Entrevista Cifu

3
6 ENTREVISTA JUAN CLAUDIO CIFUENTES ‘CIFU’ VETERANO DA RADIO MUSICAL CON ‘JAZZ PORQUE SI’, REPASA O CARTEL DE RIBADEO E AVANZA ASPECTOS DA SÚA CHARLA “O jazz non ten nin trampa nin cartón. Máis que unha música é unha fórmula” --Son máis de 40 anos consagrados á música e todo comezou coa revista Aria Jazz. Como re- cordas aquela época? --Son 43 en radio, desde o 71, pero en Aria Jazz empecei 10 anos antes. Recordo a ilusión. Eras estudante na facultade e ías pola noite ao club de jazz. Empezabas a facer amizades, coñecías a Tete Montoliú,… Todo isto con 20 anos. De súpe- to, o dono do club dixo: “imos ver si facemos unha revista entre todos”. Aí apuntámonos catro ou cinco afeccionados sen escribir un artigo na vida. Acórdome de que o primeiro artigo que escribín foi unha historia sobre as orixes do blues no sur de Estados Unidos. Despois con Paco Montes fixemos unha serie de colaboracións escribindo sobre artistas que viñan ao antigo Whisky Jazz, o primeiro de todos, esa cava magnífica en Marqués de Villamagna de Madrid, unha antiga carbonería que acondicionaran moi ben e que soaba moi ben. Non tiña moita capacidade. Aí entrabamos como moito 85 ou 90 persoas. Só se vendía no club ou por subscrición. Evidentemente, iso e a ruína era todo un, pero durou nove ou dez anos. --¿Hai algún artista que sexa determinante na túa paixón polo jazz? --Non foi un só. Eu nacín e crecín en Francia e alí o jazz funcionaba. Había programas de jazz na radio todas as semanas, e foi a través dun programa de Radio París onde me empecei a afeccionar, escoitando a Louis Armstrong e a Duke Ellington. --Despois chegas a España e á radio. ¿Qué se escoitaba nas emisoras? O jazz non tería ese protagonismo. --Non tiña ningún. Había algunha vez algo de jazz nun programa que levaba Pepe Palau e chamá- base Discorama. Palau non tiña nin idea de jazz, nunca a tivo, pero presentaba cousas que lle vi- ñan da BBC ou dalgún programa americano. Nos anos 60 a palabra jazz estaba prohibida na radio por un ministro de Información e Turismo que pensaba que os españois tiñamos que morrer todos virxes e mártires e que era o pai de Ra- fael Arias Salgado, Gabriel Arias Salgado. Había un programa en Radio Peninsular que como non podía dicir a palabra jazz chamábase Melodías de Broadway. Facíao Juan María Mantilla e poñía discos de Ella Fitzgerald, Sarah Vaughan, Count Basie,... En clubs estaban o Whisky Jazz en Ma- drid e en Barcelona o Jamboree. --Na actualidade hai series de éxito como Ho- meland que recurren ao jazz para as súas ban- das sonoras ¿Está hoxe o jazz máis presente? --Desde logo hai máis público que antes, pero o jazz nas bandas sonoras existe desde os anos 50. Aquí houbo directores de cine que o utiliza- ron nas súas películas, como Jesús Franco, Julio Coll ou Eloy de la Iglesia, o tío de Álex. En televi- sión sempre o oímos. A banda sonora de Stars- ky e Hutch estaba composta por J. J. Johnson, que é un gran trombonista de jazz. E tamén todas as series con música de Lalo Schifrin ou RB 06-09.indd 6 14/7/14 14:09:26

Transcript of Entrevista Cifu

6

ENTREVISTA

JUAN CLAUDIO

CIFUENTES ‘CIFU’

VETERANO DA RADIO MUSICAL CON ‘JAZZ PORQUE SI’,

REPASA O CARTEL DE RIBADEO E AVANZA ASPECTOS DA SÚA CHARLA

“O jazz non ten nin trampa nin cartón. Máis que unha música é unha fórmula”--Son máis de 40 anos consagrados á música e todo comezou coa revista Aria Jazz. Como re-cordas aquela época?--Son 43 en radio, desde o 71, pero en Aria Jazz empecei 10 anos antes. Recordo a ilusión. Eras estudante na facultade e ías pola noite ao club de jazz. Empezabas a facer amizades, coñecías a Tete Montoliú,… Todo isto con 20 anos. De súpe-to, o dono do club dixo: “imos ver si facemos unha revista entre todos”. Aí apuntámonos catro ou cinco afeccionados sen escribir un artigo na vida. Acórdome de que o primeiro artigo que escribín foi unha historia sobre as orixes do blues no sur de Estados Unidos. Despois con Paco Montes fixemos unha serie de colaboracións escribindo sobre artistas que viñan ao antigo Whisky Jazz, o primeiro de todos, esa cava magnífica en Marqués de Villamagna de Madrid, unha antiga carbonería que acondicionaran moi ben e que soaba moi ben. Non tiña moita capacidade. Aí entrabamos como moito 85 ou 90 persoas. Só se vendía no club ou por subscrición. Evidentemente, iso e a ruína era todo un, pero durou nove ou dez anos.

--¿Hai algún artista que sexa determinante na túa paixón polo jazz?--Non foi un só. Eu nacín e crecín en Francia e alí o jazz funcionaba. Había programas de jazz na radio todas as semanas, e foi a través dun programa de Radio París onde me empecei a afeccionar, escoitando a Louis Armstrong e a Duke Ellington.

--Despois chegas a España e á radio. ¿Qué se escoitaba nas emisoras? O jazz non tería ese protagonismo.--Non tiña ningún. Había algunha vez algo de jazz nun programa que levaba Pepe Palau e chamá-base Discorama. Palau non tiña nin idea de jazz, nunca a tivo, pero presentaba cousas que lle vi-ñan da BBC ou dalgún programa americano. Nos anos 60 a palabra jazz estaba prohibida na radio por un ministro de Información e Turismo que pensaba que os españois tiñamos que morrer todos virxes e mártires e que era o pai de Ra-fael Arias Salgado, Gabriel Arias Salgado. Había un programa en Radio Peninsular que como non podía dicir a palabra jazz chamábase Melodías de Broadway. Facíao Juan María Mantilla e poñía discos de Ella Fitzgerald, Sarah Vaughan, Count Basie,... En clubs estaban o Whisky Jazz en Ma-drid e en Barcelona o Jamboree.

--Na actualidade hai series de éxito como Ho-meland que recurren ao jazz para as súas ban-das sonoras ¿Está hoxe o jazz máis presente?--Desde logo hai máis público que antes, pero o jazz nas bandas sonoras existe desde os anos 50. Aquí houbo directores de cine que o utiliza-ron nas súas películas, como Jesús Franco, Julio Coll ou Eloy de la Iglesia, o tío de Álex. En televi-sión sempre o oímos. A banda sonora de Stars-ky e Hutch estaba composta por J. J. Johnson, que é un gran trombonista de jazz. E tamén todas as series con música de Lalo Schifrin ou

RB 06-09.indd 6 14/7/14 14:09:26

7

de Quincy Jones. Jazz houbo por todas partes, o que pasa é que a quen tiña que importarlle, como ás autoridades, non lle importaba. A dife-renza de Francia, onde un ministro de Cultura se empeña en crear unha Orquestra Nacional de Jazz. Aquí estamos a séculos de que ocorra algo así, porque en Francia os ministros de Cultura teñen cultura.

--¿Cambiou nas últimas décadas o perfi l do pú-blico que acode aos concertos?--O bo do jazz é que non hai un público tipo. Vas a un concerto de jazz e tes a un avó co seu neto. Ao avó gústalle o jazz desde que descubriu nos anos 30 a Glenn Miller. E tamén tes rapaces co cabelo parecido ao dos indios mohicanos, pare-llas e matrimonios. Está o abanico completo de idades. Non se pode dicir que agora se ven moi-tos mozos nestes concertos. Seguiranse vendo como se viron sempre. E tamén os vellos rockei-ros, ou vellos jazzeiros.

--¿Logo de escoitar tantísimas horas de jazz segues atopando gravacións que che sorpren-den?--Cando es especializado en historia do jazz como eu vas coleccionando todo o que vox po-puli son obras mestras. O Love Supreme de John Coltrane, o Kind of Blue de Miles Davis e moitos outros discos, porque son centos ou miles de discos todos distintos. O marabilloso do jazz é que non tes un disco igual a outro nunca, aín-da que sexan os mesmos músicos e os mesmos temas. Póñense a improvisar e cada un fai unha cousa distinta. Pero sigo atopando cousas. Non soamente en disco, tamén nalgún club, como me pasou ao oír hai xa algún ano a Israel Sandoval tocar a guitarra. Por exemplo, se nestes mo-mentos queres oír unha das mellores orques-tras de Europa e vas a Bogui en Madrid a ver á orquestra de Bob Sands, que conseguiu xuntar a 17 persoas que tocan cunhas ganas... O directo segue tendo ese factor sorpresa, pero tamén de cando en vez aparece un disco e ves que vai ser o disco do ano. Atopar algo así adoita pasar-me unha ou dúas veces ao ano.

--En Ribadeo ofrecerás a conferencia ‘Os in-gredientes do jazz’. ¿Qué nos podes avanzar?--Está pensada precisamente porque ao ir a un sitio por primeira vez hai xente que se achega dicindo “o jazz gústame, aínda que non entendo nada e hai uns señores que saen e parece que fan o que lles sae da gana no escenario”. Para explicarlles que o jazz non ten nin trampa nin cartón. Máis que unha música en si, que o é, é so-bre todo unha fórmula. É unha música que ten os seus ingredientes. Podes tocar jazz a condición de que teñas capacidade de improvisar, pero ollo, improvisar segundo unhas regras. Dentro desas normas, se tes capacidade creativa tes toda a liberdade do mundo para inventar o que sexa. E hai un sentido do ritmo moi especial que é propiedade do jazz e é o que chaman ter swing. Non só o ten o músico, senón que se supón que

JUAN CLAUDIO

CIFUENTES, ‘CIFU’

PARA OS AMIGOS.

EL CORREO

RB 06-09.indd 7 11/7/14 19:37:43

8

ENTREVISTA

se contaxia ao oínte. Tamén está a sonoridade. O piano e a frauta soan máis ou menos igual en calquera sitio, pero teoricamente trompetas, trombóns e saxofóns teñen un son especial que ten que ver con cada intérprete. Cada un busca o seu son, cousa que non ocorre nun conserva-torio. Na clásica ti tocas a trompeta e tela que tocar igual que os outros 800 trompetistas. O jazz é máis expresivo nese sentido. Segundo vou contando todo isto poño música de exemplos para que a xente o entenda. Son os ingredientes do jazz e a xente ten que se dar de conta de que nin producen colesterol nin engordan.

--Vendo o cartel que teremos en Ribadeo do 24 ao 27 de xullo, ¿que recomendarías ao público que teña ganas de aproximarse ao jazz?--La Vella Dixieland é sempre moi agradable de escoitar. Tocan ese jazz que é o máis fácil de en-tender para a xente, porque é o máis divertido, o máis bailable e o menos complicado, aínda que de todos os xeitos hai que tocalo. Pode ser un con-certo moi divertido e gratifi cante. Hiromi é unha especie de pequeno monstro xaponés tocando o piano. Como todos os xaponeses, estudou de tal xeito que é coma se o piano o inventara ela. É unha superdotada moi ao estilo de Oscar Pe-terson e toca unha chea. Nicholas Payton teño curiosidade por saber que está facendo agora porque a última vez o concerto que desenvolvía non era o que a min máis me interesaba, pero ese mozo é un gran músico, tocaba impecable-mente e a calidade está garantida.

--¿Cal é a clave do éxito de ‘Jazz porque si’?--Tan mal non o fi xen porque me seguen aturan-do. Cando empecei o programa era coma se aos amigos lles dixeses: “vide a casa que vou poñer discos”, e segundo os vas poñendo, comentas. Crítico é unha palabra que nunca quero ver á beira do meu nome. Eu son comentarista e non vou poñer un disco dun artista que non me gus-te. ¿Por que? Porque non sei que dicir. ¿Como vou cargarme o traballo dun señor simplemente porque non o entendo? Cando poño discos que me gustan, nótase. Nótase o entusiasmo e valo contaxiando á xente.

--¿Que supuxo para ti gañar o Premio Ondas?--É un honor e estou moi agradecido, pero non nos enganemos, os premios, menos o Planeta e o Nobel, non dan diñeiro. Consisten en agrade-cer o teu labor, darche palmadiñas nas costas e vas para casa cunha cousa máis para limpar.

--¿Estás interesado na fusión do jazz con outros xéneros?– As fusións sempre as tomei con pinzas. O jazz é caníbal. Poslle diante calquera música e o jazz cómella, dixírea e devólveche algo que é jazz. No Sketches of Spain por moito que to-case unha soleá, a trompeta de Miles Davis é a trompeta de Miles Davis. O único que fai é utilizar harmonías e acordes que recordan ao fl amenco, pero os acordes e as harmonías non crean o fl amenco. O fl amenco é outra histo-ria. ¿Que en España un grupo de músicos se convenceu de que a salvación do jazz nacional está na fusión co fl amenco? Os experimentos, con gasosa. Jazz e fl amenco normalmente son como a auga e o aceite.

Axítalo e fas a emulsión pero ao cabo dun in-tre o aceite volve subir. Hai dous músicos neste país que creo que saben o que teñen que fa-cer para mesturar jazz e fl amenco. Un é Chano Domínguez, que naceu no mundo do fl amenco pero despois estudou piano e escoitou moi ben aos grandes do piano. É un músico que cando ten que tocar un tema de Thelonious Monk con ritmo de bulería sabe facelo perfectamente. O outro que tamén o sabe perfectamente porque estivo 25 anos con Paco de Lucía é Jorge Par-do. Ademais é un gran músico de jazz e sabe de fl amenco o que non sabe ninguén. Colle a frauta e cántache un martinete. Non estou en contra das fusións, pero non se improvisan en 24 ho-ras. Se Jorge fai iso é porque leva un cuarto de século con esta historia e sabe onde están os ocos para meter cada música. Non nos enga-nemos, o jazz en si é o produto dunha fusión, pero tardáronse catro ou cinco xeracións en que fose así.

Estamos falando de escravos africanos que estiveron escoitando música europea durante 200 anos. Ao asimilar esa música co que levaban dentro dos seus ritmos ancestrais apareceu o jazz a fi nais do século XIX ou principios do XX. Así se fai unha fusión. Logo de 200 anos fregándo-se ten que nacer algún fi llo. ❚❘

--Este ano o festival inclúe outro tipo de acti-vidades. Charlas, cinema, fotografía, ¿É o cami-ño para que sexa máis popular?--Desde logo. Algunha vez intentouse a niveis de masifi cación e iso sería contraproducente. Non digo que teña que ser algo minoritario. Pódese chegar a minorías moi avultadas. Vin 12.000 per-soas en Anoeta escoitando a Chick Corea, así que xente hai. Nestes últimos anos vimos fl ore-cer algúns festivais pero tamén deberiamos ver que contraten a máis músicos nos clubs, porque teñen que tocar dúas veces por semana para sobrevivir e é onde traballan a eito.

“HIROMI ESTUDOU DE TAL XEITO QUE COMA SE O PIANO O INVENTARA ELA”

‘CIFU’ FACENDO

RADIO EN RNE.

RB 06-09.indd 8 11/7/14 19:38:02