congreso da CUT, celebrado en Cangas, aprovou unha resolcuón presntada por camaradas de ADIANTE que insta á creación de Áreas da Mocidade nas distintas Unións Comarcais da central sindical.

Colabora e participa nos centros sociais da nosa área !!

Rúa Romil – Vigo Lugar da Formiga – Redondela Rúa Real – Vigo Gonzalo Gallas - Pontevedra

Reboredo – Cangas Rúa Toledo - Vigo Praza de Abastos – Ponteareas Xulián Estévez - Teis

_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd__por Anxo Estévez

Contacta con nós, organízate e loita!www.adiantegz.org [email protected] [email protected]

Page 5: GUME 10
Page 6: GUME 10