Érvedo, alvedro (Arbutus unedo)

14
Érbedo alvedro (Arbutus unedo) madroño arbousier strawberry tree medronheiro

Transcript of Érvedo, alvedro (Arbutus unedo)

Érbedo alvedro

(Arbutus unedo)madroñoarbousier

strawberry treemedronheiro

CLASEAnxiospermas

ORDEEricalesFAMILIA

Ericáceas

Arbusto ou pequena árbore de copa baixa, densa e irregular.É orixinaria do sur de Europa e vive en bosques secos, ladeiras rochosas e matogueiras. En Galiza atópase nas zonas máis cálidas e secas: zona occidental, parte de Ourense, norte e sur de Lugo e norte da Coruña.

TALOToro curto e ramificado desde abaixo coa tona pardo-vermella que se desprende en tiras nos exemplares máis vellos.

FOLLASPersistentes, simples, alternas, de forma oval-lanceolada coa beira serrada, de ata 11 cm de lonxitude, de cor verde escura; lustrosas polo dereito e máis craras polo revés.

FLORESHermafroditas, coa corola urceolada, brancas ou lixeiramente rosadas, de 7 mm de lonxitude. Forman acios nos extremos das ponlas novas e abren no inverno.

FROITOS Bagas esféricas de cor vermella e textura rugosa, de 2 cm de diámetro. Tardan un ano en madurar, polo que é frecuente que maduren ao tempo de abrir as flores do ano seguinte.

CICLO ANUAL-ÉRBEDO

Folla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

Erbedal ou ou erbedeiro no canón do Miño.

Pazo de Mariñán. (Bergondo-A Coruña). Incluído no Catálogo de Árbores senlleiras.É o máis antigo e grande de Galiza. Pode acadar os 150 anos.-10,90 m de altura, 2,40 m de perímetro (4,12, na base).

O Freixo (Ribadumia).

Pazo Barbeirón (A Pobra de Trives-Ourense)

Río Caldo (Lobios, Ourense)

USOSComo especie ornamental.A madeira emprégase en tornería e para facer carbón de calidade. Os froitos son comestibles e úsanse para aromatizar licores. As follas e a tona son astrinxentes.

MONTAXE: Adela LeiroIMAXES: Adela Leiro, Mon Daport, Internet

Maio 2015