Galicia Sindical - CCOO...GALICIA SINDICAL N.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena) 6 Folga en Auto-Res A...
Transcript of Galicia Sindical - CCOO...GALICIA SINDICAL N.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena) 6 Folga en Auto-Res A...
Ao redor de 34.000 persoas parti-
ciparon en toda Galicia nas mobili-
zacións do Primeiro de Maio que or-
Galicia SindicalNÚMERO 6 - MAIO 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO
. . . .
34.000 voces polo empregoe as pensións no 1.º de Maion A manifestación central, que tivo lugar en Vigo, congregou preto de 20.000 persoas
D I X I T A L
www.galicia.ccoo.es
Instantánea da manifestación principal do 1.º de Maio, en Vigo
A Federación da Construción, Ma-
deira e Afíns de Comisións Obreiras
(FECOMA-CCOO) promove a realización
de 60 quilómetros do Camiño de San-
tiago para reclamar a xubilación anti-
cipada aos 60 anos para o persoal de
obra no sector da construción. Será os
días 10, 11 e 12 de maio. / Páx. 6
POLA XUBILACIÓN AOS 60 ANOS NA CONSTRUCIÓN
ganizaron o Sindicato Nacional de
CCOO e UGT baixo o lema «Polo em-
prego con dereitos e a garantía das
nosas pensións». A manifestación
central tivo lugar en Vigo, onde par-
ticiparon 20.000 persoas./ Páxs. 3-5
GALICIA SINDICAL N.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena)
CÓMPRE SITUAR O TRABALLONO CENTRO DA SOCIEDADE
En Galicia, os efectos e a inciden-
cia da crise maniféstanse con con-
tundencia no ano 2009, pero 2010
tampouco comezou con bo pé. Se-
gundo a EPA do primeiro trimestre
deste ano, con respecto aos tres
meses anteriores perdéronse
42.000 empregos e o paro incre-
mentouse en 32.200 persoas. Ade-
mais, a taxa de desemprego sitúase
no 15,46%, o valor máis alto desde
o ano 2000. De aí que, segundo os
datos de abril, teñamos no noso
país 233.916 persoas sen em-
prego. Os fogares galegos tamén
sofren con forza os efectos da
crise, pois temos preto de 90.000
persoas desempregadas sen nin-
gún tipo de cobertura.
As causas
Como chegamos a isto? No sis-
tema produtivo imperante en Gali-
cia, claramente especulativo e que
requiría man de obra de moi baixa
cualificación e cun baixo nivel de
I+D+i, foi precisamente na constru-
ción e na industria onde se dispa-
raron as cifras de paro. O país viuse
inmerso no ano 2009 nunha espiral
de ERE, despedimentos obxectivos
e conxelacións salariais. As cifras
de traballadores e traballadoras
afectados por expedientes de re-
gulación de emprego son máximas
e afectaron no conxunto do ano a
máis de 24.000 persoas, cando o
n CARTA DO SECRETARIO XERAL
XOSÉ MANUEL SÁNCHEZ AGUIÓN
ano anterior foran por volta de
7.000.
O declive da actividade econó-
mica causou un rápido impacto ne-
gativo no mercado de traballo,
cunha crecente destrución de em-
prego que repercutiu de forma in-
tensa a construción residencial e
que se trasladou a outros sectores
de actividade relacionados. Hoxe,
a destrución de emprego está a
afectar os diferentes sectores de
actividade, aínda que con maior in-
tensidade na industria.
As propostas de CCOO
Como podemos desatoar a situa-
ción? CCOO quere situar o traballo
no centro da sociedade. O traballo
como auténtico motor na creación
de riqueza. Pero o valor do traballo
tense que recuperar desde unha
premisa: debe ser o principal ele-
mento en que asente unha cidada-
nía social plena. O traballo e todo
o que se crea con el, e para iso
cómpre que o traballo e o emprego
que se xeren alcancen uns paráme-
tros e uns estándares de calidade
e de dereitos asociados.
A saída da situación actual debe
facerse a favor do crecemento sos-
tible, produtivo, industrial, de cali-
dade e innovación; a favor do em-
prego decente, seguro, estable, con
dereitos; con igualdade; sen acci-
dentes laborais; con protección ás
persoas desempregadas; con ga-
rantías para unhas condicións dig-
nas de vida.
A partir de aquí derivan as pro-
postas concretas que estamos ex-
poñendo nos diferentes ámbitos de
negociación. A estratexia de saída
da crise que propoñemos xira arre-
dor de tres eixes de actuación: im-
pulsar a actividade económica para
enfrontarse á recesión e parar a
destrución de emprego; promover
o cambio da estrutura produtiva
avanzando nun novo modelo de
crecemento; facelo no marco da co-
hesión social, o que implica a pro-
tección ás persoas en paro, aos co-
lectivos en risco de exclusión e o
mantemento e mellora dos servizos
públicos.
En CCOO cremos que xa é o mo-
mento de acometer estas actua-
cións, e é importante facelo no
marco da concertación social, como
vimos facendo desde o ano 2005.
2
www.galicia.ccoo.es
Boa parte do emprego que se perdeu nosúltimos tempos foi na industria
GALICIA SINDICALN.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena)
3
www.galicia.ccoo.es
Ao redor de 34.000 persoas par-
ticiparon nas mobilizacións do 1.º
de Maio que organizaron o Sindi-
cato Nacional de CCOO e UGT
baixo o lema «Polo emprego con
dereitos e a garantía das nosas
pensións». A manifestación central
tivo lugar en Vigo, cidade na que
20.000 persoas participaron no
acto principal do Día Internacional
do Traballo.
UGT e CCOO reclamaron em-
prego con dereitos, motivo polo
cal reafirmaron o que consideran
unha «aposta decidida» polo diá-
logo social, un proceso que,
«desde a responsabilidade de to-
das as partes implicadas», debe
orientarse á procura de acordos
que melloren a actual situación do
emprego no noso país. Instaron,
ademais, a Xunta de Galicia a
adoptar un compromiso para que
o país saia fortalecido da crise
«con máis e mellor emprego», así
como ampliar a protección social
e impulsar a economía produtiva
galega, prestando especial aten-
ción e vixilancia aos sectores es-
tratéxicos que están en pleno pro-
ceso de deslocalización ou caída
da actividade e da produción.
CCOO e UGT sinalaron no 1.º de
Maio que os acordos se deben
acompañar de políticas encamiña-
das ao cambio de modelo produ-
tivo para alcanzar un crecemento
económico sostible a longo prazo.
Un novo modelo que se ha basear
nos investimentos públicos e pri-
As pensións e o emprego,protagonistas no 1.º de Maion Máis de 34.000 persoas participaron en toda Galicia nos actos convocados por CCOO e UGT
Cartel de Comisións Obreiras para o 1.º de Maio
vados en educación, formación,
I+D+i, TIC, en calidade, medio am-
biente e aforro enerxético.
A defensa das pensións foi o ou-
tro grande eixe reivindicativo das
dúas organizacións sindicais, que
reiteraron o seu rexeitamento á
proposta do Executivo central de
atrasar a idade legal de xubilación
ata os 67 anos.
GALICIA SINDICAL N.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena)
4
www.galicia.ccoo.es
O Primeiro de Maio en imaxesn Comisións Obreiras organizou manifestacións e concentracións na Coruña, Ferrol,Santiago de Compostela, Viveiro, Lugo, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo
GALICIA SINDICALN.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena)
5
www.galicia.ccoo.es
GALICIA SINDICAL N.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena)
6
www.galicia.ccoo.es
Folga en Auto-ResA representación legal dos traballadores e traballadoras
de Auto-Res S. L. convocou folga para todas as fins de se-
mana dos meses de maio, xuño, xullo e agosto a partir do
pasado 30 de abril.
Chegouse a esta situación logo dunha fase de negociación
que comezou no ano 2009 con xuntanzas nos meses de
setembro, novembro e decembro.
O día 8 de abril, a dirección da empresa anunciou unha
serie de medidas que puxo en marcha decontado. Entre es-
tas medidas destacan:
■ Despedimento de catorce persoas dos centros de tra-
ballo de Madrid, Salamanca, Badaxoz e Valencia.
■ Reaxuste dos tempos de percorrido (tempos estándar).
■ Segregación a través dunha externalización dos servizos
de taller, comercialización de billetes e centro de atención
de chamadas.
Estas medidas implican, segundo CCOO, unha precariza-
ción das condicións de traballo. A folga afecta en Galicia os
centros de Vigo e Pontevedra. No resto do estado, os máis
salientables son Cáceres, Badaxoz, Valencia, Castellón, Gan-
día, Cuenca, Salamanca e Zamora.
Pola xubilación aos 60
na construción
Os días 10, 11 e 12 de maio, FECOMA-CCOO realizará os últimos
60 quilómetros do Camiño de Santiago (Camiño Francés) dentro
das liñas de actuación enmarcadas para o ano 2010 enfocadas á
campaña de xubilación aos 60 anos para o persoal de obra na
construción.
Esta iniciativa estará dividida en tres etapas de vinte quilómetros
cada una. O día 10, de Leboreiro a Ribadiso de Abaixo, o día 11
de Ribadiso de Abaixo a Pedrouzo e o día 12 de Pedrouzo a San-
tiago de Compostela, que rematará na praza do Obradoiro.
Na última etapa, lerase un manifesto na praza do Obradoiro
Folga indefinida en
Urbaser
No centro, Valentín Nieves (CCOO), presidente do comité, e á súa es-querda Enrique Llames (secretario xeral de CCOO-Diversas).
Con eles, outros membros do comité de empresa.
O aumento do paro
en Galicia triplica a
media estatal
Para Comisións Obreiras (CCOO), os resultados da en-
quisa de poboación activa (EPA) do primeiro trimestre de
2010 son «terriblemente negativos» e «desconcertantes»,
xa que rexistran unha perda de 42.000 empregos e un au-
mento do paro en 32.200 persoas respecto ao último tri-
mestre de 2009. Ambos os indicadores —perda de postos
de traballo e crecemento do paro— triplican as medias es-
tatais.
Desde finais da crise dos noventa, a EPA non estimaba
para Galicia un volume de desemprego superior ás 200.000
persoas. De aí que a taxa de desemprego se sitúe no seu
valor máis alto desde o ano 2000, un 15,46%, medrando
2,58 puntos respecto do trimestre anterior e 3,24 puntos
en relación a 2009 (aínda que inferior en 4,59 puntos á
media de España, o 20,05%).
O comité de empresa de Urbaser, presidido por CCOO, anunciou
unha folga indefinida a partir das 22:30 horas do día 9 de maio
en protesta polo bloqueo da negociación co convenio colectivo.
un maior número de acci-
dentes. Por este motivo, ins-
tou a «non relaxar o traballo
de prevención».
A responsable de Saúde
Laboral de Comisións
Obreiras tamén criticou a
«falta de implicación» do
empresariado na preven-
ción de riscos laborais, o in-
suficiente compromiso das
Administracións, a precarie-
dade do mercado de traba-
llo ou a alta temporalidade,
todos eles factores relacio-
nados coa sinistralidade.
GALICIA SINDICALN.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena)
7
www.galicia.ccoo.es
Con motivo do Día Inter-
nacional da Seguridade e a
Saúde no Traballo, que tivo
lugar o pasado 28 de abril,
Comisións Obreiras instou a
«non relaxar» o labor de pre-
vención.
A secretaria de Saúde La-
boral, Ascensión Esteban,
lembrou o compromiso do
sindicato coa defensa e a
protección da saúde no tra-
ballo. «Como ben sabemos»,
indicou, «estamos a sufrir
unha crise económica mun-
dial sen precedentes que
está afectando con especial
virulencia ao estado español». Neste
contexto, non só se incrementou o
desemprego, senón que «algunhas em-
presas están a aproveitar para obter
maiores beneficios, mesmo empeo-
rando as condicións de traballo, espe-
cialmente no que atinxe á seguridade».
En relación co descenso que revelan
os datos de sinistralidade de 2009 —
do 21,27%—, Ascensión Esteban ase-
gurou que «non cremos que se deba á
aplicación de medidas preventivas efi-
caces, senón á destrución de emprego
que se produciu», especialmente na
construción e na industria, sectores
nos que tradicionalmente se rexistra
CCOO insta a «non relaxar» o laborde prevención de riscos laboraisn O sindicato presentou un estudo sobre o impacto das enfermidades profesionais en Galicia
Como parte dos actos do 28 de
abril, CCOO presentou tamén o es-
tudo Impacto das enfermidades pro-
fesionais en Galicia. No caso con-
creto das patoloxías relacionadas coa
manipulación do amianto, Ascensión
Esteban asegurou que «temos un
grande drama con esta cuestión», ao
tempo que explicou que só no sector
do naval «rexistramos sete mil per-
soas potencialmente afectadas, pero
non sabemos cantas pode haber no
resto de sectores». Lembrou que ata
2002 non se produciu a prohibición
O AMIANTO, UN PROBLEMA DE SAÚDE PÚBLICAtotal de instalar ou traballar con
amianto, pero aínda hoxe hai per-
soas que o manipulan en tarefas de
desamiantado.
Evolución
A sindicalista explicou tamén que
as enfermidades relacionadas co as-
besto poden tardar ata vinte ou trinta
anos en xerar síntomas, polo que a
cifra de afectados de hoxe pode ficar
curta en poucos anos. «Estamos,
pois, ante un problema de saúde pú-
blica, e non só laboral».
Ascensión Esteban (esquerda), secretaria de Saúde Laboral,coa economista Silvia Parga (dereita), autora do estudo
NÚMERO 6 - MAIO 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO
www.galicia.ccoo.es
Se queres coñecernos, consulta cal é o local de CCOOmáis próximo... ou visita www.galicia.ccoo.es
O pasado 14 de
abril, no salón de ac-
tos do edificio da
Xunta en Ferrol, tivo
lugar unha nova
charla-coloquio do ci-
clo "Envellecemento
Saudable", organizado
pola Agrupación Co-
marcal de Pensionistas
e Xubilados de CCOO.
Nesta ocasión, o tema
foi 'A convivencia des-
pois da xubilación'.
Como relatoras par-
ticiparon Mabel Pérez Simal, responsable da Secretaría da
Muller e Políticas de Igualdade do Sindicato Nacional de
CCOO de Galicia, e Áurea Vázquez Estraviz, secretaria de
Política Social e Muller da Unión Comarcal de Ferrol. Como
moderadora exerceu Gloria Amor Deus, responsable da
Muller da Federación de Pensionistas e Xubilados.
A convivencia apósa xubilación
n Folga na estiba e desestiba dos portos. OSector do Mar de CCOO apoia a folgaconvocada na estiba e desestiba dos portos,que terá lugar a partir do 11 de maio.
n Presentado un novo libro de RicardoGurriarán. O investigador da Fundación 10 deMarzo de CCOO presentou un novo libro, 1968en Compostela. 16 testemuños, editada poloServizo de Publicacións da USC e a propia F10M.
n Abriu o prazo de solicitude para as probas deavaliación en competencias clave. A Xuntaconvocou as segundas probas de avaliación encompetencias clave para acceder aos cursos doscertificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.Poden consultar máis información na Área deFormación da web do Sindicato Nacional deCCOO (www.galicia.ccoo.es).
OUTRAS NOTICIAS QUE PODES LER ENWWW.GALICIA.CCOO.ES
Cómpre mellorar a convivenciaescolar de xeito global
Diante das declaracións do conse-
lleiro de Educación anunciando que
quere elaborar unha lei para reforzar a
autoridade do profesor en Galicia,
CCOO considera «inadmisible» preten-
der solucionar estes conflitos cunha
única medida de tipo xurídico como
sería modificar o Código Penal.
Para o sindicato, é certo que na ac-
tualidade existe unha nova situación
que dificulta a convivencia nos centros,
que contan cun alumnado cada vez
máis diverso, «en moitas ocasións des-
motivado e cun rexeitamento cara ao
sistema escolar».
Cesión de responsabilidades
«A Administración fai unha cesión de
responsabilidades aos centros educa-
tivos sen lles dar o apoio social e polí-
tico necesario para afrontar con éxito
as tarefas asignadas», denuncia o sin-
dicato, que ademais considera que
«non é equitativa» a distribución do
alumnado con determinadas dificulta-
des, «sexan de conduta ou non», entre
todos os centros sostidos con fondos
públicos.
Implicar a comunidade educativa
Así, xulgan «imprescindible» para Ga-
licia lograr solucións, aínda que, en
comparación con outras comunidades
autónomas, «non temos unha proble-
mática importante», xa que o grao de
conflitividade se sitúa entre un 3 e un
4%. Porén, o debate está en como res-
ponder a esta situación e como solu-
cionar estes conflitos. Desde CCOO esi-
xen facelo de xeito global, implicando
a toda a comunidade educativa.