Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo...
Transcript of Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo...
ESTUDO DE MATERIAIS DO CASTELO
PEQUENO DE SANTIGOSO (A MEZQUITA, OURENSE)
Responsable científica: Josefa Rey Castiñeira
Equipo de traballo: Cristina Seoane Novo
GEPN-AAT-Grupo de Estudos para a Prehistoria
do Noroeste Ibérico-Arqueoloxía, Antigüidade e
Territorio
Departamento de Historia
USC-Universidade de Santiago de Compostela
Foto: Citania S. L.
Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)
1. ÍNDICE
1. ÍNDICE ........................................................................................................................................ 2
2. FICHA TÉCNICA ........................................................................................................................... 3
3. INTRODUCIÓN ............................................................................................................................ 4
4. METODOLOXÍA ........................................................................................................................... 5
5. CERÁMICA CASTREXA ................................................................................................................. 8
GRUPOS CERÁMICOS DA FASE MEDIA SEN ATRIBUCIÓNS OLEIRAS ........................................ 10
a. BORDO RECTO ................................................................................................................. 10
b. BORDO ENGROSADO DE TRANSICIÓN FLEXIONADA E FACETA INTERNA ......................... 11
c. BORDO APUNTADO CON TRANSICIÓN FLEXIONADA ........................................................ 12
GRUPOS CERÁMICOS DA FASE FINAL OU ÉPOCA GALAICO-ROMANA SEN ATRIBUCIÓNS
OLEIRAS ............................................................................................................................... 13
a. VASILLAS CON DECORACIÓN INCISA ................................................................................ 13
b. FONDO PLANO CON REBORDO PERIMETRAL ................................................................... 14
GRUPOS CERÁMICOS DA FASE FINAL: TRADICIÓN CUNCA DO MIÑO .......................................... 15
a. VASILLAS CON DECORACIÓN ESTAMPADA .................................................................. 15
6. FUSAIOLAS ............................................................................................................................... 16
7. BIBLIOGRAFÍA ........................................................................................................................... 18
Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)
3
2. FICHA TÉCNICA
Promotor: A Citania S.L. -Arqueoloxía e Xestión de Patrimonio-
Título documento: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)
Xacemento: O Castelo Pequeno (GA32048011)
Responsable científica: Josefa Rey Castiñeira1
Texto: Cristina Seoane Novo1
Debuxos: Cristina Seoane Novo1
Fotografías: Cristina Seoane Novo1
Mapas: Cristina Seoane Novo
1
Emilio Abad Vidal1, 2
Planos: Emilio Abad Vidal1, 2
Execución:
1 GEPN-Grupo de Estudos para a Prehistoria do
Noroeste Ibérico. Departamento de Historia I. Universidade de Santiago de Compostela www.gepn.eu 2 CESGA-Centro de Supercomputación de
Galicia
Enderezo:
Facultade de Xeografía e Historia. Universidade de Santiago de Compostela. Praza da Universidade s/n. 15782, Santiago de Compostela
Data: Xuño de 2019
Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)
4
3. INTRODUCIÓN
Este informe recolle os resultados da análise dos materiais recuperados no xacemento do
Castelo Pequeno (A Mezquita, Ourense) (GA32048011) durante a intervención Sondaxes
arqueolóxicas valorativas no Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense) (ED 102A
2018/763-0) dirixida por Israel Picón Plantas e levada a cabo o pasado mes de abril de 2019.
Trátase do material obtido en tres sondaxes arqueolóxicas situadas en diferentes áreas do
xacemento (Fig. 1).
Fig. 1 Localización das sondaxes e bolsas de materiais procedentes de cada unha delas no modelo do terreo do castro (Fonte: IDEPatri).
O xacemento co que se traballa insírese dentro dun área escasamente estudada para a
Idade do Ferro do NW, o que non se debe tanto á ausencia de escavacións arqueolóxicas, senón
máis ben á escaseza de publicacións e da difusión do coñecemento xerado en ditas
intervencións.
Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)
5
4. METODOLOXÍA
Os traballos desenvolvidos coa cerámica do Castelo Pequeno lévanse a cabo segundo os
criterios establecido no seo do GEPN-AAT na súa sección de Castrexo (Rey et al. 2009, 2011), e
centráronse no lavado e siglado do material da campaña de 2019, primeiro mediante o
recoñecemento das pezas con valor diagnóstico –bordos, colos, fondos, galbos decorados– e a
posterior organización dos fragmentos pola definición dos grupos morfolóxicos identificados.
Simultaneamente ás labores mencionadas procédese á diferenciación de vasillas mediante a
identificación dos fragmentos que pegaban entre si, ou que, sen chegar a colar, se poden
relacionar entre si polas súas características.
Completouse o inventario dos fragmentos siglados e a numeración das vasillas ás que
foron reducidos, tras o sistema de relación por “pegado” ou “asociado” citadas. Asemade,
procédese ao debuxo de todas aquelas pezas que amosaban valor diagnóstico como
consecuencia do reducido número de fragmentos cos que se traballa, e ao fotografado de
tódalas pezas.
Coa labor descrita podemos mostrar unha primeira imaxe moi parcial da cerámica do
Castelo Pequeno: de enunciados e valoracións globais dos grupos formais identificados, o seu
retrato gráfico e fotográfico. Ademais, faise un rexistro informático mediante base de datos,
que serve tanto como inventario coma para pólo en relación cos datos contextuais aportados
polos responsables da escavación e tamén permite a súa integración na plataforma IDEPatri
para a súa contextualización xeográfica e espacial mediante ©QSIG.
No Castelo Pequeno recuperáronse unicamente 24 fragmentos cerámicos, dos cales 20
son de cerámica indíxena, 3 probablemente de adscrición romana e 1 fusaiola. Recíbense os
materiais en bolsas de autopeche cos seguintes datos: nome do xacemento, sondaxe, UE, data
e número de bolsa (Fig. 2). Nunha primeira visualización obsérvase que moitos dos materiais
amosan un elevado grao de alteración (cun alto índice de fragmentación –anacos de menos de
2 cm en ocasións–, algúns cun forte rodamento…), o que dificulta tanto a diagnose tipolóxica e
formal, como a adscrición cronolóxica das pezas.
Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)
6
Fig. 2 Exemplo dunha das bolsas de material cando se reciben e cando se devolven.
Por último, o material foi reembalado en bolsas de autopeche recheas de escuma para
protexer as pezas o máximo posible (Fig. 2). Dentro das bolsas colócase unha etiqueta (Fig. 3), á
súa vez estas bolsas colócanse no interior dunha caixa de cartón etiquetada (Fig. 3) por tres das
súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma antiesvarante, sobre a que se
depositan as bolsas que, á súa vez, se recobren por outra lámina de escuma para protexelas e
deixalas listas para o seu depósito no museo correspondente.
Fig. 3 Etiquetado das bolsas e da caixa de materiais.
Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)
7
Fig. 4 Caixa dos materiais lista para a súa entrega.
Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)
8
5. CERÁMICA CASTREXA
A meirande parte dos fragmentos de cerámica castrexa recuperados no Castelo
Pequeno –23 fragmentos– correspóndense con galbos de adscrición tipolóxica indeterminada –
14 anacos pertencentes a outras tantas vasillas. Só unha mínima parte das pezas teñen valor
diagnóstico –9 fragmentos pertencentes a 7 vasillas Nmx– (Táboa 1). Dos fragmentos con valor
diagnóstico o máximo que se pode apuntar é o grupo formal ao que se adscribirían no caso dos
bordos e do único fondo recoñecible e que podería ser de adscrición romana e non indíxena,
sendo moitas veces unicamente a parte anatómica da vasilla o que se pode aportar, sen maior
precisión.
Grupo formal Nº Frag. NV+ NV-
Bordo facetado 3 1 1
Bordo redondeado 2 2 2
Fondo con rebordo perimetral 1 1 1
Galbos con decoración estampada 1 1 1
Galbo con decoración incisa 1 1 1
Colos 1 1 1
Galbos 14 14 10
Total 23 21 17
Táboa 1 Número de vasillas por grupo recuperadas na intervención de 2019 no Castelo Pequeno.
En termos de consumo, cabe sinalar o reducido número de vasillas rexistradas con
respecto a outros xacementos castrexos, sobre todo das Rías Baixas, non tanto na Área Oleira
da Cunca do Miño (Rey 1991) á que se podería adscribir a cerámica do Castelo Pequeno, pero
que tamén tería influencias da área Oriental e de Tras-os-Montes. Dos 9 fragmentos que teñen
valor diagnóstico para a clasificación morfolóxica e decorativa, reconstrúense 7 vasillas Nmx
coas labores de pegado e 6 vasillas Nmn, se consideramos algúns fragmentos sen valor
diagnóstico e a súa probable asociación con algúns dos que non o teñen (Táboa 1). Esta
cantidade de material afecta a 25,59 m², repartidos en 3 sondaxes arqueolóxicas nesta campaña
de 2019 (Fig. 1), con potencias de entre 2,60 e 0,8 m para un período aproximado de 400 anos.
En contraposición, e a xeito de exemplo, podemos sinalar que no Castro do Coto de Castrovite
(A Estrada, Pontevedra), no que conflúen materiais das tres áreas oleiras –Setentrional, Rías
Baixas e Cunca do Miño– consume 742 vasillas mínimo e 1027 máximo en 55 m2 escavados, con
potencias de entre 0,50 e 1,50 m e para uns 800 anos (Rey et al. 2010a). É dicir, que con algo
máis do dobro de superficie escavada e de vida do xacemento, as diferenzas a nivel de consumo
son evidentes, o que concorda coas diferenzas de consumo entre as distintas áreas oleiras,
sendo a das Rías Baixas a que máis vasillas consume (Rey et al. 2009).
Salvo tres fragmentos que corresponden a un único bordo facetado (CP-19-005, CP-19-
013 e CP-19-014), un pequeno fragmento de galbo con círculos concéntricos estampados (CP-
19-011) moi característicos na cerámica da Área Oleira da Cunca do Miño durante a Fase Final
da Cultura Castrexa (Carballo 1998) nos séculos que roldan o Cambio de Era (Rey 1996, 2014;
Rodríguez Puentes 1986) ou o único fondo (CP-19-011) (Táboa 2), os demais fragmentos
Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)
9
practicamente non poden ser encadrados cronoloxicamente a causa tanto da grande
fragmentación como das deficientes condicións de conservación que amosan as superficies.
Ferro I Ferro II Galaico-romano
-VIII -VII -VI -V -IV -III -II -I I II
Estampado de círculos concéntricos ●●●●● ●●●●●●
Fondo plano con rebordo ●●●●●●
Bordo facetado ●●●●●●●● ●●●●●●
-VIII -VII -VI -V -IV -III -II -I I II
Táboa 2 Cronoloxías tipolóxicas atribuídas ós tipos cerámicos castrexos datables atopados no Castro grande de
Neixón na campaña 2013.
En canto aos contextos arqueolóxicos, todo parece indicar que estes están fortemente
alterados, case desprovistos de significado funcional claro e sen garantía de asimilación
cronolóxica entre o material e as UEs, posto que semella que se atopan bastante mesturados os
materiais atinxibles a diferentes etapas (Táboa 3).
Época Tipo/grupo cerámico
Sondaxe
1 2 3
UE
107 204 302
Ferro I Galbos lisos
Ferro II
Bordo facetado
Bordo amendoado
Bordo recto
Galbos lisos
Cambio de Era
Galbo inciso
Galbo estampado
Fondo plano con rebordo perimetral
Táboa 3 Relación entre tipos cerámicos e as unidades estratigráficas nas que foron localizadas.
O tamaño dos fragmentos, rodamento e condicións xerais de conservación, asociado ao
feito de que case tódolos exemplares presentan un único elemento formal e á escasa
proporción do perímetro reconstruíble das pezas, redundan na idea dun contexto alterado e
revolto. As escasas opcións de pegado ou asimilado –nunca máis de tres fragmentos– sinalan
roturas que non son in situ dentro dunha mesma UE ou entre UEs próximas (Táboa 4), o que
nos indica que non se trata de vertidos orixinais de lixo nin do seu contexto orixinal de uso,
senón que máis ben sinalan desprazamentos maiores producidos con posterioridade á vida útil
do recipiente.
Siglas UE
107 204 302
CP-19-001
CP-19-003
CP-19-004
CP-19-005
CP-19-006
CP-19-007
Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)
10
Siglas UE
107 204 302
CP-19-008
CP-19-009
CP-19-010
CP-19-011
CP-19-012
CP-19-013
CP-19-014
CP-19-015
CP-19-016
CP-19-017
CP-19-018
CP-19-019
CP-19-020
CP-19-021
CP-19-022
CP-19-023
CP-19-024
Táboa 4 Relación de siglas en relación coas unidades estratigráficas nas que foron localizadas.
Destes materiais ofrecemos a continuación un catálogo de pezas, describimos aqueles
fragmentos que, por pertencer a determinada parte do recipiente –bordes, asas, fondos…– ou
por estar decoradas, entre outras características, teñen un valor diagnóstico útil para unha
atribución cronolóxica.
GRUPOS CERÁMICOS DA FASE MEDIA SEN ATRIBUCIÓNS OLEIRAS
a. BORDO RECTO
Fragmentos: 1
Vasillas: 1
Trátase dunha vasilla que presenta unha sección máis ou menos redondeada, labio
aplanado e un pregue cara a súa face externa que morre no colo (Fig. 5). O seu colo é curto, con
escasa curvatura, que lle dá un aspecto cilíndrico. A súa pasta é groseira con desengordurantes
graníticos de grosor medio e fino e con grande presenza de mica branca na superficie. Trátase
dun recipiente de boa factura e tabiques regulares. A superficie externa aparece bastante
erosionada e alterada. O diámetro da súa boca é de 18,4 cm.
Sigla Debuxo Foto
CP-19-001
Fig. 5 Bordo recto.
Atopouse un único fragmento de bordo recto de posible adscrición cronolóxica á Fase
Media da Cultura Castrexa. Este foi localizado dentro da sondaxe 1, na UE 107 (Fig. 5, Táboa 5).
0 5 cm
Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)
11
UE Nº frag. Sigla
107 1 CP-19-001
Táboa 5 Distribución de fragmentos de bordo redondeado por UE.
Trátase dun tipo de bordo moi común en todo o NW.
b. BORDO ENGROSADO DE TRANSICIÓN FLEXIONADA E FACETA INTERNA
Fragmentos: 1
Vasillas: 1
Trátase dunha vasilla que se caracteriza por ter un labio de sección amendoada,
transición flexionada ao colo e amosar unha faceta na cara interna no punto de máxima
inflexión e inmediatamente superior ao colo (Fig. 6). Trátase dunha vasilla que presenta un
pregue cara a súa face externa, a xeito de reforzo, que morre no ombreiro de transición ao
galbo. O seu colo é curto, cóncavo e fortemente estrangulado. Amosa unha pasta escasamente
depurada, con desengordurantes de tipo granítico de gran medio con gran protagonismo da
mica branca na superficie externa. É de boa factura e de tabiques bastante regulares. A
superficie externa aparece bastante erosionada e alterada. O diámetro da súa boca é de 25 cm,
podendo considerarse por elo un recipiente de almacenaxe.
Sigla Debuxo Foto
CP-19-004
Fig. 6 Bordo facetado de transición flexionada.
Atopouse un único fragmento asimilable a este grupo, cuxa posible adscrición cronolóxica
pode ser a Fase Media da Cultura Castrexa. Este foi localizado dentro da sondaxe 3, na UE 302
(Fig. 6, Táboa 6).
UE Nº frag. Sigla
302 1 CP-19-004
Táboa 6 Distribución de fragmentos de bordo facetado con transición flexionada por UE.
Este tipo de bordos atópanse tamén en xacementos relativamente próximos ao Castelo
Pequeno, circunscritos tamén á Área Oleira da Cunca do Miño, coma o Castro de Saceda
(González Ruibal 2005) ou a Cividade de Romarigães (Silva 2006), que tería xa influencias da
área Bracarense (Mapa 1). Porén, que tódolos exemplos publicados que temos se circunscriban
a esta área, non se lle pode atribuír unha tradición oleira clara.
0 5 cm
Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)
12
Mapa 1 Mapa de situación dos castros con bordo engrosado con transición flexionada e faceta interior (Fonte: IDEPatri).
c. BORDO APUNTADO CON TRANSICIÓN FLEXIONADA
Fragmentos: 3
Vasillas: 1
Trátase dunha vasilla que se caracteriza por ter un labio de sección apuntada, cunha
transición flexionada ao colo. Ten un colo moi vertical, fortemente estrangulado con respecto
do ombreiro, que semella podería ter sido bastante marcado na súa transición ao galbo (Fig. 7).
Trátase dunha vasilla que presenta un pregue cara a súa face externa a xeito de reforzo e que
morre no ombreiro de transición ao galbo. Esta peza amosa unha pasta bastante depurada, con
desengordurantes de tipo granítico de gran moi fino. Trátase dunha vasilla de bastante boa
factura, de tabiques bastante regulares e finos con respecto das pezas arriba mencionadas.
Asemade, a decoloración da superficie nun dos fragmentos, unida a unha pequena
irregularidade no seu labio (CP-19-013) e á clase de rotura que presenta o fragmento que pega
ao seu carón (CP-19-005), lévanos a supoñer que este recipiente, en orixe, podería ter unha asa
que nacería no labio e morrería no ombreiro, descoñecendo a sección que esta tería, pero
podemos presupoñer que se trataría dunha asa de cinta de sección plana ou oval. Esta asa
estaría acompañada dunha segunda enfrontada a esta no outro extremo da boca. Agás un dos
fragmentos –probablemente como consecuencia da perda da asa–, as condicións de
conservación son bastante boas, amosando diferentes cores na súa face externa, sendo esta
uniforme na interna. Ademais amosa indicios de ter sido exposta ao lume.
Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)
13
Sigla Debuxo Foto
CP-19-005
CP-19-013
CP-19-014
Fig. 7 Bordo apuntado con transición flexionada.
Atopáronse tres fragmentos, pertencentes a un único recipiente, asimilables a este
grupo, cuxa posible adscrición cronolóxica pode ser a Fase Media da Cultura Castrexa. Todos
foron localizados dentro da sondaxe 2, na UE 204 (Fig. 7, Táboa 7).
UE Nº frag. Sigla
204
1 CP-19-005
1 CP-19-013
1 CP-19-014
Táboa 7 Distribución de fragmentos de bordo facetado con transición flexionada por UE.
Trátase dun tipo de bordo que non ten unha adscrición oleira específica. Exemplos de
pezas semellantes podemos atopalos na zona Astur, caso do Castru de Vigaña por exemplo
(González Álvarez et al. 2018).
GRUPOS CERÁMICOS DA FASE FINAL OU ÉPOCA GALAICO-ROMANA SEN
ATRIBUCIÓNS OLEIRAS
a. VASILLAS CON DECORACIÓN INCISA
Fragmentos: 1
Vasillas: 1
Trátase dun fragmento de moi reducidas dimensións e paredes moi finas no que se
aprecian os restos dun acanalado horizontal na parte superior e un segundo acanalado paralelo
a este, que semella estar feito cun obxecto máis ou menos romo. Trátase dun acanalado de
escasa profundidade (Fig. 8). O seu estado de conservación é bastante bo pese ao seu reducido
tamaño, posto que as súas paredes non se amosan demasiado alteradas. A súa pasta é moi
depurada, apenas se observan os desengordurantes, que son de gran moi fino e no que as
micas brancas se deixan ver na cara interna e a súa cara externa semella contar cun engobe de
cor gris escuro.
Sigla Debuxo Foto
CP-19-007
Fig. 8 Galbo con decoración incisa mediante acanalados.
0 5 cm
0 2 cm
Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)
14
Atópase un único fragmento asimilable a este grupo. As súas características, ao igual cá
no caso anterior, lévannos a supoñer unha posible adscrición en torno á Fase Final da Cultura
Castrexa, nos séculos que constitúen o Cambio de Era, probablemente xa en Época Galaico-
Romana. Este fragmento foi localizado dentro da sondaxe 2, na UE 204 (Fig. 8, Táboa 8).
UE Nº frag. Sigla
204 1 CP-19-011
Táboa 8 Distribución de fragmentos con círculos concéntricos estampados por UE.
b. FONDO PLANO CON REBORDO PERIMETRAL
Fragmentos: 1
Vasillas: 1
Trátase dun único fragmento dun fondo plano con rebordo perimetral redondeado na
cara externa, que actúa a xeito de reforzo da base e que amosa a fin do corpo da vasilla (Fig. 9).
Como é de agardar, pola función que cumpre o fondo, este amosa un forte desgaste no rebordo
froito do roce continuo coa superficie de apoio. Do mesmo xeito, esta peza amosa un engobe
de cor negro na súa cara externa, sendo o seu interior máis rugoso. Trátase dunha peza de
tabiques grosos, reducido tamaño e perfil quasi troncocónico.
Sigla Debuxo Foto
CP-19-010
Fig. 9 Fondo plano con rebordo perimetral.
Atópase un único fragmento asimilable a este grupo. As súas características lévannos a
supoñer unha posible adscrición cronolóxica á Fase Final da Cultura Castrexa, nos séculos que
constitúen o Cambio de Era, seguramente xa en Época Galaico-Romana. De feito podería
tratarse dunha produción local de cerámica común romana. Este fragmento foi localizado
dentro da sondaxe 2, na UE 204 (Fig. 9, Táboa 9). Dentro da mesma sondaxe e a mesma UE
localizáronse dous fragmentos de galbo (CP-19-008 e CP-19-009) que, polas súas características
poderían asimilarse a esta mesma peza, pese a que non pegan entre si.
UE Nº frag. Sigla
204 1 CP-19-010
Táboa 9 Distribución de fragmentos de fondo plano con rebordo perimetral por UE.
Fondos desta clase podemos atopalos en diferentes lugares e con morfoloxías diferentes
no rebordo, pero no caso destes con rebordo redondeado e unha superficie regular, podemos
velos en xacementos coma o Castro de Cossourado ou a Cividade de Romarigães (Silva 2006).
0 3 cm
Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)
15
GRUPOS CERÁMICOS DA FASE FINAL: TRADICIÓN CUNCA DO MIÑO
a. VASILLAS CON DECORACIÓN ESTAMPADA
Fragmentos: 1
Vasillas: 1
Trátase dun fragmento de moi reducidas dimensións e paredes moi finas no que se
aprecia un único motivo xeométrico de círculos concéntricos (Fig. 10). Este motivo está moi
presente en toda a cerámica estampada (Rodríguez Puentes 1986), sendo a Área Oleira da
Cunca do Miño na zona onde máis proliferan (Rey 1991, 2014). O seu estado de conservación é
deficiente, amosándose as súas roturas bastante rodadas. A pasta é moi depurada, na que
apenas se observan os desengordurantes, que son de gran moi fino. A pasta é de cor beige pero
a cara externa amósase máis escura, probablemente como consecuencia da aplicación dun
engobe, o que lle dá un aspecto máis brillante e liso, case metálico. Trátase dun motivo
decorativo moi presente na cultura material da Idade do Ferro do NW, atopándose
fundamentalmente en elementos cerámicos –vasillas (Rodríguez Puentes 1986; Silva 2007) ou
fusaiolas (Silva, Oliveira 1999)–, nalgúns pavimentos de arxila refractada atopados nalgúns
xacementos do N de Portugal, ou en diferentes elementos metálicos presentes en todo o NW
peninsular (Rey et al. 2010b; Maya, Cuesta 2001).
Sigla Debuxo Foto
CP-19-011
Fig. 10 Galbo con decoración estampada de círculos concéntricos.
Atópase un único fragmento asimilable a este grupo. As súas características lévannos a
supoñer unha posible adscrición en torno á Fase Final da Cultura Castrexa, nos séculos que
constitúen o Cambio de Era, probablemente xa en Época Galaico-Romana. Este fragmento foi
localizado dentro da sondaxe 2, na UE 204 (Fig. 10, Táboa 10).
UE Nº frag. Sigla
204 1 CP-19-011
Táboa 10 Distribución de fragmentos con círculos concéntricos estampados por UE.
0 2 cm
Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)
16
6. FUSAIOLAS
No Castelo Pequeno localizouse un único exemplar de cerámica relacionado coa
produción téxtil. Trátase dunha fusaiola que amosa unhas características moi particulares,
posto que se trata dunha peza modelada a tal fin. Trátase dunha fusaiola en forma de cono
(Fig. 11) asimilable ás fusaiolas cónicas definidas por M. F. M. da Silva e P. C. P. de Oliveira
(1999) para os cossorios depositados no Museu da Sociedade Martins Sarmento. Estas
autoras (Silva, Oliveira 1999) falan da fabricación deste tipo de pezas en molde, pero esta
semella ter sido modelada a man. As fusaiolas modeladas en barro son menos abundantes
con respecto ás elaboradas en cerámicas reutilizadas axeitándoas a tal fin mediante
fricción ou as líticas(Rodríguez Calviño 1999a, 1999b; Rodríguez Nóvoa 2014; Silva, Oliveira
1999).
Sigla Debuxo Foto
CP-19-002
Fig. 11 Fusaiola cónica.
Atópase un único exemplar asimilable a este grupo, en moi boas condicións de
conservación. As súas características e a súa localización en xacementos coma a Citânia de
Briteiros, lévannos a supoñer unha posible adscrición cronolóxica en torno á Fase Final da
Cultura Castrexa, nos séculos que constitúen o Cambio de Era, probablemente xa en Época
Galaico-Romana. Este fragmento foi localizado dentro da sondaxe 2, na UE 204 (Fig. 11, Táboa
11).
UE Nº frag. Sigla
204 1 CP-19-002
Táboa 11 Localización da fusaiola na súa UE.
As fusaiolas cónicas podemos atopalas en diferentes xacementos, circunscritos a
diferentes áreas xeográficas (Mapa 2). Colocándoas nun mapa observamos que teñen un certo
predominio na área portuguesa, con especial incidencia na zona bracarense, pero podemos
atopalas tamén nalgún castro asturiano ou castelán. Resulta interesante a súa localización en
xacementos como La Baltrasa (Martín, Delibes 1978) ou o oppidum de Monte Bernorio (Torres
2007), situados completamente fóra da área de influencia da Cultura Castrexa (Carballo 1998),
con cronoloxías coetáneas ás Citânias de Briteiros ou Sanfins, pero culturalmente moi
diferentes.
0 3 cm
Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)
17
Mapa 2 Mapa de localización dos xacementos con fusaiolas cónicas (Fonte: IDEPatri).
Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)
18
7. BIBLIOGRAFÍA
CARBALLO ARCEO, L. X. (1998). «O marco histórico da Cultura Castrexa». En FÁBREGAS VALCARCE, R.; CARBALLO ARCEO, L. X.; ACUÑA CASTROVIEJO, F. (coords.). Prehistoria. Arte Castrexa. Arte da Romanización. A Nosa Terra. Vigo, p. 113-128.
GONZÁLEZ ÁLVAREZ, D.; MARÍN SUÁREZ, C.; FARCI, C.; LÓPEZ GÓMEZ, P.; LÓPEZ-SÁEZ, J. A.; MARTÍNEZ BARRIO, C.; MARTINÓN-TORRES, M.; MENÉNDEZ BLANCO, A.; MORENO-GARCÍA, M.; NÚÑEZ DE LA FUENTE, S.; PEÑA-CHOCARRO, L.; PÉREZ-JORDÁ, G.; RODRÍGUEZ-HERNÁNDEZ, J.; TEJERIZO GARCÍA, C.; FERNÁNDEZ MIER, M. (2018). «El Castru (Vigaña, Balmonte de Miranda, Asturias): un pequeño poblado fortificado de las montañas occidentales cantábricas durante la Edad del Hierro». Munibe, 69, p. 211-237.
GONZALEZ RUIBAL, A. (2005). «El Castro de Saceda y la jerarquizacion territorial de la Segunda Edad del Hierro en el noroeste ibérico». Zephyrus, 58, p. 267-284.
MARTÍN VALLS, R.; DELIBES DE CASTRO, G. (1978). «Hallazgos Arqueológicos en la provincia de Zamora V». Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología, 44, p. 321-346.
MAYA GONZÁLEZ, J. L.; CUESTA TORIBIO, F. (2001).«I. Escavaciones arqueológicas y estudio de los materiales de La Campa Torres». En MAYA GONZÁLEZ, J. L.; CUESTA TORIBIO, F. (eds.). El Castro de La Campa Torres: período prerromano. Serie patrimonio, Ayuntamiento de Gijón. Gijón, p. 11-277.
REY CASTIÑEIRA, J. (1991). Yacimientos castreños de la Vertiente Atlántica. Análisis de la cerámica indígena. Tese de Doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela.
REY CASTIÑEIRA, J. (1996). «Referencias de tempo na cultura material dos castros galegos». En HIDALGO CUÑARRO, J. M. (coord.) (1996): A Cultura Castrexa galega a debate. Instituto de Estudios Tudenses. Tui, p. 157-206.
REY CASTIÑEIRA, J. (1998). «Cerámica castrexa decorada». En FÁBREGAS VALCARCE, R.; CARBALLO ARCEO, L. X.; ACUÑA CASTROVIEJO, F. (coords.). Prehistoria. Arte Castrexa. Arte da Romanización. A Nosa Terra, Vigo, p. 224-240.
REY CASTIÑEIRA, J. (2014). «A olaria castreja de tradiça͂o Minho». En MORAIS, R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, A.; SOUSA, M. J. (eds.). As produço͂es cerâmicas de imitaça͂o na Hispania. Tomo I. Monografías Ex Officina Hispana II. Sociedad de Estudios de la Cerámica Antigua en Hispania (SECAH), Serviço de Publicações da Faculdade de Letras da Universidade do Porto (FLUP). Porto, p. 289-302.
REY CASTIÑEIRA, J.; ABAD VIDAL, E.; CALO RAMOS, N.; CANDAMO BUENO, C.; CARBALLO ARCEO, L. X.; CASAL GARCÍA, R.; COMENDADOR REY, B.; MARTÍN SEIJO, M; PICÓN PLATAS, I.; RICO REY, A.; RODRÍGUEZ CALVIÑO, M.; TEIRA BRIÓN, Á.; VILASECO VÁZQUEZ, X. I. (2010a). Estudo das actividades de produción en Castrovite (A Estrada, Pontevedra). Sección Castrexo, Grupo de Estudo para a Prehistoria do NW Ibérico-GEPN, Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. Inédito.
Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)
19
REY CASTIÑEIRA, J.; ABAD VIDAL, E.; CALO RAMOS, N.; CANDAMO BUENO, C.; CORTEGOSO COMESAÑA, M.; MARTÍN SEIJO, M; MEIJIDE CAMESELLE, G.; PENA MONTEAGUDO, N.; PICÓN PLATAS, I.; RICO REY, A.; RODRÍGUEZ RELLÁN, C.; TEIRA BRIÓN, Á. (2010b). Formigueiros. Análise da cultura material. Sección Castrexo, Grupo de Estudo para a Prehistoria do NW Ibérico-GEPN, Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. Inédito.
REY CASTIÑEIRA, J.; ABAD VIDAL, E.; CALO RAMOS, N.; MARTÍN SEIJO, M; QUINDIMIL GARCÍA, L.; RICO REY, A.; RODRÍGUEZ CALVIÑO, M.; TEIRA BRIÓN, Á. (2009). «Metodoloxía e criterios para o estudos dos materiais arqueolóxicos: o proxecto do Castro da Punta do Muíño». Gallaecia, 28, p. 213-232.
REY CASTIÑEIRA, J.; MARTÍN SEIJO, M; TEIRA BRIÓN, Á.; ABAD VIDAL, E.; CALO RAMOS, N.; CARBALLO ARCEO, L. X.; COMENDADOR REY, B.; PICÓN PLATAS, I.; VARELA MONTES, A. (2011). «“CastroBYTE”: Un modelo para a xestión da información arqueolóxica». Gallaecia, 30, p. 67-106.
RODRÍGUEZ CALVIÑO, M. (1999a). «As fusaiolas do castro da Graña (Toques, A Coruña), unha análise descriptiva». Gallaecia, 18, p. 201-221.
RODRÍGUEZ CALVIÑO, M. (1999b). «Fusaiolas e fusos no castro da Graña (Toques, A Coruña)». Revista de Guimarães, Volume Especial, 2, p. 617-632
RODRÍGUEZ NÓVOA, A. A. (2014). «Elementos cerámicos de la actividad textil en el conjunto arqueológico de Armea (Allariz, Ourense)». En MORAIS, R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, A.; SOUSA, M. J. (eds.). As produço͂es cerâmicas de imitaça͂o na Hispania. Tomo I. Monografías Ex Officina Hispana II. Sociedad de Estudios de la Cerámica Antigua en Hispania (SECAH), Serviço de Publicações da Faculdade de Letras da Universidade do Porto (FLUP). Porto, p. 397-406.
RODRÍGUEZ PUENTES, E. (1986). La cerámica estampillada castreña: aportación a su estudio. Memoria de Licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela.
SILVA, A. C. F. da (2007). A cultura Castreja no noroeste de Portugal. Centro de Arqueologia Castreja e Estudos Célticos, Museu Arqueologico da Citânia de Sanfins, Câmara Municipal de Paços de Ferreira. Paços de Ferreira.
SILVA, M. F. M. Da (2006). O povoamento proto-histórico e a romanização da bacia superior do río Coura: estudo, musealização e divulgação. Tese de Doutoramento. Universidade de Granada. Granada. Inédita (https://hera.ugr.es/tesisugr/1738784X.pdf).
SILVA, M. F. M. da; OLIVEIRA, P. C. P. de (1999). «Estudo tipologico dos cossorios do Museu da Sociedade Martins Sarmento (Citânia de Briteiros, Castro de Sabroso e proveniência diversa)». Revista de Guimarães, Volume Especial, 2, p. 633-659.
TORRES MARTÍNEZ, J. F. (2007). «“Monte Bernorio en su entorno”. Resumen de los trabajos arqueológicos efectuados en la campaña de 2004». En FANJUL PERAZA, A. (coord.). Estudios varios sobre arqueología castreña. A propósito de las excavaciones de los castros de Teverga (Aturias). I.E.P.A.-Instituto de Estudios Prerromanos y de la Antigüedad. Santander, p. 77-101.