Fora bolas xaneiro 2015

2
Liss, por qué un comerciante coma ti decide optar á alcaldía de Sada? Pertenzo a unha familia que abriu o seu primeiro comercio aquí en 1948 e, entre outras moitas cousas, ensináronme que a loita no que un cree é o camiño para saír adiante. Todo isto lévame a asumir a responsabilidade e o compromiso de ser Alcalde de Sada con determinación e entusiasmo porque son sadense de arriba a abaixo e dóeme a situación actual de Sada. É tempo de asumir retos e coller relevos, a nosa xeración ten a obriga de devolverlle á nosa vila a relevancia que merece. Sada é ónde vivimos e ten que ser onde poidamos traballar para vivir. E por qué no BNG? Porque quero facer política para Sada dun novo xeito pero aproveitando a experiencia de tantas persoas que o deron todo por Sada. Quero comezar un novo camiño. Unha nova etapa contando con todos os sadenses que, independentemente de a quen votaran noutras ocasións, amen a Sada e a Galicia coma min e queiran cambiar o seu pobo. Pero quero tamén aproveitar as ensinanzas que nos deixaron xente como Manolo Crisanto, Abel López Soto e moitos homes e mulleres que lle roubaban e rouban tempo ás súas familias e ao seu traballo en prol de acadar o mellor para Sada. Xente que nunca foi ao concello a lucrarse senón a traballar pola súa xente. Esa é a política que eu quero facer e iso será o que faga a candidatura do BNG en Sada. Como valoras estes anos de goberno do PP e do Sr. Anido? Nunca tivo Sada un alcalde que se preocupara tan pouco polo seu pobo. O PP só tivo un interese en Sada durante este mandato: que o BNG non gobernara para que puideran volver as políticas caducas, trasnoitadas e nocivas. E o Sr. Anido so tivo unha preocupación na alcaldía: facer carreira política persoal a conta de Sada. Estivo sempre máis preocupado por facerlle a pelota aos seus xefes de Coruña que por defender os intereses dos seus veciños. O PP tivo unha oportunidade única nestes 4 anos: o PP gobernaba na Deputación, na Xunta e en Madrid. Podía facer en Sada todo o que quixera e non fixo nada. Foron 4 anos de incompetencia e desgoberno. 4 anos perdidos polo capricho duns señores que seguen a pensar que o concello é propiedade particular deles. O PP e Sr. Anido levantaron un muro entre o concello e os veciños: enfrontáronse ao sector educativo, ao sector pesqueiro, ao sector comercial e industrial e ao tecido asociativo. Déronlle as costas aos traballadores do Hotel, aos do Castro e incluso aos do propio Concello… Agora Sada non sae na prensa máis que para ver como se mancha a imaxe do pobo con escándalos continuos, entradas e saídas dos tribunais e un Alcalde de Sada Xaneiro 2015 Voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Sada LISS BECERRA, CANDIDATO DO BNG Á ALCALDÍA A nosa xeración ten a obriga de devolverlle á nosa vila a relevancia que merece. Sada é ónde vivimos e ten que ser onde poidamos traballar para vivir www.blogoteca.com/bngsada [email protected] BNG Sada @bngsada Correo postal sen enderezo O BNG xa ten candidato á alcaldía de Sada para as vindeiras Eleccións Municipais. En asemblea aberta foi elixido por unanimidade Liss Becerra. Diplomado en relacións públicas, técnico de formación e proxectos e comerciante en Sada, é actualmente concelleiro do Grupo Municipal do BNG.

Transcript of Fora bolas xaneiro 2015

Page 1: Fora bolas xaneiro 2015

Liss, por qué un comerciante coma ti decide optar á alcaldía de Sada? Pertenzo a unha  familia que abriu o  seu  primeiro  comercio  aquí  en 1948  e,  entre  outras moitas  cou‐sas,  ensináronme  que  a  loita  no que un  cree é o camiño para  saír adiante. Todo isto lévame a asumir a responsabilidade e o compromi‐so de ser Alcalde de Sada con de‐terminación  e  entusiasmo  porque son  sadense  de arriba a  abaixo  e dóeme a situación actual de Sada. É  tempo de asumir  retos e  coller relevos,  a  nosa  xeración  ten  a obriga de devolverlle á nosa vila a relevancia  que  merece.  Sada  é ónde vivimos e  ten que  ser onde poidamos traballar para vivir.  

E por qué no BNG? Porque  quero  facer  política  para Sada dun novo xeito pero aprovei‐tando a experiencia de tantas per‐soas que o deron todo por Sada. Quero  comezar  un  novo  camiño. Unha  nova  etapa  contando  con todos  os  sadenses  que,  indepen‐dentemente  de  a  quen  votaran 

noutras ocasións, amen a Sada e a Galicia  coma min e queiran  cam‐biar  o  seu  pobo.  Pero  quero  ta‐mén aproveitar as ensinanzas que nos deixaron xente como Manolo Crisanto,  Abel  López Soto  e moi‐tos homes e mulleres que lle rou‐baban  e  rouban  tempo  ás  súas familias e ao  seu  traballo en prol de  acadar  o  mellor  para  Sada. Xente que nunca foi ao concello a lucrarse senón a traballar pola súa xente. Esa é a política que eu que‐ro  facer  e  iso  será  o  que  faga  a candidatura do BNG en Sada.  

Como  valoras  estes  anos  de  go‐berno do PP e do Sr. Anido? Nunca tivo Sada un alcalde que se preocupara  tan  pouco  polo  seu pobo. O PP só tivo un interese en Sada  durante  este mandato:  que o  BNG  non  gobernara  para  que puideran volver as políticas cadu‐cas, trasnoitadas e nocivas. E o Sr. Anido  so  tivo unha preocupación na alcaldía:  facer carreira política persoal  a  conta  de  Sada.  Estivo 

sempre máis  preocupado  por  fa‐cerlle  a  pelota  aos  seus  xefes  de Coruña que por defender os  inte‐reses dos seus veciños. O PP tivo unha oportunidade úni‐ca nestes 4 anos: o PP gobernaba na Deputación, na Xunta e en Ma‐drid.  Podía  facer  en  Sada  todo  o que quixera e non fixo nada. Foron 4 anos de  incompetencia e desgoberno. 4 anos perdidos polo capricho duns señores que seguen a pensar que o concello é propie‐dade  particular  deles. O  PP  e  Sr. Anido levantaron un muro entre o concello  e  os  veciños:  enfrontá‐ronse ao sector educativo, ao sec‐tor pesqueiro, ao sector comercial e industrial e ao tecido asociativo. Déronlle as costas aos traballado‐res  do Hotel, aos  do Castro  e  in‐cluso aos do propio Concello… Agora  Sada  non  sae  na  prensa máis que para ver como  se man‐cha  a  imaxe  do  pobo  con  escán‐dalos continuos, entradas e saídas dos tribunais e un Alcalde de Sada 

Xaneiro 2015 Voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Sada

LISS BECERRA, CANDIDATO DO BNG Á ALCALDÍA

A nosa xeración ten a obriga de devolverlle á nosa vila a relevancia que merece. Sada é ónde vivimos e ten que ser onde poidamos  traballar para vivir 

www.blogoteca.com/bngsada [email protected] 

BNG Sada @bngsada  

Correo postal sen enderezo 

O BNG xa ten candidato á alcaldía de Sada para as vindeiras Eleccións Municipais. En asemblea aberta foi elixido por unanimidade Liss Becerra. Diplomado en relacións públicas, técnico de formación e pro‐xectos e comerciante en Sada, é actualmente concelleiro do Grupo Municipal do BNG.

Page 2: Fora bolas xaneiro 2015

como  líder  en  imputacións.  Isto tense que acabar xa.  

Cales  son os  teus proxectos para Sada? Quero unir ao pobo de Sada e re‐cuperar o prestixio do noso pobo na comarca e en Galicia.  Vou contar con todos os que quei‐ran traballar por Sada. A candida‐tura do BNG non será unha candi‐datura de militantes do BNG. Será unha candidatura de unidade po‐pular  cun  equipo  preparado  para gobernar  o  concello  desde  o  día seguinte  ás  eleccións.  Temos  ex‐periencia,  coñecemento  e  ilusión para facelo. 

O  primeiro  e  fundamental  é  de‐volverlle  Sada  aos  sadenses.  To‐das e todos somos necesarios pa‐ra crear a Sada do Futuro, sen mi‐rar  carnés.  Temos  que  escoitar  e aprender do tecido Asociativo, do mundo  do  Deporte,  da  xente  da Cultura… xentes de Sada que que‐ren ao seu pobo coma nós. A miña  obriga  como  Alcalde  será atraer  inversión  para  Sada  para xerar emprego. Temos que recupe‐rar o papel de Sada como  líder na comarca  das Mariñas  dentro  dun proxecto  que  atraia  potenciais clientes para o comercio  local. Te‐mos un contorno natural privilexia‐do  que  ten  que  xerar  empregos para a hostalería e os servizos. Te‐mos unhas  infraestruturas portua‐rias  fabulosas  pero  desaproveita‐das que hai que por en valor para a industria do mar e a turística. Quero  un  Concello  solidario  que se preocupe dos que máis  sofren e  revitalizaremos  os  servizos  so‐ciais municipais para atender aos que máis o precisan. 

Estou  convencido  de  que  todo  é posible en Sada se somos capaces de  deixar  atrás,  dunha  vez  por todas, as ferramentas vellas e inú‐tiles que nos lastraron ata agora.  

Por último, para que as veciñas e veciños  saiban  algo  máis  de  ti, como te describirías a ti mesmo? Cando vou polo mundo e me pre‐guntan  de  ónde  son  digo:  ‐"De Mondego‐".  Estou  orgulloso  de ser  de  sadense  e  quero moito  a esta terra. Non me  sinto  un  político  “profe‐sional”.  Son  un  comerciante  fillo de mecánico  fresador e  tendeira. Neto  e  bisneto  de  sadenses  ós que  lles tocou emigrar, que coñe‐ceron os rigores da vida e que me ensinaron  que o máis importante é escoitar aos que saben. Encánta‐me conversar e escoitar. Defendo sempre  aquilo  no  que  creo.  Creo en Sada e nas xentes de Sada, po‐lo  que  estou  convencido  de  que chegan  tempos  novos  e  apaixo‐nantes para todos. 

Creo en Sada e nas xentes de Sada, polo que estou convencido  de que chegan tempos  novos e apaixonantes para todos. 

actividade do BNG de Sada

O  7  de  novembro  inauguramos  o  noso  novo  local, en Avda. República Arxentina nº 33. Un novo espazo para o traballo diario, aberto a todos os veciños e veciñas.  

inauguración do novo local

asembleas abertas Desde o mes de novembro estamos a  levar a cabo una serie de Asembleas Abertas para a confección participati‐va do programa electoral. As xuntanzas, nas que están a participar asociacións e particulares, xiran en torno a ca‐da  área  do  programa:  cultura  e  xuventude, medio  am‐biente, educación,  servizos  sociais, promoción económi‐ca, deportes, etc. Coas Asociacións de Veciños manteran‐se reunións na rolda de visitas ás parroquias que se inicia‐rá en breve. O candidato á Alcaldía Liss Becerra considera este proceso "fundamental para establecer unhas canles de comunicación coas veciñas e vecinos de Sada para que a maioría  cidadá  atope  interlocutores  no  goberno  que escoiten, comprendan e solucionen os seus problemas". 

En xaneiro de 2013 desprendíase unha  ladeira que  inutilizaba un dos  carrís de entrada e  saída de  Sada na Avda. República Arxentina. Unha obra que non chegou a custar 200.000 € e que sen embargo tardou en executarse dous anos. O Alcalde anun‐ciou que se ía pilotar esa zona, anunciou escaleiras de baixada á zona da praia... Mentiras que el mesmo  ía anunciando de ma‐neira  irresponsable, mentres a cidadanía padecía as  incomodi‐dades  provocadas  polo  retraso  inxustificado  das  actuacións. Neste mes de xaneiro deu a coñecer o remate das obras cando aínda estaban os camións concluíndo o que ao final se reduciu a unha simple “escollera” feita en menos de dous meses. Outro exemplo da inoperancia do Alcalde e da Xunta, que castigaron a Sada cun carril da AC‐164 inoperativo durante máis de 700 días.  

Dous anos para arranxar unha ladeira

O BNG presentou o pasado novembro unha  iniciativa para ins‐talar con carácter urxente un columpio adaptado no parque do paseo marítimo, por ser un dos máis accesibles e máis usados, ademais de promover un plan de adecuación doutros parques. Fixémolo porque tiñamos constancia de que unha nai dun neno con  dificultades  de mobilidade  levaba  tempo  solicitando  ele‐mentos adaptados para o seu fillo e o Alcalde non só non daba solución,  senón que  facía comentarios  fóra de  lugar,  tal como denunciou a nai nos medios de comunicación.  Porque  consideramos  necesario  que  se  coloquen  elementos adaptados para que as nenas e nenos con dificultades de mobili‐dade  tamén poidan disfrutar dos parques públicos,  foi polo que presentamos  esa  iniciativa  que  foi  aprobada  por  unanimidade. Pese a todo, a día de hoxe, o Alcalde nada fixo, así que seguiremos insistindo para que cumpra os acordos e, en todo caso, anuncia‐mos que será un dos nosos compromisos se despois de maio os sadenses nos seguen dando a confianza para gobernar Sada. 

O columpio adaptado segue sen colocar