Grupo de Teatro Sénior Afundaciónafundacion.org/.../diptico_vellos_namorados_santiago.pdf ·...
Transcript of Grupo de Teatro Sénior Afundaciónafundacion.org/.../diptico_vellos_namorados_santiago.pdf ·...
O Grupo de Teatro Sénior
Afundación presenta a obra Vellos
namorados, unha adaptación de
Os vellos non deben de namorarse,
de Castelao, realizada polo director
do grupo, Víctor Díaz Barús.
Esta farsa en tres actos e epílogo
satiriza sobre o amor e a morte
de tres vellos imprudentes. Tres
amores serodios, tres vellos que
namoran de tres mozas e como
estas se aproveitan deles nun xogo
de comedia. A peza mostra o medo
á soidade humana mais tamén a
necesidade de amar e ser amado.
O Grupo de Teatro Sénior
Afundación formouse no ano
1984. Na actualidade está
integrado por 24 actores e actrices
de idades comprendidas entre
os 60 e os 90 anos. Algúns dos
seus compoñentes participaron
en varias series de televisión
(Mareas Vivas, Libro de familia,
Serramoura… ), longametraxes (O
lapis do carpinteiro) e anuncios
publicitarios. O grupo ten recibido
numerosos premios en certames
de teatro afeccionado, tanto no
ámbito galego coma no nacional.
O Grupo de Teatro Sénior Afundación
«A xente moza asómbrase de que nós, coa nosa idade, poidamos facer todo o que facemos. Dixéronnolo moitas veces: o traballo de interpretar, de memorizar… Deben de crer que, como somos maiores, xa non somos capaces de aprender un texto de memoria.»
«O teatro é un mundo á parte, sácame da miña vida cotiá para adentrame noutro mundo. Axúdame a evadirme, a desconectar dos problemas cotiáns, enriquéceme… Encántame! O que máis sinto é non ter comezado antes.»
TesTemuños de inTegranTes do grupo de TeaTro sénior afundación
«Un gran traballo coral que superou as miñas expectativas. Merece mención especial a interpretación de don Ramón.»
«Unha obra divertida, magnificamente representada, que che fai pasar un rato moi agradable.»
«Unha montaxe sinxela aínda que ben resolta, abondo para envolver e arroupar a representación.»
opinións de especTadores á saída da represenTación Os VellOs NamOradOs
A recadación será destinada á Asociación Galega de Transplantados de
Medula Ósea (ASOTRAME), asociación sen fin de lucro que colabora
en proxectos de investigación do cáncer hematolóxico, informa e
sensibiliza sobre a importancia da doazón de medula ósea e dá soporte
emocional a pacientes e familiares que conviven coa enfermidade.