Guia de lecturas de Poesía 2009
-
Upload
biblioteca-escolar-milladoiro -
Category
Documents
-
view
228 -
download
8
description
Transcript of Guia de lecturas de Poesía 2009
3º ciclo Si, son romances. Coa forma de toda a vida, pero reformados na temática e cheos de humor!
Antón Cortizas debeuno pasar pipa escribindo este libro.
Historias e algún percance, todas ditas en romance
Ed. Galaxia. Colecc. Árbore
Selección de 100 poemas de 46 autores feita por Álvarez Cáccamo.
Desde os clásicos como Rosalía ate os actuais como Gloria Sánchez.
O libro dos cen poemas
Unha pequena xoia publicada por Espiral Maior.
www. bemilladoiro.blogspot.com [email protected]
Biblioteca de Ceip. Milladoiro
180 poemas de 80 poetas. Fran Alonso quixo facer unha escolma poética para os que non len poesía.
Quixo desmontar o mito de que a poesía é aburrida, romántica, difícil… e seleccionou os poemas con esta intención.
¿O resultado? Un libro impresionante. Xa verás.
Poetízate
Ed. Xerais. Colecc. Fóra de xogo
Os poemas son coma todo: hainos longos, curtos... Hainos de risa, de medo, de amor, de burla, de pena...
Ler poesía calma o corazón, ordena o pensamento e equilibra os sentidos.
Xa o sabes:
¿Un problema?.... ¡Un poema!
Biblioteca escolar do Milladoiro
21 de Marzo Día da Poesía
Os poemas son para ler en voz alta. Ou para que chos lean,
É así cando soltan todo o seu aroma, toda a música que levan dentro.
Porque un poema, sempre, sempre ten música.
Os poemas van directamente dirixidos ó corazón, ós sentidos:
Gústame, Non me gusta
Esto é o primerio que sentimos,
cando sentimos un poema.
Despois. Despois é cando sube ata a cabeza e comezamos a saber por que . Por que nos gusta, ou non.
Os poemas son a comida dos sentimentos. A alegría, a dor, a pena, o amor… despois de oir un poema sempre resultan aliviados.
¡Proba!
21 de Marzo Día da Poesía E. Infantil e 1º ciclo
¿Imaxinas unha marmota que non poida durmir? Pois eso é o problema de Carlota.
Tenra e divertida historia escrita por Miro Villar e debuxada por Enjamio.
Carlota a marmota
Ed. Xerais.Colección Merliño.
Os contos clásicos sabiamente reinterpretados con forma poética por Ana Mª Fernández neste libro ilustrado por Enjamio.
A casa de había vez.
Ed. Xerais. Colecc. Merlín
Unha reedición deste libro que xa é un clásico de Palmira G. Boullosa. Ilustrado por RuAn .
Adiviñas tradicionais, das que lles contaban a papá e mamá cando eran coma ti.
Ed. Galaxia. Colecc. Tartaruga
2º ciclo 25 adiviñas que teñen como protagonistas a animais. Fermosas e cantarinas neste libro de Gloria Sánchez ilustrado por Oscar Villán.
Adiviñas de animais
Ed. .Obradoiro-Alfaguara
Colecc. Primeiros Lectores
Xa é un clásico pero, coma os clásicos, nunca nos cansaremos de lelo e encomendarlo. Para ler, para que cho lean, para memorizar, para cantar… sempre serán os teus aliados estes Soños na gaiola de Manuel María
Ed. Xerais. Colecc. Merlín
De Antonio García Teijeiro chégannos estes Ventos que xa non son novos. Pero ti sí.
Volvemos, por tanto, encomendar libro no que todos, tódolos poemas arrecenden a sensibilidade e música.
Ed. .Xerais Colecc. Merlín