Galiza no programa Pagus -...

126

Transcript of Galiza no programa Pagus -...

Page 1: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María
Page 2: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

3

Galiza no programa Pagus

Page 3: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

4

© Xunta de GaliciaConsellería de Vivenda e Solo

Todos os dereitos reservados

Depósito Legal: xxxxx

Page 4: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

5

Galiza no programa Pagus

Coordinación da publicaciónEva María Reza PazIdoia Camiruaga Osés Aurora García-Boente Carro

Page 5: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

6

Page 6: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

7

Índice

Función social da Arquitectura e o Urbanismo 9Leccións, ensinanzas e consellos do Pagus 11O Programa Pagus 13Estrutura do Pagus 16Rexións participantes 18Proxectos executados polos concellos galegos 29Allariz 31 Proxecto 4B. Ágora Virtual 36Celanova 43 Proxecto 4D. Cidades Históricas Dixitais 45Ferrol 51 Proxecto 4B. Ágora Virtual 55Lugo 61 Proxecto 3B. C-Enter "Accesibilidade e Mobilidade“ 66 Proxecto 4C. Museo Virtual 69Mondoñedo 73 Proxecto 4C. Museo Virtual 77Ribadavia 81 Proxecto 3B. C-Enter "Accesibilidade e Mobilidade” 86 Proxecto 4D. Cidades Históricas Dixitais 91Ribadeo 95 Proxecto 3C. Sistemas de Transporte Innovadores 99 Proxecto 4C. Museo Virtual 102Santiago 107 Proxecto 2 A. Capacitación de técnicos 110 Proxecto 2 B. Capacitación de artesáns 110 Proxecto 2 C. Capacitación de xestores públicos 110 Proxecto 2 D. M.A.G.U.S. Xestión e goberno 111 Vigo 117 Proxecto 3B. C-Enter "Accesibilidade e Mobilidade“ 122

Page 7: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

88

Page 8: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

9

Función social da Arquitectura e o Urbanismo

Unha das cuestións que máis preocupan aos galegos e galegas é a vivenda e como esta intervén no territorio. Polo tanto, temos unha grande responsabili-dade social con este país, a responsabilidade social da arquitectura.Sen dúbida, a arquitectura do Movemento Moderno foi a que estivo vinculada dende un principio a este sentido social, porque xurdía dunha fonda revolu-ción cultural que fi xo que se manifestase dun xeito máis democrático, e con-secuentemente, dun novo poder socioeconómico.É evidente que esta democratización na arquitectura se expresou de forma máis contundente nos equipamentos públicos: hospitais, escolas, bibliote-cas… E, sobre todo, na vivenda social, xa que un dos obxectivos fundamentais era mellorar o hábitat das clases obreiras que orientaron o traballo dalgúns dos mellores arquitectos do Movemento Moderno.Nunca as propostas arquitectónicas e urbanísticas se mostraron tan rotun-damente e con tanta claridade cun único fi n: dinamizar e concretar esa nova situación social que traía o século XX.Nesta dirección é na que temos que traballar dende agora, e este é o reto ao que vos convido: temos que poñer todo o coñecemento ao servizo das necesi-dades da sociedade galega para acadar vivenda de calidade arquitectónica, in-tegrada con sensibilidade no territorio e a prezos alcanzables para os salarios medios deste país. A vivenda de calidade non pode ser privilexio duns poucos, senón un dereito de todos e todas, e para iso traballaremos dende a Conse-llería de Vivenda e Solo. Non renunciando a facer arquitectura de calidade, a investigar, a innovar, pero sen esquecer que a vivenda e o seu contorno son os espazos de convivencia e, na medida que sexan de calidade e ao alcance de todos, contribuiremos a facer unha sociedade mellor.Neste comezo do novo século, as necesidades que xorden son produto dun poderoso mercado global que rapidamente está facendo obsoletas as frontei-ras. Todo isto entraña profundas transformacións, primando certas rexións en detrimento doutras e xerando marxinación e vulnerabilidade social, xa que se trata de cambios económicos, sociais e tecnolóxicos tan fondos como com-plexos.Unha nova economía global que se estrutura en torno a redes de cidades, é dicir, a territorios urbanos extensos, grandes áreas metropolitanas nas que paradoxalmente se acumulan a maior riqueza e a maior pobreza. O reto social da arquitectura e do urbanismo non será outro que refl exionar e facer fronte a

Page 9: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

10

este novo desafío, xa que é nestes espazos onde os procesos de integración e exclusión social son máis evidentes.O novo urbanismo terá que lle dar resposta á nova articulación socio-espacial das cidades e, polo tanto, do noso territorio. Debemos intuír as solucións, xa que cando a sociedade se transforma, a arquitectura debe responder a esas no-vas realidades, propoñendo novos modos de habitar. Concibir o espazo público como un teatro de relacións sociais aleatorias, anónimas, pero sobre todo de cohesión e equilibrio. Lonxe queda xa a Carta de Atenas, ese manifesto do ur-banismo moderno que zonifi cou segundo os distintos usos. A resposta a estas novas realidades deberá ser outra.Evidentemente existen xa respostas a estes procesos urbanos de desigualda-de, como son os propios planos integrais de intervención urbana que se pro-moveron en Europa nos últimos anos, pero a arquitectura terá que xerar eses novos espazos colectivos neste mundo globalizado.A arquitectura esqueceu ou quixo relegar o seu papel de transformar a socie-dade, o cal podería ser unha simple evasión ensimesmada coa que poder afron-tar a desorde, a especulación e o caos imperante. Elementos arquitectónicos rotundos, de sutís xeometrías, audaces, vangardistas, extraordinarios dese-ños…, pero afastados de calquera intención de conciliación cos obxectivos de cohesión social e transformación.Quizais o reto non é outro que contribuír a equilibrar socialmente, evitando converterse en testemuña das diferenzas e modos de vida que nacen da ren-dibilidade das distintas funcións e actividades. É posible que esta sexa unha das nosas maiores responsabilidades, e un modo activo e efi caz de levala a cabo será confi gurar os novos espazos privados e colectivos, planifi cando en defi nitiva arquitecturas máis integradas, máis sutentables e igualitarias, que permitan un mellor desenvolvemento das actividades humanas.O pensamento e a refl exión, nunha época na que se perdeu a piedade de pre-guntar e, polo tanto, de buscar respostas, serán os que manteñan vixente a implicación no aspecto social da arquitectura e do urbanismo. A isto é ao que vos convido.

Dna. Teresa Táboas VeleiroConselleira de Vivenda e Solo

Page 10: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

11

Leccións, ensinanzas e consellos do Pagus

A capacitación de técnicos, sociólogos e xestores especializados nos núcleos históricos viuse moi necesaria como política europea, xa que lle facilita ao ci-dadán con intención rehabilitadora dispoñer de profesionais preparados para afrontar as diferentes intervencións. O impacto deste proxecto levou á concienciación dos axentes intervenientes buscando así un modelo transferible de mellor utilización do patrimonio in-mobiliario existente e a recualifi cación dos centros históricos respectando as súas características iniciais, sobre todo no que se refi re á poboación, buscando mellorar a calidade de vida dos residentes e visitantes, e de asegurar a infor-mación e a implicación dos cidadáns na xestión urbana.A través das numerosas notas en prensa nas que se difundiron as actividades e proxectos realizados, conseguiuse que os residentes e usuarios dos núcleos históricos valoren o contorno no que viven.Ademais, mediante a organización de Aulas ou seminarios en cada unha das rexións participantes, ás que se desprazaron expertos das demais rexións, fi xo posible a optimización dos fondos estruturais e dos recursos nacionais e rexionais implicando o sector privado e concentrando as intervencións en programas integrados, que grazas á boa acollida e ás expectativas de futuro serán duradeiros no tempo, co que se aumentará o valor económico do patri-monio dos centros históricos, que nalgunhas zonas das rexións participantes esta moi degradado e precisa de políticas europeas específi cas como motor de impulso de cambio e posta en valor.As novas tecnoloxías son unha ferramenta para a mellora dos sistemas infor-mativos nos núcleos históricos. Porén, cómpre previr sobre a posible confusión de utilización da tecnoloxía como fi n e non como medio. É necesario transcen-der a súa espectacularidade e a súa liturxia para ter presente os obxectivos informativos sociais que se pretenden.A representación do patrimonio desaparecido por ordenador debe ser unha política europea xa que, mediante a emoción da observación do pasado, o ci-dadán se identifi ca coa súa historia e disporá dunha maior sensibilidade á hora de rehabilitar a súa propia vivenda, axudando así mesmo os demais axentes interviñentes para afrontar o proceso rehabilitador do patrimonio.

Dna. Aurora García-Boente CarroCoordinadora do compoñente 2 e referente dos compoñentes 3 e 4 do Pagus en Galiza

Page 11: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

12

Page 12: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

13

O programa Pagus

O Programa de Apoio á Xestión Urbana Sustentable (PAGUS) é unha Operación Marco Rexional (OMR) que se desenvolveu no ámbito da zona Sur do Programa INTERREG III-C da Comisión Europea.O seu obxectivo principal é desenvolver estratexias e instrumentos comúns para a rehabilitación sustentable e desenvolvemento dos centros históricos das cidades europeas a través de diferentes tipos de accións integradas.A modalidade de intervención da Operación Marco Rexional fundaméntase na acción coordinada das autoridades rexionais do programa para fomen-tar, apoiar e facilitar a acción concertada de entidades locais destas mesmas rexións que resultan benefi ciarias de proxectos concretos.

Antecedentes

A iniciativa Pagus foi xestándose durante o ano 2003 a partir da experien-cia obtida como resultado da realización de obradoiros de rehabilitación en Santiago de Compostela e a colaboración entre técnicos de varias das rexións participantes para estender e enriquecer esta experiencia. Tras ser aprobada a OMR pola Autoridade Única de Xestión de Interreg III-C Sur, en 2004 subscribiuse o Convenio entre os socios participantes. Nel recó-llense os detalles de organización e relación entre os socios rexionais polos que se gobernou este programa. Desde entón, e baixo o liderado de Umbría, executouse o Programa Pagus nun período de 39 meses.

Liñas de actuación dos proxectos

As actividades que se desenvolveron dentro do Programa PAGUS foron:

- Accións de mellora da cualifi cación dos técnicos e responsables administrati-vos en materia de planifi cación e xestión de proxectos de renovación urbana.

- Realización de estudos sobre accesibilidade aos centros históricos.- Elaboración de proxectos de utilización da comunicación e novas tecnoloxías

para a revalorización do uso de centros históricos.

13

Page 13: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

14

Para iso puxéronse en marcha instrumentos operativos compartidos entre as 52 entidades locais participantes nas seis rexións do programa. Estes instru-mentos fomentaron a transferencia de experiencias e prácticas entre os socios participantes, implicando, polo tanto, a realización de proxectos comúns e o contacto continuo e enriquecedor entre eles.

Financiamento

Os recursos económicos empregados no desenvolvemento do Programa Pagus proviñeron do compromiso de fi nanciamento FEDER que achegou a maior parte do orzamento total. A cantidade restante é achegada polas distintas rexións participantes.

Coordinación e xestión do Programa

O desenvolvemento do Programa Pagus coordínase e xestiona a través da se-guinte estrutura:

- Comité de Seguimento (CS) encargado de dar as orientacións estratéxicas. Composto polos representantes legais dos socios participantes, o director do proxecto e o seu xerente.

- Comité de Pilotaxe (CP). Centro decisivo do programa, asume a coordinación e avaliación dos proxectos e das actividades operativas, así como os infor-mes para a autoridade do programa. Está composto por representantes de cada unha das rexións e polo director, o xerente e o responsable fi nanceiro do programa.

- Comités Rexionais compostos por un representante da rexión e polos socios locais participantes na rexión, contando coa participación de expertos.

Á Rexión de Umbria, como interlocutor ante a Comisión Europea, correspón-delle a coordinación xeral técnica e administrativa no plano interrexional, así como o seguimento do programa e a distribución dos recursos comunitarios.A cada un dos socios principais correspóndelles a coordinación e a xestión das operacións no seu territorio, nos planos técnico e administrativo. Cada un de-les debe asegurar a organización dos distintos compoñentes no seu territorio e os fi nanciamentos comunitarios que lles sexan asignados, así como o control e seguimento dos proxectos dos que a súa rexión sexa responsable.

14

Page 14: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

15

A xestión diaria nos planos global e rexional garántese, respectivamente, a través de:

- Unha Célula de Coordinación (CdC) encargada da coordinación central do programa nos planos administrativo e económico.

- Os Coordinadores Rexionais (CR) que, designados por cada un dos socios prin-cipais, asumen a relación coa CdC e cos seus homólogos doutras rexións.

O programa Pagus

Page 15: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

16

Estrutura do Pagus

O Programa desenvolveuse seguindo unha estrutura de cinco compoñentes coas seguintes características:

Compoñente 1. Xestión e CoordinaciónInclúe a organización e coherencia da posta en marcha da estratexia inte-rrexional da Operación Marco Rexional a través da xestión técnica das activida-des e o rigor na xestión dos compoñentes e proxectos mediante unha xestión fi nanceira centralizada.O socio responsable deste compoñente foi a Rexión de Umbria, coa axuda da Célula de Coordinación baixo as directrices dos Comités de Seguimento e de Pilotaxe.

Compoñente 2. Cualifi cación de técnicosMellora da cualifi cación dos profesionais da renovación urbana a través de se-minarios de intercambio de experiencias, visitas e cursos.O socio responsable deste compoñente foi o Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia.

Compoñente 3. Mobilidade urbanaAccións destinadas á mellora da mobilidade nos centros históricos como con-dición necesaria para garantir a viabilidade e o equilibrio a longo prazo das intervencións de renovación urbana en centros históricos. Socio responsable: AMAVE (Norte de Portugal) co apoio técnico da Rexión de Umbría.

Compoñente 4. Comunicación e novas tecnoloxías Mellora dos sistemas de información para os usuarios dos centros históricos a través da análise de experiencias e de modelos integrados.Actúa como socio responsable a Empresa Pública de Suelo de Andalucía da Jun-ta de Andalucía.

Page 16: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

17

Compoñente 5. Difusión de mellores prácticasIntegración dos resultados dos compoñentes e os seus proxectos na elabora-ción das estratexias rexionais de desenvolvemento urbano máis efi cientes e o estudo da contribución estratéxica da cooperación interrexional. O socio responsable é a Rexión de Umbria.O desenvolvemento temporal das actividades iniciouse en 2004 e a súa fi nali-zación está prevista en xuño de 2007.

O programa Pagus

Page 17: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

18

Rexións participantes

Os socios que participan no Programa Pagus son:

- Rexión de Umbría, que actúa como coordinadora- Instituto Galego de Vivenda e Solo (Xunta de Galicia) - Empresa Pública de Suelo de Andalucía (Junta de Andalucía)- AMAVE (Asociación Municipal do Norte de Portugal)- Macedonia Este /Tracia (Grecia)- Malta

Page 18: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

19

O programa Pagus

Page 19: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

20

Page 20: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

21

O programa Pagus

Page 21: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

22

Page 22: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

23

O programa Pagus

Page 23: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

24

Page 24: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

25

O programa Pagus

Page 25: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

26

Page 26: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

27

O programa Pagus

Page 27: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

28

Page 28: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

29

Proxectos executados polos concellos galegos

Page 29: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

30

Page 30: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

31

Allariz

Persoa de contacto Cristina ÁlvarezE-mail [email protected]úmero de habitantes da cidade 5.550Data 16/02/2007Número de habitantes do núcleo histórico 1.200Data 16/02/2007Outros datos poboacionais 2.864 habitantes en núcleo urbano2.686 habitantes en territorio ruralNacementos 2006 46 (20 mulleres e 26 homes)Institución Concello de AllarizSuperfi cie aproximada do núcleo urbano 125 ha área urbana8.539 ha superfi cie do territorioSuperfi cie aproximada do núcleo histórico 28,9 haWeb www.allariz.com

Datos descritivos

Allariz é un concello da provincia de Ourense de 85 km2 e 92 núcleos de po-boación distribuídos en 14 parroquias, o que dá unha idea da dispersión po-boacional existente (63 h/km2). Conta cunha poboación de 5.550 habitantes. O municipio está cruzado de leste a oeste polo río Arnoia, accidente xeográfi co presente en moitos episodios da vida e economía da poboación allaricense.Allariz foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1971 facendo xustiza a un rico legado arquitectónico e cultural presente no seu núcleo histórico.O topónimo Allariz lévanos ao século VI, cando a presenza sueva na comarca crea Vila Alaricii. Iníciase en 1990 a posta en marcha de accións e programas centrados na explotación dos recursos nomeados; agora, despois de 16 anos, boa parte dos resultados demostran que a planifi cación xenérica formulada ía cambiar o rumbo do municipio.Froito do traballo realizado, o Consello Europeo de Urbanismo concédelle a Allariz en 1994 un premio polo Proxecto de Recuperación Integral do Conxunto Histórico-Artístico de Allariz e o seu Río.

Page 31: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

32

Inclusión de Allariz no Programa Hábitat de Boas Prácticas auspiciado pola ONU, anos 1996 e 2004. En 2000, Premio da Crítica polas súas actuacións no campo da cultura e da recuperación etnográfi ca. No ano 2006 recibe o reco-ñecemento de Reserva da Biosfera, xunto con tres concellos máis da zona. En 2006 recibe o recoñecemento Vila Mensaxeira da Nova Cultura da Auga.En canto ao problema máis importante do núcleo histórico, é a difi cultade de canalización de novos servizos (telefonía, cable TV...), xa que o núcleo está completamente empedrado.

Participación en proxectos europeos

O Concello de Allariz participou no programa Pagus, no subproxecto 4B – Ágo-ra Virtual. Partenariado. Câmara de Ponte de Lima (Portugal), Centro Multi-mediale di Terni (Italia), Concello de Ferrol, Xerencia de Urbanismo de Sevilla –xefe de fi la.Art. 10 FEDER. Ceiact: para a valorización da artesanía e o espectáculo; 8 altas no sector artesanal e 2 compañías de teatro amateur. Socios: Bélxica, Francia, Portugal e Galiza.Art. 6 Fondo Social Europeo. Pacte. Mellora da organización do traballo, cen-trado na formación de empresarios/as. Socios: Francia, Finlandia e Galiza.Iniciativa ENEA: Programa Maiores! Impulso das persoas maiores na sociedade civil europea. Socios: Italia, Portugal e Galiza.Iniciativa comunitaria Save. Estudo e boas prácticas de aforro enerxético. So-cios: Escocia, IDAE do Ministerio de Industria, Austria e Galiza.

Políticas urbanas

O Concello de Allariz desenvolveu nos últimos quince anos diferentes accións que contribuíron á ordenación, rehabilitación e conservación do núcleo his-tórico de Allariz.

1994. Normas subsidiarias de planeamento urbanístico1995. Plan especial de ordenación, conservación, protección e reforma inte-

rior do núcleo histórico 1996. Declaración área de rehabilitación integrada1996. Sinatura convenio de rehabilitación do núcleo histórico2003. Plan xeral de ordenación municipal

Page 32: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

33

Accións de participación da cidade en temas transversais de interese europeo

As políticas transversais europeas estiveron e seguen a estar presentes no noso traballo local. A xestión local do Concello de Allariz en relación coas políticas de xénero vense reforzadas pola publicación no ano 2006 do I Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres. En canto ao relacionado con políticas medioambientais e de desenvolvemento susten-table, a nosa xestión facilitou o recoñecemento, xunto cos concellos da Bola, Vilar de Santos e Rairiz de Veiga, de Reserva da Biosfera, polo Programa Home Biosfera da UNESCO no ano 2006, pola importante conservación do territorio, e a posta en marcha de políticas de desenvolvemento sustentable extrapola-bles a outros territorios.

Webs sobre información de xestión urbana e sobre información turística

www.allariz.comwww.renovacion-urbana.net

Allariz

Page 33: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

34

Page 34: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

35

Page 35: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

36

Proxecto 4B. Ágora Virtual

Institución Concello de AllarizNome do subproxecto Ágora VirtualAcrónimo e Compoñente 4BOrzamento 50.000 €Equipo de traballoMaría Cristina Álvarez Quintas (Responsable local), Celestino Feijoo Rodríguez (Técnico local), Nieves Cid Borrajo (Administrativa), Carlos Fernández Durán (Técnico local).

Realizacións do socio local no subproxecto

Primeiramente realizouse un estudo de diagnóstico do concello sobre o que poder traballar. Implicáronse de maneira interdisciplinar recursos técnicos e humanos da ins-titución.Coa colaboración de técnicos externos realízase o deseño dun portal de urba-nismo que se inclúe no portal municipal: www.allariz.com. A dita ferramenta favoreceu as relacións cidadanía-institución de maneira recíproca (valorado isto sobre datos de uso obxectivos, referenciados en gráfi cos deste informe).Aproveitando a existencia da radio municipal, Radio Allariz, deséñase un pro-grama de participación directa, que contribúe á comunicación de todo o te-rritorio –o noso municipio, como moitos de Galiza, ten unha alta dispersión poboacional– e que establece un feedback da xestión municipal. Así nace Ao mediodía, un magazine que comeza a súa emisión o 01/10/2006 (en edición de luns a venres en prime time); o obxectivo é achegar a xestión á poboación e a cidadanía á institución. Tratando de achegar a radio a toda a cidadanía, in-troduciuse a radio local pola TV por cable (o casco histórico está cableado para evitar antenas), xa que o núcleo histórico tiña moitas sombras de recepción da emisión de radio local.Todo isto conxúgase no portal municipal, xa que a radio emite on line a través deste.

Page 36: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

37

Resultados obtidos

Para valorar os resultados obtidos, tras a implementación do proxecto piloto en Allariz, é necesario diferenciar:

- Resultados cualitativos: a participación da cidadanía en procesos de xestión municipal mellorou e incrementouse en moitos casos; colectivos, sectores e particulares contribuíron á creación, posta en marcha e desenvolvemento dunha maneira importante do programa de radio Ao mediodía, o que incre-mentou o uso da radio municipal.

- Resultados cuantitativos: refl ectidos nas estatísticas de uso do portal muni-cipal e da radio on line (referenciadas nos gráfi cos). Inmellorables.

En defi nitiva, tras dous anos de proxecto a mellora da comunicación, dunha maneira bidireccional cidadanía-institución, é unha obviedade.

Efectos previstos

Na presentación inicial do proxecto piloto contemplábase a necesidade de crear un canal de comunicación fl uído entre institución e cidadanía que mello-rase a participación desta última na xestión municipal.A participación da poboación en asembleas e plenos municipais valórase de xeito moi positivo desde a institución, ao ter a oportunidade de coñecer e opi-nar sobre os proxectos programados polo Concello. Nisto interveu un medio de comunicación tan usado como é a radio, cunha política de proximidade que facilitou a intervención de calquera cidadá ou cidadán de a pé.Toda a cidadanía contribúe á construción da información e, como non, dalgún modo á xestión municipal.Valórase de maneira moi positiva o forte peso do asociacionismo no noso mu-nicipio: 22 colectivos veciñais, 5 entidades económicas, 1 cultural e 2 sociais son mostra disto, nun municipio de 5.550 habitantes.

Actividades de difusión

Ao longo do proxecto piloto realizáronse varias accións de divulgación deste, dentro e fóra do municipio:

Allariz

Page 37: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

38

- Portal municipal. www.allariz.com. Cunha sección específi ca de urbanismo, unha de comunicación e a conexión on line da radio local.

- Radio municipal. Radio Allariz. Posta en marcha dun magazine (Ao medio-día) en 01/10/2006, que aborda temáticas de interese popular, coa inter-vención directa da poboación.

- CD interactivo. Edición dun CD interactivo que recolle o máis importante do traballo local, con funcións de actualización en conexión de internet.

- Punto de información urbanística. Creación dun punto de información dos aspectos máis importantes dentro da área de urbanismo.

- Difusión en prensa e TV do noso proxecto.

Expectativas de continuidade

Desde o principio a nosa concepción é de continuidade. Ágora Virtual facilitou o inicio dun camiño, pero o Concello de Allariz integrou o proxecto local reali-zado nestes dous anos na xestión municipal, xa que este proxecto foi confor-mado seguindo unha liña de coherencia co xa realizado desde hai anos.O proxecto Ágora Virtual ampliou a liña de traballo en varios aspectos: coñe-cemento doutras experiencias coa conseguinte aprendizaxe, iniciando canles de colaboración (por ex.: Allariz-Ponte de Lima), participación en proxectos novos relacionados con dinamización social: bancos de tempo coa Vicepresi-dencia da Xunta de Galicia e Programa de Dinamización da Sociedade da Infor-mación coa Consellería de Innovación e Industria.A continuidade tamén se entrevé no funcionamento do proxecto piloto: web e programa de radio seguen activos neste momento.

Vinculación coas políticas transversais europeas

As políticas transversais europeas estiveron e seguen estando presentes no noso traballo local. A xestión local do Concello de Allariz en relación coas políticas de xénero vense reforzadas pola publicación no ano 2006 do I Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres. En canto ao relacionado con políticas medioambientais e de desenvolvemento susten-table, a nosa xestión facilitou o recoñecemento, xunto cos concellos da Bola, Vilar de Santos e Rairiz de Veiga, de Reserva da Biosfera, polo Programa Home Biosfera da UNESCO no ano 2005, pola importante conservación do territorio e a posta en marcha de políticas de desenvolvemento sustentable extrapolables a outros territorios.

Page 38: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

39

UrbanismoNúmero de páxinas vistas 22.275Número de fi chas Peri descargadas 850Número de consultas fi chas 228Número de consultas urbanismo web 230

Radio AllarizPáxinas vistas 7.679Escoitas on line 1.675Informativos descargados 2.027

ParticipaciónDescargas plenos PDF 2.926Descargas normativas 280

Resumo xeralTotal de sesións* 164.301Total de páxinas vistas 2.463.772Total de Bytes transferidos 123 GbMedia de sesións por día 432Duración media das sesións 5 minutos

* O número de sesións no período de 2005-2006 é de 85.339. Neste último ano dupli-cáronse.É importante o número de documentos descargados, o cal deixa entrever o interese da poboación: plenos municipais, documentación de urbanismo, informativos locais...A análise destes datos permítenos valorar de maneira obxectiva a implicación da po-boación na xestión local, así como a importancia do traballo realizado.

Allariz

Page 39: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

40

Page 40: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

41

Allariz

Page 41: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

42

Page 42: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

43

Celanova

Persoa de contacto Antonio PiñeiroE-mail [email protected]úmero de habitantes da cidade 6.269Data 21/02/2007Número de habitantes do núcleo histórico 3.656Data 21/02/2007Institución Concello de CelanovaSuperfi cie aproximada do núcleo urbano 1.050.000 m2

Superfi cie aproximada do núcleo histórico 95.850 m2

Web www.celanova.es, www.concellodecelanova.com

Datos descritivos

Situada ao sur da provincia de Ourense, a 25 quilómetros da súa capital, en dirección a Portugal, a vila de Celanova é un asentamento urbano xurdido ao amparo do mosteiro beneditino de San Salvador, fundado por San Rosendo no século X. O propio funcionamento monacal, que chegou a posuír o título ofi cioso de ser un dos máis ricos de España a fi nais da Idade Media, xerou ao seu arredor un fl uxo económico que favoreceu o asentamento comercial nas súas inmediacións, dando lugar, así, ao nacemento da vila. Unha vila que experimenta a súa eclosión demográfi ca a partir da desamortización, can-do o edifi cio monacal pasa a ser xestionado polo Concello e a vila empeza a desenvolverse urbanisticamente ao seu arredor, favorecida pola chegada de comerciantes procedentes doutras comarcas de Galiza. Da época fundacional permanece inalterable a capela mozárabe de San Miguel (Monumento Nacio-nal desde 1923). O edifi cio monacal, pola súa parte, foi declarado Monumento Nacional en 1931. Actualmente o municipio, grazas ao patrimonio artístico que atesoura, conta coa declaración de Municipio Turístico por parte da Xunta de Galicia. No ámbito urbanístico, ademais de contar co correspondente Plan Xeral de Ordenación Urbana, tamén ten aprobado un Plan Especial de Protec-ción e Reforma Interior para o contorno do mosteiro e o burgo medieval de Vilanova dos Infantes.

Page 43: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

44

Participación en proxectos europeos

PAGUS 4DOutros proxectos europeos:Proxecto Gallaecia (Interreg –ano 1991)Leader II Val do LimiaLeader + Val do Limia

Políticas urbanas

- Aprobación do Plan Xeral de Ordenación Urbana (1995).- Aprobación do Plan Especial de Reforma Interior para o contorno do

mosteiro.- Posta en marcha dunha ofi cina técnica para o desenvolvemento do PERI.- Sinatura de sucesivos convenios co Instituto Galego de Vivenda e Solo e

posteriormente coa Consellería de Vivenda para a promoción de reformas das vivendas situadas no contorno do núcleo histórico.

- Reforma e acondicionamento dos xardíns do núcleo histórico.- Reforma e acondicionamento de distintas rúas do núcleo histórico.

Webs sobre información de xestión urbana e sobre información turística

www.celanova.eshttp://www.planeamentourbanistico.xunta.es/default.aspwww.celanovavirtual.com

44

Page 44: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

45

Proxecto 4 D. Cidades Históricas Dixitais

Institución Concello de CelanovaRexión de pertenza SurPersoa de contacto Antonio Piñeiro FeijooNome do subproxecto 4D. Cidades Históricas DixitaisAcrónimo e Compoñente 4DOrzamento 50.000 €Equipo de traballoConcello de Celanova: Antonio Piñeiro FeijooEmpresa externa: Culture-bitEquipo asesor:José Miguel Andrade Cernandas, Manuel Castiñeiras.

Descrición do subproxecto global

Levar a cabo unha investigación previa para alcanzar un grao de coñecemento da evolución histórica do núcleo urbano da localidade, neste caso a través da evolución arquitectónica do edifi cio que deu orixe á vila, o mosteiro de San Rosendo, executando con esa documentación un documento en 3D que poida ofrecer unha información virtual desta evolución e polo tanto un achegamen-to ao público non formado historicamente dunha información a miúdo tan só ao alcance dos especialistas.

Realizacións do xefe de fi la a nivel de subproxecto internacional

Todo o traballo pode consultarse na web: www.celanovavirtual.comRealizáronse vídeos interpretativos de tres fases concretas de evolución do contorno da vila de Celanova, centrándose nas construcións que deron paso ao mosteiro existente hoxe en día.A principal vía de publicidade do proxecto será a creación dunha sala de expo-sicións onde se poida proxectar o vídeo interpretativo da evolución e onde os visitantes da vila poidan visionalo.

Celanova

Page 45: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

46

Así mesmo apoiarase coa realización de trípticos para que os visitantes e os habitantes da vila estean informados do proxecto.

Resultados obtidos

O obxectivo principal é o de poñer ao alcance de todo o mundo, de forma visual e amena, unha información que ata agora permaneceu tan só ao alcance dos especialistas. É dicir, que o visitante medio do mosteiro de Celanova vexa de forma virtual como foron os anteriores edifi cios e como foi a súa evolución arquitectónica ata chegar ao impoñente edifi cio actual, ademais de explicar de forma gráfi ca e polo tanto facilmente entendible, como esta evolución arqui-tectónica, así como as propiedades que o edifi cio tivo ao seu arredor, acabaron incidindo no desenvolvemento urbanístico de Celanova e, polo tanto, na con-fi guración actual da trama urbana da vila.

Efectos previstos a medio e longo prazo

1. Ofrecer unha fácil e rápida comprensión da evolución da vila tomando como referente o mosteiro.

2. Conseguir entender como edifi cios similares a este acabaron sendo lugares de xeración económica e de desenvolvemento social nas súas zonas de asen-tamento.

3. Demostración gráfi ca de como un edifi cio pode mediatizar a evolución urba-nística de toda unha vila.

4. Realización dun estudo multidisciplinar para coñecer en profundidade a si-tuación exacta dos edifi cios anteriores ao actual.

Actividades de difusión

- Creación dunha sala de exposicións virtual que servirá de complemento á visita guiada que xa se realiza actualmente polas distintas dependencias do mosteiro.

- Publicación de trípticos e outros folletos publicitarios.- Elaboración dunha web creada para ese fi n.

Page 46: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

47

Expectativas de continuidade

1. A realización do estudo arquitectónico previo para documentar as primeiras dúas fases do edifi cio axudou a desvelar un gran número de incógnitas que a carencia de documentos gráfi cos xerou sucesivamente nos historiadores que viñeron estudando o edifi cio desde hai moito tempo.

2. Todos os estudos históricos que foran confeccionados ata agora sobre o edi-fi cio foron realizados sobre documentos históricos, pero nunca sobre o te-rreo, polo que, aínda que existe un profundo coñecemento sobre quen foron os autores, prezos das obras, etc., ata agora descoñecíase con exactitude a situación das antigas igrexas.

3. Nas próximas semanas realizarase unha xornada de traballo cun equipo de profesores de arqueoloxía, de historia, de arte das universidades de Santia-go e de Vigo sobre o terreo, co fi n de corrixir esa carencia e identifi car sobre o terreo a situación exacta dos edifi cios anteriores.

4. Posible realización de catas arqueolóxicas para coñecer o subsolo no con-torno da Capela de San Miguel.

5. Tratarase de que os vídeos expostos se vaian actualizando con novos perco-rridos para poder mostrar diversos ángulos de cámara e evitar que resulten repetitivos para os visitantes nas diversas visitas.

Observacións

Ao longo do proxecto efectuáronse numerosas visitas técnicas por parte da empresa externa contratada para a realización dos modelos 3D, así como por parte dos asesores históricos, co obxectivo de conseguir uns modelos fi eis á realidade.

Celanova

Page 47: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

48

Page 48: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

49

Celanova

Page 49: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

50

Page 50: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

51

Ferrol

Persoa de contacto Iñaki MendizábalE-mail [email protected]úmero de habitantes da cidade 77.859Data 2006Número de habitantes do núcleo histórico 6.472Data 2006Teléfono 981 94 40 65Superfi cie aproximada do núcleo urbano 10,47 km2

Superfi cie aproximada do núcleo histórico 31,45 haWeb www.ferrol-concello.es

Datos descritivos

Descrición xeral da cidade (debe incluírse unha especial atención aos valores patrimoniais e ao núcleo histórico). Declaracións distintivas que posúa a ci-dade (Patrimonio da Humanidade, outras). Datas de outorgamento, etc. Rela-ción sintética dos problemas máis importantes do núcleo históricoO primeiro asentamento do que existe mención (ano 1101) é A Graña, na la-deira leste do Monte de Brión, enfrontado a Ferrol na ría cara ao oeste, como freguesía dirixida pola abadía beneditina de San Martiño de Xubia. A mediados do XVII a parroquia trasládase ao núcleo pesqueiro de Ferrol Vello, xénese da actual cidade. No século XVI considérase a posibilidade de converter Ferrol en base naval, o que non ocorreu ata o século XVIII. Filipe V divide o litoral es-pañol en tres departamentos. O porto de Ferrol é declarado capital do depar-tamento marítimo do norte de España en 1726, e proponse o establecemento do Real Arsenal no estaleiro do norte de España, na Graña, actualmente en declive. A mediados do século XVIII amplíase o arsenal á cidade de San Xulián de Ferrol, establecéndose paralelamente o asentamento planifi cado da Mag-dalena, actual centro da área urbana de Ferrol: Julián Sánchez Bort planifi ca o conxunto do arsenal e a cidade como un dos importantes exemplos da Ilus-tración. Como cidade socialmente dual planifícase simultaneamente o barrio obreiro de Esteiro. A cidade foi deseñada ex novo por enxeñeiros militares ao servizo da monarquía española da Ilustración, como anexo ao complexo formado por unha base naval e uns arsenais. Os principios de estratifi cación

Page 51: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

52

sobre os que se fundaba a sociedade, e a necesidade de defendela de ataques inimigos e de someter a disciplina os traballadores levaron a aplicar un plan especial cargado de violencia e de segregación entre os ofi ciais da Mariña e a clase traballadora.O barrio da Magdalena foi declarado en 1984 Conxunto Histórico-Artístico, se-gundo o informe emitido pola Real Academia de Belas Artes de San Fernando, e está solicitado á UNESCO que sexa declarado Patrimonio da Humanidade o conxunto das fortifi cacións da ría, as instalacións militares e o barrio da Mag-dalena.

Participación en proxectos europeos

FEDER. Programa operativo local 2000-2006FONDO DE COHESIÓNXefe de fi la do CIS (Fundación para o Fomento da Calidade Industrial) da Cabana. INTERREG IIIA: CAVIDAFORPRODER II Costa Ártabra. “Catalogación, dixitalización e valoración de fortalezas defensivas da fronteira Galiza-norte de Portugal”.

Políticas urbanas

- Candidatura á UNESCO para a declaración de Patrimonio da Humanidade do conxunto das fortifi cacións da ría, as instalacións militares e o barrio da Magdalena.

- Declaración de Área de Rehabilitación de Conxunto Histórico da Magdalena e Ferrol Vello e Área de Rehabilitación Integral do núcleo orixinario da Graña, que implica rehabilitación en edifi cios e reurbanización de espazos públicos a través da implantación da Ofi cina Municipal de Rehabilitación.

- Rehabilitación dos edifi cios públicos degradados do centro da cidade: re-habilitación do Teatro Jofre, rehabilitación do antigo goberno militar para sede social de Caixa Galiza, rehabilitación da concatedral de San Xulián, re-cuperación do edifi cio de Ferrarías (antiga fragua do arsenal) como museo naval, recuperación do foso do arsenal, reutilización da antiga sala de armas das dependencias do arsenal como residencia militar.

Page 52: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

53

Accións de participación da cidade en temas transversais de interese europeo

O Plan de Acción Axenda 21 de Ferrol recolle, a través do diagnóstico previa-mente elaborado e das propostas efectuadas nos foros cidadáns, os aspectos aos que Ferrol debe prestar unha especial atención no marco do desenvolve-mento sustentable que establece a Axenda 21 para unha cidade máis habitable e sustentable.O Programa Ferrol Voluntario ten como obxectivo a sensibilización e informa-ción, invitando o cidadán a que participe en accións de voluntariado social. Ta-mén captan persoas para formalas no seu traballo. Ferrol Voluntario pretende contribuír ás accións de voluntariado que se desenvolvan en Ferrol e a detec-tar as novas necesidades sociais que poidan ser atendidas polo voluntariado.

Webs sobre información de xestión urbana e sobre información turística

www.ferrol-concello.eswww.camaraferrol.eswww.ciudadesilustracion.orgwww.ferrol-modernista.orgwww.ferrolmetropili.comwww.geocities.com/cociudemwww.areanegra.org/cadea/prensa/lavoz/lavoz10.htmlwww.clubdeprensadeferrol.com/fanalisis/intro.htmlwww.ferrolterra.fi estras.comwww.jazztelia.comwww.guiaferrol.net/2007

Ferrol

Page 53: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

54

Page 54: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

55

Proxecto 4B. Ágora Virtual

Institución Concello de FerrolNome do subproxecto Ágora Virtual Acrónimo e Compoñente 4BOrzamento 50.000 €Equipo de traballoOfi cina de Rehabilitación: I. Mendizábal Herrero, A. Recuna Carrasco, M.ª J. González Novoa, F. Martínez Cotovad.Universidade da Coruña: J. M.ª Cardesín Díaz, M. González Penedo.

Realizacións do socio local no subproxecto

Desenvolvemento do Foro de Centros Históricos en Internet, que intercomuni-ca experiencias de rehabilitación das cidades e vilas de Galiza. Así, ofrécese un dobre diálogo, un entre os entes rehabilitadores de cada lugar e outro entre os cidadáns e o seu ente local. Para conseguir que funcione esta formulación foi necesario crear unha tec-noloxía de fácil manexo que permitise este diálogo visual. Isto realízase cun xestor de contidos que permite a creación das fi chas que cada ofi cina xera para explicarlles aos cidadáns e demais ofi cinas de rehabilitación o seu labor e as súas preocupacións. Os cidadáns opinan e comentan especifi camente a cidade que xera estas fi chas, e quedan refl ectidos os seus pensamentos nun apartado específi co de comentarios.Á súa vez este foro deséñase para dar capacidade a todos aqueles que estudan e traballan sobre os centros históricos. Arquitectos, historiadores, sociólogos, urbanistas e xeógrafos teñen un espazo para discutir o pasado, presente e fu-turo dos centros e para comparar criterios.Mediante este método, os cidadáns obteñen unha maior capacidade de enten-demento sobre os procesos rehabilitadores, o que permite opinar con maior coñecemento.

Ferrol

Page 55: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

56

Resultados obtidos

A aplicación está actualmente en funcionamento e encóntrase no seguinte enderezo: http://varpa.lfcia.org/centroshistoricos/. O primeiro resultado é o de poñer en contacto as distintas ofi cinas de rehabilitación para implicar-se na posta en común das informacións xeradas por cada unha. O traballo foi demostrado en Reading (Inglaterra) na Conferencia Internacional de Historia Urbana (Urban History Group Conference) e obtivo moito interese entre os so-ciólogos, historiadores, xeógrafos e arquitectos, xa que este tipo de aplicación sobre tratamento na rehabilitación non existe na internet.Os resultados da participación cidadá coñeceranse a medida que sexa este es-pazo web coñecido por todos. A aplicación foi exposta a asociacións de veciños da cidade para dala a coñecer e para recoller suxestións.

Efectos previstos

Os efectos que pretende conseguir a aplicación é xerar unha opinión públi-ca máis cualifi cada a base de coñecer o que se realiza na súa cidade ou vila e de comparar co que se realiza noutras partes. A participación mediante o uso do apartado de comentarios será importante para coñecer a avaliación que poidan ter os habitantes sobre o traballo que se realiza, as suxestións sobre propostas formuladas ou pola súa contribución mediante informacións, a his-toria oral.En canto ao uso por parte das ofi cinas, permitirá establecer vínculos novos coa poboación para coñecer e dar a coñecer o que opina e valora.

Actividades de difusión

O proxecto, ao ser un espazo web na internet, permite a colocación de links desde espazos coñecidos polos cidadáns. Os lugares onde se colocarán estes enlaces serán na páxina web do Concello de Ferrol (www.ferrol-concello.es), na páxina web de Renovación Urbana e Rehabilitación, ademais de aparecer nas páxinas web dos concellos participantes no foro.O programa de rehabilitación de Ferrol obriga a identifi car as obras de reha-bilitación mediante o uso de bandeirolas. Neste lugar tamén aparecerá o en-derezo da web.

Page 56: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

57

Proximamente vaise presentar a aplicación á prensa por parte do Concello. En Ferrol son dous os xornais que cobren estas noticias, dúas as canles de televi-sión e outras dúas de radio. Por último, a Consellería de Vivenda, da Xunta de Galicia, mediante a rede de ofi cinas de rehabilitación, está en trámites de difundir esta ferramenta me-diante un convenio de colaboración entra a Concellería de Vivenda e Solo e a Universidade da Coruña.

Expectativas de continuidade

A aplicación nace dunha necesidade de informar e recibir feedback das actua-cións de recuperación dos centros históricos. Este espazo ten vocación directa de continuidade, xa que o destino natural do proxecto é a Consellería de Vi-venda, para apoio do seu programa de rehabilitación. Está clara a necesidade de intercambiar experiencias e discutir criterios para a toma de decisións no ámbito municipal. A falta de iniciativas como a que aquí se desenvolve debe servir de experiencia piloto para outras rexións, incluso pode chegar a utili-zarse a unha escala internacional.Actualmente somos máis de vinte ofi cinas de rehabilitación en Galiza e xe-ralmente con pouca comunicación entre nosoutras. A aplicación do proxecto debe xerar unha maior uniformidade en criterio de intervención, ademais de conseguir unha corrente de opinión informada sobre a rehabilitación da cida-de ou vila e da rexión.Por todo isto pódese considerar garantida a continuidade do proxecto.

Vinculación coas políticas transversais europeas

Xa se produce unha vinculación transversal con outros compoñentes deste mesmo proxecto Pagus. A nosa idea complementa o compoñente 2, relacio-nado coa educación de profesionais na rehabilitación. Así mesmo, polo conti-do que contén a web claramente crúzase información ligada ás cidades tanto histórica, como de sociedade, urbanismo e arquitectura. A rehabilitación é un claro exemplo de sustentabilidade, e a utilización de materiais tradicionais que son á súa vez ecolóxicos infl úe directamente no mantemento do medio ambiente. Divulgar esta información, os métodos de construción, o respecto ao patrimonio construído, son todos valores ligados.

Ferrol

Page 57: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

58

Outros datos

O proxecto é un esforzo desenvolvido desde a Ofi cina de Rehabilitación de Fe-rrol en colaboración directa coa Universidade da Coruña, concretamente co taller de Historia Urbana dirixido polo Dr. José María Cardesín Díaz, da facul-tade de Socioloxía, e o Dr. Manuel González Penedo, do departamento de Com-putación da facultade de Informática e o grupo Varpa. Isto permitiunos dotar o proxecto de contido contrastado e unha apertura a outras disciplinas. O desenvolvemento realízase mediante reunións tanto no Campus de Elviña na Coruña como na Ofi cina de Rehabilitación en Ferrol. Esta relación permite obter aperturas máis vastas cara a outros profesionais no campo dos estudos urbanos. Así, púidose expoñer o proxecto nun foro internacional como o cele-brado en abril de 2006 en Reading (Inglaterra), do Urban History Group.O proxecto realizado polo Concello de Ferrol presentouse como un traballo de investigación que desenvolve unha aplicación en internet que permite crear un foro visual de centros históricos ao servizo da cidadanía, e á súa vez crea un lugar de intercambio de experiencias de distintos lugares. Deste xeito cúm-prense os obxectivos establecidos neste programa Pagus de Ágora Virtual.

Page 58: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

59

Ferrol

Page 59: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

60

Page 60: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

61

Lugo

Persoa de contacto Julio González MorandeiraE-mail [email protected]úmero de habitantes da cidade 93.000 aprox.Data 2006Número de habitantes do núcleo histórico 3.100 aprox.Data 2006Institución Concello de LugoSuperfi cie aproximada do núcleo urbano 332 km2

Superfi cie aproximada do núcleo histórico 2 km2

Web www.concellodelugo.org

Datos descritivos

Lugo é unha pequena cidade situada ao noroeste da península Ibérica, onde as pegadas da romanización son numerosas e importantes, aproveitando un antigo castro, e chegou a ser capital dun amplo territorio romano. O núcleo histórico está delimitado por unha maxestosa muralla de máis de dous quiló-metros de diámetro, e alberga no seu interior a maioría do patrimonio histó-rico-artístico da cidade:

- A muralla romana: é o monumento máis emblemático da nosa cidade, le-vantada no século III. Conserva na súa totalidade o perímetro de 2.140 metros cun fermoso adarve polo que se pasean lucenses e visitantes para contemplar desde o alto (entre 8 e 12 metros) a cidade. En 1921 é declarada Monumento Nacional para evitar unha ordenanza municipal que ordenaba o seu derribo. En 1953 comézase coa Operación Muralla Limpa, que eliminou progresivamente as casas acaroadas ao monumento. En novembro de 2000, a UNESCO decláraa Patrimonio da Humanidade, constatando que é o recinto fortifi cado máis importante e mellor conservado do mundo romano.

- A catedral: conserva restos románicos dos séculos XII e XIII, con fermoso deambulatorio con capelas absidais do século XIV. Desde a Idade Media ve-nérase o Santísimo Sacramento durante todo o día.

- Outros monumentos importantes son: a Casa Consistorial (s. XVIII), a Casa dos Mosaicos, o Palacio Episcopal (1743), a Praza do Campo (foro romano e

Page 61: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

62

lugar de venda de produtos da terra ata o s. XIX), a Rúa Nova, a Igrexa de San Pedro (Monumento Histórico-Artístico en 1931), o Museo Provincial, a Igrexa Santiago A Nova, a Igrexa de San Froilán (s. XVIII), a Capela da Soidade (s. XVII) e a sala de exposicións Porta Miñá (con pezas da época romana).

En canto aos problemas máis importantes do núcleo histórico, hai que sinalar o envellecemento da poboación, a despoboación, o peche do comercio tradi-cional e a súa substitución por locais de hostelería (sobre todo nocturnos). No que se refi re á accesibilidade, preséntanse pequenos problemas pola orografía do terreo e superables nos monumentos (chanzos).

Participación en proxectos europeos

O Concello de Lugo participou dentro do Programa de Asistencia á Xestión Ur-bana Sustentable (PAGUS) en dous subproxectos:

- 3 B C-Enter, Mobilidade e Accesibilidade desde e cara a Cascos Históricos, como xefe de fi la.

- 4 C Museos Virtuais, como socio.

As entidades colaboradoras foron o Concello de Lugo, a rexión de Umbría e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) como organismo encargado do repartimento da subvención e de verifi cación da auditoría aos integrantes do proxecto galegos.Outros proxectos nos que participou a cidade son:

- Lugo Social- Achegar- Lugo Abrindo Camiños

Políticas urbanas

- A Consellería de Vivenda e Solo comprou numerosas casas no núcleo históri-co, para a súa restauración e posterior alugamento a xente nova, para evitar que a poboación marche do centro a outras partes da cidade.

- Tamén se levou a cabo unha peonalización do casco, co que se conseguiu

Page 62: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

63

unha maior participación da poboación nas súas rúas, así como o aumento do número de comercios e establecementos en casas rehabilitadas.

- Finalmente, cómpre destacar que o Concello de Lugo foi galardoado co Pre-mio Reina Sofía de Accesibilidade polas súas numerosas iniciativas para a eli-minación de barreiras non só físicas, senón sociais, para lograr unha cidade para todos e todas.

Accións de participación da cidade en temas transversais de interese europeo

O noso proxecto está relacionado coa política que Europa ten en materia de sustentabilidade e en mellora da calidade de vida de moitos dos nosos cida-dáns, que ata agora se viran relegados a un segundo plano, sendo polo tanto considerados cidadáns de segunda; porén, desde hai uns anos Europa loita para a erradicación dos problemas a este numeroso colectivo de cidadáns creando e potenciando cidades e países onde ningunha persoa sexa discrimi-nada pola súa condición física ou intelectual e ofrecendo a posibilidade dun mundo mellor que xere unha vida de calidade.Este proxecto tamén fomenta a conservación e posta en valor do noso patri-monio histórico, utilizando no seu urbanismo o deseño integral para todos.

Webs sobre información de xestión urbana e sobre información turística

www.concellodelugo.orgwww.lugoturismo.com (desde marzo de 2007)www.lugoaccesible.comwww.lugo.net

Lugo

Page 63: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

64

www.muralladelugo.org

Page 64: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

65

Page 65: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

66

Proxecto 3B. C- Enter “Accesibilidade e Mobilidade”

Institución Concello de LugoNome do subproxecto C-Enter “Accesibilidade e Mobilidade desde e cara aos Cascos Históricos”Acrónimo e Compoñente 3BOrzamento 85.000 €Equipo de traballoSebastián Valverde, María Balsa, Isabel Barreiro, Juan Carballeira.

Realizacións do socio local no subproxecto

Accións realizadas:

- Estudo de accesibilidade ao núcleo histórico de Lugo e rutas verdes.- Proxecto de supresión de barreiras nos monumentos da cidade e anteproxec-

to de accesibilidade á muralla romana.- Realización dunha Guía de Turismo Accesible en galego, castelán e inglés.

Esta guía tamén se pode consultar na páxina web do Concello (www.conce-llodelugo.org), na web da asociación Auxilia (www.lugoacccesible.net) e en breve tamén se poderá consultar en www.lugoturismo.com.

- Realización dunhas xornadas no ámbito galego sobre a accesibilidade a cas-cos históricos (18 e 19 de decembro).

Accións pendentes de fi nalización:

- Edición dunha publicación conxunta C-Enter. Accesibilidade e mobilidade nos cascos históricos da Europa mediterránea coa participación de Vigo, Todi, Carmona, Ribadavia, Lugo, Ribadeo, Córdoba e Perugia.

Resultados obtidos

Coñecemento da situación real do núcleo histórico de Lugo no campo da acce-sibilidade e da mobilidade. Posibles alternativas e accións de mellora que se poden executar para evitar a discriminación dos discapacitados na nosa cida-

Page 66: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

67

de. Posta en valor e de coñecemento da nosa cidade, coas súas posibilidades turísticas, grazas á guía de accesibilidade. Participación e concienciación da sociedade nos problemas cos que se encontran día a día os distintos colectivos de discapacitados. Maior concienciación por parte das autoridades municipais nos problemas de accesibilidade na cidade de Lugo.

Efectos previstos

Valoración da cidadanía do noso patrimonio. Maior concienciación neste campo non só por parte da cidadanía, senón tamén polas administracións e institucións. Coñecemento e promoción da nosa cidade que ofrece informa-ción a persoas que pola súa condición de discapacitados non podía realizar un dereito como é o ocio e o turismo. Posibles actuacións para resolver os proble-mas que actualmente presentan os nosos monumentos e as nosas rúas sobre accesibilidade.

Actividades de difusión

- Edición dunha guía de accesibilidade da cidade de Lugo, onde se ofrecen tres posibles rutas accesibles a todas as persoas, en tres idiomas: galego (1.500 exemplares), castelán (4.000 exemplares) e inglés (1.500 exemplares).

- Consulta on line desta guía: www.concellodelugo.org, www.lugoacccesible.net e a partir de marzo en www.lugotursimo.com.

- Realización dunhas xornadas de accesibilidade a cascos históricos onde cada socio do proxecto expuxo o seu traballo e as súas alternativas de mellora; ademais coñeceuse en profundidade o sentir dos colectivos máis numerosos de discapacitados (ONCE, FAPXG, COGAMI); destas xornadas na actualidade estanse enviando un CD recompilatorio dos relatorios, noticias de prensa en relación coas xornadas e fotografías do acto.

- Publicación conxunta C-Enter. Accesibilidade e mobilidade nos cascos his-tóricos da Europa mediterránea, na que os socios do noso proxecto expoñen a súa problemática en materia de accesibilidade e as súas alternativas, así como refl exións de expertos na materia. Nesta publicación participan: Car-mona, Córdoba, Lugo, Perugia, Ribadavia, Ribadeo, Todi e Vigo.

Lugo

Page 67: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

68

Expectativas de continuidade

O Concello de Lugo está estudando a posibilidade de levar a cabo, xunto con Patrimonio, da Xunta de Galicia, algunhas das actuacións alternativas propos-tas no proxecto de supresión de barreiras e no anteproxecto de accesibilidade á muralla.Recentemente, na Feira Internacional de Turismo (FITUR) mantivéronse con-tactos con axentes turísticos especializados no turismo accesible para a pro-moción da cidade como un destino turístico accesible e de calidade.

Vinculación coas políticas transversais europeas

O noso proxecto está relacionado coa política que Europa ten en materia de sustentabilidade e en mellora da calidade de vida de moitos dos nosos cida-dáns, que ata agora se viran relegados a un segundo plano, sendo cidadáns de segunda; porén, desde hai uns anos Europa loita para a erradicación dos pro-blemas a este numeroso colectivo de cidadáns creando e potenciando cidades e países onde ningunha persoa sexa discriminada pola súa condición física ou intelectual e ofrecendo a posibilidade dun mundo mellor que xere unha vida de calidade.

Page 68: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

69

Proxecto 4C. Museo Virtual

Institución Concello de LugoNome do subproxecto Museo VirtualAcrónimo e Compoñente 4COrzamento antes de recortes 50.000 €Orzamento vixente actualmente 50.000 €Equipo de traballoJulio González Morandeira (coordinador), María Jesús Saavedra Carballido (arquiveira colaboradora), Covadonga Carreño (arqueóloga colaboradora).Equipo externo da empresa SOFTGAL e colaboración de Ignacio Alcorta (arqueólogo) como experto.

Realizacións do socio local no subproxecto

- Recompilación documental e hipótese interpretativa con base de datos inte-ractiva de xestión de contidos

- Vídeo interpretativo, incluíndo reconstrución en tres dimensións de partes relevantes do patrimonio obxecto de tratamento, en diferentes formatos: DVD, mpg4; inclúe narración didáctica.

- Adaptación ao uso de dispositivos móbiles para a presentación en mobilida-de dos produtos audiovisuais.

- Todos os produtos do proxecto albérganse na páxina web deste, que será ac-cesible mediante enlace da web municipal.

Resultados obtidos

Apoiada na utilización das novas tecnoloxías, púxose a disposición dos cida-dáns da cidade e tamén dos visitantes información relevante sobre unha época da vida da cidade de Lugo pouco coñecida e valorada, incluíndo a considera-ción de fondos dispersos en diversas localizacións que foi posible conxugar dentro dunha presentación multimedia que reúne as características técnicas necesarias para a súa utilización, ademais de nun contorno estático, nun con-torno de mobilidade, podendo empregarse para isto diferentes dispositivos: PDA, teléfono móbil, reprodutores mpg4, e ser ademais intercambiada entre

Lugo

Page 69: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

70

usuarios de forma libre, vía IRDA e bluetooth, ou descargada de calquera dis-positivo tecnoloxicamente compatible (balizas en centros de recepción de vi-sitantes, etc.).Todo isto desde unha perspectiva aberta de compartir a información e buscan-do que sexa utilizable de forma directa polos usuarios, intercambiada e utili-zada non soamente para o coñecemento, senón para a promoción e o fomento da comunicación entre cidadáns, e ademais utilizarase para a súa distribución en centros educativos.

Efectos previstos

Os produtos obtidos incorporaranse ao conxunto da oferta cultural e orien-tada ao turismo da cidade, de tal maneira que poidan ser divulgados a través das canles de distribución que o concello ten. Así mesmo, o coñecemento da época histórica reconstruída terá unha perspectiva didáctica ligada ao seu uso en centros educativos, que poderán dispoñer dos contidos para a súa utilización nas aulas. A repercusión positiva esperada atinxe tamén á con-sideración da valoración do patrimonio polas entidades do tecido asociativo que poderán dispoñer tamén dos produtos do proxecto, contribuíndo así a través da divulgación a unha consideración cidadá positiva, considerando o coñecemento como un elemento motivador da valoración e a conservación do patrimonio.

Actividades de difusión

Producíronse dous CD, un que contén a base de datos de fondos documentais, fotografía e arquivos multimedia, que pode ademais ser ampliada e utilizada como instrumento de clasifi cación dos fondos utilizados na elaboración dos produtos do proxecto e así mesmo como sistema de busca avanzado. A produción audiovisual en formatos múltiples permite a utilización e difusión do contido audiovisual cunha gran capacidade de penetración e capilaridade entre os cidadáns.Inclusión dos resultados na web conxunta dos proxectos “museo virtual” e “ci-dades históricas dixitais”.

Page 70: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

71

Expectativas de continuidade

As expectativas de continuidade do proxecto están ligadas á utilización dos entregables producidos no proxecto, tanto desde unha perspectiva de distri-bución, en centros educativos, distribución en mobilidade e todas as súas mo-dalidades, como o aproveitamento do xestor de contidos para a catalogación de fondos, posto a disposición do Servizo Municipal de Arqueoloxía. Existen en marcha proxectos na cidade que seguen a liña da reconstrución virtual e que poderán sen dúbida benefi ciarse desta experiencia, como o MIHL (Museo Inte-ractivo da Historia de Lugo) que está en fase de adxudicación de proxecto.

Vinculación coas políticas transversais europeas

A vinculación coas políticas transversais é evidente. Respectouse a perspecti-va de xénero cun equipo de traballo multidisciplinar e equilibrado desde este punto de vista. A utilización de medios audiovisuais e o traballo en dixital fan que a utilización do soporte papel se minimice e que a necesidade de intervir dentro do contorno sexa mínima, incluíndo así mesmo unha perspectiva de valorización do patrimonio que contribúe sen dúbida ao respecto do contorno como potencial elemento contedor, na nosa cidade, de elementos patrimo-niais que han de ser respectados.

Outros datos

Ao desenvolvemento deste proxecto dedicáronse aproximadamente 336 horas de traballo de coordinación, realizáronse consultas profesionais aos técnicos municipais (arquivo e arqueoloxía) que proporcionaron acceso e supervisión aos fondos e recursos utilizados, algúns deles dixitalizados por primeira vez.Acudiuse a todas as reunións de coordinación do proxecto, con excepción de dúas delas por imposibilidade material de facelo, contribuíndo mediante o intercambio de experiencias a mellorar as ferramentas tecnolóxicas que em-pregar, e ofrecéndolle ao resto de socios o coñecemento tecnolóxico que per-mitiu superar as difi cultades encontradas no seu desenvolvemento, incluíndo a redefi nición de solucións móbiles e xestión de contidos.O proxecto inclúe como novidade a utilización dos dispositivos móbiles como instrumento de transacción e facilitador do intercambio dos produtos multi-media, vía bluetooth ou IRDA.

Lugo

Page 71: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

72

Page 72: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

73

Mondoñedo

Persoa de contacto Abel Vigo GarcíaE-mail [email protected]úmero de habitantes da cidade 2.100Data 15/02/2007Número de habitantes do núcleo histórico 700Data 15/02/2007Poboación total concello 4.770Núcleos de poboación 110Densidade de poboación 33,12 hab/km2

Institución Concello de Mondoñedo Teléfono 982 52 40 03Superfi cie aproximada do núcleo urbano83,4 ha (0,88 km2)Superfi cie aproximada do núcleo histórico22,2 ha (0,23 km2)

Datos descritivos

Mondoñedo é un pequeno núcleo poboacional que ten as súas orixes na época prerromana, nun castro que se asenta na parte alta desta e que é o xermolo do actual poboamento.Tamén foi capital de provincia ata 1833 e posúe título de cidade desde 1156 ao concederlle un corpus xurídico o rei Afonso VII.O núcleo histórico, composto por unha vintena de edifi cios signifi cativos e co 90% dos edifi cios non signifi cativos catalogados cunha protección alta que im-pide alteracións na súa estrutura externa, estrutúrase en torno á catedral (BIC desde 1906) e ao Palacio Episcopal. O expediente de declaración iniciouse o 26 de setembro de 1972 e a declaración de Conxunto Histórico-Artístico (Decreto 91/1985, do 2 de maio) pola Xunta de Galicia prodúcese o 2 de maio de 1985 baixo a Lei 13 de maio de 1933, segundo os artigos 3, 14, 15 e 30 e os artigos 17, 18 e 19 do Regulamento da citada lei. Publicado no DOG n.º 98, do 23 de maio de 1985.Con todo isto o principal problema que ten o núcleo histórico é o seu progre-sivo despoboamento debido á súa deterioración e ás ríxidas normas construti-

Page 73: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

74

vas. Isto viuse reducido polas apostas pola rehabilitación subvencionada que facilitan a recuperación de vivendas de forma adecuada.

Participación en proxectos europeos

PAGUS4C - Museo Virtual.Outros proxectos europeos:

- Leader +- Stella- Arco

Políticas urbanas

- Apoio ás actividades de rehabilitación e recuperación de vivendas dentro duns parámetros de conservación contemplados nas normas urbanísticas.

- Contribución a que a cidade sexa dos cidadáns e non dos vehículos a través da peonalización de determinadas zonas e da instalación de fi tos que reser-ven unha parte da vía para o libre tránsito das persoas.

Accións de participación da cidade en temas transversais de interese europeo

- Aprendendo a aprender- Márketing ocupacional- Actividades de aprendizaxe en contexto produtivo para non titulados- Actividades de formación en novas tecnoloxías- Obradoiros de transición ao emprego- Xestión urbana sustentable a través da concienciación cidadá co Museo

Virtual.- Potenciación de iniciativas empresariais e turísticas a escala particular

Page 74: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

75

Webs sobre información de xestión urbana e sobre información turística

O Concello non posúe web de xestión urbana.As webs onde se aloxa o proxecto Pagus e que conteñen información urbana e turística son:http://arteixo.dc.fi .udc.es/mondonedohttp://www.enxenio.es/pagus

A única web pertencente ao Concello que contén información turística é:http://www.recintolo.net

Outras web con información xeral:http://www.terrademiranda.nethttp://www.mondonedo.comhttp://www.mondonedo.net

Mondoñedo

Page 75: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

76

Page 76: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

77

Proxecto 4C. Museo Virtual

Institución Concello de MondoñedoNome do subproxecto Museo VirtualAcrónimo e Compoñente 4C Orzamento 50.000,00 €Equipo de traballoAbel Vigo García, José Antonio Cotelo Lema, Miguel Rodríguez Penabad, Sepe.Colaboradores: Francisco Mayán Fernández, Enrique Cal Pardo.

Realizacións do socio local no subproxecto

Colaborouse na incorporación de datos a unha páxina web conxunta que unifi -que o proxecto elaborada polo xefe do proxecto para, desde esta, dar paso á re-creación virtual elaborada polo Concello de Mondoñedo (www.pagusc4.com).Nesta páxina recolleuse a evolución do núcleo histórico de Mondoñedo (nun SIG) desde 1156 (ano no que se lle concede o título de cidade) ao ano 2006.Fíxose especial énfase na recuperación virtual da muralla medieval, que des-apareceu case na súa totalidade.

Resultados obtidos

Co traballo levado a cabo púidose elaborar unha base de datos onde se re-collen os aspectos máis importantes de cada un dos monumentos e edifi cios relevantes que posúe a cidade. Con isto reuniuse unha gran cantidade de infor-mación sobre Mondoñedo e ordenouse de xeito que sexa un recurso útil para a poboación.

Efectos previsto

Consideramos que este será un medio máis para potenciar e dar a coñecer o nú-cleo histórico de Mondoñedo contribuíndo a coñecer a vila e permitirá percibir a importancia do seu conxunto histórico, fomentando a concienciación social

Mondoñedo

Page 77: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

78

sobre a conservación, recuperación e rehabilitación de vivendas á vez que se manteñen as súas características tradicionais.

Actividades de difusión

Toda a información recollida é de acceso público a través dunha páxina web creada pola Deputación de Jaén para este proxecto. Ademais, a recreación vir-tual de Mondoñedo está nunha web deseñada especialmente para soportar o SIG que se realizou.Ademais da web propúxose a instalación de dous soportes fi xos onde se alber-gue a información almacenada para contribuír ao seu uso público. Neste caso trátase de navegación off line.Os enderezos web son os seguintes:Para a web xeral feita pola Deputación de Jaén http://arteixo.dc.fi .udc.es/mondonedoPara o traballo do Concello de Mondoñedo só http://www.enxenio.es/pagus

Expectativas de continuidade

O deseño que se realizou permite e facilita a continuidade do proxecto, posto que os sistemas de rexistro preparados por Mondoñedo fan que a xestión e administración do programa resultante se poida facer desde a propia entidade local sen necesidade dunha empresa que faga os cambios.Así, actualizacións, novos datos ou rexistros, máis imaxes, novas exposicións... son posibles desde unha páxina de administración sinxela que permitirá ter o programa vixente durante moito tempo, aínda que novas investigacións dean lugar a amplos avances científi cos que incrementen o volume de datos suscep-tibles de ser incorporados a este sistema de información sobre Mondoñedo.

Vinculación coas políticas transversais europeas

O programa executado desde o Concello de Mondoñedo debemos encadralo dentro das políticas de sustentabilidade, posto que o desenvolvemento do Mu-seo Virtual está encamiñado a potenciar o núcleo histórico mindoniense. Con isto preténdese concienciar a cidadanía para conservar este gran ben históri-co-cultural, mantelo en perfecto estado e evitar o despoboamento dos núcleos

Page 78: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

79

históricos, posto que as normas de restauración e rehabilitación encamiñadas á protección deste se perciben, socialmente, como un incomodo ou unha limi-tación, máis que como unha axuda á hora de levar a cabo obras de adecuación dentro das vivendas afectadas, a pesar, incluso, das múltiples subvencións ás que se pode optar para estes fi ns.Por isto pensouse que o feito de explicar de onde procede o conxunto históri-co, como evolucionou e como o que hoxe conservamos é produto dunha evo-lución de moitos séculos servirá para poder sensibilizar a poboación, facerlle percibir o gran ben que posúe e mostrarlle o positivo que é mantelo no mellor estado, posto que isto non sería posible sen a colaboración social. Os cidadáns son quen, en defi nitiva, teñen que elixir se vivir ou non no centro histórico ou se arranxar ou non as súas casas.

Outros datos

Os traballos de recompilación de datos comezaron en maio de 2005, dando lu-gar a un importante volume que foi seleccionado e pulido para poder comezar a desenvolver o soporte informático.Este iniciouse a principios do ano 2006, o que deu lugar a unha fase onde o vo-lume de datos seguía incrementándose a medida que se xestionaban os datos para dixitalizalos e perfi lar o máis posible o sistema de rexistro e de exposición destes ao público.Os últimos datos recollidos para este proxecto teñen data de decembro de 2006 e o desenvolvemento defi nitivo da parte informática tamén, e quedan peque-nos detalles e actualizacións para os primeiros dous meses do ano 2007.

Mondoñedo

Page 79: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

80

Page 80: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

81

Ribadavia

Persoa de contacto Mercedes Álvarez LópezE-mail [email protected]úmero de habitantes da cidade 3.231 hab.Número de habitantes do núcleo histórico 742 hab.Municipio 5.494 hab.Institución Concello de RibadaviaSuperfi cie aproximada do núcleo urbano 52,51 haSuperfi cie aproximada do núcleo histórico 10,70 haWeb www.ribadavia.com, www.ribadavia.es

Datos descritivos

Ribadavia está situada na provincia de Ourense, a 30 km ao oeste da capital e na confl uencia dos ríos Avia e Miño. Ribadavia presenta un bo grado de comu-nicación co resto do territorio. A peculiaridade deste centro histórico encóntrase no importante número de conxuntos relevantes, declarados Bens de Interese Cultural, nunha superfi cie pouco extensa, como son o Castelo dos Sarmiento, a Igrexa de Santiago, a Igrexa de Santa María de Oliveira, a Igrexa de San Xoán, a Igrexa da Madalena, o conxunto monumental de Santo Domingo, declarado Conxunto Histórico en 1931, o conxunto monumental de San Francisco e a muralla.Ademais, cabe destacar outras edifi cacións de carácter singular, como a Casa dos Condes, a Casa do Concello ou o Museo Etnográfi co.O espazo público está formado por rúas angostas e prazas de pequenas propor-cións diante das igrexas, exceptuando a Praza Maior. As prazas repartidas por todo o casco antigo forman un conxunto urbano de gran beleza, que obedece a formas medievais irregulares de grande interese.O espazo verde que funciona como unha extensión do conxunto histórico é o formado polas marxes do río Avia, necesario para o desenvolvemento dunha zona natural e paisaxística integrada.Datas clave:

1947. Declaración de Conxunto Monumental coincidente coa delimitación do casco antigo.

Page 81: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

82

1999. Aprobación defi nitiva do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI), en marzo, e declaración da Área de Rehabilitación (ARI), en xuño.

1999. Adhesión de Ribadavia á Rede de Xudarías.2000. Creación da Ofi cina de Rehabilitación do Casco Antigo, en setembro.2003. Plan Especial para a Accesibilidade de Ribadavia.

Participación en proxectos europeos

- Compoñente 3 (Mobilidade e accesibilidade) –liña de traballo B: C-Enter:So-lucións Integrais para a Accesibilidade desde e cara aos Cascos Históricos.

- Compoñente 4 (Comunicación e novas tecnoloxías) –liña de traballo C: Cida-des Históricas Dixitais.

Institucións participantes relativas:Consellería de Vivenda e Solo. Xunta de Galicia

Outros proxectos europeos nos que participase a cidade:

- Proxecto EQUAL: Avia Crea Futuro- Proxecto EQUAL: Xacementos do Viño- Proxecto INTERREG 3A: Enoturismo

Políticas urbanas

1999. Aprobación do PEPRI e declaración de ARI.2000-2007. Axudas á rehabilitación de vivendas no núcleo histórico.2000-2007. Proxectos de pavimentación, renovación e instalación de infraes-

truturas das rúas do núcleo histórico en aras de mellorar a accesibili-dade.

2003. Adquisición de inmobles no casco histórico para potenciación turística e vivendas de VPA.

2003-2005. Adecuación e accesibilidade das marxes do río Avia.2001-2007. Plan Director de Rehabilitación do Castelo dos Sarmiento.2003. Plan Especial para a Accesibilidade de Ribadavia.

Page 82: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

83

Accións de participación da cidade en temas transversais de interese europeo

- As entidades de Ribadavia que forman parte do proxecto Pagus puxeron a disposición espazos accesibles e recursos propios de apoio ás accións que se realizan: Concello, Ofi cina de Rehabilitación do Núcleo Histórico e Ofi cina de Turismo.

- Incorporación do enfoque medioambiental nas accións do proxecto, por exemplo: os corredores verdes que son ambas as marxes do río Avia, a visión do quinto alzado desde a estrada N-120 e a medida de peonalizar o conxunto histórico de Ribadavia.

- A implicación no proxecto de entidades de carácter transnacional facilita a transferencia das actuacións ás políticas rexionais e locais.

Webs sobre información de xestión urbana e sobre información turística

http://www.ribadaviavirtual.comhttp://www.ribadavia.comhttp://www.ribadavia.nethttp://www.ribadavia.eshttp://www.noitemeigaribadavia.iespana.eshttp://www.cgmuseos.org/ribadavia.htmlhttp://www.planeamentourbanistico.xunta.eshttp://www.infohostal.com/guia/ourense/ribadaviahttp://www.redjuderias.org

Ribadavia

Page 83: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

84

Page 84: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

85

Ribadavia

Page 85: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

86

Proxecto 3B. C-Enter “Accesibilidade e Mobilidade”

Institución Concello de Ribadavia Nome do subproxecto C-Enter “Accesibilidade e Mobilidade desde e cara aos Cascos Históricos”Acrónimo e Compoñente 3B C-EnterOrzamento 65.000 €Equipo de traballoMercedes Álvarez López, Susana Alberte Sendín, Manuel García Valdeiras, Vicente Soto Rodríguez, Yolanda Gómez Fernández, Marcos Blanco Jorge.

Realizacións do socio local no subproxecto

O Proxecto C-Enter en Ribadavia pretende a análise xeral da situación actual do núcleo histórico, da zona de protección e do polígono de percepción que comprenden case toda a vila, respecto á accesibilidade e mobilidade nas vías, nos espazos públicos e no transporte. Unha vez realizada esa primeira fase, desenvólvense algunhas propostas que intentan resolver problemas de acce-sibilidade peonil e conxestión de tráfi co, centrándose nas persoas con mobi-lidade reducida e fomentando o uso para peóns. Estas actuacións particulares analízanse de maneira individualizada, pero sendo conscientes de que son ac-tuacións complementarias. As propostas son:

- Creación de percorridos alternativos para o tráfi co mediante sentidos únicos de circulación.

- Creación de aparcadoiros perimetrais ao núcleo histórico: nos arredores do pavillón de deportes, no contorno do novo centro de saúde e tras a rúa Ribei-ro-paseo do río Avia.

- Implantación de rede de microbuses e coches eléctricos e creación de inter-cambiador.

- Peonalización do núcleo histórico.- Mellora da accesibilidade dos peóns á estación de ferrocarril, ás dúas marxes

do paseo do río Avia, desde a pasarela da Foz, ao Castelo e ao Museo Sefarad, na rúa Progreso.

- Acceso ao castelo e ao núcleo histórico e na rúa Banda a Lira.

Page 86: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

87

Resultados obtidos

Coñecemento das problemáticas de accesibilidade particulares do núcleo his-tórico de Ribadavia e desenvolvemento do Proxecto C-Enter. De feito, algunha destas propostas está practicamente executada e comprobada, como a peo-nalización do núcleo histórico mediante a instalación do Sistema de Control de Accesos de Tráfi co Rodado e a restrición selectiva (só para residentes) do acceso do vehículo privado ao centro histórico. Realízase coa colocación de fi tos automáticos, nas zonas de entrada e saída, e fi tos escamoteables nas zo-nas nas que se pretende impedir o acceso. A actuación execútase como com-plemento e instrumento da Ordenanza Municipal de Tráfi co.Para fomentar a accesibilidade dos viandantes con mobilidade reducida ás rúas do conxunto histórico, algunhas delas con excesiva pendente, e aos equipamentos públicos urbanos, dentro do proxecto Pagus lévase a cabo como medida experimental a implantación de dous coches eléctricos, para uso tanto de residentes como de turistas en condicións de mobilidade redu-cida. Estes “minicoches” teñen unha autonomía aproximada de 25 km á velo-cidade máxima de 6 km/h. O seu manexo e mantemento é realmente sinxelo. Caben nun ascensor, o que facilita o acceso a plantas superiores dentro dunhaedifi cación.

Efectos previstos

- Recuperación do espazo público dominado polo automóbil para que o cida-dán poida usalo libremente como espazo de convivencia e poida valorar o recinto histórico culturalmente.

- Igualdade de oportunidades para os cidadáns ao desprazarse a pé pola vila, o que produce unha mellora da súa calidade de vida. Supón que as persoas anciás, os nenos, os que sufran algún tipo de discapacidade, se encontren nun plano de igualdade co resto da comunidade.

- Posta en valor do río Avia e os seus correspondentes corredores verdes en ambas as marxes. O río tamén forma parte do centro histórico no seu bor-do oriental e os corredores verdes constitúen magnífi cas infraestruturaspeonís.

- Fomento dos antigos accesos ao núcleo histórico, o que optimiza a rede via-ria e recupera o quinto alzado da vila desde a estrada N-120, é dicir, a visión das cubertas.

Ribadavia

Page 87: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

88

- Investimento das tendencias respecto ao transporte, implantación e maior uso do transporte colectivo fronte ao individual, entendendo o centro histó-rico non como ente illado, senón como unha área metropolitana.

Actividades de difusión

O desenvolvemento común dunha publicación: Solucións de accesibilidade e mobilidade nos centros históricos do sur de Europa. O seu contido é o se-guinte: unha primeira parte denominada “Refl exións sobre accesibilidade e mobilidade nos centros históricos”, realizada por Manuel Calvo, Víctor Fer-nández, Manuel Galego, Indalecio de Lastra e Fernando Nebot, que escriben artigos desde diversos puntos de vista como socioculturais, ambientais, téc-nicos ou sustentables; e unha segunda parte chamada “Libro de proxectos: solucións de accesibilidade e mobilidade nos centros históricos do sur de Europa”, desenvolvida polos socios do compoñente 3 do Pagus, Carmona, Lugo, Ribadavia, Todi e Vigo, ademais doutros dous socios participantes no Pagus, Córdoba e Ribadeo, que colaboraron na publicación cos seus respec-tivos proxectos.

Expectativas de continuidade

O concello de Ribadavia desde o ano 2003, cando se redacta o Plan Especial de Actuación para a Accesibilidade de Ribadavia, segundo convenio coa Funda-ción ONCE, o Ministerio de Asuntos Sociais-Imserso, a Deputación de Ouren-se e a Unión Europea-Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), considera a accesibilidade e a mobilidade como demandas sociais. Para dar resposta a estas esixencias lévanse a cabo actuacións en aras de melloralas, tales como obras de infraestruturas en varios viais do centro histórico, sina-lización integral do recinto histórico e colocación do Sistema de Control de Accesos de Tráfi co Rodado.Neste Proxecto C-Enter desenvólvense diversas propostas de actuacións que esperamos que se executen nestes próximos anos para alcanzar os obxectivos marcados e as cales se pretenden incluír no documento do Plan Xeral de Or-denación Municipal, actualmente en fase de redacción. Cómpre continuar co proceso de cambio conceptual, transformando o espazo e incentivando a par-ticipación cidadá para conseguir respostas capaces de resolver a contradición ao querer conservar e ao mesmo tempo modifi car.

Page 88: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

89

Vinculación coas políticas transversais europeas

- Todas as accións promovidas desde o proxecto Pagus están destinadas a ga-rantir a aplicación do enfoque de xénero e o cumprimento do principio de igualdade.

- As actuacións que se están realizando a través do proxecto nas cidades im-plicadas (actividades de presentación do proxecto, accións formativas, etc.) deseñáronse atendendo á súa complementariedade coas políticas e servizos xa existentes nos territorios implicados.

- As entidades de Ribadavia que forman parte do proxecto Pagus puxeron a disposición espazos e recursos propios de apoio ás accións que se realizan: Concello, Ofi cina de Rehabilitación do Núcleo Histórico.

- A totalidade dos centros de reunións do proxecto Pagus en Ribadavia son espazos accesibles e dispoñen de eliminación de barreiras arquitectónicas.

- Incorporación do enfoque medioambiental nas accións do proxecto, por exemplo: os corredores verdes que son ambas as marxes do río Avia, a visión do quinto alzado desde a estrada N-120 e a medida de peonalizar o conxunto histórico de Ribadavia.

- A implicación no proxecto de entidades de carácter transnacional facilita a transferencia das actuacións ás políticas rexionais e locais.

- A realización de actividades de comunicación, difusión, información e sensi-bilización en cada un dos territorios implicados.

Outros datos

Número de horas de traballo: 1.205 entre o equipo de traballo.Os obxectivos das visitas eran a posta en común dos obxectivos e propostas dos traballos de cada socio, así como o estudo e desenvolvemento da parte común do proxecto global, en concreto unha publicación que analizase o seu carácter, contido, estimación de custos e posible fi nanciamento. O contido das visitas eran reunións e visitas aos lugares de interese relacionados co proxec-to. Os resultados alcanzados foron o coñecemento das problemáticas de acce-sibilidade particulares dos distintos cascos históricos e desenvolvemento do Proxecto C-Enter. As visitas realizadas foron:

- Sevilla, 12-13-14 decembro 2004: Preparación de custos.- Vigo, 12 xaneiro 2005: Reunión cos socios galegos.- Santiago de Compostela, 2 maio 2005: Reunión coa Xunta de Galicia.

Ribadavia

Page 89: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

90

- Lugo, 12 setembro 2005: Reunión cos socios galegos.- Santiago de Compostela, 12 decembro 2005: Reunión coa Xunta de Galicia.- Todi/Perugia, 14-15-16 decembro 2005: Reunión cos socios europeos.- Santiago de Compostela, 13 febreiro 2006: Reunión coa Xunta de Galicia.- Carmona, 3-4-5 maio 2006: Reunión cos socios europeos.- Ribadavia/Vigo, 28-29 setembro 2006: Reunión cos socios europeos.

Coa implantación de dous coches eléctricos benefi ciaranse tanto residentes como turistas en condicións de mobilidade reducida para acceso a equipamen-tos públicos e ao espazo público urbano.

Page 90: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

91

Proxecto 4D. Cidades Históricas Dixitais

Institución Concello de RibadaviaNome do Subproxecto Cidades Históricas DixitaisAcrónimo e Compoñente 4DOrzamento 50.000 €Equipo de traballoArqueólogo municipal: Manuel ValdeirasTécnico Ofi cina de Turismo: Antonio Míguez AmilEmpresa externa: Culture-Bit

Realizacións do socio local no subproxecto

Acción en tres dimensións dos principais monumentos e a súa evolución his-tórica desde o século XII. En base á documentación, mapas, gráfi cos e pintu-ras recreouse a historia física dos principais monumentos, con indicacións da evolución social, cultural, política e económica de cada momento, mediante textos que acompañan as maquetas. Pódense visionar na web de p. Ademais, este traballo poderá ser consultado por calquera persoa no Centro de Interpre-tación Sefardí situado na Ofi cina Municipal de Turismo de Ribadavia.

Resultados obtidos

A historia dos principais monumentos de Ribadavia e a súa evolución servi-rá aos técnicos como elemento de traballo no deseño, na planifi cación e na conservación do patrimonio monumental existente. Con este traballo trátase tamén de involucrar os propios habitantes e sensibilizar toda a poboación no respecto e a recuperación histórica monumental. Finalmente ten como fi n ser un elemento de difusión e promoción de Ribadavia mostrando a súa evolu-ción.

Ribadavia

Page 91: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

92

Efectos previstos

Existe en Ribadavia unha sensibilización tradicional cara á historia e ao pa-trimonio monumental existente que lle permitiu a esta vila ser unha das pri-meiras localidades galegas en ser declarada no ano 1947 Conxunto Histórico Artístico Nacional, coa involucración e o beneplácito da poboación. Ante este traballo prevese unha excelente acollida, en base á súa difusión nos medios de comunicación locais e rexionais que potenciaron o anhelo da cidadanía por coñecer este proxecto que se presentará ao público en breve no Centro de In-terpretación Sefardí na Ofi cina Municipal de Turismo.

Actividades de difusión

Presentarase un CD e un mapa do conxunto histórico-artístico na Feira do Viño do Ribeiro, onde asiste a maior parte da poboación de Ribadavia e da súa comarca. Farase unha exposición pública para dalo a coñecer a todos os interesados.

Expectativas de continuidade

En función dos medios fi nanceiros e técnicos que se poidan obter, o Concello de Ribadavia continuará ampliando o devandito proxecto ata completar todos e cada un dos monumentos, con especial dedicación ao castelo de Ribadavia e ao contorno do conxunto histórico, recreando máis rúas e vivencias históricas ben documentadas, como o asalto dos ingleses no ano 1386, a exportación de viños nos séculos XV-XVI, as nevadas do século XVIII ou a chegada do tren no ano 1882.

Vinculación coas políticas transversais europeas

Trátase dun proxecto que ten como fi n fomentar o coñecemento e a sustenta-bilidade mediante o respecto á historia, ao patrimonio e ao medio ambiente.

Page 92: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

93

Outros datos

- Máis de 1.000 horas de traballo desde decembro de 2004 ata decembro de 2005, por parte do coordinador técnico.

- Realizáronse máis de 40 visitas técnicas á empresa externa, aos colaborado-res, ás institucións que posuían a información desexada, aos particulares e propietarios de documentación histórica escrita e gráfi ca.

- Asistiuse a todas as reunións convocadas polos coordinadores Pagus nos di-ferentes lugares e países participantes no proxecto.

- Contratouse unha empresa externa que fi xese o traballo de dixitalización e evolución.

- Creouse un equipo de traballo formado por tres técnicos e máis de 10 colabo-radores de diferentes áreas.

- Estableceuse un acordo de colaboración con numerosas entidades e insti-tucións públicas e privadas para a obtención de valiosos datos que permi-tiron unha maior rigorosidade na interpretación do patrimonio históricoexistente.

Ribadavia

Page 93: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

94

Page 94: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

95

Ribadeo

Persoa de contacto José Rodil VeigaE-mail [email protected]úmero de habitantes da cidade 9.800Data 14/02/2007Número de habitantes do núcleo histórico 2.200Data 14/02/2007Núcleo urbano 6.500Institución Concello de RibadeoTeléfono 982 12 86 50Superfi cie aproximada do núcleo urbano 2,04 km2

Superfi cie aproximada do núcleo histórico 0,80 km2

Web www.ribadeo.org

Datos descritivos

Ribadeo está situado no límite nordeste da provincia de Lugo (Galiza). O mar Cantábrico baña as súas costas e a ría de Ribadeo, formada pola desemboca-dura do río Eo, sepárao e úneo á vez coa veciño Principado de Asturias. Esta situación tan particular é a que distinguiu a Ribadeo co sobrenome de Porta Norte de Galiza. Conta cunha superfi cie aproximada de 106 km2 e na actualida-de cunha poboación en torno aos 9.800 habitantes (6.000 aproximadamente no núcleo urbano). Forma parte da comarca da Mariña Oriental de Galiza:

- O centro histórico foi declarado Ben de Interese Cultural con categoría de Conxunto Histórico por Decreto 266/2004, do 11 de novembro, da Xunta de Galicia, publicado no DOG n.º 226, con data 19 de novembro de 2004, e no BOE con data 17 de decembro de 2004

- É porta norte do Camiño Norte de Santiago (Patrimonio da Humanidade), formando parte do tramo Oviedo-Compostela.

- A ría de Ribadeo é zona ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves), está adherida ao Convenio RAMSAR e as súas costas e ría practicamente na súa totalidade están incluídas na zona de espazo natural de protección Red Natura 2000. En tramitación está a declaración de Reserva da Biosfera.

Page 95: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

96

- A praia das Catedrais –zona LIC (Lugar de Interese Comunitario)–, situada na parroquia da Devesa, foi declarada Monumento Natural polo Decreto 11/2005 da Xunta de Galicia, do 20 de xaneiro (DOG n.º 24, do 4 de febreiro de 2005).

Problemas máis importantes no núcleo histórico: aparcadoiros, accesibilidade e mobilidade, restauración e/ou rehabilitación de zonas públicas e inmobles privados.

Participación en proxectos europeos nos que participase a cidade

Subproxectos Pagus:

- Compoñente 4C-Novas Tecnoloxías. Museo Virtual. ”Ribadeo dos séculos de comercio: o Ribadeo dos séculos XIX e XX”. Socios participantes: Ribadeo, Lugo, Mondoñedo (Galiza), Perugia (Italia), Deputación de Jaén con Úbeda e Baeza (Andalucía) e Xanthi (Grecia). Participación da Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

- Compoñente 3C-Accesibilidade e Mobilidade. Proxecto Conexión Zona Por-tuaria-Centro Histórico. Socios participantes: Ribadeo (Galiza), Arcos de la Frontera (Andalucía), Guimarães (Portugal), A Valetta (Malta), Perugia (Ita-lia) e Kavala (Grecia). Participación da Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

- Aulas de formación e rehabilitación. A través da Ofi cina Municipal da Área de Rehabilitación Integral do Núcleo Antigo e coa intermediación do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia.

Outros proxectos:

- Iniciativa Comunitaria Leader Plus (Concellos de Castropol e Ribadeo).- Plan de Dinamización Turística.

Políticas urbanas

- Plan Xeral de Ordenación Municipal (en tramitación), vixente o PGOUrbana de 1977.

- Plan Xeral de Protección e Reforma Interior do Casco Antigo de Ribadeo (en tramitación).

Page 96: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

97

- Ordenanza de Inspección Técnica de Edifi cios, con especial fi ncapé na zona do centro histórico e os inmobles situados neste.

- Implantación da Ofi cina da Área de Rehabilitación Integral (ARI) do núcleo antigo de Ribadeo (en funcionamento desde 2002).

- Rehabilitación e peonalización de viais na zona do centro histórico.- Substitución de entubados de chumbo no centro histórico.- Plans de sinaléctica en toda a zona histórica do centro urbano.- Sinalización comercial a través de convenio co Centro Comercial Aberto de

Ribadeo.

Accións de participación da cidade en temas transversais de interese europeo

- Implantación da Axenda Local 21.- Bandeira Azul do porto de Ribadeo e praias do municipio.- Plan de Dinamización Turística (2003-2007).- Plan Leader Plus. Iniciativa Comunitaria (Castropol-Asturias e Ribadeo-Galiza).- Irmandade coa localidade de Loctudy na Bretaña francesa.- Implantación do Centro Comercial Aberto.

Webs sobre información de xestión urbana e sobre información turística

- www.ribadeo.org (páxina ofi cial do Concello, en trámite de actualización).- www.ribadeo.com (páxina pertencente a unha empresa privada de informá-

tica da localidade moi completa e actualizada diariamente).- www.pagusc4.com (páxina pertencente ao grupo Cidades Dixitais e Museo

Virtual elaborada dentro do programa Pagus, compoñente 4C).- www.todoesturismo.com (páxina turística de Ribadeo).- www.clubnauticoribadeo.com (páxina correspondente ao Club Náutico de

Ribadeo).- http://wikipedia.org/wiki/ribadeo (ampliación de información sobre Riba-

deo).

Outras páxinas (a través do buscador Google pódense localizar outras páxinas con abundante información sobre o municipio de Ribadeo).

Ribadadeo

Page 97: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

98

Page 98: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

99

Proxecto 3C. Sistemas de Transporte Innovadores

Institución Concello de RibadeoNome do subproxecto Sistemas de transporte innovadores e non contaminantesAcrónimo e Compoñente 3COrzamento 65.000 €Equipo de traballoEstudio de Arquitectura Elizabeth Abalo Díaz (Santiago de Compostela)Coordinador: Técnico Local José Rodil Veiga

Realizacións do socio local no subproxecto

Mediante a contratación de expertos externos e despois da celebración dun concurso de ideas, foi levado a cabo por un estudio de Arquitectura de Santia-go de Compostela o proxecto de construción dun ascensor vertical de conexión do porto co centro histórico de Ribadeo.Con isto conseguirase, por un lado, salvar o desnivel existente entre a zona portuaria e o centro urbano, mellorando a accesibilidade e contribuíndo a un tráfi co de persoas máis fl uído entre ambas as zonas da vila e, polo outro, di-namizar unha parte do núcleo antigo (centro histórico) nunha zona especial-mente pouco activa.

Resultados obtidos

Grazas á posibilidade de poder realizar a través deste programa europeo a execución dun proxecto destas características conseguíronse tres obxectivos fundamentais:En primeiro lugar, poder contar cun instrumento (Proxecto Técnico) realizado por un estudio de arquitectura para mellorar en gran medida a accesibilidade ao centro histórico desde a zona portuaria.En segundo lugar, que grazas tamén a tratarse dun proxecto fi nanciado con fondos europeos se puido obter, xa nestes momentos, fi nanciamento adecua-do e sufi ciente a través da Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente para poder acometer as obras deste proxecto e que deste xeito non

Ribadadeo

Page 99: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

100

quede só niso, en proxecto, senón que sirva para o que realmente foi concibi-do: a mellora da accesibilidade e mobilidade no núcleo histórico de Ribadeo comunicando dunha forma rápida e cómoda a zona portuaria de Ribadeo co seu centro urbano, facendo viable o acceso desde aparcadoiros existentes no porto, en especial a aquelas persoas de mobilidade reducida (anciás, con de-fi ciencias físicas, etc., e non só dos residentes, senón tamén para visitantes e turistas).Nun terceiro apartado debemos mencionar que, ao longo destes dous anos do programa e durante a fase de redacción do proxecto, cremos que se formou unha conciencia na poboación sobre a necesidade de limitar o acceso de ve-hículos aos centros históricos e buscar vías alternativas peonalizando rúas e gozando dunha maior fl uidez no tráfi co de persoas para estas zonas.

Efectos previstos

Consideramos que é unha posta en valor do núcleo histórico e dos elementos existentes nel.O proxecto, ademais de prever a instalación dun ascensor, mellorou sensible-mente coa rehabilitación de dúas rúas anexas existentes na zona de que trata-mos. Isto entendemos que merece a todas vistas unha valoración moi positiva; coidamos que os cidadáns así o entenden e o saberán apreciar aínda máis can-do as obras proxectadas sexan unha realidade.

Actividades de difusión

A través da prensa e diferentes medios de comunicación difundiuse o proxecto a escala local e comarcal. Na zona da Mariña lucense e o occidente do Principado de Asturias, zona de infl uencia do Municipio de Ribadeo, descoñécese a existencia dalgunha acción similar e interesáronse polo proxecto diferentes persoas e colectivos. En xeral, na poboación de Ribadeo, malia que nun principio se viu con certa sorpresa e perplexidade acometer un proxecto destas características, tense a sensación de que pode redundar nun alto benefi cio segundo a idea proposta.Insistirase en dar a coñecer o proxecto con maior incidencia, e de feito esta instalación xa se recolleu no Plan Xeral de Ordenación Municipal como unha instalación pública. Na actualidade a través dos Servizos de Costas expúxose ao público para os efectos de licitación das obras correspondentes.

Page 100: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

101

Expectativas de continuidade

Dadas as características orográfi cas do noso municipio e a existencia dun nú-cleo antigo importante e interesante (na actualidade o municipio atópase in-merso na fase de redacción dun Plan Especial de Protección e Reforma Interior do casco antigo), estimamos que será moi procedente continuar cos labores de rehabilitación, mellora e accesibilidade en toda esta zona a través de distintos instrumentos e proxectos para a realización de actuacións tendentes á súa re-cuperación e dinamización.

Vinculación coas políticas transversais europeas

O proxecto realizado enmárcase dentro das políticas de rehabilitación, recupe-ración dos cascos históricos para a súa posta en valor, así como nas de mellora, accesibilidade e mobilidade destes núcleos.

Outros datos que ilustren as actividades do socio

A realización deste proxecto supuxo un intercambio de experiencias con ac-tuacións semellantes levadas a cabo en diversos lugares, en especial fóra das nosas fronteiras. Mención especial require o caso de Perugia (Italia). As diversas actuacións si-milares á proposta de Ribadeo (ascensor vertical) e outras de índole parecida (escaleiras mecánicas, etc.) supuxeron para este proxecto un grande acicate. Igualmente, a visita realizada á localidade de Todi, tamén en Italia, e a posibi-lidade de ver algunha das actuacións alí realizadas.Por parte de Ribadeo, acudiuse a diversas reunións organizadas nas sedes dos diferentes socios:

- Guimarães (Portugal), 14 de xaneiro de 2005.- Malta (A Valetta), 8 a 12 de xuño de 2005.- Perugia (Italia), 18 a 20 de xaneiro de 2006.- Guimarães (Portugal) 3 e 4 de outubro 2006.

Ribadadeo

Page 101: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

102

Proxecto 4C. Museo Virtual

Institución Concello de RibadeoNome do subproxecto Museo Virtual: “Ribadeo: dous séculos de comercio”Acrónimo e Compoñente 4COrzamento 50.000 €Equipo de traballoEmpresa externa: SOFTGALHistoriador local: Eduardo Gutiérrez FernándezCoordinador Técnico Local: José Rodil Veiga

Realizacións do socio local no subproxecto

Despois de efectuar toda a recompilación documental, gráfi ca, etc., e a realiza-ción de fi lmacións e gravacións en vídeo, fotografías, etc., nas zonas afectadas do centro histórico e outros na vila, confeccionouse un soporte dixital (DVD de 14 minutos).Como segundo produto confeccionouse unha páxina web común para 12 socios participantes nesta acción (6 socios do Museo Virtual e 6 socios Cidades Dixi-tais) que soportará toda a documentación recompilada, fontes documentais, produción realizada e demais datos relativos a este proxecto chamado “Riba-deo: dous séculos de comercio. O Ribadeo dos séculos XIX e XX”.

Resultados obtidos

Dispoñer dun permanente Museo Virtual que permita que a memoria histórica se recupere e chegue ao público en soportes adecuados aos actuais tempos (DVD, páxina web), obtendo unha vía de difusión dixital que explica o que foi a vila de Ribadeo no noroeste peninsular, e máis concretamente o que hoxe é o seu casco antigo ou histórico a través dunha viaxe polo tempo pasado no que foi determinante o aspecto comercial que se desenvolveu na vila e a súa incidencia na confi guración actual da poboación.

Page 102: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

103

Efectos previstos

Consideramos que é unha posta en valor do patrimonio documental, gráfi co, fotográfi co, arquitectónico, etc., que a poboación de Ribadeo, en especial as xeracións máis novas, saberán valorar moi positivamente. A historia recreada no produto fi nal –que abarca, por certo, unha gran fracción de tempo (dous séculos)– mostra o que foi antano esta vila. A grande importancia da súa ac-tividade comercial con países europeos e de Sudamérica, as pegadas que esa intensa actividade deixou no propio centro histórico de Ribadeo (punto de vista arquitectónico) e a inxente documentación que se recompilou e serviu de fonte de produción estimamos que é descoñecida para moitos poboado-res de Ribadeo ou polo menos non coñecida o sufi ciente. Agora poderá, nun formato fácil de dixerir e en pouco tempo, sintetizarse toda esa vida e isto axudará, entendemos, a valorar e conservar todos aqueles vestixios do noso pasado.

Actividades de difusión

- A través dunha campaña de difusión do DVD, páxina web e explicacións te-máticas por parte do historiador local que realizou a recompilación docu-mental e responsables municipais, mediante reproducións a través de canles de televisión da comarca.

- A través de reunións, conferencias nos colexios mostrando o DVD e realizan-do explicacións polo propio guionista e historiador local.

- A través da páxina web creada conxuntamente co resto de socios do Proxecto Museo Virtual e Cidades Dixitais nunha forma de irmandade de rexións e paí-ses que tamén fomentará o coñecemento doutros espazos afastados e á vez moi próximos á nosa vila.

- Mediante a edición dun díptico/tríptico en soporte papel e a difusión do DVD, probablemente en venda ao público a un prezo de custo, entre a po-boación residente e fl otante do municipio, así como a súa distribución nos centros culturais e educativos existentes no contorno próximo do municipio (bibliotecas, casa da xuventude, ofi cinas de turismo e salas de exposicións, colexios, etc.).

Ribadadeo

Page 103: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

104

Expectativas de continuidade

Coa inxente documentación recompilada tense a expectativa de poder profun-dar máis no tema tratado, podendo acometerse ampliacións do proxecto tanto en soportes dixitais como a través doutros medios, como por exemplo a con-fección dun libro que recolla dunha forma máis exhaustiva todo o tratamento da actividade comercial desenvolvida durante ese período e a súa pegada na vila.

Vinculación coas políticas transversais europeas

O proxecto realizado enmárcase dentro das políticas de tratamento de siste-mas avanzados e integrados de comunicación, permitindo reforzar as técnicas innovadoras de información e coñecemento (novas tecnoloxías).A abundante documentación tanto bibliográfi ca como fotográfi ca existente nos arquivos municipais e noutros dispersos en diferentes lugares e medios inspirará, cremos, nas novas xeracións un positivo sentimento de valoración e conservación que axudará a fomentar políticas de recuperación e posta en valor de todo o que atinxa á antigüidade, pasado e historia local.

Outros datos que ilustren as actividades do socio

A realización deste proxecto supuxo un intercambio de experiencias con outros socios moi positivo. O coñecemento e a comprensión doutros proxectos desen-volvidos en lugares dispares tanto da xeografía española como doutros países europeos axuda en gran medida a valorar o traballo efectuado por outros co-lectivos.Por parte de Ribadeo, acudiuse a diversas reunións organizadas nas sedes dos diferentes socios:

- Ribadavia e Celanova (Galiza), os días 17 e 18 de outubro de 2005.- Ribadeo (Galiza), 19 e 20 de decembro de 2005.- Reunión en Xanthi (Grecia), 9 e 10 de marzo de 2006.- Reunión en Jaén (Andalucía), 19 e 20 de maio de 2006.- Reunión en Perugia (Italia), 25 e 26 de setembro de 2006.- Reunión en Jaén (Andalucía), 15 e 16 de decembro de 2006.

Page 104: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

105

Ribadadeo

Page 105: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

106

Page 106: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

107

Santiago de Compostela

Persoa de contacto Javier Fernández MuñozE-mail [email protected]úmero de habitantes da cidade 92.260Data 2004Número de habitantes do núcleo histórico 13.500Data 2004Poboación de feito 20.000Institución Concello de Santiago de CompostelaSuperfi cie aproximada do núcleo urbano 2.000 haSuperfi cie aproximada do núcleo histórico 170,5 haWeb http://www.santiagodecompostela.org/casa_concello/index.php?txt=casa_concello&lg=gal

Datos descritivos

A cidade de Santiago de Compostela presentaba a fi nais dos anos oitenta con-dicións para perfi lar un proxecto urbano capaz de facer dela un polo de centra-lidade rexional, un distrito cultural dentro do sistema urbano galego apoiado na súa condición de capital de Galiza e no potencial de internacionalización que presenta o seu extraordinario patrimonio, tras as declaracións como Pa-trimonio Mundial da Cidade Histórica en 1985 e como Primeiro Itinerario Cul-tural Europeo do Camiño de Santiago en 1987.A formulación dos obxectivos da política urbana na planifi cación urbanística permitiu mobilizar e integrar vontades e accións en torno ao proxecto urba-no de recuperación de Compostela como cidade de encontro, de cultura e de relación.Este proxecto enfrontou a cidade con retos moi singulares: afi rmar a súa imaxe exterior como espazo urbano excepcional pola súa calidade urbanística, como referente cultural e científi co, como patrimonio cultural europeo e universal, e integrarse activa e creativamente nas redes nacionais e internacionais da produción e oferta cultural, científi ca e artística, consolidándose como espazo singular para o intercambio das ideas e da creación, e tamén como excepcional destino turístico e cultural.

Page 107: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

108

Participación en proxectos europeos

Programa de Asistencia e Xestión Urbana Sustentable (PAGUS) –Operación Marco Rexional na Zona Sur do Programa INTERREG III - C da Comisión Euro-pea, que se levou a cabo durante os anos 2005 a 2007 ambos incluídos– Na súa calidade de Líder da Liña 2A do compoñente 2: Capacitación e Especialización de Técnicos en Rehabilitación Urbana, e como socio nas outras tres liñas de traballo do mesmo compoñente, que son:

- Liña 2B. Capacitación de empresas e artesáns. Líder. Municipio de Guimarães (Minho).- Liña 2C. Capacitación e especialización de xestores públicos. Líder. Colexio de Arquitectos de Cádiz (Andalucía).- Liña 2D. Xestión e forma de goberno da renovación urbana sostíbel. Líder: Comune di Narni (Umbria).

Outros programas europeos relativos á rehabilitación de cidades históricas:

- Programa Finestra Recite II.- PAGUS AL (extensión do programa PAGUS a América Latina).- URBS Heritage for Qu Fu 2005-2007 (no marco do Programa ASIA URB).

Políticas urbanas

No marco dunha política urbanística complexa, a recuperación urbana presta especial atención a dous problemas relevantes nas cidades históricas contem-poráneas: a preservación dos usos residenciais coa mellora das condicións de vivenda da poboación e a rexeneración ambiental dos espazos libres que per-maneceron marxinados.Tres son os obxectivos clave desta actuación, que veñen acompañados polas súas respectivas estratexias:

1. O uso residencial é o obxectivo preferente na cidade histórica.2. A cidade histórica: grande infraestrutura peonil, lugar de encontro, nexo

entre partes da cidade.3. Creación de corredores verdes na cidade histórica.

Page 108: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

109

Accións de participación da cidade en temas transversais de interese europeo

Sustentabilidade

- Financeira: Os custos da rehabilitación das vivendas adáptanse á capacidade dos usuarios. A sobriedade das actuacións, a reutilización e reparación de elementos, permitiron o seu encaixe nos módulos de protección pública. As axudas públicas acompañan o esforzo investidor dos usuarios e xestiónanse baixo o criterio de estimular o devandito esforzo.

- Social: A rehabilitación frea a expulsión de residentes e preserva a diversi-dade social. A localización de grandes parques urbanos e de equipamentos prestixiosos integra os espazos segregados do contorno.

- Cultural: A preservación do valor cultural da cidade histórica, rigorosa en canto ao patrimonio construído, quixo entenderse tamén nos seus contidos sociais, como expresión aínda viva da convivencia na cidade de funcións múltiples, de habitantes de distinta condición social, de diferentes expre-sións culturais.

- Ambiental: A sustentabilidade ambiental marca estas actuacións. Destaca a consecuencia con que se implantou un método de rehabilitación lixeira que busca a recuperación funcional de toda estrutura que o permita, que reintroduciu técnicas e lóxicas construtivas capaces de prolongar a vida dos edifi cios, que recuperou a madeira na construción e que rescatou a reversi-bilidade dunhas intervencións sobre edifi cios históricos que non deben ser as últimas.

Compostela preservou os espazos libres e naturais no contacto coa cidade den-sa, o último e rico contacto de proximidade co contorno rural do que xurdiu, un exemplo herdado de integración da cidade no seu territorio.

Webs sobre información de xestión urbana e sobre información turística

http://www.santiagodecompostela.org/casa_concello/index.php?txt=casa_concello&lg=galhttp://www.santiagodecompostela.org/f acendo_cidade/f acendo.php?txt=fc_historica&lang=galhttp://www.santiagoturismo.com/visitarsantiago/serviciosturisticos/turis-mo/index.asp?pagina=medioambiental

Santiago de Compostela

Page 109: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

110

Proxecto 2A. Capacitación de técnicos

Institución Concello de Santiago de CompostelaNome do subproxecto Capacitación de técnicos e expertos en Rehabilitación UrbanaAcrónimo e Compoñente 2AOrzamento 140.000 €Equipo de traballoMercedes Rosón Ferreiro, Javier Fernández Muñoz, Oscar Andrés, Eva Maria Ezcurra de la Iglesia, María Soledad Domínguez Rodríguez.

Proxecto 2B. Capacitación de artesáns

Institución Concello de Santiago de CompostelaNome do subproxecto Capacitación de artesáns e empresas constructorasAcrónimo e Compoñente 2BOrzamento 20.000 €Equipo de traballo Mercedes Rosón Ferreiro, Javier Fernández Muñoz, Oscar Andrés, Eva Maria Ezcurra de la Iglesia, María Soledad Domínguez Rodríguez.

Proxecto 2C. Capacitación de xestores públicos

Institución Concello de Santiago de CompostelaNome do subproxecto Capacitación e especialización de xestores públicos na rehabilitación de centros históricosAcrónimo e Compoñente 2COrzamento 20.000 €Equipo de traballoMercedes Rosón Ferreiro, Javier Fernández Muñoz, Oscar Andrés, Eva Maria Ezcurra de la Iglesia, María Soledad Domínguez Rodríguez.

Page 110: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

111

Proxecto 2D. M.A.G.U.S. Xestión e goberno

Institución Concello de Santiago de CompostelaNome do subproxecto Xestión e goberno da renovación urbana sostíbeLAcrónimo e Compoñente 2D. M.A.G.U.SOrzamento 40.000 €Equipo de traballoMercedes Rosón Ferreiro, Javier Fernández Muñoz, Oscar Andrés, Eva María Ezcurra de la Iglesia, María Soledad Domínguez Rodríguez.

Realizacións do socio local en cada subproxecto

Dentro das rexións europeas, a maior parte dos núcleos históricos das cidades están protexidos por seren considerados elementos de interese cultural. Esta protección procura a conservación da totalidade dos estilos arquitectónicos históricos así como do seu espazo ou contorno urbano, mais evitando que se convertan en museos, a transformación social da área e o desequilibrio das súas funcións urbanas.Con este propósito créase o compoñente 2 do “Programa de axuda e apoio á planifi cación urbana (PAGUS). Actividade do Medio Rexional dentro da Área Sur de INTERREG III-C da Comisión Europea: xestión dos recursos humanos na rehabilitación dos centros históricos”.Houbo dúas edicións do “Obradoiro para a renovación e restauración urba-nas”, un en 2005-2006 e outro en 2006.

Proxecto ACelebráronse charlas, seminarios, sesións prácticas e titorías cunha duración total de 158 horas en 75 clases na primeira edición e 288 horas en 84 clases prácticas na segunda. Outra produción neste subproxecto é a páx ina web onde se poden consultar as obras dos grupos de traballo do obradoiro (http://www.renovacion-urbana.net/).

Proxecto BCelebráronse charlas, seminarios, clases prácticas e titorías cunha duración total de 53 horas en 8 clases prácticas na primeira edición e 52 horas en 22 clases prácticas na segunda.

Santiago de Compostela

Page 111: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

112

Proxecto CCelebráronse charlas, seminarios, sesións prácticas e titorías cunha duración total de 50 horas en 22 conferencias na primeira edición e 58 horas en 20 conferencias na segunda.

Proxecto DAs clases que presentamos insírense na Liña 2 D, relacionada coa Dirección de Administración e estratexias de Renovación Urbana. Tiveron lugar ao longo de dúas semanas, en concreto durante os días 1, 2 e 3 de xuño e 26, 27 e 28 de outubro de 2006. Xoves de 16.00 a 20.00, venres de 10.00 a 20.00 e sábados de 10.00 a 14.00.

Resultados acadados

As conservacións efectivas dos centros históricos precisan dos axentesseguintes:

- Técnicos e empresas capacitados con coñecemento especializado segundo as características propias de cada estilo arquitectónico que se tenta rehabi-litar.

- Xestores públicos que asistan os residentes, individualizando cada caso me-diante o consello e a canalización de toda solicitude de axuda na renovación da vivenda.

- Institucións que creen coñecementos útiles. Xa que logo, os axentes quetraballen na conservación e recuperación dos centros urbanos históricos pódense basear en criterios sólidos apropiados dependendo das condicións particulares de cada rexión e, ao mesmo tempo, poden unir os diferentes factores que participan neste eido.

Efectos previstos

Para manter habitados os centros históricos, na maior parte ocupados por sectores de poboación pobre ou marxinal, evitando ao mesmo tempo a so-brepoboación ou un uso turístico abusivo, son precisos programas territoriais de apoio á recuperación da habitabilidade das vivendas e edifi cios para que asente a poboación residente, así como programas de intervención dedicados a acadar un contorno en mellores condicións e a creación e dotación de equi-pamentos e servizos que tornen máis doada a vida e a convivencia.

Page 112: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

113

Expectativas de continuidade

Os axentes locais que participaron no desenvolvemento do “Máster de Xestión dos recursos humanos na rehabilitación de centros históricos” en relación ás liñas A, B, C e D do compoñente 2, asumiron o compromiso de continuar as actividades con recursos propios.

Vencello coas políticas transversais europeas

O medio e o carácter sustentable, especialmente en cuestións de desenvolve-mento das cidades históricas.

Santiago de Compostela

Page 113: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

114

Page 114: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

115

Page 115: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

116116

Page 116: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

117

Vigo

Persoa de contacto Nuria Campos DíazNúmero de habitantes da cidade 212.980Data 2007Número de habitantes do núcleo histórico 3.200Data 2000Número de habitantes núcleo histórico 1980 4.800Número de habitantes núcleo histórico 1990 4.300Número de habitantes núcleo histórico 1994 4.000Institución Consorcio Casco Vello Vigo Télefono 986 44 26 83Superfi cie aproximada do núcleo urbano 20,4 km2

Superfi cie aproximada do núcleo histórico 217.945 m2

Web www.vigo.org

Datos descritivos

O 29/09/1997 é declarado o casco vello de Vigo Área de Rehabilitación pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Gali-cia. Este recoñecemento administrativo permite o desenvolvemento de accións específi cas co fi nanciamento público para conseguir a rehabilitación integral do seu conxunto. O ámbito considerado foi declarado Ben de Interese Cultural, coa categoría de Conxunto Histórico-Artístico, segundo Decreto 136/2006, do 27 de xullo (DOG n.º 161, do 22 de agosto de 2006). O barrio histórico de Vigo (máis coñe-cido como casco vello), ao igual que os centros históricos do resto de cidades galegas, estrutúrase a partir do antigo recinto amurallado e os seus barrios extramuros, e comprende unha extensión de 21,84 hectáreas. A pesar da súa céntrica posición xeográfi ca na cidade, o barrio histórico des-empeña un papel secundario con respecto á centralidade funcional de Vigo. O desenvolvemento da cidade, que tivo lugar durante o pasado século, foi des-prazando progresivamente o seu centro funcional desde a antiga cidade amu-rallada cara ao leste. Non obstante, a presenza do porto pesqueiro do Berbés e o seu correspondente barrio dentro da cidade histórica mantiveron actividades que á súa vez preservaron certo carácter de centralidade económica vinculada

117

Page 117: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

118

á actividade portuaria en xeral e turística vinculada ao mercado da Pedra. Cunha estrutura urbana conservada de forma desigual segundo as zonas, o desprazamento do centro económico e o escaso interese que durante un longo período mostrou a cidade pola súa valoración cultural propiciaron unha pro-gresiva deterioración urbana que concluíu cunha importante degradación do seu casarío e dos espazos públicos, que se acompañou desde 1950 dun proceso de envellecemento da poboación residente, despoboamento residencial e au-mento abusivo da terzarización que deu lugar a unha perda da identidade ur-bana e social da zona, con manifestacións de marxinación e exclusión social.

Participación en proxectos europeos

O Programa Urban, fi nanciado polos fondos comunitarios FEDER e FSE e polo Concello de Vigo, actuou sobre o casco vello entre os anos 1996 e 1999 con actuacións urbanas executadas ata fi nais do ano 2001.Ademais participou noutros programas europeos como:

- SISIFO (Iniciativa Comunitaria Emprego-Youthstart) 1998-99: Inserción la-boral de mozos de centros públicos de ensino con fracaso escolar.

- SOFÍA (Iniciativa Comunitaria Emprego-Now) 1996-97: Inserción laboral de mulleres.

- DIVA (Iniciativa Comunitaria Emprego-Now II) 1998-99: Inserción laboral de mulleres.

- LIFE (Iniciativa Comunitaria Emprego-Integra II) 1998-99: Formación e in-serción laboral de colectivos desfavorecidos.

- IUVENIS (Iniciativa Comunitaria Emprego-Horizon) 1998-99: Formación e inserción laboral de colectivos discapacitados.

- Proxecto ASISTE (Convocatoria Subvención Global do Fondo Social Europeo) 2002-03: Formación de mulleres desempregadas de longa duración, sen ou ningunha cualifi cación, no sector de atención ás persoas. Incompleto?

- Proxecto ABEIRO (Convocatoria Subvención Global do Fondo Social Europeo) 2003-04: Información, formación e asesoramento a mulleres desemprega-das para a súa inserción laboral non sector de atención ás persoas con espe-ciais difi cultades.

- Programa Interreg II España-Portugal 1994-99: Rehabilitación edifi cio e creación do Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

- Programa Operativo de Medio Ambiente Local POMAL 1994-99: Conducións de augas residuais en zonas do rural de Vigo.

Page 118: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

119

Políticas urbanas

PROGRAMA DE VIVENDAS - Incentivos á rehabilitación a través de:

• Programas de recuperación de fachadas e plantas baixas.• Programas de rehabilitación de vivenda.

- Adquisición de inmobles para a súa rehabilitación e posta no mercado de alugamento de vivendas protexidas.

- Plan de inspección urbanística do casco vello de Vigo.- Instrumentos de control do mercado (dereito de tenteo e retracto).

PROGRAMA DE URBANIZACIÓN - Plan de mobilidade.- Urbanización de parte do casco vello. - Accións encamiñadas á protección do patrimonio a través da correspondente

normativa específi ca:

•PEPRI Casco Vello.•Catálogo de elementos que hai que conservar do PG do 1993.

- Políticas de incentivos fi scais: bonifi cacións en determinadas taxas e impos-tos locais (licenzas de obra, ICOI, licenzas de apertura, etc.).

Accións de participación da cidade en temas transversais de interese europeo

PROGRAMA DOTACIONAL - Modifi cación do plan de usos do Concello de Vigo para fomentar o acceso

desde o casco vello e axuda a unha reactivación deste. - Acordos coa Universidade de Vigo para a creación dunha sala de lectura, un

punto de información e vivendas no casco vello.

PROGRAMA COMERCIAL- Fomento do comercio como elemento dinamizador. - Creación de bolsa de alugamento de baixos comerciais.

Vigo

Page 119: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

120

PROGRAMA DE ACCIÓN SOCIAL- Cultura: actividades culturais e lúdicas.- Seguridade cidadá: plan de intervención policial, normativa de tráfi co e nor-

mativa de actividades económicas.- Servizos de limpeza: eliminación de pintadas, supresión de vertedoiros

ncontrolados e coordinación de políticas municipais.

PROGRAMA DE PROMOCIÓN TURÍSTICA- Zonifi cación en áreas temáticas.- Creación dun centro de recepción de visitantes.- Creación de itinerarios autoguiados, etc.

Webs sobre información de xestión urbana e sobre información turística

http://www.vigo.org http://www.arrakis.es/~rojea/ http://usuario.tiscali.es/javiercortizo/paseo.html www.vigoenfotos.com/u_cascoviejo.html www.vigoenfotos.com/urbano.html www.vigonet.com www.avcascovello.com www.vigometropolitano.com www.camaravigo.es/comercio_de_vigo/zona_vieja.html

Page 120: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

121

Page 121: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

122

Proxecto 3B. C-Enter “Accesibilidade e Mobilidade”

Institución Concello de VigoNome do subproxecto C-Enter “Accesibilidade e Mobilidade desde e cara aos Cascos Históricos”Acrónimo e Compoñente 3B C-Enter Orzamento 65.000 €Equipo de traballoAlfonso Ramos Covelo, Nuria Campos Díaz.

Realizacións do socio local no subproxecto

Elaboración dun estudo de mobilidade e accesibilidade ao centro histórico de Vigo.

Resultados obtidos

- Caracterización e análise do espazo público e da rede viaria no casco vello e o seu contorno.

- Inventario de rúas e prazas do casco con identifi cación de barreiras arquitec-tónicas.

- Coñecemento da natureza e características da mobilidade en vehículo priva-do, transporte público e peonil.

- Relación co transporte público.- Análise das accións futuras (propostas de planeamento e Consorcio Casco

Vello de Vigo).- Defi nición de obxectivos, criterios e programas de actuación.- Propostas de casos piloto. Medios mecánicos.

Efectos previstos

Incorporación dos programas de actuación propostos no estudo no Plan de Actuación do Consorcio do Casco Vello de Vigo.

Page 122: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

123

Intervención nos espazos públicos do casco vello e o seu contorno con base nos resultados obtidos no estudo. Isto implicará:

- Mellora na accesibilidade peonil dentro do casco vello, de maneira que se salven os problemas orográfi cos e de conformación urbana do casco vello.

- Integración da mobilidade peonil dentro do repartimento modal: transporte público e privado.

- Mellora das condicións de circulación peonil.

Actividades de difusión

Publicación dun libro, C-Enter "Solucións de accesibilidade e mobilidade nos centros históricos do sur de Europa", cos resultados dos estudos obtidos por todos os socios.

Expectativas de continuidade

As especifi cacións contidas no estudo de mobilidade e accesibilidade mate-rializaranse na execución de obras de urbanización e outras accións. Mentres se manteña a actividade que está levando o Consorcio do Casco Vello de Vigo darase continuidade ao estudo realizado.

Vinculación coas políticas transversais europeas

Todas as solucións e as liñas de actuación propostas no estudo realizado están encamiñadas á mellora da calidade urbana, tanto no que aos itinerarios se re-fi re como no ámbito das instalacións. Neste sentido as liñas que se van seguir son de aforro enerxético en canto a transporte colectivo e de mercancías, e de fomento de itinerarios peonís, eliminando no posible as barreiras arquitectó-nicas e achegando solucións de elementos mecanizados verticais para salvar desniveis pronunciados.Estas solucións proporcionan unha mellor calidade de vida aos cidadáns e evi-tan a discriminación daqueles que sufran algunha discapacidade física.

Vigo

Page 123: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

124

Outros datos

Equipo técnico redactor do estudo: 9 persoas.

Coordinadores de proxecto: 2 persoas.

Campaña de aforos:

- 16 aforadores e tres técnicos superiores coordinadores da campaña. - 22 puntos de aforo.

Page 124: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

125

Vigo

Page 125: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

Galiza no programa Pagus

126

Page 126: Galiza no programa Pagus - IGVSigvs.xunta.gal/.../export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/programa_pagus.pdf5 Galiza no programa Pagus Coordinación da publicación Eva María

127