Extra 13

31

description

Fin de curso 2012-2013

Transcript of Extra 13

Page 1: Extra 13
Page 2: Extra 13

NESTE NÚMERO

CARTAS A BANA. Os 26 redactores despídense do curso nunha carta á súa compañeira Bana.

Page 3: Extra 13

18/06/2013 Ola Bana: Sentín experiencias e emocións neste curso. Pensei que sería como os

demáis cursos, pero estaba moi equivocado… esta clase é máxica porque hai mogollón de actividades, presentacións, olimpiadas e moitas cousas.

Bana, ti aínda que sexas unha cadeliña, sempre terás un burato no meu corazón e na miña cabeza.

Este curso foi o mellor que eu vivín aínda que non saiba o que me espera.

Nunca te esquecerei e sempre serás especial. Unha aperta forte.

Diego Arias RodríguezDiego Arias RodríguezDiego Arias RodríguezDiego Arias Rodríguez

Page 4: Extra 13

Lugo, aula 14 Colexio PP. Franciscanos, 18/06/13 Querida Bana: Pasamos todo o curso xuntas pero é a hora de despedirnos. Paseino moi ben neste curso e gustaríame moito volver a repetir

terceiro, sempre e cando tivésemos mellor comportamente os meus compañeiro e eu.

A actividade que máis me gustou foron os Xogos Olímpicos. Tamén aprendín moito das frases do día e das presentación power

point. Tamén A Liga ensinounos moito. As miñas amigas María, Claudia, Enma e máis eu fixemos unha actividade

para os nosos compañeiros. Foi moi divertido porque o fixemos todo no recreo sen que ningúen o soubese. Tamén gustoume moito O Principiño e O Mago de Oz. Os concursos de debuxo foron os máis bonitos porque sempre votábamos nós ou outras persoas. O aceso do pebeteiro foi moi bonito cando Laura pasou polo medio de nós. Tocamos a flauta e o piano. No santo de Saturnino Fus trouxo piruletas pero non as tomamos ata o día seguinte porque non nos comportamos nada ben. A árbore das boas notas xa ten bastantes notas. Tamén fixemos “O que me gusta de ti”. O meu traballo foi o de ordear a biblioteca dos noticieros. Tamén gustoume moito ler os noticeros, os Bana Editoral, ver Bana TV…

Page 5: Extra 13

Ogallá tivésemos feito Radio Bana pero non puidemos porque non escoitábamos moita música.

Para escribir os noticieros tiñamos os nosos carnés. Bana, sempre me gustaches e nunca saldrás da miña memoria nin do

meu corazón. Adeus Bana. Bicos.

Ánxela AriasÁnxela AriasÁnxela AriasÁnxela Arias----Jordán PargaJordán PargaJordán PargaJordán Parga

Page 6: Extra 13

Lugo, 18/06/2013 Ola Bana: En todo o curso paseino bomba. O tempo pasou rapidísimo, os dez meses

para mín foron como dous meses. Todas as actividades foron chulísimas e deime de conta de que non as

aproveitei de todo. Eu non me quero ir. Bana, botareiche de menos. Ata sempre Bana.

Alejandro Bao CarroAlejandro Bao CarroAlejandro Bao CarroAlejandro Bao Carro

Page 7: Extra 13

18 de Junio de2013 Ola Bana: Gustoume moito este curso e quero que Fus nos de en 4º. As actividades foron moi divertidas e tamén gustáronme moito as power

point. Gustáronme moito porque aprendín moito. Os concursos, todos entendimos que non eran de popularidade. Tamén as visitas ensinaban cousas como que había que estudiar aparte

de facer deporte como Pablo Álvarez. Adeus Bana.

Juan Bao CarroJuan Bao CarroJuan Bao CarroJuan Bao Carro

Page 8: Extra 13

18/06/2013 en 3ºA Ola Bana: Aquí acaba o curso e esta é a miña despedida e quero que sepas que

ti e Fus fostes un gran exemplo para mín. A actividade que máis me gustou foi a dos superhéroes, que grazas a ti

e a Fus creouse. Despois gustoume a da postal de Nadal e o Congreso de Inventores.

Encántame exponer e votar os traballos. Dame moita pena que nos despidamos, aínda recordo a primeira power

point na que me quedei sorprendida. Espero que a seguinte promoción se porte mellor. Sempre te recordarei. Adeus miña Bana

Sara Batres CubaSara Batres CubaSara Batres CubaSara Batres Cuba

Page 9: Extra 13

18/06/2013,3ºA Ola: Paseino moi ben nesta clase. Fixemos moitas actividades e

encantáronme. Bana botareite de menos, tiña razón Fus que tiña que aproveitar máis

os noticieros, Bana Editorial porque non escribía moito e facía contos cortiños. Botareite de menos Bana e ao teu dono chamado Luis Abel Taboada, ao

que todos os nenos chaman Fus. Adeus, botareivos de menos a ti e ao teu dono.

Patricia Casal PardiñoPatricia Casal PardiñoPatricia Casal PardiñoPatricia Casal Pardiño

Page 10: Extra 13

Lugo, 18 de Junio de 20103 Ola Bana: Eu son unha nena do teu proxecto e chámome Lucía.

Este curso pasou moi rápido pero foi moi divertido ao facer o noticiero. Sentinme como si só pasara unha vez e este curso é o mellor. Si

puidésemos voltar encantaríame, pero non pode ser, temos que ir a outro curso máis adiante. Poisa deus, encantoume este curso pero agora hai que ir máis adiante.

Lucía Centeno BellónLucía Centeno BellónLucía Centeno BellónLucía Centeno Bellón

Page 11: Extra 13

18/06/13, clase de 3ºA Ola Bana: Xa sei que pasamos des meses xuntos pero só quedan tres días. Eu paseino moi ben contigo, fixemos moitas cousas os vinte e sete

contando con Fus… ah non, vinte e oito contando contigo! Ti fixéchesme ser moi feliz vendo as presentación power point, o

noticiero, a televisión etc. Para mís é moi duro despedirme de ti e pasar a 4º pero o colexio obliga. Adeus, ata que nos volvamos a ver.

Manuel Chao LobeManuel Chao LobeManuel Chao LobeManuel Chao Loberararara

Page 12: Extra 13

18/06/13, 3ºA Querida Bana: Este curso paseino moi ben, todas esas actividades non se van a facer

máis e vouvos botar de menos. Só quedan tres días e o tempo pasou moi rápido. Todas as actividades foron moi divertidas e creo que todos as

disfrutamos moito. O curso que ven gustaríame moito seguir tendo un artigo no noticiero

como a miña curmá. Nós, cargámonos algunas actividades por portarnos mal e algunas que

fixemos non as merecíamos, pero fixémolas. As actividades que fixemos forono gracias a Fus.

Dentro de tres días xa me irei chea de bágoas e non querrei marchar. Moitos bicos Bana.

Claudia Corujo HernándezClaudia Corujo HernándezClaudia Corujo HernándezClaudia Corujo Hernández

Page 13: Extra 13

18/06/13, Lugo Bos días Bana: Dame moita pena abandonar este curso porque paseino moi ben. Gañei dous concursos moi divertidos e estou orgullosa diso. O curso acabará en tres días e as bágoas apoderaranse de mín. O vindeiro curso non será coma este. Non te esquezerei, nin eu nin a clase e agardo que ti tampouco. Un bico.

Lucía de Oliveira MoralesLucía de Oliveira MoralesLucía de Oliveira MoralesLucía de Oliveira Morales

Page 14: Extra 13

Martes 18 de Junio, Lugo,3ºA, Aula 14 Ola Bana:

Faltan tres días para deixar O Proxecto de Bana e botareite moito de menos.

Gustáronme moito as Olimpiadas, os concursos. Virei sempre a visitarte, todos os días que poida e che traerei

agasallos. Sempre que te vexa, irei a bicarte, tocarte e darte cariño. Ogallá ti e Fus dérades todas as clases en todos os cursos. Pórtate moi ben, come sán, durme moito para repoñer forzas e ter unha

boa saúde. Para mín eres a mellor cadeliña cocker do mundo e a máis guapa.

Encántame a túa cariña e o teu corpo tan bonito. Eres moi boa e tes moita sorte de ter un dono tan bo e que ten moita

paciencia e que te coida xenial. Bueno, adeus Bana.

CarlotaCarlotaCarlotaCarlota del Estal Villasantedel Estal Villasantedel Estal Villasantedel Estal Villasante

Page 15: Extra 13

18/06/13, Aula 14 Querida Bana: Estiven aquí dez meses admirando esta clase, facendo actividades,

aprendendo moitísimo máis do que debería. Xa pasou un curso, quedan tres días e o venres ireime. Seguirei formado parte do Proxecto de Bana en 4º, 5º e 6º pero a clase

xa non será miña. Paseino xenial menos agora que teño que lembrar que ao día seguinte

de pasado mañá terei que sair pola porta. Quero que sepas que foi o curso más feliz da miña vida. Un bico.

Enma Fernández IglesiasEnma Fernández IglesiasEnma Fernández IglesiasEnma Fernández Iglesias

Page 16: Extra 13

18/06/13, Lugo Ola querida Bana: Fágoche esta carta para despedirme de ti e do curso. Eu durante o curso paseino moi ben e tiven moitos sentimentos sobre

todo cos concursos, as Olimpiadas e as visitas. A mín cóstame despedirme de ti porque levamos dez meses cuntos e eu

polo menos xa che collín cariño. Pero esos meses xa pasaron e según os meus sentimentos disfrutei.

Bueno Bana, eu xa case estou entre bágoas porque ímonos separar pero tampouco para sempre. Cando esté en 4º, ou en 5º, ou en calquera curso, voute visitar a clase.

Bueno, pois un bico moi grande.

Coral Fernández LinaresCoral Fernández LinaresCoral Fernández LinaresCoral Fernández Linares

Page 17: Extra 13

18/06/13, Aula 14 Querida Bana: Estivemos dez meses xuntos.

O teu pai fíxonos moitos xogos, leunos un libro e outro estamos rematándoo. Fainos power point, o brilé, as Olimpiadas, cazadores de tesouros, medallas, murales… Chao.

Hugo Folgueira GarcíaHugo Folgueira GarcíaHugo Folgueira GarcíaHugo Folgueira García

Page 18: Extra 13

18/06/13, 3ºA Ola Bana: Con cada unha das actividades sentínme xenial. Cada actividade de Bana

é impresinonante e foi coma se me fose acercando máis a ti Bana. Non me quero ir. O noticiero, Bana TV, os Supeheroes… eu quero seguir contigo porfa, e

se non, virei a visitarte. Grazas.

Mereedes Fonseca JoverMereedes Fonseca JoverMereedes Fonseca JoverMereedes Fonseca Jover

Page 19: Extra 13

18/06/13, 3ºA Ola Bana: Quería dicirche fai moitos días que es moi boa e quéroche moito. As actividades estiveron todas moi ben organizadas e sobre todo as

power point tiñan moitas cousas para interesar aos nenos e nenas. Cústame moito irme desta clase e por suposto sempre estarás no meu

corazón. Adeus Bana, quéroche moito

Clara Franco GarcíaClara Franco GarcíaClara Franco GarcíaClara Franco García

Page 20: Extra 13

18/06/13, Lugo 3ºA Ola Bana: Vaime ser difícil despedirme porque 3ºA é unha clase única e

inesquecible. Ah! E Fus quería que aprendiéramos xogando e divertíndonos, pero creo

que ás veces non o entendimos moi ben. Fus empezou o curso cunha power point e pediunos só que o

escoitásemos. É incrible a morea de actividades que fixemos e moitas poñendo o teu

nome como Bana TV, O Noticiero de Bana etc Tamén limos dous libors moi interesantes e divertidos que son “O Mago

de Oz” e “O Principiño”. Cada día Fus, o teu dono, poñíanos unha frase que ás veces

aplicabámolo, e outras non. A mín a que máis me gusta é “O esencial é invisible aos ollos”.

Bueno, con moita pena, despídome deste curso maravilloso. Adeus. Bicos

Carla González LópezCarla González LópezCarla González LópezCarla González López

Page 21: Extra 13

18/06/2013, 3ºA Ola querida Bana: Gustaríame dicirche que aínda que faltan tres días para irnos, quería

despedirme e facer un resumo do que sentín nas actividades da túa clase. Paseino xenial facendoas e foi moi divertido. Dame pena que nos vaiamos a facer máis e despedirme de Fus e de

todos os meus compañeiros. Adeus Bana

Brais Iglesias AbuínBrais Iglesias AbuínBrais Iglesias AbuínBrais Iglesias Abuín

Page 22: Extra 13

18/06/2013, 3ºA Lugo Ola Bana, esta é unha carta para ti: Gustáronme moito as túas power points, noticieros, Banas Editoriales,

haikus, murais, concursos e xogos, pero o que máis me gustou foi a tú amizade porque cando me mancaba o me insultaban era coma se ti estiveses protexéndome.

Ti axudáchesnos moito coma Fus para non rirnos dos demáis, non interromper, non falar sen permiso ou non levantarnos sen permiso.

Bana, xa é hora de despedirnos, ou sexa que ata logo. Chao, chao.

Lian Iglesias GarcíaLian Iglesias GarcíaLian Iglesias GarcíaLian Iglesias García

Page 23: Extra 13

18/06/13, aula 14 Ola Bana: Este ano en 3ºA foi o mellor da miña vida. Douche as grazas, as máis

grandes do mundo. Axudáchesme a ser unha persoa maior como Deus manda e axudáchesme

coas frases do día, as visitas do mes, as power point… Bana, grazas por ensinarnos tantas cousas, como por exemplo que na

vida as cousas non sempre saen como nós queremos. E moitísimas grazas Fus por ensinarnos os por qués das cousas, iso de todo o curso, foi o máis importante de todas as cousas que aprendín.

Moitas grazas por facer tantas actividades de axuda ao noso aprendizaxe.

Adeus e moitas grazas.

María Iglesias PardoMaría Iglesias PardoMaría Iglesias PardoMaría Iglesias Pardo

Page 24: Extra 13

18/06/13, Colexio Franciscanos 3ºA, Aula 14, Lugo Ola Bana: Escríboche esta carta porque estamos cerca de ir a 4º. Para mín cada frase do día era un impulso de ánimos, cada concurso de

alegría, cada “bana” de esforzó, cada power point fíxome aprender moito, en cada consecuencia aprendín algo.

Os Xogos Olímpicos gustáronme máis e Educación Física e co brilé. Cada clase con Fus foi coma un triunfo. Bueno, poisa deus e grazas por esta clase

AndréAndréAndréAndrés Jover Fernándezs Jover Fernándezs Jover Fernándezs Jover Fernández

Page 25: Extra 13

18/06/13, Colexio Franciscanos 3ºA, Aula 14, Lugo Ola Bana: Escríboche esta carta para comentarche o que sinto sobre 3ºA. Bueno, quería dicirche que encantáronme todas as actividades que

fixeches, pero a que máis… o noticiero. Para mín foi unha experiencia totalmente nova. Nel puiden descubrir, mellorar e disfrutar da escritura.

Bana, ti fuches a que me axudaches a mellorar en todos os aspectos. En moitas asignatura ti empuxáchesme para adiante e atopei nesta clase o meu segundo fogar.

O 17/06/2013 vinche con Fues e recordáchesme a clase e os meus amigos do colexio.

Adeus Bana, e que saibas que cando necesites algo, aquí me tes. Gracias.

Pablo López CedrónPablo López CedrónPablo López CedrónPablo López Cedrón

Page 26: Extra 13

18/06/13, clase de 3ºA Ola Bana: Faltan dous días para que se acabe o curso e estou un pouco triste. Gustáronme moito as actividades e divertinme moito durante o curso,

pero non me gustaba cando os compañeiros se cargaban algunha por falar. Gustáronme moito o brilé, as Olimpiadas, o mercado de euros, a

búsqueda do tesouro... tamén me gustou o noticiero. Algunha vez case nos cargamos as power point como Leonardo da Vinci,

un capítulo dos Simpson, O mago de Oz… pero ao final vímolos. Divertinme moito, moito, moito, moito! Bueno, teño que despedirme. Adeus e ata pronto. Coidate moito. Chao guapa.

María López MeilánMaría López MeilánMaría López MeilánMaría López Meilán

Page 27: Extra 13

18/06/13 Ola Bana: Paseino moi ben en 3ºA. Os noticieros, Bana Editorial, Bana TV etc. Ti e Fus vos comportasteis moi ben con nós. Fixemos descripcións, puxemoste moitas fotos etc. Por ti a clase é moito

mellor e lémbrome de que vimos unha presentación power point de cockers por ti. Fus contounos que a túa nai chamábase Kira e o teu pai Lucas, que te

recolleu en Carballo e que tiñas un mes e medio cando te trouxo, e agora tes 20 meses.

Vai chegar o verán e ímosche recordar a ti e a Fus e seguro que case todos os nenos e nenas para lembrar o que fixemos Terán os noticieros, os Bana Editorial e veremos moito Bana TV.

Adeus Bana. Quería repetir todas as veces 3ºA para lembrarte a ti e a Fus.

Marcos López ValeroMarcos López ValeroMarcos López ValeroMarcos López Valero

Page 28: Extra 13

18/06/13, 3ºA Para Bana de Samuel: Xa desde fai moito 3ºA gustoume moito e tamén aprendín moito con

Bana, e agora que xa estamos acabando o curso, quería decirche isto Bana por todo o que nos axudaches e todo o que aprendimos contigo.

Gustoume estar contigo que me encantas. Eu teño que pedir que se poida repetir porque todos os nenos e nenas

estarían aquí moito tempo. As power point eran o mellor, e tamén as visitas. Grazas por todo. Ata a próxima!

Samuel Martínez ÁlvarezSamuel Martínez ÁlvarezSamuel Martínez ÁlvarezSamuel Martínez Álvarez

Page 29: Extra 13

18/06/13, 3ºA Ola Bana: O meu sentimento é moi bo. O que máis me gustou foi o de Bana TV e os concursos que

compartimos con xente para que os votaran. E o que máis, máis me gustou foi o de alcalde de 3ºA.

Fus, o teu dono, é moi bo con nós. Nós pelexámonos, non atendemos… e el fai moitas cousas que o colexio non lle pide. Para mín é o profesor máis bo do mundo.

Fixemos noticieros, Bana TV, Bana Editorial e moitísimos concursos. Ah esquecíame! Tamén fixemos Soldados da Ortografía.

Adeus Bana, botareiche de menos e o seguinte ano voltarei a ver a clase.

Mario Montero RodríguezMario Montero RodríguezMario Montero RodríguezMario Montero Rodríguez

Page 30: Extra 13
Page 31: Extra 13